viernes, 17 de abril de 2020

Festas da Coca. ¿Estadística gastronómica ou astronómica?

          En agosto de 1892 publícase nun xornal a estadística oficial do consumido nunha romaría celebrada en Redondela, probablemente a festa da Coca:
1.786 empanadas
495 carneiros
11 pipas de viño
3 carros de sandías
12 caixas de rosquillas
70 ducias de gaseosas
6 cestas de ostras

         En 1935 o alcalde de Redondela, Buenhijo Pérez Sobrino, destaca que as subvencións outorgadas ás festas da Coca eran recuperadas. Destacaba que o ano anterior en cinco días vendéranse 84 pipas de viño, ou sexa, 50.400 litros, o que supuxo 2.450 pesetas de ingresos ao Concello, ao que habería que sumar entre outras partidas a de 1.000 pesetas polos postos instalados na Xunqueira.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => Gaceta de Galicia Diario de Santiago, El pueblo gallego

No hay comentarios:

Publicar un comentario