CABOS
Cabo da Pedra ou Punta da Concheira
(Chapela)
Cabo dos Fumeiros (Redondela):
Hoxe desaparecido polos recheos que sufriu a vila. Os fumeiros eran
edificacións onde se afumaban as sardiñas para a súa conservación.
O nome foi recuperado como rúa na súa ubicación orixinal.
Punta do Bruñido (Cedeira):
Desaparecida por mor dos recheos.
Punta Castiñeira (Cedeira):
Desaparecida por mor dos recheos.
Punta Chapeliña (Chapela)
Punta Cubillón (Angorén-Chapela)
Punta da Canteira (A
Telleira-Cesantes): Na desembocadura do río Alvedosa. No s.
XVIII, era coñecida como Punta do Monte Gordo.
Punta da Portela (A
Portela-Cedeira)
Punta de Fontán (Soutoxuste-O
Viso)
Punta de Rande (Rande-Cedeira)
Punta do Cabo (Cesantes)
Punta do Rabiño (Cesantes):
Atopábase na praia vella.
Punta Moreda (Redondela):
Na Telleira, viuse afectada polos recheos da Marisma.
Punta Pesqueira (Soutoxuste-
O Viso)
Punta Pías (A
Formiga-Cedeira)
Punta Sobreira (Cesantes)
Punta do Socorro (A
Portela-Cedeira): Pola antiga existencia da capela de Nuestra
Señora del Socorro.
Punta Soutelo (A
Regasenda-Cedeira)
Puntal, o (Soutoxuste- O
Viso)
COTAS
Couto Ferreira (Trasmañó):
449m.
Pico de San Vicente (Trasmañó):
448m. Nome do patrón da parroquia.
Alto da Casela (Reboreda):
445m.
Coto Formiga (Trasmañó):
432m.
Pedra Longa (Cabeiro):
431m.
Alto de Axial (Ventosela):
426m.
Penedo Pedroso (Ventosela):
424m.
Coto Rapado (Cabeiro):
410m.
Penedo da Cancela (Reboreda):
382m.
Chan da Roda (O Viso):
332m.
A Peneda (O Viso): 327m.
Fai referencia ás penas ou penedos, ou sexa, a que é un monte con
moitas rochas.
Outras Cotas
Alto da Cabaleira (Soutoxuste-O
Viso): 274m.
Alto de Cesantes ou de Os’tras
(Cesantes)
Alto da Encarnación (Chapela):
Recibe o nome da capela que existía no lugar.
Alto da Grichousa
Alto da Lomba (O Viso):
184m.
Alto da Xaronda (Reboreda):
Alto de Romeu
Alto de Soutoxuste (Soutoxuste-O
Viso)
Alto do Viso (O Viso)
Alto dos Valos (Saxamonde)
Coto da Fenteira (Cedeira):
262m.
Outeiro das Penas (Cesantes):
161 m.
ENSEADA
Enseada de San Simón (Cesantes):
Chamada así polo Arquipélago de San Simón: Formado de norte
a sur polas illas:
- San Bartolomeu ou Pedra Branca ou Lobeira
- San Antón: Nome do patrón do cenobio que houbo nela.
- San Simón: Nome do patrón da igrexa da illa.
- San Norberto ou O Corbeiro ou Santo Cristo
Enseada de San Amaro (Chapela)
ESTREITO
Estreito de Rande
GOLFOS
Cova do Asno (Cesantes)
MARISMAS
A Marisma (Redondela):
Unha serie de recheos leváronna prácticamente a súa desaparición.
Tiña varias pozas, onde a xente se bañaba e practicaba natación e
waterpolo. Unha delas era a poza de Cancán.
MONTES
Monte Albite (Quintela/Nespereira):
Monte Buxel (Reboreda):
Monte Cabeiro (Cabeiro-Trasmañó):
Ver Parroquias>Cabeiro.
Monte Espiñeiro (O Viso):
Probablemente chamado así pola súa vexetación.
Monte Mirallo ou Penide
(Cedeira/Trasmañó):
Monte Picapedreiros ou Picapedrouzos
(Ventosela)
Monte do Saramagoso (O Viso):
Linda co concello de Redondela polo sur. Existe un barrio no Viso de
igual nome e mesmo significado, saramago.
Monte Tuxegueiras (Reboreda):
Outros montes:
Monte de Baltar (O Viso)
Monte da Bandeira (Vilar)
Monte de Cabaleiro (Cesantes/O
Viso)
Monte da Canteira (Quintela):
En tempos houbo unha canteira.
Monte Cornedo (Vilar)
Monte da Concheira (Rande-Cedeira)
Monte do Cuco (Redondela/Cesantes):
Chamado así porque sempre se escoitaban os cantos dos cucos neste
monte.
Machaquito (Redondela):
Recibe o nome polo alcume de Manuel Leirós. A súa muller era dona
de terreos nese monte.
Monte Pinela ¿ou Penela?(Reboreda):
Monte Requeiro (Soutoxuste-O
Viso)
Monte de Santiago (Vilar e
Mos)
Monte da Canteira ou a Telleira
(Cesantes): Antigamente, ademáis de ser empregado como
canteira, neste lugar se fabricaron tellas.
PRAIAS
Prais de Arealonga (Chapela)
Praia de Cabanas (Cabanas-Cedeira)
Praia de Cesantes (Cesantes):
Nome da parroquia. Distínguense varias zonas: Praia Vella, Praia
Nova, A Mariña, Os Asteleiros, A Punta (do Cabo) e a Praia do Cabo.
Praia de Rande (Rande-Cedeira)
OUTRAS PRAIAS
Praia o Cocho (A
Portela-Cedeira): Xa desaparecida. Atopábase no lugar onde está
a vella fábrica A Fedora. Foi destruida cando se construiu a
estrada á Portela.
Praia da Meda (Laredo-Chapela)
Praia dos Muíños (Chapela):
Desaparecida.
Praia de Soutelo (A
Portela-Rande): Hoxe en día sen area.
Praia de Soutoxuste (Soutoxuste-O
Viso)
RÍOS
Antigamente, os
ríos recibían varios nomes dependendo do tramo do seu curso no que
nos atopasemos.
Río Alvedosa (Redondela/Reboreda/
Ventosela/Pazos de Borbén): Alvedosa é un lugar onde prolifera
o erbedo, arbusto de follas verdes oscuras e beiras aserradas, os
froitos (morotes de erbedo) son comestibles. No catastro de Enseada
(1752) aparece como río da Vila ou do Carballo.
Río Fondón (Chapela/Trasmañó):
Nace en Fondón (Trasmañó) e desenvoca na desaparecida praia dos
Muíños (Chapela).
Río Maceiras
(Vilavella/Cedeira/Negros/Saxamonde/Vilar): As súas
beiras estaban poboadas de maceiras, de feito hoxe en día celébrase
a Festa da Mazá na parroquia de Negros.
Río Pexegueiro
(Redondela/Cesantes/O Viso)
Río Lagares ou Gandariña: Nace
no límite entre Vilar de Infesta e Cabral (Vigo).
Río Louro: Afluente do Miño.
Separa Saxamonde de Mos. Nace en Cepeda (Pazos de Borbén) e
desemboca en Tui.
Outras correntes
fluviais:
Rego Alvedosa (Río Alvedosa)
(Ventosela)
Río Buelas ou de Juelas (Cabeiro)
Rego Caramboleiro (Río Pexegueiro)
(Ventosela):
Rego Espiñedo, Maceiras ou Segade
(Chapela): Nace no barrio de Cidadelle cos mananciais de
Maceira e Aldea. No seu inicio polo barrio Igrexa chamanlle Segade e
na sua parte final, no barrio de Laredo, chamanlle Espiñedo (lugar
poboado de espiños). Desemboca na praia de Arealonga.
Rego da Garonda (Río Alvedosa)
(Reboreda)
Rego da Matoxa (Río Maceiras)
(Negros):
Río da Meda (Chapela):
Desemboca na praia da Meda, separando Angorén de Laredo.
Rego da Pereira (Río Maceiras)
(Vilar)
Rego das Cabras (Cedeira/Trasmañó):
Rego das Sete Fontes (O
Viso): A auga proviña de sete fontes diferentes.
Rego de Barranco das Chans (Río
Alvedosa) (Reboreda/Quintela)
Rego de Cabeiro (Río Maceiras)
(Cabeiro): Recibe o nome da parroquia.
Rego de Campelo (Río Alvedosa)
(Ventosela)
Rego de Chan da Herba (Cedeira)
Rego de Chans (Río Alvedosa)
(Reboreda)
Rego do Muíño da Feixa (Río
Maceiras) (Negros)
Rego dos Muíños do Pardo
(Cedeira): Os muíños dan nome ó regato.
Rego Loureiro (Reboreda)
Rego Pugariño ou da
Bouza(Trasmañó-Chapela): Na parte alta coñécese
por río Purgariño (lugar poboado de espiños). Desemboca na praia
Arealonga e é o limite entre Chapela e Teis (Vigo).
Rego Quintán (Cedeira):
Regueiro Vello (Río Alvedosa)
(Reboreda)
Río da Bellota (A
Portela-Cedeira): Regato da fonte de mesmo nome.
Río da Plateira (A
Portela-Cedeira): Regato que desemboca en Portacedeira.
Río Seco (Cedeira):
Regato que tan só leva auga no inverno.
Río de San (Reboreda)
Outros costa:
Caleta do Muíño (Chapela)
Dársena do Secador (Chapela)
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Guía didáctica para escolares:
Nº5. Aproximación á toponimia do Concello de Redondela.
Álvaro Iriarte Sanromán
Os Nomes da Ría de Vigo II.
Gerardo Sacau Rodríguez. Instituto de Estudios Vigueses
(Fundación Provigo).2000.
Aportacións Nanato
Lago Amoedo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario