![]() |
| Presos en San Simón. Foto Dámaso Carrasco-NósDiario |
Caamaño Cimadevila, Amancio (Negreira-A Coruña, 1894)
Casado, 42 anos. Veciño de Pontevedra.
Licenciado en Menciña e veterinaria. Exerceu como médico e estableceu unha clínica en Pontevedra, chegando a ser nomeado director do Hospital Provincial, do que era médico cirurxián. Despois abriría o Sanatorio do Dr. Caamaño.
Izquierda Republicana. Presidente da Deputación de Pontevedra (maio 1931-agosto 1932), sendo tamén presidente da comisión xestora de 1926. Gobernador Civil de Pontevedra ate febreiro de 1936. Presidente fundador do Centro Republicano de Pontevedra (1930-31). Membro do comité executivo da Federación Republicana Gallega.
Tamén traballou como mestre no Colegio X, impartindo Fisioloxía e
Hixiene e Física. Fundou e dirixiu o xornal Clarín, e foi
correspondente de El Progreso. Presidente da Sociedad de Recreo de
Artesanos e vocal da Cámara de Comercio. Era masón (Libredón nº6,
de Santiago, e Helenes nº7, de Pontevedra).
Detido o 24 de
xullo de 1936 e preso na Escola Normal de Pontevedra (Prisión
Provincial),
Xulgado en Pontevedra o 30 de outubro dese mesmo ano por el delito de traizón á patria, acusado de colaborar co Socorro Rojo Internacional e por pertencer á masonería. Sería condenado a pena de morte e indemnización dun millón de pesetas (uns 6.000 euros). Sería sacado da Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, para ser executado o 12 de novembro de 1936 na Caeira (Poio-Pontevedra), xunto a Juan Rico González, Luis Poza Pastrana, Telmo Bernárdez Santomé, Germán Adrio Mañá, Ramiro Paz Carbajal, Benigno Rey Pavón, Víctor Casas Rey, José Adrio Barreiro e Paulo Novás Souto. Pasarían a ser coñecidos como “os dez de Pontevedra”.
Os seus bens, incluído o seu sanatorio, foron confiscados, sendo recuperados pola familia a finais dos anos 40, despois dun longo proceso xudicial.
![]() |
| Amancio Caamaño Cimadevila. Autor descoñecido |
Cabaleiro López, Genaro (Cesantes, Redondela-Pontevedra)
Fogueiro mercante, 38 anos. Fillo de José Benito e Pelegrina.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 30/03/1939 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao (09/11/1937), Colonia Penitenciaria del Dueso-Santoña, Prisión Central del Puerto de Santa María-Cádiz (02/08/1938-18/10/1938) e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (11/06/1940), onde por orde do 25/11/1940, concédeselle a Liberdade Condicional (BOE número 334 do 29/11/1940, páxina 8191), facéndose efectiva o 29/11/1940.
Expediente de responsabilidades políticas (BOE 22 de marzo de 1940, páx. 1515).
Volve a ser detido na Prisión de Tenerife o 04/03/1953, sendo posto en liberdade o 20/03/1953.
Cabaleiro Pérez, José (Picoña, Salceda de Caselas-Pontevedra)
Labrego, 21 anos, solteiro. Fillo de Antonio e María.
Xulgado en Vigo por Rebelión Militar. Condenado o 09/08/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300219, Expediente 1467).
Preso, cando menos, na Prisión de Tui, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (25/09/1937) e Prisión Central de Burgos (06/03/1939), onde se lle concede a Liberdade Condicional (BOE nº 216 de 4/8/1941, páxina 5911). Prisión atenuada o 10/09/1940.
Unha vez en liberdade debería cumprir o servizo militar nos Batallones Disciplinarios de Soldados Trabajadores Penados (BDSTP), 1a Agrupación (ES.19030.AGMG/3.5. Caixa 304274, Expediente 1057).
Caballé Miñerola, Jaime (Roselló-Castelló)
Xornaleiro, casado, 60 anos. Fillo de Jaime e Encarnación.
Xulgado por Rebelión Militar (Causa 37/1938). Condenado o 12/05/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Burgos, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/11/1940), Prisión Provincial de Zaragoza e Prisión Provincial de Castellón. Liberdade condicional o 17/03/1944
NOTA: En 1947 consegue que se lle recoñeza unha pensión como militar. Delegación de Facenda de Valencia da orde de pago de clases pasivas a Jaime Caballer Niñerola, M. Militar. (BOE número 237, de 25 de agosto de 1947, páx. 2097).
Caballero Antolín, José (Palencia-Palencia)
Moldeador, 25 anos, solteiro. Fillo de Benito e Luisa.
Veciño de Miravalles (Bizkaia).
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 10/10/1938 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300499, Expediente 38191).
Preso, cando menos, na Prisión de Santoña, Prisión Provincial de Bilbao (20/01/1938) e Buque Prisión Upo Mendi-San Simón (27/12/1938). Prisión atenuada o 14/08/1940.
Prisión Central de Santa Isabel-Santiago de Compostela, onde por orde do 19/06/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 203 de 22/07/1943, páxina 7079).
Caballero Cuevas, Mariano (Calzada de Calatrava-Ciudad Real)
Xornaleiro, 60 anos. Fillo de Juan e Griselda.
Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 13/05/1939 a pena de morte, sendo rebaixada a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 20 anos pola Comisión de Ciudad Real (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300170, Expediente 13785).
Preso, cando menos, na Prisión Central de Puerto de Santa María-Cádiz e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/04/1941). O 09/02/1943 ingresa no Hospital Provincial de Pontevedra, onde falece ao día seguinte.
Caballero Hernández, Manuel (Rollán-Salamanca)
Froiteiro, 33 anos, casado con Teresa Rogado. Fillo de Pío e Ángela.
Veciño de San Sebastián (Guipuzkoa).
Xefe de Milicias da División Hospital de Civil Retén de Gros. Detido o 05/03/1937 a bordo do vapor Galdames.
Xulgado en San Sebastián por Auxilio á Rebelión (Causa 1197/37). Condenado o 08/07/1938. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Guipúzcoa (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300541, Expediente 44647).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de San Sebastián (06/03/1937), Buque Prisión Upo Mendi-San Simón (19/10/1938).
Reingresa na Prisión Provincial de San Sebastián o 16/06/1944, sendo liberado o 04/07/1944.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1956.
Caballero Molina, Manuel
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simon, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 14/10/1942 (BOE número 299 de 26/10/1942, páxina 8585).
Tribunal Militar Territorial 2 | Procedimiento Sumarisimo
Caballero Rodríguez, Antonio “Herrero” (Moreda-Granada, 1878)
Ferreiro. Veciño de Iznalloz (Granada). Casado, pai de dous fillos. Fillo de Manuel e Carmen.
Presidente da Izquierda Republicana local, en 1936 pasou ao Frente Popular. Alcalde de Iznalloz en varias ocasións e Deputado Provincial polo distrito de Iznalloz. Representante da Sociedad de Carpinteros y Herreros.
Detido e por realizar detencións e rexistros durante o desempeño dos cargos políticos citados e, despois do golpe militar, negouse a entregar o Concello á Garda Civil.
En Consello de Guerra celebrado en Granada por Adhesión á Rebelión (Causa18.042/39), o 4 de xullo de 1939, foi condenado a reclusión perpetua, 30 anos de reclusión maior. A pena sería conmutada (expediente 21620, caixa 300387, Granada).
Preso, cando menos, no cárcere de Iznalloz (atopábase alí o 07/12/1939), Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (18/03/1941).
Liberdade o 01/04/1944.
Ábreselle o expediente número 869, o 15 de febreiro de 1940, por denuncia da Garda Civil de Iznalloz e testemuña de sentencia condenatoria. As autoridades confirman que non posúe bens e o 16 de febreiro de 1945 dítase Auto de sobresemento arquívase o seu expediente.
Cabanas López, Jesús (Sarria-Lugo)
Xastre, casado, 59 anos.
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Cabanas Manso, Manuel (Mandiá Serantes, Ferrol-A Coruña)
Construtor, 47 anos, casado con Cipriana Casal. Fillo de José e Teresa.
Xulgado en Ferol (Causa 1195/37). Condenado o 18/05/1938 a 3 anos, 4 meses e 8 días.
Preso, cando menos, no Castelo de San Felipe-Ferrol, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/07/1938), Prisión de Partido de Santiago de Compostela (18/03/1939), onde por orde do 12/08/1940, concédeselle a Liberdade condicional (BOE número 233 del 20/08/1940, páxina 5770), facéndose efectivo o 15/08/1940.
![]() |
| Cabarco López, J.-Errepublikaplaza |
Cabarco López, Jesús (Sarria-Lugo)
Xastre, 59 anos. Fillo de Froilán e Josefa.
Veciño de Lasesarre (Barakaldo-Bizkaia)
Probablemente afiliado a Izquierda Republicana.
Xulgado o 12/07/1937 por Adhesión á Rebelión. Sentenciado a pena de morte, sendo posteriormente conmutada por reclusión perpetua, 30 anos. Pena posteriormente conmutada a 12 anos e 1 día.
Preso no cárcere de Baracaldo (27/06/1937), Larrinaga (30/06/1937), barco-prisión Upo Mendi (10/10/1937), Prisión Central de Burgos (12/08/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/11/1940). O 13/12/1942 foi posto en liberdade atenuada, contando daquela 60 años, regresando a Barakaldo.
Cabezas Izquierdo, Manuel (Sopuerta-Bizkaia)
Chofer, 19 anos, solteiro. Fillo de Francisco e Casilda.
Veciño de Guriezo (Cantabria).
Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado o 08/10/1938 a 12 anos e 1 día. Pena conmutada o 06/06/1940 a 6 anos e 1 día, pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300211, Expediente 784).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/10/1938), Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (16/01/1940), onde por orde do 31/07/1940, concédeselle a Liberdade condicional (BOE número 218 del 05/08/1940, páxina 5425), facéndose efectiva o 04/10/1940.
Unha vez en liberdade tivo que cumprir o servizo militar nos Batallones Disciplinarios de Soldados Trabajadores (BDST) (ES.19030.AGMG/3.1. Caixa 302281, Expediente 29327).
Cabezas Travieso, Carlos (Noceda del Bierzo-León, 1881)
Labrego, 60 anos, casado con Carolina Arias, 7 fillos. Fillo de Dionisio e Paula.
Partido Comunista.
Detido o 12 de outubro de 1938 en Villablino, por participar tralo golpe militar en rexistros, requisa de armas e detencións. Xulgado en Ponferrada por Auxilio á Rebelión (Causa 455/1938). Condenado o 06/04/1938 a 14 anos, 8 meses e 1 día de reclusión temporal, accesoria correspondente e abono do tempo pasado en prisión preventiva. Recóllese tamén na sentenza a incautación de Bens polo Estado.
Pena posteriormente conmutada pola Comisión de León (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300681, Expediente 6509).
Preso na Prisión de Robles de Laciana-León, Prisión Militar de San Marcos-León (26/03/1938), Prisión de Vigo (20/10/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (01/05/1942), onde por orde do 15/06/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro ( BOE número 180 de 29/06/1942, páxina 4630), facéndose efectiva o 28/05/1942.
Sobresemento e arquivo do seu expediente (BOE 18/01/1946. Nº 18. Anexo único, páxina 111).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1938.
Cabo Molina, Antonio (Colmenar-Málaga)
Xornaleiro, casado, 62 anos.
Preso no campo de concentración da Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte o 06 de xuño de 1941.
Cabreira Cabreira, Francisco (Nigrán-Pontevedra)
Mariñeiro, 23 anos.
Xulgado en Vigo co resultado de sobresemento provisional.
Cabrera Garvín, Vicente (Vilacarrillo-Jaén)
Labrego, casado, 61 anos.
Participou na detención de elementos de dereitas tralo golpe de estado militar.
Preso no campo de concentración da Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte o 20 de xaneiro de 1941 por causas naturais.
Comisión Central de Examen de Penas. Penas ordinarias conmutadas | Comisión de Jaen | Referencia: ES.19030. AGMG/6.1.1. Caja 300959, Expediente 102806.
Cabrera Peña, José (Los Villares-Jaén)
Carniceiro, viúvo, 68 anos.
Preso no campo de concentración da Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte o 11 de xuño de 1941 por causas naturais.
Comisión Central de Examen de Penas. Penas ordinarias conmutadas | Comisión de Jaén | Referencia: ES.19030. AGMG/6.1.1. Caja 300824, Expediente 85298
Cabrero Villa, Pablo (Sieso-Huesca)
Labrego, 66 anos, casado con Martina Duque. Fillo de Mariano e Pilar.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 09/08/1938 a 12 anos e 1 día de reclusión menor. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Huesca (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300650, Expediente 60322).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Huesca (15/06/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/04/1939) e Prisión Central de San Isidro de Dueñas-Palencia (19/12/1940). Prisión atenuada o 07/11/1940.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas entre 1942 e 1945.
Cabucholas Salcedo, Matias (Baeza-Jaén)
Labrego, 57 anos, casado con Serafina Martínez. Fillo de Manuel e Teresa.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 25/06/1940 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Astorga-León, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/01/1942), onde por Orde do 22/01/1943, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 46 de 15/02/1943, páxina 1531), facéndose efectiva o 15/12/1942.
Cáceres Duque, Manuel “Gato” (Almonte-Huelva, 1875)
- Labrego, 62 anos.
-
Afiliado a Agrupación Socialista (AS),
UGT.
PSOE - Detido e internado no cárcere de La Palma del Condado (Huelva). O 02/04/1938, trasladado á Prisión Provincial de Huelva para a celebración do Consello de Guerra. En sentenza do 27/05/1938 condenado a 6 anos de reclusión.
- O 03/03/1939 enviado á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (06/03/1939). A finais dese anos sería trasladado á prisión de Dueñas en Palencia (06/11/1939) da que saíu en liberdade condicional o 14/08/1940.
-
Cacheiro Porto, Agustín (Parada, A Estrada-Pontevedra)
Canteiro, 45 anos, casado con María Pena. Fillo de Antonio e María Josefa.
Veciño de Lagartones (A Estrada).
Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión (Causa 410/38). Condenado o 18/06/1938 a 12 anos e 1 día. Conmutación e extinción da pena o 16/10/1940, pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300219, Expediente 1479).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/06/1938), Prisión de Santiago de Compostela (26/01/1939), Prisión Central de Astorga-León (24/03/1939) e Prisión de Santiago de Compostela (08/08/1939).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1940.
Cadavid Caamaño, Ángel (O Grove-Pontevedra, 1896)
Médico, casado con Josefa Botana, 41 anos.
Líder local de Izquierda Republicana. Deputado Provincial.
Unha neta súa casaría co ex-presidente da Xunta de Galicia Emilio Pérez Touriño.
Xulgado en Pontevedra en consello de guerra celebrado en Pontevedra o 17 de novembro de 1936, xunto aos seus veciños: Jacobo Barral Otero, Jacobo Otero Goday, Miguel Mandiás Merino, José Prol Figueiro e Manuel Puente Iglesias; acusados de rebelión militar.
Sería condenado a pena de morte. Foi executado na estrada a Campañó (Pontevedra) o 2 de decembro de 1936. Ademais impuxéronlle á familia unha multa de dous millóns de pesetas.
Cadilla Carneiro, Ángel (Baiona-Pontevedra)
Mariñeiro, 18 anos.
Auto do procesamento o 12 de marzo de 1937.
Xulgado en Vigo co resultado de sobresemento provisional.
Caeiro Casal, Ignacio (Marín-Pontevedra)
Estudante, 21 anos, solteiro. Fillo de Ignacio e Manuela.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 24/122/1936 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 1 año pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300425, Expediente 27299).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (24/10/1936). Prisión atenuada o 04/09/1940.
Reingresa na Prisión de Pontevedra o 21/07/1951. Liberdade o 12/07/1952.
Caeiro García, Adolfo (Campo Lameiro-Pontevedra)
Comerciante, 32 anos, casado con Ismaela López. Fillo de Manuel e Soledad.
Veciño de A Estrada (Pontevedra).
Tesoureiro de Izquierda Republicana. Concelleiro da Estrada.
Xulgado en Pontevedra Auxilio á Rebelión. Condenado o 27/04/1937 a 12 anos e 1 día. Conmutación o 28-06-1940.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/07/1936). Liberdade o 12/12/1937.
Cajide Rodríguez, Ramón (Sabrexo, Vila de Cruces-Pontevedra)
Mineiro, 30 anos. Fillo de Francisco e Josefa.
Do Sindicato mineiro
Detido na parroquia de Sabrexo o 11/08/1936, xunto aos tamén mineiros, Rogelio Cajide Rodríguez (irmán), Manuel e Jesús Cea Asorey e Rogelio Salgado Rey, acusados de patrullar armados na vila de Cruces o 19 e 20 de xullo. Tamén Ramón Asorey López, Ramón Ramos Lamas e Salustiano Vilariño Pulleiro entraron no depósito municipal baixo a mesma acusación. As patrullas foran ordenadas polas autoridades republicanas e autorizadas polo Gobernador civil para controlar a orde pública, xa que neses días todas as forzas da benemérita de Carbia estaban concentradas en Silleda.
Xulgado en Pontevedra, no chamado proceso de Carbia (Vila de Cruces), por Rebelión Militar. Condenado o 09/01/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Conmutáronlle a condena a 3 anos o 12-12-1942.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (16/05/1937), onde formou parte da gran evasión, sendo detido pola Garda Civil. Prisión atenuada o 19/09/1940.
Ao resto dos condenados do proceso de Carbia tamén lles foi concedida á liberdade vixiada entre 1940 e 1941, aínda que tanto Rogelio Cajide como Ramón Ramos morreron ao pouco de saír como consecuencia das duras condicións e privacións padecidas no seu paso polo cárcere de Pamplona.
Cajide Rodríguez, Rogelio (Sabrexo, Vila de Cruces-Pontevedra)
Mineiro, 25 anos. Fillo de Francisco e Josefa.
Xulgado en Pontevedra, no chamado proceso de Carbia (Vila de Cruces), por Rebelión Militar. Condenado o 09/01/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (16/05/1937). Participou na gran evasión do 22 de maio de 1938, sendo capturado ao día seguinte no monte Ezkaba pola Garda Civi. Seguiu nesta prisión ata o seu falecemento o 30/04/1940, sería enterrado en Oteiza.
Calderón Madrigal, Cristóbal “El Moñigo” (Villanueva de San Juan-Sevilla, 1872)
- Xornaleiro, 65 anos, casado con Encarnación Barrera. Fillo de Juan e Inés.
- Veciño de La Puebla de Cazalla (Sevilla).
- Afiliado á Agrupación Socialista (AS) e membro da UGT de La Puebla de Cazalla (Sevilla).
- Xulgado por Rebelión Militar. Condenado a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
- Preso, cando menos, na Prisión de El Puerto de Santa María (Cádiz), Colonia Penitenciaria del Dueso-Santoña (03/08/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (01/04/1939) e na Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (15/05/1939), na súa ficha recóllese que o 10/11/1939 recibiuse na prisión de Figueirido a liquidación da súa condena, pero en La represión militar en La Puebla de Cazalla, de José María García Márquez, asegúrase que faleceu nesta mesma prisión o 11/05/1940.
Calderón Ruíz, Diego (Castuera-Badajoz)
Labrego, 64 anos, viúvo. Fillo de Matías e Zenoria.
Veciño de Peñarroya (Córdoba).
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 01/05/1939 a 20 anos. Pena posteriormente conmutada a 6 anos pola Comisión de Córdoba (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300642, Expediente 59316).
Preso, cando menos, en arresto domiciliario en Peñarroya, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (22/05/1942) e Prisión de Córdoba (08/11/1942). Liberdade o 29/01/1943.
Callado Pastor, Antonio (Almansa-Albacete)
Ferroviario, 65 anos, casado con Josefa. Fillo de Juan José e Juana.
Veciño de Valladolid (Valladolid).
Afiliado ao Partido Comunista (PCE).
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o a 12 anos e 1 día de reclusión menor. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Valladolid (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300606, Expediente 54001).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Valladolid, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (22/03/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939) e Prisión Central de San Isidro de Dueñas-Palencia (04/01/1940), onde por orde do 12/08/1940, concédeselle a Liberdade condicional (BOE número 233 do 20/08/1940, páxina 5769), facéndose efectiva o 15/08/1940.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1942.
Calle Quevedo, Asclepíades de la (Pereruela-Zamora)
Celador, casado, 54 anos.
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Na lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Calleja Cordero, Quintín (Navas del Rey-Valladolid)
Cacharreiro, ex-sereno do Concello de Navas del Rey, 66 anos, casado con Áurea Pérez. Fillo de Florencio e Isabel.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 16/07/1936 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 20 anos e 1 día.
Preso na Prisión de Valladolid (13/08/1936), Prisión Central de Burgos (22/11/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (11/03/1939), onde é rexistrada a súa morte o 30 de outubro de 1940 por causas naturais.
Ábreselle Expediente de responsabilidade civil, sendo inculpado en 1943 (Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas de Valladolid, Jc Caja 3691.0003) .
Calleja Cosas, Higinio (Larraga-Navarra)
Veterinario, 62 anos, casado con Valentina. Fillo de Santiago e Valentina.
Veciño de Beire (Navarra).
Xulgado en Pamplona por Rebelión Militar. Condenado o 12/09/1936 a 20 anos de reclusión temporal.
Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (12/09/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939). Falece o 11/03/1940.
Calleja Pérez, Isidoro (Torre de Juan Abad-Ciudad Real)
Electricista, casado, 61 anos. Fillo de Hilario e Matilde.
Durante a guerra civil loitou como miliciano pola República e deuse de alta como Militante do Partido Comunista (PCE). UGT.
Xulgado en Infantes (Ciudad Real) por Adhesión á Rebelión. Condenado o 10/06/1940 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Estivo preso na Prisión de Infantes (Ciudad Real), Prisión Provincial de Ciudad Real, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (19/10/1940) e Prisión Provincial de Ciudad Real (30/01/1943), onde faleceu o 12/10/1943.
Calleja Romo, Valentín (Meneses de Campos-Palencia, 14/02/1879)
Labrego, casado con Primitiva Andrés. Fillo de Enrique e Balbina.
Xulgado en Palencia por Excitación á Rebelión (Causa 572/37). Condenado o 10/07/1937 a 6 anos e 1 día de prisión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Palencia (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300601, Expediente 53170).
Preso, cando menos, na Prisión provincial de Palencia (24/02/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939) e Prisión Central de San Isidro de Dueñas-Palencia (04/10/1939), onde por orde do 12/08/1940, concédeselle a Liberdade condicional (BOE número 236 do 23/08/1940, páxina 5841), facéndose efectiva o 15/08/1940. Liberdade definitiva por extinción de pena o 24/02/1943.
Calucho Agustín, Matías (Fraga-Huesca, 24/02/1879)
![]() |
| Matías Calucho. DARA |
Xulgado en Huesca por Auxilio á Rebelión en consello de Guerra con sentenza o 07/12/1938, sendo condenado a 12 anos e 1 día.
Cumpriu condena na Prisión Provincial de Huesca (12/04/1938-13/4/1939) e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concedéndoselle a liberdade condicional o 30/03/1941. (BOE nº 90 de 31/3/1941, páxina 2122).
En 1943 seguíaselle expediente de Responsabilidades Políticas. O 06/04/1943 é acusado de ser membro do comité revolucionario local ingresando novamente no cárcere de Huesca. (FC-CAUSA_GENERAL,1411,Exp.1. Pagina 107)
Liberdade definitiva o 08/04/1950.
Calvar Casal, Rogelio (San Adrián de Cobres, Vilaboa-Pontevedra)
- Carpinteiro, 30 anos, casado con María. Fillo de Adrián e Carmen.
- UGT. Dirixente da Sociedade Obreira de San Adrián.
- Preso na Normal de Pontevedra. Xulgado en Pontevedra xunto aos seus curmáns, José e Belarmino Casal Fernández, por Rebelión Militar (Causa 116/37). Condenado o a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300425, Expediente 27298).
Cumpriu condena na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón de onde cada 10 ou 15 días eran sacados os presos de Vilaboa para realizar traballos forzados na construción da estrada ao peirao de Santa Cristina de Cobres. O14 de maio de 1937 sería trasladado á Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (16/05/1937). Participou na gran evasión do 22 de maio de 1938, pero o grupo co que se evadiu estaba desorientado e decidiron regresar ao cárcere antes de ser abatidos. O 6 de setembro de 1940 é posto en liberdade pasando a situación de Prisión atenuada. Liberdade definitiva o 15/10/1943.
Calvera Peña, José (Villares de Jaén-Jaén)
Carniceiro, 66 anos, viúvo. Fillo de Luis e Ana.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 03/10/1939 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Jaén, Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela (11/09/1940) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (18/03/1941).
Calvet Panisello, Juan (Tortosa-Tarragona)
Xornaleiro, 32 anos, casado con Palmira Pujol. Fillo de Francisco e Teresa.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 22/0571938 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Habilitada de San Juan de Mozarrifar, Prisión Provincial de Tarragona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938), Prisión de Tortosa (09/03/1940), Prisión de Reus (19/06/1940), Prisión Provincial de Tarragona (22/12/1941).
Reingresa na Prisión Provincial de Tarragona (07/02/1943). Prisión atenuada o 26710/1943.
Calviño Peña, Antonio (Quintas, Paderne-A Coruña).
Engraxador, 46 anos, casado con Paula Gimeno. Fillo de José e Joaquina.
Veciño de Bilbao (Bizkaia).
Xulgado en San Sebastián por Auxilio á Rebelión. Condenado o 29/11/1937 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (16/1/38) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938).
Calvo Aguilera, Patricio (Alcalá la Real-Jaén)
Labrego, 52 anos, casado con Encarnación Pérez. Fillo de Paulo e Antonia.
Veciño de Moclín (Granada).
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 15/0571940 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Astorga-León, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/01/1942), onde por orde do 12/12/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 5 de 05/01/1943, páxina 165), facéndose efectiva o 04/12/1942.
Calvo Blanco, Juan
Na lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Calvo Salve, Ignacio (Frechilla-Palencia)
Xornaleiro, 61 anos, casado con Ramiro López. Fillo de Atanasio e María Ángeles.
Veciño de Villada (Palencia).
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 26/08/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Palencia (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300601, Expediente 53173).
Preso, cando menos, na Prisión de Villada, Prisión Provincial de Palencia (05/02/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939). Prisión atenuada o 05/08/1940.
Calvo Vidal, Clemente (Santander-Cantabria)
Electricista, 67 anos, solteiro. Fillo de Andrés e Josefa.
Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Santander, Colonia Penitenciaria del Dueso (09/09/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (01/04/1939) e Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (15/05/1939), onde falece o 21/11/1939.
Calzada Andrés, José (Quintanilla de Sobresierra, Merindad de Río Ubierna-Burgos)
Garda Civil, 27 anos, solteiro. Fillo de Quirino e Natalia.
Veciño de San Sebastián (Guipuzkoa).
Durante a guerra Tenente en Campaña, Escuela Popular de Guerra, nº6.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 10/05/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300302, Expediente 11244).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/10/1938), Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (17/01/1940). Prisión atenuada.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1956.
Calzada Pérez, Gerardo (San Sebastián-Guipuzkoa)
Maquinista naval, casado con María, 60 anos. Fillo de Pascual e Andrea.
Veciño de Gijón (Asturias).
Xulgado en Oviedo por Auxilio á Rebelión. Condenado o 15/01/1938 a 12 anos e 1 día de reclusión temporal.
Preso, cando menos, na Prisión de Gijón, Prisión Central de Celanova-Ourense (05/02/1938-05/04/1939) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (05/04/1939).
Calzadilla García, José (Santa Úrsula-Tenerife)
Labrego, 76 anos, casado con Modesta. Fillo de José e Francisca.
Xulgado en Santa Cruz de Tenerife. Condenado o 08/07/1933 a 10 anos de prisión maior.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Santa Cruz de Tenerife, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (07/06/1935), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939) e Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (15/05/1939).
Camargo Montado, José (La Línea-Cádíz)
Mecánico, 62 anos. Fillo de José e Dolores.
Condenado o 14/02/1936 a 14 anos, 18 meses e 1 día.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Prisión Provincial de Cádiz (17/01/1943). Falecido o 04/02/1943.
Cambeses Carrera, Higinio (Antas, A Lama-Pontevedra, 1900)
![]() |
| Cambeses , Higinio-Vida Gallega 1932 |
Presentouse ás eleccións municipais de 1931 polo Partido Radical Socialista.
Sería detido porque nos primeiros días tras o golpe de estado, organiza en Viveiro un comité de axuda aos presos, que axiña é prohibido polas autoridades.
Crese que ingresou na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e de alí pasaría á Prisión de Monforte, onde compón "Mondoñedo:pasodoble gallego" dedicado a "D. Américo González, oficial de prisiones (Monforte)" e datada en "Carcel de Monforte, 23 de abril de 1937".
Entre 1943 e 1948 volveu dirixir a Banda de Cuntis e banda La Lira da Sociedad Cultural y Artística de Monterroso e a Banda de Padrón.
As continuas detencións, malleiras e sancións económicas e laborais sufridas levárono ao suicidio no Hospital Provincial de Pontevedra o 19/02/1949.
Camilo Barba, Pablo (Valdemanco de Esteras-Ciudad Real)
Xornaleiro, 60 anos.
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde faleceu o 11/09/1941.
Campanales Millán, Vicente (Fabara-Zaragoza)
Labrego, 64 anos. Casado con Mariana Bielsa Villagrasa, fillos: Paulino (fusilado en Zaragoza), Eloy e Carmen, desterrado en Maella. Fillo de Manuel e Carmen.
Conselleiro de Izquierda Republicana (IR) local.
Xulgado
por adhesión á
rebelión e
auxilio á
rebelión (Causa 1424/1938).
Condenado o
05/06/1938, en Caspe (Zaragoza), a cadea
perpetua (30 anos
de reclusión maior)
e Multa de 10.000
pesetas,
Preso na Prisión
do Partido de
Calpe (Zaragoza), Prisión Central de El Puerto de Santa María-Cádiz,
Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón
(13/06/1938) e
Prisión Provincial de Zaragoza
(02/04/1943).
Liberdade condicional o 24/12/1943.
Campillo Díaz, Agapito (Cóbreces, Alfoz de Lloredo-Cantabria)
Labrego, 63 anos. Fillo de Francisco e Eufemia.
Formaba parte da xunta administrativa de Cobreces como membro de Izquierda Republicana (IR).
Xulgado en Bilbao por Rebelión Militar. Condenado o 01/09/1938 a 12 anos e 1 día de reclusión menor. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300499, Expediente 38210).
Preso, cando menos, na Prisión de Comillas, Prisión Provincial de Bilbao (09/10/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939).
Campo Fajardo, Juan María (Mures-Jaén)
Labrego, casado, 60 anos.
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte o 22 de xuño de 1941 por causas naturais.
Campo Gutiérrez, Eugenio (Serdio, Val de San Vicente-Cantabria)
Labrego, casado con Rosaura García, 65 anos. Fillo de Manuel e Josefa.
Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 16/12/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 6 anos pola Comisión de Santander (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300477, Expediente 34878).
Preso, cando menos, na Prisión de Torrelavega (27/09/1937), Colonia Penitenciaria del Dueso (01/12/1938), Prisión Provincial de ¿? (10/02/1939) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (01/04/1939).
Campo Lera, Isidoro (Espinama, Camaleño-Cantabria, 1873)
Labrego. Fillo de Pedro e Francisca.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 18/01/1938 a 20 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Santander (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300477, Expediente 34887).
Preso na Prisión Provincial de Santander e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (22/03/1939), concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 02/09/1941 (BOE número267 de 24/9/1941, páxina 7361).
Faleceu en 1959.
Campo Sánchez, Luciano (Valfermoso de la Iglesia-Guadalajara)
Empregado de Concello, 67 anos. Fillo de Dionisio e Francisca.
Veciño de Madrid (Madrid).
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 07/07/1940 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Guadalajara, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (14/03/1941) e Prisión Central de Yeserías-Madrid (13/11/1942). Liberdade o 07/02/1943.
Campollo Riego, Laureano (Portillo de la Reina-León)
Ferreiro, viúvo, 67 anos. Fillo de Vicente e Micaela.
Veciño de Carreña (Cabrales-Asturias).
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 12/05/1938 a 20 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300885, Expediente 93528).
Preso, cando menos, na Prisión Central de Puerto de Santa María-Cádiz e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/10/1940), concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 22/07/1942 (BOE nº 209 de 28/07/1942, páxina 5539), facéndose efectiva o 19/07/1942.
Ábreselle expediente de Responsabilidades Políticas (BOE 21/03/1943, Anexo único número 80, páxina 1086). En 1945 decrétase o sobresemento do seu expediente. (BOE 16/10/1945, número 289, páxina 976).
Campos Albalá, Guillermo “Meloja” (Arroyomolinos de la Vera-Cáceres)
Carpinteiro, 60 anos, casado con Valeriana. Fillo de Pedro e Olalla.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 17/02/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Cáceres (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300233, Expediente 2893).
Preso no Cárcere de Arroyomolinos de la Vera, Prisión Provincial de Cáceres (17/02/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (22/02/1939), por orde do 17/10/1940, concédeselle a liberdade condicional (BOE número 295 do 21/10/1940, páxina 7239).
Expediente responsabilidade civil, 17-11-1937. (BOP Cáceres 27-11-1937)
Índice de procedimientos sumarísimos instruídos en Badajoz por la XII Division franquista, 1940-1943 | Causa # 3/41 (plaza de Juez Ejecutor Letra B de Cáceres) de 02/01/1941 | Páxina 24.
Ségueselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1958.
Campos Caneda, José (Cuntis-Pontevedra)
Detido en 1936.
Pasou polos cárceres de Cuntis, Caldas de Reis, Pontevedra, San Simón e San Cristóbal (Pamplona).
Campos Hinojosa, Francisco (Cuevas de San Marcos, Málaga)
Labrego, casado, 65 anos. Fillo de Antonio e Dolores.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 15/04/1940 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Málaga, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/10/1940), onde é rexistrada a súa morte o 26 de setembro de 1941, por causas naturais.
Campos Patón, Cándido (Villanueva de los Infantes-Ciudad Real)
Zapateiro, 63 anos. Fillo de José e María.
Veciño de Ossa de Montiel (Albacete). Alcalde.
Acusado de saqueos. Xulgado en Alcaraz por Auxilio á Rebelión (Causa 1701/1939). Condenado o 15/11/1940 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 10 anos de prisión menor pola Comisión de Albacete (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300770, Expediente 78248).
Preso, cando menos, no Depósito municipal de Alcáraz, Prisión Habilitada de San Vicente-Albacete (29/05/1940), Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela (18/06/1940), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (18/03/1941) e Prisión Provincial de Albacete (25/06/1941).
Foi xulgado novamente en Alcaraz (Causa 7747/1940) acusado de deter e asasinar a Enrique Massó Tébar. Sería condenado a pena de morte, sendo executado o 12/08/1942. Enterrado en San Paulino, no nicho do patio 2º, fila 54, número 1. Exhumado o 18/04/1951 a nicho Gª San José patio 3º fila 225 número 3.
Habería que agardar a 2021 para que o concello de Ossa de Montiel aprobara a colocación da primeira placa monumento en Castilla La Mancha, cos 85 nomes das vítimas do franquismo e a colocación das “remembrance stones” (pedras da memoria), para homenaxear aos 6 veciños executados.
![]() |
| Retrato de C. Campos Patón. Concello de Ossa de Montiel |
Campos Pérez, Arsenio (Villanuera de la Cueza-Palencia)
Garda Xurado, 60 anos, casado con Vicenta. Fillo de Pedro e Juana.
Veciño de Gijón (Asturias).
Xulgado en Asturias por Auxilio á Rebelión. Condenado o 18/07/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300513, Expediente 40216).
Preso, cando menos, na Prisión del Coto-Gijón, Prisión Provincial de Oviedo (26/07/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939)
Campos Villar, José (Campo Lameiro-Pontevedra, 1870)
Labrego, 66 anos, casado con Constantina. Fillo de Valentín e María.
Agrarista. Representante da Federación Agraria de Cambados-Caldas de Reis. Elixido Alcalde de Campo Lameiro en 4 ocasións (anos 20, 1930, 31 e 36). Na última por Izquierda Republicana.
Xulgado en Pontevedra o 04/07/1937 por Rebelión Militar. Condenado o 20/02/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (16/10/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939), onde é rexistrada a súa morte o 27/09/1939, por enfermidade (neoplaxia).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1960, 21 anos despois do seu falecemento.
Camus Lastra, Tomás (Cueto, Santander-Cantabria)
Albanel, 64 anos, casado con Josefa Cama. Fillo de José e Josefa.
Xulgado en Santander por Auxilio á Rebelión. Condenado o a 12 anos e 1 día de reclusión temporal. Pena posteriormente conmutada a 8 anos.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Santander, Prisión de Tabacalera de Santander (11/09/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/03/1939), onde por Orde do 27/09/1940, concédeselle a Liberdade Condicional (BOE numero 275 del 01/10/1940, páxina 6810).
Canal Cairo, Ramón (Gavet de la Conca, Lleida)
Veciño de Tremp (Lleida)
Preso na Prisión de Huesca (16/12/1938-19/12/1938), Prisión Provincial de Zaragoza (1939) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón onde, por Orde do 21/6/1940, concédeselle a liberdade condicional (BOE número 179 del 27/06/1940, páxina 4400).
NOTA: Citado tamén como Ramón Canal Cairal ou Cairol.
Canal Puerto, Gumersindo (Colombres-Asturias)
Canteiro, 64 anos. Fillo de Francisco e María.
Veciño de Trubia (Oviedo-Asturias).
Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 24/01/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Celanova (07/02/1938-05/04/1939) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (06/04/1939), por Orde do 25/09/1941, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva de desterro (BOE número 287 de 14/10/1941, páxina 7962).
Canales Lavín, José (San Roque de Riomiera-Cantabria)
Labrego, 61 anos, casado con María. Fillo de José e Dolores.
Veciño de Entrambasaguas (Cantabria).
Xulgado en Santander por Rebelión Militar. Condenado o 04/12/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Santander (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300031, Expediente 2286).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Prisión Central de Puerto de Santa María-Cádiz (01/07/1938), Prisión de Las Palmas (14/08/1939), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Prisión Central Tabacalera de Santander (22/11/1940), onde por orde do 22/05/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 157 de 06/06/1943, páxina 5477) , facéndose efectiva o 25/02/1942.
Cancedo Seito, Manuel (Pola de Somiedo-Asturias)
Labrego, casado, 63 anos.
Preso na colonia penitenciaria da Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte o 15 de xaneiro de 1941, por causas naturais.
NOTA: Tamén citado como Candedo.
Cancellón Hernández, Plácido (Rustillo-Valladolid)
Mineiro, casado, 62 anos. Veciño de Mieres (Asturias).
Condenado a cadea perpetua (30 anos).
Prisión Central de Celanova (07/02/1938-03/04/1939). Trasladado á colonia penitenciaria da Illa de San Simón
Cancelo Galván, Julián Eduardo (Fregenal de la Sierra-Badajoz)
Esparteiro (tamén consta como xornaleiro), viúvo, 67 anos. Fillo de Manuel e Juana.
Veciño de Badajoz.
En 1934 preso no Hospital-Asilo Penitenciario de Segovia. A finais de 1935 revócase a liberdade condicional que desfrutaba. (BOE 24/12/1935, nº 144, páx. 1593).
Preso na Prisión Provincial de Badajoz (14/09/1940), Prisión Central de Astorga (02/01/1941) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (12/03/1941), onde é rexistrada a súa morte o 18 de abril de 1941, por causas naturais
Caneda Blanco, José (Sobradelo, Vilagarcía-Pontevedra)
Labrego, 25 anos. Fillo de Juan e Elisa.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 08/02/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 4 anos.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (16/05/1937) e Prisión de Cuéllar (01/03/1939). Prisión atenuada o 01/09/1940. Liberdade definitiva o 04/04/1944.
Expediente de Responsabilidades Políticas do que é indultado en 1960.
Caneda Fernández, Manuel (O Grove-Pontevedra)
Mariñeiro, 45 anos, casado con Elena Prol. Fillo de Juan e Josefa.
Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 24/08/1937 a 20 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300219, Expediente 1474).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Pontevedra e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (12/10/1937).
Cantera Atienza, Antonio (Palencia-Palencia)
Industrial, viúvo, 70 anos. Fillo de Jerónimo e Francisca.
Membro de UGT ed Palencia
Xulgado en Palencia por Excitación á Rebelión (Causa 1529/37). Condenado o 13/12/1937 a 6 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Palencia (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300600, Expediente 53149).
Preso, cando menos, na Prisión Central de Valdenoceda-Burgos, Prisión Habilitada de Palencia (10/10/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939), Prisión Central de San Isidro de Dueñas-Palencia (03/10/1939) e Prisión Provincial de Palencia (26/01/1940), onde por orde do 26/04/1940, concédeselle a Liberdade condicional (BOE numero 121 del 30/04/1940, páxina 2948), facéndose efectiva o o 28/04/1940.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1944 e 1945.
Procesado polo Tribunal Especial para la Represión de la Masonería y el Comunismo en 1940.
Cantera Díez, Pedro (Gajano, Marina de Cudeyo-Cantabria)
Xornaleiro, 29 anos. Fillo de Pedro e María.
Cabo do Batallón Libertad nº126 de Santander.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 10/10/1938 a 15 anos de reclusión menor.
Preso, cando menos, Prisión Provincial de Santander, Prisión Provincial de Bilbao (12/02/1938), Buque Prisión Upo Mendi-San Simón (17/12/1938), Prisión Provincial de Bilbao e Prisión Provincial de Santander (20/12/1944). Liberdade o 21/12/1944.
Cantero Gutiérrez, Juan (Ampuero-Cantabria)
Ferreiro, 62 anos. Fillo de Ignacio e Joaquina.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 06/12/1937 a 20 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Santander (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300477, Expediente 34830)
Preso, cando menos, na Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/03/1941), onde por orde do 05/12/1941, concédeselle a Liberdade condicional provisional con liberación definitiva do desterro (BOE 20/12/1941, nº354, Páx. 9957), facéndose efectiva o 17/11/1940.
Canto Nespral, Manuel (Carbayín, Siero-Asturias)
Industrial, 63 anos. Fillo de Manuel e Engracia.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 14/01/1939 a 20 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300885, Expediente 93516).
Preso, cando menos, na Prisión de Gijón e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939), por orde do 12 de decembro de 1942, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro ( BOE nº 61 de 05/01/1943, páxina 153), facéndose efectiva o 06/12/1942.
Cañamares Somolinos, Doroteo (Cendejas de Enmedio)
Xornaleiro, 61 anos. Fillo de Juan e María.
Afiliado
a UGT.
Xulgado
por Rebelión Militar (Causa 1741/39). Condenado o 19/12/1939 a cadea
perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena
conmutada o
20/11/1943 a 20 anos pola
Comisión de Guadalajara (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caja 300124,
Expediente 9724).
Preso, cando menos, na Prisión Central de Astorga-León, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/03/1941) e Prisión Central de Santa Rita de Carabanchel-Madrid (11/03/1943), onde por orde do 22/01/1944, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 77 de 17/03/1944, páxina 2236), facéndose efectiva o 25/12/1943.
Cañamero Gamero, Modesto (Las Ventas con Peña Aguilera-Toledo)
Carboeiro, casado, 63 anos. Fillo de Pablo e Eugenia.
Veciño de Brazatortas (Ciudad Real).
Xulgado por Auxilio á Rebelión (Causa 9649/1939). Condenado o 30/06/1939 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Ciudad Real (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300670, Expediente 63513).
Preso, cando menos, na Prisión Central de Orduña, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/11/1940) e Prisión Provincial de Ciudad Real (08/11/1942), onde por orde do 26/07/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 234 do 22/08/1943, páxina 8149), saíndo en Prisión atenuada o 12/07/1943.
Cañamero Oñanes, Juan (Málaga-Málaga)
Industrial, viúvo, 67 anos. Fillo de Juan e Concepción.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 03/07/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 6 anos e 1 día.
Preso na Prisión Provincial de Málaga (26/06/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte o 02/01/1940, por causas naturais.
Cañamón Bravo, Salustiano (Arbancón-Guadalajara)
Viúvo, 70 anos.
Non coñecemos a condena, pero sería conmutada (Comisión de Soria: ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300926, Expediente 98909)
Preso na colonia penitenciaria da Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte o 31/12/1940, por causas naturais.
Caño Ramírez, Gonzalo “Sopas” (Villasequilla-Toledo)
NOTA: Na ficha de preso en San Simón citado como Camo Ramírez, Gonzalo
Xornaleiro, 55 anos. Fillo de Manuel e Sabina.
Afiliado a UGT.
Xulgado por Rebelión Militar (Causa 128/37). Acusado de pertencer a UGT e “durante la guerra sirvió en lo que pudo a la Casa del Pûeblo y se dedicó a insultar a los vecinos de derechas”. Condenado o 08/06/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Toledo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300906, Expediente 96321).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Toledo (09/12/1936), Prisión Central de Astorga-León, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/01/1942), Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela (05/02/1943), onde por orde do 22/05/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 157 do 06/06/1943, páxina 5472), facéndose efectiva o 12/04/1943.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1960.
Carballal Pena, Manuel (Cumeiro, Vila de Cruces-Pontevedra)
Taberneiro, 38 anos.
Xulgado e Pontevedra en consello de guerra o 9 de xaneiro de 1937 por auxilio á rebelión xunto con outros 18 republicanos de Carbia. Condenado a cadea perpetua. Sufriu expediente de incautación de bens en outubro de 1937.
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, sería trasladado en 1937 ao Forte de San Cristóbal, onde formou parte da gran evasión, sendo detido.
Conmutación da condena a 3 anos o 12-12-1942. Posto en liberdade regresou a Vila de Cruces.
Detido novamente en 1948 por axudar á guerrilla antifranquista. Non puido soportar unha segunda estadía na cadea, suicidándose na Prisión da Coruña en decembro dese mesmo ano.
Carballido Rodríguez, Constante (Vilar de Infesta, Redondela-Pontevedra)
Xornaleiro, de 28 anos, solteiro.
Acusado de Rebelión militar o 23/12/36. Ingresou no forte de San Cristobal o 22/2/37, de onde saíu o 16/9/39, sendo trasladado á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. O 25/11/39 entra no cárcere de Lugo saíndo o 26/9/1940, prisión atenuada.
Carballo Blanco, Pedro (Cuntis-Pontevedra)
![]() |
Pedro Carballo na illa. Represión franquista en Cuntis |
Sobriño do xornalista Roberto Blanco Torres.
Estivera un tempo agochado na reitoral de Lores protexido polo seu tío o párroco Xermán Blanco Torres.
Foi depurado. Detido e xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a prisión 20 anos. Conmutación e extinción de pena o 06-09-1940.
Pasou polos cárceres de Cuntis, Pontevedra, San Simón e San Cristóbal (Pamplona).
En 1943 ten que facer fronte á incautación de bens (BOE 30/04/1943, páx. 1623).
Carballo Quintillán, José “do Buxa” (Tomonde, Cerdedo-Pontevedra)
Mestre nacional en Veiga Brañas, Pedrafita do Cebreiro (Lugo). Estaba afiliado á Asociación de Trabajadores de la Enseñanza durante a República. Presidente da Sociedade de Traballadores e Oficios varios. UGT.
- Nos primeiros días do alzamento militar fuxiu aos montes da súa parroquia natal. En agosto de 1936 foi detido con outros once veciños de Tomonde.
- Ingresou no depósito municipal de Forcarei, e despois como preso preventivo na Colonia Penitenciaria de San Simón e na Prisión Provincial de Pontevedra. Xulgado en Pontevedra co resultado de sobresemento provisional, non chegando a ser procesado.
- Foi sometido a un expediente de depuración do Maxisterio da provincia de Lugo. Tería que agardar á chegada da democracia para acadar un pouco de xustiza: Orden de 20 de mayo de 1982 por la que se integra en el Cuerpo del Magisterio Nacional de Enseñanza Primaria a don José Carballo Quintillán, Maestro de Primera Enseñanza, cursillista de 1936, que aprobó los dos ejercicios eliminatorios convocados por Decreto de 14 de marzo de 1936.
- Tamén pasaría polo cárcere da illa o seu curmán José Rodríguez Quintillán.
-
Carballude González, José (Donsión, Lalín-Pontevedra, 10/09/1905)
Canteiro,
solteiro,
32 anos. Fillo
de Manuel e Filomena.
UGT.
Membro da Sociedade
Obreira
"La Fraternidad"
Xulgado
en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea
perpetua.
Cumpriu condena na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e sería trasladado ao Forte de San Cristobal (Pamplona), o 15/07/1937. Participou na gran evasión o 22 de maio de 1938, sendo abatido en Esteribar (Navarra) o 06/06/1938: “resultó muerto por la Fuerza Pública encargada de su captura al hacer armas contra ella"
![]() |
| Celestino Carbia-obaixoulla gal |
Casado. Fillo de Francisco Carbia Fariña, quen fora alcalde de Valga.
Alcalde de Valga en 1936. Fundador do Sindicato Agrario de Cordeiro. Presidente de Izquierda Republicana de Carbia.
Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar e condenado a pena de morte. Despois de pasar varios meses preso na Illa de San Simón, o 11 de maio de 1937 foi fusilado en Monteporreiro (Pontevedra). Soterrado no cemiterio de San Amaro (Pontevedra). En 1977 a súa familia conseguiu trasladar os restos ao cemiterio de Cordeiro.
O seu xenro, Arturo Ferro Eiras, tamén estivo preso en San Simón.
Cárdenas López, Cruz (Villanzuela-Ciudad Real)
Labrego, casado, 60 anos.
Xulgado polo Tribunal Militar Territorial 1 (Sumario 5545, Legajo 122).
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva de desterro por Orde do 25/09/1941 (BOE número 287 de 14/10/1941, páxina 7960).
Cardo Lahuerta, Ramón (Utrillas-Teruel)
Labrego, casado, 61 anos.
Xulgado en Zaragoza en sumarísimo por adhesión á rebelión. Sentenciado a reclusión perpetua o 1939/02/04.
Cumpriu condena na Prisión Provincial de Zaragoza e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Carmona Rodríguez, Manuel (Granada)
Xornaleiro, casado, 67 anos.
Condenado a cadea perpetua, conmutada a 12 anos e un día (Sumario 1.627/38).
Ábreselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo sancionado con 500 pesetas o 20/01/1940. (BOE 03/01/1941, Anexo único nº3, páxina 54)
Carmona Sánchez, Miguel
Viúvo, 63 anos.
Xulgado en Madrid polo Tribunal Militar Territorial 1 (Sumario 4467, Legajo 6466).
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e na Prisión Provincial de Zaragoza onde, por orde do 22/05/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 155 do 04/06/1943, páxina 5364).
Carpio Pérez, Nicolás (Larva-Jaén)
Labrego, casado, 64 anos.
Preso no campo de concentración da Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte o 29 de decembro de 1941 por causas naturais.
Carracelas Castro, Clemente Arturo “El Pito” (Cangas-Pontevedra)
Canteiro, solteiro, 21 anos.
Militante de Juventudes Socialistas Unificadas (JSU).
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, da que foi “sacado” con outros veciños de Cangas, o 5 de decembro de 1936. En causa militar aberta é dado por desaparecido nun traslado. Semella que puido ser paseado ou, incluso,sobrevivir ao paseo, fuxir e acabar sendo asasinado na lexión.
Carrasco Duaso, Dámaso (Luis Ramón) (Vilagarcía-Pontevedra, 1907)
Casado, 4 fillos. 29 anos.
Consignatario de buques en Carril no negocio fundado polo seu pai Pío Carrasco Iglesias.
Foi presidente da Irmandade Galeguista de Vilagarcía de Arousa e vicepresidente (1933), sendo representante de Vilagarcía no III Congreso do Partido Galeguista (1934).
Correspondente de El Pueblo Gallego en Vilagarcía de 1930 a 1936 e afeccionado á fotografía.
Foi detido e xulgado en Pontevedra, xunto a varios veciños, por auxilio á rebelión o 21 de xaneiro de 1937. Sería condenado a 12 anos e un día de prisión.
Ingresou no campo de concentración San Simón. Da súa estadía consérvanse varias fotos que realizou aos seus compañeiros de presidio. Posto en liberdade por conmutación da condena en agosto de 1939.
Tamén foi sancionado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas. En 1948, sería condenado novamente a dous anos de prisión polo estra vencellado á Alianza Nacional de Fuerzas Democráticas.
Coa chegada da democracia integrouse no Partido Galeguista, sendo elixido secretario xeral do comité de Vilagarcía en 1981. Pouco despois sería nomeado presidente de Honra do Partido Galeguista de Vilagarcía de Arousa. En 1985 membro fundador da Fundación Castelao. Finou en Vilagarcía de Arousa o 16 de xaneiro de 1987
![]() |
| Carrasco Duaso. Nomes e Voces. |
Carrasco Escribano, José (Quintanar del Rey-Cuenca)
Pastor, viúvo, 60 anos.
- UGT. Foi nomeado polo Frente Popular: “encargado de los granos y Ganaderías requisadas".
- Sometido a Consello de Guerra en Cuenca por Adhesión á rebelión, sendo sentenciado a cadea perpetua, 30 años RM. Máis tarde, esta pena sería conmutada por 20 anos e 1 día PM.
- (Archivo Militar de Guadalajara. Sección: Ordinarias, Caja 462, Expediente 22907).
- Comenzou a cumprir a pena o 8 de agosto de 1939. Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
-
- Carrasco Juzgado, Braulio (Madrid)
Zapateiro, casado, 58 anos.
Preso na Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte o 21 de outubro de 1941 por causas naturais.
Carrasco Rodríguez, Lázaro (Navas de San Juan-Jaén)
Labrego, solteiro, 64 anos.
Afiliado á Agrupación Socialista (AS) e á UGT. Candidato a concelleiro nas eleccións municipais de 1920.
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. Despois sería trasladado á Prisión do Partido de Linares (Jaen), onde por orde do 11/11/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 362 de 28/12/1943, páxina 12303)
Carratalá García, Ernesto (Madrid-Madrid, 22/10/1918)
![]() |
| E. Carratalá. Fundación Pablo Iglesias |
Afiliado Juventudes Socialistas Unificadas (JSU) de Madrid e UGT.
Fillo do tenente coronel Ernesto Carratalá Cernuda e sobriño do poeta Luis Cernuda. O seu pai foi asasinado pouco despois do comezo da Guerra Civil por oficiais partidarios da sublevación militar que se opoñían a que se entregara armas ao pobo.
Ernesto Carratalá García uniuse ao exército republicano, loitando en Somosierra, onde foi ferido e feito prisioneiro. Sería enviado á Prisión de Burgos. En Consello de Guerra celebrado o 02/09/1936 sería condenado a morte apesares de ter tan só 17 anos. Dita pena sería conmutada.
Estivo preso no Forte de San Cristóbal (14/04/1937), participando na gran evasión. Novamente detido, sería trasladado o 16/09/1938 á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. O 28/03/1939 ingresa no Cárcere Cuartel de Santocildes de Astorga (León) e o 01/05/1942 na Modelo de Barcelona de onde saíu en liberdade condicional o 05/07/1943.
Traballou nunha empresa química, retomando os seus estudos en 1953, licenciándose e doutorándose na Universidade de Barcelona. Estivo en París e logo exerceu como mestre da UNESCO na República do Congo. Na década dos 60, volvería a Barcelona, onde aproba a oposición de Catedrático de Lingua de Instituto exercendo en Figueras (Girona) e Molins de Rei (Barcelona). Posteriormente, convértese en profesor numerario na Universidad Central de Barcelona e catedrático de Lingua Española. Despois de xubilado, aínda exercería como profesor emérito nos Cursos de Lingua Española para Estranxeiros da Universidade de Barcelona. Faleceu o 04/05/ 2015.
Carreira Chicharro, Anacleto
Detido en 1939 e xulgado en Medinaceli (Soria) en Consello de Guerra Sumarísimo por auxilio á rebelión. (Número de procedemento: 1745-40). Condenado en Guadalajara o 1940/11/19 a 20 anos de reclusión menor.
Estaría preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón entre o 06/03/1940 ata o 16/08/1940.
Máis tarde, na Prisión Central de Yeserías (Madrid), por orde do 19/06/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 205, do 24/07/1943, páxina 7153)
Carrera, Camilo (Mondariz-Pontevedra)
Preso na Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte.
Carrero Lorenzo, Basilio (Camposancos, A Guarda-Pontevedra)
Labrego, casado, 58 anos.
![]() |
| B. Carrero- republicanosminhotos.blogspot |
Presidente da Xunta Veciñal da Entidade Local Menor de Camposancos (1931-1936).
Xulgado por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón onde falece o 31 de xullo de 1939
por nefrite crónica.
O seu irmán Roque Camilo Carrero Lorenzo, tenente de alcalde e dirixente da Agrupación Socialista (AS), sería fusilado o 09/12/1936.
Carreto Cabezas, Félix (Saucelle-Salamanca)
Funcionario, casado, 67 anos.
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva de desterro por Orde do 25/09/1941 (BOE número 289 de 16/10/1941, páxina 8029).
Carrillo Barba, Pablo (Valdemanco-Ciudad Real)
Xornaleiro, solteiro, 60 anos.
Preso no campo de concentración da Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte o 11 de setembro de 1941, por causas naturais
Carrión López, Adolfo (Jaén-Jaén)
Veciño de Jeréz de la Frontera.
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Carro, Miguel (Pontevedra-Pontevedra)
Detido no campo de concentración da Illa de San Simón.
Carro Muñoz, Andrés (Velada-Toledo)
Lastreiro, Viúvo, 60 anos.
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
![]() |
| J. Carruesco Peira-DARA |
Labrego, viúvo, 61 anos, 4 fillos. Fillo de Victoriano e María.
C. N. T.-F. A. I.
Acusado de Auxilio á Rebelión e condenado o 07/08/1938 en Huesca a 12 anos e 1 día de reclusión menor (Auditoría de Guerra de la 5 Region Militar. Consello de Guerra Permanente: 434-38).
Prisión Provincial de Huesca (08/07/1938-13/4/1939), sendo trasladado á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde se lle concede a liberdade condicional por orde do 07/02/1941.
Expediente de Responsabilidades Políticas, acadando o sobresemento o 26/12/1945.
Casado Domínguez, Fernando
Na lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil
NOTA: Atopo a Fernando Domínguez Casado. Mestre represaliado de Villasidro (Burgos).
Casado Izquierdo, Ambrosio (Ataquines-Valladolid)
Secretario, casado, 44 anos.
Cumpriu condena, cando menos, no Forte de San Cristóbal e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Casado Molina, Alfonso (Lora del Río-Sevilla)
Labrego, solteiro, 69 anos
Non figura no padrón de habitantes de Lora del Río de 1935.
Faleceu de morte natural o 13/05/1941 na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Casado Oíde, Emilio (Zamora-Zamora)
Militar, solteiro, 39 anos.
Na lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil
Casal Dozo, Alberto “O Rosquilleiro” (Castrelo, Cambados-Pontevedra)
Nos primeiros días tralo golpe de estado militar estivo agochado ata que o detivo a Garda Civil, sendo ingresado no cárcere de Pontecaldelas o 14/09/1936.
Ingresaría na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, agardando xuízo, pero o 11/11/1936 é trasladado ao cárcere de Redondela, xunto con outros presos. Ao día seguinte son entregados a forzas da Garda Civil de Pontevedra mandadas por Miguel Gómez (citado como González noutro documento), para ser trasladados á Prisión de Partido da Caniza. Ao chegar a Lomba (Gargallóns), na estrada de Xeve a Campo Lameiro, serán fusilados.
A súa morte sería xustificada como un intento de fuga. As vítimas foron transportadas en carros e enterrados entre a igrexa e o cemiterio de santo André de Xeve.
Pouco despois sería procesado na causa 199/37, isto provocaría unha investigación que descubriría o motivo da súa desaparición e da dos outros asasinados.
Casal Fernández, Belarmino “Carrapucho” (Vilaboa-Pontevedra)
Carpinteiro, casado.
Preso na Normal de Pontevedra. Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co seu irmán José e o seu curmán Rogelio Calvar Casal, sendo condenados a cadea perpetua (Causa 116/37).
Cumpriu condena na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón de onde cada 10 ou 15 días eran sacados os presos de Vilaboa para realizar traballos forzados na construción da estrada ao peirao de Santa Cristina de Cobres. O 14 de maio de 1937 sería trasladado ao Forte de San Cristóbal (Pamplona), no que ingresou o día 16. Participou na gran evasión, pero o grupo co que se evadiu estaba desorientado e decidiron regresar ao cárcere antes de ser abatidos. O 6 de setembro de 1940 é posto en liberdade.
Casal Fernández, José “Pepe Casal” “Carrapucho” (Vilaboa, 24/08/1906)
Carpinteiro de ribeira. Casado con Casilda Rosendo, unha filla.
Dirixente das mocidades socialistas (JS) de San Adrián e directivo da Sociedad de Agricultores e da Sociedad de Obreros de Construción Naval, UGT.
Obrigado a presentarse no cuartel da Garda Civil de Moaña, onde sería detido o 8 de setembro de 1936. Preso na Normal de Pontevedra. Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co seu irmán Belarmino e o seu curmán Rogelio Calvar Casal, sendo condenados a cadea perpetua (Causa 116/37).
Cumpriu condena na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón de onde cada 10 ou 15 días eran sacados os presos de Vilaboa para realizar traballos forzados na construción da estrada ao peirao de Santa Cristina de Cobres. O 14 de maio de 1937 sería trasladado ao Forte de San Cristóbal (Pamplona). Participou na gran evasión, pero o grupo co que se evadiu estaba desorientado e decidiron regresar ao cárcere antes de ser abatidos. Permaneceu nesta prisión ata setembro de 1940, cando saíu en liberdade provisional. Pouco despois volveu traballar no mesmo estaleiro que antes da súa detención.
Deixou un diario manuscrito do seu paso por San Simón e Pamplona. Falecido o 18/12/1984.
![]() |
| José Casal, Belarmino Casal e Rogelio Calvar Casal. Cedida pola familia de Rogelio. |
Casal Ferreira, Manuel (Sada-A Coruña)
Labrego, 23 anos, veciño de Paderne.
Preso na Illa de San Simón, por orde do 12/12/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 5 de 05/01/1943, páxina 161).
Expediente responsabilidades públicas. (BOE 22/10/1941, páx, 3852).
Casal Franco, Manuel (Pontecaldelas-Pontevedra)
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Na lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Casal León, Ramón (Tui-Pontevedra)
Camareiro, casado, 50 anos. Veciño da Ramallosa (Nigrán-Pontevedra).
Do Sindicato da Ramallosa
Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Preso, cando menos, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e na Prisión Central de Burgos, onde se lle concede a Liberdade Condicional. (BOE nº 216 de 4/8/1941, páxina 5911).
Casal Riveiro, José “O Rato” (Castrelo, Cambados-Pontevedra)
Labrego, 50 anos, casado.
Membro de "Alianza Obrera y Campesina".
Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Posteriormente conmutación a 5 anos de prisión menor. (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caja 300219, Expediente 1478)
Preso cando menos na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, no Forte de San Cristóbal (16/05/1937-01/03/1939) e Prisión Central de Cuéllar.
Casal Sánchez, Francisco (La Felguera, Langreo-Asturias)
Metalúrxico, casado, 28 anos. Fillo de Constantino e Amada.
CNT.
Xulgado en Camposancos co resultado de sentenza a pena de morte. Fusilado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón o 05 de agosto de 1938, diante da tapia do cemiterio da illa de San Antón, xunto a outros 6 presos asturianos: José Álvarez García, de Xixón; Bernardino Fernández Vázquez, de Salas; Fermín García Álvarez, de Carbonera; José González Iglesias, de San Andrés de Linares; Isaías González Miguel, veciño de Olloniego; e Gregorio Mateos Marote, veciño de Navia.
Casalán Rufo, José María (Málaga)
Mariñeiro, viúvo, 67 anos.
Morte por enfermidade o 01 de maio de 1941, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Casalderrey Otero, Laureano (Pontevedra-Pontevedra)
Canteiro, 45 anos, casado.
Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión co resultado de sobresemento provisional e a disposición do xeneral da rexión.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón entre 1936 e 1939.
Casanova Roda, Felipe (Puebla de Benifasar-Castellón)
Membro da Comisión Xestora formada desde 1931 a 13/12/1936 en Puebla de Benifasar (Castellón).
Xulgado (FC-CAUSA_GENERAL,1398,Exp.8. Páxina 40)
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional por Orde do 28/06/1940 (BOE número 188 del 06/07/1940, páxina 4668).
A pesares da posta en liberdade volve a ser detido e xulgado (24/11/1942 | FC-CAUSA_GENERAL,1402,Exp.27. Páxina 20)
Casanova Roure, Sebastián (Vinaròs-Castellón)
Preso, cando menos na Prisión Provincial de Zaragoza (18/06/1938-05/09/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (1938-??) e Prisión Central de Astorga, onde acada a Liberdade Condicional (BOE nº 263 de 20/9/1941, páxina 7258)
![]() |
| V. Casas-Galicia Dixital |
Casas Rey, Víctor (A Coruña, 31/07/1901)
Xornalista, 36 anos, casado con Carmen Julián López, 2 fillos.
Membro das Irmandades da Fala e director de A Nosa Terra. Foi un dos impulsores da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA), participando en 1931 na fundación do Partido Galeguista, do que foi presidente na provincia de Pontevedra e da Coruña.
Detido e condenado en Consello de Guerra a pena de morte. Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, sería fusilado na Caeira (Poio) xunto a outros 9 republicanos: José Adrio Barreiro, Germán Adrio Maña, Telmo Bernárdez Santomé, Amancio Camaño Cimadevila, Luis Poza Pastrana, Ramiro Paz Carvallal, Benigno Rey Juncal, Juan Rico González e Pablo Novas Souto.
Castañeda Concepción, Luis (Lardosa-Portugal)
Mineiro, casado, 65 anos.
Morto o 18 de maio de 1941 na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, oficialmente, por causas naturais.
Castañeda Mira, Julián
Casado, 61 anos.
Na lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Castellano Cañamarzo, Jerónimo
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Na lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Castellanos Fernández, Antonio (Benavente-Zamora)
Zapateiro, casado, 62 anos.
Morto o 24 de maio de 1941 por causas naturais na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Castellarnau Badía, José (Guingueta d'Àneu-Lleida)
Carpinteiro, casado, 63 anos. Veciño de Escalo (Lleida)
O 23/05/1938 sería acusado de ser Asesor do Comité Revolucionario local. (FC- CAUSA _GENERAL,1466,Exp.33. Páxina 9/10). Sentenciado a cadea perpetua (30 anos), máis tarde sería conmutada a 12 anos e 1 día. (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300747, Expediente 75006)
Cumpriría condena, cando menos, na Prisión Provincial de Huesca (11/05/1938) e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde se lle concede a Liberdade Condicional (BOE nº 289 de 16/10/1941, páxina 8030)
Volvería ser detido na Prisión Provincial de Huesca, saíndo finalmente o 17/8/1943.
Castillero Castillero, Manuel (Teba-Málaga)
Canteiro, casado, 60 anos.
- UGT desde 1931.
- Detido en 1939 e xulgado por Rebelión Militar (Consello de Guerra: Campillos – 611). Condenado a morte, a sentencia sería conmutada a 20 anos. (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300144, Expediente 11351)
- Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde estaba en marzo de 1943.
- En 1940 volvería ser xulgado polo Tribunal Especial para la Represion de la Masoneria y el Comunismo.
Castillo Jiménez, Enrique (Totalán-Málaga)
Xornaleiro, casado, 61 anos.
Conmutación de pena. (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300548, Expediente 45651)
Morto o 19 de abril de 1941 por causas naturais na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Castillo Solana, Jacinto (Cantabria)
Labrego, viúvo, 69 anos.
NOTA: Citado tamén como Jacinto Castillo Solano.
Condenado a morte, a sentenza sería conmutada (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300090, Expediente 6898).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e na Prisión Central Tabacalera de Santander onde, por orde do 25/09/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 287 de 14/10/1943, páxina 9964).
Castiñeiras Frieiro, Antonio (Vilagarcía de Arousa-Pontevedra)
Condutor, solteiro.
Acusado de Rebelión militar (Causa 226 de 1937, Caja 20, Orden 71)
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Ábreselle expediente de Responsabilidades Políticas (BOE 11/10/1940, Anexo único Nº285, páx. 4752), do que sería indultado en 1941.
Castresana Garicorta, Ruperto (Amurrio-Araba)
Carteiro.
Funcionario depurado.
Xulgado en Bizkaia. Non coñecemos a sentenza pero foi conmutada (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300499, Expediente 38157).
Morto na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
NOTA: citado tamén como Garaigorta e Garaycorta.
Castrillón Pérez, Marcelino (Grandas de Salime-Asturias)
Garda urbano, viúvo, 60 anos. Veciño de Trubia (Asturias).
Condenado a 12 anos e 1 día de reclusión temporal.
Preso na Prisión Central de Celanova (05/05/1938-31/03/1939 ). Trasladado á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde por orde do 2 de agosto de 1941 concédeselle a Liberdade condicional provisional sen liberación do desterro (BOE 11-8-1941, páx. 6120).
O Tribunal de Responsabilidades Políticas de Oviedo ábrelle expediente de Responsabilidades Políticas, recibindo o indulto con data 1956 – 1957.
Castro (sen segundo), José (Caldas de Reis-Pontevedra)
Xulgado en 1937 por auxilio á rebelión. (Causa 562, caja 23, orden 89).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Castro Abelenda, Manuel (Lugo)
Camareiro, casado, 60 anos. Veciño de Vigo.
Preso e morto o 17 de decembro de 1936 na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. Rexistrada a súa morte en Vigo a causa de uremia por cardiopatía.
Castro Bragaña, Manuel (Caldas de Reis-Pontevedra)
Labrego (29 anos en 1943). Fillo de Jesús e Gumersinda.
Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos 1 día. Posteriormente conmutación a 3 anos de prisión menor. (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300288, Expediente 9284).
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
En 1943 ten que facer fronte á incautación de bens (BOE 30/04/1943, páx. 1623).
Ábreselle expediente de Responsabilidades Políticas, recibindo o indulto en 1961.
Castro Córdoba, Francisco (Grazalema-Cádiz)
Condenado por Adhesión á Rebelión.
Preso cando menos, na Prisión Provincial de Sevilla, Prisión Central del Puerto de Santa María (26/11/1938-26/11/1939) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Castro García, José (Mos-Pontevedra)
Ferreiro, solteiro, 32 anos.
Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos.
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde se lle concede a Liberdade Condicional (BOE nº 167 de 16/6/1941, páxina 4368).
Castro Lojo, Luis (Illa de Arousa-Pontevedra)
Mariñeiro, casado, 26 anos.
UGT,
Sociedade
de Oficios Varios.
Tras pasar por varias
prisións, como a Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón,
prodúcese o seu falecemento nun traslado. Morte rexistrada
o 09 de xaneiro de 1937 en Vilanova de Arousa. A causa
oficial serían os disparos feitos pola forza pública ao tentar
evadirse.
Castro Piñeiro, José (Caldas de Reis-Pontevedra)
Xornaleiro, casado, (58 anos en 1943). Fillo de Rita.
Morto o 31 de marzo de 1939 na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón por causas naturais.
A pesares do seu falecemento, en 1943 ten que facer fronte á incautación de bens (BOE 30/04/1943, páx. 1623).
Castro Rodríguez, José Ramón de (Vigo-Pontevedra, 1900-1944)
Médico de Vigo. Pertenceu á loxa masónica Vicus nº 8 (1931-33).
Estuda en Santiago de Compostela, sendo un destacado alumno de Miguel Gil Casares. Completa a súa formación en varios países europeos. Desde 1933 encárgase dunha sala dedicada á tuberculose no Hospital Municipal de Vigo.
Detido o 27/08/1936, requisándolle unha escopeta de caza, sería ingresado no cárcere de Vigo e logo trasladado á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Afiliado a CEDA (1934), tralo golpe de estado, envía escritos ao Colexio de Médicos enxalzando o “Glorioso Movimiento” e realizando doazóns patrióticas. Isto non impide que o 27 de agosto de 1936 sexa detido e encarcerado en Vigo. Pouco despois é trasladado á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde é extorsionado polo Director, Fernando Lago Búa, e o médico, Francisco Bustelo Bustelo. Acada a liberdade o 22 de setembro, tras pagar unhas duascentas mil pesetas. Esta extorsión sería denunciada e tanto o director, como o médico e un terceiro cómplice serían xulgados, condenados a morte e fusilados.
Decide daquela marchar a Valladolid buscando a protección do xeneral Severiano Martínez Anido, amigo seu, e que naquel momento era Director Nacional del Instituto Nacional Antituberculoso. Curiosamente era o máximo responsable da elección da Illa de San Simón como campo de concentración e famoso pola represión que exercera en Cataluña anos antes.
O motivo da súa marcha sería o medo ás posibles represalias por parte do médico pontevedrés Victor Lis Quibén, con quen tivera confrontacións no pasado. Era deputado da CEDA e xefe das Milicias Cívicas de Pontevedra, responsables de abusos e asasinatos cometidos na comarca.
Para poder viaxar sería obrigado a doar «patriótica y voluntariamente» ao exército 25.000 pesetas en metálico, dous automóbiles, todos os seus aforros nas contas bancarias (máis de 114.000 pesetas) e outros obxectos de valor.
Unha vez en Valladolid, baixo as ordes do xeneral Martínez Anido, é nomeado secretario-asesor do Patronato Nacional Antituberculoso en decembro de 1936. Realizará tarefas como elaborar o Anteproxecto de loita antituberculosa ou o establecemento do sanatorio antituberculoso do Rebullón en Mos, sendo o seu primeiro director.
Tralo falecemento do seu protector, Martínez Anido, principal valedor y protector, Martínez Anido, renuncia ao seu cargo de secretario-asesor. En 1940 debe renegar da Masonería, declaración que é considerada insincera, polo que en 1942 instrúeselle unha causa polo Tribunal Especial de Represión da Masonería e Comunismo. Condenado en setembro de 1942, por delito consumado de masonería a unha pena de 13 aos e 1día de prisión menor e inhabilitación para cargos públicos da administración. A pena sería conmutada pouco despois, rebaixándose a inhabilitación e obriga de
presentarse en comisaría cada 48 horas.
Incapacitado para seguir exercendo no Rebullón vese obrigado a adicarse á práctica privada. Falleció a causa de una trombose da ilíaca abdominal en setembro de 1944, aos 44 anos de idade, sendo homenaxeado na prensa médica española.
![]() |
| J. R. Castro Rodríguez-D. ROMERO VÁZQUEZ. Galería de Médicos gallegos ilustres. 1977 |
Castroviejo Sierra, Eleuterio (Navarrete-La Rioja)
Xornaleiro. 38 anos. Garda no convento do Corazón de María. Veciño de Donostia (San Sebastián).
- Membro de UGT.
- Tomada San Sebastián marchou a Dos Caminos.
- Sería detido ingresando en prisión en setembro de 1937. Xulgado por Auxilio á rebelión sería condenado a 15 anos Rm. A conmutación non sería vista ata o 10/05/1953, sendo denegada porque a pena xa estaba extinguida. (Ordinarias, Caja 1221, Expediente 98619 )
Chegou á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón trasladado desde o Forte de San Cristóbal (08/04/1938-15/09/1938), preto de Pamplona.
No Destacamento Penal de Regiones Devastadas de Vega Baja (Toledo), por Orde do 22/05/1943, concédeselle a Liberdade condicional sen desterro (BOE número 155, do 04/06/1943, páxina 5369).
Catalán Plaza, Manuel (Castelló)
Xulgado en Castellón en 1938 polo Tribunal Militar Territorial 1 en Consello de Guerra Sumarísimo (Sumario 795, Caja 14046, Orden 8). Non coñecemos a sentenza pero sería conmutada (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caja 300705, Expediente 68604)
Internado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, sen a liberación definitiva do desterro, o 19 de febreiro de 1942 ( BOE nº 61 de 02/03/1942, páxina 1511).
Cautivo, Francisco
Na lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Cavia García, Fernando (Villarodrigo de la Vega, Pedrosa de la Vega-Palencia)
Fresqueiro, casado, 41 anos.
Xulgado en Burgos en 1936 polo Tribunal Militar Territorial 4 (Causa 601 de 1936, Caja 45, Orden 2086). Non coñecemos a sentenza pero sería conmutada (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300281, Expediente 8405).
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Cayetano Mena, Pablo
Consello de Guerra celebrado en Madrid en 1939 (Sumario 936, Caja 583, Orden 7).
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, por orde do 12/10/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 5 de 05/01/1943, páxina 163).
Cazalla Rodríguez, Manuel (Jeréz de la Frontera-Cádiz, 1890)
Na Base de datos da Universidade de Cádiz é citado como Ferreiro. Casado. Veciño de Cádiz.
En: José Luis Gutiérrez Molina, La Justicia del Terror, Cádiz, Mayi, 2014; citado como albanel, de 62 anos, veciño de Sanlúcar de Barrameda.
CNT.
Xulgado en Consello de Guerra e sentenciado a 20 anos. Pena conmutada ( ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300310, Expediente 12210).
Boletin Oficial del Estado | Publicacion de Libertades Condicionales | Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón concédeselle a Liberdade Condicional (BOE nº 185 de 4/7/1941, páxina 4958)
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas do que sería indultado no bienio 1945 - 1946.
Autor: J. Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Aportes Xosé Moreira Docampo.
GONZALO AMOEDO E ROBERTO GIL. Episodios de terror durante a Guerra Civil na provincia de Pontevedra. Ed. Xerais, 2007.
GONZALO AMOEDO E ROBERTO GIL. Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Edicións do Castro, 2002.
LOIS BARROS. Galeguismo e sociedade na Redondela da Segunda República. Edicións do Castro.
Buscar combatientes. Buscador de la Guerra Civil Española.
https://buscar.combatientes.es/
Nomes e voces. http://vitimas.nomesevoces.net
Víctimas Guerra Civil Española
Con Nombre & Apellidos. Desaparecidos y represaliados durante la Guerra Civil y la posguerra.
Repertorio biobibliográfico do exilio galego: Unha primeira achega. Edita: © Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Santiago de Compostela, 2001. ISBN: 84-95415-42-9
Facebook Fernandez Camiña Ana
Memoria histórica. Base de datos de concelleiros represaliados. Deputación de Pontevedra. https://arquivos.depo.gal/xeracion-perdida/concelleiros-represaliados
Ministerio de política territorial y memoria democrática.
https://www.mpr.gob.es/memoriademocratica/Paginas/index.aspx
DARA - Documentos y Archivos de Aragón-Memoria democrática
Navarra. Centro de documentación de la memoria.
La historia en la memoria. Memorial antifranquista y democrático. https://lahistoriaenlamemoria.blogspot.com
O Baixo Ulla. www.obaixoulla.gal
Fundación Francisco Largo Caballero. Censo de represaliados de la UGT. https://censorepresaliadosugt.es/s/public/page/home
Fundación Pablo Iglesias.
Fundación José Barreiro.
Euskal Memoria Fundazioa
https://www.euskalmemoria.eus/es/db/hildakoak_sansimon
Asociación Manuel Azaña
Nós Diario. Galegos mortos en San Cristóbal.
Wikipedia
Concello de Lugo. Memoria histórica. http://www.lugo.es/cs/represion/index.jsp
XOSÉ ALVAREZ CASTRO. Pontevedra nos anos do medo. https://anosdomedo.blogspot.com/.
Recuperando a Memoria (histórica) na sanidade galega (IV): GALENOS de GALICIA: Guerra Civil e represión polo franquismo. David Simón Lorda. AGAMFEC.
JOSÉ LUIS MOSQUERA VELEIRO. Abril de 1931: a chegada da II República ó Val Miñor. Revista de estudos miñoráns, nº18, 2019.
JESÚS MARÍA PALOMARES. La Guerra Civil en Valladolid notas sobre la represión en la ciudad. Universidad de Valladolid.
Víctimas de la dictadura en Castilla La Mancha. https://victimasdeladictadura.es/
MARCOS SEIXO PASTOR. A represión franquista en Cuntis. Memoria de 1936. O proceso contra Aurelio Rei e outros cuntienses.
MANUEL ÁNGEL MENÉNDEZ. Testimonios del horror franquista que ha escuchado la juez Servini. Coordinadora estatal de apoyo a la querella Argentina contra crímenes del franquismo
HISTORIAS DE VIDA, DE HOMBRES Y MUJERES DE ASTURIAS, INTERNADOS EN CAMPOS NAZIS. https://deportadosasturianos.blogspot.com/
Boletín Oficial del Estado. www.boe.es
La Voz de Galiciana
Faro de Vigo
Nós Diario
https://www.nosdiario.gal/articulo/memoria/aparello-represivo-bueu/20201221202741112254.html
Asociación Salamanca Memoria Justicia https://salamancamemoriayjusticia.org/
15MPedia. Memoria histórica en Vigo. https://15mpedia.org/wiki/Memoria_Hist%C3%B3rica_en_Vigo
Grovepedia. http://grovepedia.com/wp-content/uploads/2017/10/11.-SETE-DIAS-DE-XULIO.pdf
Presos da Estrada en San Simón. https://www.tabeirosmontes.com/presos-en-san-simoacuten.html
https://www.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2006/04/16/cando-estrada-unha-illa-18239996.html
MANUEL IGREXAS. Historias do Deza. Os fusilados de Vila de Cruces. https://historiasdedeza.wordpress.com/2012/08/29/os-fusilados-de-vila-de-cruces/
Víctimas de la Guerra Civil Española. https://victimasguerracivilespaniola.blogspot.com/2010/05/listado-de-presos-del-fuerte-de-san_1616.html
ALFONSO MARTÍNEZ FORONDA Y PEDRO SÁNCHEZ RODRIGO. El Independiente de Granada. Republicanos granadinos en San Simón. https://www.elindependientedegranada.es/politica/republicanos-granadinos-san-simon-isla-muerte-i
https://www.elindependientedegranada.es/politica/san-simon-isla-desmemoria-ii
Mapas de Memoria. Diputación de Ciudad Real. https://www.mapasdememoria.com/todoslosnombres/
Busturia (1937-1945): El primer franquismo. Xavier Herrero Acosta. https://www.eusko-ikaskuntza.eus/PDFAnlt/lankidetzan/67/Lank67_es.pdf
Historia de Jaén
https://www.historiadejaen.es/www/book/adjuntos/1154/1154-1_encarcelados.pdf
Archivo General Región de Murcia
https://archivogeneral.carm.es/archivoGeneral/arg.inicio
Innovation and Human Rights. La base de datos centralizada de víctimas de la Guerra Civil y el franquismo. https://scwd.ihr.world/es/
DIONÍSIO PEREIRA. Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939). Edicións Xerais de Galicia, S. A., 2010.
Archivo Intermedio Militar Noroeste. Procedimientos judiciales incoadas por la Procedimientos judiciales incoados por la justicia militar a raíz de la Guerra Civil y durante la etapa franquista bajo responsabilidad del Tribunal Militar Territorial 4º. Provincia de León. https://patrimoniocultural.defensa.gob.es/sites/default/files/2019-10/Le%C3%B3n%20-%20copia.pdf
DAVID SIMÓN LORDA. Médicos ourensanos represaliados en la Guerra Civil y en la posguerra. Historiasdela «Longa Noite de Pedra». Colección estudios Nº8, 2010. Fundación 10 de Marzo. https://www.researchgate.net/profile/David-Simon-Lorda/publication/269278703_Medicos_Ourensanos_Represaliados_en_la_Guerra_Civil_y_en_la_Posguerra_Historias_de_la_longa_noite_de_pedra/links/5aaab48ea6fdccd3b9bbefa6/Medicos-Ourensanos-Represaliados-en-la-Guerra-Civil-y-en-la-Posguerra-Historias-de-la-longa-noite-de-pedra.pdf
Universidad de Cádiz. Portal documental de Memoria Democrática
https://memoriademocratica.uca.es/search
RUBÉN CABEZAS ÁLVAREZ. La vida a veces puede ser muy cruel. La Curuja. Revista cultural independiente. Núm. 17, julio 2017.
Simón Lorda, David (2012). "Recuperando a Memoria (histórica) na sanidade galega (IV): GALENOS de GALICIA: Guerra Civil e represión polo franquismo" (PDF). Cadernos de Atención Primaria 18
Republicanos Minhotos. Blog de Daorde.
https://republicanosminhotos.blogspot.com/p/recuperando-memoria.html















No hay comentarios:
Publicar un comentario