Antigo Concello (R. Reveriano Soutullo/R. Isidoro
Queimaliños)
Primeira Casa do Concello de
Redondela. Na fachada da R. Isidoro Queimaliños conserva un escudo
de Redondela coa data da súa construción, 1788. Anteriormente, o
solar era ocupado por un alfolí (almacén de sal). Na segunda
metade do s. XIX, probablemente por quedarse esta casa pequena, o
concello foi trasladado á Casa da Torre.
Ademais de empregarse coma Concello,
foi Delegación de Abastecementos, na posguerra, e a primeira sede do
Conservatorio. Actualmente acolle diversos servizos públicos como o
O. M. I. X. e a Oficina do consumidor.
Antigo Concello. Foto: J. Migueles, 2008 |
Casa da Alfóndega (R. Isidoro
Queimaliños-Redondela)
Preto da Casa da
Torre, foi construída no s. XVI polos Prego de Montaos. Destaca
polos brasóns da súa fachada. Recibe este nome da praza da
Alfóndega (lugar de venta de graos)
Casa da Alfóndiga. Foto: J. Migueles, 2008 |
Casa do Carballo (Rúa Carballo-Redondela)
Pertenceu aos Táboas pasando aos
Ochoa no s. XVII. A mediados do s. XVIII era propiedade de Pedro
Ochoa Orcasitas. Tiña unha torre que foi derrubada cara o 1870.
Casa do Carballo. Foto: J. Migueles, 2008. |
Casa do Cristo de Limpias (Rúa Cabo dos
Fumeiros-Redondela)
Casa construída no século XVI e que antigamente era coñecida como Casa da Carballa. Un día que pasaba unha procesión por diante comezou a chover, polo que refuxiaron a imaxe do Cristo nesta casa que daquela tiña unha taberna, de aí o nome actual. Presenta dous brasóns. Tamén conta cun reloxo de sol colocado recentemente polos seus propietarios que é unha réplica .
Ao seu carón existía unha capela que nos anos 40 estaba abandonada e era empregada como vivenda por un portugués. Desapareceu anos despois coa construción dun edificio, pero semella que antes de ser derribada foi retirado o brasón da súa fachada.
Casa do Cristo de Limpias. Foto: J. Migueles, 2008. |
Casa dos Queimaliños ou dos Pregos Montaos (R. Isidoro
Queimaliños-Redondela)
Destaca polo brasón da súa
fachada. Nela viviu o médico Isidoro Queimaliños Queimaliños que
lle deu nome á rúa.
Casa dos Queimaliños. Foto: J. Migueles, 2008 |
Casa dos Sestelos (Redondela).
Xa existía no s. XVIII. Nela
viviu o compositor Reveriano Soutullo. Actualmente é a sede de
Lenda.
BIBLIOGRAFÍA
SEREN
Nº1. A
construcción da antiga casa do Concello da vila de Redondela en
1788. José Mtnez. Crespo.
Nº3. Heráldica
de Redondela. Ernesto Iglesias Almeida.
Guía didáctica para escolares:
Nº3. Arquitectura e urbanismo en Redondela. Alfonso Sotelo
Ramos.
As vilas de Redondela nos tempos do
Catastro de Ensenada: Xoán Miguel González Fernández. Ed.
Concello de Redondela.
Historia de las
Rías. (2 Volumes) J. A. Orge e Carlos Antuña entre outros. Ed.
Faro de Vigo.
Casto Sampedro Arqueoloxía e
memoria. 75 aniversario do seu pasamento. Varios autores,
2013. J. M. Crespo
Universidade
de Santiago de Compostela
USC>Clero>Mitra1758> Mayordomía de Redondela
Volumen 27 de Cuadernos de estudios gallegos.
Escrito
por José Luis Pensado
En Galiciana-Biblioteca Digital de
Galicia. Xunta de Galicia:
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es=>
El Regional (Lugo), Hoja Oficial del Lunes (Vigo), Gaceta de Galicia
(Santiago), El Correo de Galicia (Bos Aires), Diario de Galicia
(Santiago), El Progreso (Pontevedra), Vida Gallega...
Boletín
Oficial de la Provincia de Oviedo
Faro de Vigo
La Voz de Galicia.
Varios folletos turísticos do Concello
de Redondela
Aportes de Gonzalo Amoedo, Tere e Xosé
Docampo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario