Mostrando entradas con la etiqueta Natación e Waterpolo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Natación e Waterpolo. Mostrar todas las entradas

miércoles, 12 de agosto de 2020

Natación e Waterpolo

 
1933, xullo. Partido Nautilus-Albatross Foto publicada en: Bodas de Oro. Antonio Ocampo
Anos 30. Os inicios.
           En setembro do 1933 disputan un amigable de waterpolo na dársena da Ribeira o Delfín e o Tiburón, sendo o resultado 2-0. O primeiro equipo estaba formado por Ocampo, Alfaya, Portugés, Pereira, Cal e Torrado; e o segundo por Chicuelo, Fernando, Generoso, Pereira, Bernárdez, Vidal e Manolo. 
 
En 1934 disputáronse unha serie de partidos de categoría infantil a nivel provincial no que participou un equipo chamado Redondela.
En agosto enfrontáronse o Albatros, no que se destacaron Carlos Pereira e o porteiro Hermida, e o Nautilus, no que destacou o porteiro Chicuelo.
1934-Equipo de Waterpolo. Foto compartida por José  Emilio Torrado
 En categoría absoluta ese ano comezou a competir o equipo Centro Republicano Recreativo de Redondela, que era unha selección dos dous equipos anteriores. En setembro de 1934 chegou a semifinais do Campionato de Galicia da Serie B, perdendo co Marítimo de Vigo. Ao ano seguinte chegaría á final enfrontándose ao Naútico da Coruña. Acadaría un empate en Redondela, pero perdería na Coruña 5-0. Formaban o equipo: H. López "Cabezo II", Emilio Torrado, Jesús Bernárdez "Suso", Generoso Pereira, Segundo Puga "Chicuelo", Inocencio Vidal e J. Pichín. Un pouco antes celebrouse a vitoria na zona sur cun baile no Centro Republicano, homenaxeando a José Sánchez, gran propulsor deste deporte, que en breve habería de regresar a Madrid, e ao mozo Antonio Ocampo. Nunha asemblea xeral da Federación Galega de Natación, celebrada en maio de 1936, o club sería representado por Carlos Pereira e Jesús Bernárdez.
Abaixo o Centro Republicano que disputou a final. Foto Cancelo-La Voz de Galicia
Nunha noticia de xuño de 1935 dáse conta do inicio dos adestramentos dos equipos Delfín e Arroaz.
No programa das festas da Coca de 1936 figuran dous partidos de waterpolo para os que se conta con equipos de Pontevedra e Cangas.
O equipo do Centro Republicano tería continuidade co Club Natación de Redondela que, a principios de xullo de 1936, renovaba a súa directiva: presidente, Jesús Bernárdez Gómez; secretario-contador, Segundo Puga; tesoureiro, Carlos Pereira; vocais, Severo Fernández e Raimundo Cal. Ademais convoca aos xogadores do Nautilus e Albatros na piscina da Travesía para proceder a selección do equipo que participará nos campionatos rexionais.

É abraiante a nova que, en xullo do 1935, da conta da celebración dun campionato de natación nas festas de San Bieito en Vilar de Infesta.

Guerra Civil. Post-guerra.
Nesta época a práctica dos deportes náuticos pasa polos órganos da Falange.
Delegación de Redondela de SEU: En 1938 participa no I Campeonato Escolar de SEU.
Delegación de Redondela da OJE: En setembro de 1939 participa nos “I Juegos Deportivos Provinciales de las Organizaciones Juveniles”. En setembro do ano seguinte este campionato celébrase en Redondela.
En agosto de 1940, nun partido de waterpolo Vigo-Redondela, vencen os vigueses 4-1. Ese mesmo mes, organizado pola delegación de O. J. de Redondela ten lugar o torneo Organizaciones Juveniles de Waterpolo, enfrontándose os equipos locais. Serían arbitrados por Mundo e remataría co resultado de empate a dous:
Organizaciones Juveniles: Tino, Varito, Torrado, Chilote, Pedro, Padrón e Álvaro P.
Altabros: Nicanor, Manolo, Sito, Carlos, Pedrito, Luis e Alberto
O segundo partido, que estaría precedido dun encontro entre Flechas e outro equipo infantil da vila, tamén acaba en empate, 3-3.
En xullo de 1941 un equipo de Redondela no que xoga Cabezo II participa nun campionato organizado polo Marítimo de Vigo. Ao mes de agosto outra noticia da conta da participación dun equipo de Redondela en Vigo nun “festival-náutico” organizado pola S. E. U.
En xullo de 1943 o Educación y Descanso de Redondela é derrotado 5-0 polo Educación y Descanso de Vigo. En xullo de 1946, entre os actos organizados pola Jefatura Provincial de Educación y Descanso para conmemorar a Festa da Exaltación do Traballo en Vigo, celébrase un partido entre unha selección viguesa e unha de Redondela. En 1949 en Pontevedra, enfróntase ao equipo daquela cidade para conmemorar o 18 de xullo.

1944 C. D. Redondela.
C. D. Redondela. Waterpolo.
En 1944 créase o Club Deportivo Redondela, que tamén contaba con categoría infantil. Este equipo de waterpolo acadaría o Campionato de Galicia de 1946. Formaban neste equipo: Ocampo, Torrado I, Pereira II, Carlos, Colón, Torrado II e Pereira III.
C. D. Redondela. Foto publicada en Bodas de Oro. Antonio Ocampo

C. D. Redondela. Natación.
Algúns dos resultados obtidos por este club serían:
No Campionato Galego de Natación de 1945 o equipo de maiores e o de cadetes remataron últimos, (probablemente por non competir en todas as probas) máis a sorpresa a deu o equipo infantil co seu primeiro posto, no que destacaría en 100 metros libres infantil Bernardo Núñez “Colón” que bateu extra-oficialmente o récord nacional e que tamén venceu no 100 costas.
Nadadores deste equipo serían: Suárez, Bravo, Torrado, Pereira, Sánchez e Otero. O equipo infantil, adestrado por Manuel Puga Fernández “Manolo Padrón”, estaba formado en 1945 por: Bernardo Núñez, Suríz, J. González, Otero, Pereira Bartos, Suárez, López Torrado e Blas. Aos que habería que engadir en 1946 a Gómez.
En 1946 a sensación da Selección de Pontevedra nos Campeonatos Nacionales de Frente de Juventudes, sería de novo Bernardo Núñez, que faría os 100m. en 1min. e 11 sg.
No Campionato Galego de Natación de 1947 este equipo acadaría o 3º posto e o 1º en infantís, categoría na que se bate o récord galego de 4x100 con 5’13 e na que destacaron González 1º en 100 costas e 2º en 100 libres; e Suárez 2º en 100 braza. Hai que destacar que competía con equipos de Vigo e A Coruña as dúas grandes cidades galegas. En maiores destacou Bernardo Núñez 2º en 100 m. libres con 1’8’’, batendo o récord galego cadete, e en 400 m. libres con 5’40’’, nas dúas ocasións foi vencido pola veterana figura viguesa Alejandro Febrero, olímpico en Berlín.
En agosto dese mesmo ano no Campeonato de España do Frente de Juventudes, e con tan só 16 anos, Bernardo acadaría o título de Campión Nacional de 400m. e o Subcampionato en 100m. Libres. Na proba de relevos o equipo formado por B. Núñez, Suárez, González e Manuel Núñez acada o 2º posto. Ademais González acadaría o 4º posto en 100 m. costas.
No Campeonato de España de 1947 Bernardo Núñez acabaría 7º en 400m. e 4º formando parte do equipo galego de 4x200 estilo libre.
En agosto de 1948 celébrase os campionatos provinciais do Frente de Juventudes, no que destacan os irmáns Núñez e o C. D. Redondela se clasifica en primeiro lugar, seguido de Pontevedra, Tui e Vigo. Ese mesmo mes celébrase o Campionato Galego, no que en maiores B. Núñez venceu nos 100m., batendo o récord galego de cadetes con 1m. 34s.; e o seu irmán gañaría nos 400 m. infantil.

Os nadadores máis destacados deste equipo serían:

B.Núñez. La Voz de Galicia
José Bernardo Núñez Estévez “Colón” (Cesantes): Probablemente foio mellor nadador redondelán de tódolos tempos, acadando numerosos campionatos rexionais e nacionais e gañando varias veces a Travesía Vigo-Cangas. No seu comedor tiña máis de 70 copas. Como outros nadadores tamén participaba no equipo de waterpolo. Despois da desaparición do C. D. Redondela pasou a competir brevemente co Frente de Juventudes de Redondela e, a partires de 1949, co Club Náutico de Vigo (tamén en waterpolo).
           A mediados dos anos 50 estableceuse en Zamora como perito industrial da fábrica téxtil e fundición San Jerónimo. Alí casaría e formaría a súa familia. En 1998 déronlle o seu nome á piscina municipal.
A continuación engado os datos atopados do seu palmarés:
Cto. de Educación y Descanso, 1945 (infantil): 1º 100 m. libres (récord galego infantil)
Cto. Galego, 1945 (infantil): 1º 100 m. libres (bateu extra-oficialmente o récord de España inf.) e en 100 costas; 2º en 4x100 (Redondela A: González, Pereira, Blas e Bernárdez)
Cto. Social C. N. Vigo, 1946: 2º 100 m. costas (cadete) e 2º en 400m. libres (sénior) con 5'34”2.
Cto. de España de Frente de Juventudes, 1946: 1º en 100m. en 1'11”05.
Cto. Galego, 1946 (infantil): 1º 100 m. libres, 1'08”5; 2º en 100 m. costas.
Cto. de España (A Coruña), 1946 (absoluto): Con tan só 15 anos participou nos 100 m. libres, onde unha mala viraxe o relegou ás últimas posicións, e no 4x200 libres, facendo o mellor relevo do equipo galego con 2'40”4.
Cto. Galego, 1947 (absoluto): 2º en 100 m. libres con 1’8’’ (récord galego cadete), e 2º 400 m. libres con 5’40’’ (récord galego cadete). Record galego 4x 100 infantil (Suárez, Núñez, González e Portela).
Cto. de España de Frente de Juventudes (Burgos), 1947 (absoluto): 1º en 400m., 2º en 100m. libres e 2º en 4x100 (B. Núñez, Suárez, González e Pirulo). Daquela contaba 16 anos.
Cto. España, 1947 (absoluto): 7º en 400m. e 4º en 4x200 estilo libre.
Cto. provincial, 1948. Destacan os irmáns Núñez.
Cto. España, de Frente de Juventudes 1948: 1º en 100m. e 400m.
Cto. Galego, 1948 (absoluto): 1º en 100m., 1m. 34s. (récord galego cadete); 1º en 1.500 m. 22'44"2 (récord galego absoluto)
Travesía Guixar-Náutico Homenaxe a Hernández, 1948: 1º
En 1949, xunto ao seu irmán Manuel (infantil) ficha polo C. N. de Vigo.
Nadador Completo (Vigo), 1949 (júnior): 1º 100m. costas, con 1'19”.
IV Travesía Ría de Vigo, 1949: 2º, 1h. 2'49”.
Cto. Galego, 1949 (absoluto): 1º en 4x100, récord galego 4'53"3 (Febrero, Cuadrado, Núñez, Saldaña); 1º en 4x200, 10'30"; 2º en 100m., 1'7"9; 2º en 400m., con 5'30"; 2º en 1.500, con 21'58".
Cto. España, de Frente de Juventudes 1949: 1º en 1000m., Record de España, 14'10"; 1º en 400m., con 5'26"; 1º en 3x100.
Cto. Galego, (A Coruña) 1950: 1º en 100 costas en 1'20””8 e 4x200 10'30”6 (quedando a unha décima do récord galego), e 2º en 400 m. libres.
V Travesía Ría de Vigo, 1950: 1º
Fiesta de Exaltación del Trabajo (Coruña), 18 de xullo de 1951: 1º en 400, 5'19"; 1º en 100 m. costas, 1'20"; 2º en 3x100. Formando parte do equipo “Grupo de Empresas del Sindicato Provincial de Hostelería”.
I Travesía do porto de Vilagarcía, 1951: 2º
Cto. Galego, 1951: 1º en 4x200, 10'45"4; 2º en 400m, 5'21"
Cto. de España de Frente de Juventudes (Santander), 1951: 1º en 1.500 e 400 libres.
Cto. de España de Grupos de Empresa, 1952: 1º en 400 m. libres, 5'34”3; e en 100m. 3º en 100m. costas.
Cto Galego, (A Coruña) 1952: 1º en 1.500 libres, 22'23”; 1º en 100 m., 1'06”; 2º en 400m. libres e 4x200 (con A. Pérez, Mumary e Febrero); 4º en 100 costas. Tamén participou en Saltos de Palanca.
Cto. de España (Barcelona), 1952: 100 m. libres (Record Galego 1'05”)
Cto. Social C. N. Vigo, 1953: 1º en 400m. libres 5'25”9. 2º en 100 e 200m. libres.
Cto. Galego, (A Coruña) 1953: 1º en 1.500m., 22'6"; 1º en 400m. libres, 5'21”05; 1º en 4x200m.
Cto. de España (Sta. Cruz de Tenerife), 1953: 4º na 1ª eliminatoria de 100m. libres.
1953, Record Galego de 200m., en 2'25"4.
Cto. de España (Barcelona), 1954: 6º en 100m. libres, 1'06”04 e 7º en 400m.
Cto. Galego, 1954: 1º en 1.500m., 22'23"2; 1º en 400m. libres en 5'28”8; 3º en 100m. costas, 1'30"6.
Probas do C. N. Vigo, 1955: 2º en 100m. libres, 1'06”09.
Cto. Galego 1955: 1º en 1.500m., 1º en 400m. libres, 5'29"6; 1º en 4x100 estilos (Record Galego); 1º en 4x200 libres, 11'33"6; 2º en 200 bolboreta, 3'39" (bate Record Galego dos 100m. bolboreta en 1'26"5); 2º en 100m. libres, 1'6"8.
Cto. Galego, 1956: 1º en 400m. libres, 5'20”, e 1.500 libres, 22'00”; e 2º en 100 m.
Cto. de España 1956: 4º en 1.500 e final de 400. Bateu todos os Récords Galegos de estilo libre: 100m. en 1'4”2, 200m. en 2'26”, 400m. en 5'8”6 e 1.500m. en 20'57”7 (mellorando tamén os intermedios de 800 e 1000).
Sub-campión de España de Waterpolo 1956 co C. Náutico de Vigo.
3º na votación a “Mellor deportista Vigués de 1956”.
Cto. Galego, 1957: 1º en 400 m. libres en 5'12”5 e 1º en 4x200.
Cto. de España, 1958: Premio a la Constancia por ser o decimo terceiro ano consecutivo que asistía aos campionatos nacionais. Apesares de competir con 38'5ºC de febre acadou o 9º posto en 1.500 con 23'07” e realizou 1'6”1 en 100 e 2'30” en 200.
Cto. Galego (A Coruña), 1958: 1º en 1.500 libres, 22'55”; e 400, 5'29”. 2º en 100m. libres e 4x100. Fíxoselle entrega da Placa de Mérito Regional.
Este ano foi o único galego en competicións internacionais.
Cto. Galego, 1959. 1º na 1ª serie de 400m. (descoñezo o resultado da final)
Participa co C.N. de Vigo no Cto. de España B de Waterpolo (Tarrasa), de 1960.
Cto. Provincial de Educación y Descanso, 1960: 1º en 100m. libres.
Semana del Productor (Zamora), 1960: 1º en 100m.
Cto. Galego, 1962: Fíxoselle entrega da Placa de Mérito Regional.

Núñez Estévez, Manuel “Pirulo” (Cesantes)
Cto. de España de Frente de Juventudes (Burgos), 1947 (absoluto): 2º en 4x100 (B. Núñez, Suárez, González e Pirulo).
Campionatos provincial, 1948. Destacan os irmáns Núñez.
Cto. Galego (A Coruña), 1948 (infantil): 1º en 400 m. Libres.
En 1949, xunto ao seu irmán Bernardo ficha polo C. N. de Vigo.
Colón e Pirulo Foto cedida por Ramón P. Muíños
González Sánchez, Francisco Paco Piriquito”Badumba (Redondela)
Foi campión nacional militar de natación e boxeo. Datos atopados:
Cto. Galego, 1945 (infantil): 2º en 4x100 (Redondela A: González, Pereira, Blas e Bernárdez)
Cto. Galego, 1947 (infantil): 1º en 100 costas e 2º en 100 libres. Record galego 4x 100 infantil (Suárez, Núñez, González e Portela)
Campeonato de España do Frente de Juventudes, 1947: 4º posto en 100 m. costas e 2º en 4x100 (B. Núñez, Suárez, González e Pirulo).
Cto. Provincial 1958: 1º 100 m. costas, 1'28”.

Pérez Muíños, Ramón “Moncho Bola” (Redondela)
Nadador de fondo, 800 e 1.500m. Participou no Campionato de España de 1948.
Representantes de Pontevedra no Campeonato de España de 1948: Moncho e Pirulo (de Redondela) e Luis (deTui). Foto cedida por Ramón P. Muíños
Bravo
Cto. Galego, 1945: 5º en 100 m. costas.

Sánchez
Cando menos participou como sénior no Cto. Galego de 1947.

Soto, Gonzalo
Cto. Galego 1945: 4º en 1.500 m. libres.

Suárez
Cto. Galego, 1945 (infantil): 3º en 4x100 (infantil-Redondela B: Bartos, Otero, Suárez e Suriz)
Cto. Galego 1947 (infantil): 2º en 100m. braza. Record galego 4x 100 infantil (Suárez, Núñez, González e Portela)
Cto. de España de Frente de Juventudes (Burgos), 1947: 2º en 4x100 (B. Núñez, Suárez, González e Pirulo).

Suriz
Cto. Galego 1945 (infantil): 4º en 100m. braza e 3º en 4x100 (infantil-Redondela B: Bartos, Otero, Suárez e Suriz)

Otero
Cto. Galego, 1945: 5º en 100 m. libres, 5º en 100 m. Costas (infantil) e 3º en 4x100 (infantil-Redondela B: Bartos, Otero, Suárez e Suriz)
Cando menos participou como sénior no Cto. Galego de 1947.

Pereira
Cto. Galego, 1945: 4º en 200m. braza (cadetes) e 2º en 4x100 (infantil-Redondela A: González, Pereira, Blas e Bernárdez).
Cando menos tamén participou como sénior no Cto. Galego de 1947.

Gómez
Cto. Galego 1946 (infantil): 3º en 100 m. Costas.

Torrado
Cando menos participou como sénior no Cto. Galego de 1947.

Outros datos.
En 1947 Segundo Puga, ao que xa vimos anteriormente no C. N. Redondela, así como noutros deportes, quedou 2º en 200m. no Campionato Militar Galego.

Anos 50. Frente de Juventudes
Coa desaparición do C. D. Redondela o único equipo da vila foi Frente de Juventudes, que competía nas categorías inferiores.
En 1950 no Campeonato Provincial del Frente de Juventudes, participa baixo o nome Puentesampaio de Redondela. Clasifícouse 2º en cadetes e 1º en “flechas”, formaban parte deste equipo: Núñez I, Núñez II, Lago, Araujo e Rivas.
No mesmo campionato, en 1954, a Centuria San Simón venceu en todas as probas: 100, 400 e 1.500 libres, 100 costas, 200 braza, 3x100 estilos e 4x100 libres.
No campionato nacional infantil de Frente de Juventudes de 1955 celebrado en Barcelona, a selección de Pontevedra acabou 1ª de segunda categoría e 4ª no total. Dos sete nadadores que formaban o equipo cinco eran de Redondela: os irmáns Sebastián (“Batán”) e Germán Muíños Lamas, Generoso Cabaleiro, Juan José López e José Blanco Puga.
Ao superar estas idades para seguir nadando o maior problema co que se atopaban era que para competir tiñan que entrar no Clube Naútico de Vigo e non todos podían pagar o autobús para ir a Vigo tódalas semanas. Ademais os adestramentos na Poza contaban co handicap de non ter un punto de apoio para dar a volta, técnica que se popularizou nesta época. Todo isto provocaría que moitos abandonaran a natación pola práctica do fútbol, foi o caso de Carlos Muíños Reboredo; os seus curmáns Germán, Gonzalo e Sebastián “Batán” Muíños Lamas; e Generoso Cabaleiro, o cal acadaría a fama como deseñador de moda nos anos oitenta.
No campionato Provincial de 1958, o equipo remataría 4º, por detrás de Vilagarcía, Vigo e Pontevedra; sendo 2º na proba de relevos 3 x 100 estilos.

Resultados dos nadadores desta época:

Barreiro, Alberto (Redondela)
Competía co Club Náutico de Vigo.
Cto. Galego (A Coruña), 1952 (infantil): 1º en 100m. libres, 1'19”.
Cto. Social C. N. Vigo, 1953 (infantil): 1º en 100m. libres, 1'12”6; e 200m.
Cto. Galego, (A Coruña), 1953 (infantil): 1º en 100 m. libres, 11'12”02; 1º en 100m. costas; 1º en 4x100; 1º en 4x100
Campionato Provincial, 1953: 1º en 100 costas, 100 e 400 libres.
Cto. Galego, 1954 (cadete): 1º en 100m. libres, 1'10"6.

Blanco Puga, José “Bullo” (Redondela)
Con tan só 10 anos competiu por primeira vez contra adultos, xa que non había categorías inferiores, e quedou 3º. Pouco despois disputou o seu primeiro campionato nacional infantil, tendo que vencer a oposición da súa nai que non quería que participara nunha competición organizada pola Falange. Formou parte do Clube Náutico de Vigo ata a fundación da S. A. R., club no que chegaría a ser adestrador. Disputaba os 400 e 100m. libres.
Cto. Social C. N. Vigo, 1953 (infantil):1º na primeira serie de 66m. libres.
Cto. Galego, 1954 (cadete): 2º en 4x200m.
Probas do C. N. de Vigo, 1955 (infantil): 1º en 66m. libres.
Participou no Cto. de España de Frente de Juventudes (Barcelona) de 1955 e nos anos seguintes nos de Valladolid, Castellón, Córdoba e Tudela (Navarra)
Cto. Provincial: 1958: 2º en 400m. (infantil) e 5º en 400m.7'02”5 (absoluto)
Cto. Provincial: 1959- 2º en 400 e 3º en 100;
Cto. Social C. N. Vigo, 1958 (infantil): 2º en 100m. libres, 1'25.
Cto. Social C. N. Vigo, 1959 (xuvenil): 1º en 400 e 800 e 3º en 100 m. libres
Cto. Social C. N. Vigo, 1960 (xuvenil): 3º 200 libres
Cto. Social C. N. Vigo, 1961 (xuvenil): 1º en 100, 400 e 800 m. libres e 3º 100 bolboreta
Prueba de Navidad de Vigo, xaneiro 1962: 1º
Cto. Social C. N. Vigo, 1962 (xuvenil): 1º en 800 m. libres e 2º en 100 m. libres
Cto. Galego 1962: 3º en 1500 e 100m. Libres. 2º en 4x100
Travesía do porto de Vilaxoán (Vilagarcía) 2º en 1964, formando xa parte da SAR. .
José Blanco e Jorge Núñez, equipo C.N. de Vigo 2º en 4x100 Cto. Galego 1962. Foto: Tonecho - El Pueblo Gallego
Cabaleiro, Generoso (Redondela)
Cto. Social C. N. Vigo, 1953 (infantil): 2º en 66m. costas.
Probas do C. N. de Vigo, 1955 (infantil): 3º en 66m. bolboreta.
Participou no Cto. de España de Frente de Juventudes (Barcelona) de 1955.
Deixou a natación para adicarse ao fútbol.

López Cardama, Juan José Cabezo (fillo)” (Redondela)
Cto. Social C. N. Vigo, 1953 (infantil):1º en 66m. costas.
Participou no Cto. de España de Frente de Juventudes (Barcelona) de 1955.
Cto. Provincial, 1958: (absoluto): 2º en 100 m. costas, 1'34”4.
En 1964 pasa a formar parte da SAR.
Travesía do porto de Vilaxoán (Vilagarcía): 7º en 1964.

Muíños Lamas, Germán (Redondela)
Probas do C. N. de Vigo, 1955 (infantil): 2º en 66m. costas.
Participou no Cto. de España de Frente de Juventudes (Barcelona) de 1955.
Deixou a natación para adicarse ao fútbol.

Muíños Lamas, Gonzalo (Redondela)
Campionato Provincial de Educación y Descanso 1953: 3º en 400m. libres e 2º en 100.
Deixou a natación para adicarse ao fútbol.

Muíños Lamas, Sebastián “Batán” (Redondela)
Probas do C. N. de Vigo, 1955 (infantil): 2º en 100 m. libres.
Participou no Cto. de España de Frente de Juventudes (Barcelona) de 1955.
Cto. Galego (infantil), 1956: 2º en 100 m. libres.
Cto. Provincial 1958 (absoluto): 9º en 100 m. libres.
Deixou a natación para adicarse ao fútbol.

Muíños Reboredo, Carlos “Dula” (Redondela)
Cto. Galego (A Coruña), 1956 (infantil): 1º en 100m. infantil; 2º en 100m. bolboreta; 2º en 200 m. bolboreta; 2º en 4x100m.
Cto. Provincial. 1957: 1º 200m. Braza e 1º en 100m. bolboreta.
Cto. Social do C. N. de Vigo, 1957: 1º en 100 bolboreta e 200m. libres
Cto. Galego, 1957 (infantil): 1º en 200m. bolboreta.
Cto. Provincial, 1958 (xuvenil): 1º 200m. Braza e 2º en 100m. bolboreta.
Cto. Social do C. N. de Vigo, 1958: 1º en 100 bolboreta e 200m. libres.
Participou en varios campionatos Nacionais do Frente de Juventudes.
Deixou a natación para adicarse ao fútbol.

Núñez Estévez, Jorge (Cesantes)
Cto. Galego 1951 (infantil): 1º en 100m.costas, 1'31"8; 2º en 100m. libres 15"3; 2º en 4x100.
Cto. Galego, (A Coruña) 1952 (cadete): 3º en 100 m. costas; 5º en 100m.
Cto. Social C. N. Vigo, 1953 (infantil): 1º na 2ª serie de 66m. libres e 4º en 66m.costas.
Probas do C. N. de Vigo, 1955 (infantil): 1º en 66m. costas e 2º en 66m. libres.
Cto. Galego 1955 (sénior): 3º en 100m.costas.
Cto Galego, 1956 (sénior): 2º en 100 costas.
Cto. Galego de 1957: 2º en 100 m. Costas.
Cto. Provincial. 1958 (infantil): 2º en 100 costas.
Cto Galego: 1959 (infantil) 2º en 100 costas.
Cto. Social C. N. Vigo, 1958 (infantil): 1º en 100 costas, 1'44; e 3º en 100 libres, 1'29.
Trofeo Secretario (Vigo), 1959 (infantil): 1º en 100m. costas, 1'33, e 2º en 400 m. libres, 7'25.
Cto. Galego (Coruña), 1959 (infantil): 2º en 100 m. libres.
Cto. Social C. N. Vigo, 1959 (infantil): 1ºen 100 costas, 100 e 400 libres.
Cto. Social C. N. Vigo, 1960 (xuvenil): 1ºen 100 costas e 2º en 400 libres.
Cto. Social C. N. Vigo, 1961 (xuvenil): 1º en 100 m. costas; 2º en 100 e 400 libres e 100 bolboreta; e 3º en 800 libres.
Cto. Galego, 1961 (xuvenil): 2º en 100m. libres. (sénior) 2º en 4x100 estilo e 4x200 libre. 3º en 200 costas.
Prueba de Navidad,Vigo xaneiro 1962: 3º
Cto. Social C. N. Vigo, 1962 (xuvenil): 1º en 100m. libres.
Cto. Galego, 1962 (xuvenil): 2º en 100m. Costas. (sénior) 2º en 4x100 libres e 4x200 ; e 3º en 4x100 estilos.
Nadou para o Club Náutico de Vigo ata a formación da S.A.R. en 1964.
Travesía do porto de Vilaxoán (Vilagarcía): 6º en 1964.

Núñez Estévez, María Fernanda (Tata) (Cesantes)
 Mª Fernanda.Cto. Galego, 1958 coa 2ª. Foto: El Pueblo Gallego
Acadou a vitoria en varios campionatos rexionais, sendo a primeira deportista redondelá de éxito. Nadaba os 100 e 400 m. libres co Club Náutico de Vigo.
Probas do C. N. de Vigo, 1955 (sénior): 1ª en 100 m. libres, 1'34”04.
Cto. Galego, 1955: 1ª en 100 m.; 1ª en 400 m. libres, 7'20"; 2ª en 3x100 estilos.
Cto. Galego, 1956: 1ª en 100 m. libres, 1'27”04.
Cto. Galego 1958: 1ª 100 libres en 1'29”2.
Ctos. Sociais do C. N. de Vigo, 1958: 1ª en 100 libres
Cto. Galego (Coruña), 1959 1ª en 100m., 1'27"; 1ª en 400m. libres; e 1ª en 100m. costas.
Cto. Galego 1960: 1ª en 400m. libres, 6'50"7 (Record Galego); 1ª en 100m. libres, 1'28"; 1ª en 100m. costas, 1'42"2.
Cto Social C. N. Vigo, 1961: 1ª en 100 libres.

Núñez Estévez, Marco Antonio (Cesantes)
O pequeno da saga de nadadores de Cesantes seguiu os pasos dos seus irmáns: José Bernardo “Colón”, Manuel, María Fernanda e Jorge.
Trofeo Guillermo Oya (Vigo), 1959: 1º en 66 m. costas. (Con tan só 9 anos derrotou a nadadores de 13)
Cto. Social C. N. Vigo, 1960 (neófitos): 1º 76m. costas e 2º en 66 libres.
Cto. Social C. N. Vigo, 1961: 1º 66m. libres (neófitos) e 1º 100 costas (infantil)
Cto. Social C. N. Vigo, 1962 (infantil): 1º 100m. costas e 2º en 100m. libres.
Travesía Isla de San Simón-Playa de Cesantes, 1967 (sénior): 1º
Cto. Galego (O Ferrol), 1969 (sénior): 1º 200 m. costas, 2'46”
Criterium nacional de Federaciones B, 1969: 8º 200 m. costas, 2'42”5; 9º 100 m. libres.
Trofeo Virgen del Carmen (Marín), 1969: 1º 400m. libres e 4x100, 2º 100m. libres.
Cto. C. N. Vigo, 1970: 1º 100m. costas, 1'11”3; e 100m. libres, 1'02”6
Cto. Galego (O Porriño), 1970: 1º 100m.costas, 1'11”7; e 200m. costas, 2'39”. 2º en 400 m. libres, 4x100 libres, 4x200 e 4x100 estilos. 3º en 100 m. libres.
Travesía Ría de Vigo, 1970: 4º.
Outros nadadores desta época serían: José Luis Ventín e L. Cabaleiro.

Anos 60. S. A. R.
No 1963 fúndase a Sociedad Atlética de Redondela (SAR) creando un equipo nesta disciplina en xuño de 1964 que acadaría varios campionatos galegos. Este club contou nos seus inicios con nadadores redondeláns que xa destacaran en competicións galegas e que mencionamos anteriormente, como era o caso de José Blanco Puga “Bullo”, Jorge Núñez ou Juan José López Cardama. Ademais, ao desfacerse durante un tempo o Club Náutico de Vigo os anteriores trouxeron reforzos daquel club formando un equipo que chegaría a ser a base da selección galega. Algúns dos nadadores que o formaron serían: Rafael Rodríguez, José Mª Martínez, Pili García, Mª del Carmen González, Javier Sánchez, Beatriz González, Ramiro Rodríguez, Mª del Carmen Lage, Antonio Valladares, Alberto Yáñez, Ignacio Vizcaíno (Vigo), Ángel Sobral, Marina Cubelas, Jorge Vizcaíno (Vigo), Carmen “Maca” Lago...
Como exemplo no Campionato Galego de 1970 acadouse o terceiro posto de clubs na categoría masculina e o cuarto na feminina, cun total de 18 medallas, das cales 2 eran de ouro: Nacho Vizcaíno en 200 libres e Pili García en 100 libres. Na Travesía Ría de Vigo, dese ano: 3º Ignacio Vízcaíno (sénior), 17º José María Martínez (xuvenil, 17º total). Categoría Feminina: 1ª Pili García (xuvenil, 15º total), 4ª Beatriz González. Neste ano os nadadores da SAR participaron nunha proba en Francia.
En 1971 a SAR repetiría o mesmo posto no Campionato Galego por detrás do Club Náutico de Vigo e o Club de Natación de Coruña. Acadaron daquela a mínima para o Campionato de España: Ángel Sobral, de 16 anos campión galego xuvenil e récord galego de 100m. braza con 1min. 18"8; e Ignacio Vizcaíno, con 1min. 8"" en 100 bolboreta e 2m. 15"7 en 200 crowl. En 1972 o club vai a menos e tan só se acada o 6º posto de sete equipos na categoría masculina, vencendo Ignacio Vizcaíno nos 100m. bolboreta con 1'09”4.
 
Vizcaíno e Sobral. Foto: El Pueblo Gallego
A nivel organizativo destacar: o I Trofeo SAR (1965) e a Travesía Isla de San Simón-playa de Cesantes, celebrada durante as Festas do Carme de Cesantes, de 1967, cos seguintes resultados:
Infantil: 1º Fermín Blanco, 2º J. Ramón Fernández, 3º Manuel Otero, 4º Enrique Alonso. Xuvenil: 1º Isidoro Migueles, 2º J. Antonio Garrido, 3º Rivas Gómez, 4º Santiago Gómez, 5º Fernando Gómez, 6º Rafael Solá, 7º Fernando Rodríguez, 8º Jaime Arosa, 9º Domingo Rafael, 10º Francisco Álvarez. Sénior: 1º Marcos Núñez, 2º Cándido Pazos, 3º Jose Luis González, 4º Antonio Arosa. 50m. Libres absolutos: 1º Marcos Muíños, 2º José Blanco, 3º J. Ángel Gesteira, 4º Fernando Rodríguez, 5º Isidoro Migueles, 6º Alfonso Pereira, 7º Dositeo Pérez, 8º Santiago Gómez. 50m. Costas absoluto: 1º Cándido Pazos, 2º Fernando Rodríguez, 3º Domingo Rafael. 50m. Libres infantil: 1º Ángel Otero, 2º Fermín Blanco.

A desaparición da sección de natación da SAR, sumada á falta de instalacións, provocou unha recesión na práctica deste deporte na vila.

S. XXI
A situación cambiou coa inauguración da piscina municipal en 1998 e a formación de equipos nestes deportes.

Clube Waterpolo Redondela
C. W. Redondela. Foto cedida por Fer Rebanal
 Creado en 1999, participou varios anos na Primeira División Galega. A súa mellor tempada sería a 2004-05, sendo considerado o 5º mellor club galego dese ano e co equipo infantil acadando o 3º posto no Campionato Galego de Inverno. No 2008, como outros equipos pasou a competir tan só en categorías inferiores porque varias piscinas municipais, entre as que se atopa a de Redondela, non cumpren as medidas mínimas para a práctica desta disciplina, ademais a empresa concesionaria tan só lles permitía adestrar ao mediodía. No 2009 disólvese a canteira coa desaparición do equipo xuvenil.
Puri García. Foto: Jose Tellería - waterpolista com
Nos seus derradeiros anos o equipo convertérase en mixto coa entrada de Puri Otero, xa que a liga feminina non botaría a andar ata a tempada 2008-2009. Esta deportista iniciárase no 2002 no Club Feminino de Mos e trala desaparición do C. W. Redondela ficharía polo CW Pontevedra.

No 2016 o Centro Recreativo e Cultural ten a iniciativa de crear un novo equipo nesta disciplina.


Clube Natación Redondela,
Fundado en 1998, axiña conseguiu o seu primeiro ascenso á 2ª división da liga galega de clubs. Acadou varios campionatos e récords galegos en categorías inferiores.
Nos primeiros anos deste equipo destacáronse:
Sabela Gunche 3ªCto. Galego 2019 Foto: CNRedondela
Blanco Darriba, David (Cesantes, 1995).
Campión galego alevín en 100 e 200 metros bolboreta. Seleccionado galego.
Campión galego infantil 2009.
Soutullo Bastos, María (Redondela, 1995)
Campiona galega infantil en 50 libre e 100 estilos. Repetiu Campionato galego 2009.
González Rodríguez, Pablo (Chapela, 1991)
Varias veces campión galego infantil en 50 e 200 costas e 100 estilos.
Varios récords galegos. 2º no Campionato de España de 50 costas.
Citar tamén a Uxía Corral Santos (1997), que no 2015 acadou moi bos resultados en varias probas en mar aberto, destacando o seu primeiro posto na VII Travesía a nado Udra-Pescadoira (7.500 mts.), en Bueu, acadando a primeira posición cun tempo de 2:18:21. No 2018 venceu na Travesía a Nado Nocturna Ardora. Outras nadadoras que están acadando bos resultados nos campionatos galegos son Sabela Gunche Barreiro e Antía Collazo Ferradáns.

Organización.
         No 2011 tres nadadores realizaron a travesía a nado de 27 km. entre as Illas Cíes e a Illa de San Simón. Eran Aitor de Luis González de 37 años, que venceu con nove horas e media; José Carlos Conde de 48 años, que cubriu a distancia en dez horas e media; e Nacho Vizcaino de 62 años, ex-nadador da SAR, que tivo que abandonar. Serían estes os prolegómenos da Batalla de Rande a Nado, celebrada por primeira vez no 2012 con participantes de diversos puntos de España e na que contra todo pronóstico resultou vencedor o único nadador menor de idade, David Blanco Darriba, de Cesantes, cun tempo de 5:41:01.
 
David Blanco. Foto: M. Moralejo -La Voz de Galicia
         A asociación deportiva C. A. R. organiza dende 2014 a proba Travesía a nado Son Simón, na que o triatleta Gómez Noya venceu en todas as edicións nas que participou.
Pola súa banda o C. N. Redondela no 2015 comezou a organizar o Trofeo Marisma na piscina municipal.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Seren Nº0-A Sociedade Atlética Redondela (S.A.R). Miguel López Docampo.
Antonio Ocampo Otero. Doctor en Medicina y Cirugía. Bodas de Oro(1939-1989)
Caderniños do Instituto de Chapela. Nº3. O deporte no sur da provincia de Pontevedra.
Coordenador: X.M.González Fdez.
Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro 2002.
El Mundo Deportivo (dende 1906)
La Vanguardia (dende 1881)
Faro de Vigo
ABC
En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Pueblo Gallego, La Hoja Oficial del Lunes, La Noche, El País, Ciudad, Sábado, El Diario de Pontevedra
No Ministerio de Cultura http://prensahistorica.mcu.es => Imperio Diario de Zamora de Falange Española de las J.O.N.S, Diario de la Exposición Suplemento de Imperio dedicado a la Exposición Provincial para el Campo
Aportes: José Blanco “Bullo”, Pablo Muíños, Carlos Muíños “Charly”







miércoles, 8 de abril de 2020

Instalacións deportivas

        Neste apartado veremos a evolución no tempo das instalacións deportivas e como se lle deu prioridade para a súa construción aos dous principais núcleos de poboación do concello, Redondela e Chapela.

Campos de fútbol.
         O primeiro lugar onde se practicou o fútbol en Redondela foi a Xunqueira, que se empregou durante 18 anos. Este campo sufría continuos asolagamentos, polo que tan só se podía empregar no verán, xogando o resto do tempo nunha zona con árbores. Outro problema é que era o lugar onde se celebraban as feiras polo que antes de adestrar ou celebrar un partido había que limpar e tapar fochancas. Nestes primeiros anos os equipos infantís tamén empregaban a explanada da Ribeira.
Partido do Redondela F. C. no campo de Petán en 1926.
Recoñecido o xogador da dereita, Jesús Figueroa. Foto Pacheco.
         En 1924 fúndase o Redondela F. C. que se atopa coa imposibilidade de disputar os partidos oficiais en Redondela por non contar cun terreo de xogo regulamentario. Vese por tanto na obriga de construír un campo en terreos alugados aos donos do pazo de Petán. A obra financiouse cunha porcentaxe da recadación das entradas e coa venda de accións de 25 e de 5 pesetas. O primeiro partido amigable celebrado neste campo xogouse o 28 de setembro de 1924 contra o Athletic de San Lorenzo, de Vigo, vencendo o noso equipo 3-2. A inauguración oficial sería o 5 de outubro, cun encontro entre o Redondela F. C. e o Comercial de Vigo, gañando os locais 4-3 e proclamándose campións da Serie C sen perder un só partido.
          Nesta época son varios os clubs que non contaban con terreo de xogo. Entre eles destacaba o caso do Alfonso XIII, de Pontevedra, no que militaron varios redondeláns. Proclamado varias veces campión da Serie B non se lle permitía ascender por carecer de campo propio. Por contra, en 1928 permíteselles aos equipos vigueses participar na Serie B inscribindo como propios campos da península do Morrazo. Esta decisión federativa provoca que o Redondela F. C., que estaba a construír un equipo con serias aspiracións de ascenso, renuncie a xogar a Serie B. Ante a perda de interese por non contar cun club no campionato federado, o campo péchase en 1929 e non se reabrirá ata 1940.
En 1945 nace o C. D Redondela. Unha das primeiras medidas desta sociedade é construír o campo de Santa Mariña. En realidade o proxecto inicial era demasiado ambicioso, incluía campos de fútbol, un de baloncesto e un velódromo onde celebrar probas ciclistas e de atletismo. As limitacións económicas reducirían as pretensións a un só campo de fútbol, chamado de Santa Mariña polo barrio onde se situou. O traballo consistiu en levar terra dende o monte da Telleira ata o fondo da Marisma, para este fin empregáronse padiolas e dous carros de cabalos alugados polo Concello (un deles propiedade de “Loreto”). O traballo foi realizado polos propios xogadores coa axuda de amigos e veciños. A localización deste campo provoca continuos asolagamentos por mor das subidas da marea.
          O seguinte equipo titular da vila, o C. D. Choco, fundado en 1953, acomete obras de mellora, no verán de 1958, que incluían o peche do recinto. As obras realizáronse grazas ás achegas tanto individuais como dos diferentes colectivos da vila. Pouco despois, no inverno de 1959 unha tormenta derruba parte do muro e o terreo de xogo volve a encherse de auga. Os problemas do campo coas mareas continuarían ata os anos 80, cando o derradeiro recheo sepultou dous chanzos da bancada. A mediados desta época tamén se construiría o campo anexo, para as categorías inferiores, e que tras a súa remodelación no 2015 recibiu o nome de Manuel Conde Docampo como homenaxe ao fundador do clube Casa Paco, posteriormente chamado Grupo C. P. 81. A principios dos 90 as melloras continúan coa edificación dos novos vestiarios. Nos primeiros anos do século actual dotaríase de céspede artificial, e no 2012 sería totalmente reformado.
 
         Non sería ata finais dos anos 60, cando se empeza a construír campos nas demais parroquias, grazas á colaboración veciñal. Hoxe en día contamos con campos en: Cabeiro, Cesantes, Chapela, Reboreda, Redondela, Saxamonde, Trasmañó, Ventosela e Vilar de Infesta. Habería que matizar aquí que os de Cabeiro, Saxamonde, Trasmañó e Ventosela carecen de equipo federado e o de Reboreda practicamente non se emprega dende a desaparición do equipo titular. O campo Parada (Chapela) foi o segundo en ser dotado de céspede e está proxectado que o do Cesantes sexa o seguinte.
1975, inauguración do campo de Reboreda. Foto cedida por Silvia Roza.
        As primeiras referencias da práctica do fútbol en Chapela datan dos anos 30, competindo daquela en campos de Vigo, como o de Barreiro e A Florida. Existen noticias de partidos de categorías inferiores en terreos da factoría Copiba alá polos anos 40. Na década seguinte, tamén se xoga no campo de Domaio, no que chegan a organizar varios campionatos. Nesta época tamén empregan o de Santa Mariña, aínda que tan só de forma esporádica, para adestrar e xogar algún amigable. Os equipos de Vilar de Enfesta, como os de Chapela, xa xogaban en Vigo alá polos anos 40.
        No tocante ás demais parroquias, unha noticia de 20 de marzo de 1932, déixanos constancia da disputa dun encontro no campo de Cesantes, entre o Alvedosa de Reboreda e o Alegría F. C. de Cesantes. Este terreo de xogo podería corresponderse co da praia da Punta, lugar onde se xogaba ao fútbol ante a falta de campos, xa que por proximidade se adoitaba empregar o de Santa Mariña. Cesantes, sería a única parroquia que chegou a contar con dous terreos de xogo, o do C. D. Cesantes e o do Arenas de San Simón, este último construído en 1971 e reconvertido actualmente en espazo de lecer con randeeiras para os cativos e pista polideportiva.
          Hai anos tamén existiu un terreo de xogo na parroquia de Cedeira, no lugar onde en 1980 se construíu a escola. Daquela iniciaríanse as obras dun novo terreo de xogo pero nunca se chegou a rematar.

O Pozo e a dársena da Ribeira.
          A principios dos anos 30 comézase a practicar a natación e o wáter-polo na dársena da Ribeira. Nos anos 40 coa creación do C. D. Redondela, seguíase a practicar a natación no mesmo lugar pero o wáter-polo, pola pouca profundidade, pasou a xogarse no lugar coñecido como “O Pozo”. Os membros do equipo debían colocar e recoller os flotadores e as porterías. Os rapaces adestrábanse nadando contra as correntes da Marisma, o que os levou a conseguir moitos éxitos. Os máis novos tiñan prohibido bañarse no Pozo, polo seu perigo. Para seren autorizados debían pasar unha proba que consistía en cruzalo ida e volta acompañado de dous adultos.

Xullo de 1933. Partido de waterpolo Nautilus-Albatros.
Foto publicada en “Bodas de Oro. Antonio Ocampo”.
          Actualmente pode parecer estraño practicar estes deportes no mar, pero daquela era máis habitual do que pensamos. Ata a construción a finais dos anos 60 da piscina do Club Náutico de Vigo, tan só A Coruña contaba con este tipo de instalacións. As marcas conseguidas en auga salgada non eran homologadas, polo que tan só eran oficiais as conseguidas polos nosos nadadores na Coruña cando acudían aos campionatos galegos. A primeira piscina cuberta de Galiza sería tamén inaugurada en A Coruña en 1967.
         O segundo problema chegaría nos anos 60 coa popularización da técnica de somerxerse dando unha reviravolta para facer a virada. Practicala no mar era imposible xa que calquera tipo de soporte se enchía de algas patinando os pés ao tomar impulso. Isto supuxo unha gran desvantaxe para os nosos deportistas, chegando a deixarse de practicar estes deportes na nosa vila. A situación trocaría coa inauguración da piscina municipal en 1998, co nome de José Bernardo Núñez Estévez "Colón", destacado nadador nos anos 40 e 50. En 2014 entraría en funcionamento a piscina de Chapela.


Deportes de salón.
         Tenis de mesa, xadrez ou billar son deportes que se popularizaron por poder xogarse nos locais sociais independentemente do tempo que fixerse e con pouco investimento. Comezan a practicarse nos anos 30 no Centro Recreativo Republicano. Seguiríanlle, nos 40, o C. D. Redondela e, a partir dos anos 50, o Centro Recreativo y Cultural de Redondela e o Circulo Cultural Recreativo de Chapela.

Ximnasio.
         Nos anos 40, Redondela contaba cun local chamado “El Coreano” onde se adestraban os boxeadores da vila. Estaba situado na planta baixa dunha casa da rúa da Prata, onde posteriormente abriría as súas portas o Pub Venus.
         Uns cincuenta anos despois, constrúese un ximnasio municipal a carón do pavillón, que era empregado polos equipos de traíñas, balonmán e fútbol de Redondela. A mala xestión provocou a “desaparición” da maior parte do material e o abandono das instalacións que actualmente están destinadas a outros servizos municipais.

Pista da Xunqueira.
Faro de Vigo, 1978
 
Pistas polideportivas e pavillóns.
        A constitución dun equipo de balonmán por parte da Sociedad Atlética de Redondela, consegue a construción en 1965 da pista de cemento da Xunqueira, nunha obra que incluía vestiarios. Ademais de balonmán alí practicábanse outros deportes como hóckey en patíns, tenis... A finais daquel mesmo ano o club tentaba conseguir a iluminación para poder adestrar de noite, instalándose pouco despois uns farois. En outubro de 1969 convértese esta pista en polideportiva, colocándose balados para poder practicar o hóckey en patíns. Naqueles anos tamén contaba cun marcador de metal de máis de dous metros de alto, pero carecía de bancadas.
        Habería que agardar a 1.980 para a construción do pavillón de Redondela. Precisamente, a finais desta década constrúense dúas pistas polideportivas de asfalto a carón do pavillón. Estas pistas serían trasladadas anos despois á localización actual xunto ao campo de Santa Mariña, por mor da construción da piscina municipal.
        En Chapela, que é a outra parroquia onde se practica o balonmán, xogábase no campo do Piñeiral do Crego, inaugurado en 1967. O pavillón de Chapela construíuse a principios dos anos 90, pouco antes do ascenso á liga Asobal do seu equipo titular. En novembro do 2018 o pleno do Concello aprobou darlle o nome de Manuel González Soto, quen durante corenta anos foi xogador, adestrador, directivo e presidente do club de balonmán. Persoa que anteriormente xa fora recoñecida coa medalla de ouro da Consellería de Deportes e da Real Federación Española de Balonmán. O acto no que se faría efectivo o nomeamento celebrouse o 30-3-2019. A súa figura tamén sería homenaxeada na Gala do Deporte Feminino Galego 2018.
        Logo construiríanse pequenos pavillóns sen bancadas en Reboreda, nos anos 90, e Vilar, en 2009. En 2015 remátase a construción do novo pavillón de Redondela, chamado A Marisma, e en 2017 ábrense ao público as pistas de pádel. A finais do 2018 comeza a construción da pista de skate e a de baloncesto.

 Autor: J. Migueles

 
BIBLIOGRAFÍA
Antonio Ocampo Otero. Doctor en Medicina y Cirugía. Bodas de Oro(1939-1989). Autobiografía.
Caderniños do Instituto de Chapela. Coordenador: X. M. González Fdez. Nº1. As festas do Corpus en Redondela (1875-1975). Nº3. O deporte no sur da provincia de Pontevedra.
Chapela de onte a hoxe. Gonzalo Mencía Castro. Ed. Xunta de Galicia.
Galeguismo e sociedade na Redondela da Segunda República. Lois Barros. Edicións do Castro.
Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro 2002.
Seren Nº0 . A Sociedade Atletica Redondela. Miguel López Docampo
Historia del Tenis de MesaVigo-Galicia. Mari Paz López, 2011.
Aportacións: Sebastián Fernández, Manuel Migueles, José Blanco Puga.

Prensa Local:
La Idea. Nº194, 264 e ano 1910 (Nª419-510).
El Pueblo. Nº318, 330, 334 e 345.
La Propaganda. Nº22.

Outros xornais:
ABC
El Mundo Deportivo
Faro de Vigo
En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Compostelano (Santiago), El Correo de Galicia (Bos Aires), La Noche, El Noticiero Gallego (Pontevedra), La Opinión (Pontevedra), El Progreso (Pontevedra), El Pueblo Gallego (Vigo), Vida Gallega