![]() |
Campionato de España, 1985. FarodeVigo |
Nos 80 abriu en Vilavella o ximnasio Wu Shu, que posteriormente se
chamaría Jo-Con, que fomentaría a práctica deste deporte. Axiña
chegarían os bos resultados e no Campionato de España de 1985:
Manuel Monteagudo Otero sería 2º en peso lixeiro, Manuel Ángel
Martínez 2º en semi-pesado, Ignacio Lamas Sánchez 3º na mesma
categoría e Ángel Veiga 3º en pesado. Completarían o equipo
Alberto Núñez Rodríguez, Narciso Lago Palleiro, Florentino Pórtela
Alonso, Ángel Reyes López, Fernando Pórtela Alonso, Antonio Lago
Ochoa e Pablo Ortega Alvarez. Estaban dirixidos polo mestre Juan
José Montado Suppo e adestrados por José Cecilio Testa Carreira.
Este é sen lugar a dúbidas o deporte
no que se acadaron máis éxitos. Tristemente como soe suceder cos
deportes minoritarios os dous deportistas que veremos a continuación
son practicamente descoñecidos na vila apesares de contar cun
palmarés impresionante.
Pablo Ortega
Álvarez. Modalidade Combate 80-85 kg.
Campionato de España. 8 veces 1º e 2
veces 2º.
Campionato de Europa. 2 veces 2º.
Campionato do Mundo. Un 3º posto en
1997 en Roma e un 5º posto.
Xunto á atleta Rosana Nogueira, foi o
encargado de portar o facho olímpico de Barcelona’92 ao seu paso
por Redondela.
Mestre Nacional desta modalidade,
adestrador da selección galega e da española. Membro da Comisión
Nacional de Wu Shu. Árbitro nacional e europeo. Ademais é cinturón
marrón de Taekwondo. Unha vez retirado da competición decidiu crear
un club en Arcade (Soutomaior), pola falta de apoio por parte do
Concello de Redondela.
![]() |
Foto cedida por Pablo Ortega |
Jose Luis Rodríguez Veiga. Modalidade
Combate.
Campionato de España. 7 veces 1º e 1
vez 2º.
3º no Campionato de Europa.
5º no Campionato do Mundo de Malasia.
Mestre e árbitro nacional, dirixiu
durante varios anos o ximnasio Jo-Con en Redondela.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
La Vozde Galicia
Faro de Vigo
Aportes:
Pablo Ortega
No hay comentarios:
Publicar un comentario