Imáxen na TVE |
O redondelán
Francisco Manuel González Pérez “Kiko”, contaba 25 anos en
marzo do 2001 e levaba un ano en Angola, traballando na pequena
empresa do seu pai, que se adicaba á exportación de peixe. De
regreso dunha visita a España chegou a Luanda onde tentou coller un
avión para Lubango tendo que agardar ata o día seguinte porque o
voo da compañía SAL estaba completo. Pola mañá voltou ao
aeroporto e acadou finalmente unha praza grazas á cancelación dunha
reserva. Estaba lonxe de imaxinar que se estrelaría a vinte
kilómetros de Lubango, no suroeste do país.
O xoven sería o
único supervivinte da pasaxe, formada por quince pasaxeiros e dous
pilotos. Saiu despedido dende o último asento ata a cabina, onde
quedou suspendido á beira dun precipicio de douscentos metros de
profundidade. Cunha fractura aberta de fémur e pequenas feridas
buscou o botiquín. Inxectouse un sedante no pescozo e entabouse a
perna cos limpaparabrisas despois de levar o óso ao sitio. Iniciouse
daquela un fogo nos restos da avioneta polo que tivo que alonxarse
uns metros. Por sorte atopou uns nenos aos que lles pediu que foran
na busca de axuda.
O seu pai,
Manuel González Barragán, e que levaba máis de vinte anos de
negocios na ex-colonia portuguesa, comentaría: 'Ha
sido un auténtico milagro que ni su madre se cree todavía'.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
20010320 El País
No hay comentarios:
Publicar un comentario