viernes, 3 de abril de 2020

Toponimia: CABEIRO



Vistas do Galleiro desde Cabeiro. Foto:J. Migueles
 

CABEIRO (San Xoán): O máis probable é que proceda do latín caput (cabeza) e sexa un derivado de cabo. Faría referencia á súa orografía.


Barrios

A Igrexa: Hai máis de 600 localidades co nome de Iglesia, case todas en Galicia, seguramente serían modernizacións oficiais.

Igrexa, O Lugar da (Igrexa): Citado no Libro de amillaramento (1948-49). No Rueiro 2010, Camiño da Igrexa de Cabeiro.

            Cruz da Igrexa (Igrexa).

            Fonte da Igrexa (Igrexa).

Porto Cabeiro: Porto ten o significado de “pasaxe entre montes, desfiladeiro”.

Porto Cabeiro (Porto Cabeiro). Lugar. No Libro de amillaramento (1948-49) aparece Porto Cabeiro como lugar. No Catastro actual.



Toponimia menor

Acacias, As (Igrexa).

Aceiteiro, O (Igrexa). Probablemente alcume do propietario aludindo ao seu oficio.

Balada, a (Igrexa). No Catastro de Ensenada (1756) aparece recollido coa forma “A Valada”. Pode proceder de valo ou valado.

Barrás, Os (Igrexa). No Catastro de Ensenada (1756) As Barras. No Rueiro (2010) Camiño do Barrás.

Barreiro (Igrexa). No Catastro actual. No Libro de amillaramento (1948-49) aparecen: Barreiro , labradío en Eidos, e Barreiro do Medio (os dous en Igrexa); e Barreiro da Panela e Barreiro Pequeno (en Porto Cabeiro). Traspés recolle Os Barreiros.

Bragas, as (Igrexa). Posiblemente procede de bragado-a; é dicir, unha terra bragada é aquela

de distinta cor que as outras que a rodean. No Libro de amillaramento (1948-49) aparece Bragal.

Cabirta, A do (Igrexa): A preposición de indúcenos a crer que pode ser apelido.

Cachadas, as (Igrexa). Provén do verbo “cachar” (romper) e serían terras de cultivo gañadas ao monte. No Catastro actual.

Cambeiros, Os (Igrexa). Pode ser un alcume, alguén coas pernas arqueadas. No Rueiro (2010) Camiño dos Cambeiros.

A Poza dos Cambeiros (Igrexa).

Campiño (Porto Cabeiro). No Libro de amillaramento (1948-49). No Rueiro 2010, Camiño do Campiño.

Campo de Abaixo, O (Igrexa).

Campo de Alves (Igrexa).

Campo do Río, O (Igrexa).

Muíño do Campo do Río (Camiño da Milixosa/Cabeiro): Debeu de ser derrubado coa construción da estrada. Tan só se conserva o cubo.

Campo Santo, O (Igrexa). Terreo próximo ao cemiterio.

Campos, Os (Igrexa). No Catastro actual.

Campos de Arriba, Os (Igrexa).

Campos de Abaixo, Os (Igrexa).

Campo de Gaias (Igrexa).

Campos Grandes, Os (Porto Cabeiro). Terra de labranza en Graña. No Catastro de Ensenada

(1753) O Campo Grande.

Canexa, A (Porto Cabeiro). Significa camiño estreito entre altos muros.

Cangras, As (Igrexa). Segundo Cora Represas: pode ser unha variante de Cangas, que procede da forma céltica CAMBICAS, curva ou cousa curva”.

Canos, Os (Porto Cabeiro). Indica condución de auga. No Libro de amillaramento (1948-49) aparece Cano. No Rueiro 2010, Camiño dos Canos.

Canuche, A (Porto Cabeiro). Pode ser un derivado de cana.

Carrascal, O

Carrasqueira, A (Porto Cabeiro). Lugar onde abundan os carrascos. No Libro de amillaramento (1948-49). No Rueiro 2010, Camiño da Carrasqueira.

Carreiro (Igrexa).

Carreira, a. Camiño a miúdo estreito, tamén pode referirse a camiño polo que pasan carros. No Rueiro 2010, Camiño das Carreiras de Cabeiro. Probablemente por xuntarse varios camiños neste punto. No Catastro de Ensenada (1753) Carreira ou A Carreira. No Libro de amillaramento (1948-49) aparece Carreira.

Carreira Grande, A (Igrexa).

Poza da Carreira Grande (Igrexa).

Carreiras, As (Igrexa).

Carreiras de Abaixo. No Catastro actual.

Carreiras de Arriba. No Catastro actual.

Carreiras Pequenas, As (Igrexa).

Casa do Baillador ou Casa do Músico (Igrexa).

Casa Emilio ou Casa Rato (Porto Cabeiro). No Libro de amillaramento (1948-49), Lugar de Emilio Chaves.

Casa Flecha (Porto Cabeiro).

Casa Maruja do Canteiro ou Casa Barbuda (Porto Cabeiro).

Casa da Mestra (Porto Cabeiro).

Casa dos Pobres (Porto Cabeiro).

Casarella, A (Igrexa). Fai referencia a unha casa pequena. Recollido por Trespés como As Casarellas.

Castañal, O (Igrexa).

Castañalciño (Igrexa).

Castro

Muíños de Castro (Porto Cabeiro). No Penedo. A preposición de, podería indicar que neste caso Castro sería o apelido (moi común en Cabeiro) do propietario.

Cierre de Castro. Cierre sería un castelanismo por peche.

Castro Ferreiro. Aparece no Catastro de Ensenada (1753). No lugar hai catalogadas mámoas, pero a pesares do topónimo polo de agora non se atoparon indicios de que houbera un castro.

Cavadiña

Cemiterio, O.

Cerdeiras, As (Igrexa). Aparece no Catastro de Ensenada (1753). No Libro de amillaramento (1948-49) aparecen as propiedades Cerdeiras e Cerdeiras Pequenas. No Catastro actual, Cerdeira. No Rueiro Camiño das Cerdeiras.

Cernadas, As (Porto Cabeiro). Como substantivo castelán ten varios significados relacionados todos eles coa cinza, probablemente relacionados con terreos gañados para o cultivo despois da queima de árbores ou arbustos. No Libro de amillaramento (1948-49) aparecen Cernadas e Cernadas do Camiño, esta última en Coutadiña.

Chan, A (Porto Cabeiro).

Chan da Cova (Porto Cabeiro). No Catastro actual. No Rueiro 2010, Camiño da Chan da Cova.

Chan das Formigas

Chan do Gorgullón, A. Gorgullón é un lugar onde brota a auga formando gurgullos.

Chan dos Loureiros. O atopo citado como A Chan do Loureiro. No Catastro de Ensenada (1752) aparece como linde de Cabeiro, Chan dos Loureiros. No Catastro actual Chan do Loureiro.

Chan do Río, A (Porto Cabeiro).

Chan de Umberto, A:

Chavina, A (Igrexa). Probablemente derivado do apelido Chavín.

Cierre de Castro (Porto Cabeiro).

Cochiños, Os (Igrexa). No Libro de amillaramento (1948-49).

Cocho, O (Igrexa). Fronte ao Eido Vello. No Catastro de Ensenada (1753) aparecen Cocho, Cochos e O Cocho da Fonte. No Libro de amillaramento (1948-49) aparece Cocho. No Rueiro 2010, Camiño do Cocho de Cabeiro.

Cocho Grande, O (Igrexa).

Cochos, Os (Igrexa). No Catastro actual, Cochos.

Cochos Longos, Os (Igrexa).

Corte das Bestas, A (Igrexa). Lugar onde se garda o gando que neste caso probablemente serían bois. No Libro de amillaramento (1948-49).

Costa do Peludo_

Costal, O (Porto Cabeiro). Derivado de costa, terreo en pendente. No Rueiro (2010) Camiño do Costal.

Muíños do Costal (Porto Cabeiro): No Rueiro 2010 déronlle ao camiño onde se atopan o nome de Cño. dos Muíños de Cabeiro que parte do Cño. do Costal.

Costeira, A (Igrexa). Derivado de costa, terreo en pendente. No Libro de amillaramento (1948-49) aparece A Costeira, Costeira de Abajo, Costeira Arriba e Costeira das Pedras.

As Costeiras (Porto Cabeiro).

Costiña (Igrexa). No Libro de amillaramento (1948-49) Costiña. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como monte, Costiña e Costiñas. Recollido por Trespés como As Costiñas.

Coto da Agra, O

Poza da Agra (Igrexa). No Rueiro (2010) Camiño da Poza da Agra.

Coto Rapado. Cima dun monte sen vexetación.

Coutada, A (Igrexa). Coutada é un terreo que se acouta para adicar ao pasto. No Libro de amillaramento (1948-49) aparecen Coutada, Lugar da Coutada, Coutada de Abaixo e Coutada de Arriba.

Coutada de Afora (Igrexa). No Libro de amillaramento (1948-49). No Catastro actual, Coutadas dafora. Recollido por Trespés como As Coutadas de Afora.

Coutada Carreira (Porto Cabeiro). No Libro de amillaramento (1948-49).

Coutada de Cedeira (Igrexa).

Coutada do Crego (Igrexa). No Libro de amillaramento (1948-49). Recollido por Trespés como As Coutadas do Crego.

Coutada da Devesa. No Libro de amillaramento (1948-49).

Coutada do Río (Porto Cabeiro). Linda co río. No Libro de amillaramento (1948-49). No Catastro actual. Recollido por Trespés como As Coutadas do Río.

Coutada Vella (Igrexa). No Libro de amillaramento (1948-49). No Catastro actual. No Rueiro 2010, Camiño da Coutada Vella. Recollido por Traspés como As Coutadas da Vella.

Coutada de Vilar (Porto Cabeiro). Linda coa parroquia de Vilar de Enfesta.

Coutadas de Landín (Igrexa). Landín sería o apelido do propietario. No Libro de amillaramento (1948-49) aparece Chan de Landín.

Fonte Landín

Coutadiña (Porto Cabeiro). No Libro de amillaramento (1948-49). No Catastro actual. No Rueiro 2010, Camiño da Coutadiña. Recollido por Traspés As Coutadiñas.

Fonte das Coutadiñas (Porto Cabeiro).

Cova, A (Porto Cabeiro). No Rueiro 2010 Camiño da Cova.

Covelos, Os (Igrexa). Designa un “pequeno lugar cóncavo ou fondo; pequena depresión do terreo”. Nun documento de 1705 do Fondo Casto Sampedro, herdade dos Cobelos. No Libro de amillaramento (1948-49), Covelos. No Rueiro (2010) Camiño dos Covelos.

Coviñas, as (Igrexa). No Catastro actual Coviña. No Rueiro 2010 Camiño das Coviñas.

Cruceiro, O.

Cuartos, Os (Igrexa). Terra arrendada pola que se debía pagar un cuarto do que producía. No Libro de amillaramento (1948-49) labradío Cuarto. No Catastro actual.

Eido do Rei, O (Igrexa). Un eido é un pequeno terreo adicado á agricultura. Corresponderíase coa Devesa Real.

O Eido Vello (Igrexa). No Catastro de Ensenada aparece como A Eiravella. No Rueiro 2010, Camiño do Eido Vello.

Eidos, Os (Igrexa). No Libro de amillaramento (1948-49) aparece Eidos.

Eixido, O (Igrexa). Terreo de pouca extensión contiguo á casa, onde polo xeral se cultivan hortalizas.

Embalse, Camiño do (Porto Cabeiro).

Estrada. No Rueiro (2010) Estrada a Trasmañó.

Fenteiras, As (Igrexa). No Libro de amillaramento (1948-49) aparece Fenteira. Lugar poboado de fentos. No Rueiro 2010, Camiño das Fenteiras.

Fermina, A de (Porto Cabeiro).

Fixón, A de (Igrexa).

Fondo do Río ou Tesouro (Porto Cabeiro).

Fondón do Eido. No Catastro actual.

Fonte, A (Porto Cabeiro). Aparece no Catastro de Ensenada (1753).

Fonte da Agra, a (Igrexa): No Catastro actual Fonte Agra. No Rueiro 2010, Camiño da Fonte da Agra.

Fonte das Fontiñas (Porto Cabeiro). No Rueiro 2010 Cño. das Fontiñas.

Fonte do Galo (Igrexa).

Lavadoiro do Galo (Igrexa).

Fonte da Vella

Forniños, Os (Igrexa).No Libro de amillaramento (1948-49) aparecen Forniño e Forniño de Abajo. Aparece no Catastro de Ensenada (1753). No Catastro actual O Forniño.

Forniños dos Postes, Os (Igrexa).

Foro, O (Igrexa). Terreo aforado, ou sexa, que se traballaba a cambio dunha cantidade estipulada do que se ía colleitar.

Foxo. No Catastro actual.

Graña, A (Igrexa). Extensión de monte baixo, sen cultivar. No Catastro de Ensenada (1753). No Libro de amillaramento (1948-49) aparecen Graña, Lugar de Graña e A Veiga Graña. No Rueiro (2010) Camiño das Grañas.

Güelas, A de (Igrexa). No Rueiro 2010, Camiño das Güelas.

Río de Güelas ou Río Ghuelas (Igrexa). Aparece no Catastro de Ensenada (1753) río de Buelas.

Herbeiral, O (Igrexa).

Horta, A (Porto Cabeiro).

Hortas, As (Igrexa).No Libro de amillaramento (1948-49) aparece Horta, en Coutada.

Fonte do Lago (Igrexa).

Lago da Taberna (Porto Cabeiro).

Lagoa, A (Porto Cabeiro). No Libro de amillaramento (1948-49).

Lagoa Grande, A

Lagoa Pequena, A.

Lagoas do Pereiro, As

Lagos, Os (Igrexa). Tamén chamado A Devesa dos Lagos. Aparece no Catastro de Ensenada (1753). No Libro de amillaramento (1948-49) aparecen Lago e Lago Pequeno. No Catastro actual, Os Lago. No Rueiro 2010, Camiño dos Lagos.

Devesa dos Lagos (Igrexa).

Fonte Landín

Laxes, As (Igrexa). Unha laxe é unha pedra de cara superior alisada, de pouco grosor. No Libro de amillaramento (1948-49), Laxe.

Leira Longa (Porto Cabeiro). Unha leira é un terreo de labranza.

Leiras, As (Igrexa). No Catastro de Ensenada (1753). No Libro de amillaramento (1948-49) aparecen Leiras, Leiras de Arriba e Leiriñas do Campo.

Longa (Igrexa). No Libro de amillaramento (1948-49), Longa. Recollido por Traspés como As Longas.

Lugar de Romero (Porto Cabeiro). Pode facer referencia á planta ou ao apelido.

Mámoa do Rei, A: Trátase dun nome de repertorio dado polos arqueólogos por ser o monumento megalítico máis destacado da zona. Antigamente se chamaba Pedra do Couto.

Mangoeiros, Os. Derivado de manga, terreos con forma alongada. No Catastro de Ensenada (1753). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como terreo de labranza, aparecen: Mangueiro (Porto Cabeiro), Mangueiro de Paulo (Igrexa), Mangueiro dos Lobos e Manueiro (Porto Cabeiro). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Mangoeiro.

Mangoeiros de Abaixo, Os (Porto Cabeiro):

Mangoeiros de Arriba, Os (Porto Cabeiro:

A Fonte dos Mangoeiros (Porto Cabeiro).

Marcos, A de (Igrexa): Nome do propietario.

Matosa, A (Porto Cabeiro). Lugar cheo de matas (arbustos). No Catastro de Ensenada (1753) aparece A Matoeira ou A Matosa. No Libro de amillaramento (1948-49), Matosa.

Melixosa, A (Igrexa): Probablemente proceda do apelido hoxe castelanizado como Milijosa, que tivo gran presencia na zona. No Catastro de Ensenada (1752) aparece como linde de Cabeiro, campo de Melixosa. No Rueiro 2010, Cño. da Milixosa.

A Fonte da Melixosa (Igrexa):

A Poza da Melixosa (Igrexa):

Millarada, A (Igrexa): Conxunto de terreos onde se planta millo. No Catastro de Ensenada (1753) e no Catastro actual. No Rueiro (2010) Camiño da Millarada.

Fonte da Millarada (Igrexa)

Minada, A (Porto Cabeiro): Escavación dun manancial de auga.

Minada, A (Igrexa): No Libro de amillaramento (1948-49) aparece Leira da Minada (Igrexa)

Minadas, As (Igrexa): No Libro de amillaramento (1948-49) aparece Minadas (Igrexa)

Mirallo, Monte:

Devesa do Mirallo: Aparece como Devesa do Rei de Cabeiro en Visitas ás reais devesas e plantíos da vila e xurisdición de Redondela (1785). Tamén citado como Devesa do Rei. (Monte) no Libro de amillaramento (1948-49).

Mouteiras. No Catastro actual.

Muíño do Caseiro (Porto Cabeiro): Alcume do propietario.

Muíños de Castro (O Penedo-Chan do Loureiro/Cabeiro):

Naranxeiro, O (Igrexa).

Nieves do Gaio, A de (Porto Cabeiro): Nome e alcume da propietaria.

Panascas, As (Igrexa). Panasco, herba seca, áspera e dura que pode servir de pasto para o gando. No Catastro actual Peñasca.

Patelo, O (Igrexa/Negros). Tendo en conta a importancia do oficio de cesteiro nesta parroquia, pode facer referencia a un tipo de cesta, se cadra pola forma do terreo. Aparece no Catastro de Ensenada (1753). No Libro de amillaramento (1948-49) aparece do Panelo. No Rueiro Camiño do Patelo.

Pedra, A (Igrexa).

Pedra do Couto: Actualmente máis coñecida como Mámoa do Rei, como xa comentamos. Couto pode ter o significado de marco ou linde e precisamente nunha pedra da mámoa podemos ver gravada unha cruz de linde.

Pedra Grande (Igrexa).

Pedras da Barrela, As

Pedra Negra, A

Pedra das Peñices ou Pedra dos Picos. Aparece no Catastro de Ensenada (1753), Piedra de Picos.

Pedras das Verrugas, As. No Libro de amillaramento (1948-49) aparece Berruga e Beruja.

Pedro Pequeno (Porto Cabeiro).

Pegas, As (Igrexa). Pode referirse ao paxaro ou ser un alcume. No Libro de amillaramento (1948-49) aparece Pega. No Catastro actual.

Peitieiros, Os (Igrexa). Pode facer referencia ao oficio de elaborar peites para tear. No Catastro de Ensenada (1753) aparece Peiteados. No Libro de amillaramento (1948-49) aparecen Peiteados e Peiteado de Arriba. No Rueiro 2010, Camiño dos Peiteados.

Penedo, O (Porto Cabeiro). No Rueiro 2010, Camiño do Penedo.

Peñasca. No Catastro actual.

Pereira, A (Porto Cabeiro). No Libro de amillaramento (1948-49) aparece Pereira.

Pereiras, As (Igrexa). Aparece no Catastro de Ensenada (1753). No Rueiro actual (2010) Camiño das Pereiras.

Pinal do Rei: Sería a Devesa Real, plantada con piñeiros.

Fonte Lavadoiro Pío (Igrexa).

Pío, Camiño do (Igrexa). Un pío é unha especie de pía (pión).

Pociños, Os (Porto Cabeiro).

Pombas, As (Igrexa). No Libro de amillaramento (1948-49) aparece Pomba.

Poza, a (Igrexa).

Poza do Loguiño, A (Porto Cabeiro).

Poza do Ollomol

Pozo de Arriba (Porto Cabeiro).

Pumar, O (Igrexa). Pomar, terreo ou horta plantada de árbores froiteiras, especialmente de maceiras. No Catastro de Ensenada (1753), Pumar.

Queimado, O (Igrexa).

Quirincosta, Camiño da (Igrexa). Quiringosta deriva de congostra, camiño fondo e estreito. No Rueiro (2010) Camiño da Quiringosta.

Rabelo, O (Igrexa). Pode ser un terreo con forma de rabo pequeno. Tamén existe como apelido de orixe portugués. Aparece no Catastro de Ensenada (1753).

Rego de Cabeiro ou Rego da Matoxa (Cabeiro/Negros). Na parte de Negros coñecido como Rego da Matoxa. Desemboca no Río das Pereiras.

Rego Fondón

Fonte do Regueiro (Igrexa)

Río Lagares

Río de Negros (Igrexa).

Río da Viela

Herbeiros de San Domingos, Os (Igrexa). No Libro de amillaramento (1948-49) aparece San Domingo. No Catastro de Ensenada (1753) A porta de San Domingo do Couto.

Poza de San Domingos

Río San Domingos (Igrexa).

A Fonte do Seixo. No Libro de amillaramento (1948-49) aparece Seijo e Coutada de Seixo.

Soldado, Camiño do (Igrexa).

Souto, O (Igrexa). Bosque de castiñeiros. No Libro de amillaramento (1948-49) aparece Souto (Porto Cabeiro). Aparece no Catastro de Ensenada (1753).

Soutiño, O (Igrexa). No Libro de amillaramento (1948-49) aparece Soutiño e Devesa do Soutiño. No Rueiro (2010) Camiño do Soutiño.

Tombo de Miguel, Camiño do (Igrexa).

Fonte de Miguel (Porto Cabeiro)

Traída da Auga. Condución da auga do embalse de Eiras cara a Vigo.

Veiga, A. Veiga é un terreo cultivado á beira dun río ou regato.

A Veiga de Abaixo (Igrexa).

Veiga do Medio (Igrexa): Citado como labradío no Libro de amillaramento (1948-49).

A Veiga de Arriba.

Veigas Longas. No Catastro de Ensenada (1753) aparece Veiga Longa. No Catastro actual Veigas Longas.

Fonte da Vella

Verruga ou Verrugha (Porto Cabeiro). Tojal e labradío en 1948. No Rueiro 2010, Camiño da Verruga.

Vieitia, A (Porto Cabeiro).

Viragaia, A (Porto Cabeiro). No Libro de amillaramento (1948-49) aparece Viragaya.

Xeral, A. Topónimo moderno fai referencia á estrada nacional.

Xestal, O (Igrexa).


Outros Rueiro (2010)


Estrada de Cabeiro a Trasmañó (Porto Cabeiro).

Cño. do Centro Cultural.

Cño. da Costa Cabeiro. Entre Vilar e Cabeiro.

Cño. das Granxas (Porto Cabeiro)

Cño. da Lousa (Porto Cabeiro).

Cño. do Monte de Cabeiro (Igrexa).

Cño. da Presa. Camiño que remata nunha antiga presa a carón dunha traída de augas veciñal.

Cño. ó Vixiador (Igrexa). Acceso ao Vixiador (Vigo).



Sen Localizar


Agostadiña (Porto Cabeiro). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como devesa, Agostadiña.

Almeiriñas. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Almeiriñas (Cabeiro).

Antonia do Lago. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Antonia do Lago.

Arribada (Igrexa). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como monte, Arribada.

Barral. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como monte, Barral.

Das Becerras. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Das Becerras.

A Beira. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como monte, A Beira.

Campo (Igrexa). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como terreo de labranza en Graña, Campo.

Campo Grande (Igrexa). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como terreo de labranza en Graña, Campo Grande.

Campo Pequeño (Igrexa). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como terreo de labranza en Graña, Campo Pequeño.

Carballeira. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como terreo de labranza monte, Carballeira.

Cascaleira. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Cascaleira. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como monte, Coscalleira (Igrexa).

Castañal do Moíño. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como toxal en Coutadiña. Castañal do Moíño.

Castañón do Cocho (Porto Cabeiro). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como prado, Castañón do Cocho.

Castañón da Mina (Porto Cabeiro). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como dehesa. Castañón da Mina.

Carreiro (Igrexa). Labradío.

Carreira de Fonte. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como monte, Carreira de Fonte.

Carreira da Poza. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Carreira da Poza.

Charquiño. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Charquiño.

A de Chico (Igrexa). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como terreo de labranza, A de Chico.

Chouso (Porto Cabeiro). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como toxal, Chouso.

Cocho da Reiña. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como terreo de labranza e monte en Mangueiro. Cocho da Reíña.

Comiño (Porto Cabeiro). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Comiño.

Coutada de Bartolo (Igrexa). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como monte, Coutada de Bartolo.

Coutada de Cedeira (Igrexa). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como monte, Coutada de Cedeira.

Coutada do Monte (Porto Cabeiro). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como toxal, Coutada do Monte.

Coutada do Muíño. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como monte, Coutada do Muíño.

Coutada do ¿Pazo? (Igrexa). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como toxal, ¿Coutada do Pazo?.

Coutada Redondela (Igrexa). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como monte, Coutada Redondela.

Coutada de Vicente. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como toxal, Coutada de Vicente.

Coutada do Visco (Igrexa). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como monte, Coutada do Visco.

¿Cutos? (Igrexa). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como terreo de labranza, ¿Cutos?

Devesa (Igrexa). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como devesa, Devesa.

Devesa do Lobo. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como monte, Devesa do Lobo.

Eido de Montes. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Eido de Montes.

Eido Pequeno (Igrexa). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Eido de Montes.

A Eira. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como terreo de labranza en Seidos, A Eira.

Eira de Abajo. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Eira de Abajo.

Encrucillada. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como toxal que limita co cemiterio, Encrucillada.

Fentiña. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como terreo de labranza en Seidos, Fentiña.

Fonte Risco. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como toxal, Fonte Risco.

Fuente da Ortiga. Aparece no Catastro de Ensenada de Cabeiro (1752), Fuente da Ortiga.

Ichofe. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Ychofe.

¿Longuiño?(Igrexa). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como terreo de labranza, ¿Longuiño?

Lovodouro (Igrexa). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Lovodouro.

Lugar (Igrexa). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como terreo de labranza ou monte, Lugar ou Lugar da Igrexa.

Lugar de Arriba. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Lugar de Arriba.

Lugar do Peludo (Igrexa). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Lugar do Peludo.

María Antonia (Porto Cabeiro). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como terreo de labranza, María Antonia.

Molino Coutada Común. Linda cun muíño. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Molino Coutada Común.

Montevaldío. No Censo de montes baldíos, realengos e de dono non coñecido que se atopan no Partido Xudicial de Redondela (1845), Montevaldío.

O Pereiro. No Catastro de Ensenada de Cabeiro (1752), O Pereiro (sitio). Aparece como monte no Censo de montes baldíos, realengos e de dono non coñecido que se atopan no Partido Xudicial de Redondela (1845), Pereiro.

Río do Pereiro. Aparece no Catastro de Ensenada de Cabeiro (1752), Río do Pereiro.

Piedras de Cambra. Aparece no Catastro de Ensenada de Cabeiro (1752), Piedras de Cambra.

Puente Míguez. Aparece no Catastro de Ensenada de Cabeiro (1752), Puente Míguez.

Quiñones. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como terreo de labranza en Manueiro, Quiñones.

Regueiro (Igrexa). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Regueiro.

Campo dos Salgueiros (Porto Cabeiro). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como terreo de labranza en Eidos, Campo dos Salgueiros.

A Tol Becerra. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como monte en Mangueiro, A Tol Becerra.

Ventrados. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Ventrados.

Verdeal. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como toxal que linda cun río, Verdeal.

Visito (Porto Cabeiro). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cabeiro (1948-1949) aparece como toxal, Visito.


Para saber máis.

Concello-SNL. Buscador: https://toponimia.redondela.gal/index.php


Concello-SNL. Libros: https://toponimia.redondela.gal/libros.php


Deputación de Pontevedra. Galicia Nomeada: https://galicianomeada.xunta.gal/sixtop/inicio

 

 

Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Toponimia de Cabeiro. Cora Represas. SNL do Concello de Redondela, 2022.

Guía didáctica para escolares: Nº5. Aproximación á toponimia do Concello de Redondela. Álvaro Iriarte Sanromán

Os Nomes da Ría de Vigo II. Gerardo Sacau Rodríguez. Instituto de Estudios Vigueses (Fundación Provigo).2000.

Catastro de Ensenada. Cabeiro.

Catastro actual.

Arquivo da Deputación de Pontevedra>Casto Sampedro

Galeguismo e sociedade na Redondela da Segunda República. Lois Barros. Edicións do Castro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario