A principios do século XX Claudio Contreras Valiñas, coñecido
como O Chato, era un avogado implicado na causa agraria.
Politicamente era dos máis activos de Redondela xunto con Juan
Amoedo Seoane participando con este en varios mitins antiforais. Ata
chegou a presentarse en 1911 a deputado provincial sen ser elixido. O
seu discurso caracterizábase polos duros ataques a Riestra: “Sí,
Riestra,este hombre funesto, es el autor de la ruína del país. Sólo
odio y desprecio puede inspirar un cacique tan funesto. De mí os
digo que si un día variase de opinión hacia él os autorizo para
que me fusiléis por la espalda”.
Chegan entón as
eleccións municipais co resultado de 10 concelleiros agrarios por 9
rietristas. Claudio Contreras decide daquela trocar de partido, o que
lle permite ser nomeado alcalde como rietrista en setembro de 1912.
Catro anos despois deixa a alcaldía por ser nomeado Deputado
provincial. Sendo xa considerado o cacique de Redondela, acada o
control total da vila co nomeamento en 1918 como alcalde en funcións
do seu irmán Ricardo, quen xa ocupara varios cargos como o de
recadador de contribucións ou o de mestre habilitado.
Todo
isto provocou que lle adicaran unha canción coa música do popular
“Vals
de los Apaches”, co
retrouso:
Traidor,
traidor,
pillo,
granuja e malvado,
si
te hicieron diputado
fue
porque has vendido tu honor.
Claudio Contreras Foto: Vida Gallega |
Esta cantiga sería incluída no índice de obras prohibidas polo
alcalde de Redondela. Os que a cantaban eran encarcerados e os gardas
municipais prestaban especial atención ao lavadoiro, onde as
mulleres amosaban predilección por dito valse. Para compensar os
partidarios do cacique tamén lle adicaron unha cantiga a Gregorio
Espino, quen se enfrontara a Raimundo Riestra nas eleccións a
deputado a cortes por Redondela.
Na actualidade os redondeláns esqueceron estas cancións pero
moitos aínda lembran o dito: De Contreras e Leirós líbranos
Dios. A outra familia aludida era de tamén de corte conservador,
tendo como maior expoñente a Eladio Leirós Fernández, Cóengo da
catedral de Ourense.
Apesares das
críticas, Claudio Contreras continuaría a súa traxectoria política
e volvería a ser elixido deputado provincial, actuando como man
dereita do deputado a cortes por Redondela e Pontecaldelas, José
Barreras Massó. Despois sería nomeado gobernador de varias
provincias, ademais de ocupar diferentes cargos como o de recadador
de contribucións de Vigo.
O carácter do
seu irmán Ricardo Contreras, quedou patente no seguinte suceso.
O mestre de Redondela, José Gallego, amoestou ao seu fillo por poñer
petardos no corredor
da escola. Como resposta, losqueou
en público ao citado mestre. Suceso máis grave aínda se temos en
conta que exercía como primeiro tenente de alcalde e alcalde en
funcións. Non sabemos se este suceso o
chegou a prexudicar
politicamente,
pero en 1922 fracasaría no seu intento de ser reelixido
coma alcalde de Redondela, nunhas eleccións nas que os agraristas
venceron con 1.036 votos por 514 dos conservadores.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Galiciana-
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es
=> El Pueblo Gallego, La Integridad, El Progreso, El Diario de
Pontevedra, Vida Gallega, El Correo de Galicia...
Arredor
de nós. Historia da Policía Local 1863-2003.
Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.
Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro 2002.
No hay comentarios:
Publicar un comentario