1915. Barcas entrando na Ribeira. Postal |
Nun xornal de 1935 aparece un conto dun mariñeiro de Redondela que transcribo a continuación, tal e como foi publicado no seu momento:
Fuchicadas
Remedios
Redondela, terra de chocos a mais de caramuxos, ten sona de muitas outras cousas; entre elas, de ter un viaducto que, anque fai mais de corenta anos que roda por él o tren, inda non está aprobada a obra nin pagada. En isto diferénciase algo coa escola de Angoares, que xa está funcionando o escolante néla e non está aprobada a obra, anque, claro, xa se pagou; é a deferencia que ten con viaducto.
Pois como vos iba decindo, Redondela ten a sona de que alí vive Xan das Migallas, un bó home que foi nos primeiros anos labrego e que despois, dis que lle iba mellor coa pesca, e botouse a mar, cada vés mais a dentro.
Mercóu un barco que tivera emprestado pirmeiramente; vello, pero él iba servindo. Mais tarde, como quería ir mais alá das Cies, e como tiña unhas cantas cadelas que gañara na pesca de chocos, mandóu facer unha barca que nin era “Xeito” nin “Trainera”, pero ela andaba como unha centella.
Viñeron outros tempos e a barca de Xan Migallas, anque andaba muito, non chegaba a correr coma outras que, se non eran millores, tiñan un cambeo un chisme dentro que botándolle gas facía voar a barca: era un motorcito que veu a facer a revolución nos remos. Xan das Migallas, botaba fogo pol-o peito tirando pol-os remos. Algunhas veces chegou a botarlle unha vela a “Remedios” que así lle puxera de nome a embarcación, pero “Remedios” non podía atrapar a eses remedos de barquiños que levaban motor: a dobre forza de remar y-o velamen non era bastante para seguir a aquel outro que con un chisme dentro que facía pó, pó, pó, pó riscaba a auga e marchaba como levado do demo.
Xan das Migallas, andaba danado. Xa os brazos non daban mais. Xa se sentía do peito un pouco doído. “Isto non vai ben” decía.
- Estes rayos de remos acaban conmigo e non poido seguir as embarcacións de eses galopíns que levan dentro as centellas vivas do gás.
Xan, que tiña a “Remedios” na estimación que se ten a quen lle da de comer e de vestir, falaba algunhas veces con ela como pedíndolle consello, pero “Remedios” nin Xan, non daban mais de si; os remos acababan co él e “Remedios” tamén.
No medio de tantas angustias, Xan das Migallas tivo unha semana de boa calada e “Remedios” chegaba día tras día a Redondela con mais chocos que as outras embarcacións, y-o mariñeiro puido así, facer cartos extraordinarios. Xuntóu catro mil reás que nunca vira na sua man xuntos.
Sin decir nada a ninguén nin a sua muller siquera, marchóu a Vigo na sua “Remedios”, decindo pra seu coleto. “El será este día o último que puxo por estes rayos de remos?”.
Puxo os catro mil reás encima da mesa de certa casa de negocio e mercóu un motor pra poñer a sua “Remedios”; o resto era o fiado que él se prometía pagar enseguidiña que tivera cartos. O vendeiro aceutó o trato e mandou poñer a “Remedios” o motor, que estivo porparado antes de oito días, os mesmos que tivo Xan das Migallas de folgos e de cabilacións.
Ó ter recado do vendeiro de que estaba porparada a embarcación co motor, marchouse a Vigo e tornóu o mesmo día, contente dirixindo a sua embarcación sentado encima d’unha caixa con unha gorra de visera e todo, coma se fora un comendante calquera. Entróu pol-o río Alvedosa dentro hasta a feira de Redondela.
O primeiro que fixo, Xan das Migallas, cando chegóu a seu lugar, foi mercar un pouco de pintura y-un pincel e soparar o nome da embarcación, que d ali en diante non se chamóu mais “Remedios”, senón que leuse e inda se lé en letras muy grandes REME DIOS.
PEDRO BORREIRO.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
19351014 El Tea
No hay comentarios:
Publicar un comentario