martes, 19 de febrero de 2019

Varios cargos do Concello

Delegado local de Administración

19?? José Fontenla Cal. Foi cesado polo Delegado provincial, en xullo de 1940, xunto a outros 8 delegados por "incumplimiento de órdenes".


Mordomo e tesoureiro de propios do Concello

1805 Martín Couñago

1806 Manuel Benito Couñago.


Interventor

18?? Pedro de la Peña. En 1806.

18??

1841. José Osende Cadórniga. Cando menos dende 1831. Xubilado en 1856.

18??-1890, set. José Rama Lorenzo y Lorenzo. Permuta co interventor de Noia.

1890, setembro. José Riva Amat. Anteriormente, interventor de Noia.


1932, xaneiro. Jesús Sánchez.

1932 José Dapena Mouriño. En febreiro de 1942 nomeado interventor de Marín e en 1959 interventor da Deputación Provincial de Pontevedra.


1943 Ángel Silvestre Álvarez Pérez. No cargo ata 1953 cando foi destinado a Tui.


195?-1955, febreiro. Luis Blanco de Tella. Interino. Destinado a Baena.

1955, febreiro. León Terrados Jarabo. Natural de Guadalajara, nomeado en decembro de 1954. Anteriormente en Haro (Logroño). Deixa o cargo ao ser nomeado para Marín en setembro de 1957.

1957, setembro. Jesús Sánchez Otero. Natural de Redondela e secretario de Cuntis, pasa a atender con carácter interino os cargos de Secretario e Interventor.


1963, maio. Vicente Pérez Sádaba. Procedente de Barmeo. Escribiu varios libros de filosofía, economía... Cesou en outubro de 1964 para desempeñar en Salamanca un alto cargo comercial.

1965, agosto. Abdón Escariz Vázquez. Interino.



Depositario do Concello

18?? Juan Fontán y Pueyo. En 1806, ademais de depositario era administrador e garda-almacén.

1818-1819 Jose Antonio Queimaliños

1820 Manuel Álvaro Rubín

1824-1825 Miguel Táboas

1826 José Antonio Queimaliños

1827-1828 Miguel Táboas

1829-1834 José María Laredo

1835 Gregorio García

1841 Ramón Martínez Saco. En xaneiro.

1841-1843 Matias Caneda

1843 José María Laredo

1844-1846 Francisco Figueroa. Seguía en 1852.

1856 Gabriel San Román e Pedro Fontenla

1858 Andrés Bujones e Honesto Monroy

1859 Pedro Fontenla

18?? José Lago Garrido. En 1893 exercía este cargo xunto ao de concelleiro, ata que foi incapacitado como representante do pobo. Xa falecera en 1910.

1909, 26 de decembro. José Novás Esteiro. No cargo en marzo de 1910.

1914, xaneiro/1925, decembro. Justo M. Tojeiro. Falece estando no cargo asasinado por un demente

1926, abril. Carmen Fernández Esteiro. Viúva do anterior. Seguía en febreiro de 1931.


1955, 26 de xullo. José L. Martínez-Murilló Mingo. Nomeado con carácter definitivo o 8 de agosto.


1980, febreiro. Amadeo Estévez Blanco.


Depositario de Vilavella

1830 Manuel Francisco López

1831-32 Vicente Martínez.

1833-34 Ramón Pereira

1835 Fermín Monroy

1836-37 Manuel Fernández


Depositario de la Junta Carcelaria

19?? Juan López Fragueiro. Cesado en xullo de 1924.

1924, xullo. Justo M. Tojeiro. No momento de ser nomeado era depositario do Concello, compaxinando os dous cargos.


Escribinte do Concello

18?? José González Rial. En 1852.

18?? Hipólito Fernández. Cesou antes de 1857.

1857 Carlos O'Doherty. Escribinte do concello de Redondela en 1857.

19?? Casto Castro Lago. En 1897 escribinte do Concello. No cargo en 1910.

 

Secretario do Concello

1829 José María Laredo. Ata 1834.

18?? Salvador Veiga. En 1834.

1836 José María Laredo. Tamén en 1838 e febreiro de 1841.

1841 José Bernardo González.

1842 José María Laredo

1842 Antonio Paz Ángel. Cando menos de outubro a decembro.

18?? José Suárez. Nos anos 40, tocaba o clarinete na primeira formación da banda de música de Redondela.

184? José Bernardo González. En 1844-45-46-49, 1851-52--53, 1858 e 1859.

18?? Agustín Otero. Renunciou en outubro de 1865.

186? Ramón Barbeito del Prado. No cargo en 1868, seguía en 1873.

187? Ramón Francisco Pardo Ferro. Interino. Presentou a renuncia ao ser elixido alcalde pero non lle foi concedida ata o 30-06-1879. En marzo de 1881 algúns veciños se queixaron de que seguía a desempeñar as dúas funcións.

18?? Miguel Esparis. Cando menos en 1881.

188? Augusto Escarpizo. Cando menos entre 1882 e 1886.

188? Ramón Francisco Pardo Ferro. Cando menos ata que cesou a corporación en decembro de 1887.

189? Salustiano Méndez Ponte y Andrade. Compaxinaba este cargo co de concelleiro. Deixou o cargo ao ser nomeado alcalde en decembro de 1893.

Celso Milleiro Seoane Foto cedida por
Celso Xavier Milleiro Sánchez
1894, xaneiro. Paulino Otero García. Irmán de Cándido, quen fora alcalde e chegaría a deputado provincial. En marzo de 1895 o xulgado de Redondela dicta acto de procesamento contra o secretario accidental e varios concelleiros, decretando tamén a suspensión en ditos cargos.
1895. Antonio Orellana Pereira.
189? Paulino Otero García. No cargo en 1898. Repetiría anos despois.
189? Manuel Alonso Pérez. En abril de 1899 viuse envolto nun escándalo por expedir certificados de quintas falsos.
190? Paulino Otero García. Cando menos entre 1902 e 1907.
1908 Antonio Orellana Pereira. Anteriormente secretario do xulgado de Soutomaior e fiscal municipal de Redondela.
1913, xuño. Celso Milleiro Seoane. Natural de Redondela. Dende 1907 viña desempeñando o cargo de oficial primeiro do Concello de Moaña. En xaneiro de 1924 nomeado secretario do concello da Estrada.
Golpe de Estado de Primo de Rivera

1923 Bernardo Fernández Esteiro. Procurador dos tribunais. Nomeado interino ata un novo nomeamento.

1924, xaneiro-1924, maio. Pablo Nieto Virosta. Interino. O 25 de maio de 1924 tomou posesión como secretario do xulgado de Mos.

1924, xullo. Celso Milleiro Seoane. Reposto como secretario titular de Redondela. A finais de 1925 é destinado a Marín, onde se estableceu.

192? Manuel Crespo Medal. A mediados de 1925, sendo daquela alcalde Saturno Cal.

1926, marzo. Manuel Elías Barros Martínez. Anteriormente de Mondariz. Deixa o cargo en novembro de 1928 ao ser nomeado xefe de Fomento e Gobernación do Concello de Vigo.

1928, decembro. José Ruibal Castro (interino). Anteriormente as secretarías de Mondariz, A Cañiza e Crecente.

1929, 3 de agosto. Alejandro Cabezas Dabán. Anteriormente secretario no concello de Fuentes (Andalucía). Ao inicio da guerra atopábase de viaxe en Madrid, non podendo reintegrarse ao servizo ata o remate da contenda. En 1941 deixaría o cargo ao ser nomeado secretario da Xunta Provincial de Beneficencia.

1936. Heliodoro Rivas Rivas. Secretario accidental, o 21 de xullo sería nomeado alcalde.

1937, febreiro. Celso Milleiro Seoane. Volta ao cargo como interino.
Mª Luisa López. Foto: Faro de Vigo
1941, 13 de xuño. Julio Lloret Massó.
1949, novembro. Ángel Hermida Campos. No cargo en abril de 1952.
195? Baldomero Táboas Martínez. En agosto de 1954.
1955, 26 de febreiro. Juan Ramón García Rollán. Anteriormente en Ponteareas. Cesa en setembro de 1957 ao serlle concedida en propiedade a secretaría de Gondomar.
1957, setembro. Jesús Sánchez Otero. Natural de Redondela e secretario de Cuntis, pasa a atender con carácter interino os cargos de Secretario e Interventor.
1959, 19 de maio. Rafael Cuquerella Cuquerella. Deixa o cargo en xuño do ano seguinte para regresar á súa terra natal, Valencia.
1960, novembro. Benigno de la Bárcena Gómez. No BOE do 24-1-1964, nomeado secretario do Concello de Camargo (Santander).
Antonio Soto. Foto: Faro de Vigo
1964 María Luisa López López. Primeira muller que acada este cargo por oposición en España. En marzo de 1967 é trasladada ao Concello de Padrón.
1967 Luis Pérez Jofre de Villegas. En agosto deixa o cargo para asistir a un curso de perfeccionamento.
1968, xaneiro. José A. Armesto Rodríguez. Anteriormente secretario propietario en Caldas de Reis.
196? Enrique Rodríguez Cabirta. Deixa o cargo en xaneiro de 1970 ao ser nomeado secretario do Concello de Betanzos.
1970, xaneiro. José Asincrito Calvo Sobrino. Nomeado provisionalmente en xaneiro e definitivamente no BOE do 25 de marzo.
1971. Antonio Soto Otero.


Secretario do concello de Vilavella

1833-1836. José Sisto. Interino.


Oficial 1º do Concello

18?? Antonio Garrido. Ata que a corporación cesou en decembro de 1887.


19¿? Paulino Otero García. Cando menos dende 1910. En febreiro de 1912 a corporación municipal acordou destituílo, pero o alcalde manifestou non cumprir o acordo ata que o Gobernador civil resolva o caso, o que provocou a saída dos concelleiros do salón de plenos. Despois de deixar o cargo seguiu exercendo como oficial do Concello. Faleceu en xaneiro de 1923.

1912, maio. Luis Calvo Sánchez. Sarxento licenciado do exército.

1923, febreiro. Heliodoro Rivas Rivas. Seguía no cargo en xuño de 1936. Nomeado Alcalde despois do Golpe Militar do 17 de xullo de 1936 polo Comandante Militar de Vigo.

19?? Fontenla. En 1933.

194? Generoso Muíños Blanco. Seguía no cargo en 1958, cando cumpriu 25 anos como funcionario municipal.

195? Sebastián Barral Otero. Cando menos dende 1958 e ata o seu falecemento en 1968.


Oficial 2º do Concello

1870, 23 de xaneiro. Julián Táboas Ricón


1912, maio. Jesús Fernández González. Sarxento licenciado do exército. En maio do ano seguinte, nomeado “escribiente calígrafo” do Instituto de Jerez.

1913, setembro. Nicolás Rodríguez Pardo. Licenciado do exército.


Oficial de Intervención

José Fontenla Cal. No cargo en 1958, cando cumpriu 25 anos como funcionario municipal.


Outros Secretarios

Luis Míguez Extremadouro. Natural de Redondela. Secretario do concello de San Martín de la Vega (Madrid), cando menos entre 1952 e 1958.

Jesús Sánchez Otero. De Redondela. Secretario do Concello de Cuntis cando menos entre 1950 e 1961.

Baldomero Táboas Mártínez. Secretario do Concello de Nogueira de Ramuín (Ourense) cara a 1923.


Auxiliar de Secretaría do Concello

1913, setembro. Nicolás Rodríguez Pardo. Sarxento do Exército.


Auxiliar Mecanógrafo.

1929, 28 de outubro. José Fontenla. Nomeado interinamente.

193? Luis Míguez Extremadouro. Cesado o 31 de xullo de 1936 coa entrada do primeiro alcalde franquista.


Síndico

1857. Virgilio Rubín


Porteiro do Concello

17?? Luis Varela. En 1760.

1805-1806. Thomás Mariño

184? Miguel Carbonel. Cando menos entre 1842 e 1857.

1870, 23 de xaneiro. Domingo Baltar Pérez.

1912, maio. Gregorio Ortiz Rodríguez. Cabo licenciado do Exército.

19?? Francisco Pazos. Xubilado en decembro de 1935.

1935, decembro. Manuel Pena Lamas. Cesado como sub-cabo da garda municipal, onde tan só durou quince días, sería cesado tamén como porteiro o 31 de xullo de 1936 coa entrada do primeiro alcalde franquista.

1939, xaneiro. Manuel Corujeira Iglesias. Mutilado de guerra. En 1963 cumpriu 25 anos traballando no Concello.


Alguacil

17?? Francisco Lorenzo. En 1752.

17?? Luis Varela. En 1760. Substitúe ao anterior.

19?? Manuel Pérez Ocampo. Xubilado en decembro de 1935.

193? Manuel Martínez Míguez. Aparece como interino nunha relación de 1938.


Alguacil de Vilavella

1830 Sebastián Martínez

1831-1834 Isidro Antonio Marino


Arquiveiro

18?? Miguel Espariz.

1881, 10 de abril. Eduardo Mella. Substitúe ao anterior.


Arquiveiro de Protocolo

1906, outubro. Emilio Torrado Naveiro.


Axente Executivo

1923, maio. Buenaventura de Lis Romero.


Xefe de servizos

1943, 16 de abril Casimiro Sánchez Otero “Mirito”. Seguía en 1956. Tamén foi xefe da Garda Municipal.


Peóns municipais

19?? José Durán Lago. Xubilado en decembro de 1935.

19?? José Villaverde Abelleira. Xubilado en decembro de 1935.


Encargado do Reloxo

1805-06. Juan Rodrígue Caamaño

1841-1845. Juan Francisco Martínez

1857. Manuel Alján

1870, 23 de xaneiro. Manuel Martínez


19?? José Táboas Carreira. En propiedade nunha relación de 1938.


Encargado do tambor de bandos

1844 José Serín

1845 Manuel Serín. Seguía en 1852.

19?? Celso Darroza Pazos. En propiedade nunha relación de 1938.


Varredor

19?? Manuel Martínez Fernández. Cesado o 31 de xullo de 1936 coa entrada do primeiro alcalde franquista.


Xardineiro

19?? Apolinar Míguez Míguez. Xubilouse en setembro de 1957 despois de máis de 20 anos de servizo. Faleceu en Reboreda en xullo de 1958.



Texto: Juan Migueles



BIBLIOGRAFÍA

Arredor de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.

PARES Portal de Archivos Españoles http://pares.mcu.es =>Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, efectuado por decreto de diciembre de 1760 para el establecimiento de la Única Contribución.(Varias parroquias) _ Ministerio de Hacienda

Pares>Archivo General de Indias-Ultramar / Movimientos Migratorios-Carlos Araújo

1884 Anuario del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración.

Censo de actividades 1905,1910 e 1925. Publicado en todocoleccion.net

Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => La Correspondencia Gallega, La Idea, El Pueblo Gallego, La Noche, Gaceta de Galicia, El Lucense, Diario de Pontevedra...

Biblioteca Nacional de España: www.bne.es => Anuario del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración, La Iberia (Madrid)...

La Voz de Galicia.

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/

Deputación de Pontevedra: www.atopo.depo.gal => Contas municipais do concello de Redondela (varios anos)

Museo de Pontevedra-Fondo Casto Sampedro: DEPO10100013650-Unidade documental simple 462974 - Acordos do Concello de Redondela (1708)

Ministerio de Hacienda (España)/http://www.archivesportaleurope.net

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario