Foto: Heraldo de Madrid |
Novelista, poeta, autor teatral e xornalista. Fíxose famoso polas
súas novelas cortas publicadas, entre outras, en El Cuento
Semanal, La Novela Corta e La Esfera. Durante a
República formou parte da Jefatura de Prensa do Director
General de Seguridad, Ramón Fernández Mato. Tras o alzamento
nacional do 18 de xullo de 1936 seguiu escribindo artigos en defensa
da República polo que foi detido en abril de 1939. Condenado á
morte a súa pena foi conmutada pola de 30 anos de prisión, grazas a
intervención do xeneral Millán Astray que, parece ser, era lector
asiduo da súa obra. Estivo preso entre outras cárceres na Illa de
San Simón, na que pasou case dous anos. Alí ensinaba a ler e
escribir a outros presos. Nunha ocasión un deles preguntoulle:
“-¿Vostede como esta preso se sabe ler e escribir?-Precisamente
por iso.”
Cando saíu en
liberdade condicional en xaneiro de 1944 fixou a súa residencia en
Redondela, amparado polo empresario José Regojo. Seguiu escribindo e
co tempo puido publicar os seus artigos no Faro de Vigo, primeiro
baixo seudónimo e despois co seu nome, pero en vida tan só verían
a luz dous libros máis: Gente de ayer e Estampas nuevas de
Madrid.
No 2019 foi
nomeado fillo adoptivo de Redondela, descubríndose unha placa no
edificio que substituíu á casa onde viviu.
Autor:
Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Memoria y trauma en los testimonios
de la represion franquista. Escrito por José Ignacio
Álvarez-Fernández (Google books)
Diego San José. F. Hernández
Girbal en Historia y Vida nº139, feb. 1979
Diego San José. Paseo radiofónico
por las calles de Madrid. Gemma Sara Ventín Sánchez.
Universidad Complutense de Madrid, 2005.
Heraldo de Madrid. Periodismo e
Historia del siglo XX
Mundo gráfico, Cartel, El Heraldo
Gallego, El Liberal, La Esfera, El Progreso
Faro de Vigo
No hay comentarios:
Publicar un comentario