lunes, 4 de febrero de 2019

Paseo do Río Maceiras

       
    

         No Paseo da Xunqueira únense o río Alvedosa e o Maceiras. Se seguimos a canle deste último, á altura da praza Ponteareas podemos iniciar o paseo do Maceiras, pasando por debaixo da ponte coñecida como Marca do Rei e que é un legoeiro. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/a-marca-do-rei-vilavella-redondela.html ) Como en todos os regatos do noso concello atoparemos restos de muíños, destacándose polo seu porte o muíño da Maceira. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/muinos.html ) O percorrido conta con bancos para o descanso e construíronse varias pontes pasando continuamente dunha beira a outra.

        Ata o de agora esta senda chega ata a Ponte da Lama, pero tense proxectado ampliala en futuras fases. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/pontes.html )

        As persoas que desexan facer largas andainas teñen a opción de unir este paseo cos da Portela e o Pexegueiro, seguindo o curso do río Alvedosa polo casco urbano.






 










Fotos: J. Migueles, 2018


 

Autor: J. Migueles

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario