miércoles, 6 de mayo de 2020

Cantigas de Tasca e Furancho (V)

Cantiga adicada a un veciño do Salgueiral
alcumado "Barbicas
Aporte Oral
Silencio en la noche
Barbicas dorme
e o can descansa.

Nós vamos ás uvas
para encher a panza.
Desperta Barbicas
e ajarra unha tranca.


Cantigas adicada a “un funesto arrendatario de consumos”
19060514 La Libertad

Solo las mañanas le quedan
al vampiro
que las gentes aquí llaman
Tras Garrido.
-------
Por mucho que Antonio haga,
a entregar recaudación
no presta, ni a tiro,
el Ángel Revelador.

Choquiños (con música de “A Rianxeira”)
19720527 FarodeVigo Pax.22 Toberal
O que fundou Redondela
Xan Carallás mariñeiro
sin inventar a taberna
foi o borrachón primeiro

A Coca de Redondela
cando vai polo camiño
chama por Xan Carallás
para que lle de bo viño.

Choquiños veñen,
choquiños veñen do mar,
canta ti, miña morena,
canta ti o meu cantar.


Cantares Vellos. Antonio Soto López 19740612 Faro de Vigo Páx. 24.
O Carballo da Portela
heino de mandar cortar,
cando vou para Redondela,
tirame a vista do mar.

Miña monteira ribeteada
trinta ducados costoume a pana,
feita na vila de Redondela
e ribeteada na de Pontevedra.

Coas pixotas de Marín
e os chocos de Redondela,
engordan os abogados
que temos en Pontevedra.

Polo mar abaixo vai,
polo de Redondela,
polo mar abaixo vai
quen no corazón me leva.

A túa honra meniña,
xa pasou a Redondela,
si me pagas en diñeiro
eu che direi quen a leva.

Ende aquí ven vexo Vigo,
no é Vigo de Redondela,
onde teño a miña dona,
que estou rebendo por ela.

Nota de Autor: Esta canción-y exceptuadas las cantigas de amigo-
es quizá la más antigua de las referencias a Redondela. No conocemos
su edad pero no sería aventurado fecharla en el siglo XV. En ella el
autor se refiere a San Vicente de Vigo, pequeña aldea cercana a Betanzos.

Ei vai a pedriña,
ei vai para riba,
ei que está chegando,
ei ven o xarro da viña.

N. A.: cantar de ánimo dos canteiros.



Autor: Juan Migueles


Cantigas de Tasca e Furancho (IV)


Cantiga recollida polo Hotel Celta en 1925
e publicada en Céltiga (Buenos Aires)

Para chocos Redondela,
e para ostras Arcade;
viños bos en Reboreda,
mais eu tomo do que cadre.


Cantiga enviada en 1925 por Antonio Domínguez (Estados Unidos) e publicada en Céltiga (Buenos Aires)

As reparigas de Rande
non é unha que son todas
gastan dúas pares de medias
para ter as pernas gordas.

Sempre te encontro fiando
que no liño que na estopa;
cando vou dormir contigo
sempre tes a faldra rota.

Prometécheme unha tunda
choqueira de Redondela,
prometécheme unha tunda
y-ahora veño por éla.

O abade de Fornelos
caíulle a bimba no chan;
tuvo qu-ir a Redondela,
pedir ll-outra o sancristán.


Cantigas de Pontevedra recopiladas por Víctor Lis Quiben e publicadas en El Pueblo Gallego, 1963, nas que se cita a Redondela.

Para mariñeiros Cangas,
para chocos Redondela,
e para nenas bonitas
a vila de Pontevedra.

Para xardíns a Coruña,
para pontes Redondela,
para rapazas bonitas
¡vivan as de Pontevedra!

Mondoñedo é un xardín,
moi bonita é Redondela,
pero máis bonita é
a vila de Pontevedra.

Miña monteira rebiretada,
trinta ducados custou a pana,
feita na vila de Redondela
e rebiretada en Pontevedra.

C'as pixotas de Marín,
os chocos de Redondela,
engordan aos avogados,
que temos en Pontevedra.

Vivan os canteiros, madre,
vivan os de Pontevedra,
que fixeron vir a auga
desde Vigo a Redondela.


Himno do equipo de futbol de veteranos Netos da Coca
Aporte Oral

A Peña Netos da Coca
eles un día se xuntaron
e colleron os mellores
do pobo redondelano.

Solo pensan en beber
e tocar chascarraschás
porque súa abuela era
irmá de Xan Carallás.

A Peña xa somos vinte
para que queremos máis
se para comere e bebere
xa nos sobra a mitad

¡Os Netos da Coca
RA-RA-RA!


Cantiga adicada a Raimundo Riestra
Estrofa dunha cantiga composta por Manolo Barral, mofándose do deputado a cortes por Redondela, Raimundo Riestra, e na que alude a Claudio Contreras Valiñas “O Chato”.

Mirando para sus botones
dijeron es el mismo chato
de coqueta
mirando para sus calzones.


Cantiga adicada á Fábrica de cepillos EIMA, chamada “La Negrera”
Aporte Oral

Hay polvo aquí,
hay polvo allá.
Ratones muertos
que es una barbaridad.

Aquí tenemos don Paco
encargado da Negrera
de la misma camarilla
pero respeta más a las obreras.
…

Cantiga “En el año dos mil y pico”
Aporte Oral

En el año dos mil y pico
los hombres podrán volar
metidos en un cohete
por el espacio estelar.

Algunos puede que vuelvan,
otros no volverán.
Si allí las chicas son guapas
con ellas se casarán
y aquí nuestras solteritas
suspirando así dirán:

¿Dónde está mi Pepe,
dónde está mi Juan,
dónde está mi Pedro,
ya dínde estarán?

Si será en la Luna,
si será en el Sol,
si será Saturno,
donde está mi amor...


Cantiga “Si las mujeres mandaran”
Aporte Oral

Si las mujeres mandaran
otro gallo cantaría
pues el mundo de otra forma
rodaría, rodaría.

Si las mujeres mandaran
sería la diversión
ver a los maridos
dar el biberón...


"El Garrotín"
Cantiga que critica a falta de alumeado público en Chapela. Publicada en 1948 no xornal vigués Hoja Oficial del Lunes.
Con el garrotín
con el garrotán
de la vela vela
vela va.

El domingo fui a Chapela
y andando he regresado
"alumbrao" con una vela
y una azumbre del Condado,

Quien lo había de decir
quien lo habría de pensar
que volverían los tiempos
en que había de "soplar".

(bis)

¿Qué te quieres tu poner?
¿Qué te quieres tu apostar?
a que esto de la corriente
no se va a solucionar.

(bis)




Autor: Juan Migueles 


Cantigas de tasca e furancho (III)

Cantiga a Rande
Aportación oral

Vámonos de aquí a Rande
Que esta terra non é nosa.
Vámonos de aquí a Rande
miña cariña de rosa.

Salta María Arango
pola ventana
As mociñas de Rande
mexan na cama.

Mexan na cama, nena,
mexan na cama.
Salta María Arango
pola ventana.


Cantiga
Aporte oral

O cura de Vigo é xastre,
o de Cangas mariñeiro,
o cura de Ourense afiador
e o de Redondela choqueiro.

Cantiga con que os nenos se burlaban dos precursores do futbol en Redondela
Aporte oral

Pam, pam, pam
campo de Petán.
Gatos e micos
a tres perros chicos.

Cantiga da victoria do Redondela F. C. ante o Eiriña de Pontevedra en 1924
Aporte oral

Dicen que el Eiriña
casi es campeón,
pero a nuestro lado
ya resulta un gran chambón.

El choco viene,
Eiriña escapa.

Desde el domingo que vi jugar
al Redondela con el Eiriña
que 3 a 5 logró empatar.

Cantiga crítica á poda de árbores da Alameda
Aporte oral

A nuestra hermosa Alameda
la derramaron sin compasión.
Los pajarillos quedaron sin habitaciones,
con sus canciones ¡Ay! Que dolor.

Para que queremos luz
en nuestra hermosa Alameda
Si lo mejor de la rama
lo cortaron para leña.

Para que queremos luz
si sobra claridad,
Para los enamorados
es mejor la oscuridad.


Cantiga
Almanaque gallego para Año 1902

Vivan os canteiros, madre,
vivan os de Pontevedra,
que fixeron vir a auga
desde Vigo a Redondela.


Cantigas
1946 La Noche

A raíz d’o toxo verde
é mui mala de arrincar,
amores en Redondela,
non se poden olvidar

Canta ti, cantarei eu,
irémo-los dous cantando;
na vila de Redondela,
teño un amor esperando...


Cantigas recollidas en: A illa de Ons (s.a.), 1901-1950. Álvaro de las Casas

A túa honra meniña
xa pasou a Redondela;
si ma pagas a diñeiro
eu che direi quen a leva.

Ofrecícheme unha tunda
choqueiro de Redondela,
ofrecícheme unha tunda
e agora veño a por ela.

Cantiga. Aporte oral

No te asomes a la ventana
no seas tan ventanera
que la pipa de buen vino
no necesita bandera.


Copla da Fonte do Adro. Facebook Luis Pereda
Cando inauguraron
a fonte da plazueleta,
as primeiras en bailar
a Pirillana e a Moleta.
 
Autor: Juan Migueles

Antigas coplas do Entroido

Copla a Porfirio (finais anos 20 ou principio dos 30)
En el baile he visto yo
una chica se cayó.

¡Oh, que horror!

Pues al caerle se le vió
un par de medias color café
que le llegaban donde adivina usted.

Si Porfirio llega a estar
y alcanza ese mirar...

¡Oh, que horror!

Pues le sentaría a él,
más sabroso que un pastel.

¡Oooooh!

La llevaría a la barbería
y como tiene allí el botiquín
la sentaría en un sillón
la primera cura sería con el diapasón.

Chica ¿qué te ha pasado?
Que en este baile has sufrido un sofocón.
Toda la gente dice
que has enseñado la exposición.


Copla Comparsa “Los Postineros” (finais anos 20 ou principios dos 30)

A murga de cociñeiros,
que saíron o outro ano,
chamáronnos postiñeiros.
¡Que nos dirán este ano!
Pensaron que era un insulto,
que nos quixeron facer.
Nos enchémonos de gozo,
que mais podemos querer.

Si fritiran huevos
éralles mellor.
Eles cociñeiros,
postiñeiros nós.

Éralles mellor,
éralles mellor.
Eles cociñeiros,
postiñeiros nós.



Mi tierra de amor
Canción interpretada pola Agrupación Artística de Redondela a principios dos anos cincuenta. Letra: Félix Fernández. Música: Lino Muíños.
Tú eres bella y dulce Redondela
tú eres dueña de nuestra ilusión,
y donde altivo dejo yo mi huella
y por ti yo me rendiré de amor

Los puentes que resaltan tu hermosura
tus ríos con tus playas y tu mar,
pueblo de mi esperanza y mi ternura
contigo quiero siempre yo soñar.

Son tus campos alegres perfumados
tu ría de riqueza sin igual,
vergel que todos sueñan al mirarlo
un nuevo paraíso terrenal.
Mi tierra de amor
yo quiero estar muy cerca de ti,
dame tu calor
que sin él yo no puedo vivir.
Tú eres mi ilusión
que ilumina mi dulce cantar
te querré con amor
como nadie te quiso jamás.

Es día grande para saludarte
linda princesa de fino coral,
todos venimos a felicitarte
para cantarte a ti en carnaval.

Son tus mujeres lindas y hechiceras
que embrujan y fascinan al mirar,
son el orgullo de nuestras quimeras
por su rica ternura y bondad.

A ti te ofrezco todo mi cariño
que guardo dentro de mi corazón
lejos de ti lloro yo como un niño
tu eres madre, mi tierra de amor.

(bis estribillo) 
 
Copla (nome descoñecido)

Se depilan, echan polvos en la cara
echan todo al olvido.
Este mundo está perdido.
¡Son unas descarriadas!

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Aportes orais.
Libros de poemas de Félix Fernández:
  • Poemas.
  • Poemas de una vida.
  • Historias do meu pobo.

Coplas adicadas á Peneda e á súa Virxe.

(Hai máis de 50, se ben é certo que algunhas son variacións da mesma copla)

Capela da Peneda, 2019. Foto: Juan Migueles
 
Referentes ao día da romaría

Miña Virxe da Peneda
vele ehí ven o voso día;
a cinco do mes de agosto
é a vosa romaría.

Situación Topográfica

Miña Virxe da Peneda
que tan alta se foi pór:
dun lado ten Redondela
e d’outro Soutomaior.

Miña Virxe da Peneda
que tan alta se foi pór:
por un lado ten O Viso
por outro Soutomaior.

Miña Virxe da Peneda
c’un circo d’ouro arredor
por unha banda ten o mar
por outra Soutomaior.

Miña Virxe da Peneda
que tan alta se foi por:
entre cotos e penedos,
carballiños arredor.

Miña Virxe da Peneda
que fondiña se foi por:
entre toxos e carqueixas,
penediños arredor.

Miña Virxe da Peneda
que tan alta se foi por:
dall’o aire dall’o vento,
dall’a raíña de sol.

Nosa Virxe da Peneda
que altiña se foi por:
dalle o vento, dalle a chuvia
dalle o vento derredor.

Miña Virxe da Peneda
sempre no alto te ves;
hei d’ir alá, miña Virxe
que quero bicarlle os pés.

A Peneda está nun alto,
Redondela nun baixiño;
e pola banda dalá,
Soutomaior albariño.

Coplas referentes á subida ata a capela

Miña Madre da Peneda
se non fora po-la ver,
da costiña de Cochón
hubérame de volver.
Miña Virxe da Peneda
o camiño pedras ten,
se non fora por ir vela
alá non iría ninguén.

Miña Virxe da Peneda
o camiño pedras ten,
se non fora por mirala
non iría alá ninguén.

Miña Madre da Peneda
ten vintacinco escaleiras,
para baixar as casadas
para subir as solteiras.
Miña Virxe da Peneda,
baixarvos e darme a man;
ténde-la costiña alta,
caime o corazón no chan.

Peticións á Virxe, case sempre de matrimonio.

Miña Virxe da Peneda
da Peneda penediña,
fun alá que me casara,
dixo que casada viña.

Miña Virxe da Peneda,
eu non vos pido facenda,
pídovos sorte e fortuna
e xente con quen me entenda.

Miña Virxe da Peneda,
escoitame esta canción;
que me quera o meu Manoeliño, con todo o seu corazón.
Eina de casar no Viso
que é terra de moita leña,
qu’eu ben a vin quedar,
cando viña da Peneda.

Promesas e ofrendas á Virxe

Tengo de ir a la Peneda
si la muerte no me mata,
tengo que llevar conmigo
amores de una muchacha.

Tengo de ir a la Peneda
si a morte non me mata,
teño que levar conmigo
una lámpara de plata.

Miña Virxe da Peneda
este ano alá hei d’ir
heille de levar un ramo
que do céo me ha de vir.

Miña Madre da Peneda
tén un navío no mar,
quen llo deu, quen llo daría
quen llo deu, púdollo dar.

Miña Madre da Peneda
ten unha galiña branca,
cando lle dá de comer,
deixa de comer e canta.

Miña Madre da Peneda
ten unha galiña pinta;
cando lle dá de comer,
deixa de comer e brinca.
Miña Madre da Peneda,
ten unha mantilla d’ouro,
para darlle a unha mociña
que ven de Ribadelouro.

Eu ei de subir o céo
por unha cinta bermella,
teño que levar conmigo,
a Señora da Peneda.
Referencias á Ermida da Guía que se ve dende a Peneda

Miña Virxe da Peneda
escribeulle a da Guía
que lle mandara decir
os miragres que facía

Nosa Señora da Guía
guíame o meu Manoel
que vai polo río abaixo
envoltiño nun papel

Nosa Señora da Guía
a guía dos mariñeiros
guíame a miña cuadrilla
toda de mozos solteiros

Nosa Señora de Darbo
ten o Darbo na mantilla,
que ll’o mandou de regalo
Nosa Señora da Guía.
Nosa Señora da Guía
ela é miña madriña
dichosa de miña nai
¡que boa comadre tiña!

Lembrando a antiga procesión que ía á capela de Soutomaior onde se venera a San Quiatán (San Caetano)

-¿Quen é aquela Señora
que vai por aquela chán?
-E a Madre da Peneda
que vai pr’o San Quiatán.

-¿Quen é aquela señora
que ven por aquela chán?
-É a virxe da Peneda
que ven do san Quietán

Meu Santiño San Quiatán
bótanos a bendición
botaina da torre abaixo
e da torre arriba non.

Referencia á imaxe da Virxe.

Miña Madre da Peneda
da Peneda, Penediña,
entrou pol-a porta grande
saíu pol-a pequeniña

Miña Madre da Peneda
abaixarvos para abaixo,
vinde tomar a medida
do voso lindo refaixo.

Miña Virxe da Peneda
funlle limpar a Capilla;
ela díxome do alto:
-Dios cho pague, miña filla.

Miña Virxe da Peneda
pequeniña, milagrosa,
vimos aquí de tan lonxe
para ver tan linda rosa.

Miña Virxe da Peneda
tén o xardín na ribada.
Mandaino regar, Señora,
por unha moza casada.

Miña Virxe da Peneda
tén o xardín na ribada.
Mandaino regar, Señora,
pol-a man d’unha casada.

Miña Virxe da Peneda
ten o tellado de pedra.
Ben o pudera ter d’ouro,
miña Virxe si quixera.

Miña Virxe da Peneda
¿Con qué peina seu cabelo?
Con unha herbiña do monte
que lle chaman tormentelo.

Miña Virxe da Peneda
está peiteando o séu cabelo,
con unhas herbiñas do monte
que lle chaman tormentelo.

Miña Virxe da Peneda,
da Peneda penediña,
chamárame ela afillado
que eu lle chamarei madriña.

Miña Virxe da Peneda,
da Peneda penediña,
chamarme vosa afillada,
que eu vos chamarei madriña.

Miña Virxe da Peneda,
ela é a miña madriña;
háme de mandar as páscoas
pol-a súa criadiña.

Miña Madre da Peneda,
o que lle foron armar,
que tiña o sacristán morto
debaixo o seu altar.

Miña Virxe da Peneda,
¡A que lle foron armar!,
que tiña o ermitaño morto
debaixo do seu altar.

Miña Virxe da Peneda,
recollei o cobertor,
que vos caeu da ventana,
cando pasou el Señor.

Miña Virxe da Peneda,
recolléi o caravel,
que vos caeu da ventana,
cando pasou San Miguel.

Miña Virxe da Peneda,
dáime a vosa meadiña,
que a tea teño parada,
fáltalle unha caveliña.

Miña Virxe da Peneda,
da Peneda penediña,
teño unha tea acabada,
fáltalle unha caveliña.

Fuxe de min que son pobre,
non teñas pena ningunha.
¡Nosa Señora m’aparte
a miña sangre da túa!

Coplas picarescas

Miña Virxe da Peneda,
falaime que teño medo,
que me queren acañar,
de detrás d’aquel penedo.
-¿Costureiriña bonita,
onde perdiche o dedal?
-No turreiro da Peneda,
onde me fún pasear.
A subila e a baixala,
a costiña da Peneda;
a subila e a baixala,
perdín o pano de seda.

Cantares para o regreso da romaría ou se non se puido ir.

Miña Virxe da Peneda,
fun alá e non a vín,
o baixar das escaleiras,
dóulle a risa para min.

Miña Madre da Peneda,
este ano alá non vou,
que tiña os cartiños xuntos
e unha vella mos robóu.

Miña Virxe da Peneda,
este ano alá non vou,
tócame a rólda d’auga
¡malia quen ma vot’ou!

Miña Madre da Peneda,
este ano alá non vóu,
tiña o diñeiriño xunto
e non sei quen mo levóu.

Miña Virxe da Peneda,
este ano alá non vóu,
pol-a falta de diñeiro,
moita xente se quedou.

Miña Virxe da Peneda,
para o ano alá hei d-ir
casadiña ou solteira,
ou criada de servir.
Miña Madre da Peneda,
este ano alá non vóu,
para o-outro que viñere,
agárdaime qu’alá estóu.

Miña Madre da Peneda,
este ano alá non vóu,
para o-outro que viñere
a súa portiña estóu.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA 
Nuestra Señora de la Peneda. Víctor Lis Quibén
Romarías e santuarios. Antonio Fraguas.
Miña Virxen da Peneda. Antonio Soto López
Cantares Vellos. Antonio Soto López 19740612 Faro de Vigo Páx. 24.
Aportes: David Conde Lourido