Capela de Sta. Mariña. Foto; J. Migueles, 2008. |
Capela de Santa Mariña ou das Angustias (Av. Santa Mariña-Redondela)
O matrimonio formado por Juan de Santabaia e Maria de Santabaia, testou o 11 de febreiro de 1559 instituíndo a Capela da Nosa Señora da Quinta Angustia de Redondela.
Da edificación sabemos que no s. XVII ocupaba a metade de espazo que a actual. A mediados do s. XIX, Juan Clímaco Seoane, Genaro Borines Ponte e Santos Esteiro fundaron unha irmandade que contribuíu á reconstrución do templo en 1871.
Referencias de finais do século XIX contan que cara a estrada existía un cortello con tellado de palla para protexerse da choiva. Preto da capela había unha casa dunha soa altura cunha reixa dende onde escoitaban misa os leprosos. Estes enfermos eran atendidos nun pequeno hospital que había no sitio da Costa da Forca, no Monte do Cuco, e cando ían á misa unha persoa os acompañaba facendo ruído para que non se acercara a xente. Tamén aproveitaban ás saídas para lavarse na fonte do Mouro polas súas propiedades curadoras.
Ata 1904 a capela pertenceu á parroquia de Cesantes. En 1910 mercouse a figura de Santa Marina, que como todas as que había daquela na capela era obra de Núñez, artista de Santiago de Compostela.
Como curiosidade dicir que ten un reloxo de sol na súa fachada. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/reloxos-de-sol.html )
Capela de San Paíño de Santo Paio de Arriba (Reboreda)
Do s. XVIII. Nela se celebra a festividade do santo Paio. Cando menos ata o século XIX mantíñase coas esmolas dos veciños de Reboreda, de quen era propiedade.
Ermida da Virxe das Neves ou da Peneda (O Viso)
Construída no Monte da Peneda (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/a-peneda.html ) sobre os cimentos da Fortaleza de Castricán do século XV, que aínda son visibles. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/s-xv-loitas-de-poder-entre-pedro.html ).
Nun lateral ten un reloxo de sol. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/reloxos-de-sol.html )
Ermida de San Simón. Foto: J. Migueles |
Ermida de San Simón (Cesantes)
Na Illa de San Simón. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/a-illa-de-san-simon.html )
NOTA: A todas estas habería que engadir as capelas do Pazo de Pousadouro e da Casa dos Táboas, ámbalas dúas en Reboreda. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/pazos.html )
NOTA: Tamén podes consultar as Capelas Desaparecidas. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/01/capelas-desaparecidas.html )
No hay comentarios:
Publicar un comentario