O Concello de
Redondela, ademais de Vila dos Viadutos,
tamén é coñecida como Redondela
de Galicia, e este chegou a ser o nome
que os viaxeiros lían ao parar na estación do ferrocarril. O motivo
non é outro que a existencia de La
Redondela, na provincia de Huelva.
J. Conde no Faro de Vigo do 7-10-1999
recollía a posibilidade de irmandade entre as dúas poboacións, e
que ata o de agora non se fixo efectivo. Nese artigo, José Luis
Jeréz, director do diario Odiel, defende a teoría de que, si ben
Isla Cristina foi fundada por cataláns, La Redondela foi fundada con
anterioridade e probablemente por xente de Redondela. Baséase en que
na actualidade aínda abundan os apelidos galegos. Ademais, engade
que un dos mariñeiros que acompañou na súa viaxe a Cristóbal
Colón procedía de Galicia e estaba asentado en La Redondela.
La Redondela. Foto Junta de Andalucía |
O topónimo Redondela tamén existe en
Mañón (A Coruña) e en Ribas de Sil (Lugo). Por outra banda,
Redondela tamén é o nome dun monte da parroquia de Barroso,
concello de Avión, de 582 metros de altura. Este monte faríase
tristemente famoso por ser escenario dalgúns dos asasinatos de
Romasanta, o lobishome galego.
Na
provincia de Lugo tamén atopamos o
topónimo A Redondela en:
Padornelo (Pedrafita do Cebreiro), Rinlo (Ribadeo), Arante (Ribadeo),
Covelas (Ribadeo), Vilamartín Pequeno
(Degolado-Barreiros), San Miguel de Reinante (Barreiros), San Xusto
de Cabarcos (Barreiros)San Xurxo (Ribeira de Piquín), Navallos
(Ribeira de Piquín), Meixide (Palas de Reis), Ribas de Miño (O
Páramo), A Merca, Conforto (Pontenova),
Outros topónimos na provincia de Lugo
serían: O Carreiro de Redondela (A Merca), Fonte de Redondela
(Conforto-Pontenova), A Redondela de Marcelo en San Miguel de
Reinante (Barreiros-Lugo).
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
https://toponimia.xunta.gal
Faro de Vigo do 7-10-1999
www.egu.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario