As praias do concello de Redondela son
praias de augas tranquilas por atoparse ao fondo da Ría de Vigo na
chamada Enseada de San Simón.
Praia de Cesantes (Cesantes)
É
a praia máis grande con 2.400 metros de lonxitude. Distínguense
varias zonas: Praia Vella, Praia Nova, A Mariña, Os Estaleiros
e A Punta (ou Praia do Cabo). A mellor zona para o baño é o areal
da Punta que nos derradeiros anos recibiu a bandeira azul. Conta con
múltiples servizos como paseo, servizos públicos, duchas, acceso
para discapacitados,
mesas
e parque infantil. Tamén destaca pola proximidade da Illa de San
Simón.
Praia da Punta. Fotos: J. Migueles, 2009 |
Praia de Arealonga (Chapela)
Esta
praia está delimitada por dous regatos o Rego Pugariño (ou da
Bouza) e o Rego Espiñedo (Maceiras ou Segade) que marca o límite
entre Chapela e Teis (Vigo). Tamén conta
cun paseo con duchas, acceso para
discapacitados e
parque infantil.
Praia de Arealonga. Foto: J. Migueles, 2009 |
Praia de Cabanas (Cabanas-Trasmañó)
Pequena cala que
desaparece coa preamar. As obras da ampliación da ponte de Rande
propiciaron a construción dun paso elevado rematado no 2018, que
evita ter que cruzar a vía do tren por un paso sen barreira. Nela
desemboca o Rego das Cabras.
Praia de Cabanas. Foto: J. Migueles, 2009 |
Praia de Rande (Rande-Cedeira)
Pequena cala na que
desemboca o Río Maior. Como a anterior desaparece coa preamar. Moi
preto se situou o Museo Meirande.
Praia de Rande. Foto: J. Migueles, 2009. |
Praia de Fontán (Cesantes)
Para situala podemos tomar por referencia o Viaduto de Fontán da
liña do ferrocarril.
Praia
de Soutoxuste (O Viso)
Outra pequena cala que
coma as anteriores desaparece coa preamar.
Autor: J. Migueles
No hay comentarios:
Publicar un comentario