 |
Pombal de Torres Agrelo. Foto: Torres Agrelo
|
Un
pombal é o lugar onde se crían pombas, podendo
chamarse pombeiro, cando é de reducidas dimensións. Esta práctica
viviu tempos mellores en Redondela. A
beleza destas aves as
converte nun obxecto decorativo, pero non
é o único motivo para telas. A
carne dos pichóns é
moi apreciada, apesares de que o seu consumo sempre foi minoritario
no noso concello.
O
motivo non é outro que o económico
(“Gando de pico non pon ao
dono rico”), polo
que na
busca de pombais antigos
teremos
que reparar en
pazos e casas destacadas. “Si
tiene capilla, palomar y ciprés, pazo es”. Podemos
citar aquí como
pombal interior
o
existente na parte máis alta da Casa da Torre, no
casco urbano de Redondela,
e como pombais exteriores: o do Pazo
de Torres Agrelo, en
Cesantes;
o da Casa
dos Táboas, en Reboreda; o
do Pazo de Torrecedeira, en Cedeira, ou
o da Casa de María Arango, no límite de Redondela con Cedeira.
Estes
últimos son un tipo de pombal construído en pedra e con tella do
país de base circular, que se estende por toda Galicia.
 |
Pombal da Casa dos Táboas. Foto: J. Migueles
|
 |
Pombal do Pazo de Torrecedeira. Arquivo do Concello de Redondela
|
A
cría de pombas ven de ben antigo, en Redondela atopo referencias aos
pombais en documentos do século XVIII, pero de seguro que existían
antes. Como curiosidade no "Expediente
de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de
Santa María de Reboreda (Reboreda, Tuy), efectuado por decreto de
diciembre de 1760 para el establecimiento de la Única Contribución"
cítanse dous pombais como lindes da parroquia de Reboreda: "De
alli parte por bajo del Palomar que fue de Maria Ramos, y posehe D.
Nicolas Ramos de Moscoso; de alli al Palomar del Conde de San
Roman...".
Un
terceiro uso das pombas deuse
nos
anos 90 do pasado século, cando
se creou
en Redondela un club de colombicultura presidido
por Hilario Sánchez.
Algúns
dos seus membros adicábanse á cría con fins competitivos. Esta
disciplina tivo pouca repercusión por tratarse dun deporte
minoritario.
A
proba consistía en soltar
aos
machos identificados cunha pluma dun cor vistoso, que pelexaban por
unha única femia, gañando
o que quedaba con ela.
Outro
aproveitamento sería, como
en todos os animais de granxa, a do esterco que se empregaba como
abono para os campos. Con
estes excrementos tamén se podería
ata
fabricar
explosivos, pero non teño constancia de que se chegara a utilizar no
noso concello para tal fin.
 |
Pombal en Vilar. Google Maps
|
 |
Pombal en Vilar. Google Maps
|
 |
Pombal no Viso. Foto: J. Migueles
|
 |
Pombal en Ventosela. Foto: J. Migueles
|
Ademais
dos pombais citados, que serían os máis interesantes desde o punto
de vista patrimonial, tamén podemos falar dos pombais das
casas máis modestas. A partires de mediados do século XX, coa
chegada do cemento atopamos pombais de maior ou
menor tamaño tanto
de construción propia como prefabricados.
Máis
barata era a opción de adaptar faiados
ou galpóns
para dar cabida ás pombas e,
máis orixinal aínda, o uso de canastros.
Como
pombal máis curioso do concello atopamos un no tellado dun lavadoiro
na
parroquia de Reboreda.
 |
Pombal nun galpón no Viso. Google Maps
|
 |
Lavadoiro en Reboreda. Google Maps.
|
 |
Canastro en Reboreda. Google Maps
|
 |
Pombal en Saxamonde. Google Maps
|
Autor:
Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Descubrindo
a historia de Catoria. Pombal de O Outeiriño.
Cristina Conde Escaloni.
Inventario
de pombais en Cerdedo.
Tabeirós Montes. https://www.tabeirosmontes.com/pombais.html
https://www.obaixoulla.gal/.../obra.../pombal-do-outeirino
Toponimia de Catoira. Gonzalo Navaza.
https://roquecerponzons.wordpress.com/.../palomares-pombais/
Arquitectura
popular. Museo do Pobo Galego.
PARES
=> Expediente
de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de
Santa María de Reboreda (Reboreda, Tuy), efectuado por decreto de
diciembre de 1760 para el establecimiento de la Única Contribución.
Aportes
orais.