![]() |
| Presos na illa. Publicada en Presos vellos-Pontevedraconfollasverdes-3.bp.blogspot |
Abadía Colau, Cirilo (Sangarren-Huesca)
Citado tamén como Abadía Colao, Abadías Colao e Abadía Colan.
Xulgado en Huesca por auxilio á rebelión o 16 de febreiro de 1939, sendo condenado a 12 anos e un día de reclusión menor.
Preso na Prisión
Provincial de Huesca e na Colonia Penitenciaria da Illa de San
Simón.
Estando na Colonia
Penitenciaria de La Isla de San Simon, concédeselle
a liberdade condicional, coa
liberación definitiva do
desterro por Orde do
15/6/1942
(BOE número
180 de 29/06/1942,
páxina
4627).
Abal, Vicente (Meis-Pontevedra)
Preso en San Simón.
Abal López, Camilo “o da Capadora” (Meis-Pontevedra)
Labrego, 46 anos. Da sociedade "Fraternidad" de Meis. Concelleiro de Meis.
Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 6 anos 1 día. Posteriormente conmutación a 2 anos de prisión.
Cando menos, preso na Illa de San Simón e na Prisión Provincial de León, onde por orde do 25/09/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 285 de 12/10/1943, páxina 9880).
Abal Padín, Segundo (Padrenda, Meaño-Pontevedra, 1913)
Mestre.
Profesor
no colexio de Castrogudín (Vilagarcía-Pontevedra), participou en
varios actos de campaña polo Estatuto de Autonomía de Galicia.
Membro da Agrupación Socialista de Vilagarcía e vogal de FETE-UGT.
Detido o 1 de agosto de 1936, foi recluído nos cárceres da Normal de Pontevedra e da Illa de San Simón. Xulgado por rebelión militar o 9 de febreiro de 1938, sendo condenado a morte. Foi executado no quilómetro 1 da avenida Uruguai de Pontevedra o 13 de maio de 1938. En abril de 1940 abríronlle expediente de responsabilidades políticas.
![]() |
| Segundo Abal Padín-Dentro de 2 o 3 horas moriré_Fernando Salgado Varela. |
Abando Urrejola, Francisco (Abando, Bilbao-Bizkaia, 1892)
Casado con María Ángela Múgica Aguirrezabal. O seu irmán Juan Abando Urrejola, era concelleiro de Bilbao, de ideoloxía nacionalista.
Xulgado en Bilbao o 4-9-1937.
Preso na Colonia Penitenciaria de La Isla de San Simon, concédeselle a liberdade condicional por Orde do 21/6/1940 (BOE número 179 del 27/06/1940, páxina 4400).
Abeiján Rivas, José María (Lousame-A Coruña)
Serrador, casado, 26 anos.
Xulgado, en 1937, en Vitoria por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos.
Estivo preso, cando menos, no forte de San Cristóbal (Navarra) e a Illa de San Simón.
Abella Meseguer, Domingo (Puebla de Benifasar (Castellón))
Alcalde de Puebla de Benifasar desde 1931 ata 14-12-1936.
Preso na Colonia Penitenciaria de La Isla de San Simon, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 15/6/1942 (BOE número 180 de 29/06/1942, páxina 4626).
Abio Doto, Román (San Julián de Banzo-Huesca, 1876)
Labrador, viúvo, 62 anos. Labrador. Fillo de Jose Abio e Antonia Doto.
Consello de Guerra Permanente. Número de procedemento: 178-38.
Sentencia:12 anos e un día de reclusión menor; data: 1938/07/28.
Plaza: Huesca.
Expediente Penitenciario da Prisión de
Salamanca, está no número de orde da Caixa 71, Sinatura 35427.
O 27-9-1938 ingresou na Prisión Provincial de Salamanca. O 26.2.1939 trasladado a Vigo para ingresar na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
En 1940 concédeselle á liberdade vixiada.
Aboy Torres, Antonio (San Félix de Estacas, Caldas de Reis-Pontevedra).
Canteiro, 30 anos. Veciño de Cuntis (Pontevedra). Fillo de Francisco e Manuela. Casado con Dolores.
Militante da Unión Socialista Galega
Xulgado en Pontevedra o 17-2-1937 por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Pasou polos cárceres de Cuntis, Pontevedra, San Simón e San Cristóbal (Pamplona), nesta última ingresou 17-10-1937, participando na gran evasión. Conmutación e extinción de pena o 31-08-1944.
Abril Cabana, Indalecio (Mondariz-Pontevedra)
Curtidor, solteiro, 25 anos.
Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Cando menos pasou polos cárceres do Forte de San Cristóbal e a Illa de San Simón. Concesión da prisión atenuada o 8-11-1940.
Abuín Pardo, Joaquín (Carril, Vilagarcía de Arousa-Pontevedra)
Mariñeiro, casado con Eulalia, 34 anos. Fillo de Juan e Montserrat.
Afiliado ao CNT e ao sindicato de estibadores de Carril
Xulgado en Pontevedra o 17-6-1937 por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Pena conmutada a 8 anos.
O 17- 10-1937 ingresou no Forte de San Cristobal procedente da Illa de San Simón.
![]() |
| Joaquín Abuín Pardo. Nomes e voces. |
Abuín Pardo, Juan (Carril, Vilagarcía de Arousa-Pontevedra)
Zapateiro, viúvo, 39 anos.
Xulgado por rebelión militar o 17-6-1937, sendo condenado a cadea perpetua (30 anos). Pena conmutada a 8 anos.
O 17- 10-1937 ingresou no Forte de San Cristobal procedente da Illa de San Simón.
Acebal Suárez, José (Sotiello, Lena-Asturias)
Labrador.
Trasladado á Colonia Penitenciaria de San Simon procedente da Prisión Central de Celanova (1938-39).
Boletín Oficial del Estado | Publicación de Libertades Condicionales | Prisión Central de Figueirido (Pontevedra) | BOE nº 115 de 25/4/1941, páxina 2867
Acuña Caride, Antonio (Lavadores, Vigo-Pontevedra).
Ferreiro, 30 anos, casado con Áurea. Fillo de Antonio e Nieves.
Xulgado en Vigo o 26 de novembro de 1936 por rebelión militar co resultado de cadea perpetua.
O 22 de febreiro de 1937 ingresa no Forte de San Cristóbal procedente da preventiva de Vigo.
Acuña Gómez, Ceferino (Iruña-Nafarroa).
Carabineiro, 42 anos, viúvo.
Preso en San Simón.
Acuña Gómez, Manuel “Carabellón” (Lavadores).
23 anos, solteiro. Pintor.
Morto o 10 de decembro de 1936
Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado, ás 8, nas inmediacións do castelo do Castro-Vigo, rexistrándose a morte a causa de hemorraxia interna.
Acuña Lamas, José (Pontevedra)
Ferroviario, 34 anos, casado, no momento da súa detención a súa esposa estaba embarazada do seu sexto fillo.
Partido Republicano Radical Socialista (PRRS).
Secretario do Gobernador Civil de Pontevedra durante a II República.
Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Conmutación a cadea perpetua e posteriormente a 20 anos.
Boletín Oficial del Estado | Publicación de Liberdades Condicionais | Prisión de Partido de Vigo (Pontevedra) | Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva de desterro | BOE nº 362 de 28/12/1943, data da orde: 11/11/1943, páxina 12314, columna 2
A súa figura foi recuperada na película San Simón (2025) de Miguel Ángel Delgado.
Adell Andreu, Miguel (Lledó-Teruel)
Labrego, casado, 60 anos.
Sumarísimo de urxencia en Zaragoza por auxilio á rebelión o 22-12-1938. Condenado a 12 anos e un día.
Liberdade condicional. Orde 30 de maio de 1941. BOE 6-6-1941. Páx. 4081.
Adell
Palos, Antonio (Beceite-Teruel)
Labrego, casado, 62 anos.
Condenado a pena de morte, sendo esta conmutada.
Chegou á illa de San Simón procedente da Prisión Provincial de Zaragoza. Morto na Illa 25 de agosto de 1941 por causas naturais.
Adell Sancho, Ramón (Olocau del Rey-Castellón)
Labrador. Fillo de José e María.
UGT, Izquierda Republicana (IR).
- Concelleiro de Olocau del Rey ata outubro de 1936, pasando daquela a formar parte do Comité local. A pesares destes cargos non interviu nas incautacións pero si asistiu a reunións onde se trataron as mesmas. Realizou gardas á entrada do pobo con escopeta e tomou parte da imposición de multas pero non das detencións. Acudiu á queima de imaxes xunto cos demais veciños xa que o alcalde emitira un bando para que todos estiveran presentes, adicándose a cargar os carros cos obxectos de menor valor e así poder salvar os de máis valor e o propio edificio.
- Detido o 10 de xuño de 1938, ingresando na Prisión de Partido de Vinaroz (Castellón).
- Condenado polo Consejo de Guerra Permanente de Vinaroz (Sumario 181-C) á pena de 12 anos e 1 día de reclusión temporal por un delito de Auxilio á rebelión o 14-6-1938.
- Preso na Colonia Penitenciaria de La Isla de San Simon, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 02/08/1941 (BOE número 227 de 15/8/1941, páxina 6273). Indultado o 31-5-1947.
- Tamén aparece no proceso como "Ramón Adell Sánchez".
Adrio Barreiro, José (Pontevedra, 10)
Avogado, 26 anos. Estaba casado con Aurora Poza Pastrana, filla de Celestino Poza Cobas e irmá dos médicos Celestino e Luis Poza Pastrana (fusilado).
Centro
Republicano-Federación Republicana Gallega, Radical-Socialista,
Unión Republicana. Gobernador civil de Ourense en 1933. Logo do
triunfo do Frente Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi
nomeado Presidente da Comisión Xestora da Deputación Provincial de
Pontevedra, o 19 de marzo, deixando o cargo o día 26 dese mesmo mes.
En abril de 1936 foi elixido compromisario na candidatura da Fronte
Popular por Pontevedra para a elección do presidente da
República.
Xulgado en Pontevedra por traizón co resultado de
sentenza a pena de morte. Fusilado en Pontevedra o 12 de novembro de
1936.
Unha rúa de Pontevedra leva o seu nome.
![]() |
| José Adrio Barreiro. Deputación de Pontevedra |
Adrio Mañá, Germán (Santa Baia de Arealonga, Vilagarcía de Arousa-Pontevedra, 16-5-1880)
Maestro. Director y propietario del Colegio X en Villagarcía de Arosa (Pontevedra). 48 anos.
Foi concelleiro de Pontevedra durante a II República. Membro da UGT e afiliado á Agrupación Socialista (AS)
Foi detido e xulgado por rebelión militar, sendo condenado a morte. Ingresou na Colonia Penitenciario da Illa de San Simón, de onde foi sacado para ser fusilado no quilómetro 1 da estrada de Campañó (Pontevedra) o 12 de novembro de 1936.
![]() |
| Germán Adrio Mañá-Fundación Pablo Iglesias |
Agende del Coto, Ramón (Mollasanz-Asturias)
Labrego, casado, 59 anos.
Agnes Agnes, José (Muxía-A Coruña).
Mariñeiro,
22 anos.
Xulgado en A Coruña
por rebelión co resultado sentencia prisión 20 anos.
Chegou á illa de San Simón trasladado desde o cárcere de San Cristóbal, preto de Pamplona.
Agra Blanco, Jaime "Nonito" (Palmou, Lalín-Pontevedra)
Xastre, 37 anos.
Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Indultado en 1940. Volve a ser encausado en A Coruña en 1948 por auxilio a malfeitores.
Agra Blanco, Luis (Palmou, Lalín-Pontevedra)
Labrego, 34 anos, casado con Benita. Veciño da Calzada, Lalín. Fillo de José e Rosa.
Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentencia a cadea perpetua. Conmutación a 4 anos en decembro de 1942.
O 16 de maio de 1937 ingresou no Forte de San Cristóbal (Pamplona), procedente da Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. Participou na gran evasión de 1938, sendo apresado novamente.
Agra Blanco, Secundino (Palmou, Lalín-Pontevedra)
Xastre, 46 anos.
Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Posteriormente conmutación a 4 anos de prisión menor.
Agra Mondragón, Ángel (Vilagarcía de Arousa)
Empregado, solteiro, 28 anos.
Membro da Agrupación Socialista de Vilagarcía.
Sacado da illa de San Simón o 29 de decembro de 1936. Morto por disparos. O seu cadáver aparece en Pontevedra.
Agra Mondragón, José (Vilagarcía de Arousa-Pontevedra)
Empregado, solteiro.
Detención na Illa do Lazareto.
Agra Vidal, José (Illa de Arousa-Pontevedra)
Listados de la Cruz Roja española | Listas 1019 y 1019bis: Propuestas de canje | Arosa (Pontevedra) | Notas: Preso En Lazareto De San Simon. Residia En Islas Arousa (Pontevedra) | Pagina 31, 113
Agraso Santamaría, Albino (Noia-A Coruña, 23-12-1899)
Zapateiro, 37 anos. Veciño de Seixo, Marín (Pontevedra)
Membro da UGT e afiliado ás JS de Marín. Detido ao triunfar el golpe de Estado de xullo de 1936, é xulgado en Pontevedra por rebelión militar e condenado a morte.
Fusilado o 31 de decembro de 1936 en Pontevedra xunto a Antonio Blanco Solla, Amando Iglesias Pérez, Demetrio Lorenzo Ordóñez, Santiago Ramos Ramos e Bernardino de la Torre Fernández. En Marín son homenaxeados cada 31 de decembro no Paseo Alcalde Blanco.
Rexistrada a súa morte a causa de colapso cardíaco.
![]() |
| Albino Agraso Santamaría. Foto retocada por Luda Merino |
Aguayo Leira, Torcuato (Guadix-Granada)
Xornaleiro, casado, 68 anos.
Morto na Illa de San Simón o 21-5-1941 por causas naturais.
Enterrado no cemiterio de Pereiró (Vigo).
Agudo Gutiérrez, Ramiro (Liérganes-Cantabria)
Labrador.
- Afiliado a UGT. Membro da Comisión Agrícola de Liérganes.
- Consello de Guerra: Santoña – 159. Xulgado por Auxilio á rebelión. Condenado a 20 años Rm. Conmutación de pena por 6 anos e 1 día PM.
- Comenzou a cumprir condena en setembro del 1937. Chegou á Colonia Penitenciaria de San Simón en 1939, procedente da Prisión Central de Celanova.
- Indulto en 1944.
-
Aguera Galiano, Pedro (Málaga)
Internado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade o 26/04/1940. ( Boletín Oficial del Estado número 121 do 30/04/1940, páxina 2948).
Archivo General Militar de Guadalajara. Comision Central de Examen de Penas. Penas ordinarias conmutadas | Comision de Malaga | Referencia: ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300255, Expediente 4873
Agüera Rodríguez, Victoriano (Tuña, Tineo-Asturias, 1-4-1864)
Internado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade o 06/08/1940 (BOE número 256 del 12/09/1940, páxina 6348).
Faleceu na súa vila natal o 16 de abril de 1955, aos 91 anos.
Archivo General Militar de Guadalajara. Comision Central de Examen de Penas. Penas ordinarias conmutadas | Comision de Oviedo | Referencia: ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300215, Expediente 1117
Aguilar Muñoz, Diego (Sierra de Yeguas-Málaga)
Labrego, viúvo, 60 anos.
Internado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional en 1941 (BOE nº 90 de 31/3/1941, páxina 2125).
Archivo General Militar de Guadalajara. Comision Central de Examen de Penas. Penas ordinarias conmutadas | Comision de Malaga | Referencia: ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300643, Expediente 59570
Aguilar Sánchez, José (La Línea de la Concepción-Cádiz)
Xastre, solteiro, 65 anos.
Morto na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón o 21 de maio de 1941 por causas naturais.
Aguilar Tercero, Domingo (La Solana-Ciudad Real)
Labrego, casado, 60 anos.
Tribunal Militar Territorial 1 | Serie: Sumarisimos | Madrid, 1939 | Referencia: Sumario 1051, Caja 4225, Orden 11
Aguín Alarcón, Alejandro Jacinto “Dentán” (Portonovo-Sanxenxo)
Mariñeiro, solteiro, 27 anos. Veciño de Noalla, Portonovo.
Afiliado á "Unión Agraria Marinera" de Portonovo
Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado sentenza a cadea perpetua. Preso cando menos na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e no Forte de San Cristóbal.
Aguirre Bengoechea, Mariano (Donostia-Guipuzkoa).
Chapista.
Membro de UGT. Formou parte "dunha comisión do partido" para unha folga antes da Guerra Civil. Durante aa contenda traballou na reparación de armas nun garaxe de Martiarena. Pasou logo a Berango onde serviu como armeiro para o exército republicano co grado de Tenente.
Consello de Guerra: San Sebastián – 597. Imputado por auxilio a la rebelión. Sentencia de 15 anos conmutada por 8 anos de prisión.
Ingresou en prisión en xaneiro de 1938. En maio de 1940 chegou á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. Despois pasaría á Prision Central Habilitada de Camposancos (A Garda) onde lle conceden a liberdade condicional (BOE nº 211 de 30/7/1941, páxina 5734).
Aguirre Luzárraga, Antonio (Mundaka-Bizcaia).
Piloto mercante, solteiro, 36 anos.
Chegou á illa de San Simón trasladado desde o cárcere de San Cristóbal, preto de Pamplona. Falecido en San Simón.
Agulla Rodríguez, Francisco “Pacheco” (Bueu, 9-2-1914)
Mestre, 22 anos, fillo de Ventura Agulla Crespo e Esperanza Rodríguez Franco.
Militante de Juventudes Libertarias.
Foi mestre en San Miguel de Barcala (A Estrada) e en setembro de 1935 foi trasladado á escola de Oitavén (Fornelos de Montes)
Xulgado en Pontevedra, o 6 de outubro de 1936, na causa 971/36, por auxilio á rebelión co resultado de sentencia a prisión correccional 3 anos. Cumpriu condena na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, recibindo o indulto o 30-09-1939. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en setembro de 1940, sendo indultado en 1941.
Volveu á docencia, sendo destinado a Mesego (Cuntis), en novembro de 1940. En 1946 é trasladado á Escola unitaria de Soutomaior. En xuño de 1959 foi elixido presidente do Bueu S. D.
Ainsa Pérez, Simón (Escucha-Teruel)
Xornaleiro.
Sumarísimo de urxencia o 1938/06/13 en Aliaga (Teruel)
Cumpriu condena na Prisión Habilitada de San Juan de Mozarrifar (Zaragoza), na Prision Central de Celanova e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. Estando nesta última concédeselle a liberdade condicional o 2 de agosto de 1941 con liberación definitiva de desterro (BOE 11-8-1941, páx. 6114).
Aladrón Moliner, Vicente (Herrera de los Navarros-Zaragoza)
Labrego. Preso en San Simón.
Álava Aboralar, Valentín (Ezezaguna-Álava)
Latoeiro, viúvo, 71 anos.
Morto o 23 de maio de 1940 na Illa de San Simón por causas naturais.
Álava y Díaz de Gamarra, Luis
Internado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional o 4 de xuño de 1940 (BOE numero 162 del 10/06/1940, páxina 3981).
Alba Fernández, Miguel (Ribadumia)
Albanel, casado, 42 anos. Alcalde de Ribadumia por Izquierda Republicana. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Prisión atenuada o 03-09-1940.
Alba Quintero, José (Iznate-Málaga)
Labrego, casado, 71 anos.
Internado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro, o 19 de febreiro de 1942 ( BOE nº 61 de 02/03/1942, páxina 1507).
Albalate, José Felipe
Internado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro, o 12 de decembro de 1942 ( BOE nº 61 de 05/01/1943, páxina 153).
Alberdi Bascarán, Andrés (Elgoibar-Guipuzkoa)
Armeiro, casado, 27 anos.
Chegou á illa de San Simón procedente do Forte de San Cristóbal.
Falecido en San Simón.
Albert Sancerni, Cecilio (Ola, Alcalá del Obispo-Huesca, 1870)
Labrego, casado con 6 fillos. Fillo de Martín e Teodora.
Xulgado por Auxilio á rebelión en Sumarísimo de urxencia de 1938/07/23 en Huesca. Sería condenado a 12 anos e 1 día de reclusión
Pasou pola Prisión Provincial de Huesca, Prisión Provincial de Palencia. O 27/09/1938 ingresa na Prisión Provincial de Salamanca, quedando a disposición da Xefatura de Prisións (Penados). O 26/02/1939 é trasladado á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. O 29/10/1944 acada a liberdade definitiva.
Alcaine Villalta, Pascual (Alcañiz-Teruel)
Ferraxeiro, viúvo, 64 anos.
Xulgado o 3 de maio de 1938.
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Alcalá Vázquez Andrés (Prado del Rey-Toledo)
Serrador, casado, 60 anos.
Descrito como “Afiliado a la UGT y después a la CNT, antiguo socialista, propagandista y peligroso que actuó en detenciones, registros y saqueos como miliciano, fue encargado de las maderas requisadas".
Consejo de Guerra: Cazorla - Jaén – 15772. Adhesión a la rebelión. Sentencia 30 años RM. Conmutación 12 años 1 día Rm.
Empezou a cumprir a pena o 30/3/1939. En febreiro de 1941 preso, probablemente, en A Coruña.
Preso na Colonia Penitenciaria de La Isla de San Simon, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 22/07/1942, BOE nº 209 de 28/07/1942, páxina 5542.
Alcalde Centeno, Niceto (Mucientes-Valladolid)
Xornaleiro, viúvo, 66 anos. Morto o 07 de february de 1940 na Illa de San Simón por causas naturais.
Libros Registro Responsabilidades Políticas. Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas de Valladolid (Archivo de la Real Chancillería de Valladolid). Signatura: Jc Libro 0481. Folio 0117V | Mucientes (Valladolid) | Inculpacio
Alcalde Portas, Adonis (¿Toral de Puentes?)
Garda municipal, casado, 44 anos.
Membro da Sociedade de Empregados Municipais da UGT e afiliado á Agrupación Socialista de Mondariz-Balneario (Pontevedra).
Comision Central de Examen de Penas. Penas ordinarias conmutadas | Comision de Pontevedra | Referencia: ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300425, Expediente 27231
Alcaraz Montiel, José (Cádiz)
Maquinista naval, casado, 61 anos.
Morto o 02 de marzo de 1941 na Illa de San Simón.
Aldao Lobeira, Benito (Cela, Bueu-Pontevedra)
Mariñeiro, casado, 27. Veciño de Souto (Cela). 29-12-1936 condenado a 30 anos reclusión perpetua por rebelión militar. Conmutación a 20 anos. Da illa de San Simón pasou á Prisión central de Pamplona onde faleceu o 28-6-1942.
Aldao Lobeira, Francisco (Cela, Bueu-Pontevedra)
Mariñeiro, solteiro, 24. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Conmutación a 20 anos. Da illa de San Simón pasou á Prisión central de Pamplona. Liberdade condicional 1-4-1944.
Aldeamunde, Mariano (Lavadores, Vigo)
Preso en San Simón.
Alejandre Ramos, Antonio (Vilaxoán, Vilagarcía-Pontevedra, 30-1-1915)
Na II República traballou nunha empresa de madeiras.
Afiliado á CNT.
Participou na resistencia de Vilagarcía e fuxiu ao monte cando se impuxeron os sublevados. Agochouse en Vilaxoán con Francisco Budín e xuntos secuestraron dous falanxistas. A Garda Civil e a Falange deron unha batida a comezos de agosto. Catro guerrilleiros caeron abatidos polos seus disparos, o resto espalláronse. Antonio optou por entregarse.
Foi xulgado por rebelión en consello de guerra en Pontevedra o 11 de decembro de 1936. Foi condenado a 20 anos de prisión. Estivo preso en San Simón durante 4 anos. Faleceu en Girona en 2017.
Alejandre Ramos, Antonio; Conde, Perfecto (2015). “Antonio Alejandre, o derradeiro preso da illa de San Simón. Galegos = Gallegos (21): 28–37.
![]() |
| Antonio Alejandre Ramón con amigos antes da guerra. Nomes e voces |
Alejo Paz, Juan de Dios
Preso na Colonia Penitenciaria de La Isla de San Simon, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 22/01/1943 (BOE nº 46 de 15/02/1943, páxina 1531).
Indultado o 31-5-1947.
Alejos Valverde, Pablo (Nigrán-Pontevedra)
Mariñeiro, solteiro, 22 anos.
Xulgado en Vigo co resultado de sobresemento provisional.
Alfaro Ibero, Teófilo (Murillo el Fruto-Navarra).
Garda Civil en Caseda (Navarra), solteiro, 25 anos.
O 28 de xullo de 1936 ingresa na prisión provincial de Pamplona. O 9 de setembro de 1936 é condenado a 6 anos e 1 día de prisión maior acusado do delito de sedición. O 9 de novembro é trasladado ao forte de San Cristóbal, preto de Pamplona. De aí pasaría o 15 de decembro de 1938 á illa de San Simón. O 13 de febreiro de 1939 é trasladado novamente á prisión de Santiago de Compostela. Pouco despois sería posto en liberdade e en 1941 residía en Astrain (Navarra).
En 1982 interpón un recurso contencioso administrativo reclamando pensión como Garda civil. https://www.boe.es/boe/dias/1983/02/04/pdfs/A03101-03102.pdf
Alfaya, Casimiro (Frades-A Coruña)
Xornaleiro, casado, 55 anos.
Condenado a cadea perpetua o 19 de outubro de 1936. Preso na Illa de San Simón será trasladado ao Forte de San Cristóbal o 5/2/37, onde morre por enfermidade o 28/11/37.
Alfonso Caneda, Manuel (Seixal, Sanxenxo-Pontevedra)
Mariñeiro, casado, 39 anos.
Condenado o 18 de marzo de 1937 a 30 anos de reclusión perpetua. Despois de estar na Illa de San Simón ingresou na Prisión Central de Pamplona o 15 de xullo de 1937. O 6-9-1940 pasa a situación de prisión atenuada, sendo posto en liberdade o 10-4-1944.
Alfonso Permuy, Manuel (Cambados-Pontevedra)
Carpinteiro, casado, 25 anos.
Xulgado en Pontevedra o 2-3-1937 por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Despois de pasar pola Illa de San Simón foi trasladado ao Forte de San Cristobal o 16-5-1937, onde participou na gran evasión. Conmutación a 4 anos de prisión menor e prisión atenuada o 03-09-1940.
Alfonso Permuy, Pedro (Cambados-Pontevedra)
Canteiro, casado, 33 anos.
Xulgado en Pontevedra o 2-3-1937 por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Despois de pasar pola Illa de San Simón foi trasladado ao Forte de San Cristobal o 16-5-1937, onde participou na gran evasión. Posteriormente conmutación a 4 anos de prisión menor e prisión atenuada o 28-12-1940.
Allende
Cueto, Ramón
Preso na Colonia Penitenciaria de La Isla de San Simon, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 11/07/1941, BOE nº 211 de 30/7/1941, páxina 5737.
Llanes y la II Republica: Registro biografico de personas vinculadas a Llanes (Asturias) que ocuparon cargos publicos, alcanzaron graduacion militar, o fueron represaliados.
Archivo General Militar de Guadalajara . Comision Central de Examen de Penas. Penas ordinarias conmutadas | Comision de Oviedo | Referencia: ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300271, Expediente 7050
Allo Cores, Benito (Illa de Arousa-Pontevedra)
Mariñeiro, casado, 54 anos. A súa participación nos primeiros momentos da sublevación fora a de realizar gardas e requisar armas que serían abandonadas ao coñecerse que desembarcaban as tropas para declarar o estado de guerra. Xulgado en Pontevedra o 3 de marzo de 1937, por rebelión militar co resultado de sentencia a cadea perpetua. Despois de pasar pola Illa de San Simón foi trasladado ao Forte de San Cristobal o 15 de xullo de 1937. Conmutación e extinción de pena o 09-10-1940.
Archivo General Militar de Guadalajara 300425 27236.
Allo Sabor, Juan (Meloxo, O Grove-Pontevedra)
Mariñeiro,
casado, 24 anos. CNT,
Sociedad de Mariñeiros "La Fraternidad" de O Grove
Xulgado
en Pontevedra por rebelión co resultado sentenza a cadea perpetua.
Pasou da illa de San Simón ao forte de San Cristóbal (Pamplona).
Morto o 22 de maio de 1938 fusilado trala fuga de San Cristóbal.
Allo Sabor, Perfecto (Meloxo, O Grove-Pontevedra)
Irmán do anterior. Mariñeiro, 31 anos.
CNT, Afiliado ao Sindicato Mariñeiro "La Fraternidad" de O Grove.
O 12 de abril de 1938 é detido ao ser descuberto agochado en Meloxo (O Grove). Morte rexistrada o 16 de abril de 1938 en Vilagarcía de Arousa a causa de lesión na cadeira producida por disparo de arma de fogo. A versión oficial é que a Garda Civil pretendía que lles axudara a descubrir a outros fuxidos e tentou fuxir. O cadáver aparecería en Monte Lobeira-Cornazo.
NOTA: A pesares de que Gonzalo e Gil recollen que estivo na Illa de San Simón é citado como fuxido morto en 1938 e non atopo constancia de que estivera na illa.
Buscador de Fosas: Ministerio de la Presidencia | Fosa 2017/2010 PONT (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra)
Montse Fajardo, no seu libro “Un cesto de mazás” (Dist. Consorcio Editorial. Vilagarcía, 2015) achéganos á vida e morte de Perfecto e a súa familia a través das testemuñas orais
![]() |
| Juan Allo Sabor-Nomes e voces |
![]() |
| Perfecto Allo -Pontevedra nos anos do medo |
Almudévar
Sanmartin, Mariano (Igriés-Huesca)
Labrego, 61 anos, casado. Morto o 15 de febreiro de
1941 na Illa de San Simón por causas naturais
Alonso, Manuel (Vilamartín de Valdeorras-Ourense)
Labrego.
Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía.
Alonso Alonso, Juan (Coruxo, Vigo-Pontevedra)
Carpinteiro, solteiro, 25 anos. Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Morte o 26 de novembro de 1936 na cadea a causa de meninxite tuberculosa.
Alonso de la Riva, Jesús (León)
Veciño de Vigo. Funcionario, Inspector de Monopolios. 44 anos.
Xulgado co resultado de sentenza a pena de morte. Conmutación por cadea perpetua.
Alonso Elejalde, Eduardo (Santander-Cantabria)
Veciño de Teis, Vigo.
Empregado, 25 anos.
Tras
estar na Illa de S. Simón, morte rexistrada o
07 de novembro de 1936 na Cuncheira (Trasmañó) na estrada de
Redondela-Vigo a causa de disparos de arma de fogo.
Alonso Francisco, José María (Pontevedra)
Comision Central de Examen de Penas. Penas ordinarias conmutadas | Comision de Pontevedra | Referencia: ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300279, Expediente 8206
Alonso Gonda, Severino (Gondomar-Pontevedra, 1896)
Médico. Veciño e Alcalde de Nigrán nomeado por Real Orden o 13 de abril de 1930 e, posteriormente, por decisión gobernativa en sesión plenaria o 29 de xaneiro de 1931 declarándose republicano rexionalista.
Procesado, encarcerado e inhabilitado como médico por pertenza á masonería
![]() |
| Severino Alonso Gonda-A chegada da II República a Val Miñor |
Alonso Guadarrama, Luis (Valladolid)
17 anos. Condenado a 20 anos.
Archivo General Militar de Guadalajara 300431 28225.
Alonso Imano, Mariano (¿Villapensa?-Ciudad Real)
Carpinteiro, casado, 66 anos.
Alonso Lago, Fabriciano (Lavadores, Vigo-Pontevedra)
Cargador,
57 anos.
Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión co
resultado de sentenza a prisión 15 anos. Morte o
19 de maio de 1941 por causas naturais na prisión de s Simón.
Alonso Lara, Ricardo (Pasejo-Guadalajara)
Labrego, casado, 60 anos.
Alonso Martino Baldomero (Anayo, Piloña-Asturias)
Carteiro, casado, 59 anos.
- Secretario da Federación de Trabajadores de la Tierra de Infiesto (UGT) e Presidente da Agrupación Socialista en 1934.
- Consello de Guerra en Xixón o 11 de novembro de 1938 por Auxilio á rebelión con sentencia de 15 años Rm, pena conmutada a 9 anos PM. Preso en San Simón, por Orde do 24 de xuño de 1941 concédeselle a liberdade condicional provisional.
- “La libertad es un bien muy preciado. Consejos de guerra celebrados en Gijón y Camposancos por el ejército nacionalista al ocupar Asturias en 1937: testimonios y condenas”, de Marcelino Laruelo Roa.
-
Alonso Madela, Emilio (Ribadavia-Ourense)
Veciño de Arbo.
Zapateiro, 40 anos. Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sobresemento provisional.
Alonso Martino Baldomero (Anayo, Piloña-Asturias)
Carteiro, casado, 59 anos.
Secretario de la Federación de Trabajadores de la Tierra de Infiesto (UGT) e Presidente da Agrupación Socialista en 1934. Consello de Guerra en Gijón o 11 de noviembre de 1938 por Auxilio a la rebelión con sentencia de 15 años Rm, pena conmutada a 9 años PM.
Preso na Colonia Penitenciaria de La Isla de San Simon, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 24/6/1941 (BOE número 199 de 18/7/1941, páxina 5375).
Alonso Medela, Francisco (Ribadavia-Ourense)
Veciño de Tui.
Funcionario de Correos, solteiro, 29 anos.
Agrupación Socialista. UGT, do Sindicato de Subalternos de Correos
Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Conmutación a 3 anos de prisión menor o 01-09-1941.
Despois de pasar pola Illa de San Simón, estando na Prisión Central de Cuéllar (Segovia) concédeselle a Liberdade condicional provisional con liberación definitiva do desterro. (BOE 08/11/1941).
Alonso Menéndez, Joaquín (Piloña-Asturias)
59 anos.
Preso na Colonia Penitenciaria de La Isla de San Simon, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 24/6/1941 (BOE número 199 de 18/7/1941, páxina 5375).
Archivo General Militar de Guadalajara. Comision Central de Examen de Penas. Penas ordinarias conmutadas | Comision de Oviedo | Referencia: ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300512, Expediente 40061
Alonso Paz, Emilio (Siador, Silleda-Pontevedra)
Industrial, casado,
de 58 anos.
Alcalde de Silleda. Izquierda Republicana.
Fuxiu a Portugal
pero o delataron, foi apresado e entregaron. Ingresou na Colonia
Penitenciaria da Illa de San Simón. Xulgado en Pontevedra por
rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado
en Pontevedra o 16 de marzo de 1937.
Alonso Pérez, Juan (Arbo-Pontevedra)
Mestre.
Izquierda Republicana.
Preso en San Simón, sacado da cadea e paseado en Tenorio-Cotobade o 08 de novembro de 1936. Será separado do servizo e baixa do escalafón de mestre despois da súa morte en outubro do 1937.
![]() |
M. Alonso Rguez.- Represión franquista en Cuntis |
Funcionario, 20 anos.
Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Conmutación e extinción de pena o 31-08-1940. Pasou polos cárceres de Cuntis, Pontevedra, San Simón e San Cristóbal (Pamplona).
Alonso Santos, Gerardo (Guadalajara)
Internado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro, o 12 de decembro de 1942 ( BOE nº 61 de 05/01/1943, páxina 157).
Archivo General Militar de Guadalajara. Comision Central de Examen de Penas. Penas ordinarias conmutadas | Comision de Guadalajara | Referencia: ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300851, Expediente 89116
Alonso Valiñas, Benito (Ventosela, Ribadavia-Ourense)
Taberneiro. Preso na illa de San Simón.
Alonso Villanueva, Rufino (Lariego-Asturias)
Labrego, casado, 69 anos.
Preso na Colonia Penitenciaria de La Isla de San Simon, concédeselle a liberdade condicional por Orde do 22/02/1941 (BOE número 58 de 27/2/1941, páxina 1398).
Archivo General Militar de Guadalajara 300280 8271
Alonso Villar, Antonio (Cabral, Vigo-Pontevedra)
Industrial,
41 anos.
Preso en San Simón. Rexistrado morto o
06 de outubro de 1936 en Vigo a causa de hemorraxia interna.
Lugar de aparición do cadáver: Cabral, Vigo.
Altadell Clúa, Tomás (¿Cerdera?-Tarragona)
Labrego, casado, 62 anos.
Preso na Colonia Penitenciaria de La Isla de San Simon, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 24/6/1941 (BOE número 199 de 18/7/1941, páxina 5373).
Archivo General Militar de Guadalajara. Comision Central de Examen de Penas. Penas ordinarias conmutadas | Comision de Barcelona | Referencia: ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300681, Expediente 65055
Álvarez Albuerne, Benjamín (Cudillero-Asturias)
Casado, 65 anos. Morto.
Tribunal Militar Territorial 4. León. Causa 962 de 1938, Caja 5864, Orden 713
Tribunal Nacional de Responsabilidades Políticas (Centro Documental de la Memoria Histórica). Signatura: 75/00059 | Cudillero (Asturias) | Indulto (1957). Notas: Procede de la Audiendia Provincial de Oviedo.
Álvarez Álvarez, Manuel (Tremañes, Gijón-Asturias)
Forxador, solteiro, 54 anos.
Preso na Colonia Penitenciaria de La Isla de San Simon, concédeselle a liberdade condicional por Orde do 22/02/1941 (BOE número 59 de 28/2/1941, páxina 1414).
Álvarez Álvarez, Manuel (San Claudio, Asturias)
Labrego, casado, 66 anos.
Ingresou na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón en 1939, procedente do cárcere de Celanova. Logo pasaría á Prisión Central de Figueirido (Pontevedra) onde, por orde de 25/09/1943, concédenlle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 285 de 12/10/1943, páxina 9884).
Álvarez Barceló, Juan (Masalca-Tarragona)
Labrego, casado, 64 anos.
Mando no exército republicano en Madrid.
Xulgado por Adhesión e auxilio á Rebelión (Expediente con el Registro nº 166 | Fecha: 1936-01-01 - 1939-12-31 | Signatura: FC-CAUSA_GENERAL,25,Exp.65)
Álvarez Barrio, Primitivo (Quirós-Asturias)
Xornaleiro.
Trasladado á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simon procedente da Prisión Central de Celanova. Logo pasaría á Prisión Central de Figueirido, onde se lle concede a Liberdade Condicional (BOE nº 267 de 24/9/1941, páxina 7369).
Álvarez Castro, Manuel (Vilar de Infesta-Redondela).
20 anos, solteiro, caldeireiro.
Acusado de Rebelión militar o 25/10/36. Ingresou no forte de San Cristóbal o 22/2/37, saíndo o 16/9/38 para ser trasladado a S. Simón.
Álvarez Díaz, Eleuterio (¿Ingarel?-León)
Comisionista, viúvo, 64 anos.
Álvarez de Eluate y Esparza, Eduardo
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional por Orde do 12/01/1940 (BOE número 18 del 18/01/1940, páxina 443).
Álvarez Expósito, Juan (Guipuskoa-País Vasco)
Funcionario, 27 anos.
Morto en San Simón.
Archivo General Militar de Guadalajara 300294 10009.
Álvarez Fernández, Antonio (Grado-Asturias)
Pintor, casado, 72 anos.
Trasladado á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, procedente da Prisión Central de Celanova.
Tribunal Nacional de Responsabilidades Políticas (Centro Documental de la Memoria Histórica). Signatura: 75/00159 | Grado (Asturias) | Indulto (1955 - 1955).
Álvarez Ferreiro, Antonio (A Cañiza-Pontevedra)
Labrego, 32 anos. Casado con Aurora. Fillo de Carmen.
Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.
O 5-2-1937 ingresa no Forte de San Cristóbal, procedente da Colonia Penitenciariada Illa de San Simón.
Álvarez Ferreiro, Modesto (A Cañiza-Pontevedra)
Carpinteiro, 21 anos.
Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Álvarez García, Audifacio (Asturias)
Preso na Colonia Penitenciaria de La Isla de San Simon, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva de desterro por Orde do 25/09/1941 (BOE número 287 de 14/10/1941, páxina 7961).
Álvarez García, Indalecio (Vilacondido-Asturias)
Mestre, casado, 66 anos.
Álvarez García, Joaquín (Campo de Santibañez-León)
Labrego, solteiro, 26 anos. Morte na Illa do Lazareto 04 de marzo de 1940 por causas naturais.
Álvarez García, José (Gijón-Asturias)
Axustador,
solteiro,
36
anos.
UGT,
JSU, Guardia Roja. Participou na
Revolución del 34. Tralo golpe militar recrutou xente para atacar
los cuarteis de Xixón.
Capturado en Mont Seny. Xulgado
en Camposancos co resultado sentenza a pena de morte. Preso
na illa de
San Simón e
executado o
5 de agosto de 1938.
Álvarez González, Faustino (Las Regueras-Asturias)
Mariñeiro, casado, 60 anos.
Preso na Colonia Penitenciaria de La Isla de San Simon, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva de desterro por Orde do 11/07/1941 (BOE número 214 de 2/8/1941, páxina 5862).
Tribunal Nacional de Responsabilidades Políticas (Centro Documental de la Memoria Histórica). Signatura: 75/00061 | Las Requeras (Asturias) | Indulto (1957). Notas: Procede des la Audiencia Provincial de Oviedo
Álvarez González, José (Belonte-Asturias)
Labrego.
Despois de pasar pola Prision Central de Celanova chega á Colonia Penitenciaria de La Isla de San Simon. Concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva de desterro por Orde do 05/05/1941 (BOE número 129 de 9/5/1941, páxina 3274).
Álvarez Gutiérrez, Isidoro (Valdeteja-León)
Labrego, casado, 64 anos.
Preso na Colonia Penitenciaria de La Isla de San Simon, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 15/6/1942 (BOE número 180 de 29/06/1942, páxina 4632).
Álvarez Iglesias, Evaristo (Bayo, Grado-Asturias)
Labrego, viúvo, 77 años.
Xulgado en consello de guerra o 4 de novembro de 1938 trala toma de Asturias. Condenado á illa de San Simón onde faleceu coa fame e as malas condicións. Probablemente enterrado de forma anónima en Vigo.
Álvarez Meana, Bautista (¿Holandesa?-Asturias)
Comerciante, casado, 62 anos.
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. Estaba na Prisión Central de Gijón cando, por orde do 26/07/1943, concédeselle a Liberdade Condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 235 do 23/08/1943, páxina 8184)
Álvarez Méndez, Jaime
Militar.
Preso na Illa de San Simón.
Álvarez Presa, Bernabé (Puente Castro-León).
Fontaneiro, solteiro, 30 anos.
Condenado o 20 de marzo de 1937 a 20 anos. Chegou á illa de San Simón o 18 de setembro de 1938, trasladado desde o cárcere de San Cristóbal, preto de Pamplona.
Álvarez Rivas, Manuel (Peñaflor-Sevilla)
Albanel, casado, 63 anos. Veciño de Mieres.
Mentres a súa familia fuxe a Calella (Barcelona) é detido cando cae Asturias.
Xulgado en Oviedo o 5 de febreiro de 1938 por Rebelión Militar. Chegou á illa de San Simón procedente da prisión de Celanova.
Preso na Colonia Penitenciaria de La Isla de San Simon, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 14/10/1942 (BOE número 299 de 26/10/1942, páxina 8585).
Álvarez Rivera, José “Condés” (Sombreu, Miño-A Coruña)
Mariñeiro, solteiro, 28 anos.
Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión
Álvarez Rodríguez, Alfredo (Cornellana-Asturias)
Labrego, casado, 59 anos.
Chegou á illa de San Simón procedente do Forte de San Cristóbal. Concédeselle a liberdade condicional por Orde do 12/07/1940 (BOE número 202 do 20/07/1940, páxina 5036).
Álvarez Rodríguez, Eduardo (Navia de Suarna-Lugo)
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simon. Ingresa despois na Prisión Central de Oviedo, concedéndoselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 07/07/1944 (BOE número 240 de 27/08/1944, páxina 6470).
Procedimientos de la justicia militar contra el personal militar que luchó en la aviación republicana durante la Guerra Civil | Sargento | Año 1940 | Sentencia: Sobreseimiento Provisional | 43 paginas.
Álvarez Rosal, Andrés (San Juan, Grado-Asturias)
Labrego, casado, 59 anos.
- Afiliado á Sociedad de Labradores (UGT). Na Guerra Civil membro do Comité de Guerra de San Juan-Grado. Coa proximidade dos “nacionais” pasou á zona republicana.
- Preso en outubro de 1937. Consello de Guerra: Oviedo - 4634 por Rebelión Militar, condenado a Morte, pena conmutada por 20 años Rm
Álvarez Suárez, Francisco (Llaneza-Asturias)
Labrego, casado, 62 anos.
Preso na Illa de San Simón onde é rexistrada a súa morte o 22 de xaneiro de 1942, por causas naturais.
Amazarray Celis, Nicolás (Comillas-Cantabria)
Camareiro do vapor "Cristóbal Colón".
Membro de UGT. Tras as eleccións de febreiro de 1936 formou parte dun comité obreiro que se constituíu no vapor no que traballaba. Ao producirse o golpe de Estado o comité fíxose co mando da embarcación e a puxeron a disposición da República en Santander.
Consejo de Guerra: San Sebastián – 2141. Condenado por auxilio á rebelión a 12 anos e 1 día. Non procede conmutación.
Ingresou en prisión en abril de 1938. En abril de 1940 na prisión de Redondela (¿Illa de San Simón?).
Ameneiros
Preso na Illa de San Simón.
Amo Pérez, Rosendo Benito (León)
Mestre de obras, casado, 34 anos.
Chegou á illa de San Simón procedente do Forte de San Cristóbal.
Amor Sánchez, José (Las Regueras-Asturias)
Armeiro, casado, 59 anos.
Preso na Colonia Penitenciaria de La Isla de San Simon, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 24/6/1941 (BOE número 199 de 18/7/1941, páxina 5373).
Tribunal Nacional de Responsabilidades Políticas (Centro Documental de la Memoria Histórica). Signatura: 75/00063 | Oviedo (Asturias) | Indulto (1957)
Andrés García, Juan
Preso en San Simón.
Andrés Gascón, Heliodoro (Rebollosa de Jadraque-Guadalajara).
Xornaleiro, casado, 60 anos.
Preso na Colonia Penitenciaria de La Isla de San Simon, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 02/08/1941 (BOE número 227 de 15/8/1941, páxina 6269).
Andrés Gascón, Teófilo (Villoria-Salamanca, 22-7-1901)
Xornaleiro, casado, 35 anos. Casado con María Jorge García, 4 fillos. Fillo de Juan Manuel Andrés Veluche e Bonifacia Gascón Bonal.
Afiliación: Casa del Pueblo.
Detido en Villoria o 19/08/1936 por ter unha pistola no seu poder. Xulgado o 15/9/1936 por Auxilio á rebelión. Sentencia 571/1936. Condenado a 20 anos de reclusión menor.
Cumpriu condena nos seguintes cárceres: Prisión Provincial de Salamanca (22/08/1936 - 18/01/1937), Prisión Central de Pamplona (18/01/1937-16/09/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (16/09/1938-¿?), Prisión Provincial de Oviedo (¿?-07/05/1942)
Por Orde do 11/05/1942 concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 140 de 20/05/1942, páxina 3538), establecéndose en Salamanca. O 12/04/1943 revisada a condena, rebaixase a 6 anos de prisión menor.
Tribunal Nacional de Responsabilidades Políticas (Centro Documental de la Memoria Histórica). Signatura: 75/00183 | Villoria (Salamanca) | Indulto (1943 - 1943).
Andrés Sabrina, Francisco (Vilafranca-Castelló)
Xornaleiro, casado, 64 anos.
Andrés Ucendo, Francisco (Fuentelencina-Guadalajara)
Limpador de vías.
Membro de UGT. Despedido da Compañía de Tranvías polos sucesos revolucionarios de Outubro de 1934. Miliciano.
- Xulgado en Consello de Guerra: Permanente 6 (Madrid) – 9394, por Auxilio á rebelión. Sentencia 20 años Rm. Conmutación de pena 12 años e 1 día Rm.
- Daquela era xornaleiro, casado, 75 anos.
- Preso na Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte o 09 de xaneiro de 1942 por causas naturais.
-
Aneas Martín, Francisco (Almuñécar-Granada)
Labrego, casado, 61 anos.
Sumario 257/37. Reclusión perpetua. Conmutada por 12 años
Cumpriu condena na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Máis tarde, na Prisión Provincial de Granada, por Orde do 07/07/1945, concédeselle a Liberdade condicional provisional, sen a liberación do desterro (BOE Nº. 233 de 21/08/1945, páxina 1293).
Antelo Bugarín, José (Fozara, Ponteareas-Pontevedra)
NOTA: Tamén citado como José Antela Bugarín.
Peón, 37 anos.
Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Conmutación e extinción da pena o 21-03-1939.
Apesares disto, aparece José Antelo Bugarín na Prisión Central de Burgos, concedéndoselle a liberdade condicional (BOE nº 185 de 4/7/1941, páxina 4956). E José Antela Bugarín na prisión Provincial de Pontevedra, por Orde do 16 de outubro de 1950, concédeselle a liberdade condicional (BOE nº23 do 23/01/1951, Páx. 303).
Antonio Souto, Juan (Vilar de Barrio-Ourense)
Labrego, 71 anos.
Xulgado en Ourense por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión. (Tribunal Militar Territorial 4 | Ourense | Causa 112 de 1938, Caja 59, Orden 499)
Internado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional en 1941 (BOE nº 90 de 31/3/1941, páxina 2125).
Antúnez, José “Portugués” (Portugal)
Veciño de Meloxo, O Grove-Pontevedra.
Serrador, casado.
Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos.
Os seus fillos, José e Luis Antúnez Vázquez, acudiron a Pontevedra cunha escopeta de caza. Ao decatarse foi tras eles a evitar que se meteran en problemas pero acabaron os 3 presos, cumprindo condena na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Antúnez Vázquez, José (Meloxo, O Grove-Pontevedra)
Mariñeiro, solteiro, 21 anos. Fillo de José e Carmen.
Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentencia a cadea perpetua. Prisión atenuada o 23-08-1940.
Despois de pasar pola Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, foi trasladado ao Forte de San Cristóbal, onde falece por enfermidade o 21/10/1942. Enterrado preto do Forte. A súa sobriña Luisa Moldes solicitou a exhumación do cadáver en 2006.
Antúnez Vázquez, Luis (Meloxo, O Grove-Pontevedra)
Serrador, solteiro, 18 anos. Fillo de José e Carmen.
Xulgado en Pontevedra por rebelión militar o 4-5-1937, co resultado de sentencia a cadea perpetua.
Estivo preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, sendo trasladado o 17-10-1937 ao Forte de San Cristóbal, onde participou na gran evasión, sendo detido novamente.
Estando na Prisión Central de Santa Isabel, de Santiago de Compostela (La Coruña) por Orde do 26/07/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, con la liberacion definitiva del destierro, BOE número 239 DE 27/08/1943, páxina 8310.
Aparici Fabra, José (Atzeneta de Maestrat-Castelló)
Labrego, casado, 62 anos.
Tribunal Militar Territorial 1 | Serie: Sumarisimos | Castellon, 1938 | Referencia: Sumario 1355, Caja 14393, Orden 8
Aparicio Martínez, Marcelino (Sahagún-León).
Chegou á illa de San Simón trasladado desde o cárcere de San Cristóbal, preto de Pamplona.
Logo pasaría á Prision Provincial de Madrid onde lle conceden a Libertad condicional provisional con liberación definitiva do desterro (BOE 02/08/1941)
Apraiz Goiricelaya, Fermín (Busturia-Viscaia, 09-11-1872)
Labrego, casado con Demetria Izaguirre, 8 fillos. Fillo de Claudio e Rosa.
PNV. Concelleiro de Busturia desde 1931 a 1937.
Xulgado por adhesión á rebelión. Sentencia do 19/07/1937, reclusión perpetua, 30 anos, ademais das accesorias de inhabilitación absoluta e interdición civil.
Pasou polas prisións de Larrínaga, Upo Mendi, Asilo de Segovia, Pontevedra e a Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concedéndoselle a liberdade condicional por Orde do 28/06/1940 (BOE número 188 del 06/07/1940, páxina 4668).
Recupera a libre disposición dos seus bens. (BOE 10-1-1942, páx. 233).
Tribunal Nacional de Responsabilidades Políticas (Centro Documental de la Memoria Histórica). Signatura: 75/00160 | Indulto (1941 - 1941). Procede del Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas de Bilbao
Considerouse cumprida a súa condena en 1947.
Aragón Jiménez, Plácido (Málaga)
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 12/03/1942 (BOE nº 77 de 18/03/1942, páxina 1952).
Aranda Barrios, Francisco (Cazorla-Jaén)
Labrego, viúvo, 61 anos.
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 22/07/1942, BOE nº 209 de 28/07/1942, páxina 5541.
Aranda Gómez, José María (Casabermeja-Málaga)
Labrego, casado, 65 anos.
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 20/05/1941, BOE nº 155 de 4/6/1941, páxina 4013.
Arando Almazán, Blas (Carcheles-Jaén)
Xornaleiro, viúvo, 64 anos.
Preso no campo de concentración da Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte o 27 de abril de 1941 por causas naturais.
Araújo Durán, Joaquín (Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa-Pontevedra)
Mariñeiro, 16 anos.
Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos. Conmutación a 3 anos e extinción da pena o 26-11-1939.
Araújo Laínza, José (Iruñea (Pamplona)-Navarra).
Xornaleiro, solteiro, 16 anos.
Chegou á illa de San Simón trasladado desde o cárcere de San Cristóbal, preto de Pamplona. Morto na illa.
Árberas Villanueva, Gerardo (Gastéiz-Áraba)
Mecánico, solteiro, 25 anos.
Morto en San Simón.
Tribunal Militar Territorial 4 | Alava | Causa 436 de 1936, Caja 107, Orden 1616
Tribunal Nacional de Responsabilidades Políticas (Centro Documental de la Memoria Histórica). Signatura: 75/00047 | Indulto (1959). Notas: Se trata de documentación suelta. Se desconoce la procedencia. Numero de Expediente: 3982/1959
Arce Irdagarán, Eduardo (Durango-Biskaia)
Maquinista, casado, 60 anos.
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte o 15 de marzo de 1940.
Arceo Díaz, Segundo (Silleda 1882)
![]() |
| Segundo Arceo Díaz-Nomes e voces |
Nomeado Alcalde de Silleda entre xuño e outubro de 1934.
Instrúeselle expediente por responsabilidades políticas (BOE 16-11-1941, páx. 4210).
Detido na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón
Faleceu en Silleda o 27-8-1964.
Arcos Vicente, Adrián Carlos de (Encinasola de los Comendadores-Salamanca, 13-3-1912)
NOTA: Citado como Carlos de Arcos Vicente.
Labrego, 24 anos, solteiro. Fillo de Carlos e Fernanda.
O 8-12-1936 é detido na Prisión Provincial de Salamanca. Xulgado por Auxilio á Rebelión e condenado o 06-3-1937 a 15 anos (Causa 83/1937)
Cumpriu condena en: Prisión Central de Pamplona (29-6-1937), Forte de San Cristóbal (17-10-1938), Colonia Penitenciaria da illa de San Simón (15-9-1938), Colonia Penitenciaria de Dos Hermanas-Sevilla (03-1940). O 1 de xullo de 1941 concédeselle a liberdade condicional. O 12/04/1943 é revisada a condena e rebaixase a 6 anos e un día de prisión maior. Despois é trasladado á Prisión Central de Astorga (León). Hai un documento do 14/02/1944 da Prisión Provincial de León, Referencia Astorga co recibido da conmutación, sen especificar se aínda se atopaba no cárcere.
Ardiaca Solana, Agustín (Estopiñán del Castillo-Huesca)
Labrego, casado, 68 anos.
Xulgado por Adhesión á Rebelión o 14-8-1938 en Huesca, condenado a 12 anos e un día de prisión menor.
Tamén se lle abre expediente por Responsabilidades Políticas (Nº expediente Tribunal Regional: 4054. Nº expediente Juzgado Instructor Provincial Responsabilidades Políticas: 1872. Nº expediente Juzgado de Instrucción de Tamarite de Litera: 86.)
Preso na Prisión Provincial de Huesca e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Por Orde do 8 de novembro de 1941 concédeselle a liberdade condicional, sen liberación de desterro (BOE 18-11-1941, páx. 9016).
O 40-5-1943 sobreseído.
Areal González, José (Brasil)
Veciño de Panxón, Nigrán-Pontevedra.
Mariñeiro, solteiro, 27 anos.
Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos. Preso en San Simón.
Areal González, Luis (Panxón, Nigrán-Pontevedra)
Preso en San Simón.
Arellano Cobo, Daniel (Lentegí-Granada)
Xornaleiro.
Sumario 1.180/37. Condenado a 12 anos e 1 día.
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 22/01/1943 (BOE nº 46 de 15/02/1943, páxina 1531).
Arellano Martínez, Lorenzo (Cascullano-Huesca)
CNT.
Preso na Prisión Provincial de Huesca entre o 20/05/1938 e o 13/4/1939. Ingresado xa na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 23/01/1942 (BOE nº 37 de 06/02/1942, páxina 926).
O 02/03/1945 en Liberdade vixilancia con domicilio en Alcalá del Obispo (Huesca).
Arellano Mesa, Juan Cayetano (Olías del Rey-Toledo).
Labrego
Chegou á illa de San Simón trasladado desde o cárcere de San Cristóbal, preto de Pamplona.
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 10/04/1942 (BOE nº 107 de 17/04/1942, páxina 2707).
Tribunal Nacional de Responsabilidades Políticas (Centro Documental de la Memoria Histórica). Signatura: 75/00708 | Olias del Rey (Toledo) | Indulto (1941 – 1945).
NOTA:
Na lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil cítase a Arellano Mesa, Juan (Benizalón-Almería). Labrego, casado, 71 anos.
Arenas Muñoz, Julio (Ciudad Real)
Xornaleiro. Casado, 62 anos.
Tribunal Militar Territorial 1 | Serie: Sumarísimos | Madrid, 1939 | Referencia: Sumario 6212, Caja 2171, Orden 2
Arenas Valcarreras, Diego (Pedro Abad, Córdoba)
Xornaleiro, casado, 62 anos.
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Comision Central de Examen de Penas. Penas ordinarias conmutadas | Comisión de Córdoba | Referencia: ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300263, Expediente 5985
Ares Sánchez, José (Lugo)
Mestre destinado en Parada de Achas, A Caniza.
Militante de Izquierda Republicana. Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sobresemento provisional. Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. Separado do servizo e baixa no escalafón o 11-05-1940.
Casado con Maruja Gómez, tendo 4 fillos. Alcaldesa de A Caniza en 1936 por Izquierda Republicana, sendo a única alcaldesa de Galicia. tamén represaliada. En xullo de 1936 é detida e ingresa no cárcere de Ribadavia e logo en Vigo, onde ten lugar o consello de guerra contra ela e 22 dos seus veciños. É condenada a morte, pena que será conmutada por cadea perpetua. En xuño de 1943, será posta en liberdade, tras rebaixárselle a pena a doce anos e un día. Mentres o seu marido segue preso, instálase en Lugo cos seus catro fillos e, en 1945, vai vivir con ela Urania Mella que acababa de saír da prisión. Traballou como enfermeira ata a súa xubilación en 1977, recibindo varias condecoracións do Ministerio de Sanidade e compaxinando esta ocupación coa de guionista dun programa de radio.
Ares Villaverde, Avelino (Cuntis-Pontevedra)
Casado, 41 anos.
Pasou polos cárceres de Cuntis, Pontevedra e San Simón. Sacado da illa foi paseado. O 26 de setembro de 1936 o corpo apareceu en Pontesampaio, onde foi enterrado.
![]() |
| Avelino Ares Villaverde-Represión franquista en Cuntis |
Arevalillo Rodríguez, Paulino “Cotesa” (Torrijos-Toledo)
Labrego, casado, 45 anos.
Xulgado por Auxilio á rebelión, sendo condenado a 12 años de prisión
Inicio condena o 6-2-1940. Prisión de Toledo. Trasladado o 26/02/1940 á prisión de A Garda. Xa na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 12/03/1942 (BOE nº 77 de 18/03/1942, páxina 1960).
Argibay Domínguez, Alfonso (Fontenla, Ponteareas-Pontevedra)
23 anos.
Morte producida por disparos. O seu cadáver apareceu nunha finca de Louredo-Mos o 25-11-1936. O seu corpo foi enterrado nunha fosa preto do cemiterio de Tameiga.
Fosa: 2316/2011 PONT
Argoitia Badiola, Sabino (Ondarroa-Vizcaya).
Chegou á illa de San Simón trasladado desde o cárcere de San Cristóbal, preto de Pamplona.
Comisión Central de Examen de Penas. Penas ordinarias conmutadas | Comisión de Vizcaya | Referencia: ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300252, Expediente 4591
Libre disposición de bens. (BOE 2 de setembro de 1945. Nº245, páx. 479).
Arias Casado, Bernardo (Armunia-León)
Chofer, casado, 24 anos.
Listados de la Cruz Roja española | Lista 668: 311 detenidos en varias prisiones (05/1938) | Fuerte de San Cristobal (Pamplona) | Pagina 98
Comision Central de Examen de Penas. Penas ordinarias conmutadas | Comision de Leon | Referencia: ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300434, Expediente 28676
Arias Díaz. Manuel (Pravia-Asturias)
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón de onde escaparía xunto a Gerardo Tueirrez en 1940. Volvería a ser detido.
Trasladado á Prision Provincial de Ciudad Real por Orde do 19/02/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 61 de 02/03/1942, páxina 1512).
Arias Redondo, Manuel (Jayena-Granada)
Labrego, casado, 63 anos.
Sumario 191/37. Condenado a pena de morte, conmutada por cadea perpetua.
Arias Rodríguez, Ángel (Arlanda-León)
Xornaleiro.
Trasladado á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón procedente da Prisión Central de Celanova.
Arosa Pintos, Everardo (Salcedo-Pontevedra)
29 anos.
Expedientes de responsabilidades políticas (BOE 18-11-1939).
Comisión Central de Examen de Penas. Penas ordinarias conmutadas | Comisión de Pontevedra | Referencia: ES.19030. AGMG/6.1.1. Caja 300425, Expediente 27235
Tribunal Nacional de Responsabilidades Políticas (Centro Documental de la Memoria Histórica). Signatura: 75/01284 | Indulto (1960 - 1950)
Arribas Hermida, José Manuel (Lérez-Pontevedra, 7-3-1902)
![]() |
| J. M. Arribas -Xosé Arribas un lereizán alcalde de Meis |
Veciño de Meis. Presidente da Sociedade agraria La Fraternidad Obrera de Agricultores de Meis. Alcalde de Meis o 15 de marzo de 1936.
Detido nos cárceres de Cambados e Pontevedra. xulgado en consello de guerra o 14 de abril de 1937. Foi condenado á cadea perpetua por "auxilio á rebelión", conmutada a 17 anos de reclusión. Trasladado á illa de San Simón e de esta ao Forte de San Cristobal (Pamplona). Nesta última participa na fuga masiva o 22 de maio de 1938. Capturado, permaneceu na cadea até que logrou a prisión atenuada no seu domicilio do Marco o 13 de setembro de 1940. En febreiro de 1944 conmutáronlle a pena por un ano de prisión menor. Finalizou a pena da sentenza o 8 de agosto de 1966.
Milleiro Sánchez, Celso Xavier; Gallego Rey, Mario (2007). "Xosé Arribas: un lerezán alcalde de Meis". Cedofeita
Arrizabalaga Arregui, Félix (Éibar-Guipuzkoa)
Armeiro, 41 anos. Veciño de Berriz (Bizkaia)
UGT. En agosto de 1936 nomeado axente da orde pública.
Xulgado por Auxilio á Rebelión (Consejo de Guerra: Bilbao – 386), sería sentenciado a 16 anos de reclusión maior, conmutada a 2 anos de prisión menor.
Ingresou en prisión en xullo de 1937. Chegou á illa de San Simón procedente do Forte de San Cristóbal.
Arrizabalaga Garagarza, Eduardo (Guipuzkoa)
Contable.
Membro de UGT. Secretario da Comisaría de Guerra e da Comandancia militar de Eibar. Despois escribinte da 3ª Brigada. Evacuou ata Xixón onde foi feito prisioneiro.
Condenado por auxilio á rebelión a 15 anos, pena conmutada por 4 anos. (Consejo de Guerra: San Sebastián – 238).
Ingresou en prisión en novembro de 1937. En maio de 1940 na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Arrogante Hernández, Trifón (Rebollar-Asturias)
Labrego, casado, 61 anos.
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simon, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 02/09/1941 (BOE número267 de 24/9/1941, páxina 7363).
Arroyo Cuesta, Delfín (Sotillo de la Ribera-Burgos)
Ferroviario, casado, 41 anos.
Membro do Sindicato Nacional Ferroviario (UGT) "del que había obstentando cargo directivo con anterioridad" . Procesado pola súa participación na revolución de outubro de 1934. Por medo a represalias pola súa filiación política e sendo mobilizado o 17/8/1936, abandonou Segovia. Foi detido pouco despois, o 29/8/1936 en Calabazas (Valladolid).
Xulgado por Auxilio a la rebelión. Sentencia 15 años Rm. Pena tras la conmutación 3 años Pm. (Consejo de Guerra: Segovia – 815).
Cumpriu condena na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. Trasladado á Prisión Central de Astorga (León) concédeselle a Liberdade condicional provisional con liberación definitiva do desterro (BOE 02/08/1941)
Arroyo Lucas, Guillermo (Rebollosa de Hita-Guadalajara)
Labrego. Alcalde de Rebollosa de Hita.
Membro do PCE e UGT.
Condenado a 30 anos de prisión (Causa nº 747-39 (Brihuega, 27/05/1939))
O Tribunal Nacional de Responsabilidades Políticas concédelle o Indulto en 1941.
NOTA: Na lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil, natural de Pontevedra. Xornaleiro, casado, 63 anos.
Arsuaga Urcola, Miguel (Iuira-Guipuzkoa)
41 anos, casado.
Chegou á illa de San Simón procedente do Forte de San Cristóbal.
Arzac Cornall, Antonio (Benabre-Huesca)
Granxeiro, 64
anos.
Preso na Colonia
Penitenciaria da Illa de San Simón, onde
faleceu o 7 de febreiro de 1942 por causas naturais.
Asensio Asensio, Ramón (Umiera-Teruel)
Labrego, casado, 60 anos.
Chegou á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón procedente da Prisión Provincial de Zaragoza.
Asorey López, Ramón “Miguel” (Carbia, Vila de Cruces-Pontevedra)
Xornaleiro, 23 anos.
Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Conmutación a 3 anos o 15-12-1942.
Cumpriu condena cando menos na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, no Forte de San Cristóbal (6-5-1937/10-3-1939), Prisión Central de Cuéllar (Segovia).
Asorey Sánchez, Francisco (Buenos Aires-Arxentina)
Reloxeiro, 34 anos. Veciño de Lalín.
Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Posteriormente conmutación a 4 anos de prisión menor.
Astelarra Echeandía, Antonio (Cortezubi-Bilbao)
Carpinteiro.
Cumpriu condena cando menos: Prisión Central de Celanova, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simon | Pagina 107-108
Archivo General Militar de Guadalajara. Comisión Central de Examen de Penas. Penas ordinarias conmutadas | Comisión de Santander | Referencia: ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300472, Expediente 34050
Astorgano Carrera, Nicasio (San Esteban de Valcueza-León)
Labrego, casado, 60 anos.
Preso na Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte o 07 de outubro de 1940 por causas naturais.
Comisión Central de Examen de Penas. Penas ordinarias conmutadas | Comisión de León | Referencia: ES.19030. AGMG/6.1.1. Caja 300950, Expediente 101765
Auba Soro, Tomás
Procedemento Xudicial do Tribunal Militar Territorial 1º: MADRID 80 4143 /
Preso na Prisión Habilitada de San Juan de Mozarrifar (Zaragoza). Logo pasaría pola Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón onde, por Orde do 21/6/1940, concédeselle a liberdade condicional coa liberación definitiva do desterro (BOE número 179 del 27/06/1940, páxina 4400).
Avalle Varela, Manuel (Nigrán-Pontevedra)
Casado, 31 anos.
Xulgado por Excitación á Rebelion (Tribunal Militar Territorial 4 | Pontevedra Y Vigo | Causa 1197 de 1936, Caja 203, Orden 2192)
Preso na Illa de San Simón.
Ave Estévez, José (Bueu-Pontevedra, 14-5-1907)
Mariñeiro, solteiro, 31 anos.
Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Despois do seu paso pola illa de San Simón ingresa o 15 de xullo de 1937 no Forte de San Cristóbal (Berrioplano-Navarra). Morte o 22 de maio de 1938 na fuga do Forte de S. Cristobal-Pamplona.
Fecha:
11/6/1938
Causa: "(...)
resultó muerto por la Fuerza Pública encargada de su captura al
hacer armas contra ella"
Enterramento:
Inscrito no rexistro civil de Ansoáin/Antsoain.
Ávila Pérez, Juan (Málaga)
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón , concédeselle a liberdade condicional por Orde do 12/07/1940 (BOE número 202 do 20/07/1940, páxina 5036).
Avilés Domínguez, José (Casabermeja-Málaga)
Labrego, viúvo, 60 anos.
Preso no campo de concentración da Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte o 14 de maio de 1941 por causas naturais.
Ayuso Sánchez, Felipe (Valdenoches-Guadalajara)
Muiñeiro, casado, 24 anos.
PCE. Acusado de Auxilio á rebelión. Causa nº 1626-39 (Guadalajara, 22/02/1940)
Sentencia: 16 anos de prisión
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón onde, por Orde do 01/01/1942, concédeselle a liberdade condicional coa liberación definitiva do desterro (BOE número 7 del 07/01/1941, páxina 127).
Azcárate Artamendi, Marcelino (Oviedo).
Tipógrafo, solteiro, 22 anos.
Chegou á illa de San Simón trasladado desde o
Cando menos, cumpriu condena en: Prisión Central de Lugo (22/01/1937.23/01/1937), Prisión Central de Pamplona, Forte de San Cristóbal, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Prisión Central de Astorga, onde se lle concede a Liberdade Condicional (BOE nº 229 de 17/8/1941, páxina 6336).
Archivo General Militar de Guadalajara. Batallones Disciplinarios de Soldados Trabajadores Penados (BDSTP), 2a Agrupacion. Expedientes personales | Provincia de nacimiento: Oviedo | Referencia: ES.19030.AGMG/3.2. Caja 301535, Expediente 693
Azcue Arruti, Eugenio (Orio/Aia-Guipuzkoa)
Comerciante de viños e licores e fábrica de conservas «Eugenio Azcue». Solteiro, 23 anos.
Cando menos cumpriu condena en: Forte de San Cristóbal e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. Faleceu nesta última.
Archivo General Militar de Guadalajara. Penas ordinarias conmutadas 300293. 9991.
Expedientes personales de represaliados del Franquismo en la provincia de León (Asociación de Estudios sobre la Represión en León). Signatura: AERLE.CAJA17.3 | Localidad: Aya
Azuaga Oñate, Francisco (Málaga)
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón onde, por Orde do 12/08/1940, concédeselle a liberdade condicional coa liberación definitiva do desterro (BOE número 233 do 20/08/1940, páxina 5770).
Autor: J. Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Aportes Xosé Moreira Docampo.
Episodios de terror durante a Guerra Civil na provincia de Pontevedra. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil (2007) Ed. Xerais.
Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro 2002
Nomes e voces. http://vitimas.nomesevoces.net
Con Nombre & Apellidos. Desaparecidos y represaliados durante la Guerra Civil y la posguerra
Buscar combatientes. Buscador de la Guerra Civil Española.
https://buscar.combatientes.es/
Repertorio biobibliográfico do exilio galego: Unha primeira achega. Edita: © Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Santiago de Compostela, 2001. ISBN: 84-95415-42-9
Facebook Fernandez Camiña Ana
Memoria histórica. Base de datos de concejales represaliados. Deputación de Pontevedra. https://arquivos.depo.gal/es/xeracion-perdida/concelleiros-represaliados
Ministerio de política territorial y memoria democrática.
https://www.mpr.gob.es/memoriademocratica/Paginas/index.aspx
DARA - Documentos y Archivos de Aragón-Memoria democrática
Navarra. Centro de documentación de la memoria.
La historia en la memoria. Memorial antifranquista y democrático. https://lahistoriaenlamemoria.blogspot.com
O Baixo Ulla. www.obaixoulla.gal
Fundación Francisco Largo Caballero. Censo de represaliados de la UGT. https://censorepresaliadosugt.es/s/public/page/home
Fundación Pablo Iglesias.
Fundación José Barreiro.
Euskal Memoria Fundazioa
https://www.euskalmemoria.eus/es/db/hildakoak_sansimon
Asociación Manuel Azaña
Nós Diario. Galegos mortos en San Cristóbal.
Wikipedia
Concello de Lugo. Memoria histórica. http://www.lugo.es/cs/represion/index.jsp
Pontevedra nos anos do medo. https://anosdomedo.blogspot.com/. Por Xosé Álvarez Castro.
Recuperando a Memoria (histórica) na sanidade galega (IV): GALENOS de GALICIA: Guerra Civil e represión polo franquismo. David Simón Lorda. AGAMFEC.
Abril de 1931: a chegada da II República ó Val Miñor. José Luis Mosquera Veleiro. Revista de estudos miñoráns, nº18, 2019.
La Guerra Civil en Valladolid notas sobre la represión en la ciudad. Jesús María Palomares.
Universidad de Valladolid.
Víctimas de la dictadura en Castilla La Mancha. https://victimasdeladictadura.es/
A REPRESIÓN FRANQUISTA EN CUNTIS. MEMORIA DE 1936. O PROCESO CONTRA AURELIO REI E OUTROS CUNTIENSES. Marcos Seixo Pastor
Testimonios del horror franquista que ha escuchado la juez Servini. Manuel Ángel Menéndez. Coordinadora estatal de apoyo a la querella Argentina contra crímenes del franquismo
HISTORIAS DE VIDA, DE HOMBRES Y MUJERES DE ASTURIAS, INTERNADOS EN CAMPOS NAZIS. https://deportadosasturianos.blogspot.com/
Boletín Oficial del Estado. www.boe.es
La Voz de Galiciana
Faro de Vigo
Asociación Salamanca Memoria Justicia https://salamancamemoriayjusticia.org/
15MPedia. Memoria histórica en Vigo. https://15mpedia.org/wiki/Memoria_Hist%C3%B3rica_en_Vigo
Grovepedia. http://grovepedia.com/wp-content/uploads/2017/10/11.-SETE-DIAS-DE-XULIO.pdf
Presos da Estrada en San Simón. https://www.tabeirosmontes.com/presos-en-san-simoacuten.html
https://www.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2006/04/16/cando-estrada-unha-illa-18239996.html
Víctimas de la Guerra Civil Española. https://victimasguerracivilespaniola.blogspot.com/2010/05/listado-de-presos-del-fuerte-de-san_1616.html
A Familia Poza: un exemplo de republicanismo e librepensamento en Pontevedra. Carlos Pereira Martínez.
El Independiente de Granada. Republicanos granadinos en San Simón. Alfonso Martínez Foronda e Pedro Sánchez Rodrigo. https://www.elindependientedegranada.es/politica/republicanos-granadinos-san-simon-isla-muerte-i
https://www.elindependientedegranada.es/politica/san-simon-isla-desmemoria-ii
Mapas de Memoria. Diputación de Ciudad Real. https://www.mapasdememoria.com/todoslosnombres/
Busturia (1937-1945): El primer franquismo. Xavier Herrero Acosta. https://www.eusko-ikaskuntza.eus/PDFAnlt/lankidetzan/67/Lank67_es.pdf













