Se algo caracterizou os séculos XVI e XVII foi os continuos ataques
piratas ás costas galegas e a guerra de Portugal. Esta pretende ser
unha breve recompilación do que atinxe a Redondela.
Redondela, 1669 Pier María Baldi. A.H.M.C. Colec CarlosMartínezBarbeito de estampas de Galicia n 82 |
Os piratas Sarracenos.
Durante
os séculos XVI e XVII, Galiza sufriu a presenza nas súas costas dos
Sarracenos. Actuaban como piratas que atacaban aos barcos de pesca
galegos, para secuestrar aos seus tripulantes. Os prisioneiros eran
trasladados ao norte de África e logo pedían un rescate por eles.
Aquí
cobraban gran importancia como mediadores os Padres Mercedarios, que
tiñan como Cuarto Voto,
o de redimir aos presos
do poder dos Sarracenos. Para predicar as redencións e recoller as
esmolas e encargos persoais dividiron Galicia en oito sectores,
chamados daquela veredas,
que
eran: Pontevedra, Tui, Lugo, Arzúa, Mondoñedo, Noia, Muros, e A
Coruña. O centro da actividade era o convento de Conxo, extra-muros
de Santiago de Compostela.
Redondela quedaba pois na zona de Pontevedra. Habería que
puntualizar aquí que cando falamos da Orde Mercedaria e Pontevedra
probablemente pensemos no Mosteiro de Poio. A realidade e que os
relixiosos non poboaron este convento ata 1890. Apesares disto, os
mercedarios xa actuaban na zona dende moito antes, como dan conta os
censos de cobro de foros por casas e terreos arrendados.
O papel como mediadores dos Padres Mercedarios era poñer en
contacto ás familias cos secuestradores; servir de recadeiros ás
familias, levando alimentos ou calquera outra cousa que o apresado
necesitara; negociar o prezo de rescate, que variaba dependendo da
idade e estado de saúde do prisioneiro; e conseguir mediante esmolas
os cartos para pagar o rescate, xa que as familias non podían facer
fronte ao pago.
Na
Chronica Sacri, et
Militaris Ordinis B.Mariae de Mercede, Redemptions Captivorum...,
do Padre Bernardo de Vargas,
impresa en Palermo, en 1622, tomo segundo, recóllense os seguintes
casos:
No ano 1592, efectuouse unha redención en Marrocos, sendo
redentores os Padres Baltasar de Paz e Jerónimo Martel. Nela foron
redimidos 142 cativos, entre os que se atopaban 5 galegos. Un era de
Redondela, chamábase Benito Rodríguez e contaba tan só 8 anos de
idade. Esta circustancia fixo que fora liberado por maior prezo que
os demais en virtude ao maior risco de perecer que corría.
Poucos anos despois, en 1598, levouse a cabo unha redención en
Arxel e outros portos africanos máis numerosa que a anterior,
concretamente de 208 cativos, dos que eran galegos 4: un de
Pontevedra, un de Viveiro, un de Vilanova e o cuarto sen concretar.
Xa en 1601, o Padre Juan Bernal fai unha redención de 166
prisioneiros en Fez e Tetuán. Entre eles 3 galegos: Pedro Fernández,
de Pontevedra; Francisco García, sen concretar; e Juan Lorenzo, de
Redondela, que contaba 47 anos e levaba 5 cativo.
No
traballo Piratas Turcos e berberisco nas costas de Galicia no
século XVII. Textos e apuntamentos, escrito por José Martínez
Crespo no Boletín do Inst. de Estudos Vigueses número11, recóllese
que en 1619 seis mariñeiros redondeláns foron capturados por
piratas arxelinos e as condicións do seu rescate: "...as
cantidades que se esixían variaban en función da idade e das
características físicas dos homes capturados, así, polo que
respecta aos demais mariñeiros, pedíanse doce ducados por Domingo
das Taboas, mareante moço de hedad de asta veinte años, alto de
cuerpo; dez ducados por Diego Salgueiro, mareante honbre de hedad de
asta veinte y seis anos no muy alto de cuerpo; seis ducados por
Alvaro Blanco, mareante honbre de hedad de asta treinta y quatro anos
no muy alto bajete de cuerpo; mil reales por Joan Rodriguez da Cal,
mareante honbre de asta treinta y quatro anos no muy alto de cuerpo
rregordete; e vinte ducados por Pedro do Couto, mareante moço de
hedad de asta veinte y quatro anos y alto de cuerpo."
Francis
Drake.
Non
serían os Sarracenos os únicos piratas en atacar o noso Concello,
tendo a triste honra de seres atacada polo máis famoso corsario
inglés, Francis
Drake,
que
saquea a Ría de Vigo en 1585 e con ela a Illa de San Simón.
En
1589 Francis Drake chega a cidade de A Coruña, de onde foi expulsado
grazas ao valor dunha muller, María Pita. Decide daquela atacar
Lisboa, non contando con homes suficientes para asaltar as súas
murallas. Ante o fracaso da expedición ao seu regreso entra de novo
na Ría de Vigo. A Orde dos Pascualinos que daquela
vivían na Illa de San Simón, decide abandonala despois deste
ataque.
Sir Francis Drake en Buckland Abbey. 1590 óleo de Marcus Gheeraerts. Foto: Wikipedia |
1640,1661 e 1665. Guerra con Portugal. Incursións portuguesas.
En
1580 Portugal anexiónase a España, pero mantén as súas
institución polo que na práctica funciona case coma un país
independente. Cando o Conde Duque de Olivares tenta suprimir estes
privilexios os portugueses revélanse. Da comezo así en 1640 a
guerra de 27 anos polo preito
da restauración portuguesa. Os combates focalizáronse na zona de
Extremadura, mentres
que na nosa comunidade . En Galicia os enfrontamentos alcanzarían o
seu punto álxido coa invasión dos portugueses en 1665, despois das
inútiles
incursións de 1640 e 1661.
Tamén tivera certa
relevancia o ataque de 1663, co que os portugueses conquistarían o
punto estratéxico de Goián. Daquela en Redondela situara o posto de
mando o Arcebispo de Santiago, Gobernador e Capitán Xeneral de
Galicia, Pedro Carrillo de Acuña. Dende a nosa vila, o 30 de
outubro, dirixe unha carta á Universidade de Santiago para que os
estudantes o auxilien e saian en defensa de Monterrei. Créase así
por primeira vez o chamado Primeiro Batallón Literario
Compostelano.
El Conde-Duque de Olivares a caballo (c. 1634), cadro de Diego Velázquez Foto Wikipedia |
O citado éxito en Goián e o motín popular de A Coruña en 1664,
foi interpretado como un sino de debilidade polos portugueses, que
estaban apoiados polos franceses e, en menor medida, por ingleses e
alemáns, interesados todos estes en que Portugal debilitara a
España. O plan era ocupar A Garda para lanzar un ataque contra Vigo
e Baiona e dominar así a ría. O exército procedía da fronteira
con Extremadura, formado por veteranos da guerra con España.
Liderado polo francés Schomberg estaba composto por de tres
rexementos de infantería, dous ingleses e un alemán; un de
cabalería francesa e unidades portuguesas. En total 12.000 infantes
e 1.500 de cabalería.
A
inferioridade do exército galego, mandado agora polo capitán
xeneral e Gobernador do Reino de Galicia, Luis de Poderico, fronte ás
tropas portuguesas impedíalle atacar ao inimigo, polo que se limitou
a defender as prazas fortes (Vigo e Tui), quedándolle apenas uns
escuadróns cos que dificultar os movementos do exército portugués.
Poderico
emprazou as súas tropas na parroquia de Saxamonde pola súa
proximidade a
Redondela, onde estaban os almacéns militares; Porriño, importante
polos seus fornos; e Puxeiros, monte fundamental na defensa de Vigo.
Esta estratexia non evitou o saqueo de Bouzas, Porriño e
posteriormente a Garda.
Logo reorganizaríase a
defensa galega e o avance portugués sería freado. O 18 de febreiro
de 1668 firmaríase o tratado de paz polo que se recoñece a
independencia de Portugal e se determina a restitución de todas as
conquistas feitas durante a guerra, excepto Ceuta.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Historia de las Rías.
Conflictos navales en la Ría de Vigo. Patricia Álvarez. Faro de
Vigo.
Sarracenos:
19561101 Spes. Órgano de
la Juventud Católica de Pontevedra. Historia de una Fundación
frustrada de los Mercedarios en Pontevedra.
Piratas
Turcos e berberisco nas costas de Galicia no século XVII. Textos e
apuntamentos,
escrito por
José Martínez Crespo no Boletín do Inst. de Estudos Vigueses
número11
Francis Drake
Piratas, corsarios y
bucaneros. Álvaro Armero.
Ed. Libsa, 2003. Páx. 164 e 175.
Guerra Portugal
18780409 El Diario de
Santiago
Homenaje a José García Oro.
Escrito por Miguel Romaní Martínez
Obras (1885). Volumen 3. Antonio Cánovas del Castillo.
El águila caída:
Galicia en los reinados de Felipe IV y Carlos II.
Emilio González López.
1663
Espacio,
Tiempo y Forma, Serie IV,
I-i." Moderna, t. 9, 1996, págs. 231-242. La
aportación de Galicia a la Guerra de Secesión de Portugal
(1640-1668). Josefina
Castilla Soto e Ana Mª Cuba Regueira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario