viernes, 13 de febrero de 2026

Guerra Civil. Listaxe de presos na Illa de San Simón-CE-CU.

 

Grupo de presos. Publicada en Represión franquista en Cuntis. Marcos Seixo Pastor.

  

Cea Asorey, Jesús (Sabrexo, Carbia, Vila de Cruces-Pontevedra)

Labrego, 32 anos, solteiro. Fillo de Andrés e Josefa.

Detido pola Garda Civil na parroquia de Carbia xunto ao seu irmán Manuel, Ramón e Rogelio Cajide Rodríguez e Rogelio Salgado Rey, acusados de patrullar armados na vila de Cruces o 19 e 20 de xullo. Tamén Ramón Asorey López, Ramón Ramos Lamas e Salustiano Vilariño Pulleiro entraron no depósito municipal baixo a mesma acusación. As patrullas foran ordenadas polas autoridades republicanas e autorizadas polo Gobernador civil para controlar a orde pública, xa que neses días todas as forzas da benemérita de Carbia estaban concentradas en Silleda.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 09/01/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e no penal do Forte de San Cristóbal-Pamplona (16/05/1937). Nesta última, participou na gran evasión do 22/05/1938, sendo detido ao día seguinte polos milicianos. Puxérono en liberdade (Prisión atenuada) o día 19/09/1940.

O día 12/12/1942, na comisión de exame de penas de Pontevedra, a súa sentenza sería conmutada pola de tres anos de prisión.


Cea Asorey, Manuel (Sabrexo, Carbia, Vila de Cruces-Pontevedra, 01/07/1912)

Labrego, 24 anos, solteiro.

Detido pola Garda Civil na parroquia de Carbia xunto ao seu irmán Jesús, Ramón e Rogelio Cajide Rodríguez e Rogelio Salgado Rey, acusados de patrullar armados na vila de Cruces o 19 e 20 de xullo. Tamén Ramón Asorey López, Ramón Ramos Lamas e Salustiano Vilariño Pulleiro entraron no depósito municipal baixo a mesma acusación. As patrullas foran ordenadas polas autoridades republicanas e autorizadas polo Gobernador civil para controlar a orde pública, xa que neses días todas as forzas da benemérita de Carbia estaban concentradas en Silleda.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e no penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (16/05/1937). Falecería por arma de fogo durante a gran evasión do 22/05/1938.


Cearra Arazosa, José Andrés (Kortezubi-Bizkaia)

Labrego, 62 anos, casado con María. Fillo de Domingo e María Jesús.

Xulgado en Bilbao por Rebelión Militar. Condenado o 27/07/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300211, Expediente 789).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (21/12/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939), onde por orde do 31/07/1940, concédeselle a liberdade condicional (BOE número 220 del 07/08/1940, páxina 5473), facéndose efectiva o 05/08/1940.

Procesado por Responsabilidades Políticas (Bilbao) en 1941, sendo indultado o 06/02/1943, previo pago de sanción, recuperando a libre disposición dos seus bens. (BOE 23/11/1943, Anexo único nº 327, páx. 4143). O sobresemento do expediente chegaría en 1945 (BOE 03/09/1945, número 246, Anexo único, páxina 494).


Cebada Canatalapiedra, Saturnino (Pozaldez-Valladolid)

Xornaleiro, 65 anos, casado con Petra González. Fillo de Juan e Petra.

Veciño de Villaescusa (Cantabria).

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado a 20 anos de reclusión temporal. Pena posteriormente conmutada a 2 anos e 6 meses pola Comisión de Santander (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300554, Expediente 46573).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Santander, Colonia Penitenciaria del Dueso (09/09/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/03/1939). Faleceu en Santander en 1945 estando en liberdade condicional.


Ceballos Serrate, Francisco (La Almolda-Zaragoza)

Pastor, 64 anos, casado con María. Fillo de Mariano e Apolonia.

Xulgado en Zaragoza por Auxilio á Rebelión (Causa1733-38). Condenado o 13/02/1939 a 20 anos de reclusión temporal. Pena conmutada (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300639, Expediente 58893).
Preso na Prisión Provincial de Zaragoza (19/07/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (30/03/1939), onde por Orde do 08/11/1941, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 322 de 18/11/1941, páxina 9012).

En 1939 ábreselle expediente de responsabilidades políticas (BOE 09/10/1939, Anexo único, número 282, páx. 1529). Por este concepto tería que pagar unha sanción económica. En xaneiro de 1941 aínda tiña pendente o pago de 250 pesetas. (BOE 08/01/1941 Anexo único nº8, páx. 125)


Ceballos Solar, Clemente (Villayuso, Cieza-Cantabria)

Xornaleiro, 60 anos, casado con Eufrasia Tamés. Fillo de Santos e Isabel..

Xulgado en Torrelavega por Auxilio á Rebelión. Condenado o 22/01/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caja 300554, Expediente 46597)

Preso na Prisión de Partido de Torrelavega (02/10/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/03/1939), onde por Orde do 10/03/1941, concédeselle a liberdade condicional. (BOE nº 72 de 13/3/1941, páxina 1789)


Cebreiro (sen segundo), Serafín (Arnoso, Ponteareas-Pontevedra)

Labrego, 48 anos, casado con Saladina Boente. Fillo de Josefa e pai descoñecido.

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 19/05/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Conmutación e extinción da pena o 21/07/1939 pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300425, Expediente 27309).

Preso, cando menos, na Comisaría de Vixilancia, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/07/1936) e Prisión Central de Burgos (06/03/1939). Prisión atenuada o 03/04/1940. Liberdade condicional o 04/08/1941.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1957.


Cecilia Escobar, Emilio (Almuñécar-Granada)

Xornaleiro, 67 anos, casado con Antonia Márquez. Fillo de José e María.

Afiliado ao Partido Republicano Radical Socialista de Almuñécar.

Condenado a pena de morte, sendo reducida pola Comisión de Málaga a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300131, Expediente 10244). Pena posteriormente conmutada a 20 anos.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Prisión de Partido de Motril (29/01/1943), onde por orde do 02/03/1944, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 87 de 27/03/1944, páxina 2500), facéndose efectiva o 22/01/1944.

Faleceu o 14/0271950 aos 75 anos, rexistrándose a causa da morte como: “hemorragia cerebral y pérdida de masa encefálica”.

A súa esposa e a súa filla María tamén serían detidas en abril de 1938 na Prisión de Vélez-Málaga. Sometidas a Consello de Guerra serían absoltas o 16708/1939.


Cela Alba, Dionisio (Paradaseca, Villafranca del Bierzo-León)

Labrego, 46 anos, casado con Florinda. Fillo de Patricio e María.

Afiliado a Izquierda Republicana (IR). Ingresou nas milicias de Gijón o 29/11/1936.

Xulgado en León por Auxilio á Rebelión (Causa 600/38). Condenado o 20/05/1938 a 20 anos. Conmutada o 20/04/1942 a 12 anos e 1 día pola Comisión de León (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300871, Expediente 91764).

Preso, cando menos, na Prisión Militar de San Marcos-León, Prisión Provincial de León (05/10/1938), Buque Prisión Upo Mendi-San Simón (20/10/1938), Prisión de Santiago (02/08/1941), Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela (01/05/1942). Prisión atenuada o 16/09/1942. Liberdade definitiva o 03/02/1943.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1938.


Celades Agut, José (Culla-Castelló)

Labrego, 61 anos, casado con Antonia. Fillo de Miguel e Josefa.

Xulgado por Auxilio á Rebelión (Causa 1320/38). Condenado o 11/01/1939 a 6 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Castellón (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300811, Expediente 83656).

Preso, cando menos, na Prisión de Castellón, Prisión Provincial de Castellón (09/11/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (29/04/1939) e Prisión Central de San Isidro de Dueñas-Palencia (02/11/1939), onde por orde do 31/07/1940, concédeselle a liberdade condicional (BOE número 218 do 05/08/1940, páxina 5428), facéndose efectiva (Prisión atenuada) o 05/08/1940.


Celaya Bengoechea, Alberto (Elantxobe-Bizkaia)

Mariñeiro, 45 anos, casado con Marcelina Joruria. Fillo de José Domingo e María Antonia.

Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado o 27/07/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 3 anos pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300211, Expediente 796).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/10/1938) e Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (10/01/1940).


Celaya Lorenzo, Pedro (Guipúzcoa/Guipuzkoa)

Preso, cando menos, Prisión Provincial de Pamplona (09/11/1936-04/12/1936), Prisión Provincial de San Sebastián (15/12/1936), Forte de San Cristóbal (18/01/1938-15/09/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas (San Sebastián 75/00996), sendo indultado en 1955.


Celihueta Aizpurua, Emilio (Donostia/San Sebastián-Guipuzkoa, 18/09/1914)

Xornaleiro, 24 anos, solteiro. Fillo de Pío e María.

Veciño de Errentería (Guipuzkoa).

Afiliado ao Partido Comunista (PCE) e UGT. Miliciano da 1ª Compañía das M.A.O.C. Soldado do 3º Bon Larrañaga do exército de Euskadi.

Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado o 05/08/1938 a 12 anos e 1 día de reclusión temporal. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300499, Expediente 38193).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/10/1938), Prisión Preventiva de Santiago de Compostela (26/01/1939) e Prisión Central de Astorga-León (21/03/1939).


Celis Celis, Simón (¿Castro?-Cantabria)

Peón camiñeiro, 66 anos, casado con Andrea Casares Morante. Fillo de José e Nicolasa.

Veciño de Puente Pumar (Cantabria).

O 19/06/1937 nomeado Xestor municipal do concello de Polaciones (Cantabria), en representación do Partido Comunista (PCE) ao que pertence. Afiliado tamén á Sociedad de Capataces Camineros y Auxiliares de la Provincia de Santander.

Xulgado en Santander por Auxilio á Rebelión. Condenado o 09/12/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 2 anos pola Comisión de Santander (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300476, Expediente 34669).

Preso, cando menos, na Prisión de Cabuérniga, Prisión Provincial Tabacalera de Santander (18/12/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/03/1939).


Celis Fernández, Gumersindo (El Tejo, Valdáliga-Cantabria)

Labrego, 64 anos, viúvo. Fillo de José e María.

Veciño de La Revilla (Cantabria).

Afiliado ao Partido Socialista. Vocal da Comisión Xestora do concello de La Revilla.

Xulgado en Torrelavega por Auxilio á Rebelión. Condenado o 10/01/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Santander (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300554, Expediente 46593).

Preso, cando menos, na Prisión de Partido de Torrelavega (25/10/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/03/1939) e Prisión Central de San Isidro de Dueñas-Palencia, onde por orde do 13/122/1940, concédeselle a Liberdade condicional (BOE número 352 do 17/12/1940, páxina 8636).


Celma Peñarroya, Francisco (Zorita del Maestrazgo-Castelló)

Xornaleiro, 53 anos, casado con María Gracia Martí. Fillo de Francisco e Magdalena.

Xulgado en Morella (Castellón) por Auxilio á Rebelión (Causa 24/1938). Condenado o 06/05/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Castellón (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300250, Expediente 4371).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938) e Prisión Central de Astorga-León, onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 193 de 12/7/1941, páxina 5218).


Centelles Miró, Joaquín “Soldat” (Bójar, Puebla de Benifasar-Castelló)

Labrego, 38 anos. Fillo de José e Francisca.

Afiliado a Izquierda Republicana (IR).

Xulgado en Vinaroz (Castellón) por Auxilio á Rebelión (Causa 112/1938). Condenado o 01/07/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Castellón (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300857, Expediente 89956)

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938).


Centelles Ripolles, José (Fredes-Castellón)

Carteiro, 70 anos, casado con Ramona Rayo. Fillo de Vicente e María.

Detido en Fredes en 1938 acusado de colaborar coa guerrilla. Xulgado en Vinaroz (Castellón) por Excitación á Rebelión (Causa 110/1938). Condenado o 23/06/1938 a 6 anos e 1 día.

O o 24/10/1938 citado como preso no cárcere de Redondela, probablemente refírese á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, na que se lle concede a liberdade condicional por Orde do 28/06/1940. (BOE número 188 del 06/07/1940, páxina 4668).

Nos seguintes anos reingresa en varias ocasións:

Preso na Prisión de Fredes e Prisión Provincial de Castellón (29/04/1941), onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 210 de 29/7/1941, páxina 5691).

Preso na Prisión de Castellón de la Plana (08/08/1945). Liberdade 10/006/1946.

Preso na Prisión de Castellón (28/11/1947) e Prisión de Valencia (02/01/1948). Liberdade o 05/05/1948.

 

Cerdán Márquez, Juan (Almería-Almería)

Xornaleiro, 64 anos. Fillo de Indalecio e María.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 17071940 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Almería, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (21/03/1941) e Prisión Provincial de Almería (08/04/1942), onde por orde do 26/07/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, sen a liberación definitiva do desterro (BOE número 228 de 16/08/1943, páxina 7978), facéndose efectiva o 10/12/1942.

 

Cereijo Losa, Isidro (Corraón, Pola de Lena-Asturias)

Labrego, solteiro, 67 anos.

Representante da Sociedad de Agricultores na xunta municipal de Pola de Lena.

Xulgado por Rebelión Militar en Oviedo. Condenado a cadea perpetua, 30 anos. Máis tarde, sentencia conmutada. (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300885, Expediente 93546)

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Oviedo, Prisión Central de Celanova (06/05/1938-03/04/1939) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/04/1939), onde é rexistrada a súa morte o 02 de marzo de 1941, por causas naturais.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1938.


Cerezo Cerezo, Manuel (Madriguera, Riaza-Segovia)

Labrego, 67 anos, casado con Antonia Ruíz. Fillo de Prudencio e Eugenia.

Veciño de Langa de Duero (Soria).

Unha das acusacións que se verten contra el é a de entregar un donativo para a propaganda do partido socialista.

Xulgado o 27/10/1938 pola Auditoría de Guerra de la 5ª Región Militar e xulgado en Soria en Consello de Guerra Sumarísimo por Adhesión á Rebelión e Auxilio á Rebelión (Causa 1144). Condenado o 19/11/1938 a 12 anos e un día. Pena conmutada o 02/11/1939 a 3 anos de prisión.

Preso na Prisión de Burgo de Osma, Prisión Provincial de Soria (28/03/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (28/02/1939), onde por Orde do 12/08/1940, concédeselle a liberdade condicional (BOE número 235 do 22/08/1940, páxina 5819).


Cermido Tascón, Ramón (Luarca-Asturias)

Labrego, viúvo, 64 anos.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Na lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Cerrillos García, Vicente (Puerta Segura-Jaén)

Tranviario, 34 anos, casado con Ilaida. Fillo de Ignacio e Magdalena.

Veciño de Oviedo (Asturias).

Afiliado ao Partido Comunista (PCE) e UGT. Miliciano do Bon de Asturias. Relacionado co Socorro Rojo Internacional do comité Provincial de Asturias.

Xulgado en León por Auxilio á Rebelión (Causa 375/1938). Condenado o 122/03/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de León (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300871, Expediente 91766).

Preso, cando menos, na Prisión Militar de San Marcos-León, Prisión Provincial de León (12/03/1938), Prisión Central de Vigo (22/10/1938), Buque Prisión Upo Mendi-San Simón (233/10/1938), Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela (22/08/1941) e Prisión Provincial de Lugo (15/10/1942), onde por orde do (01/03/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, sen a liberación definitiva do desterro (BOE número 81 de 22/03/1943, páxina 2567), facéndose efectiva o 25/02/1943.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas.

Procesado polo Tribunal Especial para la Represión de la Masonería y el Comunismo.


Cerviño de Dios, Maximino (Aldeanueva del Camino-Cáceres)

Xornaleiro, 60 anos, casado con Dorotea. Fillo de Jose e Patricia.

Xulgado por Auxilio á Rebelión (Causa 771/1937). Condenado a pena de morte. Sentenza que sería conmutada (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caja 300106, Expediente 8246). Condenado o 10/08/1937 a 12 anos e 1 día.

Preso na Prisión de Aldeanueva del Camino, Prisión de Partido de Plasencia (15/03/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde por Orde do 21/6/1940, concédeselle a liberdade condicional (BOE número 179 del 27/06/1940, páxina 4401), facéndose efectiva o 23/06/1940.


Cespón Pazos, José Gabriel (Berres, A Estrada-Pontevedra, 17-4-1889),

Zapateiro, 47 anos. Veciñanza: Ouzande, A Estrada.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte.

Executado en Pontevedra, ás 7:30 do 02 de decembro de 1936, no Km.1 da estrada a Campañó, rexistrándose a morte a causa de colapso cardíaco.


Cestero Rodríguez, Melitón (Valencia de Alcántara-Cáceres)

Militar, Brigada do exército. Casado.

Xulgado en consello de guerra celebrado en Salamanca en 1938 (Tribunal Militar Territorial 4, Causa 103, Caixa 154, Orden 2074). A penas sería conmutada pola Comisión de Salamanca (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300329, Expediente 14656).

Preso, cando menos, no Forte de San Cristóbal (27/11/1937-08/03/1939), sendo trasladado á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Expediente de Responsabilidades Políticas polo tribunal de Valladolid (Salamanca, Jc Libro 0482. Folio 0122).


Chacón Mouriño, Manuel (Mourente-Pontevedra)

Fillo de Joaquín e Rosina.

Secretario da Asociación Tipográfica.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Unha vez en liberdade debería cumprir o servizo militar nos Batallones Disciplinarios de Soldados Trabajadores (BDST) (ES.19030.AGMG/3.1. Caixa 302427, Expediente 36791) na prisión de Requena (Valencia), cumprindo e recuperando a liberdade en 1940.


Chacón Mouriño, Rafael (Mourente-Pontevedra, 1911)

Irmán do anterior.

Panadeiro, 25 anos, solteiro. Fillo de Joaquín e Rosina.

Afiliado a CNT.

Un informe policial cualifícao de comunista. Testemuñan na súa contra o cívico de Bora, José Estévez, e o cura Triñanes, que o acusa de ter nula afinidade coa igrexa e ser de ideoloxía esquerdista.

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar (causa 560/37). Condenado o 17/03/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300426, Expediente 27339).

Preso na Comisaría de Vixilancia de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (09/09/1936) e na Prisión Central de Burgos (04/03/1939), onde consegue a liberdade condicional (BOE nº 227 de 15/8/1941, páxina 6268). Prisión atenuada o 30/08/1940.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1960.


Chacón Mouriño, Rafael e Manuel co sobriño José. A Represión en Mourente. Montse Fajardo

Chamorro Gutiérrez, Juan (Martos-Jaén)

Labrego, 55 anos, casado con Potenciana Jaén. Fillo de Antonio e Dolores.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 10/05/1940 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Astorga-León e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/01/1942), concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 22/01/1943 (BOE nº 46 de 15/02/1943, páxina 1531), facéndose efectiva o 15/12/1942.

Reingresa na Prisión de Martos (27/10/1949). Liberdade o 10/11/1949.


Chao Coto, Albino (A Estrada-Pontevedra)

Carpinteiro, 40 anos.

Izquierda Republicana. Concelleiro da Estrada.

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sobresemento provisional e a disposición da autoridade gobernativa.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Manuel Coto e Albino Chao Coto, no regreso dun mitin.

Memorias dun proscrito. Manuel Coto Chan


Chapela Couso, Manuel (A Portela, Bueu-Pontevedra)

Canteiro, 20 anos.

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado xunto a José Gómez de la Cueva (Johan Carballeira), Avelino Chapela Soliño e Manuel Graña Pouseu, en Pontevedra, o 17 de abril de 1937 ás 7 da mañá, no Km. 1 da Avda. Uruguay, rexistrándose a morte a causa de hemorraxia interna. Soterrados no cemiterio de San Amaro.


Chapela Fernández, Ángel (Cangas-Pontevedra)

Mariñeiro, 24 anos, solteiro. Fillo de Ángel e Emeteria.

Alianza Mariñeira da CNT. Interventor nas eleccións de febreiro de 1936 pola Fronte Popular.

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar (Causa 852/37). Condenado o 07/07/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300288, Expediente 9286)

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Pontevedra e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón(17/03/1937), onde se lle concede a liberdade condicional (BOE nº 185 de 4/7/1941, páxina 4956).

Ábreselle expediente de Responsabilidades Políticas, acadando o indulto en 1941 e 1958. (Audiencia Provincial de Pontevedra. 01366/1957)


Chapela Fernández, Guillermo (Cangas-Pontevedra, 1912)

Mariñeiro, 30 anos, solteiro. Fillo de Ángel e Emeteria.

Alianza Mariñeira da CNT. Interventor nas eleccións de febreiro de 1936 pola Fronte Popular.

Irmán do anteriormente mencionado, Ángel Chapela Fernández, seguindo a mesma sorte.

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar (Causa 852/37). Condenado o 07/07/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300288, Expediente 9285.)

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Pontevedra e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón(17/03/1937), onde se lle concede a liberdade condicional (BOE nº 185 de 4/7/1941, páxina 4956).

Ábreselle expediente de Responsabilidades Políticas, acadando o indulto en 1941 e 1958. (Audiencia Provincial de Pontevedra. Numero de Expediente: 01366/1957).


Chapela Leiro, Germán-Nomes e Voces

Chapela Leiro, Germán (Cangas-Pontevedra, 1905)

Mariñeiro, 31 anos, casado con lina Villar. Fillo de Antonio e Constantina.

Secretario da "Alianza Marinera" e do Pósito de Cangas

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar o día 12/05/1937 (Causa 790/36). Condenado o 20/05/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena ordinaria conmutada pola Comisión de Pontevedra. (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300426, Expediente 27340).

Preso, cando menos, na Prisión de Cangas, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (19/09/1936) e na Prisión Central de Burgos, cando publicaron a súa liberdade condicional (BOE nº 198 do 17/07/1941, páxina 5343).

NOTA: Na súa ficha está anotada: Prisión atenuada o 03/09/1940.

Ábreselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo sancionado en 1940 con multa de 100 ptas.


Chapela Otero, Ramón (Bueu-Pontevedra, 1912)

Mariñeiro, 26 anos. Fillo de Manuel e Ramona.

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 29/12/1936 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena conmutada o 09/04/1940 a 20 anos.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (15/07/1937-10/01/1943), Destacamento Penal de Nuestra Señora de Valvanera-Logroño (15/01/1940) e Destacamento penal de Anguiano-LaRioja (23/07/1943). Indulto o 02/04/1946.


Chapela Soliño, Avelino (A Portela, Bueu-Pontevedra)

Canteiro, 32 anos.

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Pontevedra, o 17 de abril de 1937, ás 7 horas, no Km. 1 da Avda. Uruguay (Monteporreiro) rexistrándose a morte a causa de colapso cardíaco.


Chas Fariña, Juan “Mazarocas” (Crendes, Betanzos-A Coruña)

Labrego, 56 anos, casado con Josefa. Fillo de Manuel e María.

Veciño de San Tirso de Mabegondo (Abegondo-A Coruña).

Xulgado en A Coruña por Rebelión Militar (Causa 885/1936). Condenado o 27/01/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena ordinaria conmutada pola Comisión de A Coruña (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300284, Expediente 8829).

Labrego, 57 anos. Casado. Veciño de San Tirso de Mabegondo, Abegondo.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de a Coruña; Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (14/06/1937), onde participa na gran evasión do 22/05/1938, sendo capturado ao día seguinte por uns paisanos; e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/03/1939).


Chas Porto, Perfecto (Boal-Asturias)

Camioneiro, solteiro, 37 anos.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Na lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Chavarría Estorach, Juan “Chalma” (Roquetas-Tarragona)

Labrego, 36 anos, casado con Clara Forés Rupells.

Socio da Lira Roquetense.

Xulgado en Vinaroz (Castellón) por Auxilio á Rebelión (Causa 107/38). Condenado o 28/06/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Castellón (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300705, Expediente 68610).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938) e Prisión Central de Astorga-León. Prisión atenuada o 18/07/1940.


Chaves Dios, Alejandro (Illescas-Toledo)

Xornaleiro, solteiro, 22 anos.

Na lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Chaves Dios, Dionisio (Santiago da Graña, Xunqueira de Ambia-Ourense, 1909).

Ferreiro, solteiro 27 anos.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Chaves Dios, Manuel (Illa de Arousa-Pontevedra)

Mariñeiro, 28 anos, casado con Josefa. Fillo de Ramón e Elvira.

Veciño de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Concelleiro socialista.

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar (Causa 234/1937). Condenado o 18/03/1937 a pena de morte e rebaixada a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena conmutada o 17/04/1941 a 12 anos pola Comisión de Pontevedra (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300146, Expediente 11562).

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (11/10/1937), Prisión Central de Astorga-León (13/11/1942) e Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela (23/12/1942), onde por orde do 25/09/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 280 de 07/10/1943, páxina 9716), facéndose efectiva o 17/04/1943.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1941.


Chaves del Río, Antonio (Cambados-Pontevedra, 17 de setembro de 1886)

Patrón de barco, 56 anos. Patrón Maior.

CNT. Presidente do Sindicato de Industrias Pesqueiras.

Detido no Cárcere de Cambados o 24/09/1936. Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar, sendo condenado a cadea perpetua.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. O 13/12/1936 foi executado en Barro (Pontevedra), durante un suposto traslado á Prisión de Pontevedra, xustificándose oficialmente a súa morte coa aplicación da lei de fugas .


Chaves Troncoso, Rafael (Guadalcanal-Sevilla, 1868)

Labrego, 59 anos, casado con Jesusa de la Rosa. Fillo de Rafael e María.


Afiliado á Agrupación socialista (AS) e á UGT de Guadalcanal.

Xulgado en Sevilla por Rebelión Militar. Condenado o 11/06/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.


Preso na Prisión de Guadalcanal, Prisión Provincial de Sevilla (30/05/1938), Prisión Central de Puerto de Santa María-Cádiz (23/11/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (28/09/1940), onde faleceu o 04/12/1940.


Checa Garrido, Miguel (Guadix-Granada)

Xornaleiro, casado, 61 anos. Casado con Dolores Martínez Hernández, seis fillos.

Veciños de Cabra del Santo Cristo (Jaén). Xuíz municipal suplente de Cabra del Santo Cristo. Un dos fundadores da Agrupación Socialista (AS) de Cabra del Santo Cristo (05/01/1937) e vogal do seu Comité Local. Militante da UGT desde 1932.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 21/05/1940 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 6 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Valdenoceda-Burgos e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/04/1941), onde falece o 30/11/1941 por causas naturais. Enterrado no cemiterio de Puxeiros (Vigo).

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas.


Chica Ocón, Justo

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva de desterro por Orde do 25/09/1941 (BOE número 287 de 14/10/1941, páxina 7961).


Cibeira Ferreira, Francisco (Boston-EEUU)

Operador de cine, solteiro, 22 anos.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Na lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Cid Cid, José (Ourense)

Cesteiro, solteiro, 34 anos.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Na lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Cid Dorribo, Ricardo (Coruxeiras, Ourense-Ourense)

Carpinteiro, 67 anos. Fillo de Manuel e Rosa.

Condenado o 24/07/1936 a 8 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Figueirido-Pontevedra e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/05/1941), onde por orde do 11/05/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 139 de 19/05/1942, páxina 3515).


Cid Rodríguez, Ramón (Melias, O Pereiro de Aguiar-Ourense)

Practicante, casado, 10 fillos, 68 anos. Fillo de Simón e Genoveva.

Veciño de Condado, O Pereiro de Aguiar (Ourense).

Detido o 15/02/1937. Xulgado en Ourense por Rebelión Militar (Causa 667/1937). Condenado o 17/02/1937 a 15 anos de prisión . Pena posteriormente conmutadas pola Comisión de Ourense (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300351, Expediente 17475).

Preso na Prisión Provincial de Ourense e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/03/1939), onde por Orde do 10/03/1941, concédeselle a liberdade condicional (BOE nº 72 de 13/3/1941, páxina 1789)


Cidrás Aguete, Eugenio “O Fradiño” (Loira, Marín-Pontevedra, 04/05/1916)

Mariñeiro, 21 anos, casado con Carmen Guimeráns Lobeira “A Ghaivota”. Fillos: Eugenio e Carmen Cidrás Guimeráns. Fillo de Eugenio Cidrás Calviño “O Frade” e Rosario Aguete da Vila.

Veciño de Ardán, Bueu (Pontevedra).

Xulgado en consello de guerra por Adhesión á Rebelión (Causa 343/37). Condenado o a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena conmutada en novembro de 1941 a 12 anos e 1 día.

Preso na Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (16/08/1942), concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro, o 12 de decembro de 1942 ( BOE nº 61 de 05/01/1943, páxina 157), facéndose efectiva o 04/122/1942.

Faleceu en Loira (Seixo) o 11 de novembro de 1973. A súa dona finou en Marín o 11 de xuño de 2002. Ambos están soterrados no cemiterio do Campo.


Cifuentes Ramos, Blas (Escamilla-Granada)

Labrego, 62 anos. Fillo de Ramón e Estefana.

Membro de UGT e "de antecedentes izquierdistas. Concejal durante el dominio rojo del Comité revolucionario y del Consejo de Fincas Incautadas...”. Tamén acusado de actos anticlericais.
Xulgado en Consello de Guerra en Guadalajara por Auxilio á Rebelión (Causa 2957-40). Sentenciado, o 17/02/1940 a 12 años 1 día Rm. Denégase a conmutación de pena. (Caixa 1128, Expediente 89184)

Preso, cando menos, na Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/0371941), concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 14/10/1942 (BOE número 299 de 26/10/1942, páxina 8581), facéndose efectiva o 06/08/1942.

Incoado expediente de Responsabilidades Políticas (BOE 03/10/1944, Anexo único nº 277, páx. 3855).


Ciriano Lizárraga, Antonio (Irún-Guipuzkoa)

Empregado, 32 anos, casado con Rosario Abajo. Fillo de Prudencio e Carmen.

Membro da UGT. Miliciano, pasou a Francia ao ser tomada Irún polos nacionais. Regresou por mar reenganchándose no exército republicano. Feito prisioneiro a bordo do "Aller" en agosto de 1937. Ascendido a cabo na Brigada nº 155 do Bon nº1.

Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión(Causa 12491/39). Condenado o 17/08/1939 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 2 anos pm. pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300499, Expediente 38188)

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/10/1938) e Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (17/01/1940). Liberdade condicional o 31/07/1940.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1956.


Ciudad Toledo, Vicente (Madrigalejo-Cáceres)

Xornaleiro, 70 anos, viúvo. Fillo de Alejandro e Florencia.

Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 11/08/1937 a 20 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Cáceres, Prisión Central de Burgos (25/11/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (11/03/1939) e Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (15/05/1939), onde falece o 28/01/1940.

 

Claramonte Pérez, Joaquín (Palomar de Arroyos-Teruel)

Labrego, casado, 72 anos.

Detido no cárcere de Aliaga (Teruel). Sumarísimo de urxencia por adhesión á rebelión e auxilio á rebelión (Causa 8-38). Condenado a 12 anos e 1 día. Data da Sentencia: 1938/06/03 en Aliaga (Teruel). Pena ordinaria conmutada pola Comisión de Teruel (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caja 300699, Expediente 67622).

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Clavero González, Heliodoro (Encinas de Esgueva-Valladolid)

Electricista, viúvo, 60 anos. Fillo de Andrés e María.

Veciño de Valladolid.

Afiliado á Agrupación Socialista (AS) e UGT.

Detido en Valladolid o 21 de setembro de 1936. Xulgado en consello de guerra polo Tribunal Militar Territorial 4 por Adhesión á rebelión (Causa 1292 de 1937, Caixa 178, Orde 31). Condenado o 22/10/1937 a 20 anos e 1 día. Pena ordinaria conmutada pola Comisión de Valladolid (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caja 300606, Expediente 54035)

Preso, cando menos, na Prisión Central de Burgos e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/11/1940), onde por Orde do 08/11/1941, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 322 de 18/11/1941, páxina 9015).

Expedientes de Libertad Vigilada (Audiencia Territorial de Valladolid, Archivo de la Real Chancillería de Valladolid). Signatura: Caja 3703.0010 [Justicia Contemporanea] (1944/1950)

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1943 (75/01210).


Clavero Núñez, José (Santoña-Cantabria)

Empregado, 61 anos, casado con Faustina González. Fillo de Hilario e Laureana.

Non temos datos nin do consello de guerra, nin da sentenza, pero a pena sería posteriormente conmutada a 12 anos e 1 día pola Comisión de Santander (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300031, Expediente 2316).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Prisión Central de Burgos (30/08/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (11/03/1939), Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela (05/02/1943) e Colonia Penitenciaria del Dueso (22/03/1943), onde por orde do 22/05/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 157 de 06/06/1943, páxina 5464), prisión atenuada o 30/03/1943.

 

Climent Artola, Juan José (Cinctorres-Castelló)

Xardineiro, 53 anos, solteiro. Fillo de Carlos e Antonia.

Xuíz Municipal de Cinctorres. Fiscal municipal suplente.

Xulgado en Vinaroz (Castelló) por Auxilio á Rebelión (Causa 1398/1938). Condenado o 01/07/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 6 anos e 1 día pola Comisión de Castellón (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300249, Expediente 4324).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938) e Prisión Central de Astorga-León, onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 267 de 24/9/1941, páxina 7364), facéndose efectiva o 20/08/1941.


Clua Sin, Joaquín (Laguarres, Capella-Huesca, 1868)

Labrego, 70 anos, casado con Manuela, dous fillos. Fillo de Joaquín e Joaquina.

Xulgado en Huesca en Consello de Guerra Permanente (Causa 247/1938). Condenado o 23/08/1938 a 12 anos e 1 día de reclusión menor. Pena ordinaria conmutadas pola Comisión de Huesca (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300698, Expediente 67551)

Preso na Prisión Provincial de Huesca (25/06/1938-18/8/1938), Prisión Provincial de Salamanca (27/09/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/02/1939).

Expediente de Responsabilidades Políticas de Huesca procedente do Xulgado de Instrución de Benabarre (Nº 2962) en 1945.

 

Cobo Herbella, Joaquín (Meruelo-Cantabria)

Mariño mercante, 23 anos, solteiro. Fillo de Joaquín e Carmen.

Veciño de San Vicente de la Barquera (Cantabria).

Afiliado ao Partido Comunista (PCE). Militante do Socorro Rojo Internacional. Tenente de Infantería no Bon 130, do Exército do Norte.

Xulgado en Bilbao por Rebelión Militar. Condenado o 20/09/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300499, Expediente 38204).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/10/1938) e Prisión Provincial de Bilbao (27/04/1940), onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 130 de 10/5/1941, páxina 3310), facéndose efectivo o 07/05/1941.


Coca González, T.-Fund. Pablo Iglesias

Coca González, Telesforo (Medina del Campo-Valladolid)

Comerciante, solteiro, 26 anos. Fillo de Luis e Modesta.

Membro da UGT e afiliado a Juventudes Socialistas (JS) de Oviedo.

Durante a Guerra Civil Española foi tenente da 189ª Brigada Mixta de Infantería, 68ª División do Exército do Norte, e despois capitán da 188ª Brigada Mixta de Infantería, 50ª División tamén do Exército do Norte.

Xulgado en Camposancos. Condenado a Pena de morte.

Preso, cando menos, na Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (15/07/1938), onde falece o 09/03/1941 por causas naturais.


Colina Herrera, Marciano (Burgos-Burgos)

Cabo da Garda Civil. Casado.

Preso, cando menos, no Forte de San Cristóbal (16/09/1937-15/09/1938), sendo trasladado á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

 

Collado Díaz, Pedro (Novales, Alfos de Lloredo-Cantabria)

Ferreiro, 60 anos, casado con Consuelo Gómez. Fillo de Asunción e pai descoñecido.

Presidente da Comisión Xestora de Alfoz de Lloredo. Afiliado ao Partido Socialista. Cabo no exército de Asturias.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 25/01/1938 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión de Partido de Torrelavega (25/10/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/03/1939) e Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (15/05/1939), onde falece o 01/09/1939.


Collado Fernández, Antonio (Arriondas, Parres-Asturias).

Labrego, 64 anos, casado con Adriana. Fillo de Leoncio e Ana.

Veciño de Ribadesella (Asturias).

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 02/06/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300594, Expediente 52257)

Preso na Prisión de Gijón, Prisión Provincial de Oviedo (26/07/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939), onde é rexistrada a súa morte o 02 de febreiro de 1941.


Collado Toucedo, Severino (Río Frío, Mondariz-Pontevedra).

Xornaleiro, casado, 38 anos.

Chegou á illa de San Simón trasladado desde o cárcere de San Cristóbal, preto de Pamplona.


Collía Fabián, Ignacio (Sorribas-Asturias)

Labrego, 71 anos, viúvo de Josefa Pérez Fabián, 6 fillos. Fillo de Francisco e María.

Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 30/06/1938 a 20 anos. Pena ordinaria conmutada a 12 anos e 1 día pola Comisión de Oviedo (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caja 300885, Expediente 93554)

Preso na Prisión Provincial de Oviedo e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939), concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 22/07/1942, (BOE nº 209 de 28/07/1942, páxina 5541).

NOTA: Atopo a Ignacio Collia Fabier, sobresemento de expedientes de Responsabilidades Políticas. (BOE do 29/05/1946, número 149, páx. 1425).


Colodrón Jiménez, Policarpo (Medina del Campo-Valladolid)

Zapateiro, 55 anos. Fillo de Rafael e Alfonsa.

Veciño de Malvedo (Lena-Asturias).

En 1914 presidente das Juventudes Socialistas de Sama de Langreo. Secretario do Centro de Sociedades Obreras de La Felguera (Langreo) en decembro de 1917. En 1920 constitúese a Agrupación Socialista de Lada (Langreo), sendo o presidente do primeiro comité. Secretario da Agrupación Socialista de Malvedo en 1936.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 24/06/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena conmutada o 12/122/1942.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Figueirido-Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/05/1941) e Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela (05/02/1943), onde por orde do 02/03/1944, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 88 de 28/03/1944, páxina 2526), facéndose efectiva o 24/02/1944.


Colomo Goñi, Saturnino (Ukar-Navarra)

Xornaleiro, 65 anos, casado con Dominica Landa. Fillo de Marcos e Felisa.

Veciño de Tolosa (Guipuzkoa).

Xulgado por Excitación á Rebelión. Condenado o 12/02/1938 a 8 anos.

Preso, cando menos, na Prisión de Partido de Tolosa, Prisión provincial de San Sebastián (16/01/1938), Buque Prisión Upo Mendi-San Simón (19/10/1938) e Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (05/05/1939), onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 263 de 20/9/1941, páxina 7248), facéndose efectiva o 27/08/1941.


Colsa Caballero, Florencio “El Mejicano” (México-México)

Mariñeiro, 32 anos, solteiro. Fillo de Florencia e Antonia.

Veciño de Bouzas, Vigo (Pontevedra).

Xulgado en Vigo por Auxilio á Rebelión. Condenado o 01/01/1937 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300426, Expediente 27336).

Preso, cando menos, na Prisión de Vigo e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/09/1937). Prisión Atenuada o 04/09/1940.

Regresou a Ciudad de México onde faleceu o 08/01/1980 aos 74 anos.


Comas Guarch, Mariano (Maella-Zaragoza)

Xastre, 57 anos, casado con Miguela. Fillo de Tomás e Josefa.

Xulgado en Maella por Adhesión á Rebelión. Condenado o 12/04/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena conmutada pola Comisión de Madrid (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caja 300449, Expediente 30927).

Preso na Prisión de Zaragoza, Prisión Central de Burgos (28/06/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/11/1940), onde por Orde do 24/06/1941, concédeselle a liberdade condicional (BOE nº 185 de 4/7/1941, páxina 4958).


Comesaña Lorenzo, Serafín (Mondariz-Pontevedra, 1889)

Canteiro, casado, 47 anos.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Comesaña Rendo, Francisco (Cienfuegos-Cuba, 1913)

Estudante de Menciña na Universidade de Santiago, 26 anos, solteiro (en 1941 casou por poderes con Ascensión Concheiro García). Fillo de Eulogio e Rosario.

Fillo de emigrantes galegos, a familia regresou a Galicia cando tiña 6 anos. Veciño de Tui (Pontevedra).

Membro das Juventudes Socialistas (JS). Participou na defensa de Ordes (A Coruña).

Xulgado en Santiago por Rebelión Militar. Condenado o 22/12/1936 a pena de morte xunto a 15 acusados máis, sentenza conmutada pola de 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 6 anos e 1 día. Multado por responsabilidade civil con 500.000 pesetas.

Preso nas Prisión de Santiago, Prisión Provincial de A Coruña (35/03/1937), Sanatorio Penitenciario de Porta Coeli-Valencia (10/01/1941) e Prisión do Partido de Vigo (24/04/1941). O 02/08/1943 sae en liberdade condicional.

Unha vez en liberdade afíliase ao Partido Comunista e comeza a prestar apoio médico aos fuxidos e a guerrilla. Consegue exiliarse establecéndose primeiro en Cuba e marchando logo a México, onde traballou nunha industria farmacéutica e nunha clínica. Alí prosegue coa súa militancia antifranquista vinculado a FOARE e ao grupo galego da revista Vieiros. En 1976 regresou a vivir coa súa familia en Tui (Pontevedra), onde faleceu en 1997.

A súa vida inspirou ao escritor Manuel Rivas a personaxe do doutor Da Barca na súa novela “O lapis do carpinteiro”.

NOTA: Cítase que tamén estivo nas prisións de San Simón e León en: SIMÓN LORDA, DAVID. Recuperando a Memoria (histórica) na sanidade galega (II): Médicos, Practicantes e “Maquis”: O apoio á guerrilla e aos represaliados na posguerra.


F. Comesaña Rendo-Lamela García, L. 1936 La cruzada en Compostela

 

Concellón Hernández, Plácido (Bustillo de Chaves-Valladolid)

Mineiro, 62 anos, casado con Mar-ia. Fillo de Eugenio e Catalina.

Veciño de Mieres (Asturias).

Afiliado ao Partido Comunista (PCE) de Santa Cruz.

Xulgado en Asturias por Rebelión Militar. Condenado o 17/12/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Prisión de Oviedo, Prisión Central de Celanova-Ourense (07/02/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (03/04/1939) e Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (15/05/1939), onde falece o 12/12/1939.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas polo tribunal de Valladolid en 1938.

Procesado polo Tribunal Especial para la Represión de la Masonería y el Comunismo en 1940.


Conde Conde, Emilio “Do Tombo” (Paredes, Vilaboa-Pontevedra)

Canteiro, 49 anos, casado con Josefa “Pepa” González Conde. Fillo de Manuel e Josefa.

Concelleiro de Vilaboa.

Ocultouse no monte da Costa con Manuel García Amoedo, pero os dous rematarían sendo detidos.

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra.

Preso na Prisión Provincial de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/02/1937), Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela (27/02/1939) e Prisión Provincial de A Coruña (03/11/1939).

Durante as visitas á illa da súa familia, a súa filla Enedina coñecería a outro preso chamado Fernando Gurrea, co que casou e anos despois marcharía a buscar fortuna en Venezuela,


Conde Conde, José (Barbantes, Cenlle-Ourense)

Ferroviario, 39 anos, casado con Saladina Quintela Álvarez. Fillo de Camilo e Nieves.

Veciño de O Porriño (Pontevedra).

Xulgado en Vigo por Rebelión Militar. Condenado o 27/04/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300425, Expediente 27312).

Preso, cando menos, na Prisión de Tui e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (25/09/1937).


Conde Conde, Manuel (La Vellés-Salamanca)

Labrego, solteiro, 55 anos.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 31/12/1936 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 3 anos e 7 meses.

Preso no Forte de San Cristóbal (26/06/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (18/09/1938) e Prisión Provincial de León (09/04/1939). Prisión atenuada o 23/08/1940. Liberdade definitiva o 03/05/1941.

Na Audiencia Provincial de Valladolid abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1959. (02638/1959)


Conde Martínez, Belarmino (Nigrán-Pontevedra).

21 años.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Conde Penido, Constantino (Manduas, Silleda-Pontevedra)

Canteiro, 27 anos.

Vocal de Izquierda Republicana (IR) pola Bandeira.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar co resultado de sentenza a pena de morte. Fusilado en Pontevedra o 30 de xuño de 1937.


Conesa Guimera, Benjamín “Capellanes” (Morella-Castelló)

Labrego, 56, casado con Julia. Fillo de Juan e Ramona.

Concelleiro, membro do Comité local de Justicia e vocal da Junta de Incautaciones. Membro de Izquierda Republicana (IR), da que foi vocal, e UGT, da que foi secretario.

Xulgado en Morella por Rebelión Militar (Causa 1404/38). Condenado o 27/04/1938 a pena de morte, sendo rebaixada o 14/06/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Prisión provincial de Zaragoza, Prisión Central de Burgos (05/09/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/11/1940) e Gran Hospital Provincial de Pontevedra, onde falece o 07/08/1941.

Despois da súa morte, o 17/03/1943, a súa pena sería conmutada a 20 anos e 1 día pola Comisión de Castellón (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300037, Expediente 2684).


Consuegra Escribano, Evaristo (Peñarroya, Pueblonuevo-Córdoba)

Mineiro, 65 anos, casado con Crescencia Molina Álvarez. Fillo de Lope e Dolores.

Xulgado en Córdoba por Auxilio á Rebelión (Causa 145/1937). Condenado o 28/12/1937 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión de Córdoba, Prisión Provincial de Córdoba (11/09/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (24/02/1939), concédeselle a liberdade condicional en 1941 (BOE nº 90 de 31/3/1941, páxina 2125).


Conte Mur, Mariano (Angües-Huesca, 29/07/1877)

Mariano Conte. DARA
Labrador, casado, 2 fillos. Fillo de Mariano e Rosa,

Xulgado en Huesca en Consello de Guerra sumarísimo de urxencia por Rebelión Militar (Causa 587/38). Dítase sentencia o 16/09/1938, condenándoo a 12 anos.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, o 13/04/1939 foi trasladado á Prisión Provincial de Pontevedra, sendo posto en liberdade condicional o 7/10/1940

Ábrelle expediente o Juzgado Instructor Provincial de Responsabilidades Políticas de Huesca decretándose a súa inculpación (1942-43).

A súa irmá Simona Conte Mur tamén foi detida, falecendo en prisión.


Contreras Diago, Manuel (Fuendejalón-Zaragoza)

Labrego, 53 anos, casado con Teodora Cuartero Macaya, tres fillos. Fillo de Andrés e Casimira.

Afiliado a Izquierda Republicana.

Xulgado en Zaragoza por Auxilio á Rebelión (Causa 424/1937). Condenado o 21/04/1937 a 12 anos e un día de reclusión temporal. Xulgado novamente en Zaragoza por Excitación á Rebelión, sendo condenado o 19/01/1938 a 10 anos de prisión maior (Causa 1827-37).

Preso, cando menos, na Prisión de Zaragoza e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938), Na ficha recóllese unha nova entrada na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón o 12/03/1941, onde falece o 17/06/1941.

Seguiríaselle Expediente de responsabilidade políticas pola súa oposición “al triunfo del movimiento nacional”, co resultado de multa de 500 pesetas, e Expediente de incautacións.

En 1984, por iniciativa do PSOE local, colocouse no cemiterio de Fuendejalón unha estela conmemorativa que lembra aos veciños do pobo mortos polos sublevados durante a guerra.


Contreras Fernández, Francisco (Adra-Almería, 31/01/1882)

Xornaleiro, 46 anos, casado. Fillo de José e María.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 15/12/1939 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Almería (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 301015, Expediente 109872)

Preso, cando menos, na Prisión Central de Astorga-León e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/01/1942), onde falece o 05/10/1942 por colapso cardíaco.


Contreras Manso, Ángel (Segovia)

Fontaneiro, casado, 29 anos.

Preso no Forte de San Cristóbal (26/01/1937-15/09/1938) e trasladado á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Contreras Molero, Alonso (Almogía-Málaga).

NOTA: Na ficha: Contrera Molero, Alonso.

Labrego, 61 anos, viúvo. Fillo de Antonio e Agustina.

Condenado o a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena conmutada a 12 anos e 1 día pola Comisión de Málaga (Referencia: ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300066, Expediente 4996)

Preso, cando menos, na Prisión de Colmenar, Prisión Provincial de Málaga (18/05/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/03/1939), onde falece.


Contreras Ortega, José “El Rojas” (Moguer-Huelva)

Mineiro, 63 anos. Fillo de José e Concepción.

Veciño de Linares (Jaén).

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 02/08/1939 a 20 anos de reclusión menor.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Astorga-León, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/01/1942), Prisión de Melilla (08/11/1942), Prisión de Málaga (13/11/1942) e Prisión de Córdoba (16/11/1942).


Copado Castro, Francisco (Casar de Escalona-Toledo)

Xornaleiro, 64 anos, casado con Gaudencia Rozas. Fillo de Lucas e Inés.

Xulgado en Madrid por Adhesión á Rebelión (Causa 349). Condenado o 25/05/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. A pena sería conmutada pola Comisión de Toledo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300906, Expediente 96332).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Toledo, Prisión de Partido de Vergara (21/09/1938), Prisión Central de Burgos (24/11/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (11/03/1939), onde falece o 08/02/1941 por causas naturais.


Corbelle Piñeiro, Castor (Caldas de Reis-Pontevedra, cara a 1916)

Labrego, 26 anos, casadocon Dolores Domato Fariña. Fillo de Ángel e Rosa.

Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado a 15 anos de prisión. Posteriormente conmutación a 3 anos de prisión menor. (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300288, Expediente 9283).

Preso na Prisión Provincial de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1937) e Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (27/02/1939). Prisión atenuada o 19/08/1940.

En 1943 ten que facer fronte á incautación de bens (BOE 30/04/1943, páx. 1623). Seguíuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1960.

En 1986 citado nun xuízo pola propiedades dunhas leiras como mineiro xubilado.


Cordeiro Refojos, Francisco “Chuco” “Tirano” (Cangas do Morrazo-Pontevedra)

Mariñeiro, 25 anos, solteiro. Fillo de ¿? e Francisca.

Membro do CNT.

Fuxido e detido en agosto de 1937 en Talavera de la Reina (Toledo). Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 3 anos (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300426, Expediente 27338).

Preso na Prisión provincial de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1938) e Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela (27/02/1939). Prisión atenuada o 21/08/1940.


Cordero Berástegui, Andrés (Avilés-Asturias)

Mariñeiro, casado, 34 anos.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde falecería o 10 de abril de 1937.


Cordero Cordero, Pedro (Cilleros-Cáceres)

Xornaleiro, 65 anos, casado con Concepción Mora. Fillo de Venancio e Tomasa.

Xulgado polo Tribunal Militar Territorial 1, en Madrid, Adhesión á Rebelión (Causa 2037, 3019). Condenado o 04/12/1937 a 20 anos e 1 dia de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Prisión de Ávila, Prisión provincial de Ávila (01/08/1937), Prisión de Arenas de San Pedro-Ávila (13/11/1938), Prisión Central de Astorga-León (01/07/1940) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde, por Orde do 24/06/1941, acada a Liberdade Condicional (BOE nº 198 de 17/7/1941, páxina 5345).


Córdoba Pampliega, Pascual (Burgos-Burgos, 18/05/1877)

Comerciante de telas, roupas e zapatos e propietario dun café, 60 anos, casado con Lucía Orejón, 6 fillos. Fillo de Dionisio e Irene.

Veciño de Villadiego (Burgos), onde tiña o seu comercio e o seu café. En 1928 abriría outro comercio de telas en Burgos.

En 1925 afiliado a Unión Patriótica. En 1928 subcabo de Somatenes do Partido de Villadiego. En 1936 militante de Izquierda Republicana (IR).

Xulgado en Burgos por Rebelión Militar. Condenado o 23/10/1936 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 6 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Provvincial de Burgos, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (04/05/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939) e Prisión Central de San Isidro de Dueñas-Palencia (04/01/1940). Liberdade condicional o 13/08/1940.

O 19/10/1937 a Comisión Provincial de Incautación de Bienes, instrúelle expediente de responsabilidade civil por oposición ao Movimiento Nacional.

Faleceu aos 80 anos en Madrid o 31/10/1957.


Córdoba Pampliega, Pascual. 2º pola dereita. Somatenes1928-29 Foto: Memorias de Villadiego


Córdoba Piñeiro, Basilio (Tarrancón-Cuenca)

Labrego, casado, 65 anos. Fillo de Manuel e Andrea.

Xulgado polo Tribunal Militar Territorial 1, en Madrid por Auxilio á Rebelión. (Causa 64.405 / 1939). Condenado o 16/05/1939 a 12 anos e 1 día. Pena ordinaria conmutada pola Comisión de Cuenca (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 301004, Expediente 108460).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Cuenca, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (06/10/1940) Prisión delMonasterio de Uclés-Cuenca (08/11/1942), Prisión Central de Yeserías-Madrid (05/02/1943) e na Prisión Central de Santa Rita-Madrid (11/03/1943), onde por orde do 11/11/1943, acada a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 362 de 28/12/1943, páxina 12301), facéndose efectiva o 04/11/1943.


Cored Nasarre, Julián (Lierta, La Sotonera-Huesca)

Labrego, 61 anos, casado con Victoria Martín. Fillo de Pascual e María.

Xulgado por Rebelión Militar (Causa 140/38). Condenado o 21/07/1938 a 6 anos e 1 día de reclusión menor.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Huesca (10/05/1938), Prisión de Estella (30/12/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (25/02/1939) e Prisión Central de San Isidro de Dueñas -Palencia, onde por orde do 12/08/1940, concédeselle a Liberdade condicional (BOE número 233 del 20/08/1940, páxina 5769).


Corraliza Díaz, Pedro Miguel (Orellana de la Sierra-Badajoz)

Industrial, 60 anos, casado con Ana María Bernarda Díaz Arias. Fillo de Miguel e Ana María.

Xulgado por Auxilio á Rebelión (Causa 2600/1938). Condenado o 04/11/1938 a 20 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Badajoz (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300858, Expediente 90078).

Preso, cando menos, na Prisión Central de Astorga-León e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/03/1941), onde por orde do 22/07/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 209 de 28/07/1942, páxina 5540), facéndose efectiva o 04/07/1942.

Expedientes de Expropiación de Bienes (Tribunal Regional de Badajoz, Boletín 204 de 1940).


Correa Jerez, Higinio (Estella-Nafarroa)

Militar, solteiro, 24 anos.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Na lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.

NOTA: Aparecen Manuel e Cosme Correa Jerez presos na Prisión Central de Pamplona.


Correa Sousa, Joaquín (Portugal)

Serrador, 58 anos. Veciño de Ponteareas.

Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 16 anos. Pena ordinaria conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300425, Expediente 27302)

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, na que, por orde do 24/06/1941, concédeselle a Liberdade Condicional (BOE nº 183 de 2/7/1941, número 183, páxina 4903)


Correcher Aristizabal, José (Donosti/San Sebastián-Guipuzkoa)

Oficial de Correos, 47 anos. Fillo de José e Francisca.

Xulgado en San Sebastián por Auxilio á Rebelión (Causa 225/1938). Condenado o 19/07/1938 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión de San Sebastián, Prisión Provincial de San Sebastián (25/11/1937) e Buque Prisión Upo Mendi-San Simón (19/10/1938)

Expediente de depuración polo Juzgado Especial de la Dirección General de Correos y Telecomunicación.


Corredor Crespo, Ángel (Alcantud-Cuenca)

Labrego, casado, 71 anos. Fillo de Valentín e Jerónima.

Xulgado por Auxilio á Rebelión polo Tribunal Militar Territorial 1, en Madrid, en 1939 (Causa 1470/1939). Condenado o 05/06/1940 a 12 anos e 1 día. O 16/03/1943 auméntase a condena a 15 anos pola Comisión de Cuenca (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300849, Expediente 88734).

Preso, cando menos, na Prisión do Seminario de Cuenca, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (06/10/1940) e na Prisión Provincial de Cuenca (30/09/1942), onde por orde de 22/05/1943, concédeselle a Liberdade condicional sen desterro (BOE número 155 do 04/06/1943, páxina 5367), facéndose efectiva o 08/05/1940.


Corroto Peñas, José “Chocante” (Gálvez- Toledo)

Albanel, 63 anos, casado con María. Fillo de Blas e Juana.

Xulgado en Navalhermosa (Toledo) por Auxilio á Rebelión. Condenado a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Toledo (30/11/1939), Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (04/07/1940) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (01/05/1942), onde por Orde do 15/6/1942, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 180 de 29/06/1942, páxina 4627).


Corte y Gallo, Alfredo del (Madrid-Madrid)

Retirado civil, 64 anos, casado con Mercedes. Fillo de Domingo e Carmen.

Veciño de Málaga (Málaga).

Socio da Liga Nacional Laica en 1930-31.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 07/12/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 6 anos e 1 día pola Comisión de Málaga (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300549, Expediente 45792).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Málaga (06/11/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

 

Cortés Fernández, José María (Castro, A Estrada-Pontevedra, 22/06/1897)

Mestre nacional de Goián, 39 anos.

Colaborou cos xornais El Emigrado, Tribuna, Nuevo Heraldo e El País.

Socio da Casa del Maestro de Pontevedra. Defendía que o Estado e os Concellos debían manter comedores e roupeiros escolares para os nenos e nenas máis necesitados.

Acusado por participar na requisa de armas e explosivos e recrutar xente na comarca do Ulla, sendo detido á entrada da Estrada á fronte dunha expedición de automóbiles e xentes armadas. Xulgado en Pontevedra o 08/10/1936 por Rebelión Militar e Auxilio á Rebelión, xunto con José Gómez Rivas, Ramiro Buján Gómez e Manuel Bugallo Pereira, acusados dos mesmos feitos. José María Cortés e José Gómez serían condenados á pena de morte. Serían fusilados o 15/10/1936 na estrada de Campañó (A Caeira).


Cortés Fernández, Juan (Almarina, Benalmádena-Málaga)

Albanel, casado, 61 anos. Fillo de Pedro e Isabel.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 28/02/1938 a pena de morte, sendo rebaixada a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 20 anos pola Comisión de Málaga (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caja 300067, Expediente 5046).

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria del Dueso, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/04/1939) e na Prisión Provincial de Málaga (26/01/1943), onde por orde do 11/11/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 362 de 28/12/1943, páxina 12314), facéndose efectiva o 23709/1943.


Cortés González, Anastasio “El Bolele” (Zorita de la Frontera-Salamanca, 17/04/1905)

Xornaleiro, 31 anos, casado. Fillo de Santiago Cortés Marcos e María Engracia González Caballero.

UGT.

O 08/12/1936 foi denunciado por Antonia González Rodríguez, porque en agosto de 1936 vindo de segar de Aldeayuste (Campo de Peñaranda, Salamanca), opinou en contra do Movemento Nacional. Detido pola Garda Civil de Salamanca o 01/01/1937, ingresando na Prisión Provincial de Salamanca.

Xulgado o 06/03/1937 en Salamanca por Auxilio á Rebelión polo Tribunal Militar Territorial 4 (Causa 1218 de 1936, Caja 96, Orden 1046). Condenado a 15 anos de reclusión temporal. Sería conmutada pola Comisión de Salamanca o 08/07/1944, rebaixándose a 6 anos e 1 día de prisión maior (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300491, Expediente 36972).

Preso, na Prisión Central de Pamplona (29/06/1937-15/09/1938), na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938) e na Prisión Provincial de Lugo (25/11/1939), na que se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 214 de 2/8/1941, páxina 5866)

Abríuselle expediente polo Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas de Valladolid (Archivo de la Real Chancillería de Valladolid. Signatura: Jc Libro 0481. Folio 0141V)


Cortés González, Gregorio (Azagra-Nafarroa/Navarra)

Labrego, solteiro, 16 anos. Morto na Illa de San Simón.


Cortés López José María (Villafranca-Nafarroa/Navarra)

17 anos. Morto na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Cortés López, Luis (Burgos-Burgos)

Comercial, solteiro.

Preso, cando menos, no Forte de San Cristóbal (04/03/1938-15/09/1938), sendo trasladado á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Cortés Paloma, Teófilo (Murillo el Fruto-Navarra)

Garda Civil, solteiro, 25 anos.

Morto na Illa de San Simón.


Cortés Peret, Alberto (Villarreal-Castelló)

Albanel, casado, 60 anos. Fillo de Alberto e Pascuala.

Xulgado en Castellón por Auxilio á Rebelión (Causa 4214/1939). Condenado o 26/05/1940 a 20 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Totana, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (09/11/1940) e Prisión Provincial de Castellón de la Plana-Castellón (27/01/1943), onde, por orde do 22/05/1943 concédeselle a| Liberdade condicional provisional, sen a liberación do desterro (BOE numero 157 de 06/06/1943, páxina 5469), facéndose efectiva o 01/05/1943.

En 1947 estaba domiciliado en Villarreal, cando é novamente xulgado, neste caso por estar afiliado ao partido socialista.


Cortiella Gracia, Domingo (Pauls-Tarragona)

Labrego, 33 anos, casado con Pilar Menéndez Grao. Fillo de Domingo e Esperanza.

Xulgado en Vinaroz por Auxilio á Rebelión (Causa 156/1938). Condenado o 13/06/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Castellón (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300705, Expediente 68574).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938) e Colonias Penitenciarias Militarizadas de Dos Hermanas-Sevilla (26/02/1940). Liberdade condicional o 01/12/1941.


Cortijo de Pedro, Lorenzo (Solanillos del Extremo-Guadalajara, 1874)

Labrego, 66 anos. Fillo de Pablo e Segunda.
Afiliado á Agrupación Socialista (AS) e vocal de UGT en Solanillos del Extremo.
Xulgado en Guadalajara por Adhesión á Rebelión (Sumario 936). Condenado o 19/01/1940 a pena de morte, sendo conmutada por cadea perpetua (30 anos) e, máis tarde, por 20 anos e 1 día de R. M.
Preso na Prisión de Guadalajara, Prisión Central de Burgos, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (21/03/1941), Prisión de Guadalajara (08/11/1942) e Prisión de Yeserías-Madrid (16/06/1945), onde se lle concede a liberdade condicional o 15/09/1945. Pasaría no cárcere un total de 6 anos, 4 meses e 14 días.

Cortina Palacios, José (Caldones, Gijón-Asturias)

Labrego, 61 anos, casado con Generosa. Fillo de Rafael e Josefa.

Veciño de Costales (Villaviciosa-Asturias).

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 17/05/1938 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300293, Expediente 9878).

Preso, cando menos, na Prisión de Partido de Gijón, Prisión Central de Puerto de Santa María-Cádiz (15/07/1938), Prisión Provincial de Huelva (05/12/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (06/03/1939).

 

Cortinas de la Rosa, Mariano (Arrancacepas-Cuenca)

Xornaleiro, casado con Micaela. Fillo de Francisco e Mauricia.

Xulgado en Cuenca. Condenado o 27703/1933 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Cuenca, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (13/06/1933), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939) e Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (15/05/1939), onde falece o 26/06/1939.

 

Cortines Cortines, Aniceto (Bielva-Cantabria)

Labrego, viúvo, 70 anos. Fillo de Manuel e Maximina.


Pertencente a UGT, Presidente da xunta veciñal.
Xulgado en Torrelavega por Adhesión á Rebelión (Causa 1916), acusado de intervir en requisas, incautacións e denuncias. Condenado o 30/10/1937 a pena de morte, sendo rebaixada a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Máis tarde sería conmutada por 12 años de P. M.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria del Dueso, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/04/1939), Prisión Tabacalera de Santander (28/09/1942) e Prisión Provincial de Santander (01/09/1943). Liberdade condicional o 01/10/1943.

Corujeira González, Florentino “O Cristo” (Cedeira, Redondela-Pontevedra)

Mariñeiro, 29 anos, solteiro. Fillo de Feliciano e Juana.

Xulgado en Vigo por Rebelión Militar. Condenado o 17/10/1936 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300425, Expediente 27323).

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (05/02/1937). Prisión atenuada o 12/09/1940. Liberdade condicional o 14/12/1943.


Corvo Becerra, José (Iruña (Pamplona)-Navarra)

Xornaleiro, solteiro, 16 anos.

Morto na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Coscollá Expósito, Jorge (Valencia-Valencia, 1877)

Labrego, 62 anos, casado con Librada Périz Campos. Pais descoñecidos.

Veciño de Torrechiva (Castelló).

Xulgado en Castellón por Auxilio á Rebelión (Causa 1350/1938). Conednado o 26/01/1939 a 20 anos de reclusión. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Castellón (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300857, Expediente 89953).

Preso, cando menos, na Prisión de Lucena, Prisión Provincial de Castellón (03/12/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (25/04/1939), onde por Orde do 02/08/1941, concédeselle a liberdade condicional (BOE número 227 de 15/8/1941, páxina 6267).

Faleceu en Torrechiva (Castellón), o 29/06/1961, aos 91 anos.


Cosende Pérez, Luis (Celanova-Ourense)

Porteiro, casado, 68 anos.

Xulgado en Bilbao, o 28/07/1937, por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Preso no Forte de San Cristóbal (25/10/37-11/3/39) e trasladado á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón


Cosío Calvo, José (Andosilla-Navarra)

Xornaleiro, casado, 32 anos.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón onde faleceu.


Cosío García, Gaspar (Sotillo de San Vitores, Valdeprado del Río-Cantabria)

Labrego, 30 anos, viúvo. Fillo de Manuel e Silvina.

Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado o 21/04/1938 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/10/1938) e Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (17/01/1940). Prisión atenuada o 06/07/1940.


Cossío Blanco, Francisco (La Collada, Siero-Asturias)

Labrego, 72 anos, viúvo de Urbana Cabo. Fillo de José e Cándida.

Xulgado en Asturias por Rebelión Militar. Condenado o 17/06/1938 a 20 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300513, Expediente 40296).

Tamén foi procesado polo Tribunal Popular de Gijón por “cohecho” (Sumario Nº5-1937), co resultado de sobresemento provisional.

Preso na Prisión de Siero, Prisión Provincial de Oviedo (04/06/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939), onde falece o 22 de marzo de 1941, por causas naturais.


Costa González, Gumersindo (Prado, Lalín-Pontevedra)

Xornaleiro, 36 anos, casado con Josefa Matos Rivas. Fillo de Andrés e Filomena.

Veciño de Taboada (Silleda-Pontevedra).

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 20/09/1937 a 20 anos de prisión. Pena ordinaria conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caja 300425, Expediente 27326).

Preso, cando menos, na Prisión de Lalín e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/11/1936).


Costa González, José (Prado, Lalín-Pontevedra)

Xornaleiro, 26 anos, solteiro. Fillo de Andrés e Filomena. Irmán do anterior.

No Fichero da Sección Politico-Social aparece como “Alumno de la Escuela Popular de Guerra del ejército rojo” e “Figura en nómina del bón Marcelino Domingo de las Miliciaas de Izquierda Republicana Balas Rojas en Madrid fecha 11-11-1936...”.

Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 20/09/1937 a 15 anos de reclusión. Posteriormente conmutación a 3 anos de prisión menor.

Preso, cando menos, na Prisión de Lalín e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/11/1936).


Costa Martell, Antonio (Peralta de la Sal-Huesca)

Labrego, 58 anos, casado con Concepción Ramiz Fort. Fillo de Esteban e Rosa.

Afiliado a UGT.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 05/09/1938 a 12 anos e 1 día de reclusión menor. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Huesca (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300483, Expediente 35795).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Huesca (10/6/1938) e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/05/1939), onde por orde do 24/06/1941, concédeselle a Liberdade Condicional (BOE nº 183 de 2/7/1941, páxina 4903)

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas (Archivo Histórico Provincial de Huesca. Signatura: J-5810/19. Peralta de la Sal (1942 - 1947)).


Costal Guisado, José (Bugarín, Ponteareas-Pontevedra)

Labrego, 19 anos, solteiro. Fillo de Emilia e pai descoñecido.

Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 19/05/1937 a 12 anos e 1 día.. Conmutación e extinción da pena o 21/07/1939.

Preso, cando menos, na Prisión do Concello de Pontevedra e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/07/1936).


Costalet Belart, Juan “Fomet” (Gandesa-Tarragona)

Labrego, 62 anos, casado con Tomasa. Fillo de Esteban e Raimunda.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 08/06/1938 a 6 anos e 1 día.

Preso na Prisión Provincial de Zaragoza e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938), onde por Orde do 21/6/1940, concédeselle a liberdade condicional (BOE número 179 del 27/06/1940, páxina 4400), facéndose efectiva o 23/06/1940.


Costas, Ramón

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Probablemente pode ser Ramón Costas Otero (de Cangas, xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de absolución) ou Ramón Costas Vidal (de Baiona, xulgado en Vigo co resultado de sobresemento provisional).


Costas Caamaño, Ismael “O Pequecho” (Coiro, Cangas-Pontevedra)

Director da Banda de Música Popular de Cangas e anteriormente da Banda Infantes do Morrazo (Moaña) e a Agrupación Aires do Morrazo. 34 anos, solteiro. Fillo de José e Carmen.

Militante da Agrupación Socialista (AS). UR.

Descuberto agochado na igrexa de Coiro, onde se agochara axudado polo párroco. Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 20/05/1937 a 20 anos.

Preso na Prisión de Cangas e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (19/09/1936), na etapa máis dura, cando se realizaban as “sacas” de presos. O 5 de decembro de 1936, leváronse aos seus veciños de Cangas Adonis Teixeira, Ángel Rial e Clemente Carracelas e a Vicente Sáez Ruiz, mestre da escola de Coiro, quen lle entregou o seu anel co encargo de darllo á súa familia.

Despois do cambio na dirección do presido, recibe o encargo do director de crear unha masa coral. Actuarían na festividade de San Simón, o 28 de outubro de 1938, acompañados da Banda de Música de Redondela. «Aquilo parecía a festa dunha vila. Pola mañá soaron bombas e a Banda de Música e Redondela percorría a illa coas tradicionais dianas e alboradas…» (Mosquera, 2006: 90)

Posteriormente consegue a conmutación da súa pena a 4 anos. En 1940 condenado a pagar 110 pesetas en aplicación da Lei de Responsabilidades Políticas.

Costas Caamaño, Ismael-Nomes e Voces


Costas Méndez, Fernando “O Larruño” (Lavadores, Vigo-Pontevedra)

Carpinteiro, casado, 23 anos. Veciño de Riomao (Lavadores).

Acusado de participar no asalto á casa da familia Núñez. Sería xulgado en Vigo por rebelión militar, sendo sentenciado á pena de morte.

A sentenza executaríase co seu fusilamento xunto a 11 vigueses mais, no Castro de Vigo, o 10 de decembro de 1936.


Costoya Ares, Antonio (Negreiros, Silleda-Pontevedra, 21/08/1905)

Obreiro, solteiro, 32 anos. Fillo de Francisco e Manuela.

Concelleiro de Silleda.

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua o 28/02/1937.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/10/1936) e o Forte de San Cristóbal (1507/1937). Neste último participa na gran evasión do 22/05/1938, sendo capturado ao día seguinte por requetés en Juslapeña. Por este feito sería fusilado o 06/06/1938.

En 1941 ségueselle expediente por Responsabilidades políticas. (BOE 29/04/1941, páx. 1720), sendo indultado en 1960.


Costoyas Fernández, Ramón Felino (Manduas-Silleda)

Carpinteiro, 27 anos. Fillo de Manuel e Manuela.

Xulgado en Pamplona por Rebelión Militar. Condenado o 22/12/1936 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Navarra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300599, Expediente 52957).

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (16/05/1937), onde participa na gran evasión do 22 de maio de 1938, sendo capturado o día 24 por requetés. Prisión atenuada o 15/11/1940.

Reingresa na Prisión de Vigo (02/02/1945) e Prisión de A Coruña (07/05/1945). Xulgado en A Coruña por Rebelión Militar (Causa 94/1945). Liberdade condicional o 24/10/1945.


Costoyas Moreiras, Fidel (Lamela, Silleda-Pontevedra)

Labrego, 19 anos, solteiro. Fillo de Antonio e Rosa.

Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 28/12/1936 a 20 anos. Conmutación a 3 anos en decembro de 1942.

Preso na Comisaría de Vixilancia de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (14/08/1936) e Colonias Penitenciarias Militarizadas de Dos Hermanas-Sevilla (26/03/1940). Prisión atenuada en outubro de 1940.

Despois de cumprir unha condena de catro anos, ten que facer o servizo militar no Batallón Disciplinario de Soldados Trabajadores Penados de Bilbao.


Cotelo Palleiro, Ricardo (A Coruña-A Coruña)

Empregado municipal, 67 anos, solteiro. Fillo de José e Josefa.

Xulgado en A Coruña por Rebelión Militar (Causa 956/1937). Condenado o 04/09/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de A Coruña (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300261, Expediente 5703).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de A Coruña (07/07/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (05/03/1939). En liberdade en 1941.


Cotelo Palleiro, Ricardo (A Coruña-A Coruña)

Empregado municipal, 67 anos, solteiro. Fillo de José e Josefa.

Anarquista. En 1903 foi condenado a 4 anos de prisión tras ferir con arma de fogo a un Tenente en vinganza pola morte de varios dos seus amigos durante a represión dunha folga obreira. Despois da solicitude das sociedades de obreiros de A Coruña, sería liberado en 1904. Nos seguintes anos continuou mi ligado á loita obreira afiliándose á CNT. Tralo golpe de estado militar participou nos enfrontamentos acontecidos nas rúas de A Coruña, permanecendo oculto ata a súa detención.

Xulgado en A Coruña por Rebelión Militar (Causa 956/1937). Condenado o 04/09/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de A Coruña (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300261, Expediente 5703).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de A Coruña (07/07/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (05/03/1939). En liberdade en 1941.


Cotelo Palleiro, Ricardo. Foto: aurorafundacion.org


Coto, Herminio (Mourente, Pontevedra-Pontevedra)

Militante do Partido Comunista (PCE).

Preso ,cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Coto Pazos, Manuel “Pedreira” (Salceda de Caselas-Pontevedra)

Labrego, 19 anos, solteiro. Fillo de Manuel e Dolores.

Xulgado en Vigo por Rebelión Militar. Condenado o 30/11/1936 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300425, Expediente 27316).

Preso, cando menos, na Prisión de Tui, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (25/09/1937) e Prisión Central de Burgo (06/03/1939), onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 185 de 4/7/1941, páxina 4956).

Unha vez en liberdade tivo que cumprir o servizo militar nos Batallones Disciplinarios de Soldados Trabajadores Penados (BDSTP), 2a Agrupación (ES.19030.AGMG/3.2. Caixa 301599, Expediente 2005).


Couñago Carrera, Albino (Ponteareas-Pontevedra)

Ferreiro, 22 anos, solteiro. Fillo de Constante e Jesusa.

Membro da Casa do Pobo de Ponteareas.

Xulgado en Vigo por Auxilio á Rebelión (Causa 893/1936). Condenado o 16/10/1936 a 16 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300425, Expediente 27328).

Preso, cando menos, na Prisión de Vigo e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/10/1936).


Couselo Parente, Francisco (Tabeirós, A Estrada-Pontevedra).

Peón, 32 anos, casado con Manuela Couto Constela. Fillo de José e Andrea.

Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión (Causa 224/1937). Condenado o 13/03/1937 a 15 anos. Conmutación e extinción da pena, pola Comisión de Pontevedra o 09-08-1939. (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caja 300425, Expediente 27306)

Preso na Prisión de A Estrada, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (29/08/1936), Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela (26/01/1939), Prisión Central de Astorga-León (19/03/1939), Prisión de Pontevedra e Prisión Provincial de Lugo (16/11/1939), nesta última pasa á situación de prisión atenuada o 11/08/1940.

En 1941 ségueselle expediente por Responsabilidades políticas. (BOE 29/04/1941, páx. 1720).


Couso Gil, Manuel “O Gitano” (Bueu-Pontevedra)

Mariñeiro, 32 anos, casado con Asunción. Fillo de Emiterio e Manuela.

Veciño de A Portela (Bueu).

Xulgado en Pamplona por Rebelión Militar. Condenado o 29/12/1936 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena conmutada o 09/04/1940 a 20 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (15/07/1937), participando na gran evasión do 22/05/1938 e sendo capturado ao día seguinte por requetés en Txaraka-Olabe, Prisión Central de Astorga-León (13/11/1942), Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (27/12/1942) e Penal das Minas de Silleda (14/12/1943), onde, por orde do 02/03/1944, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 80 de 20/03/1944, páxina 2318), facéndose efectiva o 21/02/1944.


Couso González, Manuel (Tomeza, Pontevedra-Pontevedra)

Albanel, 21 anos, solteiro. Fillo de Cándido e Dolores.

Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión, acusado de Insulto a Forza Armada (Causa 1372/1937). Condenado o 15/01/1938 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (19/01/1938), onde falece o 02/01/1940.


Couso Martínez, Manuel “O Cunicho” (Banda do Río, Marín-Pontevedra, 02/04/1907)

Mariñeiro, casado con Antonia Souto Casal, filla Berta Couso Souto. Fillo de Francisco Couso Martínez e Carmen Martínez García “A Cunicha”.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Couto Bermejo, Santos de (Nieva-Segovia).

Cervexeiro, 61 anos. Fillo de Prudencio e Narcisa.

Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 07/03/1940 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, no Forte de San Cristóbal (27/9/1940-19/3/1941), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (22/03/1941) e Prisión Provincial de Segovia (11/01/1943), onde falece o 13/05/1943.


Couto Rodríguez, Juan Manuel

Na lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil, preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Podería tratarse de Manuel Couto Rodríguez, natural de Bértola (Vilaboa), pero ata o de agora non puiden confirmar o seu paso pola Illa de San Simón.


Covarrubias Magán, Roque (Chozas de Canales-Toledo)

Labrego, 60 anos. Fillo de Hilario e Bibiana.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 06/07/1940 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (10/09/1941), concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 22/07/1942. (BOE nº 209 de 28/07/1942, páxina 5537).

Ségueselle expediente de Responsabilidades Políticas entre 1940 e 1943, sendo indultado.


Crespillo Mateo, Juan (Velez-Málaga)

Barbeiro, 62 anos. Fillo de Antonio e Francisca.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 12/05/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939)


Crespo, Francisco (Marín-Pontevedra)

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Crespo Estévez, Roque (La Palma del Condado-Huelva)

Labrego, 60 anos, casado con Emilia. Fillo de José e Juana.

Afiliado a UGT.

Xulgado por Rebelión Militar (Causa 673/1937). Na acusación cítase: “No malos antecedentes. Hacía alardes con un hacha de los desmanes en que participaba”. Condenado en 1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 3 anos pola Comisión de Huelva (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300322, Expediente 13709).

Preso, cando menos, na Prisión de La Palma del Condado, Prisión Provincial de Huelva (15/02/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (06/03/1939).


Crespo García, Pablo (Iruñea-Navarra)

Latoeiro, casado, 32 anos.

Morto na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Crespo Hernández, Pedro (Valladolid-Valladolid)

Latoeiro, viúvo, 65 anos. Fillo de María e pai descoñecido.

Veciño de Bárcena de Monasterio (Asturias).

Condenado a 16 anos. Pena posteriormente conmutada a 12 anos e 1 día.

Preso na Prisión de Tineo, prisión Provincial de Oviedo e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939), onde falece o 16/11/1939.


Crespo Novo, Jesús (Viñas, Paderne- A Coruña)

Labrego, solteiro, 30 anos.

Xulgado en Ferrol por Rebelión militar (Causa 935/1936). Condenado o 06/03/1937 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada a 3 anos e 4 meses pola Comisión de A Coruña (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300238, Expediente 3329).

Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938). Liberdade o 12/09/1940.


Crespo Oria, Juan Bautista (Madrid-Madrid)

Peón camiñeiro, 70 anos, casado con Encarnación Ruíz Ruíz, 5 fillos. Fillo de Ramón e Teresa.

Veciño de Vega de Pas (Cantabria).

Concelleiro de Vega de Pas, en representación de La Casa Campedina y Trabajadora de la Tierra (UGT). Afiliado á Agrupación Socialista (AS).

Xulgado en Santander por Auxilio á Rebelión (Causa 176/1938). Condenado o 127/08/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 6 anos e 1 día pola Comisión de Santander (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300476, Expediente 34645).

Preso, cando menos, na Prisión de Santander, Prisión Provincial Tabacalera de Santander (15/09/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/03/1939) e Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (15/05/1939), onde por orde do 17/10/1940, concédeselle a Liberdade condicional (BOE número 295 del 21/10/1940, páxina 7239) , facéndose efectiva o 23/10/1940.


Crespo Souto, Manuel (Codeseda, A Estrada-Pontevedra)

Canteiro, solteiro, 31 anos. Fillo de Gerardo e Josefa.

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 11/07/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Conmutación e extinción da pena o 16-01-1941. (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caja 300426, Expediente 27337)

Preso, cando menos, na Prisión de A Estrada e a Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/11/1936).

Ábreselle expediente de Responsabilidades Políticas (BOE Anexo único Nº15, 15 de xaneiro de 1940, páx. 270).


Crespo Torres, José (Bendoiro, Lalín-Pontevedra, 1905)

Emigrante retornado de Buenos Aires. Funcionario municipal, alguacil-porteiro do concello de Lalín. 30 anos.

Vicepresidente da Sociedade Obreira de Donsión en 1931. Fundador e presidente da sociedade obreira "La Democracia" de Bendoiro.
Detido o 23 de xullo de 1936. Xulgado en Pontevedra, xunto aos seus veciños Jesús Golmar Rodríguez e Miguel Lamas Iglesias, por rebelión militar o 18/11/1936 co resultado de sentenza a pena de morte.

Fusilado o 02 de decembro de 1936, no quilómetro 1 da estrada a Campañó (Poio) xunto a Eduardo Muíños Búa, Joaquín Fernández Barcia, Manuel Dios Costado, Manuel Vázquez Cruz, José Gabriel Crespón Pazos, Ángel Cadavid Caamaño, José Prol Figueiro e Manuel Puente Iglesia.


Crespón Pazos, José Gabriel (Berres, A Estrada-Pontevedra)

Zapateiro, 47 anos. Veciño de Ouzande (A Estrada).

Acusado de “amenaza y allanamento”. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. (Tribunal Militar Territorial 4. Causa 1083 de 1936, Caixa 209, Orde 2247).

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Fusilado ás 7:30 do 02/12/1936, no Km.1 da estrada a Campañó (Poio), xunto a: Eduardo Muíños Búa, Joaquín Fernández Barcia, José Crespo Torres, Manuel Vázquez Cruz, Ángel Cadavid Caamaño, José Prol Figueiro, Manuel Dios Costado e Manuel Puente Iglesias. A causa da súa morte sería rexistrada por colapso cardíaco.


Cribeiro González, José (Ortigueira-A Coruña)

NOTA: Tamén citado como nado en Mogor, Mañón (A Coruña).

Mestre. Veciño de Donas, Gondomar (Pontevedra).

Propulsor da Sociedade Agraria de Donas. Coa proclamación da II República presidiu a Comisión xestora provisional que dirixiu o concello de Gondomar ata novas eleccións. Foi presidente da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Vigo.

Detido o 15/08/1936 en Pontevedra, onde formaba parte do tribunal das oposicións a mestre.

Xulgado en Vigo por rebelión militar (causa 805/36), xunto a José Pequeño Rodríguez (alcalde de Gondomar), Rogelio Lorenzo González (tenente de alcalde), Joaquín Miguez Ledo (presidente do sindicato) e os obreiros Eduardo Hermida Pereira, Antonio Iglesias "Cañón", Manuel Domínguez Sanromán e Feliciano Vargas.

A súa sentencia sería a de absolución o 16/10/1936. Unha vez en liberdade estivo agochado en Pontevedra e Santiago. Para evitar unha nova detención, alistouse como voluntario na lexión cun nome falso, José María Ruíz Berlanga. Destinado en Zaragoza, polos seus estudos e idade, encargaríase de funcións administrativas evitando ir á fronte.

Dentro da purga do Maxisterio sería separado do servizo e baixa no escalafón o 24-07-1941. Non podería reintegrarse no ensino ata mediados dos anos 50. Xubilaríase en 1972 como mestre en Matamá (Vigo), cidade na que falecería en 1981.

A súa dona, o seu irmán, a súa cuñada e a irmá desta tamén eran mestres e tamén foron depurados.


Crispillos Mateos, Juan (Málaga)

Pena ordinarias conmutada pola Comisión de Málaga (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300258, Expediente 5267).

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón en 1936, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva de desterro por Orde do 11/07/1941 (BOE número 263 de 2/8/1941, páxina 7261).


Críspulo Mato, J. (Melias, Pereiro de Aguiar-Ourense)

Practicante, 68 anos.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Cristóbal Gómez, Waldo

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 02/09/1941 (BOE número267 de 24/9/1941, páxina 7370).

Se cadra é o mesmo Ubaldo Cristóbal Gómez que foi xulgado en Madrid (Tribunal Militar Territorial 1, Sumario 54950, 4434) e procesado por Responsabilidades Políticas (75/00502. Indulto (1941 – 1944)).


Cristóbal González, Felipe (Covarrubias-Burgos)

Mestre, casado, 60 anos. Fillo de Esteban e Rita.

Xulgado en Burgos por Rebelión Militar (Causa 211/1938). Condenado o 24/07/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 20 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Burgos, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/11/1940), Prisión Central de Yeserías-Madrid (01/02/1943) e Prisión Central de Santa Rita de Carabanchel Bajo-Madrid (11/03/1943) onde, por orde do 22/01/1944, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva del desterro (BOE nº 77 de 17/03/1944, páxina 2236).


Cristóbal Gutiérrez, Amador (Santiago de Compostela-A Coruña).

Peón, casado, 31 anos.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Cruces Cajaraville, Marcelino (Herbón, Padrón-A Coruña)

Labrego, viúvo, 67 anos. Fillo de Ignacio e Josefa.

Afiliado a UGT.

Xulgado en 1937 en Santiago de Compostela por Adhesión á Rebelión militar (Causa 1244/1937). Condenado o 28/10/1937 a pena de morte, sendo rebaixada a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caja 300016, Expediente 1174). Na sentenza considérase probado que era: "Afilado a la UGT y más tarde comulgó a las ideas Comunistas". Pena posteriormente rebaixada a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de A Coruña, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (10/03/1939) e Prisión Central de Santa Isabel, de Santiago de Compostela (29/100/1942), onde por Orde de 26/07/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, sen a liberación do desterro (BOE numero 225, do 13/08/1943, páxina 7892), facéndose efectiva o 27/03/1943.


Cruz Liceranzu, Pedro (Zeberio-Bizkaia)

Formaba parte da Xunta municipal de Zeberio.

Non temos datos do consello de guerra, pero a penas ordinarias sería conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caja 300211, Expediente 775).

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Cruz Sanz, José de la (Guadalajara)

Secretario de concello, casado, 69 anos. Fillo de Andrés e Basilisa-

Veciño de Escalona (Toledo).

Xulgado en Madrid por Rebelión Militar (Causa 184/1937). Condenado o 12/07/1937 a pena de morte, sendo rebaixada a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 12 anos pola Comisión de Madrid (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300138, Expediente 10824).

Preso, cando menos, na Prisión Central de Burgos, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/11/1940) e na Prisión Central de Santa Rita-Madrid (25/09/1942) onde, por orde do 11/11/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 349 de 15/12/1943, páxina 11939). Prisión atenuada o 18/07/1943.

Ábreselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1958 (75/00052, Expediente: 01696/1958).


Cruzado Lavín, Miguel (Villalba del Alcor-Huelva, 1877)

Labrego, 60 anos, casado con Dolores. Fillo de Manuel e Isabel.
Membro de UGT. Afiliado á Agrupación Socialista.
        Xulgado por Excitación á Rebelión. Condenado o 18/10/1937 a 12 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Huelva a 4 anos (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300535, Expediente 43688).
        Preso na Prisión de La Palma del Condado-Huelva), Prisión Provincial de Huelva (15/02/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (03/03/1939) e Prisión Central Especial de San Isidro de Dueñas-Palencia (03/10/1939), onde por orde do 02/10/1940, concédeselle a Liberdade condicional (BOE numero 314 del 09/11/1940, páxina 7719), facéndose efectiva o 03/10/1939.
        O seu irmán Manuel figura entre os desaparecidos da provincia de Huelva.


Cuadrado Vadillo, Salomón (Cantalapiedra-Salamanca)

Xornaleiro, 61 anos, casado con Aniana, 3 fillos. Fillo de Ángel e Agustina.

Afiliado a CNT.

Xulgado por Sedición. Acusado de participar en folgas (Causa 1260/1937). Condenado o 11/08/1937 a 12 anos de prisión maior. Pena posteriormente conmutada a 6 anos pola Comisión de Salamanca (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300491, Expediente 36957).

Preso, cando menos, na Prisión do Goberno civil de Salamanca, Prisión Provincial de Salamanca (23/03/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/02/1939), Prisión Central de San Isidro de Dueñas-Palencia (02/11/1939). Liberdade condicional o 08/09/1940.


Cuadros León, Juan Antonio (Beas de Segura-Jaén)

Xornaleiro, 64 anos. Fillo de Antonio e Inés.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 08/06/1940 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Valdenoceda e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/04/1941), onde por orde do 12/10/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 5 de 05/01/1943, páxina 161), facéndose efectiva o 06/12/1942.


Cuartero Lombarte, Francisco (Boquiñeni-Zaragoza)

Xornaleiro, 40anos, casado con Felisa Mateo Gracía. Fillo de Manuel e Tomasa.

Xulgado en Zaragoza por Indución á Rebelión (Causa 56/1938). Acusado de berrar nun bar: “Viva Teruel, que ya es nuestro” e “Viva el comunismo libertario”. Condenado o 16/07/1938 a 8 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 6 anos e 1 día pola Comisión de Zaragoza (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300332, Expediente 15059).

Preso, cando menos, na Prisión provincial de Zaragoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938) e Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela (13/03/1939), onde por orde de 13/12/1940, concédeselle a Liberdade condicional (BOE número 352 del 17/12/1940, páxina 8636), facéndose efectiva o 15/12/1940.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1938, sendo indultado en 1945.

 

Cuartero Salunquillo, Adolfo (Mugardos-A Coruña)

Carpinteiro, viúvo, 64 anos.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Cubells Pérez, Fernando (Coles-Ourense)

Xornaleiro, solteiro, 24 anos.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Cubillo Sanz, Paulino (Santibáñez de Ayllón, Ayllón-Segovia)

Garda Municipal, viúvo, 60 anos. Fillo de Anselmo e Francisca.

Veciño de Oviedo (Asturias).

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Penas ordinaria conmutada a 12 anos e 1 día pola Comisión de Oviedo (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300885, Expediente 93558).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Oviedo, Prisión Central de Burgos (26/07/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/11/1940).


Cubillo Varela, Hipólito (Robledillo de Mohernando-Guadalajara)

Labrego, 63 anos. Fillo de Felipe e Ignacia.

Xulgado en Guadalajara por Auxilio á Rebelión (Causa 1054/1939). Condenado o 28/02/1940 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/03/1941), onde por orde do 11/05/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 139 de 19/05/1942, páxina 3516), facéndose efectiva o 03/04/1942.


Cubo Fernández, Félix (Santurdejo-La Rioja)

Industrial, viúvo, 58 anos.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Cubo Molina, Antonio (Colmenar-Málaga)

Labrego, 62 anos, casado con María Díaz Díaz. Fillo de Francisco e María.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 26/04/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 20 anos pola Comisión de Málaga (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300966, Expediente 103648).

Preso, cando menos, na Prisión Central de Puerto de Santa María-Cádiz, Colonia Penitenciaria del Dueso (11/08/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (01/04/1939).


Cuello Arenas, Francisco (Pontevedra-Pontevedra)

Xuíz xubilado, viúvo, 67 anos.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Cuenca Cebrián, Juan (Fuentealbilla-Albacete)

Labrego, viúvo, 68 anos.

Militante do Partido Republicano Radical-Socialista, pasando á CNT durante a Guerra Civil.

Detido por ser Presidente da Junta de Administración de Fincas Incautadas, participando activamente nas incautacións. Xulgado en Causa xeneral xunto a 2 veciñas e 5 veciños de Fuentealbilla (CAUSA XENERAL,1015,Exp.35. Páxina 7) e sometido a consello de guerra en 1939 xunto a Julio Aroca Hernández (Sumario 4518, Caixa 14945, Orde 16). Condenado a 12 anos e 1 día de prisión.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Cuenca Escobar, Antonio (Peñarrubia (Campillos)-Málaga)

Labrego, viúvo de Rosario Galán, 72 anos. Fillo de Domingo e Isabel.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 21/08/1937 a pena de morte, rebaixada a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior pola Comisión de Málaga (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300063, Expediente 4686). Pena posteriormente conmutada a 14 anos

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Málaga, Prisión de Valdenoceda (23/10/1938), Colonia Penitenciaria del Dueso (14/12/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (01/04/1939), onde faleceu o 06/02/1941 por astenia.


Cuenca Gil, Joaquín (¿Almansa?-Albacete)

Zapateiro, casado, 67 anos.

Xulgado en Consello de Guerra en 1939 en Albacete polo Tribunal Militar Territorial 1 (Sumario 3123, Caixa 14830, Orde 9). Non coñecemos a sentenza que sería conmutada pola Comisión de Albacete (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300770, Expediente 78272).

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional por Orde do 22/02/1941 (BOE número 59 de 28/2/1941, páxina 1414).

Volve a ser xulgado en consello de guerra en 1942, xunto a José López Mejías. Cumprindo condena na Prisión Provincial de Albacete, onde por orde do 11/11/1943, sae en liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 361 de 27/12/1943, páxina 12259).


Cuenya Falla, Leonardo (Viobes, Nava-Asturias)

Labrego, casado con Rosa, 67 anos. Fillo de Santos e Eduvigis.

Xulgado en Asturias por Rebelión Militar. Condenado o 31/01/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Posteriormente a pena ordinaria sería conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300262, Expediente 5785)

Preso, cando menos, na Prisión de Oviedo, Prisión Central de Celanova (13/02/1938) e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (29/03/1939) onde, por orde do 13/12/1940, concédeselle a Liberdade Condicional (BOE número 351 del 16/12/1940, páxina 8614).

Expediente de Responsabilidades Políticas (BOE Anexo único Núm. 61. 01/03/1940 páx. 1089) , sendo indultado en 1957 (75/00060). Nota: Procede Audiencia Provincial de Oviedo. Numero de Expediente: 02240/1957.

Autorízaselle a cultivar tabaco na zona de Xixón na campaña 1943-44 (BOE 18/06/1943, páx. 5912).


Cuervo García, Aurelio (Tineo, Panes-Asturias).

Hojalatero, 61 anos, casado con María. Fillo de Epifanía e pai descoñecido.

Membro de UGT e afiliado a SRI, era vendedor de xornais como Fray Lazo, Avance e El Socialista.

Nos primeiros momentos colaborou nas detencións e cando Tineo caeu nas mans dos “nacionais” pasou á zona republicana exercendo de cociñeiro no Bon 243.

Sería apresado en novembro de 1937. Xulgado en Santoña por Rebelión Miliar (Causa 3451). Condenado o 31/07/1938 a pena de morte, sendo rebaixada a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo, por 15 anos de prisión (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300138, Expediente 10845).

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria del Dueso, Prisión Central de Puerto de Santa María-Cádiz (31/07/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (28/09/1940), onde falece o 15 de maio de 1941 “por causas naturais” (Archivo Militar de Guadalajara. Sección: Muerte, Caja 138, Expediente 10845).


Cuesta Moreno, José (Badajoz-Badajoz)

Delegado de Facenda, viúvo, 65 anos.

Preso, cando menos no Forte de San Cristóbal (13/06/1939-23/10/1939), sendo trasladado á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

NOTA: Aparece un José Cuesta Moreno como dirixente de Izquierda Republicana en Cáceres, pero non puiden establecer que sexa o mesmo.


Cuesta Villanueva, Rafael (Limanes-Asturias)

Pintor, 59 anos, casado con Esperanza. Fillo de Manuel e Regina.

Militante da Agrupación Socialista e afiliado ao Sindicato de Agricultores Asturianos. Durante a guerra foi cabo no cuartel “Pablo Iglesias”, destinado a Celorio (Asturias)

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 11/12/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300513, Expediente 40260).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Oviedo, Prisión Central de Burgos (26/07/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (11/03/1939).

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1959 (Expediente: 02120/1959).


Cuétara Gutiérrez, José (Tereñes, Ribadesella-Asturias)

Chofer, 24 anos, solteiro. Fillo de Manuel e Etelvina.

Veciño de La Cerra (Villaviciosa-Asturias).

Afiliado a Juventudes Socialistas (JSU) e UGT.

Na guerra Tenente dos Batallóns de Infantería nº 3 e 270 de Asturias,do Exército do Norte.

Xulgado en Camposancos. Condenado a pena de morte. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300153, Expediente 12271).

Preso, cando menos, na Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (15/07/1938), Prisión Central de Burgos (08/03/1939) e Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (28/09/1940), onde por orde do 26/07/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 235 DE 23/08/1943, páxina 8184), facéndose efectiva o 08/07/1943.


Cueto Cubiles, Antonio (Setenil de las Bodegas-Cádiz)

Labrego, 65 anos, casado con María Jiménez Bermúdez. Fillo de Juan e María.

Veciño de El Gastor (Cádiz).

Secretario de Unión Republicana. O 24/02/1936 nomeado concelleiro na Comisión xestora de El Gastor.

Xulgado en Cádiz por Adhesión á Rebelión (Causa 188). Acusado de actos anticlericais e de ser asesor de partidos de extrema esquerda. Condenado o 14/05/1937 a pena de morte, sendo rebaixada a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior pola Comisión de Cádiz (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300056, Expediente 4159). Pena posteriormente conmutada a 15 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Puerto de Santa María-Cádiz, Colonia Penitenciaria del Dueso (06/08/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (01/04/1939) e Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (15/05/1939), onde falece o 17/11/1939.


Cueto Gonzalo, Ramiro (Cangas de Onís-Asturias)

Labrego, 61 anos, casado con Consuelo. Fillo de José e Antonia.

Veciño de Camargo (Asturias).

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 10/0571938 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión de Partido de Gijón, Prisión Central de Puerto de Santa María-Cádiz (15/07/1938), Prisión Provincial de Granada (23/12/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (28/03/1939) e Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (15/05/1939), onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 130 de 10/5/1941, páxina 3308), facéndose efectiva o 08/05/1941.


Cuevas Gago, Juan “Galindo” (Villada-Palencia, 1877)

Xornaleiro, 61 anos, casado con Teodora García Boto. Fillo de Miguel e Marcelina.

Xulgado en Palencia por Rebelión Militar (Causa 626/1937). Condenado o 26/08/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Palencia (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300601, Expediente 53172).

Era músico, tocaba a dozaina acompañando aos grupos de danzas da comarca de Tierra de Campos.

Preso, cando menos, na Prisión de Villada, Prisión Provincial de Palencia (29/10/1936), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939) e Prisión Central de San Isidro de Dueñas-Palencia (04/01/1940). Prisión atenuada o 05/09/1940.

Faleceu en 1949.


Juan Cuevas Gago tocando na procesión de Villafrades. Arquivo Ramón Gómez Pastor

Cuevas García, Tomás (Madrid-Madrid)

Estucador, casado, 61 anos. Fillo de Luis e Manuela.

Xulgado en Madrid por Adhesión á Rebelión (Sumario 8584, Caixa 3287, Orde 5), será condenado a pena de morte, a cal sería conmutada (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300072, Expediente 5468). Condenado o 26/0571939 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 20 anos.

Preso, cando menos, no Forte de San Cristóbal (31/10/1939-06/10/1940), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (19/10/1941), Prisión Central de Yeserías-Madrid (11/01/1943) e Prisión Central de Santa Rita-Madrid (11/03/1943) onde, por orde de 26/07/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 235 do 23/08/1943, páxina 8191), facéndose efectiva o 17/07/1943.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1945 (Expediente 75/00632).


Cuevas Iglesias, Evaristo (L’Infiestu/Infiesto, Piloña-Asturias)

Labrego, 69 anos, casado. Fillo de Ramón e Asunción.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 01/09/1938 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Oviedo e a Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939), onde por orde do 02/08/1941, concédeselle a Liberdade condicional provisional con liberación definitiva do desterro (BOE núm. 226, do 14/08/1941, páxina 6236).

  

Cuíña Taboada, Amador (Cristimil, Lalín-Pontevedra)

Carniceiro.

UGT. Miliciano.

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a prisión 20 anos. (Consejo de Guerra: Pontevedra - 559) Posteriormente conmutación pola Comisión de Pontevedra a 3 anos de prisión menor (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300425, Expediente 27325).


Cumbreras Naranjo, Fernando (Coín-Málaga)

Oleiro, 67 anos, casado con Concepción. Fillo de Francisco e Luisa.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 02/07/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Málaga (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300715, Expediente 70169).

Preso na Prisión de Coín, Prisión Provincial de Málaga (23/10/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/03/1939), onde por Orde do 21/6/1940, concédeselle a liberdade condicional (BOE número 179 del 27/06/1940, páxina 4401), facéndose efectiva o 23/06/1940.

Expediente de Responsabilidades Políticas (Centro Documental de la Memoria Histórica: 75/00427) sendo indultado en 1940. Ábreselle un novo expediente (75/01041), sendo novamente indultado en 1945.


Curieses Urbón, Moisés (Autillo de Campos-Palencia)

Garda Civil, 62 anos, casado con María Álvarez. Fillo de Cipriano e Catalina.

Veciño de Noreña (Asturias).

Xulgado en Asturias por Auxilio á Rebelión. Condenado o 22/08/1938 a 15anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300378, Expediente 20246).

Preso na Prisión Provincial de Oviedo (06/11/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939), onde faleceu o 16/11/1939 a causa de septicemia.


Autor: Juan Migueles

Colaboración con:

A memoria democrática en Redondela. Concello de Redondela.

https://memoriademocratica.redondela.gal/