O XV foi un século marcado pola revolta Irmandiña e as loitas
sostidas entre os nobres e os altos cargos da Igrexa para facerse co
poder territorial. Unha idea desta situación amósanola o seguinte
documento do 22 de febreiro do 1412: “Requerimiento hecho por
Vasco Fernández de Valladares, en nombre de su hermano Pedro Álvarez
de Valladares, a Pedro Álvarez de Sotomayor, para que no quebrante
una carta del rey Enrique III en que los instaba a no agredirse entre
ellos ni a sus gentes. Ante Fernán Rodríguez, notario público de
Redondela”.
En
Redondela os maiores enfrontamentos estiveron protagonizados por
Alonso II de Fonseca, arcebispo de Santiago de Compostela
(1464-1506), e por Pedro Álvarez de Sotomayor, conde de Soutomaior e
Camiña, e que pasaría a historia como Pedro Madruga porque
madrugaba mais que os seus inimigos para sorprendelos.
Efixie de Alonso II de Fonseca en La Casa de las Muertes (Salamanca). Foto: www.fuenterrebollo.com |
En xullo de 1466 Bernald Eanes de Moscoso chega a sitiar a catedral
de Santiago. O asedio rematou co exilio de Alonso II de Fonseca que
en 10 anos non poderá volver á diocese. Decide entón cumprilo en
Redondela que, si ben pertence a Santiago, no espiritual é propia da
diocese de Tui.
No
1468 Pedro Álvarez, fillo ilexítimo de Fernán Yañez de Sotomayor,
faise co título de conde de Soutomaior trala morte do seu medio
irmán Álvaro Páez de Sotomayor asediado en Tui polos irmandiños.
O perigo obriga a Pedro Madruga a refuxiarse en Portugal onde casa
cunha nobre portuguesa, Teresa Távora. Despois dun ano en terras
lusas regresa encabezando a reacción dos nobres dende Portugal que
suporá a derrota dos irmandiños, aos que obriga a reconstruír os
seus castelos de Soutomaior e Vilasobroso.
Castelo de Soutomaior. Foto: Juan Migueles |
Como regalo de vodas Enrique IV entregáralle un xuro de herdade de
150.000 maravedíes sobre as rendas das vilas de Redondela, Vigo e
Pontevedra, pertencentes naquel tempo ó bispado de Compostela. Isto
provocou as protestas do prelado e o rei revocou o privilexio. Ante
tal afronta en 1474 Pedro Madruga toma pola forza estas tres vilas.
En
xaneiro do ano seguinte morre Enrique IV e comeza a pugna polo trono
entre a raíña proclamada, Isabel (a Católica) irmá do finado e
Xoana (a Beltranexa) filla do defunto e futura esposa de Alonso V rei
de Portugal. A primeira tiña o apoio do arcebispo de Santiago,
Alonso de Fonseca II, e a segunda de Pedro Madruga. Co apoio de
algunhas forzas portuguesas, o conde de Camiña proclamouse vizconde
de Tui e provocaba ós partidarios de Isabel. Mentres que, Pedro de
Mendaña, que fora alcaide de Castro-Nuño e o capitán Chichorro
apodérase de Baiona.
O
6 marzo do 1475, o Reis Católicos, xa no trono, ordenan a Pedro
Madruga devolver as vilas de Redondela, Vigo e Pontevedra ao
arcebispo de Santiago.
En
1477 Pedro Madruga é apresado polo Conde de Benavente e retido en
Castela. Alonso II de Fonseca xunto co xeneral da armada Ladrón de
Guevara aproveitan a situación para reconquistar Baiona, construíndo
o mosteiro de Oia. Neste mesmo ano o arcebispo, desta volta co conde
de Monterrei, aproveita para recuperar Redondela e outras poboacións.
Co fin vixiar de preto o castelo de Soutomaior, propiedade de Pedro
Madruga, constrúe a fortaleza de Castrizán no Monte da Peneda.
Estaría formada por unha torre e probablemente por outras
construcións menores, rodeado todo o conxunto por un muro defensivo.
Pouco tempo despois Pedro Madruga xa en liberdade destrúe esta
fortaleza (dela tan só deixou os cimentos sobre os que se construíu
anos máis tarde unha capela), recupera Redondela e Vigo, destrúe o
mosteiro de Oia e constrúe o castelo de Tebra. En menos dun ano, un
contraataque do prelado compostelán e os seus aliados devolveríalles
a posesión da vila de Redondela.
Monte da Peneda. Foto: Juan Migueles |
En 1479 fírmase o tratado de paz entre España e
Portugal. En 1482 Madruga vese na obriga de firmar un auto de
concordia con Diego de Muros, bispo de Tui. Debilitado refúxiase en
Portugal dende onde trata de desherdar ao seu primoxénito Álvaro,
afín
aos reis casteláns. Un ano despois, no 1483, desaparece sen deixar
rastro, o último que se sabe del é que se dirixía a Alba de Tormes
para congraciarse cos Reis Católicos. Este feito deu lugar a
numerosas hipóteses, uns autores cren que se retirou a Portugal.
Outra teoría chega a afirmar que Pedro Madruga e Cristobal Colón
son a mesma persoa.
Pola
súa banda, Alonso II de Fonseca en 1481 foi nomeado presidente do
Consello dos Reis Católicos. Co condestable Pedro Fernández de
Velasco, recibe a investidura de Virrey de Castilla. Prepara
coa Raíña Isabel a conquista de Granada. En 1501 acompaña á
Infanta dona Catalina a Londres, cando esta ía casar co Príncipe de
Gales. En 1507, xa vello, promoveu para a sucesión do arcebispado ó
seu fillo Alonso de Fonseca y Ulloa, nado dos seus amores cunha dama
de Cambados de alta liñaxe, Dona María de Ulloa. Tamén coñecido
como Alonso III de Fonseca, accedería ó cargo despois dun breve
mandato de Pedro Luis Borgia, por mor da prohibición de que un fillo
sucedera ó seu pai. Pola súa banda, o pai, Alonso II de Fonseca,
nado en Salamanca e da liñaxe de Monterrey, falecería o 12 de marzo
de 1512, na súa cidade natal. Os seus restos descansan no convento
de Las Úrsulas de Salamanca, do que fora fundador.
Sepulcro de Alonso II de Fonseca Foto: Ansede-La Esfera |
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA:
SEREN
Nº2.
Castrizán: A fortaleza vixiante do sur. 1477-1478/9. Xosé
Manoel Sánchez Sánchez.
Nº2.
O Santuario, romaría e confraría de Nosa Señora da Peneda (O
Viso), 1650-1920. Juan Miguel González Fdez.
Las Úrsulas.
Por José Sánchez Rojas. Publicado en 19300405 La Esfera
ilustración mundial (www.mcu.es)
https://es.wikipedia.org
http://www.soutomaior.com/pedro_madruga_cast.html
http://egu.es
http://cervantesvirtual.com
=>Carta-puebla
de Monterreal en la provincia de Pontevedra. Diploma inédito de los
Reyes Católicos.
Fita
Colomé, Fidel, (S.I.)
No hay comentarios:
Publicar un comentario