![]() |
Juan Manuel Pereira de Castro. Foto: José Suárez, 1869. BNE. |
Coa Constitución de Cádiz (1812) Galicia pasa a ser unha única provincia, cunha única intendencia, unha soa deputación provincial e un só xefe político. A deputación constituíuse en Santiago de Compostela o 19 de marzo de 1813, co Marqués del Campo Real como presidente, que a trasladará á Coruña 2 meses despois.
O Real Decreto do 15 de xuño de 1814 suprime as deputacións. O 7 de marzo de 1820 restablécese o réxime constitucional como deputación provincial única para toda Galicia, en A Coruña. O 13 de abril de 1822 volven a crearse 4 provincias pola aprobación do decreto do 27 de xaneiro dese mesmo ano, sendo estas: A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo.
Tralo decreto do 10 de outubro de 1823 ábrese unha loita pola capitalidade da provincia entre Tui, Vigo, Pontevedra e Redondela, se ben a nosa vila sería a que tivo menos opcións de conseguilo. A cuestión quedaría resolta o 30 de novembro de 1833, quedando Galicia dividida nas provincias actuais: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.
1836 Período dos gobernadores civís. Presidentes da Deputación en exclusiva
1836-febreiro-12. Manuel Álvaro Rubín.
1836, 25 de xuño. Juan Troncoso Almansa. Deputado suplente que substitúe a Manuel Álvaro Rubín que causa baixa por enfermidade.
1837, 4 de abril. ¿?
1838, 8 de xaneiro. Antonio José Rubín. Non chegaría a exercer.
1838. Antonio Fontano. O 10 de xaneiro a súa elección é declarada nula,
1838. Francisco Román Abal de Borbén. Renuncia o 8 de febreiro de 1838.
1838. Francisco María Romay y Teijeiro. Renuncia o 20 de abril de 1838.
1838, 28 de maio / 1840, 1 de xaneiro. Antonio José Rubín.
1840, 2 de xaneiro / 1843, 1 de novembro. Leodegario Rubín. Tiña como suplente a Manuel Araújo.
Outubro de 1843 Alzamento de Vigo
1843, novembro. Ramón Martínez Saco (Mos, 1810 / ¿?, 1884). Progresista. Como suplente tiña a Juan Manuel Pereira. Non chegaron a ser proclamados por participar na rebelión.
1843, 20 de decembro / 1847, 16 de agosto. Manuel Troncoso Almansa. Avogado conservador. Reelixido en xullo de 1847, renuncia ao cargo aducindo razóns persoais. Volveu ao cargo en 1856.
1847, 16 de agosto. Juan Manuel Pereira . Foi o único candidato presentado. Axiña deixa o cargo por incompatibilidade, ao ser elixido Deputado a Cortes.
1948, 16 de setembro. Manuel Troncoso Almansa. Renuncia ao cargo polo que Manuel Coto y Montes toma posesión como Deputado Provincial dos partidos de Vigo e Redondela.
1849, 16 de setembro. José María Avalle.
1850 Vólvese á denominación de gobernadores civís
1850, 10 de abril / 1854, 20 de agosto. Ramón Mosquera. Reelexido o 2 de abril de 1852 e o 4 de abril de 1854.
Revolución 1854. Restitución da corporación de abril de 1843, aínda que na práctica tan só foron 4 os deputados restituidos.
1854, 21 de agosto / 1854, 22 de setembro. Ramón Martínez Saco.
O 30 de agosto de 1854 dáse conta de dous escritos de protesta remitidos polos ex-deputados provinciais polos Partidos Xudiciais de Vigo e Redondela, Ramón Buch e Leodegario Rubín. En realidade correspondíalle a representación de Redondela a Leodegario Rubín, pero como houbese discrepancias na interpretación da lei neste distrito e no de Vigo, unha semana despois decídese que non se incorpore, o que foi considerado como unha aldraxe por parte de Rubín.
1854, 16 de novembro. Atanasio Fontano. Ocupa a vacante o que ata setembro representara ao partido de Vigo.
Na sesión do 26 de abril de 1856 dáse conta da vacante do Partido Xudicial
de Redondela dado que tras o recurso imposto por Leodegario Rubín sobre seu
dereito a acta provincial, este está exercendo o cargo de Promotor Fiscal fóra de
Galicia polo que, a pesar de gañar tal recurso, non está en disposición de ocupar
dito cargo.
1856, 26 de maio. Ramón Martínez Saco.
1856, 30 de xullo / 1856, 10 de outubro. Jose Mateo Otero.
1856, 10 de outubro / 1856, 12 de decembro. Roque Suárez. Comandante do exército retirado e comandante.
1856, 12 de decembro / 1864, 1 de xaneiro. Manuel Troncoso Almansa. Reelixido en 1858 , 1860 e 1862.
1864, 1 de xaneiro / 1867, 1 de xaneiro. Ramón Martínez Saco. Reelixido en 1865 e 1866. Entre 1864 e 1865 presidiu 6 sesións da Deputación de Pontevedra. Daquela elixíase un presidente en cada reunión.
Período dun presidente da Deputación para cada sesión
Este período está regulado pola Lei de gobernos de provincia de 25 de setembro de 1863, que no seu artigo 37 contempla a elección de presidente: "A Deputación Provincial no primeiro día de cada reunión ordinaria ou extraordinaria nomeará de entre os seus individuos a un presidente".
1866, 4 de xaneiro / 27 de outubro de 1868. Manuel Troncoso Almansa
Revolución de 1868 (a Gloriosa).
Desde o inicio do denominado "Sexenio revolucionario" ata que entra en vigor a Lei provincial do 20 de agosto de 1870, volve a figura do gobernador-presidente da Deputación de forma similar ó período inicial.
1868, outubro Ramón Martínez Saco. Levaba como suplente a Luciano Fernández. Cesa en febreiro de 1872. Das súas intervencións destaca o apoio á restitución da independencia dos concellos de Soutomaior e Pazos de Borbén que foran agregados pola Xunta Revolucionaria ao de Redondela (sesión de 28 de outubro) e a solicitude dunha subvención de 8.000 escudos para que se remate de construír o camiño de Redondela a Moscoso por Amoedo.
1875, 23 de decembro. Manuel Sestelo Veiga. Secretario cesante de Gobernos de provincia, avogado e propietario.
1882, decembro. Fermín Alfaya Milijosa, Antonio López de Neira, José María Guerra Cobián e Linares.
1885, decembro. Evaristo Pérez de Castro Brito. Fillo de Evaristo Pérez de Castro Colomera, quen fora Presidente do Consello de Ministros. Cuñado de José Elduayen e militante do partido conservador. Presidente da Deputación de Pontevedra en 1877.
188? Luciano Fernández Gándara: Foi alcalde de Redondela en varias ocasións. Nomeado Caballero de la Cruz de Carlos III. Faleceu en 1898.
![]() |
Luciano Fernández Gándara. Foto publicada en El Correo Gallego |
- 1891 José María Guerra Cobián. Presidente da Deputación entre 1891 e 1892.
- 189? Antonio López de Neira. Nomeado vicepresidente en novembro de 1892.
- 1892, novembro. Fermín Alfaya Milijosa (Redondela, 1834). Liberal. Avogado. En 1892, sendo Deputado fixo unha proposta para a construcción dun apeadeiro ou estación en Rande, a petición dos concellos de Moaña, Lavadores e Redondela. En decembro de 1893 formou parte da terna elevada á Dirección Xeral co fin de nomearse vocal da Deputación na Xunta de Instrucción Pública. En 1895 conseguiu que a Deputación aprobara un plan de camiños veciñais, que se levaría a cabo case na súa totalidade
- 189? Lorenzo García Vidal. Avogado natural de Cotobade de onde foi alcalde. Ademáis de deputado provincial sería Gobernador civil de Lugo e Ourense.
- 1895 Víctor Novoa Limeses. Renunciou ao cargo antes de rematar o ano.
- 1895, decembro. Antonio López de Neira. Renunciou ao cargo en xaneiro de 1897 para ser nomeado alcalde de Vigo.
- 1897, xullo. Luis Ozores Camino. Sustitue a López de Neira. Médico natural de Vigo. Anteriormente primeiro tenente alcalde daquela cidade. Na seguinte lexislatura resultou electo polo distrito de Ponteareas-A Cañiza.
- 1896 Salustiano Méndez Ponte y Andrade. No cargo en marzo de 1896.
- 1897, outubro. Lorenzo García Vidal. Conservador.
- 1898 Salustiano Méndez Ponte y Andrade. Liberal. Ex-alcalde de Redondela.
- 189? Lorenzo García Vidal. Deixa o cargo en xullo de 1899, por ser nomeado Governador Civil de Pontevedra.
- 1899, 23 xullo. José Estévez. Conservador. Sustitúe ao anterior.
- 190? Salustiano Méndez Ponte y Andrade. No cargo en outubro de 1901.
- 1902, abril. José María Vidal González. Non remata o mandato.
- 1902. Luis Ozores. Conservador. Sustitúe ao anterior.
![]() |
Eduardo Iglesias, 1909. Vida gallega |
1903, abril. José Mª Vidal González e José Estévez, conservadores e Eduardo Iglesias Aniño e Cándido Otero García, liberais.
- 1903. Jose María Vidal González. Faleceu en outubro de 1904 cando ostentaba a presidencia da deputación e o cargo de deputado polo distrito de Redondela-Pontecaldelas.
- 1905, marzo/ 1905, decembro. Antonio López de Neira. Conservador, sustitue ao seu compañeiro de partido falecido. Renunciou en decembro. Presidente da Deputación entre 1905 e 1907.
- 1905, decembro. Cándido Otero García (Redondela). No cargo ata nova elección.
- 1906. José Estévez. Sustituido por ser declarada a súa incompatibilidade para desempeñar o cargo.
- 1906, abril. Lorenzo García Vidal. Ex-Governador de Lugo e Ourense, elexido sen oposición. Ao mes seguinte sería nomeado vocal da comisión provincial para o bienio 1906-07.
- 190? Cándido Otero García. No cargo en xaneiro de 1907.
- 1909, 01 maio / 1910, 1 de maio. Cándido Otero García. Ao ser elexido como deputado por Redondela-Pontecaldelas, cesou no como vicepresidente da deputación, cargo que ostentaba. Faleceu en maio de 1910 estando no cargo. Fora alcalde de Redondela, o seu pobo natal, e en Vigo, onde actualmente residía, era presidente do Casino, Vice-presidente da comisión da Cruz Vermella, e representante da compañía naviera Lloyd Real Holandés. Tiña tamén as honras de xefe Superior de Administración Civil.
- 1910, 30 maio. Antonio López de Neira. Comisión xestora polo falecemento do anterior ata o nomeamento dun novo deputado.
- 1910 / 1911, abril. Manuel Cacheiro Cardama (Redondela). Avogado.
- 1911, marzo. Lorenzo García Vidal.
- 1912, 1 de maio. Eduardo Iglesias Aniño. Remata o seu mandato en abril de 1913, sendo daquela vicepresidente da Comisión Provincial.
- 1913, marzo. José López Boullosa. Ex-Alcalde de Pontecaldelas. Conservador, nomeado Deputado Provincial por primeira vez, para sustituir ao falecido Manuel Cacheiro. Nomeado en marzo, inicia o seu mandato en maio
- 1914, 1 de maio. Antonio López de Neira
![]() |
José López Boullosa 192. Foto: Vida Gallega |
1915-marzo Eduardo Iglesias Añino (Faleceu no cargo en 1916), Antonio López de Neira, Lorenzo García Vidal e José López Boullosa. Dous conservadores e dous liberais.
1915, Eduardo Iglesias Aniño. Problemas de saúde non lle permitiron rematar o seu mandato, falecendo en xuño.
1916-maio-1 José López Boullosa. Xa viña desempeñando o cargo substituíndo a Eduardo Iglesias.
1916-setembro-4 Claudio Contreras Valiñas (Redondela). Avogado. Nomeado por falecer Eduardo Iglesias e ser o único en presentarse ao cargo. O seu nomeamento provoca a súa renuncia como alcalde de Redondela. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/claudio-contreras-politico-troca.html )
19?? Antonio López de Neira. Falecería a principios de 1919 aos 92 anos.
![]() |
Claudio Contreras Valiñas. Vida Gallega |
- 19?? Claudio Contreras Valiñas. No cargo de deputado en abril de 1922. A finais deste ano nomeado Gobernador Civil de Zamora.
- 192? Antonio Casas Medrano. Avogado de Pontevedra. Exercía en outubro de 1922, repetiu na seguinte lexislatura, renunciando a unha terceira en 1930. O seu irmán Carlos era deputado por Ponteareas e A Cañiza, presidindo a Deputación entre 1919 e 1921 e chegando a ser Gobernador Civil. Outro irmán, Manuel, sería tamén presidente da Deputación en 1930.
- Pedro Otero Milleiro (Redondela). Farmacéutico. Foi alcalde de Redondela entre 1916 e 1918.
![]() |
Pedro Otero Milleiro. Foto publicada en "Ernestina Otero Sestelo pedagoga". Manuel Puga |
![]() |
J. Puig Llamas, 1938 Foto: depo.es |
O Real decreto do directorio militar, de data 12 de xaneiro de 1924, restablece de novo o sistema de nomeamento de deputados polo gobernador e elección entre eles do presidente.
1924-setembro-27. Pedro Otero Milleiro, Ramón González Fernández (en xuño de 1925 foi nomeado “Fillo Adoptivo” de Redondela), Juan Losada e César Lois Vidal (foi un dos 3 deputados que propuxeron a creación do Museo de Pontevedra).
1931, 25 de abril. Pedro Otero Sestelo (Redondela). Nomeado primeiro como membro da comisión xestora e definitivamente en xuño. Coa proclamación da II República tamén foi nomeado alcalde de Redondela. Presentou a dimisión dos seus cargos en xullo de 1932 por incompatibilidade, co de inspector farmacéutico municipal de Redondela.
1932, xullo. Obdín Martínez Orge. Alcalde de Pontecaldelas.
1933, maio. Antonio Pousada Pérez. Republicano. Alcalde de Cotobade. En xaneiro de 1934 é cesada a Comisión Xestora da Deputación.
1936, 19 de marzo. Gabino Castro Estévez. Agrario de esquerdas. Foi 2º tenente de alcalde de Ponteareas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario