viernes, 17 de abril de 2020

Manuel Santos Rivas. Un barman internacional.



En 1941. Foto ver bibliografía
       Houbo un tempo en que un barman podía chegar a ter certo prestixio grazas aos cócteles que preparaba. Un redondelán que amosou as súas dotes por varios países foi Manuel Santos Rivas.
Nado o 30 de abril de 1900, emigrou moi novo a Brasil e con tan só 16 anos iniciouse no oficio no “América”, en Río de Janeiro. Non lle foron mal as cousas e pouco despois inaugurou o bar do hotel Gloria. Tamén nesta cidade traballou no “Jockey Club do Gavea” e no “Copacabana Palace”. Marchou logo a Argentina invitado por Francisco Novoa, daquela embaixador arxentino en Brasil. En Buenos Aires traballou en “Richmond Florida” e “36Billares”. Fai de novo as maletas e pasa a Uruguay, exercendo como barman no “Savoy” de Montevideo e no “Brunswick” de Punta del Este.
 Con Fernanda Mistral en Viejo Retiro en 1964. Foto: Ver bibliografía
Regresa a España e en Madrid gaña un torneo en 1927. Grazas aos seus coñecementos do portugués publica un libro de cócteles en Lisboa onde inaugura o “English Store” e o “York Bar”. Volta a Argentina en 1931, pasando por “Scherrer”, “Alhambra” (1941), “Confitería París” (1943/54), “Augustus” (1958) e “Viejo Retiro” (1964-65). Nos veráns rexentaba o seu propio negocio, o “Hotel Rivas”, en Mar del Sur, provincia de Buenos Aires, cando menos entre 1953 e 1969. En 1972 foi nomeado Fundador vitalicio de A. M. B. A. (Asociación Mutual de Barmans y Afines), da que formara parte da directiva durante máis de vinte e cinco anos, sendo presidente entre 1948 e 1950. Nunca abandonaría aquel país onde falecería en 1992.

Algúns dos cócteles que lle deron fama serían:

Ganador del Premio Domecq del concurso de cócteles A.M.B.A de 1959.
2 copitas de coñac Domecq
1 cucharada de postre de azúcar impalpable
1 cucharada de sopa de crema de leche
1 yema de huevo
Batido, copa cóctel espolvoreado con canela

Ganador del Premio Smirnoff del concurso de cócteles A.M.B.A de 1960.
Capa Rosa”
½ Vodka Smirnoff
¼ Triple Sec
¼ Jugo de pomelo rosado
4 golpes de jarabe de azúcar
Batido, copa flauta con vino rosado en la superficie.

Media Luna” (Primer premio Madrid 1927)
30gr. Kirsch
50 gr. Jeréz
3 golpes de Cherry Brandy
2 golpes de granadina
Batido, copa cóctel

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
elbarmanclasicoargentino.blogspot.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario