Mostrando entradas con la etiqueta Escritor-a. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Escritor-a. Mostrar todas las entradas

martes, 9 de mayo de 2023

Gonzalo Amoedo López (Redondela, 1959)

 

Gonzalo Amoedo. Foto: Ed. Xerais

        Policía municipal de Redondela e investigador local. Ten unha dilatada obra na que destacan os seus estudos sobre o período franquista, tanto en solitario como coa coautoría do seu compañeiro Roberto Gil Moure. Tamén ten publicado varias obras de ficción.

Investigación:

A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. Ed. Concello de Redondela. 2001.

Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro 2002.

Arredor de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.

A taberna de Nador. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. 2004.

As Memorias de Manolo Barros. Autobiografía dun militante comunista. Gonzalo Amoedo. Edit. Fundación 10 de marzo.2006.

Episodios de terror durante la Guerra Civil na provincia de Pontevedra. A illa San Simón. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. Ed. Xerais, 2007.

A memoria e o esquecemento. O franquismo da provincia de Pontevedra. Gonzalo Amoedo López. Ed. Xerais, 2011.


Outras publicacións:

Don Juan Manuel Pereira de Castro, paralelismos con don Juan Manuel de Montenegro. Revista de estudos valleinclanianos Cuadrante, 2001. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure.

As illas de San Simón nas Actas do IIº Congreso da Memoria. Culleredo (2006). Gonzalo Amoedo López.


Guión:

Manolo Barros, un rebelde de aceiro. Documental dirixido por Fernando Carreira “Cuchi”, con guión de Gonzalo Amoedo. Biografía de Manuel Barros, comunista preso, entre outros cárceres, na illa de San Simón durante a ditadura franquista.


Ficción:

Unha historia que ninguén contara. Palabra por palabra.

Contos da policía (2003)

O autobús sempre para en Teis. Col. Relatos da paisaxe (2009).



Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA

Ed. Xerais

Casa del Libro.

 

 

jueves, 17 de noviembre de 2022

Xela Arias Castaño (Sarria (Lugo), 4-3-1962 /Vigo, 2-11-2003)

 

Xela Arias. Foto: Xulio Gil
Xela Arias. Foto: Xulio Gil

 

Escritora, poeta e tradutora. Traballou durante dez anos na editorial Xerais como correctora e asesora lingüística. Logo de licenciarse en Filoloxía converteuse en mestra de educación secundaria. A súa vinculación con Redondela viu precisamente polo seu labor docente no IES Chapela. A Biblioteca Municipal desta parroquia leva o seu nome ao impoñerse esta proposta nunha votación popular. Tamén nomea o premio de posta en valor do galego promovido pola Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI). Adicáronlle as letras Galegas 2021 como representante da xeración que renovou a poesía galega nos anos 80 e por ser “unha voz singular, transgresora e comprometida”. En Sarria déronlle o seu nome a unha rúa.

As súas obra poética é a seguinte:

- Denuncia do equilibrio (1986). Finalista do Premio Losada Diéguez.

- Lili sen pistolas (Inédito). Finalista do Premio Esquío.

- Tigres coma cabalos (1990)

- Darío a diario (1996)

- Intempériome (2003).

Entre outros, participou nos libros colectivos Palabra de muller (1992), Rosalía na palabra de once poetas galegas (1997) e Daquelas que cantan (Fundación Rosalía de Castro, 2000). A súa obra complétase con numerosas traducións de obras ao galego de autores como: Jorge Amado, James Joyce, Camilo Castelo Branco, Roald Dahl, Angela Carter, Baudelaire...; polo que recibiu os premios Medalha do Prêmio de Tradução Sociedade de Língua Portuguesa, o Premio Ramón Cabanillas de Tradución e o Premio Plácido Castro. A todo isto habería que engadir as súas colaboracións en varias publicacións e recitais poéticos.



Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA

Galegos. http://galegos.galiciadigital.com/es/xela-arias-castano

Blog do Servizo de Normalización Lingüística de Redondela.

Editorial Xerais. https://www.xerais.gal/autores.php?tipo=autores&id=101921

https://www.europapress.es/galicia/noticia-xela-arias-poeta-rebelde-derribo-convenciones-construir-independencia-20210425121822.html

https://elpais.com/cultura/2020-12-22/el-dia-das-letras-galegas-2021-sera-para-xela-arias.html

 

jueves, 25 de noviembre de 2021

Amado Ricón Virulegio (Redondela, 1933/Redondela, 7-8-2019).

 

Amado Ricón. Foto compartida polo PP de Redondela

 

Fillo do ebanista Amado Ricón Villar (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/ricon-villar-amado-redondela-1900-1945.html )

En 1958 emigrou a EE. UU. onde exerceu como catedrático de Literatura Española na Universidade de New York. Naquela cidade presidiu a Casa de Galicia. Xubilado en 1992, retornou a Galicia onde recibiu a Medalla Castelao, destacándose o seu estudo da obra de Eduardo Pondal. Foi presidente do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais.

En Redondela é moi lembrado polo seu paso pola política local. En 1995 presentouse nas municipais como candidato do PP, accedendo á alcaldía ao ano seguinte despois dunha moción de censura. O seu mandato estivo marcado polo conflito coa recollida do lixo que naquela época se queimaba na Marisma. Un problema, o da xestión dos residuos, que se repetía en toda a xeografía galega naqueles anos. Nesta época tamén exerceu o cargo de Deputado provincial.

Investigador da historia local de Redondela, publicou varios artigos no Boletín do Seminario de Estudos Redondeláns:


A Batalla Naval de Rande. SEREN Nº8, 2020.

Notas dispersas sobre don Isidoro Queimaliños Queimaliños. SEREN Nº6, 2009.

Bosquexo da orixe da igrexa de Santiago de Redondela: vida dalgúns abades e a súa obra. SEREN Nº5, 2008.


Anos antes, deunos a coñecer a antigos persoeiros da vila e a Lenda de Marcolfo. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/search?q=marcolfo ) Ademais de deixarnos numerosos artigos en xornais e nas publicacións das Festas da Coca, sirva como exemplo: Familiares y Oficiales redondelanos del Santo Oficio de la Inquisición y sus Genealogías. Grandes Fiestas de la Coca. Redondela 1968. Comisión de fiestas de la Coca.

Obras publicadas:

Eduardo Pondal. Conciencia de Galicia. 1981.

Estética poética de Eduardo Pondal, 1985.

Os Eoas. Eduardo Pondal. Limiar, transcrición, selección e notas de Amado Ricón Viruleg, 1992.

Castelao, propagandista da República en Norteamérica, 2000. Emilio González López e Amado Ricón Virulegio.



Outros artigos:

Origen y sentido del himno gallego. Boletín da Real Academia Galega. Nº356, 1974.

Algunos ejemplos del ‘Axis rítmico’ en la poesía de Pondal. Boletín da Real Academia Galega. Nº345-360, 1968.

Relación contemporánea sobre la llegada y estancia en Galicia de la reina Dª Mariana de Neoburgo en 1960. Compostellanum: revista de la Archidiócesis de Santiago de Compostela. Vol. 13. Nº4 (Octubre-Diciembre, 1968).


Colaboraciones en obras colectivas

A fronte popular antifascista galega de Nova York: o ambiente políticos dos españois, cando chegou Castelao a Nova York. Amado Ricón Virulegio. Congreso sobre Castelao: actas do congreso realizado pola Dirección Xeral de Promoción Cultural en Rianxo, dos días 25 ó 29 de xaneiro de 2000, 2001.

Castelao propagandista da República e organizador galego. Amado Ricón Virulegio. Actas Congreso Castelao. Tomo I: (Santiago de Compostela, 24-29 novembro 1986). 1989.




Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

SEREN. Boletín do Seminario de Estudios Redondeláns.

Publicacións da Festa da Coca. Varios anos.

La Voz de Galicia

Faro de Vigo

viernes, 22 de mayo de 2020

Os inicios musicais en Redondela. Os trobadores.

Escultura aos trobadores na Illa San Simón. Foto: Juan Migueles

Para comezar a falar de música en ou de Redondela debemos remontarnos aos trobadores:


Mendiño
Nos cancioneiros portugueses pode aparecer coma Mendiño, Mendinho ou Meendinho. Del non se coñece ningún dato e tan só se conserva unha única cantiga de amigo que é considerada unha das máis importantes da literatura trobadoresca galego-portuguesa. A cantiga fala da Illa de San Simón, polo que o consideramos un persoeiro de Redondela a pesares de que se descoñeza o seu lugar de nacemento. Adicóuselle o Día das Letra Galegas de 1998, compartindo este galardón con Martín Codax e Johan de Cangas. Por este motivo na illa de San Simón erixiuse unha estatua que lembra aos tres trobadores. Unha rúa e un instituto de Redondela tamén reciben o nome de Mendiño.

Sedia-mi eu na ermida de San Simion
e cercaram-mi as ondas, que grandes son ;
¡eu atendendo o meu amigo,
eu atendendo o meu amigo,

Estando na ermida, ante o altar,
(e) cercaron-mi as ondas grandes do mar ;
¡eu atendendo o meu amigo,
eu atendendo o meu amigo !

E cercaron-mi as ondas, que grandes son ;
non ei (i) barqueiro nen remador ;
¡eu atendendo o meu amigo,
eu atendendo o meu amigo !

E cercaron-mi as ondas grandes do mar ;
non ei (i) barqueiro, nen sei sei remar ;
¡eu atendendo o meu amigo,
eu atendendo o meu amigo !

Non ei (i) barqueiro nen remador ;
morrerei, fremosa, no mar maior ;
¡eu atendendo o meu amigo,
eu atendendo o meu amigo !

Non ei (i) barqueiro, nen sei remar ;
morrerei fremosa no alto mar  ;
¡eu atendendo o meu amigo,
eu atendendo o meu amigo !
Cancioneiro da Vaticana : 438 e Cancioneiro da Biblioteca Nacional : 568.

Airas Nunes (S. XIII)
Semella que este trobador foi un clérigo veciño de Santiago do que se conservan 16 composicións. Nunha destas cantigas narrou como Redondela era asaltada por soldados dos Churruchaos:

O meu senhor obispo na Redondela hũu dia
de noite com gram medo de desonrra fogia;
eu hyndo-m'aguysando por hyr com el mha via
achey hũa campanha assas brava e crua,
que me decerom logo de cima da mha ruiva
azemela, et ca m'alevarom-na por sua

E desque eu naçi'a nunca entrara em lide,
pero que já fora cabo Valedolide
escoltar doas muytas que fezerom en Molide
e ali me lançarom a mi a falcatrua
a mais escudeiros, gage o Churruchão,
et taaes sergentos, cá nom gente de rua

Ali me desbulharom do tabardo e dos panos
et nõ houverõ vergonha dos mis cabelos canos
nem me derom por ende grãs nem abanos
leixaron-me qual fuy nado no meyo de la ria,
et huũ donato tinhoso que a de par estava
chamav'a minha nana velha fududadia.
(nº 468 do Cancioneiro da Vaticana)

Johan Soarez Somesso
        No 2013 o investigador Henrique Monteagudo chega á conclusión de que este trobador era natural de Chapela. Considéranse da súa autoría vinte e cinco cantigas do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (Colocci Brancuti). Cod. 10991. Reprodução facsimilada. Lisboa: Biblioteca Nacional / Imprenta Nacional – Casa da Moeda, 1982. Sendo unha delas de escarnio e as vinte e catro restantes de amor.

         En época máis recente os referentes musicais en Redondela serán Casto Sampedro Folgar e Reveriano Soutullo Otero.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Cantigas D'escarnho e de Mal Dizer. Manuel Rodrigues Lapa. Ed. Galaxia, 1970.
A personalidade histórica do trobador Johan Soayrez Somesso. Henrique Monteagudo. Instituto da Lingua Galega - Universidade de Santiago de Compostela, 2013.
Faro de Vigo
Wikipedia

domingo, 17 de mayo de 2020

García Álvarez, Cesáreo (Padrenda)_ Relixioso, escritor e xornalista.

Foto: Vida Gallega
        Estudou no Seminario de Ourense. Nomeado cura de Vilavella en xuño de 1906 na que exercería ata 1909, o que non lle impediu nos anos seguintes oficiar vodas ou predicar unha misa na igrexa de Redondela na honra da Virxe, celebrada polo Colexio de María Inmaculada, dirixido daquela Eduardo Cuntín. En Redondela era o representante do Círculo Católico de Obreros. Despois de Vilavella sería cura ecónomo de Matamá, Couso e Carballeda de Avia.
       Como xornalista colaborou en La Voz Católica, El Noroeste, La Nueva Época (Ourense), El Castellano de Burgos (do que foi director, 1901) e El Diario de Navarra (1903), empregando, ás veces, o pseudónimo de Isaac Rego Arce. Tamén escribiu en El Noticiero de Vigo, onde se amosou contrario ao socialismo. Promoveu a Federación Agraria Católica. Despois dirixiría La Era (1911) e La Voz del Condado (1913), dende o que promoveu a organización social e cooperativista identificada coa Igrexa católica. Posteriormente dirixiu La Integridad (1914-1923) e foi nomeado Catedrático de Filosofía en 1915.
        En 1920 sería nomeado correspondente da Real Academia Galega. Publicou:
  • La juventud y las congregaciones marianas, 1900.
  • Los Juegos Florales, 1902.
  • Marianismo, 1915.
  • La prensa periódica, instrumento apologético, 1916.
Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Progreso, La Integridad, El Correo de Galicia, El Noticiero de Vigo, El Compostelano, Vida Gallega...
Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX, Vol. 1. Manuel Ossorio y Bernard.

domingo, 12 de abril de 2020

Sanmartín San Vicente, Aurelio (¿?/ Redondela 12-1-1918). Poeta

Foto: Vida Gallega
       

        Oficial de Correos en vilas como Pontevedra ou Mondariz. Afeccionado á poesía, en 1912 o seu poema Romance foi premiado co diploma de honra nos Xogos Florais de Pontevedra. En 1914 co tríptico de sonetos La Historia del Apocalipsis gañou o certame organizado polo xornal “Ilustración Gallega”. Outros poemas seus serían: Visión, La serpiente ou Romancillo.

        En Redondela escribía no xornal literario “La Cigarra”, ademais de colaborar en numerosos periódicos tanto da nosa vila (La Idea, Tramancazos, El Soplete, El Pueblo) como doutras localidades (La Correspondencia Gallega, El Tea...). En “Tramancazos” asinaba como “O Demo d’os Tras”, outros pseudónimos que empregaba eran “L. S.” ou “M. S.”

        
         En febreiro de 1917 ven a Redondela a pasar unha temporada coa súa familia por atoparse enfermo, falecendo o 12 de xaneiro do ano seguinte.

 

 

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => Varios xornais.

San José de la Torre, Diego (Madrid 9-8-1884/Redondela 11-11-1962) Escritor

Foto: Heraldo de Madrid
          Novelista, poeta, autor teatral e xornalista. Fíxose famoso polas súas novelas cortas publicadas, entre outras, en El Cuento Semanal, La Novela Corta e La Esfera. Durante a República formou parte da Jefatura de Prensa do Director General de Seguridad, Ramón Fernández Mato. Tras o alzamento nacional do 18 de xullo de 1936 seguiu escribindo artigos en defensa da República polo que foi detido en abril de 1939. Condenado á morte a súa pena foi conmutada pola de 30 anos de prisión, grazas a intervención do xeneral Millán Astray que, parece ser, era lector asiduo da súa obra. Estivo preso entre outras cárceres na Illa de San Simón, na que pasou case dous anos. Alí ensinaba a ler e escribir a outros presos. Nunha ocasión un deles preguntoulle: “-¿Vostede como esta preso se sabe ler e escribir?-Precisamente por iso.”
Cando saíu en liberdade condicional en xaneiro de 1944 fixou a súa residencia en Redondela, amparado polo empresario José Regojo. Seguiu escribindo e co tempo puido publicar os seus artigos no Faro de Vigo, primeiro baixo seudónimo e despois co seu nome, pero en vida tan só verían a luz dous libros máis: Gente de ayer e Estampas nuevas de Madrid.
No 2019 foi nomeado fillo adoptivo de Redondela, descubríndose unha placa no edificio que substituíu á casa onde viviu.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Memoria y trauma en los testimonios de la represion franquista. Escrito por José Ignacio Álvarez-Fernández (Google books)
Diego San José. F. Hernández Girbal en Historia y Vida nº139, feb. 1979
Diego San José. Paseo radiofónico por las calles de Madrid. Gemma Sara Ventín Sánchez. Universidad Complutense de Madrid, 2005.
Heraldo de Madrid. Periodismo e Historia del siglo XX
Mundo gráfico, Cartel, El Heraldo Gallego, El Liberal, La Esfera, El Progreso
Faro de Vigo

Puga y Gómez, Juan Crisóstomo (Redondela, 1574 / Convento Santa Bárbara-Madrid, 13-12-1651) Monxe mercedario e escritor místico


Entrou na Orde da Mercede, na provincia de Castela, pasando logo aos Mercedarios Descalzos. Reitor do Colexio Salmantino da Vera Cruz, Doutor en Teoloxía e Calificador do Santo Oficio. Escribiu “Vida del Vble. P. Fr. Juan de San José, fundador de los Descalzos de la Merced, año de 1638”, biografía do P. Juan Maroto, náufrago da Armada Invencible, que se conserva na Biblioteca Nacional, ademáis dun tratado xeralmente chamado Jardín del esposo co título de “Hortus deliciarium Divini Sponsi”. Faleceu no convento madrileño de Santa Bárbara.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Algunos hijos ilustres de Redondela. Grandes Fiestas de la Coca. Redondela 1968. Comisión de fiestas de la Coca.
Antonio Ocampo Otero. Doctor en Medicina y Cirugía. Bodas de Oro(1939-1989)
Aportes J. L. Cofán

Padín y Lorenzo, Ernesto Casto (Redondela 13-11-1877- Madrid 19-4-1970) Poeta


         Membro correspondente da Real Academia Galega en 1945. O seu discurso de ingreso versou sobre a teoría da orixe galega de Cristobal Colón. Publicou en galego o libro de poemas Amores e dolores, con prólogo na súa primeira edición de Ramón Otero Pedrayo. Chegou a preparar outro libro de poemas, esta vez en castelán, titulado Flores y abrojos do que se publicaron algúns poemas en diferentes xornais. Foi redactor en Madrid do diario Mundo e da revista Semana Financiera. Colaborou en xornais como El Noticiero Español (Pará-Brasil), El Heraldo de Baena (Madrid), Gente Novel (Madrid), La Revista Popular (Vigo) ou El Pueblo (Redondela). Era procurador aínda que nunca exerceu, ocupando altos cargos no Ministerio de Facenda e, anteriormente, secretario particular do Deputado a Cortes por Redondela, Francisco de Federico y Riestra.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Ernesto Casto Padín Lorenzo. Un poeta redondelán. Carlos Antuña e Lola Míguez. Ed. Coordenadora de equipos de normalización lingüistica dos centros educativos de Redondela.
19040900 La revista popular-3nº
19041100 La revista popular
19110809 El Diario de Pontevedra
19230212 Vida Gallega-Poema

Martínez Barreiro, Rogelio (Cesantes, 4-10-1923) Exiliado e escritor

Foto: El País
Tivo que exiliarse no 1941, sendo aínda adolescente, estableceuse en Uruguai despois de pasar por Francia e Arxentina. En Montevideo reencontrouse co seu pai, mariñeiro que no 1936 se atopaba fóra de España, negándose a volver pola súa ideoloxía Republicana. Pasou por diferentes traballos ata conseguir o título de maquinista naval co que puido empregarse nun pesqueiro. Foi membro do comité central do partido Comunista uruguaio, un dos fundadores do Padroado da Cultura Galega e dirixiu o semanario “España Democrática”. Publicou en España unha crónica en tres tomos sobre o exilio español en Uruguai: Una derrota divertida (1997), Los exiliados españoles en Uruguay (1999) e Crónica del exilio de Mercedes Pinto en Uruguay (2003)

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA

Adoración “Dori” Couñago (Reboreda-Redondela, 1977) Escritora de autoaxuda

Foto: Myspace
           Licenciada en Filoloxía Hispánica estableceuse en Oporto (Portugal). Alí traballou como mestra de español e tradutora para empresas, ata que lle xurdiu a oportunidade de dirixir un centro de adelgazamento para mulleres. No 2007 unha intervención cirúrxica troca a súa vida e abandona o seu traballo e comeza a escribir libros de autoaxuda. Os seus libros véndense en varios países de Europa e América e colabora cunha revista arxentina. Algunhas das súas obras tiveron como “madriña” á actriz Sienna Miller.
Obras:
El juego de Dorasypepes”, “Bella por dentro, bella por fuera”, “El Poder”, “Princesa virtual”, “Hombres vacíos y mujeres sin brillo”, “Bullying”

BIBLIOGRAFÍA

Cameselle Ben, Jesús. “Suso Ben” (Vigo, 1954) Pintor, Músico e escritor.

Suso Ben, 2015
           Iniciouse na pintura no instituto do Calvario tendo por mestre a Xavier Pousa. En 1979 participa no taller Abracadabra cos artistas Castro Couso e Ana Pasarín. Continúa a súa formación no 2003 estudando Belas Artes na facultade de Pontevedra.
Pintor establecido en Redondela, impartiu clases de pintura no Centro Recreativo e Cultural de Redondela entre 1989 e 1994, e entre 1994 e o 2012 na Aula de Pintura Municipal do Concello de Redondela, un período este no que xestionaba as actividades culturais do Concello. Logo seguiría a dar clases particulares ata a súa xubilación. Entre os seus alumnos podemos citar a Lino Lago, Alfonso Dasilva, o colectivo “Setetisnando”, Sara Donoso, María Soliño... Ten exposto as súas obras por toda Galiza.
No mundo da música iniciouse tocando da música, iniciando unha carreira como cantautor que o levaría a gañar varios certames musicais nos anos 70. Xa nos 90 comezaría a ensinar tamén guitarra en Redondela, ao que seguirían clases de teatro, creando varios grupos teatrais dos que sairían actores como Luis Crespo ou Pablo Medal.
Tamén ten outra faceta que é a de escritor, publicado: A Lenda da Coca de Redondela e Tres contos a beira do medio.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Aportes: Xesús Cameselle.

Alfaya Bula, Javier (Ramallosa 6-8-1939/29-1-2018) Escritor e Xornalista

Javier Alfaya Bula. Foto: Publio López Mondéjar-Ministerio de Empleo y Seg. Social-20minutos
         Criouse en Reboreda ata que, cando contaba con 7 anos de idade, o seu pai foi destinado como notario a León. Ao longo da súa vida aínda pasaría largas tempadas en Reboreda. Nos anos 60 comezou a colaborar en revistas literarias, programas de radio e xornais como Triunfo, Informaciones e Nuevo Diario. Xa nos 70 foi xefe das páxinas culturais de Realidades, El Europeo e Mundo Obrero; colaborou en Cuadernos para el Diálogo e, novamente, Triunfo. En 1985 foi cofundador da revista de música clásica Scherzo da que foi presidente ata o seu falecemento.
A partires desta época traballou en radio, televisión, revistas como Contrarios, Cuadernos para el Diálogo, Letra Internacional, Ínsula, A Nosa Terra ou Revista de Occidente. Colaborou en xornais como El País, El Mundo, El Independiente ou Le Monde Diplomatique. Realizou numerosos traballos de tradución en colaboración coa súa dona Bárbara Mc Shane e fillo Patrick Alfaya Mc Shane de obras de Joseph Conrad, Graham Greene ou Isaac Asimov. Tamén escribiu ensaio, poesía e novela. Da súa obra narrativa destacar aquí, Una luz en la Marisma, novela xuvenil ambientada en Redondela.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Antonio Ocampo Otero. Doctor en Medicina y Cirugía. Bodas de Oro(1939-1989)
Crítica de libros.org
20 minutos. https://www.20minutos.es 


viernes, 3 de abril de 2020

Xesteira Pazos, José Ángel (Redondela, 1946) Xornalista

Foto: circodepulgas.blogspot
       

Redactor de El Pueblo Gallego e Faro de Vigo e colaborador en varios xornais. Ademais de publicar Memoria de Redondela. Album de postais (Ed. Xerais 2001) xunto a J.L. Borines, escribiu as seguintes novelas: Acompañoo no sentimento (Ed. Xerais 2001), Blues da Ría (Ed. Xerais 2001), Caldo de mares para homes libres (Ed. Xerais), Contos de familia (Ed. Xerais). Tamén participou no libro de relatos Phiccións(Ed. Xerais), varios autores, e escribiu Guía de playas singulares de Galicia (Nigra Trea, 2002) e Hace 60 años, crónica de una época (FINSA, 2006), este último xunto a Francisco Gil e Roque Soto.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Ed. Xerais

Valcárcel, Xurxo (Chapela-Redondela) Escritor

Firmando libros na Biblioteca de Chapela Foto: Andrés C. Laxe
          Escribiu o poema “A noite do apalpador”, ilustrado por Pepe Carreiro, creador de “Os Bolechas”.

BIBLIOGRAFÍA
Radio Redondela
Biblioteca municipal de Chapela

Cordero Carrete, Felipe Ramón. (Redondela, 4-3-1894/¿?) Escritor

Foto: myheritage.com

Nado en Redondela, de nai santiaguesa e pai portorriqueño. Aos dous anos foi levado a Puerto Rico, cando o seu pai se licenciou en menciña na Universidade de Santiago. Doutorouse en Cirurxía Dental na Universidade de Maryland (Baltimore), formando parte do corpo de sanidade do exército norteamericano na I Guerra Mundial. De volta a Galicia en 1921 instalouse en Santiago, onde foi concelleiro e membro da Sociedade Económica de Amigos do País. En 1933 ingresou no Seminario de Estudos Galegos na sección de Etnografía e Folclore. En 1934 licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago onde exerceu como profesor de idiomas. Ao ano seguinte foi nomeado Director do 1º pavillón da Residencia de Estudantes. Tralo golpe de estado do 36 sería apartado da docencia. 

 

Foto: Vida Gallega
 

Xa nos 40 foi un dos impulsores do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento, sendo nomeado Secretario de Honra cando se xubilou en 1972. Tamén foi co-fundador da Sociedade de Bibliófilos Galegos e membro da Real Academia Galega. En 1977 concedéronlle a Encomienda de la Orden de Alfonso X el Sabio. Publicou numerosos artigos nos Cuadernos de Estudios Gallegos, por exemplo: Veneras y cruces de Santiago na heráldica inglesa. No 2007 puxéronlle o seu nome a unha rúa de Santiago de Compostela.

Autor: Juan Migueles


 


BIBLIOGRAFÍA
Galiciana => http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Compostelano, La Noche, Vida Gallega

jueves, 2 de abril de 2020

Sánchez de Ulloa, Julián (S. XVII) Escritor

          Por Casto Sampedro sabemos que foi: "secretario da embaixada de Inglaterra nos tempos dos Felipes III e IV, faleceu e foi enterrado en Redondela. Compuso en 1691 unha obra titulada Anotación de la Verdadera Nobleza, Primera Parte." Non confirma que nacera en Redondela, pero conserva os papeis da venda en 1681 dunha casa en Redondela feita polo capitán Melchor Sánchez de Ulloa, veciño de Vilavella.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Fondo CastoSampedro-MuseoPontevedra:
Venda dunha casa de soto e sobrado na "plaça do Estaleiro" de Redondela (1681).
Sampedro 65-31 Notas varias MUSEO DE PONTEVEDRA

Sánchez Reboredo, José (Redondela 1941) Crítico Literario

Portada de "El silencio y la música". Foto: todocoleccion.net
          Nado en Redondela, mudouse a Vigo sendo neno. Licenciado en Filosofía e Letras e Catedrático de Instituto. En 1965 recibiu o Premio Nacional de Crítica Literaria. Autor de numerosos artigos de crítica literaria, obras colectivas e dos libros El silencio y la música (1989 Ensaio sobre a poesía de Pimentel), Palabras tachadas (1988 sobre a censura literaria na España da posguerra), Notas de crítica literaria, La verdad sobre el caso Savolta de Eduardo Mendoza e Plenilunio de Antonio Muñoz Molina (2009). Colaborador de varios xornais galegos.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
(19650319 El Pueblo Gallego)
Biblioteca Virtual Miguel Cervantes
Dialnet

Romero Álvarez, Amante (Cabeiro, 1954) Poeta

        
Foto: Jesús de Arcos-Faro de Vigo
       Presidente do grupo poético Brétema. Ten publicado varios libros de poemas como Un suspiro en cada sueño ou La sombra del viento No 2014 publicou un libro de investigación da historia da súa parroquia natal, Cabeiro: Terra de cesteiros.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
vgomagazine.wordpress.com

miércoles, 1 de abril de 2020

Ramonet Míguez, Ignacio (Redondela 1943) Xornalista


Criado en Tánger. Director do xornal francés Le Monde Diplomatique. Semiólogo, xornalista e profesor de Teoría da Comunicación na Universidade Denis Diderot de París. Foi alumno de Foucault, Burthers e Sartre. Especializado en relacións internacionais e globalización é autor de obras como Un mundo sin rumbo, Rebeldes, dioses y excluidos, Pensamiento crítico versus pensamiento, Cómo nos venden la moto (2000, con Noam Chomsky). La tiranía de la comunicación (2001), La golosina visual e Fidel Castro. Biografía a dos voces (2006) entre outras.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Academia de las ciencias y las artes de televisión
Galipedia