domingo, 26 de diciembre de 2021

Concepto López Lorenzo (Vigo, 18??/Reboreda, 1918) _Empresario / Emigrante retornado.


Concepto López. Foto: Vida Gallega
Concepto López. Foto: Vida Gallega

Emigrante enriquecido en Arxentina, en 1914, adquiriu o pazo de Torres Agrelo que rebautizou co nome de La Tapera, que en algúns países de América significa casa en ruínas e abandonada, e que hoxe en día non se emprega. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/pazos.html )

En 1911 foi principal accionista e fundador, xunto aos tamén indianos Manuel Losada e Martín Echegaray, de Tranvías Eléctricos de Vigo. Na primeira asemblea desta sociedade celebrada o 1 de abril, da que formaba parte como vogal é nomeado Presidente Honorario xunto a Manuel Losada. Tamén aportou capital á empresa de electricidade Electra Popular de Vigo y Redondela, polo que estivo moi ligado ao desenrolo industrial da Cidade Olívica.

Era sogro de Carlos Gunche, enxeñeiro de orixe arxentino propietario da Industria Metalífera Española (IME) na Portela (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/industrias-quimicas-e-metalurxicas.html ), e avó de Raúl Carlos Gunche López, quen sería nomeado alcalde nos anos 40. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/alcaldes.html )

Concepto López falecería de forma tráxica en 1918 durante a tala dunha árbore no citado Pazo de Torres Agrelo. Nos xornais da época contábase que estaba supervisando os traballos cando unha póla caeulle enriba, pero algún houbo que adornou o relato atribuíndolle un épico final no que falecía ao salvar a unha criada de falecer aplastada.


Fotos: Vida Gallega
Fotos: Vida Gallega


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

SEREN

Nº1. O pazo como elemento diferenciador da cultura de noso. Telmo Crespo Tojeiro.

Nº3. Heráldica de Redondela. Ernesto Iglesias Almeida.

Guía didáctica para escolares: Nº3. Arquitectura e urbanismo en Redondela. Alfonso Sotelo Ramos.

Pazos y torres. Inventario de la provincia de Pontevedra. Tomo I. Juan M. López-Chaves Meléndez / Grato E. Amor Moreno. Ed. Diputación de Pontevedra.

As vilas de Redondela nos tempos do Catastro de Ensenada: Xoán Miguel González Fernández. Ed. Concello de Redondela.

Redondeláns. Web de X. Docampo e C. Milleiro

En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es=> Hoja Oficial del Lunes (Vigo), Gaceta de Galicia (Santiago), El Correo de Galicia (Bos Aires), Diario de Galicia (Santiago), El Progreso (Pontevedra), Vida Gallega...

Na Biblioteca Nacional de España: www.bne.es =>El Imparcial...

Faro de Vigo

http://www.farodevigo.es/servicios/hemeroteca/hemeroteca.jsp

La Voz de Galicia.

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/

Torres Agrelo => http://www.torresagrelo.com/

Torres Agrelo => Galicia Agraria-blog. De Lisboa a Peñaranda. Los negocios harineros de un emigrante de Covelo

Los tranvías de Vigo en el recuerdo. Juanjo Olaizola. http://www.mundo-ferroviario.es/index.php/historia/18367-los-tranvias-de-vigo-en-el-recuerdo

Tranvías eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad. Fernando Torres Carbajo. https://www.vigoe.es/vigo/mas-vigo/tranvias-electricos-una-empresa-emblematica-de-nuestra-ciudad/

Ricardo Grobas Antúnez (Chapela, 1962)_Fotógrafo

 

Ricardo Grobas. Twitter
Ricardo Grobas. Twitter

Fotógrafo e xornalista ten exercido como redactor gráfico en diferentes medios de comunicación. Na súa obra céntrase na fotografía de paisaxes destacando as imaxes da costa galega.

Artista invitado de Galicia nla Euro Celtic Art del Festival Intercéltico de Lorient en 2018. En dicembro de 2018 inaugurou no Museo do Mar de Vigo a exposición “Ondas del mar de Galicia. Faros y paisajes marinos”.

Ten publicado: Faros y paisajes costeros de Galicia (2020Belagua), Galicia: todo un mundo (2015Belagua), Illas atlánticas de Galicia (2013 Belagua), Faros de Galicia,


Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA

https://ricardogrobas.com/es/

Faro de Vigo

Javier Teniente (Chapela(Redondela), 1968)_Fotógrafo xornalista

 


Javier Teniente Foto Atlántico Diario
Javier Teniente Foto Atlántico Diario

Fotógrafo que se iniciou como xornalista e actualmente traballa como independente. En Vigo abriu a galería estudo J. Photo Gallery. Ten cuberto conflitos bélicos e desastres naturais pero tamén o oficio da pesca en diferentes países. Algunhas das súas reportaxes serían: en Centroamérica (huracán Mitch 1998), Kosovo (1999), Irak (2003), Haití (2004) ou o Tsunami en Banda Aceh, Indonesia (Enero 2005).

Durante anos colaborou como fotógrafo con Naciones Unidas, Médicos del Mundo, Médicos sin Fronteras, Acción contra el Hambre e outras organizacións internacionais.

Ten realizado numerosas exposicións, recibindo as seguintes mencións: Premios Ortega y Gasset de periodismo. Mención especial (2006), Premio Internacional Luis Valtueña de Fotografía Humanitaria (2005), Premio de Creación Fotográfica Luis Ksado. (Finalista)(2004), Premio Galicia de Comunicación (2004), Premio Internacional Luis Valtueña de Fotografía Humanitaria (2003), Premio de Creación Fotográfica Luis Ksado. (Finalista) (2000).

Publicacións: Mans Salgadas (2002), Iraq, días de posguerra (2003), Cabalos de Vento, Curros de Pedra (2009), todos con Edicións Xerais e Hijos del Océano (Blume, 2016).


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

https://www.javierteniente.com/web/

https://www.laopinioncoruna.es/galicia/2010/06/15/javier-teniente-fotografo-agencia-arrasa-25219033.html

https://blogs.eitb.eus/rogeblasco/2016/12/12/javier-teniente-fotografia-a-los-hijos-del-oceano/

Faro de Vigo

Atlántico Diario

Pilar Martínez González. Pediatra, política e fundadora da ONG Da Man.

 


Pilar Martínez González Facebook
Pilar Martínez González. Facebook

Pediatra establecida en Redondela. Con 14 anos ingresa no Partido Comunista, sendo nomeada secretaria das xuventudes deste partido con 18. Unha das primeiras mulleres concelleiras de Redondela no actual sistema democrático e a primeira en liderar a candidatura á alcaldía dun grupo político. Despois de 8 anos na oposición, en 1999 como líder de Esquerda de Galicia de Redondela pacta co PSOE pasando a formar parte do goberno local.

Responsable da comisión médica da Asociación Galega co Pobo Saharaui. Fundadora en 2009 da ONG Da Man, que organiza campañas de axuda no continente africano. 

Da Man https://www.facebook.com/damanorg


Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA

Faro de Vigo

La Voz de Galicia

 

Amado Caride Ramos. (Chapela (Redondela), 1945). Deseñador gráfico.

 

Amado Caride. Foto: galiciadigital.com


    Iniciou a súa carreira profesional no Departamento de Diseño e Pintura da fábrica de porcelana Álvarez e en Publicidad Palacios. Director técnico creativo de Grafinsa (Gráficas del Noroeste, SA) colaborando e deseñando para marcas como Licor del Polo, Mac Donald's, Garavilla, Rianxeira, Escurís, Calvo S.A., etc. Foi asociado del ADG FAD, ICOGRADA- Barcelona, e da Asociación de Deseñadores Galegos. Na súa traxectoria empregou todo tipo de técnicas: pluma, pincel, lapis, cera, óleo, acuarela, tintas, esmaltes, pigmentos sobre cerámica, guasch, aerografía e ordenadores. Recibiu numerosos premios galegos e nacionais, sendo algunhas das súas obras: Cartel do Festival Bahía de Vigo, 1971; Logotipo Frigsa, 1981; Mascota Sede Vigo do Mundial 82; Mascota Anagrama Año Santo 1982; IV Semana de Cine de Lugo, 1982; Logotipo Dirección General de Tráfico (Accésit); LXVIII Campeonato Nacional Atletismo 88; Logotipo Connorsa, XXIX Copa de S.M. la Reina de Baloncesto 1991; Cartel "Año Internacional de la mujer atleta 98"; Cartel "Asociación Empresarios de Artes Gráficas de Galicia 99; Línea de Packaging "Cabo Peñas".


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

http://galegos.galiciadigital.com/es/amado-caride-ramos

La Voz de Galicia

El Correo Gallego

Guillermo Brea (Chapela (Redondela), 1947)_Banca.


Guillermo Brea. Foto: La Región
Guillermo Brea. Foto: La Región

    Incorporouse ao departamento de Intercambio da Caja de Ahorros Municipal de Vigo en 1974. Nomeado en 1982 xefe da Obra Social desta entidade, cargo que desempeñou ata a fusión de Caixavigo e Caixagalicia. Nese momento pasou a ser o director da Obra Social Novacaixagalicia. Xubilado no 2012 como máximo responsable da xestión de Novacaixagalicia, despois de 37 anos na entidade, sendo substituído por Pedro Otero Espinar.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA

https://www.estrategiasdeinversion.com/actualidad/noticias/empresas/novacaixagalicia-avanza-en-la-reestructuracion-n-172670

https://www.eleconomista.es/empresas-finanzas/noticias/4161797/08/12/Novacaixagalicia-avanza-en-la-reestructuracion-de-sus-organos-de-gobierno-antes-de-la-conversion-en-fundacion.html

https://www.laregion.es/articulo/economia/guillermo-brea-organiza-jubilacion-37-anos-caja/20111127112919177622.html


 

jueves, 23 de diciembre de 2021

Emigración. Redondeláns en Villa María (Arxentina)

 

Joaquín Pereira Domínguez Foto: El Regional
Joaquín Pereira Domínguez Foto: El Regional

        Joaquín Pereyra y Domínguez, nado o 30 de decembro de 1847 en Soutomaior, emigrou a Villa Nueva (Arxentina) entre 1865 e 1866, onde se empregou na casa comercial Boyer, Puente y Cía. Consciente da importancia que acadaría o ferrocarril adquiriu un solar en Villa María, onde instala un comercio. Esta vila fora fundada por Manuel Anselmo Ocampo, do que non atopei datos pero probablemente tamén pode proceder de Soutomaior. Sería precisamente a este Ocampo a quen Joaquín Pereyra y Domínguez con Marcelino Arregui, mercan os seus campos, de dúas por dúas leguas de lado, no que estaba incluído o pobo. Os dous socios deseñarán o crecemento da pequena aldea que pouco a pouco irá converténdose en cidade.

        O 12 de abril de 1875, Joaquín Pereyra contraeu matrimonio por poderes en Soutomaior coa redondelá Elisa Cardama, filla de Ramón Cardama Iglesias e Josefa Calvete.

        A principios da década de 1880 construíron unha destacada casa en Villa María, hoxe sede do Concejo Deliberante. Precisamente a implicación política de Joaquín o levarían a integrar o Concejo Deliberante durante dos períodos.

        Co país afundido nunha grave crise económica e política Joaquín Pereira sería asasinado con arma de fogo na porta da súa propia casa o 13 de novembro de 1890. O principal impulsor do progreso de Villa María desaparecía sen que o asasinato chegara a aclararse. Elisa lonxe de arredarse continuou o labor do seu home adicando a súa vida aos fins sociais da vila. Promoveu as doazóns ao Hospital Pasteur, ás escolas, á igrexa parroquial e ao asilo do Patronato de la Infancia. A Asociación Española de Socorros Mutuos de Villa María y Villa Nueva concedeulle o título de Madriña e, posteriormente, o de Socia Honoraria Perpetua. As súas obras benéficas chegaron a Galicia e en 1919 aparece doando 100 pesetas para a reparación da bóveda da igrexa de Soutomaior. Faleceu o 22 de marzo de 1951, aos 92 anos.

        A vida empresarial de Joaquín Pereira tería continuidade na figura do seu sobriño Juan Manuel Pereira, tamén natural de Soutomaior. Non confundir con Juan Manuel Pereira de Castro, político redondelán natural de Reboreda. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/pereira-de-castro-juan-manuel-reboreda.html )

 

Bernardo Fernández López. Vida Gallega
 

        Un redondelán que chegou a Villa María animado por Ignacio Pereira sería Bernardo Fernández López, quen prosperaría e chegaría a ocupar importantes cargos na sociedade de Villa María e a fundar unha vila chamada La Playosa. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/fernandez-lopez-bernardo-redondela-1852.html )

        A súa filla, María Teresa Fernández Voglino, casaría con Enrique Martínez Berrotaran, quen sería vicepresidente de Arxentina, ocupando interinamente a presidencia. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/martinez-berrotaran-enrique-cordoba.html )

1921 Penlas na casa de Avelino Giráldez Pazó con JuanMPereira Foto cedidaOli Giráldez
1921. Penlas na casa de Avelino Giráldez Pazó con Juan M. Pereira. Foto cedida por Oli Giráldez

 

        Outro redondelán que fixo fortuna en Villa María sería Avelino Giráldez Pazó, cuñado do citado Bernardo. Do seu paso por arxentina tan só sabemos que foi vogal suplente na primeira directiva da Asociación Española de Socorros Mutuos, en 1890. Retornado a Redondela, sería nomeado alcalde en 1901 e 1909. Involucrado na vila social da nosa vida podemos citar que foi presidente de honra do Círculo Recreativo e do Orfeón Redondelano, así como presidente de Unión Patriótica, Corpo de Exploradores e Asociación de Beneficencia. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/giraldez-pazo-avelino-redondela.html )

Dous fillos de Avelino establecéronse tamén en Villa María. En 1912 marchou Pilar Giráldez Fernández co seu esposo Manuel Villasuso. E Bernardo Giráldez Fernández que casou naquel pobo, en 1934, con Pilar Pereira Villasuso, filla do citado Juan Manuel Pereira, e que non volvería a visitar Redondela ata 1960, despois de 34 anos en Arxentina.


Voda de Bernardo Giráldez e Pilar Pereira. Foto Vida Gallega

Avelino Giráldez Fdez en Villa Nueva con Juan M.Pereira e familia. Vida Gallega
Olimpio Giráldez Fdez. en Villa Nueva con Juan M.Pereira e familia. Vida Gallega


        En 1891 aparece unha nova menos amable: Faleceu en Villa María (Arxentina), Antonio Sampedro, comerciante natural de Redondela.

        Manuel Arines e Juana Bula chegaron a Arxentina en 1868 co seu fillo Florencio Arines Bula (N. Redondela, 23-1-1845/F. Villa María 18-4-1909). Despois dun breve paso por Chascomús (Buenos Aires), Florencio establécese en Villa María, abrindo a primeira xastrería de cabaleiros. O negocio vai ben e abre cun socio un almacén de coloniais. Foi elixido concelleiro en tres ocasións e en 1891 converteuse no terceiro Intendente daquela vila. Tamén exerceu ata o seu falecemento como Xefe do Rexistro civil durante 15 anos.

        O 14 de agosto de 1907 celebrouse en Villa María a voda de María Delfina Arines, de Redondela, filla de Florentino, co Dr. Alberto Darrién.

        O redondelán Claudio Bermúdez Otero (N. en 1869) chega a Villa María con 17 anos. Alí asociase con outro redondelán, Pedro Figueroa (N. en 1872) e fundan en 1891 un serradoiro coa firma “Bermúdez e Cia”. As súas iniciativas foron decisivas no desenrolo da vila: a chegada da electricidade. Logo levarían a luz a outras vilas das serras de Córdoba: Valle Hermoso, Huerta Grande, La Falda, La Cumbre e Capilla del Monte . Dirixiron a empresa telefónica “Las Dos Villas”. En 1908 participaron na administración municipal e na fundación da Asociación Española de Socorros Mutuos e na construción, en 1912, do edificio da Casa España. Ao liquidarse a sociedade os terreos da empresa pasaron á Bermúdez Hermanos. Pola súa banda, Figueroa mudouse a Rosario onde dirixiu importantes compañías industriais, onde faleceu aos 77 anos.

 

Serradoiro Bermúdez Foto de Miguel Andreis
Serradoiro Bermúdez. Foto de Miguel Andreis

En 1900, no xornal La Idea, de Redondela citan como correspondente en Villa María a Silverio Bermúdez, irmán do citado Claudio Bermúdez. Outro irmán aparece nunha nova de 1957, na que se da conta do regreso a Villa María do distinguido redondelán, José Bermúdez Otero e esposa, despois dunha longa tempada en Redondela.


Francisco Rodríguez, propietario do Hotel España en Villamaría, ao xubilarse embarca o 7 de xuño de 1912 no vapor “Asturias” para vir visitar Redondela acompañado pola súa dona e os seus fillos, nados en Arxentina e que nunca viran a Galicia. Un deles era Constante Rodríguez, cronista social de “La Razón” de Villa María.


Por eses lares chegaron tamén as redondeláns María e Ángela Sobral, a primeira nada en Redondela en 1889 e que casaría en Villa María en 1912. Probablemente familiares de Constante Sobral, un dos primeiros comerciantes en establecerse en Villa María. Estaba casado con Ángela Calvo e tivo por fillo a Antonio Manuel Sobral Calvo, destacado pedagogo arxentino.


Para rematar, unha nova de 1955, danos conta doutro emigrante redondelán:

Despois de anos de ausencia, atópase entre nós, Alejandro Sánchez Otero, comerciante establecido en Villa María (Rep. Argentina), acompañado de esposa e filla.


Autores: Celso Milleiro e Juan Migueles



BIBLIOGRAFÍA

O Cemiterio dos Eidos. Xosé Manuel Moreira Docampo. Concello de Redondela.

Villa Nueva, su morada eterna. El Diario del centro del País

http://www.eldiariodelcentrodelpais.com/2018/02/22/ http://www.editoriallahoja.com.ar/lahoja/nota.asp?nid=372

http://anteriores.eldiariocba.com.ar/2007/Octubre/18%20de%20octubre%20de%202007/suplementos/suplementos.htm

Villa María en el Mundo. Horacio Cabezas. Editorial Universitaria Villa María.

Bermúdez y Figueroa, dos ilustres apellidos del progreso villamariense”. Julio Alberto Benítez.

La Idea 1910

El Regional. Diario digital. http://elregionalvm.com.ar/noticias-villa-maria/154-aniversariolas-personalidades-que-impulsaron-el-futuro-de-villa-maria/

En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es=> Vida Gallega, El correo de Galicia (ARX), El Pueblo Gallego, La Integridad, El Ideal Gallego, La Noche, Galicia, Gaceta de Galicia

Enrique Martínez en http://es.wikipedia.org

La Historia Y Sus Protagonistas 4 por WFXGroup.com.ar. 01 El Diario. Villa María, Jueves 23 de abril de 2015. NºIV Villa María, Capital Federal, otra hubiera sido la historia por Ruben Rüedi.

Facebook>Villa María-La Historia.

Gallegos a orillas del Tercero. Redacción. El Diario. https://www.eldiariocba.com.ar/villa-nueva/2021/5/30/gallegos-orillas-del-tercero-46182.html O



lunes, 20 de diciembre de 2021

1788. Roubo nas arcas de Vilavella

 

 

Vilavella cara a 1930. Arquivo Histórico Provincial de Lugo

A finais do século XVIII Vilavella era unha xurisdición independente de Redondela. Pertencía á provincia de Tui do Reino de Galicia, que era gobernado desde a Real Audiencia de A Coruña.

O un de marzo de 1776 a vila de Vilavella de Redondela obtén a concesión do cobro dun arbitrio (imposto) de un real de vellón a cada carro con mercadorías que atravesar a rúa principal.


... pudiese desde luego imponer y cargar por via de Portazgo un Rl de vn por cada carro de los que transitasen por su calle pral cargados de sardina vino u otros generos de trafico y comercio, ....


Os cartos recadados irían destinados ao arranxo de dita rúa e do resto de estrada que atravesaba esta xurisdición.


... a fin de que con su producto se pudiesen costear los reparos y empedrados que era preciso executar en el centro que quedaba de la calle, y todo el trecho de las 10820 baras que se hallaban fuera de la población...


Para levar a tal fin dita obra unha curiosidade é que os veciños debían encargarse tanto da construción como da conservación do tramo de beirarrúa inmediata á súa casa.


... concedio el convº facultad a la Villa de Villaviexa para que obligandose cada uno de sus vecinos a hacer a sus expensas el enlosado correspondiente a la frontera, o cera de sus respectivas casas a la distancia de una bara desde la pared de ellas hacia el centro de la calle y cuidar en lo sucesivo de su conservación y permanencia...


Para xestionar a recadación de impostos e a xestión dos gastos establécese a creación dunha xunta. Esta deberá presentar as contas a un inspector que visitará a vila a principio de cada ano.


... que el Regente de la Audiencia arreglase su execución y direccion valiendose a este efecto de D. Francisco Sarmiento, Señor de Petan u de otro sujeto que tuviese por mas conveniente, disponiendo se formase en dicha villa una Junta que con asistencia de su Procurador Sindico General cuidase del recaudo del producto del Portazgo, o Arbitrio, llevando quenta y razon que deveria dar en principio de cada año al mismo Regente, así para su inspeccion, como para que llegado el caso de que hubiese fondos suficientes se extinguiese y redimiese el capital que se tomase a Censo, y de esta providencia consta se comunicó a esa intendencia el aviso conveniente para su noticia...


O sistema funcionou perfectamente durante doce anos, pero o problema veu cando en 1788 un destes inspectores chamado Francisco Blanco Cicerón levou a meirande parte dos fondos recadados co arbitrio do paso de carruaxes. Os membros da xunta denunciaron a malversación de caudais públicos, agraviados porque a súa honra quedaba manchada ao ser sinalados como responsables do roubo dos cartos do fondo común.


... se ausentó del pueblo llevándose una lla ve del Arca, despues de dejar en ella un poco de dinero, y los Autos obrados por la Junta, y en atención a esto y a que la Junta y el que representa como uno de los comisionados para el Manejo del Arbitrio y obra, nombrados en los principios por el Regente se hallan difamados en el honor con tales providencias, pidio se diese la providencia conveniente para que el Regente se inhiva del conocimiento de este expediente y remita originales los autos obrados en el asunto en el estado en que se hallasen...


O tema complícase porque a rexencia da Real Audiencia de Galicia pasou de D. José Luazo Bustamante a D. Felipe Diaz Quijada y Ovejero (podemos ver que os dous teñen apelidos pouco galegos). Isto atrasa as demandas dos veciños de Vilavella D. Nicolas Francisco Moscoso y Leyes, e de D. Andres Zerezo Figueroa, veciños de Vilavella que reclaman o 14 de novembro de 1789:


... en que piden que se debuelban a la Junta de este Pueblo los salarios y multas que exigio el Comisionado del Regente de la Real Audiencia de este Reyno quando paso a tomar las cuentas de los caudales que rindio el Arbitrio destinado a la composicion de la calle principal...


Dos dous aludidos, aínda non din con ningún dato de Nicolás Francisco, pero de Andrés Cerezo Figueroa sabemos que era o xuíz e xustiza ordinaria de Vilavella, o que hoxe sería o alcalde.


En febreiro de 1790 o Contador de Propios e Arbitrios da Coroa, Juan de Membiela, comunica desde Madrid, que o comisionado da Rexencia da Audiencia non era coñecedor de que parte dos arbitrios debían adicarse ao arranxo da rúa e que gastou os cartos en pagar as súas dietas e as do escribán e procuradores que lle axudaron no seu cometido, polo que:


Bajo este concepto y el de que no hallo medio por donde pueda reintegrarse a dichos Moscoso y Zerezo de las cantidades que pagaron como no se saquen del producto que rinda el arbitrio de la villa, dispondra el señor Fiscal lo que mejor le parezca


Mais o Fiscal non semella concordar con esta apreciación e decide, con data de 10 de marzo de 1790, que:

... Deben pagar al primero 506 r. de v. Y al segundo 220 pero antes debe pagar unos 310 r. v. y 22 ma. deuda a la Real Hacienda por el importe del 2 por ciento segun previne a esa Junta...


Días despois os membros da xunta do Real Arbitrio de Vilavella envían unha instancia ao Señor Intendente Xeral do Reino de Galicia, esixindo o pago da indemnización aos dous demandantes e a devolución da documentación extraída da arca. Firman: Joseph Benito Menendez (Xuíz de Redondela en 1788), Ramón Pedro y Puga, Miguel de Barros e Pedro Benito Monroy (farmacéutico establecido en Redondela e natural de Santiago de Casardeita (Ourense)). E como agregados da xunta: Benito Baz, Gregorio Álvarez


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Arquivo da Deputación de Pontevedra: Contaduría de propios e arbitrios. Xurisdición de Vilavella de Redondela, ordes do Consello de Castilla (1708-1790). https://atopo.depo.gal/Record/arc.ADP_0003438748

Galiciana. Bibliotea Dixital de Galicia.

USC>Registro casados>A.M. 339/Libro de Actas


 

sábado, 11 de diciembre de 2021

1760-1763 Vilavella.

 

Vilavella no s. XIX. Oleo G. Vivian
Imaxe máis antiga de Vilavella. S. XIX. Óleo G. Vivian

A mediados do século XVIII Vilavella era unha xurisdición independente de Redondela, pertencendo a primeira ao Bispado de Tui e a segunda ao de Santiago. O documento de referencia para investigar esta etapa é o Catastro de Ensenada que data de 1752. Nesta ocasión aproximámonos a un novo censo tan só uns anos despois, concretamente ao período comprendido entre 1760 e 1763.

Os límites de Vilavella serían: Principia en el mojón de la Cabrita, desde este sigue al Regueiro do Barro, desde allí al escampado del Muro Longo, desde este sitio da vuelta al mojón del sitio donde llaman el Amieiro; desde el a la Ravadeira de Avajo, desde alli sigue al frente del Castañal, desde este sigue al mojón de la Coutada, desde alli a la Coba do Ouro y por otro nombre Carbón Queimado, desde este prosigue hasta el mojón que se halla junto a la casa de d. Phelipe Magi vecino de la villa de Vigo, desde este a la fuente y Poza de Outide, y desde allí a la mar y una piedra que tiene una cruz y sirve de mojón junto al terreno de Domingo de Outeiro vecino de la feligresía de San Andrés de Cedeira, y desde allí sigue por la orilla del Río arriba que es azia la parte del Norte astta llegar al Puente Longo que es la que divide el término de esta población y la de la villa de Redondela y desde este sigue al marco dos Pasas que aunque no le ay se halla fixado su división avajo de la casa que fue de D. Antonio Gago Presvitero aora difunto, y desde alli sigue a la fuente del Canudo, y al marco da Cabrita primera demarcación”.


Como vemos o Puente Longo, actual Praza Ribadavia (A Farola), unía a xurisdición de Vilavella coa de Redondela. O río Alvedosa actuaba de límite polo que rúas como a actual Ernestina Otero, daquela despoboada, pertencían a Vilavella. A poboación chegaba aos 133 habitantes e concentrábase na única rúa de Vilavella que ía desde o convento ata o Puente Longo. No resto da freguesía (barrios de Outide, Rabadeira, Salgueiral, Muro e Canudo) tan só vivían 10 persoas.


Nas variacións do censo anterior cítase a existencia de 15 colmeas, 12 de Andrés Cerezo e as 3 restantes de don Gaspar Conde y Acosta. Durante este século a produción de mel é un negocio moi lucrativo polo que os seus ingresos son recollidos en todos os censos e son numerosas as colmeas en todas as actuais parroquias de Redondela. Noutra entrada danse de baixa dous muíños fariñeiros que son propiedade da viúva María del Villar e que se atopan arruinados e non moen.

A primeira curiosidade que atopamos é que o Xuíz e Xustiza Ordinario, o que hoxe chamamos alcalde, Juan Antonio Figueroa non residía en Vilavella, se non que era veciño da freguesía de San Pedro de Cesantes.

A ocupación sería a seguinte: o citado Xuíz, un Rexedor, un Procurador Xeneral, dous escribáns, un subdelegado de Mariña, un médico, un cirurxián, un boticario, cinco escultores, tres carpinteiros, un Tenente Receptor do sal, un Medidor do mesmo, tres xastres, catro oficiais de xastre, catorce zapateiros, outros tantos oficiais, dous cerralleiros, tres ferreiros, un prateiro, un oficial do mesmo oficio, un tecedor, un forneiro, un oficial de pintor, un tratante de material do oficio de zapateiros, un fidalgo, un Mordomo das Relixiosas desta vila, tres particulares, dezaoito labradores, dezanove viúvas, vinte unha solteiras e cinco pobres. 

Vilavella nos anos 30. Postal
Vilavella nos anos 30. Postal

 

Non se recollen os ingresos por desempeñar cargos públicos pero si polos oficios propios de cada quen. No caso do Xuíz non se especifica o seu oficio probablemente por declarar eses ingresos en Cesantes. O Rexedor, Francisco Fontela, exerce como escultor e o Procurador, Manuel Pérez, como prateiro.

Algúns oficios ben pagados como o de escribán, médico ou boticario permiten que estas persoas dispoñan de servizo, principalmente son mulleres as que traballan como criadas, pero tamén se citan criados. Caso aparte é o do único nobre da vila, un fidalgo que é o que mantén a máis persoas ao seu servizo:

Don Francisco de Borxa Sarmiento viudo, edad 46 años, tiene dos hijas, dos paxes de 28 años de edad cada uno, una criada maior, cuatro criadas, dos criados maiores de los 18, y un Negro de edad de 36.

Atopamos aquí outra curiosidade a que probablemente sexa a primeira persoa de raza negra en chegar ao noso Concello e, o que é máis lamentable, o máis que posible primeiro escravo. Agardemos que sexa o único.

Entre as profesións curiosas podemos ampliar as relacionadas co depósito do sal. O sal era moi importante naquela época porque era fundamental para a conservación dos alimentos. O converterse en Administrador do sal daba tantos beneficios que esta persoa normalmente residía lonxe e contrataba empregados que rexían o negocio. Neste caso chama a atención que estes traballadores residiran en Vilavella cando o alfolí se atopaba na vila de Redondela.

Theniente Receptor de la Sal. Alphonso Nuñez Sotomaior, edad 4o años tiene un hijo menor de los 18, un sobrino mayor y dos criadas, por administrar los alfolies de la sal de la villa de Redondela como theniente receptor en nombre de D. Francisco García Carrasco se le pago por este en cada un año 5.500 rv y lo restante que produce la Administración lo percibe dicho D Francisco García Carrasco.

Medidor. Miguel Alvarez, edad 42 años, casado tiene un hijo menor de los 18 y dos hijas y una cuñada por el oficio de Medidor de la Sal se le regula y contempla de utilidad al año 730 rv.


Dos tres citados como “particulares” tan só se cita o oficio dun deles:

Don Antonio Terlup, edad 66 años, viúdo tiene una hija y una criada. No exerce el oficio de theniente Cónsul en esta Provincia de las dos Naciones de Francia y Holanda por haber hecho dimisión del atento su avanzada edad.


Como estamos vendo o papel da muller está totalmente supeditado ao home. Cítase os fillos e ao servizo e nalgún caso outras persoas ao cargo (cuñada, sogra...), pero nunca se fai referencia á esposa que semella que non existira. No referente aos fillos, se son varóns especifícase se son menores ou maiores de 18 anos. Neste último caso recóllese a súa ocupación e ingresos. Por contra, no caso feminino tan só se enumeran independentemente da súa idade.

Nos apartados viúvas e solteiras, recóllense os nomes das mulleres que viven soas ou son cabeza de familia enumerándose as persoas que cohabitan con elas. No caso de ter algún fillo barón maior de 18 anos, como nos casos anteriores si se recollen a súa ocupación e ingresos. A única excepción sería a seguinte:

Marta de Otero, divorciada tiene una criada. Sirve la casa en que habita de Mesón regular se le ve utilidad al año 50 r. v.

Temos aquí outra curiosidade, será este o primeiro caso de divorcio no Concello de Redondela? Case con seguridade o seu ex-marido sería o oficial de zapateiro:

Carlos Manuel de Grandal, edad 45 años, Divorciado, gana por su oficio al día Real y medio vellón.


En Vilavella existían daquela dous Casas-Mesóns mais:

...tres Casas de Mesones que la primera es de Rosa González da Pena, la segunda de Francisco de Abiles y Vasquez que racayó en la de Dominga Gonzales...


Máis adiante podemos comprobar que algunhas destas mulleres tiñan como principal fonte de ingresos as rendas producidas polo alugueiro dalgunha casa ou o foro de terreos. Pero paraa a maioría a vida non debía ser sinxela como reflexa o dato que dos cinco pobres que había na xurisdición, catro eran mulleres.


Como vemos, os oficios nos que se empregaba máis xente era o de zapateiro, xastre e labrador. Sorprende a presenza de tan só un forneiro, tendo en conta que a actual Rúa Juan Manuel Pereira era coñecida como a Rúa dos Fornos. Dúas explicacións posibles serían que foran mulleres as que traballaran como forneiras e non se recolleran os seus ingresos, ou que os fornos foran atendidos por veciños de Redondela, dada a súa proximidade.


Nunha xurisdición tan pequena e cun convento é indiscutible o gran peso que tiñan os relixiosos naquela época.

Convento de Nuestra Sra. de la Purificación orden de Nuestro Padre San Lorenzo Justiniano, componese de 30 Religiosas Profesas y 13 criadas seglares de particulares y 2 de comunidad.

Según parece consiste en 4 eclesiásticos sacerdotes, 30 religiosas profesas y 17 individuos familiares Villavieja de Redondela.



Non serían estes os únicos relixiosos con intereses en Vilavella, xa que tamén tiñan foros o Prior de la Abadía de Covadonga (Asturias), o Convento de Relixiosas de Santa Clara da vila de Pontevedra, o párroco de Moscoso (Pazos de Borbén) e varios presbíteros e clérigos veciños de Redondela.


Por último, atopamos unha referencia a unha confraría relixiosa:

Bienes del Santísimo Sacramento de esta villa del que es su actual mayordomo D. Francisco Fontenla... Habita la casa de arriba D. Joseph Bernardo Pérez actual Mayordomo del convento de Religiosas de esta villa...


Este Mordomo do convento o vimos citado cando falamos da ocupación da veciñanza porque ademais de casa gratuíta o seu soldo permitíalle contratar a unha criada:“...producele su empleo de utilidad al año dos mil duzientos Reales Vellon”. Un bo soldo se temos en conta que os soldos máis comúns ían de un a tres reais de vellón ao día.


Selo do Sacristán. Familia Fernández Otero.

Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

PARES http://pares.mcu.es => Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de Villavieja de Redondela (Mos, Tuy), efectuado por decreto de diciembre de 1760 para el establecimiento de la Única Contribución.

Catastro de Ensenada de Vilavella e Redondela.