Mostrando entradas con la etiqueta Persoeiro P. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Persoeiro P. Mostrar todas las entradas

viernes, 17 de enero de 2025

Juan Francisco Pestaña Chamucero (Cedeira (Redondela), 1710-Mato Grosso (Brasil), 1770)

 

        Fillo de Blas Pestaña y de Llamas e de Juana Chamucero de León señores do Señorío de San Andrés de Cedeira. Entrou xove na Mariña, pasando logo á infantería onde acadaría o grao de coronel.

        A vida militar lévao a Arxentina onde é nomeado Gobernador do Tucumán co grado de brigadier o 2 de Mayo de 1752, tomando posesión da Gobernación e Capitanía Xeneral do Tucumán na cidade de Jujuy o 16 de novembro de 1752. O primeiro ao que tivo que facer fronte foi á rebeldía da comarca de Catamarca. Antonio Zinny en "Gobernadores de las provincias argentinas", Tomo II, Buenos Aires, 1880, describe así os feitos: “tan pronto entra a la ciudad de Salta expide un indulto general, con la sola excepción de tres reos que se encontraban presos en el fuerte del Valle, aunque más tarde fueron admistiados. Luego el Gobernador se dedica con ahínco a la pacificación de Catamarca que en ese momento se encontraba en rebeldía con la corona.” Despois de Salta, trasladaríase a San Miguel de Tucumán, onde unha carta do  Dr. Villafañe, dálle conta do arrepentimento da poboación catamarqueña. En 1755 entra na cidade pacificamente convocando un cabildo aberto no que se dan a coñecer as causas que motivaron a revolta. Ante a evidencia das causas fundadas declara un perdón xeral, conseguindo así o acatamento da poboación e o fin da rebelión.

        Conseguida a pacificación en Catamarca, embárcase no proxecto de realizar o propio en La Rioja e Córdoba onde se levaba moitos anos de guerras cos pobos indíxenas. Para gañarse o respecto dos poboadores adoptou medidas populistas, como a creación de alcaldes electivos que actuarían como xuíces de primeira instancia en xuízos ordinarios. Tamén regularía o xogo, que era unha causa constante de pleitos e riñas, que as máis das veces remataban en mortes.

        En 1757 cesa na gobernación para asumir a presidencia da Audiencia de Charcas (Alto Perú, actual Bolívia), cargo que desempeñaría ata 1767. Polos seus logros pacificando as revoltas locais o virrey del Perú, concédelle a potestade de designar interinamente ao seu sucesor no goberno do Tucumán, cargo que reacaería en José de Cabrera.

        O último que coñecemos da súa vida é que falecería nunha expedición por Mato Grosso (Brasil), cara a 1770.


Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA

Juan Francisco Pestaña Chamucero. Por: José de Guardia de Ponté. http://www.portaldesalta.gov.ar/gobernadores/pestana.html

Real Academia de la Historia. Biografías. Juan Francisco Pestaña Chamucero. Beatriz Vitar Mukdsi



miércoles, 10 de mayo de 2023

Manuel Puga Pereira (Redondela, 1951)

 


Manuel Puga Pereira. Foto: Estevoaei

Licenciado en Bioloxía e farmacia pola Universidade de Santiago e Doutor en Ciencias. Comezou a súa vida laboral no Departamento de Edafoloxía da USC e no Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega). En 1981 pasaría a traballar en empresas do sector farmacéutico como ICI Farma e Astra Zeneca. Colaborou en diversos proxectos de investigación neste eido publicando unha serie de traballos en revistas nacionais e internacionais.

Neto da pedagoga Ernestina Otero Sestelo, da que publicou á súa biografía.

Presidente do Consello Social da Universidade de Santiago (2006-2014), polo que actuou como membro do Consello Galego de Universidades, do Consello de Dirección da ACSUG e do comité de honra da Fundación Camilo José Cela. Membro do Padroado de Fundación Empresa Universidade de Galicia (FEUGA) e da xunta directiva de Feique. Foi presidente da Fundación Galicia-Empresa (2002-2007), da Academia de Farmacia de Galicia (2014-2022) e da Fundación Julian Francisco Suárez Freire. Premio Federico Maciñeira que concede a Deputación Provincial de A Coruña. Foi vogal profesional da Comisión Avaliadora da ACSUG no campo do coñecemento de Ciencias da Saúde dende 2014. Conselleiro da Editorial Galaxia. En decembro de 2016 foi nomeado presidente da Fundación Penzol. En 2022 tomou posesión como académico correspondente da Real Academia Nacional de Farmacia.

En 2010 recibiu a insignia de oro da Universidade de Santiago.

Uns anos antes, en 1998, foi homenaxeado durante as Festas do Choco, como “Redondelán distinguido”. Afeccionado á investigación da historia redondelá, en 1976 figuraba como vocal do Centro de Estudios Redondelanos. Publicou os seguintes libros sobre a nosa vila:

Redondela. Manuel Puga e Mundo Cal. Ir Indo Edicións S.A.

Ernestina Otero Sestelo. Pedagoga. Manuel Puga. Ed. do Castro, 1992.

Redondela e os redondeláns na obra de Diego San José. Diego San José de la Torre, Manuel Puga Pereira e Xose Manuel Moreira Docampo. Concello de Redondela.

A Redondela de 1669 na acuarela de Pierr María Baldi. Manuel Puga Pereira.


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Universidade de Santiago de Compostela

Revista Farmacéuticos

Galicia Digital https://www.galiciadigital.com/nota.2791.php

Faro de Vigo

La Voz de Galicia

El Correo Gallego

 

lunes, 20 de abril de 2020

Sebastiana Rosa Pereira “La Gallega”. (S. XVIII) Actriz teatral


           Para comezar a falar de teatro en Redondela temos que remontarnos ao século XVIII, cando xurde a figura de Sebastiana Rosa Pereira, actriz coñecida como La Gallega. Destacouse actuando en traxedias e dramas, sendo o seu carácter forte polo que os seus compañeiros lle chamaban “Cara de pocos amigos”. Algúns autores a supoñen nada en Lisboa, pero sempre recoñecendo a súa orixe galega e que viviu nesta comunidade ata que comezou a actuar. O que podemos ter por certo é que o seu pai era Benito Lorenzo Pereira y Castro, natural de Redondela, e a súa nai Felipa Martínez Rosales. Sendo os seus avós paternos Benito Pereira e Sebastiana Pereira, naturais tamén de Redondela.
          Pereira fixo comedias en provincias, ata que en 1754 representou con éxito “Primeras damas” na corte. En 1756 ingresou como primeira dama na compañía de José Parra. Foron anos de actuacións en Madrid na Cruz e no Príncipe, compartindo éxitos con Águeda de la Calle e María Antonia Castro. O 6 de abril de 1760 pasou á compañía de José Martínez Gálvez, con Juan Ángel Valledor como autor. Na Pascua de Resurrección de 1762 Sebastiana Pereira pasou ó Príncipe, tendo como autora a Águeda de la Calle.
           En 1763, a famosa María Ladvenant logrou o posto de autora, favorecida por personaxes influentes. Un grupo de actores, entre eles Sebastiana dirixiron un memorial ó rei. Como resposta a Xunta de teatros encarcerou a Nicolás de la Calle e a Gabriel López Chinita. Se a nosa protagonista evitou a prisión foi porque finxiu estar enferma, chegándose a facer sangrar. Aínda así tomáronlle declaración, formándose o correspondente proceso por desacato. Despois disto non lle quedou máis remedio que irse a actuar ó teatro de Cádiz, que daquela tiña tanta importancia como o de Madrid.
En 1765 volveu á capital aproveitando a retirada de Ladvenant, figurando na compañía de Nicolás de la Calle. Ó ano seguinte, pasou á de María Hidalgo, pola volta da súa rival, na que seguiu ata que en 1771 a supresión dunha das compañías da corte obrigouna a ir a Andalucía. En abril dese mesmo ano volveu a Madrid á compañía de Martínez, na que continuaría ata 1776. Nese ano xa no declive da súa carreira pasa a facer papeis de “sobresalienta”, retirándose definitivamente o 3 de marzo de 1779.
A nivel persoal casou con Antonio Blanco, natural de Balaguer, irmán da cantante Casimira Blanco “La Portuguesa”, actriz da compañía de Parra. Tivo dous fillos: Faustino Ramón e Antonia Blanco, tamén actriz que en 1773 traballou coa súa nai na compañía de Martínez.
 
Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
 Don Ramón de la Cruz y sus obras. Ensayo biográfico y bibliográfico. Emilio Cotarelo y Mori
Heraldo de Madrid, El. 03-09-1929
19030710 El eco de Galicia
19030415 El regional. Autor: Narciso Díaz de Escobar
 

domingo, 12 de abril de 2020

Puga y Gómez, Juan Crisóstomo (Redondela, 1574 / Convento Santa Bárbara-Madrid, 13-12-1651) Monxe mercedario e escritor místico


Entrou na Orde da Mercede, na provincia de Castela, pasando logo aos Mercedarios Descalzos. Reitor do Colexio Salmantino da Vera Cruz, Doutor en Teoloxía e Calificador do Santo Oficio. Escribiu “Vida del Vble. P. Fr. Juan de San José, fundador de los Descalzos de la Merced, año de 1638”, biografía do P. Juan Maroto, náufrago da Armada Invencible, que se conserva na Biblioteca Nacional, ademáis dun tratado xeralmente chamado Jardín del esposo co título de “Hortus deliciarium Divini Sponsi”. Faleceu no convento madrileño de Santa Bárbara.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Algunos hijos ilustres de Redondela. Grandes Fiestas de la Coca. Redondela 1968. Comisión de fiestas de la Coca.
Antonio Ocampo Otero. Doctor en Medicina y Cirugía. Bodas de Oro(1939-1989)
Aportes J. L. Cofán

Puente Bahamonde, Ricardo (Ferrol, 1895-Monte Hacho (Ceuta), 4-8-1936) Militar

Foto: kaosenlared.net
         Comandante curmán do Xeneral Franco. Veraneou en Redondela ata a chegada da guerra, facendo amizade con Luis Pereira e a súa dona Ernestina Otero. Nunha ocasión en que a súa muller estaba na praia de Cesantes, lanzoulle un ramo de flores dende o avión que viña pilotando dende a base militar de León.
         Como militar destacouse na guerra de África recibindo dúas medallas. En 1934, durante o levantamento dos mineiros asturianos, foi relevado do seu cargo por sospeitarse que lle ordeara aos seus pilotos non disparar contra os civís. Máis tarde, durante os primeiros días do alzamento en Tetuán, sería fusilado por sabotaxe no nome da República impedindo que as tropas franquistas se fixeran cos avións do aeroporto Sania Ramel.Trala súa morte a súa viúva viviu durante varios anos na nosa vila.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro 2002.

Pérez Fontán, Jacobo _ Pintor

Foto Facebook
         No 2016 seleccionado para un dos máis importantes certames do mundo:
https://www.modportrait.net/cuadros-seleccionados-2016/

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Aportes: Xesús Cameselle.

Juan Manuel Pereira de Castro (Reboreda, 24-5-1820 / Barbañas (Ourense), 15-4-1896) Político.

Foto: José Suárez, 1869- BNE

 

 Fillo de Ignacio Manuel María Pereira (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/pereira-ignacio-manuel-maria-reboreda.html ). Señor da Casa de Reboreda, pazo no que naceu e se criou, e da Casa de Castro (Arcos-Ponteareas).

Progresista e republicano comezou a súa andaina política sendo derrotado en 1846 ao presentarse para deputado a cortes por Pontecaldelas. Resarciuse ao ano seguinte sendo elixido Deputado ás Cortes por Ponteareas (1847-50). Neste periodo instrúese un proceso contra el, acusado de “haber dirigido en el mes de agosto de 1848 una proclama a los habitantes de Galicia y al ejército, incidiéndole a la rebelión contra el gobierno instituido”. Para o bienio progresista (1854-56) é elexido Gobernador Civil de Pontevedra. Non termina o seu mandato porque ao pouco de ser nomeado, a protesta da súa actuación por máis de 300 vigueses, en representación dos diversos estamentos sociais e económicos da cidade olívica, provocan a súa destitución.
Sería preso o 19 de maio de 1868 no cárcere de San Antón, acusado de conspiración por reunirse o ano anterior co xeneral Prim en Londres. Estaban a preparar a Revolución de 1868, máis coñecida como a Gloriosa. Coa vitoria de Prim e o pronunciamento da Coruña o día 29, sería posto en liberdade, presidindo a Xunta de Goberno daquela cidade. Esta xunta sería substituída ao día seguinte polo que non chegaría a exercer dito cargo.
En 1868 a proposta dos veciños adícanlle unha rúa en Ourense. Ao ano seguinte é nomeado Governador Civil de Zamora (1869-71). O 30-10 de 1869 foille concedida a Gran Cruz de Isabel La Católica, en cumprimento da lei vixente e votada polas cortes constituíntes. Rexeitou outras distincións como a Cruz de Carlos III, que en 1871 lle ofreceu o Ministro de Estado, por ser concedidas por iniciativa dun cargo público e non darse as condicións na elección que se daban na anterior.

En marzo do 1871 accede ao cargo de Deputado a Cortes por Redondela, deixándoo en agosto por ser nomeado Enviado Extraordinario e Ministro Plenipotenciario no Imperio da China e nos Reinos de Siam e Annam. A resultas das viaxes propias do seu cargo recibe o Gran Cordón, concedido pola Coroa de Siam, e publica en 1883 Los Países del Extremo Oriente, libro que amosa os costumes, paisaxes e tradicións destes pobos. Dise que no antigo Casino de Redondela existía unha foto na que podía verse a Juan Manuel Pereira sobre un elefante branco. O máis probable é que fora un debuxo que aparece no libro.

 
Debuxo extraído de "Los países del Extremo Oriente".

 
 
Neste período sería nomeado Senador por Pontevedra (1871-1872) e Ourense (1872-1873), cargos que non exerceu por atoparse fóra de España. Trala abdicación de Amadeo I de Saboia, renuncia como embaixador, non sendo admitida durante o goberno de Estanislao Figueras (11-2 ao 11-6-1873).
Coa chegada da I República, en 1873 volvería a ser elixido Deputado a Cortes por Redondela, sendo agora sí, admitida a súa dimisión na embaixada. En 1875, coa restauración da dinastía borbónica, retírase da vida política fixando a súa residencia en Ourense e pasando os veráns no Pazo de Reboreda. Faleceu na súa casa de Barbañas (Ourense) aos 76 anos, sendo enterrado en Reboreda.
En 1931, durante a II República, adicóuselle unha rúa en Redondela. En 1962 Otero Pedrayo publicaría a novela O Señorito da Reboraina baseada na súa vida. 
 

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Seren
Nº0. Un achegamento á figura histórica de Juan Manuel Pereira, “Señorito da Reboraina”. Juan Miguel González Fernández.
Nº1. Apuntamentos para o estudo do levantamento de 1846 en Redondela. Carlos A. Antuña Souto.
Unidade didáctica. Persoas que dan nome as rúas e prazas de Redondela. Xosé Manuel Moreira Docampo. (Inédito. Fondos da Biblioteca de Redondela)
O Señorito da Reboraina. Ramón Otero Pedrayo
O enamoradeiro fidalgo da bulsa sempre aberta. Ramón Otero Pedrayo. Grandes Fiestas de la Coca. Redondela 1968. Comisión de fiestas de la Coca.
Biblioteca Nacional de España




Ignacio Manuel María Pereira (Reboreda-Redondela, 17-11-1784/Arcos, 24-4-1830). Militar-Revolucionario Realista

        
 
Pazo de Reboreda. Foto: J. Migueles

            Señor da Casa de Reboreda e da Casa de Castro (Arcos) na que morreu. Pai de Juan Manuel Pereira de Castro (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/pereira-de-castro-juan-manuel-reboreda.html ). . Sen preparación militar tomou parte como caudillo de milicianos na loita contra os franceses na reconquista de Vigo e a batalla de Pontesampaio. En agosto de 1809 é nomeado Capitán do 2ºRexemeno de Infantería do Riveiro, máis ao pouco tempo concédenlle o retiro por problemas de saúde. A súa sona chegaría durante o Trienio Liberal. Exerce primeiro de vocal e logo de Vicepresidente da Xunta Apostólica de Tui. Nomeado 2º Comandante das forzas Realistas de Galicia, trala captura do “barón”, convértese en Brigadier e, en xaneiro de 1812, en Comandante General de la División del Miño. Anos despois a Regencia de Urgel (contragoberno no exilio) confirmouno como tenente de infantería “con antigüedad de 27 de decembro de 1820”.
Soldados gobernamentais devastaron as súas propiedades da Casa de Reboreda para privalo de recursos. O xulgado de Vigo condenouno a morte é o embargo de haberes, e ata se tentou levar á súa muller e fillos a Vigo para obrigalo a renderse.
         A súa situación agrávase a finais de 1822 cando ao goberno liberal únese o portugués para acosar ao exército realista nas ribeiras do Miño, salvándose destes ataques o propio Pereira e Manuel María Avalle, Presidente da Junta de Subsidio y Armamento. Esta presión remataría en maio de 1823 coa caída do goberno liberal en Portugal. Apesares da entrada de tropas francesas en territorio español, envíanse preto de 3.000 homes a controlar a fronteira con Portugal. I. M. Pereira responde cunha incursión en Ourense que é rexeitada polo que se obrigado a refuxiarse en Melgaço. Nos meses seguintes únese a outras forzas atacando Salvaterra primeiro e tomando despois Tui, que coa caída de outras cidades galegas derivaría no fin do Trienio Liberal e o inicio do período absolutista, a Década Ominosa (1823-1833).
          Todos os feitos acontecidos no anterior trienio os recollería I. M. Pereira no informe “Relación que hace al Rey Nuestro Señor D. Ignacio Manuel Pereyra...”.
          Rematada a guerra civil o Xeneral Morillo encárgalle na cidade auriense o mando do Corpo de Voluntarios Realistas de Galicia, co que se traslada a Lugo e Santiago. En decembro de 1824, ratifícano como comandante e concédenlle a Cruz de Primeira Clase e a de Fidelidade Militar. En abril de 1825 ascende á Xefatura do Rexemento Provincial de Ourense, sendo encargado da vixilancia da fronteira con Portugal en outubro de 1826. Promovido en xaneiro de 1827 á titularidade do de Pontevedra marcha de guarnición a varias cidades galegas ata que en agosto de 1828 é disolto en provincia. En xullo de 1829 accede ao mando do Provincial de Tui, falecendo pouco despois.
             No Libro de defuntos de Reboreda pode lerse: “En veinte y ocho de abril de mil ochocientos treinta: En la Yglesia Parroquial de esta feligresía de Santa María de Reboreda, se celebraron las exequias de entierro, mes y cabo de año por el Alma del Cavallero Dn. Ygnacio Manuel Pereyra, Patrono de este Beneficio, y vecino de la misma parroquia, Coronel de Ynfantería en propiedad, y sueldo, y actual Coronel del Provincial de Tuy, el que casualmente falleció en su casa de Berissimo de Arcos, y fue sepultado en la capilla Mayor, y sepultura propia de su casa en la Yglesia Parroquial de la expresada Arcos, en la que tambien se celebraron tres vigilias, con sus misas cantadas, y esto en el día veinte y cinco de marzo del presente año, en cuyo dia se dio sepultura de su cadáver haviendo fallecido el veinte y quatro del mismo a las ocho de su mañana, y todo con asistencia de la comunidad del convento de Canedo, y los párrocos y sacerdotes de la circunferencia habiéndose observado al mismo tiempo las circunstancias debidas, como caveza del Batallón, túbose en esta parroquia y su Yglesia Nobenario con asistencia de once señores sacerdotes, y a las tres vigilias expresadas asistieron toda la comunidad de San Antonio de Agrelo y cinquenta sacerdotes seculares, Repartiéronse muchas misas, por disposición de su muger con arreglo al testamento que por ante Don Salbador Pereyra, escribano de Número y Ayto. de Sotomayor, dejó otorgado poniéndolo a disposición de su dicha muger, y atendiendo a su estado y calidad, ordenase todo quanto pudiese cumplirse a favor de su Alma, por el qual testamento tambien la eligió tutora y administradora de sus hijos, y Mayorazgos, designe con la ofrenda Dominical...”.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGAFRÍA

“Los otros gallegos en Portugal”: exiliados realistas y conjuras absolutistasdurante el trienio constitucional (1820-1823). Camilo Fernández Cortizo. Exilios en la Europa mediterránea. Cátedra Unesco 226 sobre migracións. Universidade de Santiago de Compostela 2009.

Diario constitucional, político y mercantil de Palma

Diario constitucional de Barcelona

El Universal

Aportes Gonzalo Amoedo

Libro de defuntos da parroquia de Santa María de Reboreda, Arquivo diocesano de Tui.

 
 

Padín y Lorenzo, Ernesto Casto (Redondela 13-11-1877- Madrid 19-4-1970) Poeta


         Membro correspondente da Real Academia Galega en 1945. O seu discurso de ingreso versou sobre a teoría da orixe galega de Cristobal Colón. Publicou en galego o libro de poemas Amores e dolores, con prólogo na súa primeira edición de Ramón Otero Pedrayo. Chegou a preparar outro libro de poemas, esta vez en castelán, titulado Flores y abrojos do que se publicaron algúns poemas en diferentes xornais. Foi redactor en Madrid do diario Mundo e da revista Semana Financiera. Colaborou en xornais como El Noticiero Español (Pará-Brasil), El Heraldo de Baena (Madrid), Gente Novel (Madrid), La Revista Popular (Vigo) ou El Pueblo (Redondela). Era procurador aínda que nunca exerceu, ocupando altos cargos no Ministerio de Facenda e, anteriormente, secretario particular do Deputado a Cortes por Redondela, Francisco de Federico y Riestra.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Ernesto Casto Padín Lorenzo. Un poeta redondelán. Carlos Antuña e Lola Míguez. Ed. Coordenadora de equipos de normalización lingüistica dos centros educativos de Redondela.
19040900 La revista popular-3nº
19041100 La revista popular
19110809 El Diario de Pontevedra
19230212 Vida Gallega-Poema

García Prego de Montaos y Sotomayor (¿?/¿Vilavella?, 1566) Relixioso

Retrato de García Prego de Montaos

        Cóengo da catedral de Tui, arcediago de Cerveira e párroco de Vilavella. Iniciou a construción do Convento de Vilavella en 1501 rematándose en 1554. Faleceu en 1566, sendo soterrado na Igrexa de Vilavella. 
 

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
El modo: la categoría gramatical y la cuestión modal. Escrito por Juan J. López-Rivera
Algunos hijos ilustres de Redondela. Grandes Fiestas de la Coca. Redondela 1968. Comisión de fiestas de la Coca.
Unidade didáctica. Personas que dan nome as rúas e prazas de Redondela. Xosé Manuel Moreira Docampo. (Inédito. Fondos da Biblioteca de Redondela)

martes, 7 de abril de 2020

Libros: Biografías de persoeiros de Redondela

Luis Telmo Bernárdez Santomé
Luis Telmo Bernárdez Santomé. Un bo e xeneroso. Isaac Borja Araújo Figueroa.


Alejandro Otero Fernández
Alejandro Otero. El médico y el político. José Fernández Castro.
Alejandro Otero. Enriqueta Barranco e Fernando Girón
Alejandro Otero. O heroe ausente. Enriqueta Barranco Castillo e Fernando Girón Irueste.Concello de Redondela.




Rita Otero Fernández
Paseando el recuerdo. Mi abuela Rita Otero. Gracia Regojo Bacardi.
Rita Otero. Una vida de entrega. Sabela Álvarez Manzano.
Ernestina Otero Sestelo
Ernestina Otero Sestelo. Pedagoga. Manuel Puga. Ed. do Castro, 1992.



Ernesto Padín Lorenzo
Ernesto Casto Padín Lorenzo. Un poeta redondelán. Carlos Antuña e Lola Míguez. Ed. Coordenadora de equipos de normalización lingüistica dos centros educativos de Redondela.
Casto Sampedro Folgar
Casto Sampedro Arqueoloxía e memoria. 75 aniversario do seu pasamento. Varios autores, 2013
Casto Sampedro e a música do cantigueiro Galego. 2 Vol. Xavier González Groba, 2013.
 



Diego San José de la Torre
Redondela e os redondeláns na obra de Diego San José. Diego San José de la Torre, Manuel Puga Pereira e Xose Manuel Moreira Docampo. Concello de Redondela.
Paulina Sánchez Otero
Paulina. Mestra de soños Telmo Crespo Tojeiro
 


Reveriano Soutullo
Reveriano Soutullo Otero, el alma lírica de la música gallega, vida y obra. Mª Rosa Arija Soutullo. Ed. Diputación de Pontevedra, 2011.
Reveriano Soutullo Otero. Estudio biográfico y musical. Jaime Estévez Vila.



Biografías. Outros estudos e artigos.

José Santiago Crespo Pozo

In Memoriam. José Santiago Crespo Pozo. Centenario de su nacimiento. (1909-2009). Jerónimo López López e Carlos Viscasillas Vázquez. Boletín Genealogía Heráldica y Nobiliaria de Galicia nº8-pag16.

Eladio Leirós Fernández

Don Eladio Leirós Fernández. Uxío Torre Enciso. 1980 Boletín nº 360 Real Academia Galega

Diego San Jose

Diego San José: Paseo radiofónico por las calles de Madrid. Gemma Sara Ventín Sánchez. Universidad Complutense de Madrid, 2005.

Johan Soárez

A nobreza miñota e a lírica trobadoresca na Galicia da primeira metade do século XIII. A personalidade histórica do trobador Johan Soayrez Somesso. Henrique Monteagudo. Instituto da Lingua Galega - Universidade de Santiago de Compostela, 2013.

Reveriano Soutullo

Reveriano Soutullo. Cidra e Balancé. 2. Vol. 2016. Edita Asociación Nacional de Directores de Banda

La Leyenda beso, zarzuela en dos actos. Reveriano Soutullo y Juan Vert. Libreto: Enrique Reoyo, Antonio Paso (hijo) y José Silva Aramburu.

El último romántico. Zarzuela en dos actos. Soutullo y Vert. Unión Musical Ediciones S. L.

Reveriano Soutullo y el pasodoble Ponteareas. Rosana Boente Lago

Antonio del Villar

Antonio del Villar, retablista. Dolores Álvarez Fernández. Espacio. Tiempo y Forma, Serie Vil, H." del Arte, t. 8, 1995, págs. 167-189


Autor: Juan Migueles
 

Libros. Historia Local.

Historia postal de Redondela. Isla de San Simón. I Exposición filatélica, 1976. Manuel Lago Martínez.

As vilas de Redondela nos tempos do Catastro de Ensenada: Xoán Miguel González Fernández. Ed. Concello de Redondela.
Galeguismo e sociedade na Redondela da Segunda República. Lois Barros. Edicións do Castro.



Historia de las Rías. (2 Volúmenes) J. A. Orge e Carlos Antuña entre outros. Ed. Faro de Vigo.
O Concello de Redondela 1.931/1.939 (Estudio das actas dos plenos). Carlos A. Antuña Souto. Ateneo redondelán, 1996.
A Redondela de 1669 na acuarela de Pierr María Baldi. Manuel Puga Pereira.

Crónica periodística del municipio. 1822-1860. Celestino Viéitez
1809 Proezas del pueblo gallego. La muerte no fue su final. Celestino Viéitez
1809 Proezas del pueblo gallego. Orgullo, gloria y honor. Celestino Viéitez
 

Illote P Barraca 16. Santiago Rodríguez Salinas. Memoria histórica, Ed. Galaxia.

 

 
Autor: Juan Migueles
 

Libros: Fotografía

25 anos de fotografía en Redondela. Cal-3.
A Memoria de Redondela. X. A. Xesteira e L. Borines. Edicións xerais.
Chapela de onte a hoxe. Gonzalo Mencía Castro. Ed. Xunta de Galicia.


Redondela. Manuel Puga e Mundo Cal. Ir Indo Edicións S.A.
Redondela a través do tempo. Jose Antonio Orge Quinteiro. Ed. Xunta de Galicia 2001.
Redondela. Crónica gráfica dun pasado recente. María A. Leboreiro Amaro.



Autor: Juan Migueles

miércoles, 1 de abril de 2020

Piñeiro, Fernando “Fisi” (Redondela, 1971) Bailarín.

Foto cedida por "Fisi"
          Como bailarín formouse no Centro de Ballet Devorah, pasando logo a integrar o Ballet Rey de Viana, e posteriormente a integrar o Ballet da RTVG onde segue a bailar no programa Luar dende hai case vinte anos. Como actor ten actuado como figurante en varias obras teatrais e nalgún anuncio na TVG. Tamén ten exercido como DJ residente en varias discotecas.

Autor: Juan Migueles