jueves, 10 de septiembre de 2020

Redondela Baixo Terra

En Redondela téñense documentados varios túneles polos que na maioría pasaba unha persoa de pé ou agachada. Isto espertou o maxín da xente, inventándose lendas en torno a eles. En realidade son conducións de auga. O mesmo sucedería nas parroquias coas minas de auga, xa que son galerías escavadas na terra que soen rondar os dez metros de longo.

Entrada á mina da Peneda
Entrada á mina da Peneda. Foto: J. Migueles


A Peneda (O Viso)
Hai un túnel duns 9 metros. É unha mina de auga.
Lenda: Segundo as diferentes versións o túnel unía a Peneda co castelo de Soutomaior, con Soutoxusto ou coa Illa de San Simón.

Soutoxuste (O Viso)

Nun “caseto” de mariñeiro hai un pozo.

Lendas:

É un túnel que comunica Soutoxuste coa Peneda.

Neste pozo podes atopar o tesouro da moura, pero tamén podes atopar un veleno que te mate.

Caseto co pozo no seu interior. Foto: J. Migueles

 

Praza Ponteareas (Vilavella)
Dous túneles. Un era a mina que levaba auga á fonte da praza. Foi destruído parcialmente pola construción das vivendas da praza. Ía en dirección cara ao viaduto dende a antiga localización da fonte.
O outro bordeaba o perímetro do muro do convento pola banda da estrada de Redondela cara a Vigo. Probablemente recollía as augas pluviais da praza e/ou dos terreos do convento e a auga da fonte. Serían conducidas cara ao río.
Lendas:
Un túnel unía o Convento de Vilavella co Pazo de Petán.
Polo túnel as monxas de clausura saían do convento.

Pazo Torres Agrelo (Cesantes)
Un túnel de condución de augas sae do pazo cara ao mar.
Lenda: O túnel era empregado polos alemáns durante a II Guerra Mundial.

A Telleira (Cesantes)
No monte da Telleira hai unha mina de auga cun túnel de varios metros.
Túnel do Cargadoiro de Mineral Foto: J. Migueles
Túnel do Cargadoiro de Mineral de Rande. Foto: J. Migueles


Rande (Cedeira)
No camiño das Regateiras pode verse a entrada dun túnel que conducía a auga dende o regato ata o cargadoiro de mineral.
Do outro cargadoiro, o de Coto Wagner, quedaron soterradas parte das súas instalacións.


Tamén existe unha entrada tapiada na propiedade ocupada pola empresa Vieira S. A., na que anteriormente estivo a Compañía Azufrera del Noroeste.


Cedeira
A mina da fonte do Conde xorde dun pequeno túnel.
¿Lenda?: Dise que existe un túnel entre o Pazo de Torrecedeira e a finca de Monterraso. As dúas propiedades pertencían á mesma familia pero ata o de agora non puiden constatar a súa existencia.
Fonte do Conde
Mina da Fonte do Conce. Foto: J. Migueles
Autor: Juan Migueles

Trasmañó

Antigas minas de auga preto do parque infantil.

 

 

BIBLIOGRAFÍA

Aportes orais.

Varios folletos turísticos do Concello de Redondela.

Visitas guiadas por Xurxo Constela, arqueólogo de A Citania S. L.

 https://sanvicentedetrasmano.wordpress.com/

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario