![]() |
Café América, 1934. Redondela. Crónica gráfica dun pasado recente. María A. Leboreiro Amaro. |
A hostalaría é quizais o pequeno negocio que máis vida lle da ás nosas rúas. Nos bares e restaurantes se socializa e neles suceden anécdotas do máis divertidas. O malo son os que marchan sen pagar, como ocorreu en 1893: “Un taberneiro leva ao xulgado aos concelleiros das diferentes parroquias de Redondela pola débeda de 3.000 reais por comidas servidas os días que viron á vila ás sesións do Concello”.
Para comezar coas tabernas antigas podemos referirnos a un censo de actividades de 1879: Vinos y licores.—Alonso (Ramona).—Andrade (Maria).—Benito Reguera (José).—Blanco Portela(Manuela).—Boceron (Manuel).—Borines Ponte (Benito).—Bula (Josefa).—Bula Rita.—CabaIeiro(Maximino)— (Campo ( Dolores ). - Campo (Tomás).—Fernandez ( Bernardo).— Fernandez Carregera (Fermina).—Figueroa (Victor ).—González (Antonio). — Gonzalez Araujo (Antonio).—Lago (Santiago).—Lago Sánchez (Juan).—Martínez Crespo (José).—.Martinez Sequeiros (Manuel).—Milleiro (José Maria). — Novas (Josefa).— Orge (Manuel).—Otero (Elvira).—Otero Calle (Bernardo ). — Pereira Tristeiro (Juan M.),—Perez (José).—Queimalinos (Cármen).—Riva Fernündez (Luis) .—Sánchez (Agustín).—Seoane (José).—Soto (Dionisia).—Troncoso (Dolores).— V íllanueva (Celestino).CABEIRO. — Fernandez (Gregorio). CEDEIRA.~Boullosa (Rosa)— Fernandez ( J uan).- Otero (Juan). QUINTELA.-González (Andrés)REBOREDA.—Lago .(Antonio). SAJAMONDE . — Cast r o (Ramona).-—Escan (Domíngo). O VISO. Vinos y licores.—Sobra (Josefa)
Redondela. Hostalaría ata mediados do S. XX
Amador, Taberna de => En Santa Mariña nos anos 50.
Amalia González. Preto da estación, na estrada de Vigo. En 1899 un incendio reduzo a cinzas a casa na que estaba.
América, Café => Na Pz. Constitución. Propiedade de Laureano Lago nos anos 30, e de Marcelino Cal Túnel nos 50.
![]() |
Café América. Arquivo Jaime Serín |
Ángel, Fonda => Xa se chamaba así en 1929, anteriormente era La Cueva.
Angustias, Bar Las => Propiedade de Feliciano Domínguez, na rúa Juan Manuel Pereira alá polos anos 40. Viños do Ribeiro, comidas e mariscos.
Argentina, Hotel => No 1918 o seu propietario, José Docampo Montero, anunciaba que había introducido importantes melloras. Estaba na rúa Alfonso XII.
Bernardina Castro, Taberna de => No Muro en 1900.
Bienvenido, Taberna-Tenda de => Na R. da Ribeira. O dono fabricaba velas.
Buena Ventura, La => Bar, tenda e froitería da Señora Petra na Praza da Constitución a principios do s. XX. Nos anos 30 trocou de dono e de nome, polo de Casa Victoriano Núñez. Nos 40 recupera o nome orixinal e segue como propietario Victoriano Núñez Novás.
Canastro, El => Na calella entre a Rúa Xeneral Rubín e a R. das Regateiras.
Cardalda, Casa => Na rúa Alfonso XII nos anos 40.
Chispa, La => Na rúa Juan Manuel Pereira. O seu dono abriría logo o Bar La Torre na rúa Alfonso XII, e que sería coñecido como o do Chispa.
![]() |
Bar La Chispa, 2009. Foto J. Migueles |
Choco, Bar => Punto de encontra dos afeccionados do C. D. Choco. O seu dono Armindo Lorenzo Veiga, pechou o bar en 1964 co propósito de establecerse en Vigo abrindo un restaurante co mesmo nome.
Choqueira, Fonda la => Abriu en 1916 na rúa Alfonso XII número 19, propiedade de Dositeo Pérez Sobrino. Boa cociña e viños do país e o Ribeiro.
Concha, a Casa => De Victoriano Núñez “Cagarría” na Praza Constitución. Preparaba moi ben a lamprea.
Cristo de Limpias, El => Na R. Cabo dos Fumeiros. Debe o nome a un día da procesión do Cristo en que empezou a chover e tiveron que gardar alí a imaxe.
Cueva, La => En marzo de 1910 abriu ás súas portas na rúa Alfonso XII, ofrecendo viños e comida. En 1922 o seu dono Manuel Martínez, que anteriormente tivera un restaurante homónimo en Cuntis, inaugurou outro co mesmo nome en Pontevedra.
Escondido, O => Na R. Meixón Frío. Bar para parellas con habitacións nos pisos superiores.
España, Hotel => Na R. Alfonso XII chegaba ata o Paseo da Xunqueira. Era de Juan Muíños Casal falecido en 1935, logo do seu fillo e, por último, de Luis Martínez. Tiña fama de boa cociña, destacando a preparación do choco.
![]() |
Hotel España 1950. Redondela. Crónica gráfica dun pasado recente. María A. Leboreiro Amaro. |
Estación, Restaurante La => A construción da antiga estación de trens (nas proximidades do viaduto de Monforte) iniciouse en 1881. O primeiro propietario deste restaurante sería Joaquín Rodríguez Lourido, quen tamén tiña a concesión da illa de San Simón e do restaurante da estación de Pontevedra. Máis tarde, adquiriu o Hotel Universal, en 1908, e o Hotel Europa, en 1911, ambos en Vigo.
Despois o seu xenro, Ramón Iglesias, faríase cargo do restaurante da estación de Pontevedra, mentres o seu fillo, José Rodríguez Martínez, faríase o propio co de Redondela e o servizo a San Simón, ademais rexentaría os das estacións de Salamanca e Fuentes de Oroño. Como exemplo do seu prestixio, dicir que en 1929 o concello de Porriño encargoulle o banquete que celebrou na honra de Antonio Palacios, ao que estaban invitados persoas relevantes de toda Galicia.
A saga familiar remataría con José Rodríguez Crespo, quen se encargaría do restaurante da estación ata os anos 80.
![]() |
Restaurante da Estación, 1910. Redondela. Crónica gráfica dun pasado recente. María A. Leboreiro Amaro. |
Estrella, Bar=> Na actual Pz. Constitución. Propietario Marcelino Cal Túnel, máis tarde propietario do Café América.
Flor del Vino, La (ou a da Monteira) => Na rúa Xeneral Rubín. Viños e marisco. Os seus propietarios eran Valentín Amoedo Táboas e Teresa Esteiro Alján.
![]() |
La Flor del Vino. Foto cedida por Antonio Cobián |
Galleiro, El => Tasca situada na Praza Ribadavia, no solar onde hoxe se atopa o Bar La Farola. Debe o nome a que o dono era da zona onde se atopa o Monte Galleiro. Na súa última etapa sería coñecido como Bar Chuvia, porque chovía máis dentro que fora. Anteriormente chamado Taberna de Matilde.
![]() |
Bar Galleiro,1965. Foto cedida por A.Couñago Laxe |
Hermesinda Fernández, Taberna de => En Redondela a principios do s. XX.
Imperio, Café => Na R. Alfonso XII cando menos dende 1905. En 1925 chamado Café
Royalty por prohibir as autoridades o nome anterior, sendo daquela propiedade de Justo Tojeiro. Tralo falecemento deste, é rexido pola sociedade mercantil, Barros y Núñez. En 1928 os donos separáronse amistosamente, quedando o bar nas mans de Manuel Barros Rodríguez. Nesta época será coñecido popularmente como o Café de Triscallo, alcume do dono. Anos despois foi dos primeiros bares en ter unha neveira de xeados na porta. Cada vez que pasaba Nené e Triscallo estaba distraído, a cantidade de xeados minguaba misteriosamente, ata a colocación de cadeados para evitar tentacións. Nos 90 abriuse novamente unha cafetería neste local recuperándose o nome de Royalty.
Julián, Casa => Na Rúa Juan Manuel Pereira. servía comidas, merendas e café expréss. O seu dono era Julián Peitudo, que daba nome a unha ponte a carón do bar. Nos anos 40 e 50.
![]() |
A de Julián. Arquivo Luis Pereda |
Manuel Otero Lago, A Tasca de => Na actual rúa Padre Crespo acaroada á fábrica conserveira da súa propiedade.
Marcelino, Casa => Nos anos 50 na Praza da Constitución. Bar-tenda que daba comidas.
María Armada, Taberna de => En 1892 roubaron 3.000 nesta taberna da actual R. Padre Crespo.
Marcha Mañán => Na Rúa Reveriano Soutullo.
Matilde, Taberna da Señora => Na Pz. Ribadavia. Daba comidas e habitacións. Chamada así por Matilde González, quen tamén daba nome á fonte de Matilde, que hoxe verte as súas augas ao Alvedosa baixo a praza. A finais do século XIX, pola lei da época, a taberna aparece a nome do seu home, José Fernández Crespo. Estivo aberto ata os anos 20 do pasado século. Posteriormente chamado Bar Galleiro.
Casa Marcelino => Nos anos 50, na actual Praza Constitución. Ofrecía comidas, marisco e unha selección de viños do Ribeiro.
Casa Miguel=> Bar de Miguel Viruleg na Praza Constitución. Preparaba merluza con allada e raia o día de Todos os Santos. Foi un restaurante onde se celebraban todo tipo de banquetes, dende vodas ata bautizos. Cando o dono se xubilou o bar foi rexentado pola súa filla e o seu home. Permaneceu aberto ata principios dos 90.
Moderno, Restaurante => En 1910 era propiedade de Justo M. Tojeiro, que daquela era concelleiro no Concello. En setembro traspasoullo a José Puig. En 1918 atopo a Luis Quijeiro como novo propietario do “Hotel Café El Moderno”, na rúa Alfonso XII, daquela era coñecido por “Cocherpa”. Tamén o tivo Julio Domínguez “Peixiño”. Despois sería Bar Choco.
Moujáns, Taberna => Na Rúa Cruceiro.
Nador, Taberna => Estivo na rúa Espíritu Santo e logo na Calle Oriente (R. Telmo Bernárdez). Famoso por dar tapas gratis durante un tempo. Á fronte estaba a señora Juana e o seu fillo Docho, ao que Gildo Casal lle cantaba con música de Gilda:
Querido Docho
cómprame un bolso
de plesiglás
un vestidito acampanado
y unos zapatos
forma Gildá.
É o único bar de Redondela ao que lle adicaron un libro: A taberna de Nador. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. 2004.
No estoy solo => Na Praza Constitución. Recibe o nome dunha broma de Alfonso “Militón” cando lle dixo ao dono, Julián López Diego: “Julián, puxeches o bar nun sitio...; é mellor que lle poñas No estoy solo, porque tes sempre a Porfirio (dono dunha barbería a carón do bar) contigo”.
Pardo, Casa => Na rúa Xeneral Rubín. Chamado así por ser propiedade de Patricio Pardo, quen tiña como socio a Ramón Nemesio Soage. Logo o collería Pancho que o rebautizou como Café-Bar Buenos Aires, cidade na que estivera emigrado.
París, Bar => A principios dos anos 20.
Pepita, a Taberna de => Na Pz. Santiago Apóstolo.
Rafael Acero => Tenda de viño cara a 1910.
Ramón Bula, Tenda de Viño de => A finais do S. XX na Praza Constitución.
Reboreda, Casa => Na R. Xeneral Rubín os anos 40. Daba comidas.
Retiro, El => Merendeiro en Chapela, tiña horta con viñas
Ribadavia, Bar => Na Pz. Santiago Apostolo.
Rita Bula, Tenda de Viño de => A finais do S. XX na Praza Constitución.
Royalty, Café=> Ver Café Imperio.
Señora Anita, A da => Na R. Alfonso XII. No primeiro piso tiña habitacións para parellas. Naquel local abriría anos despois a pastelería Virita.
Señora Josefa, a Fonda da => Na R. Alfonso XII. Tiña diante a parada dos coches de liña. Co tempo convirtiríase na Casa Barciela.
Serranas, Taberna das => Na Pz. Ponteareas.
A Taberna Nova => En Cedeira, na estrada a Vigo a finais do S. XIX. Na casa onde hoxe (2020) está a farmacia. Posteriormente, tería outros nomes, sendo o máis lembrado El rincón del avestruz.
Tablón, Bar El => Na actual R. Cabo dos Fumeiros. Propiedade de Cabezo I.
Tres Portiñas => Tres Portiñas era o nome dun barrio de Vigo que se fixera popular por ser o escenario da guerra contra os franceses. Recibiu o nome polas tres portas que tiña o bar, que abriu cando menos dende os anos 40 na rúa Alfonso XII. Comidas e marisco.
Triscallo => Ver Imperio.
Tuyo, El => Na R. dos Fornos propiedade de Julián González, alcumado Peitudo.
Ventura Núñez, Casa => Ver La Buena Ventura.
NOTA: En marzo de 1910 abriu un restaurante preto da estación Manuel Doval Sánchez, na casa onde tivera un establecemento Amalia González. A súa intención era adecuar o bosque unido ao local para celebrar “fiestas campestres amenizadas por un piano mecánico”.
Redondela. 2ª metade do S. XX
Alborada => Trocou o seu nome ao cambiar de dono.
Alvedosa, Hostal => Na R. Ernestina Otero cerca da Praza de Abastos. O último, ata o de agora, que ofertou hospedaxe no casco urbano de Redondela. Trocou o seu nome polo de Hostal Julio César e acabou por fechar despois de varios cambios de dono.
Aparecido, El => Debía o seu nome a unha película de vaqueiros que pasaban no Cine Fantasio cando abriu o negocio un home de Ourense que foi bautizado con este alcume. Despois de varios trocos de propietarios pechou no 2012.
Autobar, Café => Na Praza Ribadavia. Despois de ser reformado abriu como Cafetería Caballo Salvaje, tamén desaparecido ao construírse un edificio no solar.
Barciela, Casa => Antiga Fonda da Señora Josefa. Na R. Alfonso XII, alá polos anos 40 e máis tarde na R. Meixón Frío. Mariscos e comidas. O seu dono era José Barciela Tojeiro.
Barriles, los => Na R. Ernestina Otero. Despois de anos como taberna reabriu como tapería pechando ó pouco tempo.
Bolera Americana=> Nos anos 50 propiedade de Jacinto Erguira na avenida de Santa Mariña. Bar dirixido á xuventude.
Búrbida, Cafetería => En Santa Mariña.
Canastro, Bar o => Abriu en 1968 na R. Prata. O seu propietario era José Abal Lamas.
Casino, Café-Auditorium => Na R. Ernestina Otero.
Gaucho, El => No inicio da rúa Prata.
Jamaica, Bar => En Meixón Frío. O seu primeiro propietario foi Francisco Losada, nos anos 50. O nome do bar converteuse no alcume dos donos e da familia que o alugou posteriormente. Estes ao non ver renovado o contrato ao rematarlle a chamada renda antiga, abriron O Novo Jamaica na R. Padre Crespo, no anteriormente chamado JB. O antigo local despois dunha reforma reabriuse como pub, pechando pouco despois definitivamente por mor das denuncias por ruído.
JB, Bar => Na Calle Vella. Antes de abrir A Fragua na Av. Mendiño, os seus donos xa vendían neste local os bocadillos de xamón asado e tortilla aos alumnos do instituto, daquela na Xunqueira. Despois de pasar por varias mans converteuse no Novo Jamaica.
Lareira, Parrillada a. => No camiño ao campo de Santa Mariña. Especialidade bacallau e carnes á brasa.
Lisboa, Bar => Na Praza Ribadavia.
Manda Truco, Bar => Américo Couñago Alonso abriu este bar en decembro de 1969 na rúa Xeneral Rubín.
Mariñas, Café-Bar As => Hamburguesas e bocadillos en Santa Mariña. Enchíase os domingos coa xuventude que ía ao Miramar.
Moncho, a de => Na Pz. Constitución. En realidade chamábase Sónate Moneco, pero popularizouse como a de Moncho polo seu dono Ramón Acuña, quen colleu o traspaso do bar e o mantivo aberto máis de 30 anos, ata a súa xubilación.
Montevideo, Café-Bar => Aberto en 1968 polos irmáns Araujo na actual Pz. Constitución. En 1971 Telmo Araujo o traspasa a Ángel Nicanor Garrido Lemos. Co tempo trasladouse a un baixo preto no que anteriormente estivera El Gaucho.
Novo Choco, o => Na R. José Regojo. O seu dono xa rexentara con anterioridade o Café-Bar Montevideo.
Nuevo Porrón, Bar El => Na R. Alfonso XII. Nos seus últimos anos os fillos dos donos convertérono en “bar heavy”.
Pájaro Pinto, Restaurante => Na Estrada de Vigo.
Pincho, Bar => Na Praza Santiago Apóstolo. Nos anos 60, propiedade de José Gómez Rodríguez.
Porrón, Bar El => Na R. da Ribeira. Nos anos 50 era propiedade de Domingo Rafael. Abriu novamente en 1965. Alcanzaría a súa maior fama cando, nos anos 80, despois de reformalo se fixo cargo da dirección Enrique Tuche Crespo, quen é toda unha personaxe en Redondela. Entre as mil anécdotas protagonizadas citar que nunha ocasión o ciclista francés Luc Leblanc declarou que gañara unha etapa da Volta a Galicia grazas aos chocos que comera no Porrón antes da saída. Pechou por xubilación no 2011.
![]() |
Bar Porrón. Arquivo J.A .Xesteira |
Prescila, Casa => Bar Fonda en Vilavella. A súa dona Prescila Castro acabou por alugala. Cara a 1960 era rexentada por José Méndez. Viviu a súa mellor época cando daba comidas aos empregados da Fábrica de Regojo.
Rancho Grande, El => Restaurante na Praza Constitución.
Rial, Casa => En 1971, José Rial traspasa este bar a Manuel Morales Pérez.
Rivas, Bar => Na Av. Mendiño. Máis coñecido como “A Mouchiña”, alcume da dona que deixou o negocio con máis de noventa anos. No 2012 os herdeiros volveron a abrir o bar despois dunha reforma.
Sil, Bar => Nos anos 60, con portas ás rúas Meixón Frío e Alfonso XII.
Stop, Cafetería => Inaugurada en 1967, sendo os seus primeiros propietarios José Rodríguez Crespo, Enrique Tuche Crespo e Carlos Crespo Piñeiro, sendo este último o que continuaría á fronte do negocio ata a súa xubilación. A súa terraza na praza Constitución foi durante anos a mellor da vila. Pola súa parte, Enrique Tuche, coñecido popularmente como "Pajarito" rexentaría durante varios anos a cafetería do Centro Recreativo e Cultural de Redondela, para reabrir posteriormente El Porrón.
![]() |
Cafetería Stop. Foto cedida por José Pereira. |
Tasca, La => Bar de Mingos na Calle Vella (Padre Crespo).
Torre, la => Na R. Alfonso XII. Dispuña de hospedaxe. O seu dono anteriormente tiña o bar La Chispa, nome que lle quedaría como alcume.
Viaductos, Los => Na R. Padre Crespo. Pechou a principios do 2015.
Xan Carallás => Restaurante inaugurado en 1964, de merecida fama polo bo marisco que servía. Despois da xubilación do seu dono sofreu varios trocos de propietario e de tipo de negocio (pub, bocatería, tapería...), aínda que mantendo o nome.
Zeus, Cafetería => Abriu a principios dos anos 80 no local que fora Hotel España. Realizaba exposicións.
Cabeiro
Brasería, Restaurante La=> En Cabeiro.
Manuel García Álvarez, Taberna de => En Cabeiro nos anos 20.
Cedeira
Casa Paco => Restaurante de Manuel Conde Docampo, fundador do club de fútbol e fútbol sala C. P. 81.
Bar da Collona => Actualmente o Bar Rodeo.
O Cruceiro => Nun principio funcionou como bar-tenda.
Devesa, Bar => Anteriormente bar-tenda.
Luis, Bar => Nos 60 na Portela.
Prudencio Barcia Pení, a Taberna de => En Rande cara a 1910.
Rafael, Restaurante=> En Cedeira nos anos 60.
Rincón Verde, O => Na Formiga.
Salustiano Pazos González, Taberna de => En Cedeira na década dos 20 do século pasado.
Sube si podes => Debíalle o nome a estar situado nun primeiro piso.
![]() |
Bar Sube si Podes. Foto: J. Migueles |
Cesantes
Albariño, Bar => En Cesantes nos anos 60.
Bar-Budo => Bar tenda de Arturo Toucedo Míguez xunto ao paso a nivel, nos anos 50.
Catapeixe, Restaurante => En Cesantes nos anos 60.
Cesantes, Bar => En Cesantes nos anos 60. Propiedade de Gumersindo.
Chocomar, Bar => Na praia en 1960.
Gran Merendero => Reabriuse en 1915, no punto de embarque do vapor de Vigo.
Jaime, Bar => Abriu na praia de Cesantes en 1964.
Martínez, Casa => Estrada á praia. Na primeira metade do s. XX.
Minso, a de => Na praia de Cesantes, nos Asteleiros, alá polos anos 80.
Playa, Bar => Na praia nos anos 60.
Playa, Hotel => No Alto de Cesantes. Na fachada enriba do nome podíase ler: “Esta casa ha sido mandada hacer en mayo del año 1946 por D. Juan L. Bouzón y su esposa Hortensia Fernández por el afán de honrar a su patria chica y para recuerdo a sus sucesores”.
![]() |
Hotel Playa de Cesantes Foto cedida por María José Fernández Fernández |
Punta de la Playa, Bar => Na praia de Cesantes nos anos 60.
Señor José, Casa Bar => Na Punta de Cesantes.
Sarapico, Casa => En Cesantes.
Soutelo, Bar Casa => Ofrecía comidas e habitacións nos anos 60 na Praia da Punta, en Cesantes.
Torerillo, Bar de => Na baixada ao peirao de Cesantes.
Chapela
Alejo, Bar de => Despois “Priorato”.
Baar, Bar
Capela, Casa => En Chapela a mediados dos anos 60.
Carballinés, Bar => A finais dos 60.
Costoya, Casa => A mediados dos anos 60.
Custodia, Casa => No barrio Igrexa a mediados dos anos 60.
Despensa, Bar la
Divinas=> Despois “Baiuca”
Elvira, a de => Tenda-bar.
Gregorio Rivas Álvarez, A Taberna de => Nos anos 20.
Guardia, Bar do => Estaba no Alto da Encarnación.
Gumersinda, a de => Tenda-bar.
Japonés, Bar => Nos anos 60 no alto da Encarnación.
Mari, Bar
María López, Taberna de => Nos anos 20.
Maximino, Bar de => En Arealonga. Posteriormente “La Chabola”
Orense, Bar => A mediados dos anos 60 propiedade de Antonio Nogueiras.
Parra, La=> Despois “Mirador”
Perry's
Pirata, Bar
Retiro, Merendero El => En 1923 o seu propietario ofertaba o seu traspaso porque unha enfermidade impedíalle atendelo. Estaba a 50 metros da parada do tranvía.
Santiagués => Despois El Canario, que acadaría gran fama en vodas e banquetes. O seu propietario Manuel Rodríguez Casal da nome a unha rúa de Chapela.
![]() |
Manuel Rodríguez. Foto publicada en El Atlántico |
Valenciano, el => En Arealonga. Despois Asador Arealonga.
Las Viudas => En Arealonga.
Quintela
Azul, Bar => En Quintela.
Bernardina Castro, Taberna de => Funcionaba en Quintela en 1900.
Reboreda
Cruceiro => Bar-tenda en Reboreda. O bar pecharía nos anos 90 e anos despois a tenda ao xubilarse a dona.
Raxado, a Taberna de => Bar-tenda na estrada a Amoedo, á beira dunha curva moi pechada, á que lle deu nome.
A Roda, Asador => En Reboreda nos 80-90. O churrasco era a súa especialidade.
Saxamonde
Aurora Lusquiños, Taberna de => En Saxamonde cara a 1910.
Vilar
Luis Martínez, Taberna de => A principios do século XX.
Perfecta Vilas Souto, A Taberna de => En Vilar a principios dos anos 20.
Bar Laureles => Recibía o nome do apelido do propietario, Loureiro.
O Viso
Carrandaina, Taberna da => Bar-tenda no cruce do Viso.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
SEREN
Nº2. Unha pequena homenaxe ás lavandeiras de Redondela durante a Guerra Civil. Carlos A. Antuña Soto
Arredor de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.
Redondela. Crónica gráfica dun pasado recente. María A. Leboreiro Amaro.
Programas de Festas e Agrupación Artística de Redondela.
A Memoria dun pobo. Lembranzas de Cesantes. Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy.
Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Diario de Pontevedra, El pueblo gallego, Galicia diario de Vigo, La Opinión diario de Pontevedra, La Correspondencia Gallega, El Correo de Galicia, Anuario-almanaque del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración
La Voz de Galicia.
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/
Faro de Vigo
Matrícula Industrial: 1885-86, 1886-87,1887-88, 1889-90. Arquivo do Concello de Redondela.
Redondela Tv
https://galicia24horas.es>El lugar en donde el mundo se llama Arealonga, en Chapela-Redondela. Alberto Barciela
La Idea.
Aportes: Manuel Lopez Docampo, Manuel Seijas Fernández, Carmen María Fernández Núñez, Ramon Soage, Manuel Migueles, Matilde Fernández, J. M. Bouzón e Belén R. Otero.
No hay comentarios:
Publicar un comentario