jueves, 17 de diciembre de 2020

Dos Bailes aos Pubs e Discotecas.

 

Sala Miramar nos seus inicios. Foto cedida por Bety Laíño
Sala Miramar nos seus inicios. Foto cedida por Bety Laíño

OS BAILES DE PRINCIPIOS DO SÉCULO XX.

Baile La Alegría => En Vilavella en 1923.

Baile de Arturo => Xunto ao antigo paso a nivel do Coto (Cesantes)

Baile de Chapela => En setembro de 1932 con ocasión da reinauguración deste baile despois dunhas reformas, comezou unha pelexada que rematou en batalla campal con paos, pedras e ata navallas, resultando varios feridos, algúns de gravidade, e producíndose varias detencións. En 1944 tamén recibiu o nome de Parque Canario.

Baile do Codia => No Pereiro (Cesantes).

Baile de Enrique

Baile de Figueiral => Na rúa Padre Crespo no mesmo local que estivo o Baile de Paulino.

Baile de Isidro Otero => Recibiu permiso para celebrar bailes en 1924.

Baile de José Estévez => En Cedeira cara a 1917.

Baile de José Pereira Míguez => En 1923 autorízaselle a celebrar bailes en Saxamonde os domingos e festivos.

Baile do Ladrillo => En Negros.

Baile do Loural

Baile de Marcial López => En Cesantes nos anos 20.

Baile de Paulino => Abriu a principios dos anos 60 na rúa Ernestina Otero como baile ao aire libre baixo o nome Baile de Paulino, polo seu dono Paulino García García, que xa fora propietario do Salón Villavieja. Para que a xente chegara ao baile os donos construíron a ponte que une a Xunqueira coa Avenida Ernestina Otero. Posteriormente se convertería na Discoteca Diva. A finais do pasado século trocaría este nome polos de Sol Latino, Latinos en Salsa, Cafetería Latino e recuperaría finalmente o de Diva.

Baile do señor Sequeiros => Na Avenida de Santa Mariña.

Baile do Serapico => En Cesantes, logo converteríase no Cine San Simón.

Baile de Víctor Reguera => De Redondela, en 1924 concédeselle permiso para celebrar bailes.

Casino => Sociedade que se atopaba na Rúa Alfonso XII, na primeira pranta da casa onde se atopa a Farmacia de María Rita. Noticia aparecida no xornal El Soplete (nº59/1933):“Una señorita ya entrada en años y que luce una cabellera obligadamente rubia, no perdió una pieza en el último baile del Casino”.

Flor de Cesantes => coñecido como o Baile do Pereiro, en Cesantes. Moi recoñecible por conservar pintados uns gaiteiros na porta.

La Flor de Cesantes. Foto: La Opinión Coruña
La Flor de Cesantes. Foto: La Opinión Coruña

 

Sala Parque La Junquera => Abriu en 1934 sendo propietario Manuel González Muradás. Co tempo converteuse en Sala de baile con grupos en directo. En 1968 foi reformada, o que non evitou que pechara na década seguinte. Aquí tocaría xente como Karina ou Los Tres Sudamericanos.

Sala Parque la Junquera,1968. Grandes fiestas de la Coca
Sala Parque la Junquera,1968. Grandes fiestas de la Coca

 

Sala Redondela=> A principios dos 50.

Salón de la Alegría => Nos anos 20. Ofreceu un baile a noite de San Sebastián de 1926.

Salón La Luz del Día=> En Chapela nos anos 30.

Salón Míguez => Na rúa da Ribeira, no baixo máis tarde ocupado por O Bazar. Foi o primeiro baile no que comezaron a tocar orquestras. Como exemplos: En 1910 celébrase nel un baile de entroido organizado polo Centro Científico Deportivo. En 1932 celebrouse nel un mitin galeguista e nese mesmo ano un mitin de dereitas. Ese mesmo ano durante a celebración das Festas da Coca entregou os premios as parellas gañadoras dun campionato de baile de resistencia.

Salón Redondela=> A finais dos anos 40 na rúa General Mola, hoxe rúa José Regojo.

Salón Robustino => Nel celebráronse bailes de entroido en 1910.

Salón San Juan.

La Camelia => En Vilavella a principios do S. XX. Tiña o chan de terra e un tronco de piñeiro no centro da pista de baile que suxeitaba unha viga, onde tropezaban os bailaríns. Unha sección da banda de música de Cabeiro tocaba no escenario que estaba debaixo das escaleiras.

Salón Villavieja => Nos anos 50, na rúa Padre Crespo. Era propiedade de José Otero González e, máis tarde, de Paulino García García, quen o pecharía para abrir o Baile de Paulino.


A todos estes habería que sumar os bailes organizados nas instalacións das diferentes asociacións: Centro Recreativo e Cultural de Redondela, Centro Republicano... E tamén os celebrados no Hotel España e no Café América.


AS DISCOTECAS.

Arroba => Na estrada de Vigo. O seu propietario xa tiña unha discoteca homónima en Ponteareas. Co cambio de dono trocaría o seu nome.

 

Discoteca Arroba  2011. Foto: U. Reinoso
Discoteca Arroba  2011. Foto: U. Reinoso

Discoteca Diva => Ver Baile de Paulino.

Diva. Anuncio
Diva.  Anuncio

 

Discoteca Jackson => Na Rúa José Regojo. Abriu a finais dos 80, pechando nos 90.

Jackson. Entrada
Jackson. Entrada

 

Discoteca Kalúa => En Chapela.

Discoteca La Fábrica. Na Avenida Mendiño.

La Fábrica. Festa da espuma. Foto: Marzabal
La Fábrica. Festa da espuma. Foto: Marzabal

La Fábrica. Entrada
La Fábrica. Entrada

 

Discoteca Tornillo => En Reboreda. Discoteca que abriu as súas portas a principios dos anos 90. Reconvertida en after pechou na primeira década do século. Cambiou varias veces de nome: La Capilla, Seven...

La Capilla. Actuación de Mulero. Foto: Ladrillo
La Capilla. Actuación de Mulero. Foto: Ladrillo

 

Sala de Fiestas Miramar => En Santa Mariña. Comezou sendo un baile e converteuse nunha das salas de festas máis grandes de Galicia no seu tempo. Nos seus inicios Antonio Ferreira o empregaba como chapistería polo día. Reformada en 1968, pecharía definitivamente nos anos 90. Polo seu escenario pasaron grandes grupos da época: Antonio Machín, Los Tamara...

Sala Miramar,1968. Grandes fiestas de la Coca
Sala Miramar,1968. Grandes fiestas de la Coca



LOCAIS DE COPAS

Anagrama. Foto: Martín Fernández
Anagrama. Foto: Martín Fernández


Anagrama => Na R. José Regojo. Posteriormente coñecido como Olimpus.

Anagrama. Foto: Martín Fernández
Olimpus, 1986. Martín Fernández

 

Apolo XII => Chamaba a atención na rúa Prata polo foguete do letreiro. Novos propietarios déronlle os nomes de Copas e, posteriormente, Aquelarre.

Copa's. Facebook Begoña Rocha González
Copa's. Facebook Begoña Rocha González

 

Brooklyn (antes Gangalus) => Na R. Prata, pechado no 2007.

Cactus => Abriu as súas portas na R. Reveriano Soutullo a principios dos 90. Logo trocaría o seu nome por Vai ver se chove Basilisa. Despois dun cambio de donos pecharía definitivamente.

Chuco´s 33=> Na R. Cruceiro. Tivo numerosos nomes: Rafagas, Sinagoga e Plural.

4X4=> Pechado no 2007.

4x4 Foto The Groupies
4x4. Foto The Groupies

 

La Guagua => En realidade non era un local se non un vello autobús chamado como a furgoneta Wolsvagen que a S.A.R. empregara nos seus desprazamentos. Era propiedade de Ucha. Estivo primeiro aparcada na Punta de Cesantes e despois entre as naves de Regojo. Suplía a falta de bares de copas nos anos 70.

Noite, Pub => Bar de “Jota” na R. Meixón Frío. Despois sería convertido en pizzería e posteriormente na cervexería A Tenda de Candelaria.

Nudos => Na Portela nos 90.

Ruina, la => Na R. Campo de Fútbol. Nun principio abrira como tapería baixo o nome de A Lareira.

A Ruina. Foto: Simón Ferro
A Ruina. Foto: Simón Ferro

 

Servando, a de=> Na rúa Padre Crespo. Bar propiedade de Servando que o seu fillo Manolín converteu no primeiro bar de copas da vila. Despois chamaríase Bar Vidal e posteriormente a Disco Tasca.

Solapa=> Na R. Prata, pechado no 2007.

Solera => Na Subida á Estación. Nos seus inicios abriu como Tapería Casa Cuartel.

Durante un tempo foi Villa Lola, e máis tarde pasaría a chamarse Andén 24.

Tálamo, Pub => Abriu nos anos 80.

Tío Elías => Na rúa Prata. Despois Trisquel.

Xanela Pub => Na R. Reveriano Soutullo. Ambiente tranquilo para tomar a primeira copa nos anos 80.

Venus => Inaugurado por Álvaro Lago e Daniel Pérez en 1971 na R. Prata. Nos 90 trocou o seu nome por Mambo.

Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Arredor de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.

A Memoria dun pobo. Lembranzas de Cesantes. Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy.

Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Diario de Pontevedra, El pueblo gallego, Galicia diario de Vigo, La Opinión diario de Pontevedra, La Correspondencia Gallega, El Correo de Galicia, Anuario-almanaque del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración

La Voz de Galicia.

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/

Faro de Vigo

Matrícula Industrial: 1885-86, 1886-87,1887-88, 1889-90. Arquivo do Concello de Redondela.

Aportes: Manuel Lopez Docampo, Manuel Seijas Fernadez, Carmen María Fernández Núñez, Ramon Soage, Manuel Migueles, Matilde Fernández...


No hay comentarios:

Publicar un comentario