sábado, 27 de enero de 2024

Petróglifos na Regasenda

 


Petróglifos na Regasenda. Foto Serxio Pereira


            No verán de 2023 o arqueólogo Serxio Pereira de NOSO Cooperativa, como guía dunha serie de rutas de senderismo polo noso patrimonio, atopábase seguindo o camiño que une Porto a Cedeira coa Regasenda, na parroquia de Cedeira, para ver se era quen de incluilo nas visitas. A sorte quiso que topara cun grupo de gravados ata o de agora inéditos.

            Apesares de atoparse preto dunha pequena canteira, hai moitas rochas tapadas pola maleza polo que non é descartable que podan aparecer máis petróglifos.

            A descrición realizada por Serxio Pereira é a seguinte:
"Afloramento rochoso de granito a rás do chan. Presenta varias zonas gravadas con combinación circular recheas de coviñas. Tamén se observan 7 coviñas de maiores dimensións.
O afloramento está parcialmente cuberto de terra e vexetación polo que poderían existir outros motivos
".

 

 Fotogametría realizada por Xosé Couñago

 

Fotogametría realizada por Xosé Couñago

        Os gravados atópanse no lugar de Brandariz (coñecido polos veciños como Bandariz). A localización aproximada sería a seguinte:

42.285253, -8.633164


        Como curiosidade engadir que Casto Sampedro deixounos constancia dun gravado nunha rocha da praia de Cesantes que ben podería tratarse dun xogo medieval, pero hoxe en día dase por desaparecido, polo que este sería o petróglifo máis próximo ao mar do Concello de Redondela.


Petróglifo na praia de Cesantes. Fondo Castro Sampedro


        A situación deste conxunto é un atractivo máis na costa de Cedeira e ogallá sirva de impulso para a recuperación do camiño que une Portacedeira coa Regasenda e así ampliar un camiño á beira do mar desde o casco urbano de Redondela. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2023/03/ruta-por-portacedeira.html ) (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/paseo-da-marisma.html ). Aquí podemos atopar outros puntos de interese como a fábrica de salga da Regasenda, máis coñecida por ser posteriormente a fábrica de Mañas (conserveira de José Otero Gónzález), ou os restos da casa de Tapias. 

 

A Fábrica de Mañas. Foto: J. Migueles



Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Aportes: Serxio Pereira, Xosé Couñago e Xurxo Constela.

Fondo Casto Sampedro



viernes, 26 de enero de 2024

Canteiros de Redondela.

 

Aspecto actual da Igrexa de San Xián de Marín obra de Pedro González. Foto: Bene Riobó, 2012

 

            Seguindo coa busca de antigos artesáns de Redondela, despois dos imaxineiros (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/01/imaxineiros-ebanistas-de-redondela.html ) e os prateiros (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2023/12/rua-prata-cara-1930-foto-otto-wunderlich.html ), chega a quenda dos canteiros. Como nos casos anteriores é moi difícil atopar datos pero algún vai aparecendo. Xa coñecemos o caso de Pedro González quen construíu unha igrexa en Marín no século XI. A continuación veremos outros canteiros:


XVI


Duarte Fernández. En 1585 despois de realizar obras no mosteiro de San Martiño, este canteiro veciño de Redondela, xunto co tamén canteiro Juan de Ramírez, deben desfacer unha parede no cuarto da xente de servizo e volver a facer cimentos.

Blas González. Mestre canteiro encárgase da obra da igrexa de Santa María de Reboreda. Con el traballa Juan Noble, tamén canteiro e veciño de Redondela.


Pedro González.

O veciño de Redondela Pedro González foi un reputado canteiro do seu tempo. Apesares da dificultade que supón atopar información daquela época ata o de agora descubrín varias obras realizadas por el.

Entre 1575 e 1576-07-28 percibe cartas de pago de Juan de Mondragón, racioneiro de Santiago, cumpridor da ánima e testamento do defunto cardeal Juan de Mondragón, pola construción da igrexa de San Xián de Marín.

En 1582 atopamos o pago da obra dunha igrexa de Domaio: “Remate hecho por el canónigo Juan Abráldez, obrero de la iglesia de Santiago, de la cuarta vacante del beneficio de San Pedro de Domaio en Pedro González, vecino de la villa de Redondela, por una suma de diecisiete ducados”.

Entre 1588 e 1594 realiza a capela de Nuestra Señora dos Dores (antes coñecida mo de Santa Catalina, Nuestra Señora da Anunciación e a Concepción) no Convento de San Francisco de Pontevedra. Esta capela construída en estilo renacentista, sería mandada levantar polo rexedor de Pontevedra Antonio García Rajoo.

O último que sabemos del é que aínda constaba como canteiro veciño de Redondela en 1611.

 

SXVII

Juan Alonso. Canteiro, veciño de Redondela e natural da freguesía de San Martiño de Basiláns, no término de Barçelos (Portugal), citado nun poder de 1669.


S. XVIII


Pedro Solla. Canteiro do s. XVIII que pode estar detrás da construción da Ponte de Solla (Chapela).


Domingo Pereira. Canteiro de Cedeira, que en 1774 o Procurador Xeral do Mar, Antonio Amoedo, contratou ao para construír unha ponte na vila, que ese mesmo inverno tería que ser reparada por mor dun asolagamento.


Outros canteiros desta época serían:

Mathias Campana. Canteiro citado no Catastro de Ensenada de Saxamonde.

Jacob Castellano. Canteiro citado no Catastro de Ensenada de O Viso. Dono de 2 colmeas.

Martín de Couñago. Canteiro citado no Catastro de Ensenada de Reboreda. Dono de 1 muíño.

Andrés Estévez. Canteiro citado no Catastro de Ensenada de Reboreda. Dono de 1 colmea.

Santiago García. Canteiro citado no Catastro de Ensenada de Reboreda.

Martin Vidal. Canteiro citado no Catastro de Ensenada de O Viso. Dono de 2 colmeas.



S. XIX

Bertoldo de Xeve. Non temos constancia da súa existencia real, tan só citado nun artigo de José Fontela Cal como autor da Fonte de Santiago Apóstolo (Pz. Santiago Apóstolo) no que conta que, despois de medio ano de traballo, Bertoldo de Xeve rematou un Santiago Apóstolo ecuestre, labrado nun granito traído exprofeso das canteiras do Ulló en Arcade. Cando amosou o traballo aos seus compañeiros, estes ríronse del porque lle “faltaban as espuelas". Humillado ese mesmo día aforcouse na pensión na que paraba.


Miguel Acuña

Mestre Canteiro comproba o estado dunhas obras, 20-9-1846.


Antonio Díez

Citado como canteiro nos anos 1879-1980-81-84 do Anuario-almanaque del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración.


Juan Fontán. Mestre canteiro veciño do Viso, que en 1842 se encargou do empedrado e dos bancos da actual Praza Constitución, ademais dos garda-rodas, ponte e paredes da praza da peixería. Por esa época tamén se encargou de encalar o cárcere. En 1843 encargouse da cavada desde o hospital ata Pousadouro.

 

O único dos bancos realizados por Juan Fontán que se conserva. Foto: Juan Migueles



Benito González (Cesantes)

El Mayordomo de propios de Redondela entrega a Benito González maestro cantero vecino de la fra. de Cesantes 260 reales en que ajustó con este ayuntamiento bajar las piedras que arrojó el Rayo desde la torre del reloj en el techo del coro de la Yglesia de esta villa, de gn. ...1 de febrero de 1806.


Román da Veiga. Canteiro veciño de Saxamonde que, en 1806, cos seus oficiais repuxo a ponte que derruiu a riada no sitio do Canto da Torre en Redondela.


Manuel Vidal "Daniña". Canteiro do Viso que faleceu xa ancián na década dos 20 do século pasado. Obra súa é a zona vella do cemiterio do Viso e tamén as sepulturas e tampas esculpidas que se expoñen no adro da igrexa parroquial. Ademais foi un músico virtuoso, tocando a gaita e o clarinete. A súa descendencia aínda é coñecida como “Os do Gaiteiro”.

 

Fachada da reitoral do Viso con obras de Manuel Vidal. Foto: Juan Migueles


 


S. XX

        O gremio de canteiros atopábase organizado a principios do século XX baixo a denominación Sociedad de Canteros. A directiva de 1924 estaría formada por: presidente, Luis Álvarez Carballo, vice, José Martínez Gil; secretario, Manuel Moreira; vice, Paulino Gómez; contador, Avelino Vidal; tesoureiro, Manuel Orge; vocais: Manuel Diz, Antonio González e Antonio Pérez. En 1927 Manuel García representaba a este colectivo nunha asamblea para tomar medidas contra a proposta de suprimir o xulgado de Redondela. Dous anos despois tomou posesión un novo presidente, Manuel González Narciso. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/colectivos-e-asociacions-ata-principios.html )



Antonio Amoedo Castro e Jesús García Graña (Negros)

En 1924 unha disputa entre estes veciños de Negros por rivalidade do oficio rematou co pimeiro con feridas graves na cabeza producidas cunha regla de canteiro. Un mes despois por orde xudicial ingresou no cárcere do partido, Jesús García Graña.


Salustiano Bernárdez Martínez (Reboreda)

En 1965 reastaurou o Cruceiro de Pousadouro e o Cruceiro do Alto do Viso que foran derrubados por impactos de vehículos. Construíu en 1990 o Cruceiro do Parque do Loureiro, se ben a cruz é obra de Eladio Martínez Arosa "o Mudo", canteiro de Bértola (Vilaboa).


Julio Bouzas Gallego

Canteiro que formaba parte da directiva da da Casa del Pueblo en xullo de 1936. Tamén pertenceu ao Grupo Masónico Alvar Yáñez nº 145.


Florentino Carloto

Canteiro, de 19 anos, natural de Redondela, que procedente de Lisboa, en 1908, foi recollido dun tren en grave estado e ingresado no hospital de Valença.


Antonio Corbal (Chapela)

Estando traballando con outros tres canteiros nunha obra en Cedeira, alcanzouno un raio. Contaba daquela 40 anos, estaba casado e con catro fillos. Resultou ferido grave, con grandes queimaduras especialmente no ventre. Os seus compañeiros saíron ilesos, apesares de quedar cegados e desorientados nos primeiros intres.


Enrique Freaza (Reboreda)

Realizou nos anos 60 a cruz do Cruceiro do Xogo dos Bolos de Reboreda, que hai poucos anos foi esnaquizada.


Ignacio García e Casimiro Ogando Cal

Canteiros procedentes da Lama e asentados no Viso. Realizaron, entre 1915 e 1920, o Cruceiro da Peneda, o Cruceiro do Alto do Viso e o Cruceiro da Mina.


José García Vidal (Rebordelo-Cotobade, 16-5-1829 / Redondela, 27-4-1905)

Canteiro asentado en Redondela a onde probablemente chegou para traballar na construción do viaduto de Ourense. Axiña converteuse no principal contratista do concello realizando numerosas obras públicas.

Ademais de arranxar numerosas rúas e pontes: En 1876 construíu o primeiro matadoiro da vila e en 1885 o cemiterio civil. En 1886 concedéuselle a construción da antiga praza de Abastos. As obras comezaron o 3-4-1887 e remataron o 24-3-1888. Prodúcese daquela a reclamación dos 3 médicos da vila por taparse 7 dos 15 ollos da ponte de Lima e impedir a entrada das mareas, non contando o proxecto con estudos técnicos ao respeto e padecer numerosos defectos lexislativos. Isto provoca o retraso da súa inauguración ata o 25 de xullo de 1891.

En Redondela tamén son da súa autoría varias casas nas rúas Telmo Bernárdez, Eidos e Alfonso XII.

Non se limitou ao noso concello e outras vilas realizou obras como o acceso que unía a estación de Guillarei (Tui) coa estrada nacional. Xunto a Antonio Garrido Otero e Abdón Pérez Martí, consegue no mes de xuño de 1892, en pública subasta, as obras de cantería do novo manicomio de Conxo, baixo o nome "José García Vidal y compañía"

 

Cándido Mouriño Lago (Reboreda)

En 1953 realizou o Cristo da Carreteira, o Cristo de Abaixo e a cruz do Cruceiro de Santo Paioen Reboreda.


Manuel Otero Lago.

En 1911 concédeselle o título de canteiro.


Manuel Rey Soto (Xeve-Pontevedra / Redondela,25-9-1938)

Canteiro citado nunha relación de militantes de Izquierda Republicana e que chegaría a ser tenente alcalde de Redondela durante a II República. Trala golpe militar do 36 estivo fuxido e cndo se normalizou a situación volveu a Redondela, onde permaneceu uns días preso no cárcere municipal.

A fachada da súa casa na rúa Isidoro Queimaliños deixa constancia da súa habilidade na labra fina, pero en Redondela exerceu máis como marmorista construíndo as escaleiras para varias casas de familias adiñeiradas.

 

Fachada da casa de Manuel Rey Soto. Foto: J. Migueles


Gerardo Senra Vilas (Saxamonde)

En 1973 realizou o Cruceiro do Adro da Igrexa de Quintela e , en 1982, o cruceiro da Alfóndiga. Tamén reconstruíu o Cruceiro do Torreiro de Vilar de Infesta, en 1980, que fora derrubado por un camión.

Na súa casa no Alto dos Valos podemos apreciar un cruceiro e varias obras da súa autoría.


Varias obras na casa de Gerardo Senra. Foto: J. Migueles


Manuel Sobrado

Obra súa é o Peto de Ánimas da Carretera (Cedeira), realizado en 1940.


Soliño

Empregado do Concello que en 1975 realizou o Cruceiro da Alameda aproveitando como fuste unha columna traída do parque infantil da propia alameda. Tamén e seu o traballo da escultura de Blanco Amor, que o "autor" se limitou a marcar na pedra. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/10/esculturas.html )


Jose Antonio Sueiro

Obra súa é o retablo do Peto de Ánimas do Cemiterio dos Eidos (1992), que substituíu ao antigo de madeira que foi roubado.


Enrique Vilas Alonso (Cedeira)

Canteiro que fora concelleiro de Redondela cando menos entre 1955 e 1960. Tamén formou parte da primeira directiva da Sociedade de Caza e Pesca de Redondela en 1929. En 1964 realizou o Cruceiro da Granxa da Ponte de Lima (ou de Don Pancho), a excepción da cruz coas imaxes que foi mercada nas inmediacións de Pontevedra. Encargouse da canteiría da Casa do Concello.




Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro 2002

Arredor de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure.

As vilas de Redondela nos tempos do Catastro de Ensenada: Xoán Miguel González Fernández. Ed. Concello de Redondela.

O cemiterio dos Eidos da vila de Redondela. Xosé Manuel Moreira Docampo. Concello de Redondela, 2022.

SEREN Nº2. Cruces, cruceiros e petos de ánimas no concello de Redondela (2ª parte)

Carlos Alberto Antuña Souto, José Antonio Orge Quinteiro )

SEREN Nº4. Cruces, cruceiros e petos de ánimas no concello de Redondela (3ª parte)

Carlos Alberto Antuña Souto, José Antonio Orge Quinteiro

SEREN Nº5. Cruces, cruceiros e petos de ánimas no Concello de Redondela (4ª parte e derradeira)

Carlos Alberto Antuña Souto, José Antonio Orge Quinteiro

Seren nº5

Apuntes para la historia del convento y comunidad de San Francisco de Pontevedra. Prudencio Leza Tello e Pilar Pérez Fermoso. Archivo IberoAmericano 74, nº 277-278 (2014): 141-505.

Arquivo do Marqués de Mos

Catastro de Ensenada de Saxamonde, O Viso e Reboreda.

Arquivo da Catedral de Santiago

Deputación de Pontevedra > atopo.depo.gal > Contas de propios e arbitrios xurisdición de Redondela Nova (1805) (1806), Contas municipais. Concello de Redondela (1841-1843) (1842) (1844). Poder outorgado para reclamar unha herdanza (1669). Fondo Casto Sampedro-MuseoPontevedra

1879-1980-81-84 Anuario-almanaque del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración

Galiciana => El Pueblo Gallego, El Diario de Pontevedra, La correspondencia gallega, El Correo de Galicia

La Voz de Galicia

Xornais locais => La Opinión, Tramancazos

Aportes: José Luis Cofán

 

 

 

 

 

miércoles, 24 de enero de 2024

Galería. Balonmán Chapela. Anos 70.

 

(Ver Historia do Balonmán en Redondela 

  https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/06/balonman.html )

 

1971-73 cara a, Chapela. Facebook Balonman Chapela

Chapela xuvenil, 1972. Foto: Arjones.

1972. El Pueblo Gallego

1972 El Pueblo Gallego

1974 El Pueblo Gallego

1978 El Pueblo Gallego

1978 El Pueblo Gallego

1978 El Pueblo Gallego

1978. 1ª Nacional. El Pueblo Gallego

Chapela,1º no sector xuvenil 1972. Foto Freire

 

Autor: Juan Migueles

 

domingo, 21 de enero de 2024

SAR - Atletismo (I)

II Trofeo Elola celebrado en Redondela en 1962. Foto: El Pueblo Gallego

Vencedores no II Trofeo Elola, 1962. Foto: El Pueblo Gallego

II Trofeo Elola celebrado en Redondela en 1962. Foto: El Pueblo Gallego

Entrega de Trofeos na Xunqueira. Foto cedida por J. A .Xesteira

Entrega de Trofeos na Xunqueira. Foto cedida por J. A .Xesteira

Equipo de atletismo da SAR. Foto publicada no Seminario de Estudos Redondeláns SEREN

Equipo de atletismo da SAR. Foto cedida por Paco Pérez Amoedo

Foto cedida por Paco Reboredo
Equipo de atletismo da SAR. Foto cedida por Paco Reboredo


 

(Ver a Historia do Atletismo en Redondela 

https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/atletismo.html )


Autor: Juan Migueles