viernes, 17 de abril de 2020

Francisco Cayetano Martínez. Un dos fundadores dun club de fútbol en Arxentina.



         A mediados dos anos 50, entre a comunidade española había varios equipos, organizándose o campionato chamado “Dos de Mayo”. Ante o éxito do evento decidiuse que sería viable a creación dun club afiliado á A. F. A. O 12 de outubro de 1957 sería a data elixida para fundar o Club Deportivo Español, en Arxentina. No 2015 o único dos fundadores que segue vivo é o redondelán Francisco Cayetano Martínez, considerado un dos galegos históricos en Buenos Aires.
        Na elección do nome do equipo, Francisco estaba no bando do que finalmente se escolleu fronte aos que preferían o nome de Unión Española. A votación deu un empate así que a decidiron preguntarlle ao vixiante que era a única persoa que se atopaba na sala e que non tivera dereito ao voto, quen axiña se levantou gritando ¡Deportivo Español!
        Unha das primeiras propostas para o escudo foi realizada polo redondelán. O seu deseño, no que aparecían tres caveiras, finalmente non sería o elixido.
        Nun principio o equipo alugaba o campo, que normalmente era o estadio do Huracán, dándose a circunstancia de que soia encher máis que o equipo titular. O maior logro deste club sería a de vencer ao River Plate no seu propio campo por 1 a 4 e co porteiro Amadeo Carrizo como gran figura.
        Grazas ao baixo custe dos terreos naquela época e o poder económico dos grandes industriais españois lograron que o Club Deportivo Español chegara a contar cunhas instalacións enormes cunha gran piscina e un estadio con capacidade para 35.000 persoas. Nos anos 80 alcanzaría a cifra de 25.000 socios. Co paso dos anos tanto a sociedade como o equipo irían a menos.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
EspañolTv
Aportes do fillo de Francisco Cayetano.
Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => 19270123 El correo de Galicia(ARX)

No hay comentarios:

Publicar un comentario