viernes, 1 de mayo de 2026

Guerra Civil. Listaxe de Presos na Illa San Simón-GA

 

Traslado de presos.  

Aillados. A memoria dos presos de 1936 na Illa de San Simón. Antonio Caeiro, Juan A. González e Clara Mª de Saá. Ed. Ir Indo, 1995.


Gabaldá Martí, Vicente “Jesús” (Rossell-Castelló)

Xornaleiro, 53 anos, casado con Vicenta Muñoz. Fillo de Vicente e Rosa

Membro de UGT.

Xulgado en Vinaroz/Vinaròs (Castelló) por Auxilio á Rebelión (Causa 1405/1938). Condenado o 14/03/1938 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión de Zaragoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938), onde falece o 01/07/1970.


Gabarre Lacoma, José (Rodellar, Bierge-Huesca)

Labrego, viúvo, 64 anos.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón , onde falece o 02 de xullo de 1941 por causas naturais.

Ábreselle Expediente de Responsabilidades Políticas en 1942.


Gabarre Lacoma, Mariano (Rodellar, Bierge-Huelva)

Cullereiro, 50 anos, casado con Ángela Najarre. Fillo de Cosme e Josefa.

Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 15/01/1940 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, na Prisión de Huesca (20/02/1939), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/04/1939), Prisión del Puerto de Santa María (01/05/1942) e Prisión Provisional “Las Capuchinas” Barbastro (28/11/1942), onde por orde do 07/07/1944, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 235 de 22/08/1944, páxina 6359), facéndose efectiva o 20/04/1944.


Gabarro Ramos, Jesús (Vilagarcía de Arousa-Pontevedra)

Industrial, solteiro, 39 anos.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Gabriel Benaiges, Felipe (Paúls-Tarragona)

Labrego, 32 anos, solteiro. Fillo de Felipe e Teresa.

Xulgado en Vinaroz por Auxilio á Rebelión (Causa 1487/1939). Condenado o 13/06/1938 a 20 anos de reclusión temporal. Pena posteriormente conmutada por 6 anos e 1 día de prisión maior.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (21/09/1938) e Prisión Provincial de León, onde por orde do 25/09/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 280 de 07/10/1943, páxina 9722).


Gadea Pradas, Germán (Hoz de la Vieja-Teruel)

Labrego, 60 anos, casado con María Caballero. Fillo de Joaquín e Petra.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 21/10/1938 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión de Albacete, Prisión Provincial de Zaragoza (22/04/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (30/03/1939), concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro, por Orde do 24/06/1940, BOE 181 de 30/6/1941, páxina 4805.


Gaitero Gallego, Elías (Casatejada-Cáceres)

Xornaleiro, 67. Fillo de Salvador e Benita.

Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 21/02/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, no Cárcere de Casatejada, Prisión Provincial de Cáceres (14/09/1938), Prisión Central de Burgos (24/11/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (11/03/1939) e Prisión Central de Figueirido (15/05/1939), onde falece o 14/12/1939.


Gala Benavente, Tomás (Los Blázquez-Córdoba)

Panadeiro, 33 anos, solteiro. Fillo de Joaquín e Emilia.

Veciño de Oria (Almería).

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 23/11/1940 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Astorga e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/03/1941), onde por orde do 21/12/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº73 de 13/03/1944 , páxina 2132), facéndose efectiva o 23/12/1942.

Volve a ser arrestado, cumprindo pena na Prisión de Córdoba (16/02/1943) e na Prisión de Sevilla (06/05/1943), quedando en liberdade o 06/11/1943.


Galán Quirós, Francisco (Valverde de Mérida-Badajoz)

Labrego, 68 anos, viúvo. Fillo de Lucio e Ana.

Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o (15/07/1939) a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, en Campo de Concentración (sen máis datos), Prisión del Partido de Mérida (08/07/1939), Prisión Central de Castuera (10/10/1939), Prisión Central de Orduña (04/12/1939), Prisión Central de Puerto de Santa María (25/03/1940), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (28/09/1940), concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE 02/08/1941).

Volve a ser detido na Prisión de Mérida (25/10/1943). Liberdade o 05/11/1943.


Galán Sánchez, Eustaquio (Ledrada-Salamanca)

Gandeiro, 58 anos, casado con Emilia. Fillo de Casimiro e Tomasa.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 14/10/1937 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión de Béjar, Prisión Provincial de Salamanca (26/07/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/02/1939) onde, por Orde do 12/08/1940, concédeselle a liberdade condicional (BOE número 233 do 20/08/1940, páxina 5769). Liberdade definitiva o 03/06/1944.


Galarraga García, Vicente (Suances-Cantabria)

Canteiro, 60 anos. Fillo de Agustín e Manuela.

Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 24/10/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada por 20 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Burgos, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/11/1940), Prisión de Torrelavega (29/01/1943) e Colonia Penitenciaria del Dueso-Santoña (18/12/1943). Liberdade condicional o 15/04/1944.


Gilarranz Alejandro, Rafael (San Ildefonso-Segovia)

Xornaleiro, solteiro, 18 anos.

Non coñecemos o xuízo nin a sentenza, pero a pena sería conmutada pola Comisión de Madrid (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300678, Expediente 64569).

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e na Prisión Central de Astorga -León, onde por orde do 16/10/1941, concédeselle a Liberdade condicional provisional coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 300 de 27/10/1941, páxina 8368).

Batallones Disciplinarios de Soldados Trabajadores Penados (BDSTP), 2a Agrupación. (ES.19030.AGMG/3.2. Caixa 301673, Expediente 3560).


Galarza Tellería, Basilio (Anzuola-Guipuzkoa)

Médico, 59 anos, casado con Rosario. Fillo de Policarpo e Vicenta.

Veciño de Oñate (Guipuzkoa).

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada por 6 anos e 1 día.

Preso no Cárcere de Oñate, Prisión Provincial de San Sebastián (22/06/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (24/02/1939), onde por Orde do 27/09/1940, concédeselle a Liberdade Condicional (BOE numero 275 del 01/10/1940, páxina 6810), facéndose efectiva o 30/09/1940.


Galcerá Moragrega, Antonio “Antonio del Borne” (Paúls-Tarragona)

Labrego, 40 anos, casado con María Targa. Fillo de Salvador e Juana.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 13/06/1938 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938) e C. P. M. Sevilla (13/03/1940).


Galdón Cabrero, Sebastián (Santo Tomé-Jaén)

Carpinteiro, 70 anos. Fillo de Felipe e Catalina.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 27/06/1940 a 12 anos e 1 día.

Preso na Prisión Central de Valdenoceda, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/04/1941) e Prisión Provincial de Jaén (29/09/1942), onde por Orde do 14/10/1942, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro(BOE número 299 de 26/10/1942, páxina 8584), facéndose efectiva o 02/10/1942.


Galeano de los Reyes, Eulogio (Cádiz-Cádiz)

Tipógrafo, 67 anos. Fillo de Manuel e Ana.

Xulgado por Indución á Rebelión. Condenado o 10/05/1937 a 6 anos e 1 día de prisión maior.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Cádiz, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (22/03/1939), onde falece o 22/01/1940.


Galíndez Nafarrate, Avelino (Amurrio-Araba/Álava)

Xornaleiro, 26 anos. Fillo de Felipe e Dorotea.

Veciño de Aramayona (Araba)

Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (09/10/1938) e Prisión Central de Camposancos-A Guarda (17/01/1940).


Gallardo García, José (Alfarnate-Málaga)

Labrego, 69 anos, casado.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde falece o 29 de xaneiro de 1940 por causas naturais.


Gallardo Jiménez, Pedro (Bobadilla, Antequera-Málaga)

Casado, 42 anos.

Pertencente ás Milicias Confederales.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde falece o 11 de setembro de 1939 a causa de síncope cardíaco.


Gallardo Jurado, Narciso (Cuevas Bajas-Málaga)

Xornaleiro, 64 anos, casado con Raimunda Cruz. Fillo de Francisco e Ana.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 08/07/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada por 9 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Puerto de Santa María, Colonia Penitenciaria del Dueso (11/08/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (01/04/1939).


Gallardo Martín, Andrés (El Sancejo-Sevilla)

68 anos, casado con María. Fillo de José e Juana.

Xulgado en Sevilla por Rebelión Militar. Condenado o 28/04/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Sevilla, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (19/10/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939).


Gallego Amador, Federico (Infantes-Ciudad Real)

Labrego, 66 anos, casado con María. Fillo de Antonio e María.

Veciño de Villa Hermosa (Ciudad Real).

Afiliado a UGT.

Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 11/06/1939 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Cuéllar, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/10/1940) e Prisión de Ciudad Real (22/11/1942). Citado como falecido en prisión, pero na súa ficha aparece anotado: Liberdade o 01/10/1943.


Gallego Delgado, Guillermo (Casas de don Pedro-Badajoz)

Labrego, 61 anos, casado.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde falece o 06 de maio de 1941 por causas naturais.


Gallego Fernández, José (Gestoso-León)

Labrego, 65 anos, casado con María Rodríguez. Fillo de Domingo e María.

Xulgado en León. Condenado o 06/04/1938 a 2 anos e 8 meses.

Preso, cando menos, no Cárcere de Gestoso, Prisión de San Marcos-León (28/03/1938), Prisión de León (29/10/1938), Prisión de Ponferrada (20/01/1939), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (29/02/1939) e Prisión Central de Dueñas (06/11/1939).


Gallego Fidalgo, Manuel (Carbajales de Alba-Zamora)

Labrego, 67 anos, casado con María González. Fillo de Ángel e Francisca.

Condenado o 24/10/1938 a 14 anos e 8 meses.

Preso, cando menos, no Depósito municipal de Alcañices, Prisión Provincial de Zamora (20/02/1939), Prisión Central de Figueirido (05/05/1939), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/05/1941), onde faleceu o 16/07/1941.


Gallego Nistal, Antonio (Irura-Guipuzkoa)

Moldeador, 25 anos, casado con Felisa Vicandi.

Veciño de Bilbao.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 07/10/1938 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (15/04/1942). Liberdade condicional o 17/01/1943.


Gallego Olid, Cristóbal (Santiesteban del Puerto-Jaén)

Caleiro, 65 anos. Fillo de Ándrés e Isabel.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 30/08/1939 a 20 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Santiago e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (18/03/1941). En Liberdade o 29/12/1941.

Volve a ser detido na Prisión de Úbeda (13/11/1942), Prisión de Jaén (28/02/1943) e Prisión de Villacarrillo (21/05/1943).


Gallego Salgueiro, Severino (Nigrán-Pontevedra)

Labrego, 19 anos, solteiro.

Xulgado en Vigo co resultado de sobresemento provisional.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Gallego Suárez, Francisco (Horcajo-Madrid)

Labrego, casado, 56 anos.

Tribunal Militar Territorial 2 | Causa

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Gallo Bustamante, Emilio (Arenillas de Ebro, Valderredible-Cantabria)

Labrego, viúvo, 61 anos.

Alcalde de Arenillas de Ebro.

Non coñecemos o xuízo e a sentenza, pero a pena sería conmutada pola Comisión de Santander (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300560, Expediente 47608).

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 02/09/1941 (BOE número267 de 24/9/1941, páxina 7372).


Gallo Puente, Arcadio (Pangusión-Burgos)

Labrego, casado, 48 anos.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Galván Blanco, Benito (Zaratán-Valladolid)

Obreiro, 64 anos, casado con Carmen Villombrales. Fillo de Benito e Patricia.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 05/01/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Prisión de Valladolid (28/07/1936), Prisión Central de Burgos (22/11/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (11/03/1939).


Galván Cabezas, Marcelino (Monforte de Lemos-Lugo)

Estudante, solteiro, 18 anos.

Lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Galván Cabezas, Teófilo (Medina de Río Seco-Valladolid)

Panadeiro, 37 anos, solteiro.

Xulgado en Valladolid por Rebelión Militar. Condenado o 21/11/1936 a cadea perpetua, 20 anos. Pena posteriormente conmutada por 7 anos (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300237, Expediente 3249).

Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938) e Prisión Central de Astorga (Leon), onde por Orde do 05/12/1941, concédeselle a Liberdade condicional provisional coa liberación definitiva do desterro. Na súa ficha aparece como: Prisión atenuada o 11/11/1941. Liberdade condicional o 14/11/1941.


Gálvez Arroyo, Tomás (Navahermosa-Toledo)

Labrego, 70 anos. Fillo de Ruperto e Saturnina.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 11/05/1940 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión de Camposancos-A Guarda, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (10/09/1941) e Prisión de Toledo (03/10/1942), onde por orde do 01/03/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 75 de 16/03/1943, páxina 2418), facéndose efectiva o 09/02/1943.


Gálvez Moreno, Antonio (Humilladero-Málaga)

Labrego, viúvo, 63 anos. Fillo de Francisco e Josefa.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 122/05/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria del Dueso e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/04/1939), concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva de desterro por Orde do 25/09/1941 (BOE número 287 de 14/10/1941, páxina 7964).


Gálvez Pavón, Manuel (San Lourenzo-Lugo)

Xastre, casado, 42 anos.

Na lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Galzarri Artaza, Benjamín (Adai, Corgo-Lugo)

Gandeiro, solteiro, 26 anos.

Na lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.




Gama Casalderrey, Manuel (Lérez-Pontevedra)

Gama Casalderrey, M.-El Pueblo Gallego
Industrial, 41 anos, solteiro. Fillo de Faustino e Teresa.

Na súa ficha aparece xunto ao seu nome a lapis “Alejandro”.

Afiliado á Sociedade de Agricultores do Lérez impulsou a creación da Caja Rural del Lérez, da que foi xerente. Fundador da entidade recreativa Juventud Lerezana. Concelleiro de Lérez na República. Nas listas da candidatura comunista nas eleccións xerais de 1933. Colaborador de varios xornais.

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar (Causa 317/1938). Condenado o 02/08/1939 a pena de morte, sendo rebaixada a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada por 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Prisión de Pontevedra (11/04/1938), Prisión Central de Burgos (1942), Prisión de Valdenoceda (22/12/1942). Prisión atenuada o 14/07/1943. Liberdade definitiva o 17/09/1947.

Faleceu en O Grove o 11/05/1950 despois de anos padecendo tuberculose ósea.


Gamallo Castro, Antonio (Caldas de Reis-Pontevedra)

Xornaleiro, 23 anos. Fillo de Juan e Esclavitud.

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 10/10/1936 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27499).

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (06/10/1936), Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (08/02/1937) e Prisión Central de Pamplona (19/03/1942). Prisión atenuada 07/08/1942. Liberdade definitiva 26/06/1945.


Gamallo Lois, Manuel (Cerdedo-Pontevedra)

Practicante, 33 anos. Fillo de José e Susana.

Afiliado a Izquierda Republicana.

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar (Causa 157 de 1937, Caixa 18, Orde 64). Condenado o 16/02/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300426, Expediente 27449).

Preso na Prisión de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (/11/1936) e Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (16/05/1937), onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 198 de 17/7/1941, páxina 5339), facéndose efectiva o 21/06/1941.

Faleceu en 1974.


Gámez Cárdenas, José (Coín-Malaga)

Labrego, 62 anos, casado con María. Fillo de Sebastián e Antonia.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 07/05/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Málaga (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300553, Expediente 46480)

Preso na Prisión de Coín, Prisión Provincial de Málaga (23/10/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (06/05/1939). Liberdade condicional o 09/09/1940.


Gámez Gámez, Juan (Jimena-Jaén)

Labrego, 71 anos, casado con Teresa Molina. Fillo de Pedro e Blasa.

Preso, cando menos, na Prisión de Jimena, Prisión Provincial de Jaén (29/10/1939), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/10/1940), onde faleceu o 20/07/1941.


Gámez Merino, Cecilio (Cambil-Jaén)

Propietario dunha taberna, xornaleiro e matarife, 55 anos, casado con Antonia Montoro García. Fillo de Juan José e Francisca. Veciño de Vila de Torres (Jaén).

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 12/06/1940 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Astorga, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/01/1942), onde por orde do o 12/12/1942 concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro, ( BOE nº 61 de 05/01/1943, páxina 157), facéndose efectiva o 04/12/1942.


Gancedo, Gerardo (Gasteiz-Araba)

Mecánico, 25 anos, solteiro. Morto na illa de San Simón.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Gancedo, Chaos, Arsenio (Zanfoga, Pedrafita do Cebreiro-Lugo)

Carpinteiro, 53 anos. Fillo de José e Concepción.

Veciño de Las Herrerías (Vega de Valcércel-León).

Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 19/10/1937 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Figueirido e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/05/1941).


Gándara Gándara, Adolfo (Padróns, Ponteareas-Pontevedra)

Labrego, 21 anos, solteiro. Fillo de Carmen Gándara Gándara e de pai descoñecido.

NOTA: Tamén citado como Gándara (Sen segundo), Adolfo

Xulgado en Vigo por Rebelión Militar (Causa 1042/1936, Caixa 210, Orde 2254). Condenado o 12/01/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300278, Expediente 8078).

Preso, cando menos, na Prisión de Vigo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/09/1937), Prisión Central de Burgos (06/03/1939), Prisión Provincial de León (01/01/1943), Prisión de Villamanín-León (09/07/1943), Prisión de Santa Isabel (06/11/1944). Liberdade condicional o 20/01/1946.


Gandullo Santos, Antonio (Cortegana-Huelva)

Labrego, solteiro, 66 anos. Fillo de Macedonio e Rafaela.

Veciño de Guillena (Sevilla).

Xulgado en Huelva por Indución á Rebelión. Condenado a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión de La Palma del Condado-Huelva, Prisión Provincial de Huelva (02/04/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (06/03/1939), Prisión Central de Figueirido (05/09/1939), onde falece o 21/10/1939 por un edema cerebral.


Ganose Zarrrauz, Juan (Cortes-Navarra)

Ferroviario, 60 anos. Fillo de Manuel e Policarpa.

Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 24/11/1939 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (22/05/1941), Prisión de Yeserías (11/01/1943) e Prisión Central de Santa Rita-Madrid (11/03/1943), onde por orde do 11/11/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, sen a liberación definitiva do desterro (BOE nº 349 de 15/12/1943, páxina 11942).

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1945.


Ganudo, Benedicto (Valcáceres-Burgos)

Ebanista, 25 anos, casado.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Garay Ruíz, Carlos (Orduña-Bizkaia)

Estudante, 22 anos, solteiro. Fillo de José e Matilde.

Tenente de enxeñeiros afecto ao Corpo do Exército (Norte).

Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado o 19/07/1937 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, onde durante a gran evasión do 22/05/1938 opúxose a mesma; e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938), onde por orde do 30/12/1939, concédeselle a Liberdade condicional ( BOE numero 7 del 07/01/1940, páxina 117)..

Unha vez en liberdade debería cumprir co servizo militar obrigatorio nos Batallones Disciplinarios de Soldados Trabajadores (BDST).


Garay Ruíz, José (Bilbao/Bilbo-Bizkaia)

Capataz, 27 anos, solteiro. Fillo de José e Matilde.

Afiliado a Izquierda Republicana de Bilbao.

Capitán de enxeñeiros afecto ao Corpo do Exército (Norte).

Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado o 19/07/1937 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, onde durante a gran evasión do 22/05/1938 opúxose a mesma; e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938), onde por orde do 30/12/1939, concédeselle a Liberdade condicional ( BOE numero 7 del 07/01/1940, páxina 117). Recollido como falecido na illa.


Garay Sagarduy, Pablo (Arrasate-Guipuzkoa)

Estudante, 20 anos, solteiro.

Morto na illa de San Simón.


Garcés Albéniz, Eduardo (Gasteiz-Araba)

23 anos. Morto na illa de San Simón.


Garcés Albéniz, Gaustino (Azua-Araba)

23 anos. Morto na illa de San Simón.


Garcés Andrés, Eduardo (Gasteiz-Araba)

Mecánico, solteiro, 23 anos.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Garcés Cheliz, Francisco (Guaso, Ainsa Sobrarbe-Huesca)

Labrego, 63 anos, casado con Escolástica, 5 fillos. Fillo de Francisco e Victoria.

Veciño de Almazorre (Bárcabo-Huesca).

Afiliado a Izquierda Republicana.

Xulgado en Huesca por Auxilio á Rebelión (Causa 359-38). Condenado o 06/08/1938 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Huesca (19/04/1938), Prisión Provincial de Salamanca (27/09/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/02/1939), onde falece.


García (sen segundo), Manuel (Vilamaior de Negral, Guntín-Lugo)

Xastre, 42 anos. Fillo de Concepción.

Condenado o 20/11/1936 a 15 anos, 8 meses e 2 días.

Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal- Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Prisión Central de Astorga (02/04/1939), Prisión Central de Figueirido (26/12/1942), Prisión Provincial de Gijón (03/10/1943) e Prisión de Yeserías (09/02/1946). Liberdade condicional 02/02/1948.


García Agudo, Roberto (Renedo, Piélagos-Cantabria)

Labrego, 63 anos, casado con Demetria García. Fillo de Remigio e Fabriciana.

Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 19/01/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada por 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Santander, Colonia Penitenciaria del Dueso (09/09/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (01/04/1939) e Prisión de Dueñas (17/12/1939).


García Albéniz, Gaustino (Azúa-Áraba)

Chofer, 23 anos, solteiro.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


García Alcantud “Guachazo”, Juan (Fuentealbilla-Albacete)

Labrego, 61 anos. Fillo de Juan e Francisca.

Xulgado por Adhesión á Rebelión (Sumario 498, Caixa 14528, Orde 8). Condenado o 21/06/1939 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Burgos, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/11/1940) e Prisión Provincial de Albacete (04/01/1943), onde por orde do 12/09/1945, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE Nº. 279 do 06/10/1945, páxina 2145), facéndose efectiva o 16/09/1945.


García Alonso, Gerónimo (Talavera de la Reina-Toledo)

Cocheiro, 60 anos, casado con Pilar González. Fillo de Matías e Engracia.

Preso, cando menos, na Prisión de Arenas de San Pedro, Prisión Provincial de Ávila (10/09/1938), Prisión Central de Astorga (27/12/1940) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (12/03/1941).


García Alonso, Glicerio (León-León)

Carniceiro e garda municipal de León, 27 anos. Fillo de Lázaro e Teófila.

Nun primeiro momento pasouse a Asturias para evitar ser detido. Participou na guerra como telegrafista no corpo de enxeñeiros.

Xulgado en León por Auxilio á Rebelión. Condenado o 05/04/1938 a 16 anos.

Preso, cando menos, na Prisión de Cenea-Asturias, Prisión de San Marcos-León (12/03/1938), Upo Mendi- San Simón (13/10/1938) e Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (27/01/1940), onde por orde do 02/08/1941, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro, facéndose efectiva o 25/07/1941.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1938.

Recuperada a liberdade traballou como viaxante de comercio e tivo 4 fillas, residindo en León ata o seu falecemento.

NOTA: O seu nome real era Licerio, pero era coñecido por todos como Glicerio e así se recolle na documentación. 

 

García Alonso, Glicerio-dereita-Publicada  Emilio G. de la Calzada



García Alonso, José (Tabernas-Almería)

Labrego, 60 anos, casado con Adela Roca. Fillo de Francisco e Carmen.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado a morte o 22/09/1939, sendo rebaixada a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300055, Expediente 4079). Pena posteriormente conmutada por 20 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Astorga, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/01/1942) e Prisión Provincial de Almería (04/01/1943). Liberdade condicional o 20/12/1943.

Volve a ser xulgado en Almería o 10/07/1946 (FC-CAUSA_GENERAL,1157,Exp.1. Páxina 930/933).


García Alonso, José María (Tallara, Lousame-A Coruña)

Serrador, casado, 26 anos.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


García Álvarez, Dimas (San Pedro de Quirós, Quirós-Asturias)

Albanel, 62 anos, viúvo. Fillo de José e Rosa.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 31/05/1938 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada por 6 anos e 1 día.

Preso na Prisión de Mieres, Prisión Provincial de Oviedo (18/05/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939), onde por Orde do 24/6/1941, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 199 de 18/7/1941, páxina 5375).


García Álvarez, Enrique (Santa María de Grado, Grado-Asturias)

Fotógrafo, 72 anos, viúvo. Fillo de Manuel e María.

Veciño de Mieres (Asturias).

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o07/04/1938 a 15 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Oviedo e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939), onde por Orde do 23/01/1942, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 34 de 03/02/1942, páxina 871).


García Álvarez, Exiquio (Magaz de Pisuerga-Palencia)

Industrial, 42 anos, casado.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


García Álvarez, Faustino (Lada-Asturias)

Mineiro, 60 anos, casado. Fillo de Francisco e Perfecta.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada por 20 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Celanova, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (28/03/1939), Prisión Provincial de Oviedo (28/10/1942), Prisión de Fondón (06/11/1942) e Prisión Provincial de Oviedo (11/02/1943). Liberdade condicional o 21/12/1943.


García Álvarez, Fermín (Carbonera, La Pola de Gorgón-León)

Mineiro, 42 anos, casado, 1 fillo.

Veciño de Santa Cruz de Sil, Páramo de Sil (León).

Militante do PSOE e da UXT. Despois afiliouse ao PCE.

Condenado a pena de morte por mor da revolución de outubro de 1934 e amnistiado pola Fronte Popular.

Co inicio da Guerra Civil capitaneou un grupo de resistencia no seu pobo. Miliciano republicano no 231º Batallón de Infantería desde agosto de 1936.

Xulgado en consello de guerra, o día 23/06/1938, no campo de concentración de Camposancos, A Guarda (Pontevedra), co resultado de sentenza á pena de morte.

Preso, cando menos, no Campo de Concentración de Camposancos-A Guarda e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, na que é fusilado o 5 de agosto de 1938, xunto a outros presos asturianos: José Álvarez García, de Xixón, Francisco Casal Sánchez, de La Felguera, Bernardino Fernández Vázquez, de Salas, José González Iglesias, de San Andrés de Linares, Isaías González Miguel, veciño de Olloniego, e Gregorio Mateos Marote, veciño de Navia.


García Álvarez, Hipólito (Piñeres-Asturias)

Xornaleiro, 61 anos, solteiro. Fillo de Manuel e Joaquina.

Condenado o 18/04/1936 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Oviedo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/11/1940) e Prisión Provincial de Oviedo (04/01/1943). Liberdade condicional o 28/04/1945.


García Arellano, Jesús (Santa Cruz del Retamar-Toledo)

Fabricante ou vendedor de cadeiras, 62 anos. Fillo de Andrés e Micaela.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 09/07/1940 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, no Campo de Concentración de Camposancos-A Guarda e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (10/09/1941), por Orde do 14/10/1942, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 299 de 26/10/1942, páxina 8583), facéndose efectiva o 08/10/1942.


García Argibay, Manuel (Xeve, Pontevedra-Pontevedra)

Contratista, 56 anos, casado con Dolores. Fillo de Carlos e Teresa.

Veciño de Caldas de Reis.

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 10/10/1936 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (06/10/1936), Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (08/02/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (22/03/1939).


García Banayas, Felipe “Perigallo” (Santa Cruz del Retamar-Toledo)

Xornaleiro, 68 anos. Fillo de Severino e Rafaela.

Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 16/01/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Toledo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (21/09/1938), Prisión Central de Burgos (24/11/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (11/03/1939), onde falece o 28/12/1939.


García Becerril, Urbano (Sotobañado y Priorato-Palencia)

Fondista (Hotel Royal), 61 anos, casado con Rosario Zamanillo. Fillo de Félix e Lorenza.

Veciño de Limpias (Cantabria).

Figura como doante a favor das Milicias do Frente Popular.

Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Santander por 6 anos e 1 día (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300298, Expediente 10585).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Santander, Colonia Penitenciaria del Dueso (09/09/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (05/04/1939), onde por Orde do 22/02/1941, concédeselle a liberdade condicional (BOE número 59 de 28/2/1941, páxina 1414).



García Beneroso, Francisco (Benadalid-Málaga)

Xornaleiro, viúvo, 61 anos.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte por causas naturais o 07/03/1941.


García Berlanga, Miguel (Úbeda-Jaén)

Zapateiro, 60 anos, casado con Mercedes. Fillo de José e Lorenza.

Veciño de Málaga.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 22/05/1937 a 20 anos de reclusión temporal. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Málaga (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300552, Expediente 46343).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Málaga (30/04/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/03/1939).


García Bermejo, Pedro (Budia-Guadalajara)

Camiñeiro, 75 anos, casado. Fillo de Inocencio e Agapita.

Xulgado en Guadalajara por Adhesión á Rebelión. Condenado o 15/12/1939 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Guadalajara, Prisión Central de Burgos (19/08/1940), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/11/1940), Prisión Central de Guadalajara (29/09/1942), Prisión de Yeserías (25/10/1942) e Prisión de Santa Rita (11/03/1943). Liberdade condicional o 01/10/1943.


García Bermúdez, Ernesto (Madrid-Madrid)

Estudante, 18 anos, solteiro.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


García Bernardo, Fernando (Villorrodrigo-Palencia)

Fresqueiro, 41 anos, casado.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


García Blázquez, Higinio (Ávila)

Mestre nacional.

Veciño de Taboada (Silleda-Pontevedra).

Xulgado en Pontevedra por incautación de armas e fabricación de explosivos co resultado de sobresemento provisional.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


García Boniya, Felipe (Santa Cruz de Retamar-Toledo)

Labrego, 69 anos, casado.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


García Buitrago, Saturnino (Pozal de Gallinas-Valladolid).

Xornaleiro, 58 anos. Fillo de Manuel e Mercedes.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 22/10/1936 a cadea perpetua, 30 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Valladolid (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300712, Expediente 69780)

Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/03/1939) onde, por Orde do 01/01/1942, concédeselle a liberdade condicional coa liberación definitiva do desterro (BOE número 7 del 07/01/1941, páxina 127).


García Burril, Urbano (Sotobañado Priorat-Palencia)

Fondista, 63 anos, casado.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


García Calderón, Francisco “Niño Ginés” (Porcuna-Jaén)

Labrego, 58 anos, casado.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde falece o 19/12/1940.


García Calle, Miguel ( Santa Lucía-Salamanca)

Xornaleiro, 55 anos, casado con Sena Martín.

Xulgado en Salamanca por Auxilio á Rebelión. Condenado o 19/04/1937 a 15 anos.

Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938).


García Calvo, Adolfo (Peranzanes-León)

Mineiro, viúvo, 63 anos.

Xulgado en León (Causa 679/1937, Caixa 5872, Orde 813).

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva de desterro por Orde do 25/09/1941 (BOE número 287 de 14/10/1941, páxina 7966). Pode ser que a liberdade chegara tarde porque no proxecto Nomes e Voces recóllese que faleceu na illa o 07 de outubro de 1941.


García Campillo, Tomás (Grajal de Campos-León)

Xornaleiro, 67 anos, casado con Dominga. Fillo de Manuel e Eugenia.

Xulgado en León (Causa 63/1936, Caixa 5977, Orde 2164). Condenado o 26/06/1937 a 12 anos e 1 día de reclusión menor.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de León, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (05/10/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/08/1939), onde falece o 08/09/1939.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1938.


García Cardoso, Antonio (Ardales-Málaga)

Labrego, 65 anos, viúvo.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


García Castilla, Antonio

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde, por orde do 02/08/1941, concédeselle a Liberdade condicional provisional con liberación definitiva do desterro (BOE número 229 de 17/8/1941, páxina 6334).


García Castro, Antonio (Padrenda, Meaño-Pontevedra)

Estudante, 25 anos, solteiro. Fillo de Laureano e Eugenia.

Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 14/04/1937 a 15 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Pontevedra. Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/04/1937).


García Castro, José (Quireza, Cerdedo Cotobade-Pontevedra)

Empregado.

Foi detido en Quirexa xunto a Antonio Ferreiro Álvarez, por axudar a fuxir a Portugal ao seu cuñado Martín Ferreiro Álvarez, concelleiro da Coruña e que despois de pasar a Francia e de loitar na zona republicana, falecería no campo de concentración de Mauthausen.

Xulgado por Auxilio á Rebelión xunto a Antonio Ferreiro (Causa 949/1937), sendo absolto.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


García Castro, Leoncio (Padrenda, Meaño-Pontevedra)

Carniceiro, 22 anos, solteiro. Fillo de Laureano e Eugenia.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 01/04/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena conmutada pola Comisión de Pontevedra o 01/02/1945 a 4 anos (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300426, Expediente 27451).

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (15/07/1937). Prisión atenuada o 03/09/1940.

Deberá cumprir o servizo militar nos Batallones Disciplinarios de Soldados Trabajadores Penados (BDSTP), 1a Agrupacion.

Liberdade definitiva o 22/03/1943.

Volve a ser detido na Prisión de Pontevedra (11/10/1945). Liberdade condicional o 30/10/1945.


García Castro, Manuel (Padrenda, Cambados-Pontevedra)

Chofer, 24 anos, solteiro. Fillo de Laureano e Eugenia.

Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 14/04/1937 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caja 300426, Expediente 27452).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Pontevedra e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/04/1937).


García Castro, Perfecto (Padrenda, Cambados-Pontevedra)

Carniceiro, 19 anos, solteiro. Fillo de Laureano e Eugenia.

Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 14/04/1937 a 15 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Pontevedra e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/04/1937).


García Cerezo, Gabriel (Libardón, Colugna-Asturias)

Labrego, 64 anos, casado.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 04/11/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Celanova (05/02/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/03/1939).


García Cobos, Juan (Serradilla-Cáceres)

Labrego, 38 anos, casado con Sebastiana. Fillo de Juan e María.

Xulgado en Cáceres por Conspiración para a Rebelión (Sumario 66421, Legajo 4015). Condenado o 29/04/1937 a 15 anos de reclusión menor. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Cáceres (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300672, Expediente 63804)

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Cáceres, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (09/06/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939).

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1960.


García Costas, Manuel “Repoliño” (Mogor, Marín-Pontevedra)

Vixiante de arbitrios, 34 anos, casado con Rosario. Fillo de Antonio e Consuelo.

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar (Causa 434/1936). Condenado o 22/09/1936 a 20 anos de reclusión menor.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (05/02/1937), onde por orde do 19/06/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 205 do 24/07/1943, páxina 7148), facéndose efectiva o 30/07/1943.

En San Cristóbal participou na gran evasión do 22 de maio de 1938, sendo capturado ao día seguinte por requetés.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1941 e, novamente procesado, en 1958.


García de la Cruz, Manuel (Lopera-Jaén)

Labrego, 61 anos. Fillo de Francisco e Francisca.

Veciño de Porcuna (Jaén).

Afiliado a Juventudes Socialistas Unificadas (JSU) e UGT.

Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 24/08/1939 a cadea perpetua, 30 anos. A pena sería posteriormente conmutada pola Comisión de Jaén (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300960, Expediente 102941).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de A Coruña, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (15/10/1940), Prisión de Jaén (13/01/1943) e Prisión de Linares (21/03/1943), onde faleceu o 13/04/1943.


García Cubo, Octavio (Vegas de Matute-Segovia)

Xornaleiro, 21 anos, solteiro. Fillo de Ramón e Ángela.

Xulgado en Segovia por Auxilio á Rebelión (Sumario 421, Legajo 3083). Condenado o 11/06/1937 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Segovia (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300244, Expediente 3871).

Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938), Valdemoro, traballos forzados (19/10/1939) e Prisión Central de Astorga (22/12/1938), onde por orde do 02/08/1941, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro.

Tería que cumprir o servizo militar nos Batallones Disciplinarios de Soldados Trabajadores Penados (BDSTP), 2a Agrupación (ES.19030.AGMG/3.2. Caixa 301653, Expediente 3153).


García Díaz, Demetrio (Illas-Asturias)

Industrial, 60 anos, casado con Elvira. Fillo de Antonio e Antonia.

Veciño de Avilés (Asturias).

Afiliado á Agrupación Socialista (AS). Tesoureiro do Sindicato del Comercio de Avilés (UGT).

Xulgado en Asturias por Auxilio á Rebelión. Condenado o 06/07/1938 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada por 4 anos.

Preso, cando menos, na Prisión de Gijón, Prisión Provincial de Oviedo (20/07/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939).


García Díez, Florencio (¿Cambrón-Asturias?)

Labrego, 49 anos, casado.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


García Domínguez, Enrique (Campillos-Málaga)

Electricista, 65 anos. Fillo de Alejandro e Francisca.

Veciño de Antequera (Málaga).

Xulgado en Málaga por Auxilio á Rebelión. Condenado o 25/02/1937 a 12 anos e 1 día de reclusión temporal. Pena posteriormente conmutada por 6 anos e 1 día. (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300255, Expediente 4875).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Málaga, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (23/05/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939), Prisión de San Isidro de Dueñas (04/01/1940). Liberdade o 23/07/1940.


García Dueñas, José Antonio (Picasaso-Asturias)

Labrego, 17 anos, solteiro.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


García Falcón, Eugenio “El Gato” (Cambados-Pontevedra)

Mariñeiro, 24 anos. Fillo de Manuel e Esperanza.

CNT. Afiliado ao Sindicato de Mariñeiros de Cambados.

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar (Causa 338/1937, Caixa 22, Orde 80). Condenado o 02/04/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra a 4 anos (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300214, Expediente 1068)

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (15/07/1937). Liberdade condicional o 03/12/1940. Liberdade definitiva o 07/03/1944.

Novamente detido na Prisión de Vigo (30/12/1948) e Prisión de Pontevedra (25/01/1949). Liberdade o 16/02/1949.


García Falcón, Joaquín (San TiermesBelomes-Asturias)

Labrego, solteiro, 63 anos.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


García Falcón, Manuel (Vilagarcía de Arousa-Pontevedra)

Contable, 23 anos, solteiro.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


García Fernández, Alfredo (Cornellana, Salas-Asturias)

Labrego, 59 anos, casado.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


García Fernández, Enrique (Asturias)

Maquinista, 70 anos, viúvo.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


García Fernández, Francisco (Bayo, Grado-Asturias)

Labrego, casado con Nicolasa. Fillo de Manuel e Josefa.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 13/05/1938 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Oviedo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939), onde por Orde do 11/07/1941, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva de desterro (BOE número 214 de 2/8/1941, páxina 5863).


García Fernández, Luis (Los Cabos-Asturias)

Xornaleiro, 23 anos, solteiro.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


García Fernández, Manuel (Corias de Pravia-Asturias)

Labrego, casado, 54 anos.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


García Fernández, Manuel Jesús (La Mata-Toledo)

Ferroviario, 63 anos. Fillo de Andrés e Dolores.

Xulgado en Talavera de la Reina por Rebelión Militar. Condenado o 02/11/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Prisión de Talavera de la Reina, Prisión Central de Burgos (10/03/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (11/03/1939), Prisión de Dueñas (17/12/1939) e Prisión de Palencia (26/01/1940). Falecido o 22/05/1940.


García Fondós, Manuel (Castrelo, A Estrada-Pontevedra)

Canteiro, 38 anos, casado con Manuela Lois. Fillo de Andrés e Bienvenida.

Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 27/08/1937 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/08/1937), Prisión de Santiago de Compostela (26/01/1939) e Prisión Central de Astorga (24/03/1939). Liberdade o 28/07/1940.


García de la Fuente, Esteban (San Vicente de la Barquera-Cantabria)

Industrial, 70 anos, casado con Herminia. Fillo de Florencio e Isabel.

Veciño de Mieres (Asturias), de onde era Xuíz Municipal.

Xulgado en Asturias por Rebelión Militar. Condenado o 07/05/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300533, Expediente 43354).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Oviedo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/07/1938).

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1957.


García Galiante, Juan (Vega de Liébana-Cantabria)

Canteiro, 67 anos.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte o 07/04/1941.


García García, Ambrosio (Ataquines-Valladolid)

Secretario, 44 anos, casado.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


García García, Ángel “Geliche” (Cordovilla-Salamanca)

Comerciante, 26 anos, solteiro. Fillo de Juan e Teodora.

Xulgado en Salamanca por Auxilio á Rebelión. Condenado o 11/04/1937 a 20 anos. Pena conmutada o 18/11/1941 por 6 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (18/09/1938). Liberdade definitiva o 16/10/1942.

Volve a ser detido na Prisión de Salamanca (28/05/1945). Liberdade o 14/06/1945.


García García, Antonio Miguel (Játar-Granada)

Labrego, 62 anos, viúvo. Fillo de Miguel e María.

Xulgado por Auxilio á Rebelión (Causa 362/37). Condenado o 02/07/1937 a 20 anos e un día. Pena posteriormente conmutada por 6 anos e un día.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/04/1939), por orde do 02/08/1941, concédeselle a liberdade condicional con liberación definitiva de desterro (BOE 11/08/1941, páx. 6116).


García García, Arturo (Villanueva de la Peña, Mazcuerras-Cantabria)

Xornaleiro, 22 anos, solteiro. Fillo de Antonio e Mercedes.

Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado o 22/07/1938 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (09/10/1938), Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (17/01/1940) e Prisión de Torrelavega (01/07/1940). Liberdade o 14/10/1946.

Volve a ser detido na Prisión de Torrelavega (26/12/1949) e Prisión de Santander (10/01/1950).


García García, Juan (Valmeo, Vega de Liébana-Cantabria)

Canteiro, 64 anos, casado con Julia Peña. Fillo de Isidoro e María.

Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 24/01/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Santander, Colonia Penitenciaria del Dueso (09/09/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (01/04/1939).


García García, Juan (Almogia-Málaga)

Xornaleiro, 65 anos, casado con María. Fillo de Juan María.

Veciño de Málaga.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 17/06/1939 a 20 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Málaga (31/05/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/03/1939).


García García, Manuel (Fresnedo. Tevergo-Asturias)

Industrial, 64 anos, viúvo. Fillo de Francisco e Serafina.

Veciño de Navelgas (Tineo-Asturias).

Condenado o 30/03/1937 a 12 anos.

Preso, cando menos, na Prisión de Tineo, Prisión Provincial de Oviedo (23/06/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939) e Prisión Central de Dueñas (05/10/1939). Liberdade condicional o 29/09/1940.


García García, Maximino (Gallegos, Mieres-Asturias)

Xornaleiro, 64 anos, casado con Nazarina. Fillo de Vicente e Juana.

Condenado o 07/07/1933 a 25 anos, 15 meses e 11 días.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria del Dueso, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (20/03/1935) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (24/02/1940).


García García, Pedro (Bogarra-Albacete)

Garda civil xubilado, 64 anos, casado.

Veciño de Muros de Nalón (Asturias).

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 05/12/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Celanova (11/02/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (05/04/1939).


García García, Severino (Cereixo, A Estrada-Pontevedra)

Labrego, 35 anos, casado con María Campos. Fillo de Francisco e Carmen.

Veciño de Guimarei (A Estrada).

Condenado a 4 anos.

Preso, cando menos, no Cárcere da Estrada, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/11/1936), Prisión Central de Figueirido (02/05/1939) e Prisión de Pontevedra (11/08/1940). Liberdade o 16/12/1940.


García García, Vicente (Ribas de Campos, Palencia)

Zapateiro, 60 anos, viúvo. Fillo de Román e Isabel.

Veciño de Monzón (Palencia).

Xulgado en Palencia por Rebelión Militar (Causa 267/37). Condenado o 24/02/1938 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, no Cárcere de Monzón de Campos, Prisión Provincial de Palencia (12/11/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939) e Prisión Central de Figueirido (02/05/1939). Prisión atenuada o 27/07/1940.


García García, Víctor (La Faidosa, Mieres-Asturias)

Mineiro, 63 anos, casado con Regina. Fillo de Vicente e Vicenta.

Condenado o 06/05/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Oviedo (06/09/1938) e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (11/03/1939), onde por Orde do 24/6/1941, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 199 de 18/7/1941, páxina 5375).


García Golacheca, Julián Manuel (Bilbao-Bizkaia, 1900)

Practicante, 37 anos, casado con Ángeles Díaz. Fillo de Críspulo e Valeriana.

Xulgado en Bilbao por Rebelión Militar. Condenado o 08/07/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300303, Expediente 11329).

Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938),

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, tendo pendente de pago 500 pesetas de multa en 1941 (BOE do 23/02/1941, Anexo único nº 54, páxina 778)

Unha vez en liberdade volvería a exercer o seu oficio, falecendo cara a 1973.

 

Factura do practicante Julián García, todocolección.


García Gómez, Eladio (Toledo-Toledo)

Dependente de comercio, 28 anos. Fillo de Vicente e Nicasia.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 19/10/1940 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión de Santa Isabel-Santiago de Compostela e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (16/08/1942). Liberdade condicional o 25/01/1943.


García González, David ((Rodiles, Grao-Asturias)

Mineiro, viúvo, 65 anos. Fillo de Vicente e Vicenta.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 11/06/1938 a 20 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300323, Expediente 13808).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Oviedo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939), Prisión Provincial de Oviedo (11/11/1942), onde por orde do 22/05/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 155 do 04/06/1943, páxina 5373), facéndose efectiva o 13/05/1943.


García González, Félix “Manarras” (Torrico-Toledo)

Xornaleiro, 61 anos, casado con Alejandra Chico. Fillo de Florentino e Faustina.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 25/10/1939 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión de Talavera de la Reina, Prisión Provincial de Toledo (06/01/1940), Prisión de Camposancos-A Guarda (13/01/1940) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/03/1941), onde falece o o 27 de maio de 1941.


García González, José (Bocines, Gozón-Asturias)

Labrego, 68 anos, casado con María Marcia. Fillo de Manuel e Josefa.

Xulgado en Asturias por Auxilio á Rebelión. Condenado o 02/07/1938 a 12 anos e 1 día.

Preso na Prisión de Gijón, Prisión Provincial de Oviedo (26/07/1936) Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939), onde por Orde do 11/07/1941, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva de desterro (BOE número 214 de 2/8/1941, páxina 5856).


García González, José Manuel (Noia-A Coruña)

Zapateiro, 31 anos, casado.

Veciño de Vilagarcía de Arousa.

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. Liberdade por conmutación en setembro de 1940.


García González, Manuel (Marín-Pontevedra)

Mariñeiro, casado con Avelina Bamio Moreira.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, sería paseado a finais de setembro de 1936, xunto a outro mariñeiro de Marín coñecido polo seu alcuño, o Xordo. Os corpos serían fondeados naquelas augas.

Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía.


García González, Miguel (Alcalá del Júcar-Albacete)

Labrego, 60 anos, solteiro. Fillo de Miguel e María.

Xulgado por Excitación á Rebelión. Condenado o 08/06/1940 a 12 anos.

Preso no Depósito Municipal de Casas Ibáñez, Prisión de Santa Isabel-Santiago de Compostela (01/09/1940) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (18/09/1941), concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva de desterro por Orde do 11/07/1941 (BOE número 214 de 2/8/1941, páxina 5864).


García González, Salustiano (Cofiñal, Puebla de Lillo-León)

38 anos, casado con María Valbuena. Fillo de Pedro e María.

Xulgado en León por Auxilio á Rebelión (Causa 33/1938, Caixa 5851, Orde 490). Condenado o 08/07/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada por 4 anos (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300320, Expediente 13532).

Preso, cando menos, na Prisión de Cofiñal, Prisión de San Marcos-León (30/10/1938), Upo Mendi-San Simón (15/10/1938), Prisión de Camposancos-A Guarda (27/01/1940) e Prisión Provincial de León (18/06/1940), onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 210 de 29/7/1941, páxina 5688), facéndose efectiva o 05/07/1941.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1938.


García González, Sixto (Madrid)

Panadeiro, solteiro, 28 anos.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.

Xulgado en Madrid (Sumario 41799, Legajo 3833).

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


García González, Wenceslao (Aviados, Valdepiélago-León)

Mineiro, 61 anos, casado con Felisa. Fillo de Gregorio e Antonia.

Veciño de Caboalles (Villablino-León).

Xulgado en León por Adhesión á Rebelión (Causa 122/1938, Caixa 5884, Orde 1002). Condenado o 04/03/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada por 12 anos (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300046, Expediente 3355)

Preso, cando menos, na Prisión de León, Prisión Provincial de Salamanca (26/09/1938), Prisión Central de Burgos (23/11/1938), Prisión Central de Figueirido (28/09/1940) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/05/1941).


García Gutiérrez, Cayetano (Valdepeñas-Jaén)

Zapateiro, casado, 61 anos.

Membro do comité do Frente Popular de Valdepeñas.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde falece o 26/04/1941.


García Guzmán, Pedro (Arenas del Rey-Granada)

Labrego, 58 anos, casado con Dolores. Fillo de José e María.

Xulgado en Granada por Auxilio á Rebelión (Sumario 134138, Legajo 7940). Condenado o 18/12/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Granada (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300269, Expediente 6848).

Preso, cando menos, na Prisión de Frigiliana, Prisión Provincial de Granada (09/11/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (28/03/1939).


García Heredia, Lucio (¿?-Segovia).

Ferroviario, 34 anos, casado.

Non temos datos do xuízo nin da condena. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Segovia (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300245, Expediente 3975).

Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Prisión Provincial de Palencia, onde se lle concede a liberdade condicional (BOE nº 130 de 10/5/1941, páxina 3309).


García Herias, Segundo (Solosancho-Ávila)

Xornaleiro, 19 anos, solteiro.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


García Hinjos, Primitivo (Casas del Monte-Cáceres)

Xornaleiro, 57 anos. Fillos de Manuel e Antonia.

Condenado o 25/10/1932 a 14 anos, 4 meses e 3 días.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria del Dueso, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (04/10/1935), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939) e Colonia Penitenciaria de Figueirido (15/05/1939).


García Iradier, Manuel Enrique (Budiño, O Porriño-Pontevedra)

Xornaleiro, 20 anos, solteiro.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 27/12/1936 a pena de morte, que sería rebaixada a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (22/02/1937), onde falece o 22/09/1941 por enfermidade. Enterrado en Berrioplano (Navarra), Fosa 2938/2022.


García Lago, Luis (Teis-Vigo, Pontevedra, cara a 1915)

Xornaleiro, 21 anos, solteiro.

O seu pai ten negocios en Teis
Morto o 22 de maio de 1938

Xulgado en Vigo por Rebelión Militar. Condenado o 16/09/1936 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (22/02/1937), onde falece na gran evasión do 22 de maio de 1938.


García Lago, Luis

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


García López, Juan (Molinicos-Albacete)

Braceiro, 32 anos, casado con Cirila. Fillo de José e Longina.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 17/10/1939 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión de Santa Isabel-Santiago de Compostela e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (16/08/1942), onde por orde do 12/12/1942,concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro ( BOE nº 61 de 05/01/1943, páxina 157), facéndose efectiva o 04/11/1942.

García Lozano, Miguel (Villamantilla-Madrid)

Xornaleiro, 65 anos. Fillo de Leoncio e Paulina.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 25/02/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Figueirido e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/05/1941).


García Lugrís, Juan Antonio (Cabreira, Oleiros-A Coruña)

Mariñeiro, 32 anos, solteiro. Fillo de Antonio e Antonia.

Afiliado ao CNT, do Sindicato de mariñeiros de Mera.

Fuxido a Francia nun vapor de pesca e declarado en rebeldía. Participa no exército republicano. Detido na Coruña en 1939. Retómase o seu procesamento militar, sendo xulgado en Ferrol por Auxilio á Rebelión. Condenado o 27/04/1941 a 12 anos e 1 día.

Preso na Prisión Provincial de A Coruña e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/04/1942), onde por orde do 12/10/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 5 de 05/01/1943, páxina 161), facéndose efectiva o 06/12/1942.


García Manzano, Arcadio (Pangusión-Burgos).

Labrego, 48 anos, casado con Tomasa Martínez. Fillo de Manuel e María.

Veciño de Miranda de Ebro (Burgos).

Xulgado en Burgos por Auxilio á Rebelión (Causa 79/1936, Caixa 150, Orden 6523). Condenado o 17/09/1936 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Burgos (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300580, Expediente 49989).

Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (17/09/1936), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938). Liberdade condicional o 24/09/1940.

NOTA: Nun blog asegúrase que estivo no barco prisión Upo Mendi.


García Manzano, Baudilio (Villalba de la Loma-Valladolid)

Labrego, 34 anos, solteiro.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


García Martínez, Abdón-ciberche.net
García Martínez, Abdón (Avilés-Asturias, 30/03/1906)

Mestre Mercantil e futbolista, 32 anos, solteiro. Fillo de Eloy e Carmen.

Xogou como futbolista de extremo dereito do Oviedo, chegando a ser preseleccionado nacional. En 1930 revolucionou o fútbol asturiano ao fichar polo eterno rival, o Sporting de Gijón, apesares de de ter un acordo verbal para renovar polo Oviedo, que acababa de xogar un partido a beneficio dos seus pais que perderan a casa nun incendio. O tema acabou nos tribunais, rematando coa indemnización do Oviedo ao Sporting polos partidos en que este último non puidera aliñar ao xogador.

Na tempada seguinte faríase cos seus servizos o Valencia, onde a prensa o alcumou “Diez Reales”, por ser un medio duro. Co equipo valenciano xogaría catro tempadas, disputando 115 partidos e marcando 15 goles, chegando a disputar unha final de Copa. En 1935 ficha polo Atlético de Madrid, onde tan só xogou un par de partidos e os colchoneros puideron evitar o descenso nas últimas xornadas.

Co inicio da guerra loitou en primeira liña como oficial republicano na ofensiva do Norte.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 13/05/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Gijón, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (31/03/1941) e Prisión Central de Santa Isabel, de Santiago de Compostela (18/02/1943), onde por orde do 25/09/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro. (BOE nº 280 de 07/10/1943, páxina 9716), facéndose efectiva o 09/08/1943.

Ante a prohibición de regresar a Avilés estableceuse en Santiago onde aínda xogaría no Club de Fútbol Santiago, converténdose logo en adestrador, chegando a adestrar ao Compostela. Aproveitando unha visita para xogar contra o Celta, o Valencia desprazouse ata Santiago para realizarlle unha homenaxe celebrándose un partido amigable que sería un acontecemento na cidade.

Casaría cunha muller de Padrón e, por motivos laborais, establecéronse en Madrid, onde falecería o 03/06/1965 aos 59 anos.

 

García Martínez, Cristóbal (Villanueva del Arzobispo-Jaén)

Comerciante, 60 anos. Fillo de Cristóbal e Catalina.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 17/05/1940 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Valdenoceda e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/04/1941), onde por orde do 12/10/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 5 de 05/01/1943, páxina 163), facéndose efectiva o 09/12/1942.


García Martínez, Manuel (A Capela-A Coruña)

Electricista, 38 anos, casado con María Fernández. Fillo de José e Flora.

Veciño de Sacos, Cerdedo-Cotobade (Pontevedra).

Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 26/04/1937 a 15 anos. Posteriormente conmutación a 3 anos de prisión menor.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Pontevedra e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (01/05/1937).


García Martínez, Modesto (Ourol-Lugo)

Carabineiro xubilado, 63 anos. Fillo de Joaquín e Joaquina.

Veciño de Seoane (Monforte de Lemos-Lugo).

Acusado de estar implicado na morte dun falanxista. Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 14/09/1939 á pena de morte, sendo rebaixada a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Lugo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (11/03/1941), Prisión Provincial de Lugo (19/11/1942) e Prisión de Santa Isabel-Santiago de Compostela (26/05/1943). Prisión atenuada o 02/10/1943.


García Masegosa, Silvestre (Puerto Lumbreras-Murcia)

Labrego, 61 anos, casado con Rosa Rodríguez. Fillo de Francisco e María.

Veciño de Béjar (Lorca-Murcia).

Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 04/07/1939 á pena de morte, sendo rebaixada a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Unha conmutación posterior foille denegada.

Preso, cando menos, na Prisión do Partido de Lorca, Prisión de Murcia (26/04/1940), Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (16/10/1940), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (19/03/1941), Prisión de Totana (22/01/1943) e Prisión de Lorca (05/03/1943). Liberdade o 19/12/1943.


García Mata, Rafael (La Felguera-Asturias)

Fogueiro, 28 anos, casado con Sofía García. Fillo de Rafael e Ildefonsa.

Afiliado a CNT. Tenente do Batallón de Infantería nº214, do Exército do Norte.

Xulgado en Camposancos. Condenado a pena de morte, que sería conmutada por 20 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (15/07/1938), Prisión Central de Burgos (06/03/1939), Prisión Central de Figueirido (28/09/1940), Prisión de Ponferrada-Villaseca (19/10/1942) e Destacamento Penal de Orallo-León (17/10/1943), , onde por orde do 22/01/1944, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 77 de 17/03/1944, páxina 2232), facéndose efectiva o 09/01/1944.


García Meana, Julio (La Felguera-Asturias)

Xornaleiro, 63 anos. Fillo de José e Vicenta.

Veciño de Infiesto (Piloña-Asturias).

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 21/04/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada por 12 anos e 1 día. (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300886, Expediente 93748)

Preso, cando menos, na Prisión Central de Burgos e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/03/1939), onde por orde do 22/07/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 209 de 28/07/1942, páxina 5540) facéndose efectiva o 04/07/1942.


García Medina, Juan (Agaete, Gran Canaria-Canarias)

Xornaleiro, 62 anos, casado con María. Fillo de Fernando e Ana.

Veciño de Las Palmas.

Condenado o 02/07/1934 a 12 anos e 1 día de reclusión menor.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de las Palmas, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (09/11/1934), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939) e Prisión Central de Figueirido (15/05/1939).



García Merchán, Pedro (Santa Cruz del Retamar-Toledo)

Xornaleiro, 37 anos. Fillo de Pedro e Lucía.

Xulgado en Madrid por Auxilio á Rebelión (Sumario 10541, Legajo 4489). Condenado o 23/09/1939 a 20 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Madrid (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300597, Expediente 52608).

Preso, cando menos, na Prisión de Camposancos-A Guarda, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (10/11/1941), onde por orde do 05/12/1941, concédeselle a Liberdade condicional provisional, sen liberación do desterro (BOE 16/12/1941, nº350, Páx. 9836).


García Miranda, Leandro (Fuendetodos-Zaragoza)

Labrego, viúvo, 65 anos.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


García Miranda, Ramón (La Tejera, Tineo-Asturias)

Labrego, 62 anos, casado con Encarnación. Fillo de Manuel e Ramona.

Veciño de Paredes (Asturias).

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 28/08/1936 a 15 anos.

Preso na Prisión Provincial de Lugo, Prisión Provincial da Coruña (20/03/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (05/03/1939), concédeselle a liberdade condicional por Orde do 28/06/1940 (BOE número 188 del 06/07/1940, páxina 4668).


García Montero, Miguel (Hornachos-Badajoz)

Secretario axudante, 59 anos, viúvo. Fillo de Salvador e Isabel.

Veciño de Madrid (Madrid).

Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 14/11/1939 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada por 20 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión de Comendadoras, Prisión Provincial de Madrid-Porlier (19/02/1940), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (16/03/1941) e Prisión de Almendralejo (09/02/1943).


García Moreno, Mariano (Valladolid-Valladolid)

Militar, 57 anos, casado.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


García Muñíz, Celestino “Flojo” (Castrillón-Asturias)

Labrego. Fillo de José e María.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 11/03/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada por 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Figueirido e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (21/02/1939), onde por orde do 22/07/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 209 de 28/07/1942, páxina 5540), facéndose efectiva o 19/07/1942.


García Muñoz, Antonio

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde por orde do 06/08/1940, concédeselle a Liberdade condicional (BOE número 256 del 12/09/1940, páxina 6351).


García Muradas, Juan (O Porriño-Pontevedra)

Chofer, 29 anos, solteiro. Fillo de Cándido e Manuela.

Xulgado en Vigo por Rebelión Militar. Condenado o 17/04/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300426, Expediente 27440).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Tui, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (25/09/1937) e Prisión Central de Burgos (06/03/1939), onde se lle concede a liberdade condicional (BOE nº 199 de 18/7/1941, páxina 5372).


García Navarro, Francisco (Fraga-Huesca)

Labrego, 44 anos, casado con Dolores Sorolla. Fillo de Salvador e María.

Izquierda Republicana.

Xulgado en Fraga por Auxilio á Rebelión. Condenado o 13/05/1938 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938).

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas (1938-1942).


García Nieto, Gabino José (Balazote-Albacete)

Panadeiro, 72 anos, viúvo. Fillo de Antonio e Isabel.

Condenado o 09/06/1932 a 17 anos, 4 meses e 1 día reclusión temporal.

Preso, cando menos, na Prisión Central de San Fernando, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (25/09/1932), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939) e Prisión Central de Figueirido (15/05/1939), onde falece o 29/12/1940.


García Noya, José (Touro-A Coruña)

Camareiro, 26 anos, casado con Isabel. Fillo de Eduardo e Josefa.

Veciño de Santiago de Compostela (A Coruña).

Xulgado en A Coruña. Condenado o 14/04/1935 a 14 anos, 8 meses e 1 día.

Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938).


García Nuño, Juan (Pino del Tormes-Salamanca, 1911).

Ebanista, casado con María Sánchez. Fillo de Fermín e Gregoria.

Xulgado o 14/12/1937 en Talavera de la Reina (Toledo) por Rebelión Militar. Condenado a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso na Prisión del Partido de Talavera de la Reina, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (11/03/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (24/04/1942).

Non coñecemos cando quedou en liberdade, pero volve a ser detido e o 10/05/1944 ingresa na Prisión Provincial de Salamanca, quedando a disposición do Gobernador Civil de Salamanca. O 09/06/1944 sae en liberdade, por cumprir o mes de arresto.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1940.


García Otero, Jaime (Vila de Cruces-Pontevedra)

Empregado de Correos, 58 anos, casado.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


García Paredes, Antonio (Madrid-Madrid)

Lañador, 64 anos. Fillo de Francisco e Antonia.

Veciño de Fuencarral (daquela era concello, hoxe barrio de Madrid).

Na súa ficha figura como xulgado polo Tribunal Especial de Guardia nº1 durante o “Dominio Rojo”, por vender carne de can. Condenado o17/06/1938 a 3 anos.

Preso, cando menos, na Prisión de Alcalá de Henares, Prisión Provincial de Madrid-Porlier (02/04/1939) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (12/03/1941).


García Paredes, Félix (Mandayona-Guadalajara)

Xulgado en Guadalajara por Auxilio á Rebelión (Causa 2012-39). Condenado o 07/11/1939 a 12 anos e un día de reclusión temporal. Xulgado novamente polo mesmo delito (Causa 588-41), ve reducida a súa condena a 6 anos de reclusión menor. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Guadalajara (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300853, Expediente 89404).

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde por Orde do 22/01/1943, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 46 de 15/02/1943, páxina 1531).


García Pascual, Ángel

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Pode tratarse de Ángel García Pascual, natural de Madrid, mecánico, miliciano, xulgado en Madrid (Sumario 115309, Legajo 3984).


García Pascual, Eufrasio (Carbonero el Mayor-Segovia)

Obreiro, 25 anos, solteiro. Fillo de Guillermo e Juana.

Xulgado en Segovia por Auxilio á Rebelión. Condenado o 28/07/1937 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Segovia por 4 anos de prisión maior. (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300245, Expediente 3929)

Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1939) e Prisión del Castillo de Santa Bárbara (Alicante)


García-Patos Aguilera, Miguel (Layos-Toledo)

Labrego, 27 anos. Fillo de Esteban e Cristina.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 18/06/1940 a 20 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (10/09/1941) e Prisión de Santa Isabel-Santiago (04/02/1943), onde por orde do 26/07/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 237 DE 25/08/1943, páxina 8254, facéndose efectiva o 21/07/1943.


García Paz, Pedro (Donramiro, Lalín-Pontevedra)

Labrego, 25 anos, solteiro. Fillo de José e Emilia.

Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 20/09/1937 a 20 anos. Posteriormente conmutación a 3 anos de prisión menor.

Preso, cando menos, na Prisión de Lalín, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/11/1936), onde seguía en outubro de 1938.


García Pérez, Ángel (Labajos-Segovia)

Labrego, 35 anos, casado.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


García Pérez, Celestino (Corias, Pravia-Asturias)

Labrego, 61 anos, casado con Josefa. Fillo de José e Josefa.

Condenado o 06/07/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300533, Expediente 43463).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Oviedo (14/05/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939), onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 130 de 10/5/1941, páxina 3308).


García Pérez, Eusebio (San Cebrián de Mazote-Valladolid)

28 anos.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


García Pérez, Félix (Mandayona-Guadalajara)

Electricista, 43 anos. Fillo de Santiago e Sotera.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 07/11/1939 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Guadalajara e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (31/01/1942).

NOTA: Datos da ficha de preso na illa. Anteriormente citei a García Paredes, Félix, da mesma poboación. Non podemos descartar que se trate da mesma persoa ou que teñan sexa pai do anterior.


García Pérez, Gabriel (Libardón-Asturias)

Labrego, casado, 64 anos.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 04/11/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Celanova-Ourense (05/02/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/03/1939)


García Pérez, Ginés (Macael-Almería)

Canteiro, 60 anos. Fillo de Pablo e Lucía.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o16/12/1939 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Central ed Astorga e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/03/1941), onde por orde do 22/07/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 209 de 28/07/1942, páxina 5540), facéndose efectiva o 04/07/1942.


García Pérez, Hilario (Torrelobatón-Valladolid)

Labrego, casado, 41 anos.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


García Pérez, Juan (Barrax-Albacete)

Cerralleiro, 30 anos. Fillos de Alfonso e Águeda.

Veciño de Madrid.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 30/10/1941 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Las Comendadoras de Madrid, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (31/01/1942) e Prisión de Santa Isabel-Santiago (04/02/1943). Liberdade condicional o 11/10/1943.


García Petit, Agapito (Labajos-Segovia)

Labrego, viúvo, 54 anos.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


García Piniella, Ramón (Santa Eugenia, Villaviciosa-Asturias)

Labrego, viúvo, 66 anos.

Xulgado en Asturias por Rebelión Militar. Condenado o 10/01/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300308, Expediente 11910).

Preso, cando menos, na Prisión de Gijón, Prisión Central de Celanova (07/02/1938) ,Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (01/04/1939), onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 301 de 28/10/1941, páxina 8405)

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1945. Reapertura e indulto en 1957.


García Pinilla, Julián (Navas de Estena-Ciudad Real)

Labrego, 70 anos, casado con Martina. Fillo de Santiago e Justa.

Condenado o 30/04/1936 a 24 anos e 2 días de arresto maior.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Ciudad Real, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (01/07/1936), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939) e Prisión Central de Figueirido (15/05/1939), onde falece o 16/05/1941.


García Quiroga, Jacinto (Villalba de los Alcores-Valladolid)

Obreiro, 34 anos, casado.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


García Rajo, Manuel (Busto, Valdés-Asturias)

Labrego, 60 anos, casado.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


García Ramos, Saturnino (Simancas-Valladolid)

Chofer, 32 anos, casado.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


García Redondo, Julián (Béjar-Salamanca)

Albanel, 34 anos. Fillo de Antonio e Felisa.

Veciño de Nules (Castellón).

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 14/11/1939 a 20 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Habilitada de Camposancos-A Guarda, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/10/1940), onde por orde do 22/01/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 60 de 01/03/1943, páxina 1995).


García Rodríguez, Emilio (San Claudio, Oviedo-Asturias)

Labrego, 68 anos. Fillo de Manuel e Francisco.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 04/05/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo a 20 anos (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300162, Expediente 12995).

Preso, cando menos, na Prisión Central de Burgos, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/03/1939) e Prisión Provincial de Oviedo (11/11/1942). Liberdade condicional o 01/10/1943.


García Rodríguez, Hilario (Fuensaldaña-Valladolid)

Xornaleiro, 37 anos, casado.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


García Rodríguez, Julián (Villademor de la Vega-León)

Xornaleiro, 76 anos, casado.

Xulgado por espionaxe. Condenado o 18/12/1938 a 20 anos e 1 día de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Celanova (19/12/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (29/03/1939).


García Rodríguez, Julio (Laguna de Duero-Valladolid)

Leiteiro, 28 anos, casado.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


García Rosa, Francisco (Cártama-Málaga)

69 anos, casado con Isabel. Fillo de Francisco e María.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 05/09/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Prisión de Cártama, Prisión Provincial de Málaga (28/03/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (1703/1939) e Prisión Central de Figueirido (15/05/1939), onde falece o 14/11/1939.


García Royo, Manuel (Luarca-Asturias)

Labrego, 60 anos, casado. Fillo de Alonso e Carmen.

Soldado da 2ª compañía do Bon Castellón nº1 Gijón.

Xulgado en Asturias por Rebelión Militar. Condenado o 23/02/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300535, Expediente 43787).

Preso, cando menos, na Prisión Central de Celanova (06/05/1938) ea Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (05/04/1939), onde por Orde do 24/6/1941, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 199 de 18/7/1941, páxina 5375).


García Ruíz, Bautista (Guriezo-Cantabria)

Vocal do comité Agrícola de Guriezo. Afiliado ao Partido Socialista.

Non coñecemos nin o consello de guerra nin a sentenza, que sería conmutada pola Comisión de Santander (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300559, Expediente 47480).

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional por Orde do 22/02/1941 (BOE número 58 de 27/2/1941, páxina 1398).


García Ruíz, Celestino (Quintanar de la Orden-Toledo)

Labrego, 31 anos, casado con Piedad Torrero. Fillo de Santiago e María.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 11/9/1940 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión de Santa Isabel-Santiago, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (16/08/1942), Prisión de Santa Isabel-Santiago (04/02/1943), Prisión de Toledo (06/05/1943) e División 5ª Agrupación (10/05/1943). Liberdade condicional o 27/07/1943.


García Salas, José (Sobrescobio-Asturias)

Labrego, 64 anos. Fillo de Francisco e Jesusa.

Veciño de Campiello (Asturias).

Xulgado en La Braña (Asturias) por Rebelión Militar (Causa 1338, Exp.2. Páxina 598). Condenado o 21/12/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300533, Expediente 43487).

Preso, cando menos, na Prisión Central de Celanova (12/03/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (03/04/1939), onde por Orde do 22/07/1942, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE 209 de 28/07/1942, páxina 5537).

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado cara a 1945-47.


García Salces, Manuel (¿ Hermandad de Campoo de Suso?-Cantabria)

Concelleiro da comisión xestora do concello de Hermandad de Campoo de Suso (Cantabria).

Non temos datos nin do consello de guerra nin da sentenza, pero posteriormente sería conmutada pola Comisión de Santander (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300329, Expediente 14634).

Preso, cando menos, na Prisión Central de Celanova e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde se lle concede a liberdade condicional (BOE nº 157 de 6/6/1941, páxina 4080).

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1944.


García San Miguel, Manuel (Luesma-Zaragoza)

NOTA: O segundo apelido tamén citado como Sanmiguel.

Xulgado en Zaragoza por Auxilio á Rebelión (Causa 196/38). Condenado o 09/09/1938. Descoñecemos a sentenza pero sería posteriormente conmutada pola Comisión de Zaragoza (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 301004, Expediente 108544).

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva de desterro por Orde do 11/07/1941 (BOE número 263 de 2/8/1941, páxina 7261).

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas entre 1938 e 1945.


García Sánchez, Rufino (La Cabeza de Béjar-Salamanca)

Xornaleiro, 66 anos, casado con Julia Gutiérrez. Fillo de Francisco e Dionisia.

Veciño de Los Corrales (Cantabria).

Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 6 anos pola Comisión de Santander (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300557, Expediente 47129).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Santander, Colonia Penitenciaria del Dueso (09/09/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (01/04/1939).


García Santiago, José Benito “Pataconeiro” (Pontevedra-Pontevedra, 22/11/1893)

Toneleiro, 45 anos, casado con Rosario Durán. Fillo de José e Dolores.

Afiliado á Agrupación Socialista. Estivera emigrado en Bos Aires. Socio da imprenta La Popular con Ramiro Paz Carvajal, quen tamén pasou pola illa sendo fusilado en Pontevedra.

Xulgado por Rebelión Militar (Causa 720/1937) por participar na requisa de armas e organización de grupos de resistencia, ademais na súa imprenta imprimíase xornal socialista La Hora. Condenado o 23/09/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena conmutada o 11/12/1940 pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300426, Expediente 27480).

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Prisión Provincial de Pontevedra (06/08/1938) e Prisión Provincial de Las Palmas (01/04/1939), onde se lle concede a liberdade condicional (BOE nº 289 de 16/10/1941, páxina 8031). Graves problemas de saúde que viña arrastrando polo seu paso polo cárcere provocan o seu falecemento en 1944.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1959.


García Santos, Eduardo (Cangas-Pontevedra)

Obreiro, 19 anos, solteiro.

Ingresaría na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, agardando xuízo, pero o 11/11/1936 é trasladado ao cárcere de Redondela, xunto con outros presos. Ao día seguinte son entregados a forzas da Garda Civil de Pontevedra mandadas por Miguel Gómez (citado como González noutro documento), para ser trasladados á Prisión de Partido da Caniza. Ao chegar a Lomba (Gargallóns), na estrada de Xeve a Campo Lameiro, serán fusilados.

 

García Santos, Eduardo. Foto cedida pola familia a 15media.org


García Serrano, Ángel (Comillas-Cantabria)

Latoeiro, 60 anos, casado con Alfonsa Fernández.

Xulgado en Torrelavega por Auxilio á Rebelión. Condenado o 07/06/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada por 3 anos pola Comisión de Santander (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300576, Expediente 49455).

Preso, cando menos, na Prisión del Partido de Torrelavega (03/12/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/03/1939).


García Sierra, Félix (Bargas-Toledo)

Xornaleiro, 55 anos. Fillo de Hilario e Leocadia.

Xulgado por Auxilio á Rebelión (Sumario 30137, Legajo 4239). Condenado o11/10/1939 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Toledo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300359, Expediente 18449).

Preso, cando menos, na Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (10/09/1941).


García Silva, Manuel (Raxoi, Valga-Pontevedra)

Labrego, 62 anos, viúvo. Fillo de Fernando e Dolores.

Veciño de Pontevedra.

Militante de Izquierda Republicana.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 22/04/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada por 4 anos de prisión menor, pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300426, Expediente 27426).

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (16/10/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939). Liberdade condicional o 14/08/1940.


García Suárez, Marcelino (Piñeres, Aller-Asturias)

Madeireiro, 59 anos. Fillo de Manuel e María.

Veciño de Soto (Aller-Asturias).

Afiliado ao Partido Comunista (PCE).

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 19/10/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada por 20 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Figueirido, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/05/1941) e Prisión Provincial de Oviedo (29/01/1943), onde por orde do 19/06/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, sen a liberación definitiva do desterro (BOE número 205 do 24/07/1943, páxina 7150), facéndose efectiva o 07/06/1943.


García Suesta, Pío (Alcalá de la Selva-Teruel)

Labrego, 60 anos, casado con Aurelio Polo. Fillo de Felipe e Orencia.

Xulgado en Aliaga (Teruel) por Auxilio á Rebelión. Condenado o 02/07/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Teruel (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300897, Expediente 95198).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938).


García Suesta, Ramón (Alcalá de la Selva-Teruel)

Labrego, 55 anos, casado con Visitación Villamon. Fillo de Felipe e Orencia.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 14/06/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Teruel (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300897, Expediente 95199).

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Prisión Central de Astorga (09/04/1939). Prisión atenuada o 05/12/1942.


García Talavera Gallego, Tomás (Corral de Almaguer-Toledo)

Xornaleiro, 38 anos. Fillo de Pedro e Antonia.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 10/09/1940 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (10/09/1941). Liberdade condicional o 06/02/1943.


García Tosar, Manuel (Callobre, A Estrada-Pontevedra, 01/06/1906)

Xornaleiro, 30 anos, casado con Carmen García. Fillo de Ventura e Rosa.

Veciño de San Pedro de Ancorados (A Estrada).

Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 12/02/1938 a 15 anos e inhabilitación temporal. Conmutación o 04-10-1940.

Preso, cando menos, na Comisaría de Vixilancia de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/07/1936), Prisión de Santiago de Compostela (26/01/1939), Prisión Central Astorga (15/03/1939),


García Valdés, Marcelino (Monforte de Lemos-Lugo).

Estudante, 18 anos, solteiro.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 19/12/1936 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Lugo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300423, Expediente 27014).

Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (31/03/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938).

Despois debería cumprir o servizo militar no Batallones Disciplinarios de Soldados Trabajadores Penados (BDSTP), 2a Agrupación (ES.19030.AGMG/3.2. Caixa 301666, Expediente 3417).


García Valero, Diego (Sabiote-Jaén)

Labrego, 49 anos, casado con María Zambrano. Fillo de Miguel e Isabel.

Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 07/02/1940 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Jaén | Referencia: ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300869, Expediente 91463

Preso, cando menos, na Prisión Central de Astorga, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/01/1942) e Prisión de Úbeda (23/01/1943), onde por orde do 01/03/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, sen a liberación definitiva do desterro (BOE numero 76 de 17/03/1943, páxina 2435), facéndose efectiva o 24/02/1943.


García del Valle, Mariano (Las Ventas con Peña Aguilera-Toledo)

Xornaleiro, 25 anos, solteiro. Fillo de Saturnino e Ramona.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 6/10/1939 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Toledo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300906, Expediente 96389).

Preso, cando menos, na Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (10/09/1941) e Prisión de Santa Isabel-Santiago (04/02/1943), onde por orde do 22/05/1943 , concédeselle a Liberdade condicional provisional, sen a liberación definitiva do desterro (BOE número 157 do 06/06/1943, páxina 5478), facéndose efectiva o 11/03/1943.


García Valle, Vicente (Comillas-Cantabria)

Mariñeiro, viúvo, 79 anos.

Non temos constancia do consello de guerra nin da sentenza, pero a pena sería conmutada pola Comisión de Santander (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300558, Expediente 47233).

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón onde, por orde do 02/08/1941, concédeselle a Liberdade condicional provisional coa liberación definitiva do desterro. (BOE núm. 226, do 14/08/1941, páxina 6236).


García Vargas, José

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade o 26/04/1940. ( Boletín Oficial del Estado número 121 do 30/04/1940, páxina 2948).


García Vázquez, José (Laro, Silleda-Pontevedra)

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (29/07/1937).


García Villar, José (Madriñán, Lalín-Pontevedra))

Garda xurado, viúvo, 36 anos. Fillo de Jesús e Josefa.

Veciño de Codeseda (A Estrada-Pontevedra).

Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 11/07/1937 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (29/07/1937), Prisión de Santiago de Compostela (26/01/1939), Prisión Central de Astorga (21/03/1939) e Prisión Central de Alcalá de Henares (21/11/1939).

Ábreselle expediente de Responsabilidades Políticas (BOE Anexo único Nº15, 15 de xaneiro de 1940, páx. 270).


Gardeazabal Olartecoechea, Roque (Luiaondo/Luyando-Araba/Álava)

Carpinteiro, 33 anos, casado con Benita Galindo. Fillo de Simón e Ana.

Veciño de Amurrio (Araba).

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (09/10/1938), Prisión Provincial de Sevilla (11/12/1938), Prisión de Santiago de Compostela (26/01/1939) e Prisión Central de Astorga (21/03/1939).

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1959.


Gariño, Pablo

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Garmendia Arzuaga, Aniceto (Tolosa-Guipuzkoa)

Peón, 33 anos, solteiro. Fillo de Miguel e Francisca.

Condenado o 17/07/1937 a 17 anos, 4 meses e 1 día.

Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938),


Garnica Cardoso, Antonio (Ardales-Málaga)

Labrego, 60 anos, viúvo. Fillo de Antonio e Socorro.

Veciño de Peñarrubia (Málaga).

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 10/06/1937 a pena de morte, sendo rebaixada a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. (AGMG. CCEP. Penas de Morte Conmutadas, caixa 300065, expediente 4877)

Preso, cando menos, na Prisión de Peñarrubia, Prisión Provincial de Málaga (28/10/1937), Prisión central de Cuéllar (28/09/1939) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (12/03/1941).


Garra Lalín, Eliseo (Lalín-Pontevedra, 1893)

Inspector de camiños do Concello de Lalín, 43 anos, casado con Sofía Areán.

Veciño de Donramiro (Lalín).
Membro do Centro Republicano de Lalín, foi un dos condutores dos automóbiles que trasladaron aos obreiros a Pontevedra o 20 de xullo de 1936.

Detido o 15 de setembro, e preso na Prisión de Lalín e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/11/1936).
O 09 de novembro de 1936 foi sacado da illa por un grupo de falanxistas co pretexto de trasladalo á Prisión de Pontecaldelas xunto a outros 5 veciños de Lalín: Luís Frade Pazos, José López Bermúdez, Ramiro Granja González, Luis Varela Sobrado e José María Montouto; e outros 5 de Arbo: Telmo Rodríguez Alonso, Juan Alonso Pérez, José Gómez Sampayo, Antonio Picallo Buela e Alfonso Alonso Portugués. Foron fusilados na Volta do Couto en Tenorio-Cotobade. Logo chamaron polas portas para que os veciños trasladaran aos cadáveres. Faríase cargo do enterramento o alcalde de barrio de Tenorio, dándolle sepultura nunha fosa común dentro do cemiterio.

O 04/10/2009 a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) finalizou sen éxito en Tenorio a busca dos restos dos seis represaliados de Lalín, confirmándose o seu traslado, 40 anos antes, a un osario común


Garre Córdoba, Manuel (Villaviciosa de Córdoba-Córdoba)

Mineiro, 20 anos, solteiro. Fillo de Manuel e Teresa.

Veciño de Lillo del Bierzo (Fabero-León).

Afiliado a CNT. Miliciano no Bon de Infantería nº 207.

Xulgado en León por Auxilio á Rebelión (Causa 343/1937, Caixa 6036, Orde 2783). Condenado o 30/04/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Leon (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300438, Expediente 29374).

Preso, cando menos, na Prisión de Lillo de Bierzo, Prisión Provincial de San Marcos-León (27/02/1938), Buque Prisión Upo Mendi-San Simón (15/10/1938), Prisión Provincial de Vitoria (22/11/1938), Prisión Provincial de Alcalá de Henares (23/09/1939), Prisión Central de Madrid (15/11/1940) e Prisión Sanatorio de Porta Coeli-Valencia, onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 210 de 29/7/1941, páxina 5694), facéndose efectiva o 12/07/1941.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1938.


Garrido Area, Antonio “Cagache” (Marín-Pontevedra)

Maquinista naval, 35 anos, casado con Mercedes Quero. Fillo de Antonio e Juana.

Tesoureiro-contador da Sociedad de Maquinistas.

Xulgado en Pontevedra por Auxilio á rebelión. Condenado o 27/06/1937 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300269, Expediente 6820).

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/02/1937). Despois de 3 anos e medio na illa acadaría a Liberdade.

En conversa mantida co seu fillo Eligio Garrido, foi detido cara a novembro ou decembro de 1936 por denuncia presentada, segundo contaba seu pai, en vinganza por negarse a colocar un tipo de peza nun barco, xa que a súa opinión era a que tiña máis peso ante o armador.

Cando o prenderon o seu irmán Eligio comezou a traballar con 16 anos nun vapor para axudar á familia. A inexperiencia fixo que provocara unha fuga na caldeira, falecendo ao día seguinte por mor das queimaduras.

Era amigo do alcalde Antonio Blanco ao que recomendara que escapase antes de que o detiveran. Por desgraza non sería fusilado un día antes de que chegara o seu indulto.

Volvendo a Antonio garrido, cando saíu do cárcere un armador de ideoloxía falanxista dono dun barco contratouno, despedindo a outro empregado. O despedido botoulle en cara que contratara a un “rojo”, ao que o armador contestou: “-Pois vai a Franco e que che merque el un barco.”


Garrido Caparrós, Bartolomé (Turre-Almería)

Labrego, 56 anos, casado con Luisa. Fillo de Juan e Catalina.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 16/12/191939 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Almería (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 301017, Expediente 110097)

Preso, cando menos, na Prisión Central de Astorga e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/01/1942), onde por orde do 12/12/1942 concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro ( BOE nº 61 de 05/01/1943, páxina 157), facéndose efectiva o 04/12/1942.


Garrido Fernández, Natalio (Rielves-Toledo)

Labrego, 46 anos. Fillo de Robustiano e Villana.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 22/05/1940 a 20 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (10/09/1941) e Prisión Central de Santa Isabel-Santiago (04/02/1943), onde por orde do 26/07/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 235 do 23/08/1943, páxina 8185), facéndose efectiva o 10/07/1943.


Garrido González, Pascasio (Fuente el Sol-Valladolid)

Canteiro, 71 anos, viúvo. Fillo de Pascasio e Cipriana.

Xulgado en Medina del Campo (Valladolid). Condenado o 07/10/1936 a 10 anos de prisión maior e 20 anos de reclusión menor. Pena posteriormente conmutada por 6 anos pola Comisión de Valladolid (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300258, Expediente 5320).

Preso, cando menos, na Prisión de Medina del Campo, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (23/12/1936) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939).


Garrido Gutiérrez, Serafín (Cambados-Pontevedra)

Carpinteiro, 62 anos, casado.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Garrido Leirós, Leopoldo (Santiago de Compostela-A Coruña)

Peón camiñeiro da Deputación de Pontevedra, 31 anos, casado.

Veciño de Quintela (Redondela-Pontevedra).

Procesado en Redondela por lesións xunto con Ángel Durán Velasco, foi condenado pola Audiencia de Pontevedra a dous meses e un día de arresto en abril de 1935.

Xulgado en Vigo por Rebelión militar (Causa 7597/36), xunto a José Pereira Míguez, Gustavo otero Sestelo, Manuel Loureiro Pérez, Jesús Olimpio Giráldez Fernández, Francisco darriba Pérez, Pompeyo Blanco Vidal, Manuel Bouzas Puerta, Constante Carballido, Manuel Álvarez Castro, Manuel Martínez Barreiro, Manuel Rodríguez Magariños, Jesús Gómez Casal, Manuel Blanco Camiña e Manuel Barros Monteor. Condenado o 23/12/36 a 20 anos de prisión e multa mancomunada de 2 millóns de pesetas. Pena posteriormente conmutada por 3 anos.

Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (22/02/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (18/09/1938).

A principios dos 40 formou parte do comité comarcal de Redondela do Partido Comunista (PCE). Sería detido novamente, sendo procesado na Causa 94/45 acusado de pertencer a Unión Nacional: Prisión de Vigo (10/02/1945), Prisión da Coruña (08/05/1945), Prisión de Vigo (12/02/1948), ¿cgi? (21/09/1948), Prisión de Vigo (18/04/1949) e Prisión Provincial de Pontevedra (18/04/1949). En Liberdade o 31/01/1950.

En maio de 1937 foi dado de baixa no servizo como peón camiñeiro pola Deputación de Pontevedra. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.


Garrido Marín, Damián (Alcubilla-Ciudad Real)

Labrego, 60 anos, casado con María. Fillo de Juan e Catalina.

Afiliado á Agrupación Socialista e a UGT.

Xulgado en Ciudad Real. Condenado o 19/10/1940 a 20 anos.

Preso, cando menos, na Prisión de Infantes-Ciudad Real, Prisión Central de Burgos (12/07/1940), Prisión de Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/10/1940), onde falece o 19/05/1941.


Garrido Pérez, Eleuterio (La Ventosa del Ducado, Miño de Medinaceli-Soria)

Labrego, 63 anos, casado con Dionisia, Fillo de Valentín e Manuela.

Xulgado en Soria por Excitación á Rebelión (Causa 1170-36). Condenado o 27/02/1937 a 6 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Soria (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300828, Expediente 85781).

Preso, cando menos, na Prisión provincial ed Soria, Prisión Preventiva Celular de Burgo de Osma (08/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (03/03/1939) e Prisión Central de Figueirido (15/05/1939), onde falece o 26/01/1940.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1960.


Garrigo Samaniego, Remigio (Villalba de la Lampreana-Zamora)

Propietario empresa de transporte de viaxeiros, 58 anos, casado con Cirila Sans. Fillo de Francisco e Braulia.

Veciño de Sahagún (León).

Xulgado en León por Auxilio á Rebelión (Causa 80/1936, Caixa 5909, Orde 1274). Condenado o 04/06/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de León (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300438, Expediente 29345).

Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938) e San Isidro de Dueñas (04/01/1940). Prisión atenuada o 11/12/1940.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas.


Garro Tolosa, Ángel (Hondarribia-Guipuzkoa)

Ferroviario, 49 anos.

Afiliado a UGT. Miliciano, participou no reparto de armas dando ordes ás milicias. Capataz nas obras de instalación del teléfono que conectaba co monte Buruntza e o aeródromo de Lasarte.

Pasou a Bilbao e seguiu ata Gijón como empregado ferroviario.

Xulgado en San Sebastián por Auxilio á Rebelión (Causa 690). Condenado a 15 anos Rm. Pena posteriormente conmutada a 6 anos e 1 día PM.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde falece o 01/08/1939 a causa de colapso cardíaco.


Garrues Garayo, Pedro (San Sebastián-Guipuzkoa)

Chofer mecánico.

Afiliado a UGT. Na Guerra Civil realizou servizos de condutor.

Detido a bordo do "Galdames". Xulgado en San Sebastián por Rebelión Militar (Causa 1197). Condenado a 8 años PM. Pena posteriormente conmutada por 6 anos e 1 día PM.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde se atopaba en abril de 1940.


Gaso Rull, Tomás (Falset-Tarragona)

NOTA: Na súa ficha da Prisión de Cuéllar citado como Gaso Ruch, Tomás.

Gandeiro, 67 anos, casado con Concepción Marcos. Fillo de Tomás e Rosa.

Veciño de Bellmunt del Priorat (Tarragona).

Xulgado por Adhesión á Rebelión (Causa 1511/1939). Condenado a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 12 anos e 1 día pola Comisión de Tarragona (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300882, Expediente 93216).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Tarragona, Prisión Central de Cuéllar (11/08/1939) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (21/09/1940), onde por orde do 16/10/1941, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 300 de 27/10/1941, páxina 8371)


Gaspar Verdiel, Miguel (Fabara-Zaragoza)

Canteiro, 61 anos, viúvo.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Gastiasoro y Ruíz de Azúa, Gumersindo (Vitoria-Álava/Araba, 13/01/1878)

Mestre nacional, 58 anos, casado con Concepción Iglesias. Fillo de Pedro e Toribia.

Membro da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza da UGT.

Veciño de Darbo, Cangas (Pontevedra).

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 20/03/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada por 4 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Pontevedra e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/08/1936).

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1939.

En educación, separado do servizo e baixa no escalafón o 11-05-1940.


Gastón Cañardo, Isidoro (Buñales, Huesca-Huesca)

Labrego, 61 anos, casado con Vicenta Artieda. Fillo de Pascual e Francisca.

Xulgado en Huesca por Rebelión Militar (Causa 176/38). Condenado o 26/07/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Huesca (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300866, Expediente 91106).

Preso na Prisión Provincial de Huesca (22/05/1938) e a Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/05/1939), onde por Orde do 11/07/1941, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva de desterro (BOE número 214 de 2/8/1941, páxina 5864).


Gato Figueiras, Jesús (Bembrive, Vigo-Pontevedra)

Xornaleiro, 30 anos, casado con Rosa Seijo. Fillo de Domingo e Adelina.

Presidente da Junta del Sindicato Agrario Ganadero de Bembrive.

Detido o 12/08/1936. Xulgado en Vigo por Excitación á Rebelión (Causa 496/36). Condenado o 21/10/1936 a 16 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300426, Expediente 27439).

Preso, cando menos, na Prisión de Vigo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/10/1936), Prisión Central de Astorga (03/1939) e Prisión Provincial de Lugo (27/11/1939). Liberdade condicional o 24/08/1940.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1940, recuperando a libre disposición dos seus bens en 1944.


Gauxachs Itarte, Ramón L’Español” (Ulldecona-Tarragona)

Labrego, 45 anos, casado con María. Fillo de Dámaso e María.

Xulgado en Vinaroz (Castellón) por Auxilio á Rebelión (Causa 82/1938, Caixa 14112, Orde 1). Condenado o 04/06/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada por 3 anos pola Comisión de Castellón (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300259, Expediente 5440).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938) e C. P. M. Sevilla (13/03/1940). Liberdade condicional o 23/12/1941.


Gavira Castell, Juan (¿Málaga?)

Atopo a Juan Gavira pertencente á Organización Confederal de Algeciras, como Miliciano nas frontes de Málaga, en marzo do 37.

Non temos datos do seu consello de guerra nin da sentencia, pero a pena sería posteriormente conmutada pola Comisión de Málaga (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300553, Expediente 46414).

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde por orde do 17/10/1940, concédeselle a Liberdade condicional (BOE número 296 do 22/10/1940, páxina 7256).

NOTA: Entre os fusilados en Málaga aparece un posible irmán, Manuel Gavira Castell, de Casares.


Gayo Santomé, Eugenio (Meira, Moaña-Pontevedra)

Cordeeiro en As Carreiras, empresa de Meira, 29 anos, casado con Rosa Veiga. Fillo de Manuel e Rosario.

Afiliado a CNT. Lideraba xunto a Enedina Esperón González (tamén represaliada, presa en Pontevedra) o Sociedad de Hiladoras y Oficios Varios La Defensora.

Xulgado en Vigo por Rebelión Militar (Causa 1212/36). Acusado de participar nas requisas de armas en Moaña e Meira. Condenado o 23/12/1936 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27501).

Preso, cando menos, na Prisión de Vigo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/09/1937) e Prisión Central de Figueirido (06/05/1940), onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 268 de 25/9/1941, páxina 7401), facéndose efectiva o 20/08/1941.


Gayo Santomé, Eugenio-Panel no Museo das Carreiras-Foto:A Illa dos Ratos

Gaztelumendi Lecuona, José Martín (Oiartzún-Guipúzcoa).

Albanel, 25 anos, casado. Fillo de José María Aniceto e Josefa Ignacia.

Non temos datos do seu consello de guerra nin da sentencia, pero a pena sería posteriormente conmutada pola Comisión de Guipúzcoa (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300542, Expediente 44741).

Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. Figura como falecido na illa.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1941.

 

Autor: Juan Migueles