miércoles, 10 de mayo de 2023

Antonio Soto López (Redondela)

Antonio Soto López. El Pueblo Gallego 1965.

Licenciado en xornalismo en Madrid. Traballou para o Grupo Zeta, no que exerceu como director da súa axencia de noticias. Fundou a axencia de noticias OTR.

Afeccionado á investigación da historia redondelá, en 1976 figuraba como vocal do Centro de Estudios Redondelanos. Publicou:

Boletín de estudios del seminario Fontán-Sarmiento de hagiografía, toponimia y honomástica de Galicia. Nº 1 (1980): Toponimia urbana de Redondela / Antonio Soto López

Gallaecia. Publicación del Departamento de Prehistoria y Arqueología de la USC. Nº 9-10 (1987): As lendas mouras na bisbarra de Redondela. Antonio Soto López

Tamén é afeccionado ao deporte, sendo secretario da primeira xunta directiva da S. A. R.

En 1997, foi homenaxeado durante as Festas do Choco, como “Redondelán distinguido”.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA

Faro de Vigo

La Voz de Galicia

El Pueblo Gallego

Fundación Dialnet

Frontera España-Portugal: documentación lingüística y bibliográfica (FRONTESPO).

El Correo Gallego. https://www.elcorreogallego.es/hemeroteca/redondela-galicia-KMCG1174284

Manuel Puga Pereira (Redondela, 1951)

Manuel Puga Pereira. Foto: Estevoaei

Licenciado en Bioloxía e farmacia pola Universidade de Santiago e Doutor en Ciencias. Comezou a súa vida laboral no Departamento de Edafoloxía da USC e no Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega). En 1981 pasaría a traballar en empresas do sector farmacéutico como ICI Farma e Astra Zeneca. Colaborou en diversos proxectos de investigación neste eido publicando unha serie de traballos en revistas nacionais e internacionais.

Neto da pedagoga Ernestina Otero Sestelo, da que publicou á súa biografía.

Presidente do Consello Social da Universidade de Santiago (2006-2014), polo que actuou como membro do Consello Galego de Universidades, do Consello de Dirección da ACSUG e do comité de honra da Fundación Camilo José Cela. Membro do Padroado de Fundación Empresa Universidade de Galicia (FEUGA) e da xunta directiva de Feique. Foi presidente da Fundación Galicia-Empresa (2002-2007), da Academia de Farmacia de Galicia (2014-2022) e da Fundación Julian Francisco Suárez Freire. Premio Federico Maciñeira que concede a Deputación Provincial de A Coruña. Foi vogal profesional da Comisión Avaliadora da ACSUG no campo do coñecemento de Ciencias da Saúde dende 2014. Conselleiro da Editorial Galaxia. En decembro de 2016 foi nomeado presidente da Fundación Penzol. En 2022 tomou posesión como académico correspondente da Real Academia Nacional de Farmacia.

En 2010 recibiu a insignia de oro da Universidade de Santiago.

Uns anos antes, en 1998, foi homenaxeado durante as Festas do Choco, como “Redondelán distinguido”. Afeccionado á investigación da historia redondelá, en 1976 figuraba como vocal do Centro de Estudios Redondelanos. Publicou os seguintes libros sobre a nosa vila:

Redondela. Manuel Puga e Mundo Cal. Ir Indo Edicións S.A.

Ernestina Otero Sestelo. Pedagoga. Manuel Puga. Ed. do Castro, 1992.

Redondela e os redondeláns na obra de Diego San José. Diego San José de la Torre, Manuel Puga Pereira e Xose Manuel Moreira Docampo. Concello de Redondela.

A Redondela de 1669 na acuarela de Pierr María Baldi. Manuel Puga Pereira.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA

Universidade de Santiago de Compostela

Revista Farmacéuticos

Galicia Digital https://www.galiciadigital.com/nota.2791.php

Faro de Vigo

La Voz de Galicia

El Correo Gallego

martes, 9 de mayo de 2023

Manuel de Táboas (Reboreda(Redondela), s. XVIII / XIX)

Casa dos Táboas. Foto: J. Migueles

            Propietario da Casa dos Táboas (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/pazos.html ) e de varios barcos. Participou activamente na Reconquista de Vigo contra os franceses, pasando á historia porque un dos seus barcos levou á noticia da vitoria a Cádiz. Para tal motivo trocaría o nome da nave polo de Místico Fernando VII.

            Este método de dar nome aos barcos na busca de favores ou acadar información privilexada para os seus negocios, empregouno en máis ocasións. No Arquivo Histórico Nacional consérvanse correspondencia súa con Felipe Sáinz de Baranda, secretario do Duque do Infantado Pedro Alcántar Álvarez de Toledo, nas que se lle autoriza a darlle a un barco o nome de Duque do Infatado. Nas Obras Completas de Jovellanos atopamos dúas cartas de Manuel de Táboas con Gaspar de Jovellanos, nas que solicita o uso do nome El sin igual Jovellanos, fórmula rexeitada polo político, quen lle permite usar o nome de Jovellanos.

            Non sabemos se foi froito desta estratexia, pero foi nomeado polo Rei Vicecónsul de Cerdeña. Estableceu tamén contactos comerciais con Rusia e ate con Estados Unidos. Xa maior aproveitaría a situación económica adversa para liquidar os seus negocios e retirarse a Reboreda.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA

Reboreda. Parroquias de Redondela. Carlos Rodríguez. SNL de Redondela.

Manuel de Táboas y su manía de rebautizar barcos. Jorge Lamas. https://lamasdono.blogspot.com/2020/02/manuel-de-taboas-y-su-mania-de.html

La burguesía mercantil viguesa del siglo XVIII. Aspectos sociales (I). Por Juan Miguel González Fernández, José Antonio Tizón Rodríguez. Instituto de Estudios Vigueses. Boletín nº9.

José Lago Ochoa (Cesantes (Redondela), 1964)_Oficial da Mariña

José Lago Ochoa. Faro de Vigo
José Lago Ochoa. Faro de Vigo

Comandante do patrulleiro “Espalmador”, dragaminas “Genil”, buque de apoio a submarinistas “Neptuno”, fragata “Méndez Núñez” e LHD “Juan Carlos I”, co que realizou a súa primeira misión no exterior, concretamente en Kuwait, no Golfo Pérsico, entre maio e xuño de 2018.

Durante a súa traxectoria militar desempeñou diversos destinos en terra no Estado Maior, na Unión Europea e como oficial de enlace naval para a Operación “Libertad Duradera” en 2004.

Anteriormente, durante a guerra do Golfo exerceu como de alférez de navío na corveta “Diana”.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA

Faro de Vigo.

Atlántico Diario.

Hugo C. González García (Chapela)

Hugo C. González García Foto: jornadasceleiro.com

Xerente adxunto da Cooperativa de Armadores de Vigo (ARVI).

Entrou no mundo do mar pola empresa familiar adicada ao cultivo do mexillón. Entre 1977 e 1986 vive unha primeira etapa en ARVI. Despois dun paréntese como mestre de actividades deportivas, volve en 1986 a ARVI, desta volta no Departamento de Planes de Pesca i Estadísticas. Entre 1987 ata 2012 sería secretario técnico de ARVI, da Asociación de Armadores de Buques de Pesca no Gran Sol (ANASOL), a Asociación Nacional de Armadores de Buques de Pesca de Bacalao (AGARBA) e da Asociación Provincial de Armadores de Buques de Pesca do Litoral Español e Sur de Portugal de Pontevedra (ARPOSUR). Desde 2013 Xerente Adxunto de ARVI. Vocal da Junta Directiva de la Federación Española de Organizaciones de Pesqueras (FEOPE). Vocal e vicepresidente segundo do Comité executivo do Consello Consultivo Rexional de Augas Occidentais do Norte (2005-2016). Presidente do Grupo de Traballo do Mar Céltico do Consello Consultivo Rexional de Augas Occidentais do Norte (2005-2011). Membro do Comité Directivo da Confederación de Empresarios de Pontevedra desde marzo de 2015. Vocal de diversas comisións do Consello Galego da Pesca da Consellería do Medio Rural e Mariño da Xunta de Galicia. Vocal do Consello de Navegación e Porto da Autoridade Portuaria de Vigo. Profesor no Master de Pesca Universidade de Vigo – Cooperativa de Armadores de Pesca (2005-2010) con: “A pesca en aguas comunitarias II: Casos prácticos”.

A todo este currículum habería que engadir a súa participación en numerosas reunións, seminarios e talleres do sector pesqueiro, tanto a nivel de autonómico como nacional e comunitario.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA

https://jornadasceleiro.com/speaker/hugo-c-gonzalez-garcia/

Faro de Vigo

La Voz de Galiciana

Atlántico Diario

NOTA: (https://galicia24horas.es>El lugar en donde el mundo se llama Arealonga, en Chapela-Redondela. Alberto Barciela)

Roberto Gil Moure

Roberto Gil e Gonzalo Amoedo 2007. Foto: Rafa Estévez. Faro de Vigo

Policía municipal de Redondela e investigador local. Coautor co seu compañeiro Gonzalo Amoedo López de varias obras, nas que cabe salientar a

A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. Ed. Concello de Redondela. 2001.

Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro 2002.

Arredor de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.

A taberna de Nador. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. 2004.

Episodios de terror durante la Guerra Civil na provincia de Pontevedra. A illa San Simón. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. Ed. Xerais, 2007.

Outras publicacións:

Don Juan Manuel Pereira de Castro, paralelismos con don Juan Manuel de Montenegro. Revista de estudos valleinclanianos Cuadrante, 2001. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure.

Historia das traíñas en Redondela. Por Roberto Gil Moure. Na desaparecida páxina web: Internovas. Historia de Redondela.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA

Editorial Xerais

Faro de Vigo

Gonzalo Amoedo López (Redondela, 1959)

Gonzalo Amoedo. Foto: Ed. Xerais

        Policía municipal de Redondela e investigador local. Ten unha dilatada obra na que destacan os seus estudos sobre o período franquista, tanto en solitario como coa coautoría do seu compañeiro Roberto Gil Moure. Tamén ten publicado varias obras de ficción.

Investigación:

A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. Ed. Concello de Redondela. 2001.

Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro 2002.

Arredor de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.

A taberna de Nador. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. 2004.

As Memorias de Manolo Barros. Autobiografía dun militante comunista. Gonzalo Amoedo. Edit. Fundación 10 de marzo.2006.

Episodios de terror durante la Guerra Civil na provincia de Pontevedra. A illa San Simón. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. Ed. Xerais, 2007.

A memoria e o esquecemento. O franquismo da provincia de Pontevedra. Gonzalo Amoedo López. Ed. Xerais, 2011.

Outras publicacións:

Don Juan Manuel Pereira de Castro, paralelismos con don Juan Manuel de Montenegro. Revista de estudos valleinclanianos Cuadrante, 2001. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure.

As illas de San Simón nas Actas do IIº Congreso da Memoria. Culleredo (2006). Gonzalo Amoedo López.

Guión:

Manolo Barros, un rebelde de aceiro. Documental dirixido por Fernando Carreira “Cuchi”, con guión de Gonzalo Amoedo. Biografía de Manuel Barros, comunista preso, entre outros cárceres, na illa de San Simón durante a ditadura franquista.

Ficción:

Unha historia que ninguén contara. Palabra por palabra.

Contos da policía (2003)

O autobús sempre para en Teis. Col. Relatos da paisaxe (2009).

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA

Ed. Xerais

Casa del Libro.