Rande a finais do XIX. Foto: Facebook Chapela |
3.000 a 1.800 a. C. (Neolítico): No monte Mirallo ou Penide (Cedeira/Trasmañó /Cabeiro/Negros/Chapela) atópanse catalogadas 39 mámoas desta época. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/monte-penide-monte-mirallo.html )
1.800 ao 60 a. C. (Idade de Bronce): Tamén no Monte Mirallo atopáronse machadas de bronce e petróglifos.
S. I-IV d. C.: Tense constancia dunha villae romana en A Portela (Cedeira). (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/10/alguns-achados-arqueoloxicos-en.html )
1562. Primeiras referencias atopadas de muíños en Cedeira. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/10/os-muinos-de-redondela-ao-longo-da.html ) Na actualidade teño recollidos 17 muíños nesta parroquia. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/muinos.html )
1581. O coto e freguesía de Cedeira é dominio do Bispado de Tui, agás o Igrexario e Canabal que son dominio do Convento de Santa Clara de Pontevedra.
1586. Separación da xurisdición do Coto do Bispado de Tui. Os límites de Cedeira son: Río Maior, Lagoa dos seus Leiros (Lagoa de Zedreiros), as tres fontes de Pinede, Cruz da laxe de Pinede, Fonte do Hursedo (ou Fonte de Fernán Mallo), Fonte Adán, Fonte do Castro, Rego da fonte Adán, Río do Castro, Porto das Perón, Río de Lamas, Río dos Peróns, Padrón de Frian (Campo de Vasco González), marco da Rañada (na Vega da Rañada), a porta de Juan de Galicia, Canto del Río do Prado do Ameeiro (din as Ameixiras), marco da Rabadeira, muíño de Maria González de Ovello, marco de Canabal, fonte do Canabal, fonte de Cascoña, a Acova do ouro do Outide, fonte de Riande, Area de Rande e Fonte do Rial.
1587, censo: Cedeira aparece como freguesía de Redondela.
1589 Por mor da desamortización de Felipe II, Cedeira, ata daquela pertencente a Redondela, foi entregada co seu porto e 68 veciños ao asentista italiano Giacomo de Berdi, quen a vendeu por 1.100 ducados ao bacharel Álvaro Prego de Montaos. Despois pasaría a mans do Alguacil Maior Lope Osorio; a Jerónimo Saravia, xudeu portugués e rexedor de Vigo; aos Lopez Portillo e aos Pestaña, fidalguía de servizo natural do Bierzo.
1681. O coto pertence a José García de Portillo, quen acomete a construción da Casa do Corredor, que cos anos pasará a ser coñecida como Pazo de Torrecedeira.
1928. Voda no Pazo de Torrecedeira. Vida Gallega |
1697. O coto pertence a Joseph Pestaña Lamas.
1702 Batalla de Rande. A Casa do Corredor (actual Pazo de Torrecedeira) é incendiada nos saqueos cometidos polos ingleses trala batalla. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/1702-batalla-de-rande.html )
1743: Amplíase a Igrexa de Cedeira. O encargado da obra será o arquitecto Fernando de Casas e Novoa, que nese momento estaba construíndo a Fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago.(Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/01/igrexas.html )
1750. Aparecen citados os peiraos da Portela e de Rande. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/09/instalacions-maritimas.html )
1752 Catastro de Ensenada. Cedeira é un señorío propiedade de Blas Fernando Pestaña Lamas, fillo do anterior. Estaba baixo o dominio do Bispado de Santiago, se ben é certo que a xustiza era impartida polo xuíz de Redondela. Os seus límites eran: “principiando en el marco de la Rañada, de allí al Patrón de Frean, y sigue a las ¿mistas? de los ríos de las Lamas, hasta donde que se junta el que viene del Puerto dos Perones, de allí va por la orilla de dicho río a la fuente que viene del Castro, de esta otra que se nombra de Fernán Mallo, de allí ala Cruz de Laje do Pinede, de esta a las 3 fuentes que también se dicen do Pinede, y sigue a la Laguna de los Ollera, y por el río mayor de abajo hasta llegar a la arenta de Rande, de allí va por la orilla de la mar hasta la fuente de dicho sitio de Rande, que por allí pasa, y de allí va a la Cueva do Ouro, de esta a la fuente de Cascoña, y sigue a otra que la llaman de Canaval, de esta va al marco de mismo nombre, de allí al de Ravadeyra, siguiendo al Campo do Prado do Ameeyro todo por la orilla del río da Mazeyra arriba hasta llegar al Campo da Lova, en donde hace un rechazo y sigue al Campo de Muro Longo, y de allí a dicho marco da Rañada donde principió”.
S. XVIII. Referencias das ermidas desaparecidas de Santa Tareixa de Xesús e de Nosa Señora do Socorro. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/01/capelas-desaparecidas.html )
S. XVIII, segunda metade. O señorío de Cedeira pertencía a Juan Francisco de Pestaña y Chamucero, gobernador da provincia peruana de Tucumán. En 1757 pasa a presidir la Audiencia de Charcas (Alto Perú, actual Bolivia). Faleceu nunha expedición polo Mato Grosso (Brasil), cara ao ano 1770.
1782, 14 de febreiro. O provisor eclesiástico tudense separa Negros e Quintela de Cedeira creando dúas novas parroquias.
1799. A parroquia de San Andrés de Cedeira ten 170 veciños.
S. XVIII. Fomentadores cataláns constrúen fábricas de salgadura na Portela, A Formiga e Rande. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/empresas-do-mar.html )
1809. Guerra da Independencia dos Franceses. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/1809-guerra-da-independencia-dos.html )
1812: Abolición do réxime señorial e administración municipal do territorio. Creación dos concellos de Redondela, Cedeira, Reboreda, Saxamonde e Vilavella.
1822. Unificación de Redondela (Cedeira, Reboreda, Saxamonde, Vilanova de Redondela e Vilavella).
1823. Restauración do réxime señorial. Cedeira, Reboreda, Saxamonde e Vilavella volven a separarse de Redondela.
1835. Abolición dos señoríos xurisdicionais. Cedeira, Reboreda, Saxamonde e Vilavella únense a Redondela definitivamente.
A Formiga. Foto todocoleccion.net |
2ª metade do S. XIX. Establécese en Vigo The Eastern Telegraph Company, compañía inglesa encargada da instalación do cable para a comunicación telegráfica. Nas seguintes décadas a meirande parte dos seus traballadores serán veciños de Cesantes, Rande, Chapela e Redondela. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/empresas-do-mar.html )
1880. Na Exposición Rexional, Redondela expón granito de Cedeira. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/outras-empresas-desaparecidas.html )
1888. O arquitecto francés Michel Pacewicz inicia a reforma da Casa do Corredor (Pazo de Torrecedeira). (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/pazos.html )
1890, cara a. Constrúese a casa de Monterraso, obra do arquitecto Michel Pacewicz. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/02/casas-destacadas-de-cedeira.html )
1891, 3 de xaneiro. Real Despacho polo que a Raíña Rexente concédelle o título de Conde de Torrecedeira a Manuel Bárcena y Franco.
1895. Prohíbense as fiadas do liño, que congregaban moita xente, por mor das pelexas que se producían. O alcalde J. M. Otero Milleiro multou ás donas das casas de Cedeira onde se seguían a celebrar. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/11/sucesos-finais-do-s-xix.html )
S. XIX, finais. Instálase o primeiro teléfono no concello de Redondela. Comunica o Pazo de Torrecedeira coa casa que o seu propietario ten en Vigo, sen posibilidade de outras comunicacións.
1898. Construción do Cruceiro da Raíña. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/cruceiros-esmoleiros-e-petos-de-animas.html )
Principios do século XX. O párroco de Cedeira, José Rodríguez Saavedra, fundou unha irmandade que construíu un novo cemiterio (1901) e un quiosco de pedra. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/confrarias-e-outras-asociacions.html )
1904. O Bispado fai un arranxo parroquial e pasa a pertencer a Vilavella o lugar de Maceira, ata daquela pertencente a Cedeira.
1906. Incendio no monte comunal de Cedeira. Tardáronse cinco horas en apagalo, sendo detido un veciño de Trasmañó como autor do mesmo. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/11/sucesos-1900-1929.html )
1910, 27 de xuño. Celebrouse en Cedeira un mitin societario antiforal. Serviría de base para a constitución da Sociedade Agraria La Unión de Cedeira e a Sociedade Agraria de Rande e Cotarelo. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/sociedades-agrarias.html )
1912. Clausúrase a Escola Mixta de Cedeira por atoparse preto do cemiterio e en malas condicións. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/escolas.html )
1914. Inicio da Primeira Guerra Mundial, dous barcos alemáns e un austríaco se refuxian na Regasenda durante toda a contenda. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/1914-i-guerra-mundial.html )
1917. Constrúese a Casa Masiell, obra do arquitecto Michel Pacewicz. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/02/casas-destacadas-de-cedeira.html )
1919. Créanse as escolas feminina e masculina de Cedeira. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/escolas.html )
1920. Fúndase a Electro Metalúrgica Gallega, empresa que se instala en Punta Socorro (A Portela). Posteriormente trocaría o seu nome polos de Fundición Santa Elena e, en 1946, Industria Metalífera Española (IME S. A.). (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/industrias-quimicas-e-metalurxicas.html )
Mariscando na IME Foto cedida por Manuela Rodríguez |
1921, maio. Entra en funcionamento a empresa Vidriera Gallega. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/outras-empresas-desaparecidas.html )
1922. O empresario José de la Gándara Sestelo constrúe a súa casa, hoxe en día (2022) adicada á hostalaría co nome comercial de A Casona. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/05/gandara-sestelo-jose-manuel-marcelino.html )
1923. Ródanse varias esceas da película Maruxa na casa coñecida como A Chicharra. Tres anos despois tamén se rodará nela Carmiña flor de Galicia. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/01/peliculas-rodadas-en-redondela.html )
1924, marzo. Concentración do Celta en Cedeira, moita xente acode a charlar cos xogadores.
1925, cara a. Inicia as súas actividades a Compañía Azufrera del Noroeste. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/industrias-quimicas-e-metalurxicas.html )
1925, xullo. Anúnciase a creacións da Escola Mixta de Rande. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/escolas.html )
1926. A uns veciños de Cedeira que andaban de festa deulles por realizar varias bromas pesadas. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/personaxes-1-metade-s-xx-2-os-bromistas.html )
1934, febreiro. Atópanse na Rabadeira as pegadas dun oso. Realízanse batidas pero nunca se atopa ao animal. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/11/sucesos-1930-1949.html )
1935, 03 de setembro. Por mor da circulación de follas clandestinas alentando aos obreiros a que entorpeceran a saída dos excursionistas de J. A. P. ao mitin de Santiago establecéronse fortes medidas de seguridade en Vigo. Apesares disto ás cinco da madrugada estoupou unha bomba á altura de A Chicharra, levantando varios metros de vía. Preto do lugar do suceso atopáronse máis artefactos que non estouparon e varios cartuchos de dinamita. Practicáronse numerosas detencións. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/11/sucesos-1930-1949.html )
1936, 18 de xullo. Golpe de estado militar. Inicio d Guerra Civil. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/guerra-civil-e-represion-en-redondela.html )
1936. Incautación das sedes e pertenzas das sociedades agrarias de Cedeira, Cesantes, Chapela, Reboreda, Vilar e o Viso, ademais das do Partido Galeguista, Izquierda Republicana e a Casa del Pueblo, que albergaba os locais do Partido Comunista e a Agrupación Socialista.
1941. Segunda Guerra Mundial. O vigués Eduardo Martínez Alonso organiza a saída de refuxiados cara a Portugal desde a Portela. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/1941-ii-guerra-mundial-ii-o-schindler.html )
1941. Segunda Guerra Mundial. José Otero Sánchez, despois de pasarse ao bando republicano e fuxir a Francia e apresado polos nazis sobrevivindo ao campo de exterminio de Auschwitz. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/1941-ii-guerra-mundial-ivos-campos-de.html )
1942. Fernando de Haz, natural de Vigo, convértese en Campión Galego de tenis na modalidade de dobres título que revalidaría en 1943 e 1947. Adestraba na pista de tenis da Casa de Gándara, que probablemente foi a primeira do Concello de Redondela.
(Ver 2ª parte https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/02/historia-da-parroquia-de-cedeira-2-de-2.html )
No hay comentarios:
Publicar un comentario