viernes, 17 de abril de 2020

As festas da Coca da primeira metade do S. XX

         Foron moitas as personaxes que marcaron as festas da Coca na primeira metade do s. XX. A famosa churreira Doña Petra instalaba sempre con antelación o seu posto na Xunqueira. Ata a súa morte non se soubo o segredo do seu éxito, que era botarlle unhas gotas de anís aos seus churros, que cobraba a perro chico a unidade. Esta muller casara nada menos que sete veces.
Outra personaxe era Tu-tu, vendedor de limoada que gritaba:-"Vendo agua, para beber vino". Cobraba a perro chico o vaso, que despois lavaba nun caldeiro con auga pouco clara. Tamén estaba Pepiño "Lucero", mozo de Ponteareas que viña todos os anos. Soia ir bailando diante de todas as orquestras e encargábase de sacar a bailar a todas as rameiras que viñan de Vigo.
Entre as actuacións estaba unha sala de varietés chamada "Traga estopa", na que as artistas estaban tan morriñosas que se lle vían saltar as pulgas. A actuación custaba un patacón e media ducia de persoas cantaban, bailaban e realizaban exercicios ximnásticos. Tamén soia vir un circo, como o Hermanos Alcaraz, que era ao aire libre e tan só tiña toldo ao redor. Outras atraccións para os máis cativos eran unhas rodas con cabaliños que había que empuxar coas mans, unhas barcas, uns monos...

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Antonio Ocampo Otero. Doctor en Medicina y Cirugía. Bodas de Oro (1939-1989)
19810618049 Faro de Vigo-Entrevista a José Fontenla Cal

No hay comentarios:

Publicar un comentario