domingo, 12 de abril de 2020

Ricón Villar, Amado. (Redondela 1900- 1945) Ebanista

     
Amado Ricón Villar. Foto cedida por Antonio Ricón


Carpinteiro i ebanista, o carro da virxe da parroquia de Reboreda é da súa autoría.

Emigrou nos anos 20, a Houston (Galveston-Estados Unidos) cos seus cuñados Eladia e Agustín Viruleg Sestelo, onde se adicou a facer mesas de billar. Logo trasladouse con Agustín a Glen Clove (Long Island, New York), traballando na construción de casas de luxo, oficinas...

A gran depresión dos anos 30 obrigouno a volver a Redondela. Na nosa vila formou parte do grupo masónico local e foi concelleiro da 2° república por Izquierda Republicana, tendo a triste honra de trasladarse a Pontevedra a recoller o cadáver do seu líder Telmo Bernárdez Santomé, “paseado” na Caeira. Faleceu aos 45 anos de tuberculose.

O seu fillo Amado Ricón Viruleg, chegaría a ser alcalde de Redondela


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Aportes Antonio Ricón Rodríguez e Gonzalo Amoedo.

Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro 2002

Arredor de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.

19260307 El correo de Galicia(ARX))

19270101 /19280110 /19290119 /19300115 El Pueblo Gallego

Fondo Casto Sampedro. Sampedro 65-10 Notas sobre rúas e lugares. MUSEO DE PONTEVEDRA

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario