miércoles, 6 de mayo de 2020

Cantigas de Tasca e Furancho (V)

Cantiga adicada a un veciño do Salgueiral
alcumado "Barbicas
Aporte Oral
Silencio en la noche
Barbicas dorme
e o can descansa.

Nós vamos ás uvas
para encher a panza.
Desperta Barbicas
e ajarra unha tranca.


Cantigas adicada a “un funesto arrendatario de consumos”
19060514 La Libertad

Solo las mañanas le quedan
al vampiro
que las gentes aquí llaman
Tras Garrido.
-------
Por mucho que Antonio haga,
a entregar recaudación
no presta, ni a tiro,
el Ángel Revelador.

Choquiños (con música de “A Rianxeira”)
19720527 FarodeVigo Pax.22 Toberal
O que fundou Redondela
Xan Carallás mariñeiro
sin inventar a taberna
foi o borrachón primeiro

A Coca de Redondela
cando vai polo camiño
chama por Xan Carallás
para que lle de bo viño.

Choquiños veñen,
choquiños veñen do mar,
canta ti, miña morena,
canta ti o meu cantar.


Cantares Vellos. Antonio Soto López 19740612 Faro de Vigo Páx. 24.
O Carballo da Portela
heino de mandar cortar,
cando vou para Redondela,
tirame a vista do mar.

Miña monteira ribeteada
trinta ducados costoume a pana,
feita na vila de Redondela
e ribeteada na de Pontevedra.

Coas pixotas de Marín
e os chocos de Redondela,
engordan os abogados
que temos en Pontevedra.

Polo mar abaixo vai,
polo de Redondela,
polo mar abaixo vai
quen no corazón me leva.

A túa honra meniña,
xa pasou a Redondela,
si me pagas en diñeiro
eu che direi quen a leva.

Ende aquí ven vexo Vigo,
no é Vigo de Redondela,
onde teño a miña dona,
que estou rebendo por ela.

Nota de Autor: Esta canción-y exceptuadas las cantigas de amigo-
es quizá la más antigua de las referencias a Redondela. No conocemos
su edad pero no sería aventurado fecharla en el siglo XV. En ella el
autor se refiere a San Vicente de Vigo, pequeña aldea cercana a Betanzos.

Ei vai a pedriña,
ei vai para riba,
ei que está chegando,
ei ven o xarro da viña.

N. A.: cantar de ánimo dos canteiros.



Autor: Juan Migueles


No hay comentarios:

Publicar un comentario