Viaduto. Foto: Juan Migueles |
NEGROS: Pode facer referencia á cor do chan, rico en humus. Nun documento de 1561 xa aparece como San Estevo de Negrelos.
Fixón: Do latín fovea (foxo), tamén pode provir de fixo (fito, marco) ou de fixus (cravado, fixo). No Catastro de Ensenada (1752) Fixón aparece referida como terra de secano. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Fixón. No Rueiro (2006) Cño. de Fixón.
Camiño de Fixón
A Igrexa.
A Igrexa. No Memorial cobrador de rendas do Convento de Vilavella (1699-1779), Campo de la Yglesia. No Catastro actual A Igrexa. No Rueiro (2006) Cño. da Igrexa.
Camiño da Igrexa
Negros. No Memorial cobrador de rendas do Convento de Vilavella, Lugar dos Negros (1565). No Catastro actual.
Camiño de Negros
Estrada de Negros: No Rueiro (2006).
Castro de Negros (Negros). No Memorial cobrador de rendas do Convento de Vilavella (1699-1779), Coutada do Castro. Nun censo de montes de 1845 aparece Monte Castro ou Pedroso.
Monte de Negros: Na fala oral con gheada. No Catastro actual.
Pregal: Podía ter o significado de pedregal.
Pregal, o (Pregal). No Memorial cobrador de rentas do Convento de Vilavella (1699-1779), Heredad do Pragal e Lugar do Pragal. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Pregal. No Catastro actual, Pregal.
Camiño de Pregal: No Rueiro (2006) Cño. de Pregal.
Camiño Costa Pregal, o: No Rueiro (2006) Cño. Costa de Pregal.
Lavadoiro de Pregal (Pregal): En 1957 acórdase o seu traslado por non atoparse nun lugar axeitado.
A Ponte de Pregal.
Toponimia
A Poza de Agrochan. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como terreo de frutais, Agrochán (Pregal).
Camiño de Agrochán
Belute (Pregal). No Catastro actual.
Buraco, o:
Cabeiro: No Catastro actual.
Cachada, a:
Poza de Cadeláns
Campiño, o: No Catastro de Ensenada (1752), O Campiño. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Campiño.
Campo, o:
Campo de Abaixo, o:
Campo da Figueira, o: No Catastro de Ensenada (1752).
Campo Grande, o: No Catastro de Ensenada (1752).
Campo de Lucía, o:
Campo de Mera, o (Pregal). No Catastro actual.
Campo de Regueiro, o:
Campo do Río, o: Á beira do Rego da Pereira. No Fondo Casto Sampedro (1705) aparece, herdade do Campo do Río. No Catastro de Ensenada (1752). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Campo do Río. No Catastro actual.
A Poza do Campo Río
Campo do Triscallo, o:
Fonte do Cano: Citada no Catastro de Ensenada (1752) como Sitio do Cano e como linde parroquial en castelán, fuente del Caño.
Canteira, a:
Carballo, o (Fixón): No Catastro de Ensenada (1752) tamén como “O Carballo”. No Catastro actual. No Rueiro (2006) Cño. do Carballo.
Carballo de Arriba, o:
Carballo de Abaixo, o:
Carballo Longo (Pregal)
A Carreira. No Catastro de Ensenada (1752) como “Carreira” nos barrios de Negros, Fixón e Pregal. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Carreiro e como monte, Carreira do Monte. No Rueiro (2006) Cño. da Carreira, ata 2005 era coñecido como Cño. nº78.
Camiño da Carreira
Carreiras (Fixón). No Catastro actual, Carreiras (Fixón).
Carreiro da Chapa, o (Pregal de Arriba):
Camiño da Chapa
Carreiro da Peregrina, o (Pregal de Arriba):
Camiño da Peregrina,
O Castañal (Pregal). Souto, lugar poboado de castiñeiros. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Castañal (Pregal). No Catastro actual.
Camiño do Castañal
Castiñeiras (Pregal). No Memorial cobrador de rendas do Convento de Vilavella, Castiñeiras (1565). No Catastro actual.
Castiñeiras, as: No Catastro de Ensenada (1752) como “As Castiñeiras” No Catastro actual.
As Castiñeiras de Acá
As Castiñeiras de Alá
Castro de Negros (Ver Negros). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como toxal, Castro.
Monte do Castro, o:
Roda do Castro, a: Relacionado co Castro de Negros.
Fonte do Castro. No Castro de Negros. Colocada pola CMMC de Negros, supuxo unha grave agresión ao castro a condución de auga ata o alto do mesmo.
Fonte do Castro (Pregal): Arranxada no 2008 dentro das actuacións do camiño da Auga.
Nomes de pedras singulares do castro:
A Cadeira da Moura
A Cama da Moura
A Bañeira da Moura
A Bañeira dos nenos
A Igrexa da Preta
Lugar das Cavadas: No Catastro de Ensenada (1752) é citado como A Cavada.
Río das Cavadas
Cavadiñas, as. No Catastro actual, Cavadiñas. No Memorial cobrador de rentas para 1721, aparece como “Cabadiñas”.
Chan, a (Pregal). No Catastro de Ensenada (1752), como “El Chan”. No Fondo Casto Sampedro (1667) aparece, Souto e toxal en Agrochán. No Catastro actual, Chan.
Chan do Carrascal, a:
Chan da Chapa:
Chan da Cruz (ou Cruz de Penide) (Cedeira/Negros/Trasmañó): Debe o seu nome a unha gran cruz gravada nunha rocha en terreos de Trasmañó. Algúns investigadores a databan na Idade Media co fin de cristianizar o lugar, pero semella que é un motivo máis do grupo de petróglifos.
Chan das Herbas, o:
Chan do Hulleiro, a:
Chan Longa, a:
Chan do Mangoeiro, a: No Catastro de Ensenada (1752), como “Mangueiro”.
Chan do Medio, a:
Chan do Outeiro, a:
Chan de Penide, a:
Charroca, a: Pode ter a súa orixe no nome da ave charra.
A Poza do Chiqueiro
Cocho, o: No Memorial cobrador de rentas para 1721 aparece Cocho de abajo. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Cocho de Alá e Cocho de Acá.
Fonte do Cocho:
Veiga do Cocho:
Cocho das Pedras, o:
Cocho de Martes, o:
Cocho de Miguel, o: Aparece no Memorial cobrador de rentas para 1721.
Cochos, os: No Catastro actual, Cochos.
A Corte das Bestas
Cortizos, os:
Cotarelo, o:
Coto
Coto de Negros
Coto do Corno
Coto do Tarrelo
Coutada, a: Situada no Camiño da Chousa ao lado do Eido de Arriba. Aparece no Catastro de Ensenada (1752) como “Coutada”. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Coutada.
Coutada da Carreira: No lugar da Pena. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como monte, Coutada da Carreira.
Coutada do Estévez, a: Apelido.
Coutada de Nela, a
Coutada Nova (Negros). No Catastro actual. No Rueiro (2006) Cño. Coutada Nova.
Camiño da Coutada Nova
Coutada do Ramonciño, a:
Coutada da Santa. No Catastro actual.
Camiño da Coutada Santa
Coutada de Testas, a: lindando cos Lagos.
Coutadas de Abaixo, as: enriba do Lugar da Lagoa e sobre a Coutada da Cachena.
Coutadas Dafora, as: Baixo as Peniñas. No Catastro de 1756 “El Souto Deafuera”.
Coutadas da Cachena, as:
Coutadas do Galleiro, as: estremando con Cartas.
Coutadas Novas, as: Na Pena.
Coutadas da Pedra, as: No Catastro de Ensenada (1752) como “As Coutadas da Pena”. Localízase debaixo da Coutada da Carreira, as dúas atopadas no lugar da Pena.
Coutadas de Pichón, as: Lindan con Cadeláns. Pode referirse a un alcume.
Coutadas do Muíño do Medio: Entre o Camiño do Carrascal e o Camiño Cadeláns. No Catastro de Ensenada (1752), como “Coutadas do Medio”.
Coutadiñas, as: Aparece no Catastro de Ensenada (1752) como “A Coutadiña”.
Coviña, a (Fixón): No Catastro de Ensenada (1752), como “A Coviña”. No Catastro actual, Cobina.
Crego(Negros). No Catastro actual. No Rueiro (2006) Cño. do Crego.
Lavadoiro do Cristo
Cruce da Mesa: Topónimo moderno pola colocación dunha mesa onde a xente bota a partida.
A Poza do Cuchapel
Cuchiños, os: No Catastro de Ensenada (1752), Os Cochiño.
Cuchiños de Abaixo, os:
Cuchiños de Arriba, os:
A Curva da Patoucha
Devesa de Berto, a:
Devesa do Lago, a:
Devesa de Miróns, a: No Catastro de Ensenada como “A Devesa de Mirons”.
Devesa do Rei ou A Coutada do Rei: Faría referencia á Devesa Real desta parroquia. No Catastro actual, A Coutada do Rei.
Eido do Rei. No Catastro actual.
Camiño do Eido do Rei
Mina do Eido Rei:
Pinal do Rei, o
O Eido de Arriba:
Eido Caguiña:
Eido da Chica
Eido de Clara
Eido Coteña
Eido de Juana
Eido de Juaniña:
Eido de Marta
Eido Peregrina: Tamén coñecido como Pelegrina.
Eido do Sapo
Eido do Tene
Lugar do Eido Vello:
Eira Pedriña (Pregal (Negros)/Cedeira). No Arquivo da Universidade de Santiago, Heira Pedriña (1581). No Catastro actual, Eira Pedriña. No Rueiro (2006) Cño. de Eira Pedriña.
Camiño de Eira Pedriña
Río Faríns
A Figueira ou As Figueiras (Pregal de Arriba): Na fala oral, con gheada No Catastro actual, Figueira.
Camiño Figueira
Da Figueiriña ou A da Figueiriña (Pregal de Arriba)
Río Fixón
Fonte do Río Fixón (Fixón)
Lavadoiro de Fixón
Poza de Fixón
Graceira. No Catastro actual.
Granxa, a (A Igrexa):
Poza da Grela: Diminutivo de agra, gran extensión de terra de cultivo dividida en leiras ou agros pertencentes a distintos donos.
Río de Güelas
Camiño de Güelas
Herbal, o:
Herbal da dichoa, o: Tamén pronunciado bichoa.
Camiño A Dichoa
A Hortiña (A Igrexa): No Catastro de Ensenada (1752). Hai dous neste barrio, un fronte o Quingueiro e o outro preto do Cocho.
A Hortiña (Pregal): En Pregal de Abaixo. No Catastro de Ensenada (1752).
A Lagoa (Igrexa). No Catastro de Ensenada citada como “A Lagoa” e “As Lagoas”. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como monte, Lagoa.
A Lagoa de Pedro Morto
Lagoa de Mouca
a Lagoa da Quinta
A Lagoa Grande.
Os Lagos: Segundo o dicionario da Real Academia Galega é unha masa considerable de auga, de maior ou menor profundidade, rodeada de terra e non comunicada directamente co mar.
Ponte da Lama
Ríos de Lamas: Citado nun documento de 1586.
Moreno ou Lamas: Labradío en 1877.
Lamas de Arriba: Labradío en 1877.
Lameira, a: No Catastro de Ensenada (1752) como A Lameira.
Camiño da Lameira: No Rueiro (2006), Cño. da Lameira.
Lameira de Abaixo, a:
Lameira de Arriba, a:
Fonte Landín (Negros): Citada no Catastro de Ensenada (1752) como Landín. No Catastro actual, Fonte Landín. No Rueiro (2006) Cño. de Landín.
Camiño Landín
Laranxo, o (Fixón): No Catastro de Ensenada (1752) como “Naranjo”.
Laxe, a (Pregal): En Pregal de Arriba. No Catastro de Ensenada (1752) como “As Laxes”. No Catastro actual.
Marco da Legua: Tamén con gheada e apertura da vogal tónica Leghoa. Refírese a un manancial que estrema entre
Cedeira e Negros.
Leira Longha, a (Igrexa): No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como Leira Longa.
Leiriña, a: No Catastro de Ensenada (1752). Nunha nova de 1930, “finca chamada Leiriña”.
Leiriña Norte, a:
Leiriña Sur, a:
Leiriñas, as (Pregal): No Catastro de Ensenada (1752), As Leiriñas. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Leiriños. No Catastro actual, Leiriña.
Levada, a: Conducía a auga do Maceiras cara ao muíño de Cedeira. Tamén con pronuncia labializada lovada. Recollido no Catastro de Ensenada (1752).
Levada, a: No Río A Sapal. Tamén con pronuncia labializada lovada. Recollido no Catastro de Ensenada (1752).
A presa de Liufrepo: Segundo Cora Represas: “Debemos tamén considerar a posibilidade de que Liufrepo sexa unha alteración de Liufre, que parece o xenitivo dun nome persoal medieval Leovulfus, de orixe xermánica. Pero para isto precisamos atopar testemuños escritos que así o acrediten”.
O Longo do Río: Citado no Catastro de Ensenada (1752) como O Longo do Río.
Río Maceiras (Redondela, Cedeira, Quintela, Negros ,Saxamonde e Vilar): Chamado así pola abundancia de maceiras nas súas marxes. Nun documento de 1697 aparece Río da Maseira e en 1749 río da Maceira. No Catastro de Ensenada (1752), río da Mazeyra. No Diccionario Madoz (1850) aparece Maceira como regato, pero tamén como barrio de Cedeira. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como prado, Maceiras de Ygnacio. No visor da Xunta de Galicia, Río das Maceiras.
Mancoeiro: En Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Esteban de Negros (Redondela Nova, Tuy), efectuado por decreto de diciembre de 1760 para el establecimiento de la Única Contribución (1761) aparece “sitio de Mangoeyro. Hai 2 muíños”. No Catastro de Ensenada (1752) aparece Patelo do Mangueiro; e como límite de Negros con Cabeiro Riego de agua do Mangueiro ou Río de Mangueiro. Nun censo de montes de 1845 aparece Monte Torreiro ou Mangoeiro.
Río do Mangoeiro: Na fala oral tamén mancoeiro.
Muíño do Mancoeiro.
Rego da Matoxa. No tramo de Cabeiro coñecido como Rego de Cabeiro.
A Poza dos Meixoeiros
Millarada. No Catastro actual.
A Minada (ou A Minada do Maestro): No Rueiro (2006), Cño. da Minada. Ata 2005 Cño. Nº68.
Camiño da Minada
Minadas, as:
Os Miróns (Igrexa). No Memorial cobrador de rendas do Convento de Vilavella (1699-1779), Casal dos mirons en 1576 e noutro apartado, Heredad dos mirons y detras do eido. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como monte, Miróns (Igrexa) e como toxal, Miróns (Pregal). No Rueiro (2006) Camiño do Sendeiro de Miróns.
Sendeiro de Miróns: Vai ao lugar de Miróns.
Mo, a: No Catastro de Ensenada (1752) como “A Mo”. En toponimia soe relacionarse coa moa do muíño. En portugués mó é o tornarratos do canastro.
Mo de Arriba, a:
Ponte da Mo
A Poza da Mo
Monte Veciñal, o:
Poza de Mourán, a: No Catastro de Ensenada (1752) como unha terra de regadío.
Camiño Costa Mouriño, o: No Rueiro (2006), Camiño Costa Mouriño.
Fonte de Mouriño (Pregal)
Fonte do Muíño (Fixón)
Muralla. No Catastro actual. No lugar pode verse un longo muro de peche que discorre paralelo a un regato.
Fonte e lavadoiro de Neta (Igrexa): Na fonte aparece “Escola Taller 1994” e no lavadoiro “Concello de Redondela A.A. V.V. S. Esteban”.
Ponte no Rego da Neta
Nogueira, a (Negros): Na fala oral con gheada. Fai referencia á árbore.
Outeiro, o (Fixón): No Catastro de Ensenada (1752) como “O Outeiro”.
Outeiro, o (Pregal): No Camiño da Lameira, en Pregal de Arriba.
Outeiro, o (Pregal): Enriba do túnel , en Pregal de Arriba. No Catastro de Ensenada (1752) como “O Outeiro”.
Río do Outeiro
Pateliñas, as (A Igrexa): No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Pateliña.
Patelo (Fixón/Igrexa): Lindando co Laranxo. No Memorial cobrador de rendas do Convento de Vilavella (1699-1779), Heredad do patelo. No Catastro de Ensenada (1752) como “O Patelo”. No Arquivo da Deputación de Pontevedra en 1785, devesa do Patelo. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Lugar do Patelo e como toxal, Patelo. No Catastro actual, Patelo. No Rueiro (2006) Cño. do Patelo.
Camiño do Patelo
Patelo de Abaixo, o (Fixón):
Patelo do Medio, o (Fixón):
Patelo de Arriba, o (Fixón):
A poza do Pato
A Patoucha.
A Pedra de Armando
A Pedra do Pico
A Pedra dos Mouros
Pedra do Couto, a: No monte comunal dividindo Santo Estevo de San Vicente de Trasmañó.
O Cocho das Pedras:
As Pozas das Pedras Grandes
Pedreira, a: Lugar abundante en pedra.
Monte da Pedreira, o:
Penide
Monte Penide, o:
Cruz de Penide: Citado como linde no Catastro de Ensenada (1752).
Pereira. No Memorial cobrador de rendas do Convento de Vilavella (1699-1779), Coutadas da Rebolta y da pereira. No Catastro actual.
Rego da Pereira (Negros/Saxamonde/Cabeiro). No Catastro actual, Rego da Pereira.
Pereira de Bajín, a: Na fala oral tamén sincopado: A Preira de Bajín.
Pedreira de Bajín. No Catastro actual.
Pereiras, as (Pregal): No Catastro de Ensenada (1752) como “As Pereiras”. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Preiras.
Pereiriñas, as: No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Pereiriña (Pregal). No Catastro de Ensenada (1752) en singular “A Pereiriña”.
Pereiriña da Esquina, a
Pereiriña do Medio
Pereiriña da Punta, a
Pereiro. No Catastro actual.
Camiño do Pereiro
Pica Morena (Pregal). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como xunqueiral, Pica Morena (Pregal).
A Poza da Pica Morena
Fonte do Picasiño
Heredad de Picasiño: Citado no Memorial cobrador de rendas do Convento de Vilavella (1699-1779).
Camiño do Picasiño
Pinal, o: Terreo plantado de piñeiros. No Catastro de Ensenada (1752) como “O Pinal”.
Pinal do Barroco, o
Pinal da Ferriña, o
Pinal do Turro, o
Pinar do Monte. No Catastro actual.
O Piñeiro. No Catastro de Ensenada (1752), O Piñeiro. No Catastro actual, Piñeiro. No Rueiro (2006) Cño. do Piñeiro, ata 2005 Cño. nº52.
Fonte lavadoiro do Piñeiro (Pregal)
A Ponte
O Pumar, o (A Igrexa). De pomar, terreo con maceiras. No Catastro de Ensenada (1752), “O Pumar”.
Quinta, a: Terra aforada ou arrendada pola quinta parte do que produce.
Poza da Quinta: Terra aforada ou arrendada pola que se debía pagar un quinto do que producía.
Quinteiros, os (Negros): Derivado de quinta, casa de campo con terreo ao seu redor. Pode ter o signifcado de “espazo público entre edifcacións”. Non pode descartarse que estea relacionado co apelido Quinteiro. No Catastro actual, Quinteiros.
Camiño dos Quinteiros: No Rueiro (2006) Cño. dos Quinteiros.
Fonte dos Quinteiros
Quiñón, o (Negros): Documentado dende 1753 como “Quiñon”.
Lugar de Rafaela. No Catastro actual.
Rebuñal (Pregal(Negros)/Saxamonde). No Catastro actual. Nun documento de 1609, Campo de Rabuñade. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como terreos de labranza, Rabuñade de Nicomedes, Rbuñade del Norte e Deveziña O Rabuñade.
Redonda, a: Xa documentado dende 1756.
Redondas, as:
O Regueiro (Pregal). No Rueiro (2006) Cño. do Regueiro.
Reigal. No Catastro actual.
Rego do Ferreiro, o: No Catastro de Ensenada (1752) o “Rego do Ferreiro”.
Regueiras, as: (Pregal de Arriba): No Catastro de Ensenada (1752)
Regueiras, as: (Pregal de Arriba): No Catastro de Ensenada (1752). Son dous topónimos no mesmo barrio. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como xunqueiral ou toxal, Regueiras (Pregal) e como toxal, Regueiras de Afuera (Pregal).
Regueiro, o: No Catastro de Ensenada (1752), O Regueiro.
Revolta, a: No Catastro de Ensenada (1752) como “A Revolta”.
Fonte e Lavadoiro da Revolta
Rial: Na fala oral tamén pronunciado real. No Catastro actual.
Ponte de Rial
Fonte do Río (Igrexa)
Rivas. No Catastro actual. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Rivas.
Fonte da Rivas
Ponte de San Domingos
Santo Estevo (Pregal). No Catastro actual, San Esteban Piñeiral. No Rueiro (2006) Cño. de San Estevo.
A Sapal. No Catastro de Ensenada (1752), Río de Azapal. No Catastro actual, A Sapal. No Rueiro (2006) Cño. do Sapal.
Camiño de A Sapal
Ponte de A Sapal
Río de A Sapal
Fonte do Sapo
Seixo, O (Igrexa). Terras onde abunda o mineral de igual nome. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Lugar do Seijo e Seijo o do Cagiña. No Catastro actual, Lugar de Seijo. No Rueiro (2006) Cño. de Seixo.
Camiño do Seixo
Seixo de Arriba, o
Seixo de Abaixo,o
O Tombo do Seixo (Igrexa). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como monte, Tombo do Seijo.
Fonte do Seixo
Río da Señora: Citado como linde no Catastro de Ensenada (1752).
Río do Señorito
Serriñas, as: De serra, sucesión de montañas. O diminutivo faría referencia ao seu tamaño.
Sobalos. No Catastro actual.
Socalco do Pino (Pregal de Abaixo): Un socalco é un terreo cultivado nunha pendente empregando un muro para nivelalo.
Sorrego: Terreo situado por baixo dun rego. No Catastro de Ensenada (1756) xa aparece recollido como O Sorrego.
Fonte do Souto: un souto é un terreo no que hai castiñeiros.
Pozas do Souto
Cabo do Souto: Cabo fai referencia ao límite da propiedade.
Tanque, o: Depósito de auga.
Fonte de Teodora
Mina de Teodora
A Poza de Teodora
A Veiga de Teodora
A Torre (A Igrexa): No Memorial cobrador de rendas do Convento de Vilavella (1699-1779), Heredad y lugar da torre que fue de melchior Cavaleiro. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparecen como toxais, Torre de Abajo e Torre do Crego. No Catastro actual, La Torre. No Rueiro (2006) Cño. Costa da Torre.
Camiño da Costa da Torre, o:
Lugar do Señorito da Torre:
Torre do Crego, a (A Igrexa):
Torre Longa, a (A Igrexa): No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como toxal, Torre Longa.
Fonte da Torre
Poza da Torre, a
As Torres (Pregal de Arriba): No Catastro de Ensenada (1752) como “As Torres”.
Torreiro (Igrexa). No Catastro actual.
Camiño do Torreiro
Fonte do Torreiro
Toucedos (Pregal). No Catastro actual. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Toucedos.
Toucedo de Arriba (Pregal). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como terreo de frutais, Toucedo de Arriba (Pregal)
Toxal, o: O sufixo –al ten significado de abundancia, neste caso de toxos. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como monte, Tojar da Bouça (Fixón)
A Traída: Condución de auga. Linde entre os barrios de A Igrexa e Negros.
Trigueira (Fixón). No Catastro actual. No Rueiro (2006) Cño. da Trigueira.
Camiño da Trigueira
Túnel do Tren, o: Creados a partir das obras do ferrocarril iniciadas no século XX.
Fonte da Veiga (Negros/Cabeiro) : Na fala oral tamén con gheada. No Memorial cobrador de rendas do Convento de Vilavella, Heredad da Veiga da Fonte (1611). Citado no Catastro de Ensenada (1752) como A Fonte da Veiga. No Catastro actual.
A Veiga de Abaixo (Fixón). Tamén no Catastro de 1756 como “A Veiga davajo”. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como toxal, Veiga de abajo.
A Fonte da Veiga de Abaixo
A Veiga de Arriba. Recollida no Catastro de Ensenada como “La veiga dearriba”.
A Fonte da Veiga de Arriba
A Veiga do Cocho
Veiga do Eido (Igrexa): No Rueiro (2006), Camiño Veiga do Eido. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Veiga do Eido.
A Veigadeira: Formada pola síncope de Veiga da Eira.
A Veiga da Mina
A Veiga da Mariñeira
A Veiga do Río.
Río da Veiguiña
A Ponte da Veiguiña: No Catastro de Ensenada (1752) como Ponte da Veiga.
Poza do Vello
Camiño Vello
Viña do Adro (A Igrexa). No Fondo Casto Sampedro (1681) aparece, viña do Adrio. No Catastro actual castelanizado como Viña do Atrio.
Viña de Alén (Negros/Cabeiro). No Catastro actual.
Viña Nova
Viña da Laxe.
Viñal, o: –al é un sufixo derivativo colectivo. No Catastro de Ensenada (1752) como “O Viñal”. No Rueiro (2006) Camiño do Viñal. Ata 2005, Cño. nº53.
Camiño do Viñal
Ponte do Vixario
Xestal, o (Pregal de Arriba): Lugar onde abundan as xestas, tipo de arbusto.
Fonte da Xirela
Camiño da Xirela
Río de Xoán
Rueiro (2006). Outros
Cño. da Caiosa: No Rueiro (2006).
Camiño da Gaiosa
Cño. de Magariños: No Rueiro (2006). Apelido.
Camiño de Magariños
Cño. da Milixosa: No Rueiro (2006). (Negros/Cabeiro). Apelido.
Cño. dos Muíños (Fixón): No Rueiro (2006).
Camiño dos Muíños
Cño. das Regueiras (Pregal): No Rueiro (2006).
Camiño das Regueiras
Camiños
En Santo Estevo de Negros dispóñense os seguintes camiños:
Camiño das Barreiras, Camiño do Carballo, Camiño do Carrascal, Camiño do Crego, Camiño do Quirillos.
Toponimia histórica. Sen localizar.
De Agustina. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como terreo de labranza, De Agustina.
Lugar de Albarin: No Memorial cobrador de rendas do Convento de Vilavella (1596)
Bienes que traia Alonso de Prado: No Memorial cobrador de rendas do Convento de Vilavella (1699-1779).
marco junto a la casa de Amaro de Amoedo: Citado como linde no Catastro de Ensenada (1752).
Barcelo. No Fondo Casto Sampedro aparece leira de viña chamada do Barcelo, en 1705.
Cacharela (Igrexa). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Cacharela e como toxal Cacharela (Pregal), tamén como devesa sen especificar o barrio.
Casa Vella (Igrexa). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Casa Vella ou Casavella.
Canto da Veiga del Arcediano: Citado nun documento de 1586.
Chorrelo (Pregal). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como regadío, Chorrelo.
Cocho da Cancela: Nun documento de 1567.
Cocho da Eira: No Memorial cobrador de rentas para 1721, Cocho daeira.
Coutada dos Velos: No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como monte, Coutada dos Velos.
Da Crenca: No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como terreo de labranza e viña, Da Crenca.
Curtiño (Pregal). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Curtiño.
Devesa da Banca (Fixón). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como toxal, Devesa da Banca.
Devesiña de Arriba (Pregal). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Deveziña de Arriba.
Dichón (Fixón). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como toxal, Dichon.
Fonte Lagar. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Fonte Lagar.
Frades: Aparece no Fondo Casto Sampedro nun documento de 1667: “lugar dos Frades". No Catastro de Ensenada (1752) é citado como linde, Frades.
Frean: Nun documento de 1586 Padrón de Frean, e no Catastro de Ensenada (1752) marco de Frean.
Gaiosa: No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como toxal, Gayosa (Piñeiro).
Lugar. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Lugar.
Lugar de Guiomar Prego: No Memorial cobrador de rendas do Convento de Vilavella (1699-1779). En 1928 aparece unha nova de redención do foro Guiomar Prego.
Lugar que fue de Lorenco Darriba: No Memorial cobrador de rendas do Convento de Vilavella (1699-1779).
Campo dos Pardiñeiros: Nun documento de 1620.
Lugar do Pardiñeiro casa y recios que fueron de Maria Sanches: No Memorial cobrador de rendas do Convento de Vilavella (1699-1779).
Heredades de Pasan: No Memorial cobrador de rendas do Convento de Vilavella (1699-1779).
Pazos del Río dos ¿Perino?: Citado como linde no Catastro de Ensenada (1752).
Pedra do Couto: Citado como linde no Catastro de Ensenada (1752).
A de Pedro (Igrexa). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como terreo de labranza, De Pedro ou A de Pedro.
Campo dos Perons: No Memorial cobrador de rendas do Convento de Vilavella (1699-1779).
Porto sr. Domingo: Citado como linde no Catastro de Ensenada (1752).
Pozo (Igrexa). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Pozo.
Puerto Asperón, Padrón da Rañada: Citado nun documento de 1586.
marco da Rañada: Citado nun documento de 1586.
Puerto do Esperón: Nun documento de 1620.
Devesa do Esperón: Nun documento de 1620.
Campo da Quebrada (Pregal): Leira posta á venda en 1910, Campo da Quebrada. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Quebrada
Quebrada de Arriba: Labradío no barrio Pregal en 1952.
A dos Quiños. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como terreo de labranza, A dos Quiños.
Campo de riba da Eiriña: No Memorial cobrador de rendas do Convento de Vilavella (1699-1779).
Rabelo (Pregal). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Rabelo (Pregal).
Veiga Grande (Pregal). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Veiga Grande.
Heredad de Vilaverde: No Memorial cobrador de rendas do Convento de Vilavella (1699-1779).
Heredad y viña do Soutiño: No Memorial cobrador de rendas do Convento de Vilavella (1699-1779).
Xepe Berbardo (Igrexa). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Xepe Bernardo.
Para saber máis.
Concello-SNL. Buscador: https://toponimia.redondela.gal/index.php
Concello-SNL. Libros: https://toponimia.redondela.gal/libros.php
Deputación de Pontevedra. Galicia Nomeada: https://galicianomeada.xunta.gal/sixtop/inicio
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Toponimia de Negros. Cora Represas. SNL, Concello de Redondela.
Guía didáctica para escolares: Nº5. Aproximación á toponimia do Concello de Redondela. Álvaro Iriarte Sanromán
Os Nomes da Ría de Vigo II. Gerardo Sacau Rodríguez. Instituto de Estudios Vigueses (Fundación Provigo).2000.
Catastro de Ensenada: Negros
Memorial cobrador de rentas do Convento de Vilavella (1699-1779)
Toponimia recollida no Catastro de Ensenada (1752)
Fondo CastoSampedro-MuseoPontevedra
Deputación de Pontevedra. Redención de censo ás monxas de Redondela (1812).
USC>Clero>Mitra1758> Mayordomía de Redondela
Sede electrónica do Catastro. https://www.sedecatastro.gob.es
Venta dun terreo, familia Alonso Acosta.
Faro de Vigo
La Idea
Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Pueblo Gallego
No hay comentarios:
Publicar un comentario