domingo, 12 de abril de 2020

Puente Bahamonde, Ricardo (Ferrol, 1895-Monte Hacho (Ceuta), 4-8-1936) Militar

Foto: kaosenlared.net
         Comandante curmán do Xeneral Franco. Veraneou en Redondela ata a chegada da guerra, facendo amizade con Luis Pereira e a súa dona Ernestina Otero. Nunha ocasión en que a súa muller estaba na praia de Cesantes, lanzoulle un ramo de flores dende o avión que viña pilotando dende a base militar de León.
         Como militar destacouse na guerra de África recibindo dúas medallas. En 1934, durante o levantamento dos mineiros asturianos, foi relevado do seu cargo por sospeitarse que lle ordeara aos seus pilotos non disparar contra os civís. Máis tarde, durante os primeiros días do alzamento en Tetuán, sería fusilado por sabotaxe no nome da República impedindo que as tropas franquistas se fixeran cos avións do aeroporto Sania Ramel.Trala súa morte a súa viúva viviu durante varios anos na nosa vila.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro 2002.

No hay comentarios:

Publicar un comentario