O Servicio de Normalización Lingüística de Redondela (SNL) ven de publicar tres novas entregas da colección Parroquias de Redondela: Reboreda, por Carlos Rodríguez; Cabeiro, por Amante Romero Álvarez e Negros, por Xosé Couñago Ribeira. Para este último o autor creou unha serie de andainas para percorrer a parroquia de San Estebo de Negros descubrindo o seu entorno e patrimonio (petróglifos, mámoas, muíños...). No libriño podedes atopar información detallada e códigos QR para poder realizar a andaina de forma sinxela coa axuda do teléfono móbil. Se non vos dades ben con esta tecnoloxía pero vos defendedes co ordenador aquí vos deixo o enlace web:
Rutas
na Parroquia de Negros
https://goo.gl/maps/LNzYWTuBsL1YuhPF7
Podedes premer nunha ruta e nela atoparedes os puntos de interese con fotos e toda a información que precisedes.
Os libros poden recollerse gratuitamente no Multiusos da Xunqueira, no Multiusos do Piñeiral do Crego e nas presentacións das publicacións nas parroquias correspondentes.
Autor: Juan Migueles
No hay comentarios:
Publicar un comentario