Mostrando entradas con la etiqueta Reloxos de Sol. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Reloxos de Sol. Mostrar todas las entradas

domingo, 1 de noviembre de 2020

O Cabo dos Fumeiros

Cabo dos Fumeiros  inicios do s.XX. Fototipia Thomas
Cabo dos Fumeiros  inicios do s.XX. Fototipia Thomas

A rúa Cabo dos Fumeiros debe o seu nome ao antigo accidente xeográfico que formaba, xa que ata este punto chegaba o mar. Alí estivo en tempos o porto máis antigo de Redondela do que hai constancia, sendo empregado ata inicios do século XX. A presión urbanística acabaría por sacar o mar de Redondela e o porto hoxe descansa baixo un edificio do inicio da rúa.

Seguindo co topónimo, o nome dos Fumeiros ven da técnica de conservación consistente en afumar o peixe. Nesta rúa aínda se conservan construcións que lembran o pasado mariñeiro do barrio.

Casa do Cristo de Limpias. Foto: J. Migueles
Casa do Cristo de Limpias. Foto: J. Migueles

Outra edificación senlleira sería a Casa do Cristo de Limpias. Construída no século XVI, debe o nome a que un día que pasaba unha procesión por diante comezou a chover, polo que refuxiaron a imaxe do Cristo na taberna que había no seu baixo. Anteriormente era coñecida como Casa da Carballa. Na súa fachada destacan dous brasóns. Tamén hai un curioso reloxo de sol colocado recentemente polos seus propietarios. Ao seu carón existía unha capela que xa nos anos 40 estaba abandonada e era empregada como vivenda por un portugués que mal vivía vendendo leña que traía a nado dende o monte de Machaquito. Desapareceu anos despois coa construción dun edificio. Na súa fachada había outro brasón que sería trasladado a unha casa de Reboreda.

 
Un dos brasóns. Foto: Juan Migueles
Brasón na Casa do Cristo de Limpias. Foto: J. Migueles

Esta rúa é coñecida popularmente como a dos Canastros. Aquí existiu unha gran concentración deles e por fotos antigas vemos que deberon superar a vintena. A mágoa é que estes elementos etnográficos tamén sufriron a presión urbanística e o abandono de moitos anos. Algúns aínda sobreviven en pé, e no chan vemos os tornarratos doutros que ao ser de madeira correron diferente sorte. 

Facebook Alonso Vidal
Facebook Alonso Vidal

 
Foto de José Bellver.
Foto de José Bellver.

 

 

 

 

 

 

 

Publicada por Vigo, La Antigua Ciudad Olívica
Publicada por Vigo, La Antigua Ciudad Olívica

Unha das reclamacións da veciñanza é a recuperación desta zona porque é unha mágoa que unha das rúas do casco vello con máis interese histórico e patrimonial permaneza nun total abandono. Cunha escola taller de cantería e carpintería poderíanse restaurar os canastros e cuns paneis destacar os puntos de interese. O potencial turístico paga a pena, xa que existe un paseo baixo os arcos do viaduto de Pontevedra e a fotografía dos canastros coa ponte de fondo é unha das paisaxes máis fermosas que poden levar os nosos visitantes nas súas cámaras.





 


 

Lamentable imaxe que presentan os canastros (2008). 

Fotos: J. Migueles

 

 

Autor: Juan Migueles



BIBLIOGRAFÍA

Sal, sardiñas e peiraos. Achega ao patrimonio marítimo na Enseada de San Simón. Alberte Román Losada. Ed. Asoc. Alén Nós 2009.

Guía didáctica para escolares: Nº3. Arquitectura e urbanismo en Redondela. Alfonso Sotelo Ramos, 1986.

Reloxos de Sol. Autor: Ana Chas => https://reloxosdesol.wordpress.com/blog/page/12/

SEREN. Nº3. Heráldica de Redondela. Ernesto Iglesias Almeida.

Aportes: Tere e Manuel Migueles.

 

martes, 12 de febrero de 2019

Reloxos de Sol


En Redondela contamos con numerosos reloxos de sol en igrexas, capelas e canastros. Nas derradeiras décadas engadíronse á lista algúns reloxos de sol ornamentais que as máis das veces están mal orientados.


REDONDELA

RRD01. Reloxo da Igrexa de Santiago de Redondela. Na fachada principal na esquina oposta ao campanario. Conserva o gnomón (peza de metal). (42.283188, -8.607366)


Foto: J. Migueles

RRD02. Reloxo da Casa do Cristo de Limpias. Réplica de reloxo mercado recentemente nunha feira en Francia polos propietarios. Ten a data de 1824 sobre unha cruz cátara ou occitana. (42.286688, -8.609466)


Foto: Eduardo Barros Loureiro

RRD03. Reloxo da Capela de Santa Mariña. Existen referencias desta capela no século XVII. Como na igrexa de Santiago conserva gnomón pero en mal estado. A propia pedra do reloxo presenta unha fenda que de non reparase pode provocar a súa parcial ou total caída. Está no extremo esquerda da fachada. (42.288406, -8.608605)

Foto: J. Migueles

RRD04. Reloxo da Alameda. É moderno. Foi colocado nos anos 90 do pasado século como elemento decorativo, tendo gravada a data: 2-12-1991. Posúe un tipo de tetrasquel chamado lauburu, típico da cultura vasca. Sen gnomón. (42.284004, -8.608990)

 
Foto: J. Migueles

RRD05. Reloxo nun canastro. Camiño do Francés. (42.277571, -8.609782)

 

Camiño do Francés. Google Maps

 

CABEIRO

RCB01. Reloxo de sol no Camiño das Grañas. Nun portón de entrada. (42.255518, -8.631746)

 

Camiño das Grañas. Google Maps


CEDEIRA

RCD.01. Reloxo nunha casa de Negueiride. Novo reloxo decorativo sen orientar colocado trala reforma da casa xa no século actual. (42.277757, -8.624237)

RCD.02. Reloxo na Regasenda. Nunha casa privada, un reloxo de sol, colocado como decoración nunha mesa no xardín. (42.286706, -8.636924)

RCD.03. Reloxo en Fortóns. Canastro. (42.270446,-8.615553)

 

Foto: J. Migueles

Foto: J. Migueles
 

CESANTES

RCS 01. Reloxo Canastro de Esteiro. Camiño de Esteiro, 4. (42.294134, -8.607686)

RCS 02. Reloxo Canastro Carballiño. Camiño Carballiño, 51. Construído en 1805. (42.305662, -8.611776)

RCS 03. Reloxo Canastro Cerqueiro. Camiño do Cerqueiro, 14. Construído en 1854. (42.301234,-8.603940)

RCS 04. Reloxo Canastro Alto de Ostrás. Camiño do Alto, 58. Construído en 1870. (42.31,-8.614218)

RCS 05. Reloxo Canastro Alto de Ostrás. (42.312334,-8.615848)

RCS 06. Reloxo Canastro Alto de Ostrás. (42.310809,-8.614302)

RCS 07. Reloxo Canastro de Zacande. Estrada de Zacande, 18. Construído en 1930. (42.297615,-8.609991)

RCS 08. Reloxo na Casa de Rita Regojo. Cño. Nogueiral. Enriba do tellado da casa, antigamente no canastro. (42.301542, -8.6143719)


Canastro Esteiro Foto: J. Migueles


Canastro en Carballiño. Google Maps
Canastro en Zacande. Foto: Google Maps

Alto Cesantes. Google Maps

Reloxo de Rita Regojo-Foto:María Mar

 
Alto de Ostrás. Google Maps

 

 

 

 

 

 

 

 

 

NEGROS

RNG 01. Reloxo en Negros. Sen localizar.

 

Negros Facebook Fran Wild Whale

 

REBOREDA

RRB 01. Reloxo da Igrexa de Reboreda. En bo estado. (42.283843, -8.594723)

RRB 02. Reloxo do Pazo de Pousadouro. Pendente de comprobar. (42.285562, -8.601534)

RRB 03. Reloxo Canastro da Carambola. Dirección Camiño da Carambola, 28. (42.290262, -8.595882)

Igrexa Reboreda. Foto: César González Pérez


Carambola. Google Maps








O VISO

RVS 01. Reloxo de Sol da Capela da Peneda. Está na parte dianteira do tellado, na esquina oposta ao campanario. Está orientada ao sur e carece de gnomón. Está cuberta de liques polo que no momento da visita non se observaban as liñas horarias. Hai que explicar aquí que a capela se atopa en terreos de Soutomaior pero pertence á parroquia de O Viso. (42.327036, -8.590303)

 

Foto: J. Migueles

RVS 02. Reloxo da Igrexa parroquial do Viso. Nun lateral da igrexa. (42.321920, -8.594026)

Foto: J. Migueles
 

RVS 03. Reloxo da Casa Reitoral do Viso. Enriba do muro de peche da casa reitoral do Viso atopamos un reloxo de sol polar de meddia cana”, ou sexa ten un arco central cunhas liñas transversais que marcan as horas polas sombras que fan as aristas do arco. A súa localización non debe ser a orixinal porque non está orientado ao sur. A base do reloxo serve agora de base á cruz que hai enriba da entrada á propiedade. Para este tipo de reloxo ao ser completamente de pedra bastaría unha boa orientación para que volvera a funcionar. (42.322155, -8.593754)


Foto: J. Migueles

RVS 04. Reloxo Estrada da Teixeira. Canastro con reloxo de sol antropomorfo. (42.31625, -8.59928)

RVS 05. Reloxo de Tuimil. Canastro privado. Camiño Fonte de Pousada 16. (42.309734, -8.592256)

RVS 06. Canastro en Soutoxuste. Canastro con cruz e reloxo de sol nos extremos do tellado. Está moi alterado por ter acaroada unha casa e empregarse a parte inferior para construír peches para os animais. Conta con oito pés cos tornarratos individuais. Está construído na súa totalidade en pedra e está cuberto con tella plana. A orixinal porta de madeira foi substituída por unha de metal. Está orientado cara ao sur e perdeu o gnomón. (42.325129, -8.612731)

RVS 07. Canastro en Soutoxuste 2. Neste caso o reloxo está baixo a cruz. Completa o conxunto un bonito pombal. (42.325181, -8.612505)

RVS 08. Canastro en Soutoxuste 3. Baixo a cruz no lado dereito. Estrada da Aldea. (42.320316, -8.611676)

 

RVS 04-Est. Teixeira-Google Maps

RVS 05. Foto: J. Migueles

RVS 06-Canastro Soutoxuste Foto: J. Migueles
 
RVS 07 Canastro Soutoxuste Foto: J. Migueles
 
RVS 08-Estrada da Aldea. Foto: J. Migueles


RVS 09. Canastro na Fábrica de Monecos. Soutoxuste 4. (42.323796, -8.612144)

RVS 10. Canastro en Soutoxuste 5-N550 (42.324801, -8.609320)

RVS 11. Canastro ¿Cño. de Besada? (42.327059, -8.593443)

RVS 09 Canastro Fábrica Monecos-Google Maps
RVS 11. Canastro con Reloxo. Googñe Maps

 

 
RVS 10-Canastro-N550Soutoxuste. Google Maps
 

VENTOSELA

Reloxo da Igrexa de San Martiño de Ventosela. Atópase preto dun cano que hai a carón da porta de acceso ao campanario. Como os anteriores o óxido provocou a perda do gnomón. O reloxo está acaroado á parede e sobre ela colocouse outra pedra rectangular coroada cunha cuncha de vieira franqueada con motivos decorativos. (42.300376, -8.586401)

Foto: Gonzalo Figueroa
 

Reloxo da Igrexa de San Martiño de Ventosela. Atópase preto dun cano que hai a carón da porta de acceso ao campanario. Como os anteriores o óxido provocou a perda do gnomón. O reloxo está acaroado á parede e sobre ela colocouse outra pedra rectangular coroada cunha cuncha de vieira franqueada con motivos decorativos. (42.300376, -8.586401)

Canastro con reloxo no Camiño Castiñeira. Visible desde a Estrada de Ventosela. Canastro ao que se lle engadiu un reloxo de sol e unha cruz cara a 2022. (42.299382, -8.587906)

Canastro con reloxo no Camiño Castiñeira2. No lateral dunha das dúas cruces que posúe. (42.297132, -8.582689)

Canastro con reloxo no Camiño Requeixo. Ten o reloxo como único elemento decorativo. (42.297963, -8.582386)

Canastro con reloxo no Camiño Rains. Canastro con cruz e reloxo. (42.295152, -8.581521)




RVN 04-Cño Requeixo. Foto: J. Migueles
RVN 03-Est Castiñeira. Foto: J. Migueles


RVN 02-Est Castiñeira. Foto: J. Migueles
RVN 05-Cño Rains. Foto: J. Migueles
 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 
 
 
 
 
 
 
Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Reloxos de Sol. Autor: Ana Chas => https://reloxosdesol.wordpress.com/blog/page/12/

Asociación Astronómica de Vigo. Autor: César M. González Crespán => https://www.astrovigo.es/2014/11/reloj-de-sol-de-la-iglesia-de-santa-maria-de-o-viso-antes-iglesia-de-toruca.html

Facebook > Grupo de Relojes / Reloxos de sol en Galicia

Inventario de canastros, cruceiros, portóns, fontes e lavadoiros de Cesantes. Obradoiro de Estudos locais Fernando Monroy.

Pàgina oficial dels Campaners de la Catedral de València. Autor: Pedro J. Novella => https://campaners.com

Aportes: Gonzalo Figueroa, Tere e María Mar.

Wikipedia

 

 

 











Ruta das Sete Fontes

          

Esta ruta enlaza pola costa a praia da Punta, en Cesantes, co lugar de Sete Fontes, en Soutoxuste (O Viso). Ten unha lonxitude de 6'5 Km. Foi posta en valor en 2013, pola Asociación de Veciños de Cesantes á que se sumou o Colectivo Vox Populi, que organizaron visitas guiadas.

Nunha visita realizada en outubro de 2020 a ruta permanece sen sinalizar. Ao ser unha visita pola costa as vistas son privilexiadas. Saímos dende a praia da Punta fronte a illa de San Simón e o primeiro que atopamos é un antigo viveiro de marisco realizado en pedra. Moi preto observamos unha zona delimitada no mar que é a empregada actualmente para sementar a ameixa.

     
Viveiro de marisco Foto: Juan Migueles, 2009
Viveiro de marisco, 2009 

Nas rochas chaman a atención moitos gravados de nomes da rapazada uns realizados hai moitos anos, na maioría dos casos, e outros máis recentes. O noso consello é deixar esta práctica para evitar unha maior degradación das rochas. 

 
Nomes gravados nas rochas

Tamén comezamos a ver pequenas calas cheas de encanto. 

 

Pequena cala de Cesantes. Foto: Juan Migueles
Pequena cala de Cesantes.

Ao chegar á fonte de Neira temos a opción de abandonar o camiño e seguir pola costa se hai marea moi baixa, porque do contrario cabe a posibilidade de que mollemos os pés. A ruta nos leva polo camiño empedrado que remata nunha estrada asfaltada que seguiremos sempre paralelos á vía do ferrocarril.

Fonte de Neira. Foto: Juan Migueles
Fonte de Neira.

Precisamente a vía do tren cruza un pouco máis adiante a Ponte de Fontán, pequeno viaduto de tres arcos.

Ponte de Fontán. Foto: Juan Migueles
Ponte de Fontán.

Achegarémonos pola costa aos pequenos areais da Praia Fontán e a Praia de Soutoxuste. En todo este tramo atoparemos restos de tégula e cerámica romana. Por que non se recolle e se catalogan todos estes restos? Porque en cada asentamento romano deste tipo sacaríamos tanto material que sería inviable almacenalo. Por que non debemos coller os restos que vexamos? Porque se todos facemos o mesmo desaparecerían os vestixios que nos indiquen que aí existe un asentamento romano. Estes restos fora de contexto perden todo o seu valor, ademais hai que lembrar o caso sucedido hai uns anos no que se atopou nun contedor en Torrecedeira (Vigo), parte dunha colección de restos arqueolóxicos de diferentes épocas. Neste caso, por sorte, localizouse de que vivenda procedían e descubriuse que o seu propietario falecera e a familia estaba a tirar con todo ao lixo. Quen sabe se co tempo en Soutoxuste se logre facer unha escavación e recuperación deste xacemento para poñer en valor este patrimonio. Neste punto recuperouse unha estea funeraria romana que se conserva no Museo de Pontevedra e nas inmediacións tamén se atoparon dous miliarios, un dos cales podemos contemplalo na Casa da Torre.

Praia de Soutoxuste. Foto: Juan Migueles
Praia de Soutoxuste.

Detrás dun miradoiro construído durante o acondicionamento desta ruta podemos ver a casa do alemán, chamada así porque foi propiedade do Comandante de Submarinos Heinz Ger Sauer. Como vimos noutra entrada deste blog, en 1966, cando o propietario quixo pechar parte da praia que quedaba ante a casa, protagonizouse un levantamento da poboación facendo que desistise nos seus propósitos.

Seguindo a liña de costa atopamos unha pesqueira de pequenas dimensións bastante ben conservada.

Pesqueira. Foto: Juan Migueles
Pesqueira

Outra curiosidade que podemos ver é o diferentes que son os “casetos” dos mariñeiros do Viso e as de Cesantes. “Casetos” é o nome que se lle da na nosa zona ás pequenas casas que os mariñeiros empregan para gardar os aparellos de pesca. As primeiras son de planta baixa e con tellado plano, mentres que as de Cesantes se caracterizan por ter un tellado moi pronunciado a dúas augas, aproveitando este espazo para almacenaxe dos aparellos de pesca.

Casa mariñeira. Foto: Juan Migueles
Casa mariñeira

Nunha destas casas existe un pozo ligado a dúas lendas. Por un lado crese que é un túnel que comunica Soutoxuste coa Peneda. E por outro lado non podían faltar as lendas mouras, dicíndose que se entras no pozo podes atopar o tesouro dos mouros, pero tamén podes atopar un veleno que te mate.

Casa que agocha o pozo das lendas. Foto: Juan Migueles
Casa que agocha o pozo das lendas

Moi preto, tamén podemos ver a pedra da Abalaxe na que unha moura peiteaba os seus cabelos. Estas e outras lendas dos mouros da contorna están recollidas noutra entrada do blog.

Pedra da Abalaxe. Foto: Juan Migueles
Pedra da Abalaxe

Na marisma de Soutoxuste podemos ver que está pechada por unha liña de pedras cunha apertura no centro. Ben podería tratarse doutra pesqueira, pero moito maior ca que vimos anteriormente. Tamén existe unha pequena rampla que en tempos deu servizo a un estaleiro. 

 

Posible pesqueira. Foto: Juan Migueles
Posible pesqueira

Adentrándonos no barrio de Soutoxuste, como curiosidade veremos un dos canastros con reloxo de sol que temos no noso Concello. Pero o máis destacado serían os restos do Pazo de Soutoxuste, hoxe atrapado entre outras construcións máis modernas. A capela de Soutoxuste pertencía a este pazo, pero por mor da construción da liña do ferrocarril foi desprazada da súa localización orixinal, polo que teremos que cruzar a estrada nacional se queremos visitala.

Torre do Pazo de Soutoxuste. Foto J. Migueles
Torre do Pazo de Soutoxuste.

 O nome da ruta débese ao regato que separa O Viso de Arcade, do que se di que recollía a auga de sete fontes diferentes. Na estrada nacional hai unha pequena área de descanso para os peregrinos e un pouco antes na beira da propia estrada o muíño das Sete Fontes, que no momento de escribir estas liñas permanece oculto pola maleza.

 

Muíño das Sete Fontes. Foto: Juan Migueles
Muíño das Sete Fontes

Fotos e texto: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA

Faro de Vigo

O Viso. A construción dunha paisaxe cultural. Xurxo Constela Doce, A Citania S. L. Sociedade Cultural do Viso, 2020.

Visitas guiadas polo arqueólogo Xurxo Constela, A Citania S. L.