martes, 19 de febrero de 2019

Cargos Públicos: Rexistrador da Propiedade

Rafael Ramos. Foto:www.elche.me
 
 

1861, 19 de decembro. Jacobo Queimaliños.

En agosto de 1865 o cargo atópase vacante con fianza de 8.800 rs.

1866, 10 de abril. Jacinto González del Castillo. Nomeado por falecemento do anterior. O 4 de xaneiro de 1867 foi substituído por non presentar a fianza.

1867, 10 de xaneiro. José María Sancho. O 9 de xuño de 1867 aprobouse a súa permuta co rexistrador de propiedade de Ayamonte.

1867, 9 de xuño. Juan Lobera Díaz. Anteriormente rexistrador de propiedade de Ayamonte. En xaneiro de 1877 nomeado para Vigo.

1877, 13 de marzo. Antonio Tovar y Méndez. Anteriormente, rexistrador de Pontecaldelas. En febreiro de 1878 é nomeado por R. O. rexistrador da propiedade de Cambados.

1878, 30 de abril. Joaquín Huguet y Villar. Servía en Atienza.

1881, 15 de novembro. Antonio Salgado Rodríguez. Serviu o de Pontecaldelas.

1884, febreiro. Rafael Ramos Bascuñana. Natural de Elche, onde era masón, colaboraba na prensa local, fundou a Caja Rural del Campo e Académico mestre da Real de Xurisprudencia. Por R. O. do 14-6-1887 trasladado a Pego.

1887, 15 de novembro. Manuel Calderón Neira. Servía o de Chantada. En maio de 1889 nomeado para Cambados.

1889, 27 de setembro. José Martínez Álvarez Ron. Servía o de Ramales.

1890, 30 de agosto. Marcial Carballido Bugallal. Anteriormente Rexistrador da Propiedade de Caldas de Reis. Renunciou ao cargo o 5 de xaneiro de 1892 por ser nomeado Gobernador Civil de Ourense e ser incompatibles os dous cargos.

1892, 16 de abril. Francisco Perona y García. Serviu o de Viana do Bolo. En agosto de 1898 nomeado rexistrador de Vigo.

1898, setembro. José Domínguez Amoedo. Avogado. Nomeado con carácter interino ata novo nomeamento.

Herráiz. Foto: Vida Gallega
1898, 05 de decembro. José Herráiz Ruibal, anteriormente rexistrador da propiedade en Sequeiros. Deixou o cargo o 22 de febreiro de 1899 ao ser nomeado rexistrador da súa vila natal, Tui. Alí falecería en 1933, exercendo daquela como rexistrador da propiedade de Sevilla. Tamén exercera como tenente coronel co Corpo Xurídico da Armada.
1899, marzo. Francisco Sánchez Varela. Interino ata novo nomeamento.
1899, 24 de maio. José María Gutiérrez y Gutiérrez. Anteriormente servía en Valle de Cabuérniga. En xuño de 1900 deixa o cargo ao ser nomeado rexistrador de Amurrio.
1900, xullo. José Cacheiro Cardama. Interino ata a toma de posesión do novo titular.
1900, 28 de maio. Francisco Sánchez Varela. Antes servía no rexistro de Ordes.

1906, xaneiro. Jacinto Mos Figueroa (Redondela). Nomeamento interino ata a nova toma de posesión.

1906, 26 de xaneiro. Fermín Díaz Fernández. Servía o de Fonsagrada. Natural de Mondoñedo e casado con Emérita Arango. En decembro de 1912 deixa o cargo ó ser nomeado rexistrador da propiedade en Viveiro.

1912, decembro. Jacinto Mos Figueroa (Redondela). Interino ata novo nomeamento.

1913, 31 de xaneiro. Joaquín Castro García. Anteriormente rexistrador da propiedade en Xinzo de Limia. En 1922 ocupaba o cargo de rexistrador da propiedade en Tui.

1921, decembro. José Otero Fernández (Redondela) En xullo de 1923 nomeado rexistrador de Carballino. Faleceu en 1951 con tan só 59 anos, exercendo daquela en Santiago de Compostela.

1923, agosto. Felipe Hermida Pérez. Seguía no cargo en 1930. Estudou na Universidade de Santiago. Conselleiro delegado da “Editorial Galicia S.A.”. Concedéuselle a xubilación aos 70 anos en 1967, exercendo daquela en Barcelona.

1925. Eulogio Padín Lorenzo (Redondela). Interino, cubrindo vacacións.

1931, abril. Jesús Larios Martín. En setembro de 1939 nomeado para Villaviciosa(Asturias). Escribiu varios ensaios de xenealoxía.

1939, decembro. Luis Artime Prieto. En outubro de 1951 nomeado rexistrador da propiedade de Ribadavia.

195? César Martín Muñoz. Natural de Águilas (Murcia), en xuño de 1954 sería nomeado Delegado Provincial de Sindicatos.

19?? Jaime Pazos Cabaleiro. En 1961.

196? Juan Antonio Cuadrado Cánovas. Deixa o cargo en maio de 1965 para desempeñalo en Fuente de Cantos (Badaxoz).



Texto: Juan Migueles



BIBLIOGRAFÍA

Biblioteca Nacional de España: www.bne.es => Guía de forasteros de Madrid, Guía oficial de España, La Iberia, El globo, La Época, El Siglo Futuro, El Foro español (Madrid), La Correspondencia de España, El Liberal...

Boletín Oficial del Estado www.boe.e

Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => Vida Gallega, La Integridad diario católico, Diario de Pontevedra, El Correo de Lugo...

Censo de actividades del Partido de Redondela: 1905, 1910 e 1925.

Arquivo familiar de J. Migueles

http://prensahistorica.mcu.es => La Correspondencia de España, Boletín Ofiial de la Provincia de Orense

Cartas de principios de siglo sobre el no desplazamiento de la prenda. Elche, 1958. R. Ramos Folqués. www.elche.me

La Voz de Galicia.

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/

Boletín de la Revista general de legislación y jurisprudencia, Volumen 15. Rafael Ramos, 1861

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario