martes, 14 de abril de 2020

Escudos e Brasóns

Cedeira
Adro da Igrexa de Cedeira
1. Escudo do Panteón da familia Peña (Monterraso).
 
Panteón da familia Peña, 2011 Foto J. Migueles
 
Cemiterio de Cedeira
1. Escudo na tumba do Conde de Torrecedeira. Armas do condado de Torre Cedeira coa coroa condal.
2. Escudo sobre a tumba do Conde de Torrecedeira.

Cemiterio de Cedeira Tumba Conde Torrecedeira. Escudos 1 e 2.  Foto:  J. Migueles, 2011
 
Pazo de Torrecedeira
1. Escudo na fachada.
2. Escudo sobre un arco a carón da escaleira.
Pazo Torre. Foto:  Pazos y torres de la provincia de Pontevedra

Casa de Monterraso
1.Escudo igual ao do panteón familiar.
Casa de Monterraso. Facebook Policía Local de Redondela

Cesantes

 Casa en San Pedro.
1. No muro da entrada, brasón eclesiástico.
2. Na fachada.
 
Casa en San Pedro, fachada. Facebook Policía Local de Redondela 
Casa de San Pedro. Brasón ecresiástico. Foto J. Migueles, 2012
 
Casa en Torredecalle
1.
Casa en Torredecalle. Facebook Policía Local de Redondela
 
Quintela
Casa de Mañó
1. Brasón cedido polos donos ao Museo de Pontevedra e que se atopa nas ruínas da igrexa de Santo Domingo de Pontevedra. Esta casa pertencía á linaxe dos Falcón.

Reboreda
Casa dos Táboas
1. Escudo con cruz na capela do pazo.
Casa dos Táboas. Capela. Foto: J. Migueles, 2008
 
Igrexa Reboreda
1. Pedra armeira sita na parte superior exterior da ábsida da igrexa parroquial de Reboreda. Pertencen ás liñaxes dos Prego de Montaos, Sotomayor e Troncoso de Lira. O escudo dentro da coroa representa aos Pereira e Castro.
2. No interior da igrexa na unión das nervaduras da bóveda da capela central. Pintado.
 
Igrexa de Reboreda. Foto: J. Migueles, 2008
 
Interior da Igrexa de Reboreda

 
Pazo de Pousadouro
1. 

Pousadouro. Foto publicada en "Estudos adicados a Fr. Martín Sarmiento"


 
Pazo Reboreda
1 Armas dos Prego de Montaos, Sotomayor e Troncoso de Lira
2 Pedras armeiras dos Araújo, os caldeiros e as espuelas aos Puga. 
 
 
Pazo Reboreda2. Foto: J. Migueles

Pazo Reboreda 1. Foto: J. Migueles




 
 
 
 
 
Pazo Torres Agrelo
1. Armas dos Rubín de Celis.
Pazo de Torres Agrelo Facebook Policía Local de Redondela


Redondela 
 
Casa da Alfóndega
1. Pedras Armeiras do Pazo da Alfóndega
         Pódese ver os brasóns das liñaxes dos Prego de Montaos, Pereira e os Castro
2. brasóns pertencen ás familias dos Lira, Prego de Montaos, Ozores e Troncoso

Casa Alfóndiga. Escudos Fotos: J. Migueles 2008

Casa do Cristo de Limpias
1.Brasón dos Prego de Montaos na Casa do Cristio de Limpias
2. Brasón da Casa do Cristia de Limpias:
Cuartel superior esquerdo Ulloa
Cuartel inferior esquerdo Acuña
Cuartel dereito Salazar

Cristo de Limpias  Escudos. Fotos: J. Migueles 2008

  
A casa contaba cunha capela que tiña un brasón na fachada. Contáronme que foi levado a unha casa de Reboreda pero ata o de agora non puiden confirmalo.

 

Casa da esquina da Rúa Cruceiro
1. Crese pertence ao antigo hospital.
Casa da Rúa Cruceiro. Foto: J. Migueles, 2008
Casa de Isidoro Queimaliños
1. Brasóns dos Soutomaior, Prego de Montaos e o da esquerda Falcón.
Casa de Isidoro Queimaliños Foto: J. Migueles, 2008
Casa dos Mariño de Lobeira
1. Cuartel superior esquerdo Troncoso. Cuartel inferior esquerdo Mariño
Casa Mariño de Lobera. Foto: X. M. Moureira Docampo
Casa da Torre
1. Escudo dos Prego de Montaos.
Casa da Torre. Foto: J. Migueles, 2008
Cemiterio de Eidos
1. Brasón dos Salgado. No panteón dos San Román.
2. Brasón dos Rubín. Hai uns anos tirado nunha esquina.
Brasón dos Salgado. F: J. Migueles,2008
Brasón dos Rubín Foto: X. M. Moureira Docampo













Concello antigo
1. Escudo do concello de Redondela coa data de 1700. Na rúa Isidoro Queimaliños.
 
Concello antigo. Foto: J. Migueles, 2008
 
Pazo de Petán
1. Escudo dos Prego de Montaos.
Pazo de Petán. Foto J. Migueles 2008
 
Igrexa de Redondela
1. Escudo situado no frontal do sartego con estatua xacente na capela de San Sebastián no interior da Igrexa parroquial:
Cuartel superior esquerdo e inferior dereito: Machado.
Cuartel inferior esquerdo: Cabral.
Cuartel superior dereito é unha aguia coas ás estendidas. 
 
Xácego. Foto publicada no Seren nº3
 
Reitoral da Igrexa de Redondela
1. Brasón dos Prego de Montaos coa data de 1641. Semella que procede da vella casa reitoral queimada polos franceses e sería o único resto conservado da mesma
 
Casa reitoral de Redondela. Foto: J. Migueles, 2008
 
Igrexa de Vilavella
1. Brasón sito na parte superior exterior da ábsida da igrexa parroquial de Vilavella. Pedras armeiras dos Prego de Montaos.
NOTA: Pode verse unha réplica deste escudo na fachada do convento de Vilavella xunto a outros realizados durante a reconstrucción que sufriu a mediados do século pasado.
2. Outro pequeno escudo no interior da igrexa na unión das nervaduras da bóveda da capela central.
 
Igrexa de Vilavella. Foto: J. Migueles, 2008

Ventosela
Igrexa de Ventosela
Enriba da porta da entrada.
Igrexa de Ventosela. Foto: J. Migueles 2008

Brasóns desaparecidos
Casto Sampedro rexistrou:
1 brasón debuxado que reproduzo a continuación. Enriba escribiu "Casa de la Torre" e debaixo "Cesantes, Redondela".
- "Dos en la casa de los Queimaliños, en la misma rua o calle". Actualmente só un.
- "Otro de madera tallada y pintada, en la casa del Puente, Villavieja, de D. Francisco Sampedro". Era a casa dos Padín na actual rúa Juan Manuel Pereira.
- Dos en la fachada y en la espalda de la casa de Benigno. Casa sen ubicar.
- Cuatro en la iglesia de las monjas; uno al exterior de la capilla Mayor; otro sobre la sacristía, hoy desaparecido; el tercero en la clave de la nervadura de la bóveda de dicha capilla; y el cuarto estuvo en la losa central del pavimento de la capilla, sobre una inscripción.
- Tres o cuatro en Sajamonde, casa de Valladares, ultimamente de San Román.
- Dos en Cedeira, en el Corredor de Bárcena.
- Otro en el Pazo de Sotojusto
- Ocho en Reboreda, tres en piedra, tres en madera y uno en tela pintados
 
Escudo en Cesantes. Fondo: Casto Sampedro-Museo de Pontevedra
 
Escudo debuxado por Casto Sampedro. Foto: Manfred Schneider. Publicado en Wanderfahrten durch Spanien (Senderismo por España), 1926

 

        Na foto podemos ver o escudo debuxado por Casto Sampedro recolocado nun muro. Pertencería ás armas dos Montenegro. No debuxo coloca enriba o casco de armadura medieval, que aparece na foto noutra pedra e que podería facer referencia á familia Salgado.

 
Ademais en Redondelans. www.galeon.com/redondelans/. Blog de C. Milleiro e X. M. Moreira Docampo:
-1 brasón nunha casona de Chapela coas armas dos Araujo, vendido e en paradoiro descoñecido.
-Sampedro fala que no solar do piar do viaducto vello, situado na rúa Pai Crespo, houbo unha casa cun brasón.
-Segundo testemuñas orais a casa situada a esquerda da do cine Fantasio tivo un brasón. Algo normal, se temos en conta que en Vilavella fixaronse moitas familia nobres

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Redondelans. www.galeon.com/redondelans/. Blog de C. Milleiro e X. M. Moreira Docampo
Pazos y torres de la provincia de Pontevedra. Tomo I. López-Chaves-Amor Moreno. Diputación de Pontevedra.
Fondo Casto Sampedro: Sampedro 65-18 Torres y Pazos MUSEO DE PONTEVEDRA
Blasones y linajes de Galicia. Heráldica. J. S. Crespo Pozo, J. M. Bereciartúa. 1985.
Facebook>Policía Local de Redondela
SEREN nº3. Heráldica de Redondela. Ernesto Iglesias Almeida.


No hay comentarios:

Publicar un comentario