miércoles, 2 de febrero de 2022

Relixión e crenzas: Os Hábitos.

 

Procesión do Cristo, 1961. Foto: Cao
Procesión do Cristo, 1961. Foto: Cao

          Ata mediados do século XX había unha tradición relixiosa que era a dos hábitos. Cando unha persoa ou un fillo-a estaba moi enferma, adoitábase facerlle promesas a un santo pola súa curación. Se o enfermo-a se repoñía debía levar a diario o hábito dese santo durante un período de tempo que podía ser de varias semanas, meses ou anos. Nos duros tempos da guerra as promesas eran polo regreso dos que marchaban á fronte.

         O hábito consistía nunha especie de bata para as mulleres con cordón atado á cintura e unha camisa para os homes cun cordón a modo de garabata. A cor variaba segundo o santo. En Redondela o que máis se empregaba era o hábito do Cristo, que era morado con cordón dourado. Outro ao que se amosaba devoción era San Benito, que era de cor gris con cordón. A Virxe de Reboreda era azul ceo. Outros hábitos de santos dos que non temos de momento constancia na nosa vila serían: San Roque, color verde; Santa Rita e a Dolorosa, negro; a Virxe do Carme, marrón; Santa Lucía, vermello; San Antón, marrón; Os Remedios, branco; a Inmaculada, branco... Por norma xeral os santos martirizados eran vermellos e o resto das diferentes cores.


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Aportes: Matilde Fernández, Manuel Migueles, Fernando Costa, Olga Rodríguez, Ramón P. Muíños e Imos Avanzando.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario