Hai uns anos circulou a historia de
que o viaduto de Ourense fora construído por Pedro Paolo Floriani da
Macerata, discípulo de Gustave Eiffiel arquitecto da famosa torre
parisina que leva o seu nome. A obra non fora pagada por dubidarse da
súa seguridade e a historia remataba traxicamente coa morte do
construtor ao lanzarse ao vacío dende o viaduto. Tan fermoso conto
merecía unha recompensa e a clase política da época decidiu dar o
nome de Pedro Floriani ao instituto de Formación Profesional da
vila.
A realidade e que o discípulo de
Eiffiel nunca pisou Redondela. Si existiu un Pedro Floriani
sub-contratista da obra que tentou suicidarse acosado polas débedas
cando se negaron a abonar a obra, mais non faleceu se non que quedou
inválido.
Viaduto de Ourense, 2009. Foto: J. Migueles |
Outra posible erro
dos nosos gobernantes foi a colocación na fachada do Concello dunha
placa na honra do
célebre escritor Ramón Cabanillas, quen segundo
reza fora secretario en dita institución. Nos datos que manexo Ramón
Cabanillas si foi secretario de Concello, pero do de Mos, que daquela
formaba parte do partido de Redondela. Polo que mentres
non se atope no arquivo un acta firmada polo escritor,
dou en pensar que nunca pisou o noso Concello, que por certo daquela
estaba situado na
Casa da Torre.
Placa adicada a Ramón Cabanillas Foto: J. Migueles |
O terceiro pequeno-gran erro atopeino
ala polo 2008 na web do departamento de Turismo de Redondela na que
entre os poucos feitos históricos relevantes que se citaban
chamoume poderosamente a atención que o Arcebispo Xelmírez
establecera a súa residencia en Redondela no século XV. Algo
abraiante se temos en conta que este ilustre visitante viviu no
século XII. A imaxe dada non era boa polo que daquela me puxen en
contacto coa institución para arranxalo. Mais o dato sobreviviu ao
troco de goberno e de web e aí segue a 8 de xuño de 2015.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Ver> Viadutos
19180227 El progreso-elecciónsRCabanillas
No hay comentarios:
Publicar un comentario