domingo, 12 de abril de 2020

Ignacio Manuel María Pereira (Reboreda-Redondela, 17-11-1784/Arcos, 24-4-1830). Militar-Revolucionario Realista

        
 
Pazo de Reboreda. Foto: J. Migueles

            Señor da Casa de Reboreda e da Casa de Castro (Arcos) na que morreu. Pai de Juan Manuel Pereira de Castro (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/pereira-de-castro-juan-manuel-reboreda.html ). . Sen preparación militar tomou parte como caudillo de milicianos na loita contra os franceses na reconquista de Vigo e a batalla de Pontesampaio. En agosto de 1809 é nomeado Capitán do 2ºRexemeno de Infantería do Riveiro, máis ao pouco tempo concédenlle o retiro por problemas de saúde. A súa sona chegaría durante o Trienio Liberal. Exerce primeiro de vocal e logo de Vicepresidente da Xunta Apostólica de Tui. Nomeado 2º Comandante das forzas Realistas de Galicia, trala captura do “barón”, convértese en Brigadier e, en xaneiro de 1812, en Comandante General de la División del Miño. Anos despois a Regencia de Urgel (contragoberno no exilio) confirmouno como tenente de infantería “con antigüedad de 27 de decembro de 1820”.
Soldados gobernamentais devastaron as súas propiedades da Casa de Reboreda para privalo de recursos. O xulgado de Vigo condenouno a morte é o embargo de haberes, e ata se tentou levar á súa muller e fillos a Vigo para obrigalo a renderse.
         A súa situación agrávase a finais de 1822 cando ao goberno liberal únese o portugués para acosar ao exército realista nas ribeiras do Miño, salvándose destes ataques o propio Pereira e Manuel María Avalle, Presidente da Junta de Subsidio y Armamento. Esta presión remataría en maio de 1823 coa caída do goberno liberal en Portugal. Apesares da entrada de tropas francesas en territorio español, envíanse preto de 3.000 homes a controlar a fronteira con Portugal. I. M. Pereira responde cunha incursión en Ourense que é rexeitada polo que se obrigado a refuxiarse en Melgaço. Nos meses seguintes únese a outras forzas atacando Salvaterra primeiro e tomando despois Tui, que coa caída de outras cidades galegas derivaría no fin do Trienio Liberal e o inicio do período absolutista, a Década Ominosa (1823-1833).
          Todos os feitos acontecidos no anterior trienio os recollería I. M. Pereira no informe “Relación que hace al Rey Nuestro Señor D. Ignacio Manuel Pereyra...”.
          Rematada a guerra civil o Xeneral Morillo encárgalle na cidade auriense o mando do Corpo de Voluntarios Realistas de Galicia, co que se traslada a Lugo e Santiago. En decembro de 1824, ratifícano como comandante e concédenlle a Cruz de Primeira Clase e a de Fidelidade Militar. En abril de 1825 ascende á Xefatura do Rexemento Provincial de Ourense, sendo encargado da vixilancia da fronteira con Portugal en outubro de 1826. Promovido en xaneiro de 1827 á titularidade do de Pontevedra marcha de guarnición a varias cidades galegas ata que en agosto de 1828 é disolto en provincia. En xullo de 1829 accede ao mando do Provincial de Tui, falecendo pouco despois.
             No Libro de defuntos de Reboreda pode lerse: “En veinte y ocho de abril de mil ochocientos treinta: En la Yglesia Parroquial de esta feligresía de Santa María de Reboreda, se celebraron las exequias de entierro, mes y cabo de año por el Alma del Cavallero Dn. Ygnacio Manuel Pereyra, Patrono de este Beneficio, y vecino de la misma parroquia, Coronel de Ynfantería en propiedad, y sueldo, y actual Coronel del Provincial de Tuy, el que casualmente falleció en su casa de Berissimo de Arcos, y fue sepultado en la capilla Mayor, y sepultura propia de su casa en la Yglesia Parroquial de la expresada Arcos, en la que tambien se celebraron tres vigilias, con sus misas cantadas, y esto en el día veinte y cinco de marzo del presente año, en cuyo dia se dio sepultura de su cadáver haviendo fallecido el veinte y quatro del mismo a las ocho de su mañana, y todo con asistencia de la comunidad del convento de Canedo, y los párrocos y sacerdotes de la circunferencia habiéndose observado al mismo tiempo las circunstancias debidas, como caveza del Batallón, túbose en esta parroquia y su Yglesia Nobenario con asistencia de once señores sacerdotes, y a las tres vigilias expresadas asistieron toda la comunidad de San Antonio de Agrelo y cinquenta sacerdotes seculares, Repartiéronse muchas misas, por disposición de su muger con arreglo al testamento que por ante Don Salbador Pereyra, escribano de Número y Ayto. de Sotomayor, dejó otorgado poniéndolo a disposición de su dicha muger, y atendiendo a su estado y calidad, ordenase todo quanto pudiese cumplirse a favor de su Alma, por el qual testamento tambien la eligió tutora y administradora de sus hijos, y Mayorazgos, designe con la ofrenda Dominical...”.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGAFRÍA

“Los otros gallegos en Portugal”: exiliados realistas y conjuras absolutistasdurante el trienio constitucional (1820-1823). Camilo Fernández Cortizo. Exilios en la Europa mediterránea. Cátedra Unesco 226 sobre migracións. Universidade de Santiago de Compostela 2009.

Diario constitucional, político y mercantil de Palma

Diario constitucional de Barcelona

El Universal

Aportes Gonzalo Amoedo

Libro de defuntos da parroquia de Santa María de Reboreda, Arquivo diocesano de Tui.

 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario