Mostrando entradas con la etiqueta Persoeiro F. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Persoeiro F. Mostrar todas las entradas

sábado, 19 de noviembre de 2022

Ángel Filgueira (Redondela, 1992)


Ángel Filgueira. Foto publicada en Vinte

Director de cine. En 2018 presenta o seu primeiro traballo “Sevilla y gomorra”, unha ollada documental a unha noite de esmorga dun grupo de amigos na cidade andaluza. En 2022 presenta a primeira longametraxe “Cuando toco un animal”, película intimista sobre as novas sexualidades e forma de relacionarse da chamada “xeración millenial”.


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Radio Redondela

Vinte. https://vinte.praza.gal/artigo/entendo-o-cinema-como-un-traballo-fisico-manual

 

miércoles, 20 de enero de 2021

Figueiral Rivero, Gonzalo (Redondela)

 

Gonzalo Figueiral Rivero. Faro de Vigo
Gonzalo Figueiral Rivero. Faro de Vigo

         Empresario, propietario de dous cines en Redondela. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/05/os-cines-de-redondela.html ) En 1952 fundou unha firma co seu nome adicada á importación e exportación de útiles de pesca industrial, sendo un dos primeiros comerciantes do nailon. A empresa tiña a súa sede central na nave que construíu acaroada ao Convento de Vilavella. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/o-convento-de-vilavella.html )


 
          A mediados dos 80 dirixía un grupo de empresas tanto nacionais como estranxeiras que comercializaban en 26 países, con representación oficial en 11 deles. Contaba cunha carteira duns 8.000 clientes tan só en España e ofertaba uns 5.000 artigos agrícolas, pesqueiros, industriais , deportivos e de gran consumo. Tiña unhas 40 marcas propias, ademais das marcas internacionais que representaba.


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es=> El Pueblo Gallego, La Noche

Faro de Vigo

martes, 26 de mayo de 2020

Artesáns musicais (Luthier)

          O artesán de instrumentos musicais máis antigo do que atopo referencias sería Francisco Figueroa (1854-1930), de Vilar de Infesta, ao que xa tratamos como gaiteiro que acompañaba á danza das espadas. Era coñecido como "O Arquitecto", pola súa maña para todo tipo de manualidades, destacando entre os seus traballos a construción de gaitas
          En Chapela, Antonio Dávila "El Chaval", adicouse a reparar acordeóns ata os anos 60. Cando era mozo traballaba de mecánico torneiro e co que gañaba mercou un acordeón. Por tocalo, un día chegou tarde ao traballo e o seu pai tirou o acordeón pola xanela. Como non tiña cartos para outro, tivo que arranxalo. Foi o inicio dunha afección que mantivo toda a súa vida arranxando en Chapela acordeóns, principalmente para mariños que chegaban a Vigo.
          
Antonio Dávila "El Chaval". Foto Siorty-El Pueblo Gallego
          Actualmente son tres os artesáns do noso Concello que se adican á fabricación de instrumentos tradicionais galegos.

Oli Giráldez
Artesán de gaitas e requintas dende 1993. Ademais ten unha longa traxectoria musical como puidemos ver nos apartados correspondentes á música folk e aos gaiteiros que acompañan a danza das espadas. Como instrumentista, como xa vimos, destacar o seu paso por grupos como Chouteira ou Carapaus. Tamén ten realizado traballos de investigación da historia da gaita e os gaiteiros.
 
Foto: Facebook
Benito Queimaliños "Queima"
Creador de instrumentos de vento e percusión. Como moitos artesáns comezou tocando, cursando "CAIM Gaita" na Universidade Popular de Vigo baixo as ensinanzas do mestre Carlos Corral. 

Foto: Facebook Queima Instrumentos Tradicionais

Carlos “do Viso” (O Viso)
Mestre luthier de zanfona, vihuelas e percusión tradicional. O seu obradoiro surte de zanfonas e instrumentos de percusión tradicionais galegos aos grandes grupos do folk galego. Como vimos no apartado adicado á música folk, compaxina esta actividade coa de músico.

Foto: Twitter Carlos do Viso
Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
La Voz de Galicia.
En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Pueblo Gallego.
Olimpio Xiraldez => http://www.olixiraldez.com/
Vídeos de Oli traballando (Torneiro) e tocando (Xuntanza de músicos) en:




domingo, 12 de abril de 2020

Figueroa Montero, José (Redondela 11-07-1880 / Vigo, 15-09-1912) Emigrante e promotor da construción dun hospital en Redondela.

Foto: Vida Gallega

Trala morte do seu pai, veuse na obriga de emigrar e o 20 de maio de 1894 marchou a Río de Janeiro (Brasil). Comezou en traballos humildes na hostalaría e acabou sendo propietario de 3 restaurantes. Presidiu a Asociación de Hijos de Redondela creada en Río de Janeiro (Brasil) en 1910, e o Casino Español, na mesma cidade. Destacouse no Brasil pola súa iniciativa en todos os asuntos rexionais, entre eles a de recadar fondos para construír un hospital en Redondela.
Involucrouse na vida política da nosa vila formando parte de Los Jóvenes Turcos
Nunha das súas visitas a Galicia prométese coa señorita Carmen Membiela, mais pouco despois da voda falece repentinamente en Vigo o 15 de setembro de 1912. Tan só dous días despois, o 17 de setembro de 1912, unha céntrica praza de Redondela recibiu o seu nome. En 1918 inaugúrase na Xunqueira o Grupo Escolar José Figueroa, edificio cedido pola Asociación de Hijos de Redondela na súa honra. 
Foto Vida Gallega
 Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Unidade didáctica. Personas que dan nome as rúas e prazas de Redondela. Xosé Manuel Moreira Docampo. (Inédito. Fondos da Biblioteca de Redondela)
(19100330 La Vida Gallega)
(19100620 La Vida Gallega)
(19120715 El Regional (Lugo))
(19121015 La Idea)
(19120715 El Regional (Lugo))
(19120915 Gaceta de Galicia/19121015 La Idea)

Fernández Núñez, Félix (Redondela, 18-5-1907/Redondela, ¿?) Ebanista.


       
         Aprendeu ebanistería co seu pai. Con 22 anos emigrou a Uruguai, formándose na Escuela Industrial de Montevideo. De volta a Redondela tivo como mestres a Leopoldo Otero “Pesquerello” e a Antonio Bujones. Foi socio de José Domínguez “Peixiño” e de Domingo Fernández “Farrucacho”. Entre os anos 40 e 60 especializouse en facer as caixas das radios. Obra súa foron a mesa e as lámpadas do salón de plenos do Concello.
         Por outra banda, tocou e cantou en varias rondallas e corais. Organizou en 1933 a Agrupación Artística Redondela, grupo de mozos que cantaban acompañándose con bandurrias no entroido, escribindo a meirande parte das letras do seu repertorio. Tamén escribía coplas para os maios. Despois de xubilarse publicou os libros de poemas: “Poemas”, “Poemas de una vida” e “Historias do meu pobo”.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Doctor en Medicina y Cirugía. Bodas de Oro(1939-1989). Antonio Ocampo Otero.
Aportes orais.
Félix Fernández:“Poemas”, “Poemas de una vida” e “Historias do meu pobo”.

Bernardo Fernández López (Redondela, 22-9-1853/ Córdoba (Arx.), 6-6-1931) Fundador dunha vila en Arxentina.

 
Bernardo Fernández López. Vida Gallega
Bernardo Fernández López. Vida Gallega

   

           Nado en Redondela en 1852, emigraría a Villa María, provincia de Córdoba, Arxentina, en 1868 para empregarse na casa comercio do seu amigo Joaquín Pereira Domínguez, natural de Soutomaior. Pouco despois abriu os seus propios almacéns baixo o nome “La Abundancia”. Involucraríase en tódolos campos da sociedade da nacente vila de Villa María. Exercería de xornalista en El Sol, primeiro xornal de Villa María, do que se convertería en director e propietario en abril de 1884. Membro da xunta consultiva do Banco de la Provincia de Córdoba, primeira entidade bancaria en instalarse en Villa María en 1882. Actúa como vogal no Club Progreso, primeiro en fundarse na comarca. Vicepresidente da primeira empresa de transporte público, tranvía a cabalo. Forma parte da comisión para erixir un templo parroquial. Concelleiro electo en varias ocasións, por iniciativa súa mercouse o edificio que se empregaría de lazareto durante a epidemia de cólera morbus que asolou aquela zona entre 1886 e 1887. Foi tesoureiro na primeira directiva da Sociedad Española de Socorros Mutuos de Villamaría fundada en 1890.

        Moi preto daquel punto fundou a vila de La Playosa. Rexistrouse oficialmente o 1 de xullo de 1904, se ben se considera que a fundación tería lugar en outubro de 1903. Hoxe en día esta poboación conta con algo máis de 2.000 habitantes. Como recoñecemento adicáronlle unha rúa e erixíronlle un busto ante o que aínda se conmemora o día da súa fundación. Ademais converteuse en benefator de Villa María, como así llo recoñeceu o xornal “La Lucha” en xullo de 1910 por medio dun artigo acompañado da súa foto.


Homenaxe 2007. Foto: El Diario de Córdoba

                Despois estableceríase en Córdoba (Arxentina) como director do Banco Español del Río de la Plata. Apesares disto, en 1906 formou parte en Villa María da comisión por Hospital Pasteur. Nunca se esqueceu do seu lugar de nacemento, dándolle á casa onde pasaría a súa vellez o nome de “Villa Redondela”.

                  A súa filla, María Teresa Fernández Vogino, tamén entraría a formar parte da historia de Arxentina ao casar con Enrique Martínez Berrotarán, quen foi vicepresidente de Arxentina e que ocupou a presidencia interinamente.

(Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/martinez-berrotaran-enrique-cordoba.html )

 
Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA

http://www.editoriallahoja.com.ar/lahoja/nota.asp?nid=372

http://anteriores.eldiariocba.com.ar/2007/Octubre/18%20de%20octubre%20de%202007/suplementos/suplementos.htm

La Idea 1910

19270510 Vida Gallega

19281010 Vida Gallega

19280923 El correo de Galicia (ARX)

Enrique Martínez en http://es.wikipedia.org

La Historia Y Sus Protagonistas 4 por WFXGroup.com.ar. 01 El Diario ■ Villa María, JUEVES 23 de abril de 2015 ■ NUMERO IV VILLA MARIA, CAPITAL FEDERAL, OTRA HUBIERA SIDO LA HISTORIA NUMERO IV Villa María, Capital Federal por Ruben Rüedi IV


Fernández Crespo, José (“Sesé”) e Benito. (Redondela) Ebanistas.

Foto: Familia Fernández Otero
            Sesé (20-03-1914) e Benito (21-03-1916), nados en Santa Mariña, Redondela. Xuntos abriron o taller de carpintería “Hermanos Fernández”, no que formarían a outros bos ebanistas, como Antonio Martínez Álvarez “Tonacho” e Manuel Alonso “Fallusca”.
Participaron en numerosas exposicións, recibindo nos anos 40 e 50 varios premios a nivel provincial tanto de forma conxunta como individualmente. Foron fundadores da Peña de Xan Carallás, realizando Sesé o Xan Carallás de madeira que se convertería na “mascota” da peña. Obra do seu taller foi a representación das ánimas do cruceiro de Pasais, sustituida nos 80 por outra realizada por Sesé, que tamén faría varios traballos para a capela de Santa Mariña.
Benito casaría en Pontevedra creando alí o seu propio taller, mentres que Sesé seguiría en Redondela, tallando “Xan Carallases”, “Cocas” e cadros de debuxos de Castelao entre outros.
Bastón obra de Sesé. Foto: J. Migueles

Cruz, obra de Benito. Foto: J. Migueles

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Doctor en Medicina y Cirugía. Bodas de Oro(1939-1989). Antonio Ocampo Otero.
Aportacións orais.
En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Pueblo Gallego (Vigo), Sábado
Faro de Vigo

domingo, 29 de marzo de 2020

Fontenla, Joaquín (Redondela, 1744 / ¿Santiago?, 20-6-1815) Relixioso i escritor

         Relixioso da Orde de San Agostiño. Prior do Convento de San Agustín en Santiago de Compostela. Catedrático de Teoloxía e rector da Universidade de Santiago. Un dos seus sermóns baixo o título En reconocimiento de los beneficios, que devió a Dios con motivo del rayo del día 28 de febrero”, está recollido en “Sermones españoles-Obras anteriores a 1800”; e orixinalmente foi publicado en 1788 por Ignacio Aguayo Aldemunde.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Algunos hijos ilustres de Redondela. Grandes Fiestas de la Coca. Redondela 1968. Comisión de fiestas de la Coca.
Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => Sermón que predicó el R. P. F. Joaquín Fontenla ... en reconocimiento de los beneficios, que devió a Dios con motivo del rayo del día 28 de febrero.
Sermones españoles-Obras anteriores a 1800. Alonso de la Cruz