sábado, 26 de junio de 2021

Toponimia de Chapela (3 de 3)

 

Río Fondón en A Fraga (Chapela). Foto: J. Migueles
Río Fondón en A Fraga (Chapela). Foto: J. Migueles

Rueiro (2007). Outros

Camiño da Abeleira (Angorén). Árbore, nome de repertorio.

Camiño dos Abetos (Angorén). Árbore, nome de repertorio.

Camiño do Acivro (Igrexa). Árbore, nome de repertorio.

Camiño da Adella (Río Frío-Angorén). Canle que leva a auga ao muíño, nome de repertorio.

Camiño da Aguia (Cidadelle). Paxaro, nome de repertorio.

Camiño de Alexandre Bóveda (Igrexa). Famoso escritor que da tamén nome á escola que hai neste camiño.

Camiño da Ameixeira (Angorén/Laredo). Árbore, nome de repertorio.

Camiño da Anduriña (Cidadelle). Paxaro, nome de repertorio.

Camiño das Ánimas (Igrexa/Laredo). Pola existencia dun peto de ánimas no lugar.

Camiño da Araucaria (Angorén). Árbore, nome de repertorio.

Camiño do Arce (Laredo). Árbore, nome de repertorio.

Estrada da Autopista (Angorén). Discorre paralela á autoestrada. Obviando a lexislación vixente optouse pola denominación en castelán.

Camiño dos Balandros (Angorén/Laredo). Tipo de barco, nome de repertorio.

Camiño da Baliza (Laredo). Obxecto para sinalizar a localización dun barco, unha rede ou unha nasa. Nome de repertorio.

Camiño de Barlovento (Laredo).

Camiño da Bruxa (Cidadelle/Parada). Alcume dunha muller que facía remedios. Herdado por varias xeración de mulleres da súa familia.

Camiño da Bubela (Cidadelle). Paxaro, nome de repertorio.

Camiño do Buxo (Angorén). Árbore, nome de repertorio.

Camiño do Cabazo (Angorén). Tipo de hórreo, nome de repertorio.

Camiño da Cacharela (Chapela/Teis (Vigo)). Probablemente zona onde se recollían ramas para facer lume nas casas.

Camiño da Calima (Laredo). Parte dunha embarcación, nome de repertorio.

Camiño do Canabal (Cidadelle). Lugar poboado de canas.

Camiño do Cañizo (Angorén). Tipo de hórreo, nome de repertorio.

Camiño da Carqueixa (Laredo). Tipo de planta, nome de repertorio.

Camiño do Carrizo (Laredo). Paxaro, nome de repertorio.

Camiño do Castiñeiro: Árbore, nome de repertorio.

Camiño da Cerdeira: Árbore, nome de repertorio.

Camiño das Chachiñas (Angorén). Alcume.

Camiño do Chopo (Angorén). Árbore, nome de repertorio.

Camiño dos Cipreses (Igrexa/Laredo). Árbore, nome de repertorio.

Camiño do Cormorán (Cidadelle). Paxaro, nome de repertorio.

Camiño da Correola (Igrexa/Laredo). Tipo de planta, nome de repertorio.

Camiño da Coruxa (Igrexa). Paxaro, nome de repertorio.

Coutada Grande (Parada). Coutada é unha zona de monte acoutada.

Camiño do Cuco (Cidadelle). Paxaro, nome de repertorio.

Camiño da Dorna (Laredo). Tipo de embarcación, nome de repertorio.

Paseo do Doutor Durán (Laredo). O médico Jesús Durán Troncoso, despois de moitos anos exercendo en Chapela, parroquia da que era defensor dos seus intereses, en 1969 recibiu a homenaxe do Círculo Cultural de Chapela dándolle o seu nome a esta rúa.

Rúa do Doutor Gonzalo Morant (Laredo). Nome dado en 2005 na honra de Gonzalo Morant Levenfeld, médico que exerceu en Chapela nos anos 70 e 80.

Camiño da Driza (Laredo). Nome de cabo dos barcos de vela. Nome de repertorio.

Rúa do Emigrante (Cidadelle). Probablemente alcume dun veciño da zona.

Camiño do Ervedo (Angorén). Arbusto. Nome de repertorio.

Camiño do Espiño (Igrexa). Arbusto. Nome de repertorio.

Rúa da Estación (Angorén/Laredo). Pola antiga estación do tren.

Camiño do Estorniño (Cidadelle). Paxaro, nome de repertorio.

Camiño do Estrobo (Angorén). Cabo ou peza coa que se fixa o remo. Nome de repertorio.

Camiño do Falcón (Igrexa). Paxaro, nome de repertorio.

Camiño do Farneiro (Angorén). Lugar onde se garda a fariña. Nome de repertorio vinculado ao muíño como outros camiños da zona.

Camiño da Fisga (Laredo). Arte de pesca. Nome de repertorio.

Camiño do Foque (Laredo). Tipo de vela. Nome de repertorio.

Camiño do Freixo (Igrexa). Tipo de árbore. Nome de repertorio.

Camiño do Gabián (Parada). Paxaro, nome de repertorio.

Camiño da Gaivota (Parada). Paxaro, nome de repertorio.

Camiño da Gamela (Angorén). Tipo de barca. Nome de repertorio.

Camiño da Gralla (Parada). Paxaro, nome de repertorio.

Camiño da Hedra (Angorén). Tipo de planta. Nome de repertorio.

Rúa José Fernández López (Angorén/Laredo). Na honra de José Fernández López (Sarria 1904, Madrid 21-12-1986). Presidente honorario e fundador das empresas Pescanova (en Chapela), Zeltia, Tafesa S.A. e Transfesa S. A., esta última adicada ao transporte ferroviario de mercadorías, controlaba máis do noventa por cento das exportacións que realizaba España por ferrocarril. Dirixiu empresas como Marucoga (hoxe Frigolouro) e foi o accionista maioritario de Antibióticos S. A. No concello de Porriño foi nomeado fillo adoptivo e un colexio leva o seu nome, en recoñecemento ao seu labor como benefactor desta vila.

Camiño do Lavanco (Parada). Pato real, nome de repertorio.

Camiño da Lavandeira (Parada/Igrexa). Paxaro, nome de repertorio.

Camiño do Limoeiro (Laredo). Tipo de árbore. Nome de repertorio.

Camiño do Loureiro (Angorén). Tipo de árbore. Nome de repertorio.

Camiño do Luceiro (Igrexa). Pode referirse á primeira luz do día ou a un vagalume.

Subida á Madroa (Parada). Fai referencia ao monte da Madroa, en Teis (Vigo).

Rúa Manuel Rodríguez Casal (Laredo). Nome dado en 2005. Fundador de Manuel Rodríguez Casal S. L., empresa adicada á hostalería. Entre outros abriu o restaurante El Canario en Chapela.

Camiño do Marote (Cidadelle). Morote, froito silvestre.

Camiño do Merlo (Cidadelle). Paxaro, nome de repertorio.

Camiño da Mimosa (Igrexa). Árbore, nome de repertorio.

Camiño do Miramar (Cidadelle). Fai referencia ás boas vistas que hai do mar.

Camiño da Moa (Angorén). Parte dun muíño, nome de repertorio.

Camiño da Moega (Angorén). Parte dun muíño, nome de repertorio.

Camiño da Moreira (Igrexa). Árbore, nome de repertorio.

Camiño do Morote

Camiño do Moucho (Cidadelle). Paxaro, nome de repertorio.

Camiño Mouriño (Cidadelle). Pode facer referencia á cor moura, escura, do terreo ou dos cultivos.

Camiño da Nébeda (Angorén). Planta, nome de repertorio.

Camiño da Nespereira (Laredo). Árbore, nome de repertorio.

Camiño Novo ó Mar (Angorén). Camiño que leva ao mar.

Camiño da Oliveira (Igrexa). Árbore, nome de repertorio.

Camiño da Ortiga (Igrexa). Planta, nome de repertorio.

Camiño do Palangre (Angorén). Nome de repertorio (aparellos de pesca).

Camiño do Paporroxo (Cidadelle). Paxaro, nome de repertorio. A forma normativa sería, paporroibo.

Camiño do Papuxa (Cidadelle). Paxaro, nome de repertorio.

Camiño do Pardal (Cidadelle). Paxaro, nome de repertorio.

Camiño da Parra (Angorén). Armazón das viñas. Recibe o nome por un bar que tiña unha parra na entrada.

Camiño do Parrulo (Parada). Ave, nome de repertorio.

Camiño do Patrimonio (Cidadelle).

Rúa do Peirao (Laredo). Conduce ao porto de Chapela.

Camiño da Perdiz (Parada). Paxaro, nome de repertorio.

Camiño da Pita do Monte (Parada). Paxaro, nome de repertorio.

Camiño da Pomba (Parada). Paxaro, nome de repertorio. Antes do 2007 este camiño pertencía ao Camiño de Parada.

Camiño da Quinta (Cidadelle). Quinta é unha casa de campo con terreos arredor.

Camiño da Rebouza (Cidadelle). Fai referencia á forte pendente do terreo.

Av. de Redondela. Tramo da N-552, Vigo-Redondela.

Camiño do Rizón (Angorén). Áncora das pequenas embarcacións. Nome de repertorio.

Camiño dos Salgueiros (Angorén). Árbore, nome de repertorio.

Camiño da Sálvea (Angorén). Xugo das plantas. Nome de repertorio.

Avenida de San Telmo (Laredo). Rúa inaugurada en abril de 1950 despois de 30 anos de litixios para levar a cabo a obra. Houbo unha iniciativa para poñerlle o nome de Ricardo Torres Quiroga, capitán de corbeta e secretario da Comandancia Militar de Mariña de Vigo, ademais de Xefe provincial do Sindicato de Pesca. Declinou a proposta suxerindo o nome de Av. de San Telmo. En 1968, xa xubilado, recibiría unha homenaxe celebrada na Confraría de Pescadores San Juan de Redondela. San Pedro González Telmo naceu a finais do S. XI en Fromista (León) e morreu en Tui no 1240. Fixo obra evanxelizadora na provincia de Pontevedra, sendo considerado patrón dos mareantes e da deócese de Tui, polo que é un nome frecuente na toponimia das Rías Baixas.

Camiño do Sendeiro (Angorén).

Camiño das Silveiras (Laredo). Arbusto. Nome de repertorio.

Camiño do Sotavento (Angorén). Nome mariñeiro de repertorio.

Camiño do Subido (Angorén). Terreo en costa.

Rúa Suso Vaamonde (Laredo). Cantante que residiu en Chapela. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/vaamonde-suso-regodobargo-pontecaldelas.html )

Camiño do Tarabelo (Angorén). Peza do muíño. Nome de repertorio.

Camiño da Timoeira (Angorén). Aparello de pesca. Nome de repertorio.

Camiño da Traída (Igrexa/Cidadelle/Parada). Tramo da Senda da Auga, condución da auga desde o embalse de Eiras ata Vigo.

Camiño do Trasmallo (Laredo). Arte de pesca. Nome de repertorio.

Camiño do Valeiro (Parada). Tramo da Senda da Auga. Fará referencia á ausencia de vexetación ou campos.

Camiño da Viña (Laredo/Igrexa). Árbore. Nome de repertorio.

Camiño da Xesta (Angorén). Árbore, nome de repertorio.

Camiño do Xílgaro (Igrexa/Cidadelle). Paxaro, nome de repertorio.

Camiño do Xirín (Cidadelle). Paxaro, nome de repertorio.

Avenida de Vigo. Unha das dúas estradas que unen Redondela e Vigo. Nome dado en febreiro de 1988. Dende 1967 recibía o nome de Avenida do Generalísimo Franco.


Para coñecer máis topónimos de Chapela visitar:

Muíños => https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/muinos.html

Pontes => https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/pontes.html

Fontes => https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/fontes-e-lavadoiros.html


Autor: Juan Migueles



BIBLIOGRAFÍA

Guía didáctica para escolares: Nº5. Aproximación á toponimia do Concello de Redondela. Álvaro Iriarte Sanromán

Os Nomes da Ría de Vigo II. Gerardo Sacau Rodríguez. Instituto de Estudios Vigueses (Fundación Provigo).2000.

Chapela de onte a hoxe. Gonzalo Mencía Castro. Ed. Xunta de Galicia.

Itinerario descriptivo militar de España. Volumen 7‎: Ejército. Cuerpo de Estado Mayor (1866)

Diccionario Madoz

Expediente de acoutamentos e deslindes nos concellos de Salceda de Caselas, Redondela e Lavadores (1871-1872)

Catastro de Ensenada (1752). Chapela

Arquivo da Deputación de Pontevedra.

PARES> pares.mcu.es

Aportes Elvira Senlle Santos e Nanato Lago Amoedo.

Galiciana => El Pueblo Gallego, El Progreso, El regional, La Correspondencia Gallega.

Dicionario de dicionarios. http://sli.uvigo.es/DdD/

Dicionario RAG https://academia.gal/dicionario

Diccionario RAE https://dle.rae.es

Dicionario Portugués https://www.dicio.com.br/