![]() |
| Torre de vixilancia. Publicada en "As illas de San Simón e San Antonio". |
Fierro García, Valentín (Vilagarcía-Pontevedra)
Industrial, casado, 47 anos.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Figueira Nieto, Gumersindo Alejandro (Ponteareas-Pontevedra)
Pintor, 37 anos, solteiro. Fillo de José e Generosa.
Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 19/05/1937 a cadea perpetua, 30 anos. A pena sería conmutada o 21/07/1939 pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300426, Expediente 27418).
Preso, cando menos, no Depósito Municipal de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/07/1936), Prisión Central de Figueirido (02/05/1939), onde se lle concede a Liberdade condicional o 18 /09/1941 (BOE nº 287 de 14/10/1941, páxina 7967), pero que sería anulada o 08/11/1941.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1957.
NOTA: Na ficha de San Simón aparece como Gumersindo Figueiras Nieto.
Figueirido García, Luis (Comesaña, Vigo-Pontevedra)
Albanel, 22 anos, solteiro. Fillo de Luis e Felicidad.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 30/05/1937 a cadea perpetua, 30 anos.
Preso, cando menos, na Prisión de Vigo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/09/1937), Prisión Central de Burgos (06/03/1939), Prisión Central de Figueirido (15/04/1940). Liberdade condicional o 25/10/1940. Liberdade definitiva o 27/08/1941.
Figueras Ibars, Antonio (Alfarrás-Lleida)
Labrego, 67 anos, casado. Fillo de Pablo e Ramona.
Xulgado por Adhesión á Rebelión (Sumario nº73 de 1938). Condenado o 07/05/1938 a cadea perpetua, 30 anos. Posteriormente conmutada pola Comisión de Lérida a 12 anos de prisión maior (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300748, Expediente 75083).
Preso, cando menos, Na Prisión Central de Burgos e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/03/1939), concédeselle a liberdade condicional por Orde do 02/08/1941 (BOE número 227 de 15/8/1941, páxina 6267).
O 30/07/1948 reingresa na Prisión de Lérida, sendo liberado o 22/05/1945. En 1949, contando xa 75 anos, volve a ser xulgado en Consello de Guerra (Causa 000177/IV48), sendo condenado a 6 meses e 1 día de prisión menor. Ingresa o 18/12/1949, para quedar en liberdade definitivamente o 02/10/1950.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1940.
Figueras Palomares, José (Gurp, Tremp-Lleida)
Labrego, 64 anos. Fillo de Antonio e Ana.
Xulgado por Adhesión á Rebelión (Causa 000448/1938). Condenado o 30/06/1938 a cadea perpetua, 30 anos.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Figueirido e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/05/1940), onde falece o o 06 de maio de 1942 por causas naturais.
NOTA: Na ficha de San Simón citado como José Figueras Palomeres.
Figuerola Arrufat, Ramón (La Ginebrosa-Teruel)
Xornaleiro, viúvo, 62 anos. Fillo de Fermín e Rosalía.
Veciño de Mas de las Matas (Teruel).
Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 23/07/1938 a cadea perpetua, 30 anos.
Preso, cando menos, na Prisión de Alcañiz-Teruel e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/03/1937), Prisión de Alcañiz (29/01/1943), onde falece o 06/05/1943.
Figuerola Giner, Salvador (Cambrils-Tarragona)
Comerciante, viúvo, 61 anos. Fillo de José e María.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 15/04/1940 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Lérida, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (03/11/1940), na Prisión Central de Santa Isabel-Santiago (05/02/1943) e na Prisión de Reus (13/03/1943), onde por orde do 21/12/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº73 de 13/03/1944 , páxina 2132).
Figuerola Sans, Casimiro (Alcover-Tarragona)
Labrego, casado, 64 anos.
Xulgado en Consello de guerra (Causa 001171/1939). Condenado a 20 anos de reclusión temporal. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Tarragona (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300882, Expediente 93181).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde falece o 14/03/1941 por causas naturais.
Filgueira y Álvarez de Toledo, Patricio (Valladolid-Valladolid)
Avogado, 40 anos. Fillo de José e Leonor. Veciño de Andújar (Jaén).
Secretario do Concello de Arjona, Yecla e novamente Arjona ao inicio da guerra. Afiliado ao Sindicato de funcionarios (UGT).
Xulgado en Arjona (Jaén) por Adhesión á Rebelión (Causa 14653). Acusado de participar en asasinatos e exercer como instrutor das testemuñas nos tribunais republicanos. Condenado o14/03/1940 a pena de morte, substituída por cadea perpetua, 30 anos. Pena posteriormente conmutada por 20 anos de r. m.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Figueirido e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (28/04/1941), Prisión de Palencia (31/01/1943). Liberdade condicional o 23/07/1943.
Filgueira Araújo, Domingo (A Caniza-Pontevedra)
Carpinteiro, 43 anos.
Concelleiro de A Caniza.
Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de absolución.
Preso preventivo na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Firmés Veiga, Ramón (Teis,Vigo-Pontevedra)
Ferroviario, 29 anos, solteiro. Fillo de Manuel e Rosa.
Xulgado en Vigo por rebelión militar (causa contra varios veciños de Teis por auxilio á rebelión). Condenado o 21/10/1936 a cadea perpetua, 30 anos.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Fuerte de San Cristóbal-Pamplona (08/02/1937), onde por orde do 01/01/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 7 de 07/01/1942, fecha de la orden: 01/01/1942, páxina 125, columna 3), facéndose efectiva o 15/12/1941.
Despois de quedar en liberdade casaría con Elvira González.
Flores Espinosa, Antonio (¿?-Málaga)
Non temos datos nin do consello de guerra nin da sentencia, pero a pena sería posteriormente conmutada pola Comisión de Málaga (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300551, Expediente 46095).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde por Orde do 27/09/1940, concédeselle a Liberdade Condicional (BOE numero 275 del 01/10/1940, páxina 6810).
Flores Valencia, Eusebio (Santander-Cantabria)
Ferroviario (auxiliar administrativo), solteiro, 60 anos.
Afiliado ao Sindicato Obrero N. F. del Norte.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 24/03/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada por 6 anos e 1 día, pola Comisión de Santander (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300350, Expediente 17264).
Preso, cando menos, na Prisión de Santander, Tabacalera de Santander (18/12/1937) e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/03/1939), onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 113 de 23/4/1941, páxina 2819.
Flores Vizcaíno, Celedonio (Santiago de la Espada, Santiago-Pontones-Jaén)
NOTA: citado tamén como Flórez Vizcaíno, Celedonio.
Xornaleiro, 60 anos, casado con Piedad Chacón. Fillo de Domingo e Juana.
Veciño de Sorihuela de Guadalimar (Jaén).
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 18/05/1940 a 20 anos de reclusión temporal.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Valdenoceda, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/04/1941), Prisión do Partido de Úbeda-Jaén (31/01/1943) e Prisión de Jaén (22/02/1943).
Flórez Barroso, Antonio (Madrid)
Labrego.
Non coñecemos o consello de guerra nin a sentenza, pero posteriormente concédeselle a conmutación da pena pola: (Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixaa 300218, Expediente 1444)
Preso, cando menos, na Prisión Central de Celanova, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde por orde do 17/10/1940, concédeselle a Liberdade Condicional (BOE número 296 del 22/10/1940).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1957.
Flórez Collado, Rafael (Villar, Candamo-Asturias)
Labrego, viúvo, 56 anos. Fillo de Fernando e María.
Xulgado en Asturias por Rebelión Militar. Condenado o 09/02/1938 a 15 anos.
Preso, cando menos, na Prisión de Oviedo, Prisión Central de Celanova (06/05/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (12/03/1941).
Flórez García, Antonio (Puente Castro, León-León)
Albanel, 34 anos, casado con María Gómez. Fillo de Ángela Flórez García.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 30/03/1937 a 20 anos.
Preso, cando menos, no Fuerte de San Cristóbal-Pamplona, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (18/09/1938), na Prisión de Santiago de Compostela (26/01/1939) e na Prisión Central de Astorga (23/03/1939).
Flórez González, Manuel (Bascones, Grado-Asturias)
Carpinteiro, 68 anos. Fillo de Sandalio e Salustiana.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 02/02/1938 a cadea perpetua, 30 anos.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Celanova, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/03/1939) e Prisión de Oviedo (18/11/1942). Liberdade condicional o 01/10/1943.
Florido García, Francisco (Belalcázar-Málaga)
Casado, 60 anos.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde falece o 28/02/1940 por causas naturais.
Folque Llop, Francisco (Pobla de Malasuca-Tarragona)
Labrego, 55 anos, casado con María Bielsa. Fillo de Juan e Gertrudis.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 07/06/1938 a 6 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938), Prisión Provincial de Santiago (11/03/1939) e Prisión Central de Santa Isabel-Santiago (11/05/1940), de onde sae en Liberdade condicional o 26/02/1941 (BOE nº 58 de 27/2/1941, páxina 1399).
Xulgado novamente en consello de guerra en 1941 (Causa 025970/1941), co resultado de sobresemento.
Fombona Argüelles, Alfonso (Madrid)
Labrego, viúvo, 60 anos.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e na Prisión Central de Gijón, onde por orde do 12/12/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, sen a liberación do desterro (BOE número 5 de 05/01/1943, páxina 152).
Fombuena Civera, Pascual (Villalba Baja, Teruel-Teruel)
Labrego, 66 años. Fillo de Andrés e Petra.
Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 14/06/1938 a cadea perpetua, 30 anos.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Burgos, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/03/1939) e Prisión Provincial de Teruel, onde por orde do 11/11/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro, facéndose efectiva o 30/09/1943. (BOE nº 349 de 15/12/1943, páxina 11941).
Fondevila Millanes, Martín (Lleida-Lleida, 1876)
Albanel, 65 anos. Fillo de José e Francisca.
Bombeiro. Participa na expedición de bombeiros cataláns a Madrid entre xullo e setembro de 1937.
Xulgado por Adhesión á Rebelión (Causa 000033/1938). Condenado o 30/04/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior e inhabilitación completa.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Huesca (16/04/1938-29/06/1938), Prisión Central de Burgos e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simon (13/03/1939), concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 02/09/1941 (BOE número267 de 24/9/1941, páxina 7369).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1940. (BOE Anexo único, nº127 do 06/05/1940, páx. 2270).
O10/08/1943 é conmutada a pena a 6 anos e 1 día de prisión maior. O 26/07/1945 decrétase o sobresemento provisional do seu expediente.
Faleceu en Barcelona o 10/12/1956 aos 80 anos.
Fondevila Molina, Pascual (Mainar-Zaragoza)
Peón, 73 anos, casado con Petra Yagüe. Fillo de Alejo e Úrsula.
Veciño de Monzón (Huesca).
Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 21/08/1938 a morte, pena rebaixada a cadea perpetua, 30 anos.
Preso, cando menos, no Cárcere de Monzón, Prisión de Huesca (17/08/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/04/1939), Prisión de Zaragoza (26/09/1942)
En 1943 en Liberdade vixiada en Monzón (Huesca), concello no que continuaba ao ano seguinte, cando se lle abre un expediente de Responsabilidade Políticas.
Fonseca Nuño, Vicente (Tiñana-Asturias)
Labrego, 68 anos. Fillo de José e Francisca.
Veciño de Bobes, Siero (Asturias).
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 07/02/1938 a cadea perpetua, 30 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300886, Expediente 93704).A
Preso, cando menos, na Prisión Central de Celanova, Prisión Central de Figueirido e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/05/1941), concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 22/07/1942 (BOE nº 209 de 28/07/1942, páxina 5541).
![]() |
| Font Castany, B.-Minist. de Defensa 1900 |
Médico, 73 anos. Fillo de Lorenzo e Rosa.
Exerceu como médico militar na guerra de Filipinas.
Veciño de Cornuella de Montsant (Tarragona).
Xulgado por Adhesión á Rebelión (Causa 001849/1939). Condenado o 07/06/1939 a cadea perpetua, 30 anos.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Cuéllar e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/10/1940), onde por Orde do 23/01/1942, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 37 de 06/02/1942, páxina 926).
NOTA: Na súa ficha de preso aparece: Prisión atenuada 10/10/1941.
Faleceu en La Pera (Baix Empordá-Barcelona) en 1946.
Fontán Herbón, Manuel
NOTA: citado tamén como Herbón Fontán, Manuel.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
O día 9 de novembro de 1936, xunto con Manuel Lustres Rivas, Abdón Simón Da Ponte, Silo Marmolejo Santos, Vicente Bautista Faria, Manuel Nores Portela, Víctor Fraiz Castellanos e Florentino Vázquez Doval, serían “paseados” en Trasmañó (Redondela).
Fontanet Costa, Francisco (Bot, Gandesa-Tarragona)
Xornaleiro, 50 anos, casado con Águeda Serena. Fillo de José e María.
Xulgado en Gandesa por Auxilio á Rebelión. Condenado o 04/06/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada por 2 anos e 4 meses.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938). Prisión atenuada o 08/11/1940.
Fontao Varela, Juan (Sillador, Silleda-Pontevedra)
Labrego, 39 anos. Fillo de Manuel e María.
Concelleiro de Silleda.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 15/04/1937 a cadea perpetua, 30 anos. Pena conmutada o 25/02/1941.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Fuerte de San Cristóbal-Pamplona (11/10/1937). Liberdade condicional o 20/03/1941 e definitiva o 29/02/1944.
Fontao Varela, Manuel (Caldas de Reis-Pontevedra)
Zapateiro, viúvo, 56 anos.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Forcadell Romeu, Andrés (Ulldecona-Tarragona)
Labrego, casado, 63 anos.
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simon, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro, por Orde do 24/06/1940, BOE nº 181 de 30/6/1941, páxina 4805.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Formoso, ¿?
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Formoso Figueroa, José María (Tallara, Lousame-A Coruña)
Serrador, casado, 26 anos.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Fornás Miravet, Pedro (Tales-Castellón)
Xulgado en Castellón en 1938 polo Tribunal Militar Territorial 1 |(Sumario 897, Caixa 14083, Orde 7). Non coñecemos o motivo nin a sentenza, pero esta sería posteriormente conmutada pola Comisión de Castellón (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300259, Expediente 5393).
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón onde, por Orde do 12/08/1940, concédeselle a liberdade condicional coa liberación definitiva do desterro (BOE número 233 do 20/08/1940, páxina 5770).
Fortes Paz, Serafín (Pedre, A Estrada-Pontevedra)
Mestre nacional, 21 anos, solteiro. Fillo de Francisco e Florinda.
Xulgado por Excitación á Rebelión. Condenado o 26/07/1937 a 6 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300426, Expediente 27408).
Preso, cando menos, na Prisión de Caldas de Reis, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (25/08/1937), Prisión Provincial de Santiago de Compostela (13/03/1939), Prisión Central de Pamplona (05/08/1939). Liberdade condicional o 12/03/1941 (BOE nº 72 de 13/3/1941, páxina 1791). Liberdade definitiva o 10/09/1942.
Foturbe Diego, Dionisio (Basconcillos del Tozo-Burgos)
Veciño de Valle de Mena (Burgos).
Condenado a 6 anos.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
NOTA: O primeiro apelido podería ser Fonturbel, apelido toponímico de Burgos.
![]() |
| Frade Pazos, L-Wikipedia |
Labrego 40 anos, casado con Rogelia Sanmartín, 5 fillos. Veciño de Donsión (Lalín).
Militante de UGT e Agrupación Socialista (AS). Fundador da sociedade obreira de Ponte-Nova, da que foi elixido vicepresidente en xaneiro de 1931. Directivo de “La Fraternidad” de Donsión. Concelleiro de Lalín. Nomeado en marzo de 1936 recadador municipal. Ocupouse da dirección do concello como tenente alcalde en colaboración con Manuel Ferreiro.
Foi obrigado a pagar unha suposta débeda que tiña co Concello coa promesa de que non lle ía pasar nada, pero sería detido o 27 de outubro de 1936.
Preso na Prisión de Lalín e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/11/1936), de onde foi sacado por falangistas a noite do 08/11/1936 co pretexto de trasladalo á prisión de Pontecaldelas xunto a 5 veciños de Lalín: José López Bermúdez, Ramiro Granja González, Luis Varela Sobrado, José María Montouto e Eliseo Garra; e outros 5 de Arbo: Telmo Rodríguez Alonso, Juan Alonso Pérez, José Gómez Sampayo, Antonio Picallo Buela e Alfonso Alonso Portugués. Ao chegar á Volta do Couto, en Tenorio, ordenáronlles baixar do camión e foron fusilados. Os veciños déronlles sepultura nunha fosa común dentro do cemiterio.
Fraile Vivas, Gregorio “El Chapando” (Laguna de Duero-Valladolid)
Xornaleiro, 73 anos, casado con Cristina Cortezón. Fillo de Juana e pai descoñecido.
Xulgado en Valladolid por Rebelión Militar. Condenado o 12/01/1937 a cadea perpetua, 30 anos. Pena posteriormente conmutada por 6 anos p.m. (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300258, Expediente 5327)
Preso, cando menos, na Prisión de Valladolid (06/08/1936), Prisión Central de Burgos (22/11/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (11/03/1939) e Prisión San Isidro de Dueñas-Palencia (04/01/1940).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1941.
Faleceu aos 78 anos.
Fráiz Castellanos, Víctor (Pontecaldelas-Pontevedra)
Empregado, solteiro, 19 anos. Fillo de Víctor e Placeres. Veciño de Vigo.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, de onde foi sacado o 9 de novembro, xunto a Manuel Fontán Herbón, Manuel Lustres Rivas, Abdón Simón Da Ponte, Silo Marmolejo Santos, Vicente Bautista Faria, Manuel Nores Portela e Florentino Vázquez Doval. Ao día seguinte apareceron mortos a tiros no Alto de A Concheira (Trasmañó-Redondela). Víctor sería enterrado no cemiterio de Eidos.
![]() |
| Fraiz Villanueva, V.M.-Concello de Silleda |
Pai do anterior. Mestre nacional, 50 anos, casado con Placeres Castellano, 9 fillos.
Viviu unha longa tempada en Cuba co seu tío Salustiano, tamén mestre e, ao seu regreso estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela.
Exerceu como mestre nas escolas de Ponte Caldelas, onde fundou e dirixiu o periódico El Heraldo de Puente-Caldelas, entre outros. Tamén dirixiu a revista Nueva Galicia de Vigo (1927) e colaborou en publicacións como Escuela Vivida, Escuela del Trabajo de Ourense e El Pueblo Gallego.
En febreiro de 1936 foi proclamado cantidato a cortes polo Partido Comunista (PCE). Foi, ademais, secretario fundador da Federación de Trabajadores de la Enseñanza de Vigo (FETE-UGT).
Co inicio da guerra fuxiu aos montes de Vigo para pasar a Portugal. En represalia, como acabamos de ver, detiveron e fusilaron ao seu fillo Víctor. Outros dous fillos tamén foron detidos, polo que se entregou coa promesa de que serían liberados e el tería un xuízo xusto, promesa que non se cumpriu.
Xulgado en Vigo por Rebelión Militar e condenado a morte. O 14/09/1937 foi fusilado no Castro de Vigo xunto a Manuel Fernández Careu. Consérvanse dúas cartas onde se despide da súa esposa e do seu irmán.
Foi homenaxeado dándolle o seu nome a unha rúa de Silleda.
Á súa esposa o golpe militar sorprendeuna viaxando a Madrid, para asistir a unha asemblea do Socorro Rojo Internacional, o que lle permitiu evitar ser detida. Despois optaría por exiliarse a Francia e dende alí a Arxentina.
Francisco Arcenillas, Eleuterio (Fuente de la Peña-Zamora)
Ferroviario, casado, 41 anos.
Condenado a 15 anos.
Preso, cando menos, no Forte de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Prisión Central de Astorga, onde se lle concede a liberdade condicional (BOE nº 263 de 20/9/1941, páxina 7248).
Franco Boullosa, Manuel Alfonso (Carril, Vilagarcía de Arousa-Pontevedra)
Mariñeiro, 26 anos, solteiro. Fillo de José e María.
Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 17/06/1937 a cadea perpetua, 30 anos. Pena conmutada o 17/04/1940 pola Comisión de Pontevedra a 3 anos. (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300426, Expediente 27411)
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Forte de San Cristóbal-Pamplona (17/10/1937). Liberdade condicional o 27/08/1940. Liberdade definitiva o 08/03/1943.
Franco Boullosa, Ramón (Carril, Vilagarcía de Arousa-Pontevedra)
Carpinteiro, 29 anos, solteiro. Fillo de José e María.
Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 17/06/1937 a cadea perpetua, 30 anos. Pena conmutada o 30/03/1940 pola Comisión de Pontevedra a 3 anos. (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300426, Expediente 27410)
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Forte de San Cristóbal-Pamplona (17/10/1937). Liberdade condicional o 27/08/1940.
Franco Carretero, Cornelio (Boiro-A Coruña)
Mariñeiro, solteiro, 22 anos.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Franco Durán, Aniceto (Moaña-Pontevedra)
Canteiro, casado, 42 anos.
Veciño de Darbo (Cangas-Pontevedra)
Afiliado á Agrupación Socialista (AS). Ex-presidente do Sindicato do Ramo da Edificación.
Causa aberta en Pontevedra por Rebelión Militar (Causa 790 de 1936, Caixa 6, Orden 24)
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, falecería o 24/11/1936 durante un traslado en Pontevedra, a causa de hemorraxia interna por disparos de arma de fogo. Lugar de aparición do cadáver: Depósito do Cemiterio- Pontevedra
Franco Villalón, Justo (Villalón-Valladolid)
Xornaleiro, 63 anos, casado con Mariana. Fillo de Galo e Águeda.
Xulgado en Valladolid por Rebelión Militar. Condenado o 21/10/1936 a cadea perpetua, 30 anos. Pena posteriormente conmutada por 12 anos.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Valladolid, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (24/01/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939).
Freijeiro Solla, Venancio (Mourente-Pontevedra)
Albanel, 24 anos, solteiro. Fillo de Constante e Mercedes.
Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar (Causa 1395/1937, Caixa 33, Orden 127). Condenado o 23/02/1938 a cadea perpetua, 30 anos. Conmutación e extinción da pena o 06-08-1940 (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300215, Expediente 1079)
Preso, cando menos, na Comisaría de Vixilancia de Pontevedra e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/08/1936).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1958.
Freire Martínez, Constante (Redondela-Pontevedra)
Xornaleiro, solteiro, 28 anos.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Freire Mosquera, Rafael (Baiona-Pontevedra)
Mariñeiro, 43 anos, casado con Consuelo Morel. Fillo de Francisco e Rosa.
Xulgado en Vigo por Auxilio á Rebelión. Condenado o 28/02/1937 a 20 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300426, Expediente 27392).
Preso, cando menos, na Prisión de Vigo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/09/1937). Pasa a Prisión Atenuada o 10/08/1940.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1959.
Freire Pereira, Guillermo (Baiona-Pontevedra)
Mariñeiro, 36 anos, casado con Aurelia Soliño e fillo de Isabel Freire Pereira. Pai descoñecido.
Xulgado en Vigo por Auxilio á Rebelión. Condenado o 28/02/1937 a 20 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300426, Expediente 27391).
Preso, cando menos, na Prisión de Vigo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/11/1937). Pasa a Prisión Atenuada o 10/08/1940.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1959.
Faleceu en Baiona o 01/11/1970 aos 68 anos.
Freiría Pumar, Florencio (Randufe, Tui-Pontevedra)
Tenda de alimentación, 55 anos, casado con Carmen. Fillo de Juan e María.
Concelleiro de Tui.
Xulgado en Vigo por Rebelión Militar. Condenado o 13/10/1936 a cadea perpetua, 30 anos.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Prisión Central de Burgos (06/03/1939), onde o 02/08/1941, concédeselle a Liberdade condicional provisional coa liberación definitiva do desterro, facéndose efectiva o 23/07/1941.
Freixa Clúa, Francisco (Corbera de Ebro/Corbera d’Ebre-Tarragona)
Xastre, 38 anos, casado con Dolores García. Fillo de Daniel e Carmen.
Xulgado en Gandesa por Auxilio á Rebelión. Condenado o 06/06/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Zaragoza (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300480, Expediente 35228).
Preso, cando menos, no Cárcere de Zaragoza e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938).
Fresco López, Crescencio (Marín-Pontevedra)
Mariñeiro, 30 anos, casado con Dolores Almao. Fillo de Crescencio e Pilar.
Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión (Causa 606/37). Condenado o 27/06/1937 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300274, Expediente 7480).
Preso, cando menos, na Prisión de Pontevedra e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/02/1937). Prisión atenuada o 30/07/1940.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1958.
Fresno Toyos, Félix del (Rales, Llanes-Asturias)
Labrego, viúvo, 71 anos. Fillo de Juan e María.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 07/01/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300522, Expediente 41754).
Preso, cando menos, na Prisión de Gijón, Prisión Central de Celanova (05/02/1938) e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (05/04/1939), onde o 25/11/1940 concédeselle a Liberdade condicional (BOE numero 333 del 28/11/1940, páxina 8162)
Frías González, Ernesto
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simon, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 02/09/1941 (BOE número267 de 24/9/1941, páxina 7372).
Friis González, Leopoldo (Santiago-A Coruña)
Xornaleiro, casado, 31 anos.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Frimes Leiga, Jesús (Reboreda, Redondela-Pontevedra).
Xornaleiro, viúvo, 32 anos.
Detido na illa de San Simón.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Frimes Leiga, Ramón (Teis, Vigo-Pontevedra)
Ferroviario, 27 anos.
Xulgado en Vigo por Rebelión Militar. Condenado a cadea perpetua, 30 anos.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. Concesión da liberdade condicional o 15-12-1941.
Frontal Fernández, Valentín (Talavera de la Reina-Toledo)
Xulgado en Madrid (Tribunal Militar Territorial 1º, sumario 167), descoñecemos a sentenza, que sería conmutada posteriormente pola Comisión de Madrid (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300443, Expediente 30160).
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional por Orde do 21/6/1940 (BOE número 179 del 27/06/1940, páxina 4401).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1943.
Frores García, Antonio (Puente Castro-León).
Albanel, casado, 33 anos.
Chegou á illa de San Simón trasladado desde o Forte de San Cristóbal, preto de Pamplona.
Frutos de la Fuente, Miguel (Miraflores-Madrid).
Xornaleiro, casado, 62 anos.
Afiliado á UGT. Loitou como miliciano no exército repúblicano.
Xulgado en Madrid en 1939 (Sumario 263, Caixa 3539, Orden 14). Descoñecemos a sentenza, que sería conmutada posteriormente pola Comisión de Madrid (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300451, Expediente 31236)
Chegou á illa de San Simón trasladado desde o cárcere de San Cristóbal, preto de Pamplona.
Frutos González, Manuel (Lavadores, Vigo-Pontevedra)
Xornaleiro, casado, 32 anos.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Frutos de Pedro, Francisco (Miraflores de la Sierra-Madrid)
Xornaleiro, casado 63 anos.
Xulgado en Madrid (Tribunal Militar Territorial 1: Sumario 969, Legajo 6663). Descoñecemos a sentenza, que sería conmutada posteriormente pola Comisión de Madrid (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300451, Expediente 31174)
Preso, cando menos, na Prisión de Tinajas (17/06/1937), Prisión Provincial de Talavera de la Reina (25/06/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Fuente Jorge, Félix de la (Nava del Rey-Valladolid)
Casado, 67 anos.
Xulgado en Valladolid. Descoñecemos a sentenza, que sería conmutada posteriormente pola Comisión de Valladolid (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300008, Expediente 580).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1943.
Fuente Ortega, Manuel (Vilar de Infesta, Redondela)
Labrego, casado, 36 anos.
Detido na illa de San Simón.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Fuente Peón, Benito de la (Tomeza, Pontevedra-Pontevedra)
Canteiro, solteiro, 30 anos. Fillo de Manuel e Peregrina.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 10/02/1938 condenado a morte, sendo rebaixado a cadea perpetua, 30 anos (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300051, Expediente 3713). Pena posteriormente conmutada por 20 anos.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (25/02/1937) e Prisión Central de Santa Isabel-Santiago (05/02/1943), onde por orde do 19/06/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro, facéndose efectiva o 20/05/1943 (BOE número 203 de 22/07/1943, páxina 7090).
O 10/06/1949 reingresou na Prisión Provincial de Pontevedra.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1961.
Fuente Peón, José de la (Tomeza, Pontevedra-Pontevedra)
Peón, 35 anos, casado con Camila Portabales. Fillo de Manuel e Peregrina.
Veciño de Marín.
Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar (Causa 355/1936, Caixa 191, Orde 2083). Condenado o 27/06/1937 a a cadea perpetua, 30 anos.
Preso, cando menos, na Comisaría de Vixilancia de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (24/07/1936), Prisión Central de Burgos (06/03/1939) e Prisión Provincial de Pontevedra (17/06/1944). Liberdade o 23/07/1944.
Reingresa o 20/12/1944, falecendo en prisión o 30/06/1949.
Fuente Recio, Manuel (Vilar de Infesta, Redondela).
Caldeireiro, solteiro, 20 anos.
Detido na illa de San Simón.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Fuente Ruíz, Antonio de la (Abiada, Hermandad de Campoo de Suso-Cantabria)
Xornaleiro, 30 anos, solteiro. Fillo de Eugenio e Ángela.
Veciño de ¿Anusotegui? (Bizkaia).
Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada ( ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300501, Expediente 38427)
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (09/10/1938) e Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (17/01/1940). onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 201 de 20/7/1941, páxina 5437), facéndose efectiva o 05/07/1941.
Fuentefría García, Severino (Riofrío, Mondariz-Pontevedra)
Xornaleiro, casado, 38 anos.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Fuentes Alonso, Manuel (Felguera, Langreo-Asturias)
Torneiro, 59 anos. Fillo de Miguel e María.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o a cadea perpetua, 30 anos.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Figueirido, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/05/1941), Prisión de Oviedo (04/01/1943). Liberdade condicional o 24/12/1943.
Fuentes Campos, José (Sevilla-Sevilla, 1874)
Vixiante da oficina de arbitrios municipais de Sevilla, solteiro. Fillo de José e Josefa.
Afiliado a UGT e Agrupación Socialista (AS).
Detido en 1936 e condenado a 1 ano de prisión e cesado no seu emprego no concello. Volve a ser detido o 30/09/1938, por falar contra o réxime cando se atopaba baixo os efectos do alcohol. Sería xulgado en Sevilla por Auxilio á Rebelión. Condenado o 23/12/1938 a 6 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión de Sevilla (30/09/1938), Prisión de Cazalla de la Sierra (13/02/1939), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (28/02/1939), Prisión Central de Dueñas-Palencia (03/10/1939), Prisión Habilitada de Palencia (40/01/1941) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (10/03/1941), onde faleceu o 06/04/1941 aos 66 anos.
En 1940 procesado polo Tribunal Especial para la Represión de la Masonería y el Comunismo.
Fuentes Cerviño, Manuel (Campo Lameiro-Pontevedra)
Estudante, 26 anos, solteiro. Fillo de Baldomero e María.
Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión (Causa 408/1937, Caixa 22, Orden 81). Condenado o 27/04/1937 a 12 anos e 1 día. Conmutación e extinción da pena o 23-10-1939 (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300214, Expediente 1076).
Preso, cando menos, na Comisaría de Vixilancia de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/07/1936).
Fuentes Iglesias, Evaristo (Monte Hermoso-Cáceres)
Militar, 49 anos, casado con Amalia. Fillo de Juan e Antonia.
Veciño de Santander (Cantabria).
Capitán de Infantería, participou na guerra co exército republicano sendo ascendido a Maior.
Xulgado en Santander por Auxilio á Rebelión. Condenado o 08/01/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300236, Expediente 3148)
Preso, cando menos, na Prisión de Los Salesianos-Superior, Prisión Las Salesas (23/09/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (24/10/1938).
Fuentes Jiménez, Juan (Humilladero-Málaga)
Labrego, casado, 62 anos. Fillo de Francisco e María.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 15/03/1938 a 20 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Málaga a 6 anos (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300644, Expediente 59683)
Preso, cando menos, na Prisión de Antequera, Prisión de Málaga (12/05/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/03/1939).
Fuentes Rodríguez, Manuel (Madrid-Madrid)
Xornaleiro, 65 anos, casado con Josefa. Fillo de Mauricio e Eleuteria.
Veciño de Avilés (Asturias).
Xulgado en Asturias por Auxilio á Rebelión. Condenado o 28/05/1938 a 15 anos.
Preso, cando menos, na Prisión de Gijón, Prisión de Oviedo e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939), concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva de desterro por Orde do 11/07/1941 (BOE número 214 de 2/8/1941, páxina 5863).
Fuentes Rodríguez, Manuel (Batelidre-Zaragoza)
Obreiro, viúvo, 70 anos.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Fuentes Sayáns, Ramón (Cuntis-Pontevedra)
Estudante, solteiro, 28 anos. Fillo de Urbano e Emerenciana Albina.
Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 27/02/1937 a 15 anos.
Pasou polos cárceres de Cuntis, Caldas de Reis, Hospital Provincial de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (05/03/1937) e Forte de San Cristóbal-Pamplona. Pasa a Prisión atenuada o 30/07/1940.
En 1943, segue sendo citado como estudante, ten que facer fronte á incautación de bens (BOE 30/04/1943, páx. 1623).
Fúster Mampell, Joaquín (Artelle-Castelló)
Labrego, viúvo, 62 anos.
Xulgado en Castellón en 1938 (Causa 139, Caixa 13991, Orde 3).
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva de desterro por Orde do 25/09/1941 (BOE número 287 de 14/10/1941, páxina 7966).
Fuster Peñarroya, Agustín (Villores-Castelló)
Xornaleiro, 32 anos, casado con María Carbo. Fillo de Antonio e Mariana.
Vicepresidente de Izquierda Republicana en Villores.
Xulgado en Castellón por Auxilio á Rebelión (Causa 4/1938, Caixa 14333, Orde 1). Condenado o 06/05/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300859, Expediente 90112).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938), Prisión Central de Astorga (01/05/1942) e Colonia Penitenciaria del Dueso-Santander, onde por orde do 12/12/1942, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva de desterro (BOE número 5 de 05/01/1943, páxina 165).
Fuster Peñarroya, Antonio (Villores-Castelló, 29/01/1904)
Alpargatero, 33 anos, casado con María Carbo. Fillo de Antonio e Mariana.
Afiliado a UGT e PSUC. Carabineiro nas Brigadas Mixtas.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 29/04/1938 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Prisión Central de Astorga (09/04/1939).
NOTA: Datos da ficha de preso de San Simón entre outras fontes, no caso de Agustín, e ficha da Prisión de Astorga (e outras fontes), no caso de Antonio. Hai datos coincidentes como o nome da esposa, polo que non sería descartable que se tratara da mesma persoa.
Autor: J. Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Bases de datos:
BOE
https://www.boe.es/buscar/gazeta.php
https://www.boe.es/diario_gazeta/hemeroteca.php
Buscar combatientes. Buscador de la Guerra Civil Española.
https://buscar.combatientes.es/
Nomes e voces. http://vitimas.nomesevoces.net
Víctimas Guerra Civil Española
Con Nombre & Apellidos. Desaparecidos y represaliados durante la Guerra Civil y la posguerra.
Memoria histórica. Base de datos de concelleiros represaliados. Deputación de Pontevedra. https://arquivos.depo.gal/xeracion-perdida/concelleiros-represaliados
Mulleres, homes e homiños. Base de datos. Luis Sánchez Rodríguez. Comisión para a Recuperación da Memoria histórica da Coruña.
https://represion.memoriadacoruna.gal/
Boletín Oficial del Estado. www.boe.es
Fundación Francisco Largo Caballero. Censo de represaliados de la UGT. https://censorepresaliadosugt.es/s/public/page/home
Fundación Pablo Iglesias.
Fundación José Barreiro.
Asociación Manuel Azaña
Asociación Isaac Puente
https://www.navioanarquico.org/index.php/inicio
Bases de datos de comunidades, provincias e vilas
DARA - Documentos y Archivos de Aragón-Memoria democrática
Euskal Memoria Fundazioa
https://www.euskalmemoria.eus/es/db/hildakoak_sansimon
Archivo General Región de Murcia
https://archivogeneral.carm.es/archivoGeneral/arg.inicio
Navarra. Centro de documentación de la memoria.
Asociación Salamanca Memoria Justicia https://salamancamemoriayjusticia.org/
Concello de Lugo. Memoria histórica. http://www.lugo.es/cs/represion/index.jsp
Portal de Archivos Españoles (PARES). Archivo general de la administración. Documentación penitenciaria.
Memoria y concordia
https://memoriaeconcordia.galiciana.gal/
Libros:
GONZALO AMOEDO E ROBERTO GIL. Episodios de terror durante a Guerra Civil na provincia de Pontevedra. Ed. Xerais, 2007.
GONZALO AMOEDO E ROBERTO GIL. Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Edicións do Castro, 2002.
LOIS BARROS. Galeguismo e sociedade na Redondela da Segunda República. Edicións do Castro.
Outras publicacións e webs:
Repertorio biobibliográfico do exilio galego: Unha primeira achega. Edita: © Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Santiago de Compostela, 2001. ISBN: 84-95415-42-9
Facebook Fernandez Camiña Ana
Ministerio de política territorial y memoria democrática.
https://www.mpr.gob.es/memoriademocratica/Paginas/index.aspx
La historia en la memoria. Memorial antifranquista y democrático. https://lahistoriaenlamemoria.blogspot.com
O Baixo Ulla. www.obaixoulla.gal
Nós Diario. Galegos mortos en San Cristóbal.
Wikipedia
XOSÉ ALVAREZ CASTRO. Pontevedra nos anos do medo. https://anosdomedo.blogspot.com/.
Recuperando a Memoria (histórica) na sanidade galega (IV): GALENOS de GALICIA: Guerra Civil e represión polo franquismo. David Simón Lorda. AGAMFEC.
JOSÉ LUIS MOSQUERA VELEIRO. Abril de 1931: a chegada da II República ó Val Miñor. Revista de estudos miñoráns, nº18, 2019.
JESÚS MARÍA PALOMARES. La Guerra Civil en Valladolid notas sobre la represión en la ciudad. Universidad de Valladolid.
Víctimas de la dictadura en Castilla La Mancha. https://victimasdeladictadura.es/
MARCOS SEIXO PASTOR. A represión franquista en Cuntis. Memoria de 1936. O proceso contra Aurelio Rei e outros cuntienses.
MANUEL ÁNGEL MENÉNDEZ. Testimonios del horror franquista que ha escuchado la juez Servini. Coordinadora estatal de apoyo a la querella Argentina contra crímenes del franquismo
HISTORIAS DE VIDA, DE HOMBRES Y MUJERES DE ASTURIAS, INTERNADOS EN CAMPOS NAZIS. https://deportadosasturianos.blogspot.com/
La Voz de Galiciana
Faro de Vigo
Nós Diario
https://www.nosdiario.gal/articulo/memoria/aparello-represivo-bueu/20201221202741112254.html
15MPedia. Memoria histórica en Vigo. https://15mpedia.org/wiki/Memoria_Hist%C3%B3rica_en_Vigo
Grovepedia. http://grovepedia.com/wp-content/uploads/2017/10/11.-SETE-DIAS-DE-XULIO.pdf
Presos da Estrada en San Simón. https://www.tabeirosmontes.com/presos-en-san-simoacuten.html
https://www.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2006/04/16/cando-estrada-unha-illa-18239996.html
MANUEL IGREXAS. Historias do Deza. Os fusilados de Vila de Cruces. https://historiasdedeza.wordpress.com/2012/08/29/os-fusilados-de-vila-de-cruces/
Víctimas de la Guerra Civil Española. https://victimasguerracivilespaniola.blogspot.com/2010/05/listado-de-presos-del-fuerte-de-san_1616.html
ALFONSO MARTÍNEZ FORONDA Y PEDRO SÁNCHEZ RODRIGO. El Independiente de Granada. Republicanos granadinos en San Simón. https://www.elindependientedegranada.es/politica/republicanos-granadinos-san-simon-isla-muerte-i
https://www.elindependientedegranada.es/politica/san-simon-isla-desmemoria-ii
Mapas de Memoria. Diputación de Ciudad Real. https://www.mapasdememoria.com/todoslosnombres/
Busturia (1937-1945): El primer franquismo. Xavier Herrero Acosta. https://www.eusko-ikaskuntza.eus/PDFAnlt/lankidetzan/67/Lank67_es.pdf
Archivo Histórico Provincial de Cádiz. Prisión Central del Puerto de Santa María. https://batallonrosaluxemburgo.wordpress.com/wp-content/uploads/2018/05/presos-santa-maria-cadiz.pdf
Historia de Jaén
https://www.historiadejaen.es/www/book/adjuntos/1154/1154-1_encarcelados.pdf
Innovation and Human Rights. La base de datos centralizada de víctimas de la Guerra Civil y el franquismo. https://scwd.ihr.world/es/
DIONÍSIO PEREIRA. Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939). Edicións Xerais de Galicia, S. A., 2010.
Archivo Intermedio Militar Noroeste. Procedimientos judiciales incoadas por la Procedimientos judiciales incoados por la justicia militar a raíz de la Guerra Civil y durante la etapa franquista bajo responsabilidad del Tribunal Militar Territorial 4º. Provincia de León. https://patrimoniocultural.defensa.gob.es/sites/default/files/2019-10/Le%C3%B3n%20-%20copia.pdf
DAVID SIMÓN LORDA. Médicos ourensanos represaliados en la Guerra Civil y en la posguerra. Historiasdela «Longa Noite de Pedra». Colección estudios Nº8, 2010. Fundación 10 de Marzo. https://www.researchgate.net/profile/David-Simon-Lorda/publication/269278703_Medicos_Ourensanos_Represaliados_en_la_Guerra_Civil_y_en_la_Posguerra_Historias_de_la_longa_noite_de_pedra/links/5aaab48ea6fdccd3b9bbefa6/Medicos-Ourensanos-Represaliados-en-la-Guerra-Civil-y-en-la-Posguerra-Historias-de-la-longa-noite-de-pedra.pdf
Colectivo Republicano de Euskal Herria.
https://errepublikaplaza.wpcomstaging.com/
Aportes Xosé Moreira Docampo.
Villarrodrigo (Jaén). Blog. Historia.
https://villarrodrigo-jaen.blogspot.com/
Vilagarcía de Arousa durante la II República. Víctor Viana Martínez
https://www.revistaesmas.com/portada_2republica/Vilagarcia_Durante_la_II_Republica.pdf



